44
Propostas á Xunta Informe Auken Carlos TaiboBicicletas Agroecoloxía en Quilmas Burros contra lobos Fogares Verdes Primavera 2009 Número 58 3 revista galega de ecoloxía e medio ambiente cerna CRÓNICA: O incerto futuro de Ence en Galiza

44244 CERNA 58 - ADEGAadega.gal/web/media/documentos/CERNA_58.pdf · 2013. 4. 18. · cerna 3 cerna Telf. e Fax. 981 570 099 Travesa de Basquiños, nº 9 baixo 15704 Santiago de Compostela

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • Prop

    osta

    s á

    Xunt

    a •

    Info

    rme

    Auk

    en •

    Car

    los

    Taib

    o• B

    icic

    leta

    sA

    groe

    colo

    xía

    en Q

    uilm

    as •

    Bur

    ros

    cont

    ra lo

    bos

    • Fo

    gare

    s Ve

    rdes

    Prim

    aver

    a 20

    09

    • N

    úmer

    o 58

    3

    revista galega de ecoloxía e medio ambiente

    cerna

    CRÓNICA:O incerto futuro de Ence en Galiza

  • cerna 3

    cern

    aTe

    lf. e

    Fax

    . 981

    570

    099

    Trav

    esa

    de B

    asqu

    iños

    , nº

    9 ba

    ixo

    1570

    4 Sa

    ntia

    go d

    e Co

    mpo

    stel

    aCo

    rreo

    ele

    ctró

    nico

    :ce

    rna@

    adeg

    a.in

    foW

    eb: w

    ww

    .ade

    ga.in

    fo

    COMITÉ DE REDACCIÓN:Belén Rodríguez, Xesús Pereiras, Ramsés Pérez, Pepe Salvadores,

    Alberte Sánchez e Manuel Soto.

    Nos artígos asinados, respéitase a normativa lingüística do texto orixinal. CERNA non se fai copartícipe, necesariamente,das ideas, opinións e afirmacións dos autores. Todo o material da revista pode ser reproducido sempre que se cite a fonte,esceptuando as fotografías, para as que sería necesario contar co permiso dos autores. CERNA edítase en papel reciclado100 %, para preservar os bosques e contribuír á reciclaxe do lixo. As capas son de papel libre de cloro.

    EDITA: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Primavera - 2009

    DIRECCIÓNManuel SotoREDACCIÓN

    Belén Rodríguez

    DESEÑO E MAQUETACIÓN Alberte SR

    FOTOGRAFÍA DA CAPA Ramsés PérezFOTOGRAFÍA

    Alberte Sánchez - Ramsés Pérez

    ADMINISTRACIÓNSilvia AmorIMPRESIÓN

    Grafinova, S.A.D.L.: C-913/1986 ISSN: 1136-2677

    ACTUALIDADE 4

    RECURSOS 11

    ECOLOXISMOPROPOSTAS DE ADEGAAO NOVO GOBERNO 12Fins Eirexas

    ENTREVISTA A ADELA FIGUEROA 13

    URBANISMOO INFORME AUKEN 14

    ENTREVISTACARLOS TAIBO 17Por Belén Rodríguez

    TRANSPORTESPRÉSTAMO MUNICIPAL DE BICICLETAS 21Reportaxe por Belén Rodríguez

    CRÓNICAO INCERTO FUTURO DE ENCE EN GALIZA 25Por Belén Rodríguez e Fins Eirexas

    AGROECOLOXÍAA VOLTA DOS NORMANDOS A QUILMAS 30Lucía Ferreira e Xosé Manuel Casais

    BIODIVERSIDADEOS BURROS COMOMÉTODO DE PREVENCIÓN 32Reportaxe por Belén Rodríguez

    ECOLOXÍA NO COTIÁN BIODIVERSIDADE II 36Ramsés Pérez

    FLORA E FAUNA DE GALIZA X. Salvadores, Mª Xosé Castro, Gema Pérez 38

    PROTECCIÓN ANIMAL ENTREVISTA A XOSÉ LUIS RIVEIRO 41Por Isabel kerdudo

    HOMENAXECHE, UN HISTÓRICO DE ADEGA 42Adela Figueroa

    ED

    ITOR

    IAL

    UN NOVO PASO ATRÁS

    Ábrese unha nova etapa gobernamental na que o Medio Ambien-te deixa de ser unha materia visíbel e destacada no Executivo gale-go. Perde a súa categoría xurídica como Consellaría, -nin tan seque-ra opta a unha Dirección Xeral-, e por riba, divídese e mestúrase nomesmo Departamento con materias coas que ten unha relación his-toricamente incompatíbel, como Infraestruturas ou Urbanismo. Aposición dos colectivos ecoloxistas fronte a este cambio estrutural daXunta é unánime: É un paso atrás para o ambiente galego e para asincipientes políticas de sostibilidade.

    Neste novo contexto, Cerna inclúe neste número algunhas daspropostas de Adega para o goberno actual. A protección do litoral ea limitación da desmesura urbanística seguen a ser as grandes mate-rias pendentes para o goberno, pero non só para o galego, senóntamén para o conxunto do Estado español, como pon de manifesto oInforme Auken. Outra conta pendente é o futuro da factoría de Encee o seu posíbel "traslado" da ría de Pontevedra, cuestión ligada aomodelo forestal e sobre a que se reflexiona nestas páxinas.

    Xa en relación con outro tema de actualidade, a crise, CarlosTaibo é o protagonista da sección "Entrevista" deste número. Esteactivista do movemento antiglobalización amosa a súa visión refle-xiva sobre a actual crise planetaria, nomeadamente ambiental, eaposta polo cambio radical do sistema imperante.

    Doutra banda, experiencias agroecolóxicas e de respecto polabiodiversidade como a da Cooperativa Raínha Lupa (Quilmas) ou a daCasa Grande de Xanceda (Mesía) devolven o optimismo aos defenso-res do ambiente e da natureza. Unha reportaxe sobre os servizos depréstamo de bicicleta nas cidades galegas, a sección de flora e faunae os artigos de Educación ambiental e Ecoloxía no cotiá completaneste Cerna.

    EDUCACIÓN AMBIENTALFOGARES VERDES 34Ramsés Pérez, Mª Xosé Castro e Isabel Fernández

    Cun pequeno esforzo e sen afectarao noso benestar e calidade de vidapódense reducir os gastos do fogar econtribuír á conservación dos recur-sos naturais.

  • 4 cerna

    ACTUALIDADE

    En termos xerais, Adega valoramoi positivamente o proxecto doPlano Sectorial Hidroeléctrico deGaliza, que exclúe calquera novoaproveitamento hidroeléctrico dosríos galegos pertencentes á bacíaGaliza-Costa, é dicir, de competenciaautonómica. Este planeamento,aínda pendente de aprobación, viríaa consolidar así a moratoria de novasconcesións impulsada polo bipartito,a reivindicar os fundamentos daIniciativa Lexislativa Popular en

    Defensa dos Ríos, aprobada en 2005polo Parlamento galego, e a cumprircoas esixencias dos ecoloxistas conrespecto á opción “cero” (non máisminicentrais). Alén disto, o novoPlano Hidroeléctrico obriga a que osaproveitamentos xa existentes cum-pran cos requirimentos da DirectivaMarco da Auga, podendo considerar-se nalgúns casos o derrube de mini-centrais. Adega reclama ao novogoberno a aprobación sen modifica-cións deste Plano Sectorial.

    VISTO BO AO PLANO SECTORIAL HIDROELÉCTRICO

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    Adega denuncia por presuntasameazas e coaccións a Ramón Álva-rez-Cascos, representante legal deACUINOR. O denunciado enviou amensaxe “Se os acabó el chollo” desdeo seu teléfono móbil á Presidenta deAdega-Lugo, Montserrat Lombardía,na tarde electoral do 1 de marzo,cando xa se coñecía o triunfo conmaioría absoluta do Partido Popular. Apersoa receptora deste SMS foi unhadas activistas de ADEGA denunciadaspor ACUINOR por terlle parado en

    2005 as obras dunha piscifactoría enRinlo (Ribadeo) que a empresa estabaa construír dentro da Rede Natura2000. A partires dese momento xurdi-ron varias dilixencias xudiciais entreambas partes, polo de agora favorá-beis a Adega, que aínda hoxe estánabertas. Por tal motivo, Adega con-templa a intención intimidatoria damensaxe e o suposto anuncio docomezo dunha “nova era” co PP naque Alvarez-Cascos podería actuar “ássúas anchas”.

    O "TALANTE" DE RAMÓN ÁLVAREZ-CASCOS

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    NOVO INIMIGO DE IBERDROLAIberdrola comeza as obras de

    ampliación da central hidroeléctricaSanto Estevo II, nos Canóns do Sil, senpermiso do Ministerio de MedioAmbiente, nun espazo de Rede Naturae facendo uso de maquinaria pesada evoaduras. Adega xa presentou a súadenuncia diante da Axencia Galega deProtección da Legalidade Urbanística eda Dirección Xeral de Conservación daNatureza para pedir a paralización dasobras e a interposición de sancións. Asímesmo, pasou a formar parte daPlataforma en Defensa da RibeiraSacra, constituída recentemente porvarios colectivos sociais, turísticos,ambientais da zona, ademais dos con-cellos de Chantada, Monforte e Pobrade Brollón, co obxectivo de protexer acomarca de proxectos devastadores coterritorio como os novos proxectoshidroeléctricos previstos para os ríos

    Miño e Sil. Ao seren de competenciaestatal, a Plataforma xa interpuxo unrecurso de alzada ante o Ministerio deIndustria para paralizar o proxecto deSanto Estevo II, denunciou o depósitodos entullos das obras nunha zona pro-texida (LIC Canóns do Sil) e realizou unacto de protesta na Ponte da Barca,entre Pantón e Nogueira de Ramuín.

    Mar

    tiño

    Fiz

    Na provincia de Lugo, no concellode Mondoñedo, constitúese aPlataforma Furapresas. Está formadapor diversas asociacións, entre elasAdega, cidadáns e o Concello deMondoñedo coa intención de impedir aconstrución de dúas novas minicentraisen pleno LIC da Serra do Xistral, nosríos Tronceda e Figueiras. O Salto deCabana, no Tronceda, está previsto nasinmediacións da Área Recreativa daFervenza, lugar de importante atractivoturístico e de esparcemento do munici-pio, e limitaría o caudal actual do ríonun 90%. O segundo proxecto, no ríoFigueiras, afectaría a dous quilómetrosdo curso fluvial. Ambas minicentraisestán promovidas por particulares.

    MÁIS PLATAFORMASCONTRA AS

    MINICENTRAIS

  • Tras o resultado frustrado da declara-ción de Galiza como “zona libre detransxénicos” polo Parlamento Galego, aPlataforma Galega Anti-transxénicospresentou alegacións ante o Ministeriode Medio Ambiente para evitar a autori-zacións de ensaios de cultivo de organis-mos modificados xeneticamente (OMX)en 5 concellos galegos. Porén, oMinisterio segue a ocultar a informaciónsobre a localización exacta das parcelas

    utilizadas para tal fin en Arzúa, SantaUxía de Ribeira, Mesía, Vilalba eChantada (este último declarado poloconcello “libre” de transxénicos). Istosucede a pesar de que unha recente sen-tenza do Tribunal Europeo de Xustizaobriga aos Estados membros a ter infor-mados aos seus cidadáns das ubicaciónsdos cultivos de OMX, apoiándose noDereito á Información e no Principio dePrecaución.

    CULTIVOS TRANSXÉNICOS OCULTOS

    A modificación da Lei de Costas poloMinisterio de Medio Ambiente, Rural eMariño, permite vender ou mercar asvivendas construídas en dominio públicoantes da entrada en vigor da nova lexisla-ción de Costas. Ata o momento, nonpodían ser obxecto de mercado, pero bene-ficiábanse dunha concesión de 30 anos,ampliábel a 60. Coa expiración da conce-sión e coa modificación de lei, oMinisterio, segundo os grupos ecoloxistas,revaloriza esas edificacións e dificulta arecuperación do dominio público.

    En Galiza, coa mudanza de goberno,retornan á mente do Executivo galegovellos proxectos rexeitados no litoral gale-go pola súa insostibilidade e agresiónambiental, como a piscifactoría no CaboTouriñán ou o viaduto de Noia. Adegalamenta que membros do PP fagan talesanuncios porque, de conquerirse, ambosdous proxectos irían en contra da normati-va que ampara a Rede Natura 2000,segundo Adega.

    FLEXIBILIZANDO APROTECCIÓN LITORAL

    cerna 5

    NORFOR, sen certificado. OFSC- Forest StewardshipCouncil retira definitivamente ocertificado de xestión forestalsustentábel a Norfor e aSilvasur, filiais forestais dogrupo ENCE, tras sendas denun-cias presentadas ao longo dedous anos e medio por ADEGA,ADENA, APDR, Greenpeace eVerdegaia, entre outros colecti-vos ecoloxistas.

    Radio Cerna nas cidades gale-gas. O programa radiofónicopromovido por ADEGA nas emi-soras locais e municipais do paísamplía a súa cobertura de emi-sión grazas á colaboración deLocafm e Onda Local, con fre-cuencias na meirande parte dascidades galegas. Máis informa-ción en www.adega.info

    Caza do Raposo ante a Fiscalía.A Fiscalía arquivou a denunciapresentada por ADEGA e “Matarpor Matar, NON” polo supostoincumprimento da normativavixente na VI Copa de España daCaza do Raposo. Determinou aausencia de delito penal e ins-tou aos denunciantes a recorreraos tribunais do contencioso-administrativo, nos que a reso-lución pode demorarse variosanos.

    Curso sobre tóxicos. Adegaorganiza un curso de formaciónsobre produtos tóxicos que con-taminan o solo, a auga e a nosasaúde no local social daAsociación en Compostela, cogallo de buscar alternativasmáis ecolóxicas.

    EN BREVE

    Campañas de inspección, cursos de for-mación, encontros de voluntariado, ou saí-das formativas son algunhas das activida-des que se poden atopar no programa deactividades 2009 do Proxecto Ríos. Esteano realizaranse por segunda vez a limpe-za simultánea dos ríos galegos e a execu-ción dun calendario fenolóxico, que tencomo obxectivo coñecer o estado e otempo de floración de determinadas espe-cies de árbores e plantas vinculadas aoscursos fluviais.

    Por outra banda, no marco do ProxectoRíos, Adega lanza por primeira vez o seuprograma “Ríos de Lingua e Cultura”, encolaboración coa Mesa pola NormalizaciónLingüística, para fomentar o emprego dalingua galega mediante a recollida e divul-gación dos nomes asociados aos ríos.

    Para máis información:www.proxectorios.org

    PROXECTO RÍOS

    Ram

    sés

    Pére

    z

    Ram

    sés

    Pére

    z

  • ACTUALIDADE

    LUGO, A POLO TREN!

    6 cerna

    Adega e o Colexio de Arquitectos deGaliza organizaron en xaneiro o Foroaberto sobre o Ferrocarril en Lugo cogallo de impulsar o debate social e polí-tico arredor das demandas e necesida-

    des da provincia con res-pecto ao tren como mediode transporte máis seguro,eficiente, barato e respec-tuoso co ambiente. Aoevento asistiron represen-tantes de varias entidadesprivadas, públicas e sociaisde Lugo que concordaronna urxencia de medidas eaccións que consigansuperar o abandono enmateria de ferrocarril aoque está abocada a provin-cia. Entre outras, destaca-

    ron a necesidade da rehabilitación daliña Lugo-Monforte, a mellora de servi-zos da liña Lugo-A Coruña, a creacióndas conexións Lugo-Santiago e Lugo-A

    Mariña, a electrificación e desdobra-mento total das liñas, e unha maioratención ao transporte de mercadorías.O reforzamento e levantamento denovos servizos e infraestruturas, nomea-damente de proximidade, contribuirían,segundo os organizadores, a reducir acontaminación atmosférica, reducir osaccidentes de tráfico, abaratar o trans-porte de mercadorías e pasaxeiros, edarlle pulo económico á provincia noseu conxunto. Alén disto, reclaman acreación dun Ente Galego de Xestiónque se dote de fondos propios perante adesaparición das subvencións europeasen 2013. Adega tamén solicitou ao novoMinistro de Fomento, o lucense XoséBlanco, que atenda as devanditas reivin-dicacións.

    ALÁ, POR ONDE O TAMBRE PASAO concello de Santiago pretende

    derrubar a estación de tren para a cons-trución dun macrocomplexo que inte-grará solo de uso residencial e comerciale un aparcadoiro para 1.800 vehículos.Adega xa se manifestou en contra desteproxecto debido a que responde, non ádemanda social, senón a interesesfinanceiros e especulativos. Adega criti-ca a creación de centros comerciais, endetrimento do pequeno comercio; apar-cadoiros privados, en vez da potencia-ción do transporte público e eficiente; e

    a ampliación do solo residencial, frontea políticas de recuperación e rehabilita-ción das vivendas baleiras. Participandas mesmas protestas a AsociaciónCompostelá de Amigos do Ferrocarril e oColexio de Arquitectos de Galicia. Así,avogan por manter as infraestruturas xaexistentes, adaptándoas ás novas nece-sidades do transporte.

    No municipio próximo a Compostela,en Negreira, Adega fíxose eco dasdenuncias veciñais de Ponte Maceira

    sobre os vertidos de lamas de depurado-ra en cru depositados en terreos de Pazode Baladrón, ao carón do río Tambre,que poderían contaminar ao efluentepor nitratos e metais pesados, de nonestar correctamente xestionados. Osveciños quéixanse dos malos cheiros eda proliferación de insectos na zona.Adega lembra que este tipo de proble-mas solucionaríanse coa creación deplantas de compostaxe adecuadas paratratar este tipo de residuos e converte-los en compost.

    As institucións xudiciaisseguen a considerar as queixasdas Plataformas de Afectadospolo Plano Acuícola Galego.Desta volta, o Tribunal Superiorde Xustiza de Galiza admitiu atrámite o recurso contencioso-administrativo presentado polaAsociación de Veciños “APergoliña” de Camelle contra aConsellaría de Pesca. Alí, ao ladoda vila, está prevista a instalacióndunha macropiscifactoría de217.000 m2 para o que será preci-sa a expropiación dos terreos.Con este, xa son catro contencio-

    sos interpostos polas Plataformasde Afectados que se admiten atrámite (tamén os de Laxe Brava,Quilmas e Merexo), ademais daparalización das obras da pisci-factoría de Rinlo (Ribadeo) porditame xudicial.

    En Quilmas, a Cooperativa deAgricultura Ecolóxica RaínhaLupa e Adega convidaron avoluntarios e voluntarias a parti-cipar nunha xornada de traballo econvivencia en defensa do apro-veitamento sostíbel dos terreosobxecto de expropiación.

    A COSTA DA MORTE PIDE XUSTIZA

    Mon

    tse

    Lom

    bard

    ía

    Fins

    Eire

    xas

  • cerna 7

    EN BREVE

    Compostaxe na Mariña. Ribadeo é o primei-ro concello da Mariña lucense en adherirse aoprograma de compostaxe caseira de Adega.Nel, instaláronse 20 composteiros e realizá-ronse charlas de introdución a este xeitosostíbel de xestionar o lixo doméstico, paralogo convertelo en abono. Adega xa leva ins-talados un total de 1.800 composteiros noconxunto do país.

    EA en Arbo. Adega presenta no concello deArbo, na comarca da Paradanta, un proxectopolo que solicita a cesión do muíño de SanXoán, situado na parroquia co mesmo nome,para a realización de actividades deEducación Ambiental e divulgación relaciona-das co medio e a natureza. Son de destacar asiniciativas ofertadas con respecto ao ámbitoforestal e de turismo rural, ambos os doussectores produtivos da comarca.

    Emprego sostíbel no Courel. Adega presen-tou aos veciños e veciñas de Folgoso doCourel o seu estudo sobre alternativas deemprego sostíbeis na zona, apoiado polaConsellaría de Traballo, co obxectivo de reco-ller a opinión dos interesados. No encontro,que acadou grande participación, apreciousea vontade de diálogo dos veciños con respec-to á protección do espazo e a potenciación dealternativas de traballo máis respectuosas.

    Batida ilegal en Melide. Adega denunciouunha batida ilegal de xabarís levada a cabono mes de xaneiro nunha zona acotada comoRefuxio de Fauna polo TECOR de Melide. Estesrefuxios serven de lugares aptos para a repo-boación da fauna, imprescindíbeis para unhaxestión cinexética sustentábel.

    Polígono industrial en Mandía. AdegaTrasancos fai alegacións contra o proxectodun megapolígono industrial en Ferrol, no Valde Mandía, polos impactos que supón sobre afauna (especies protexidas), flora, patrimonioarqueolóxico e o sistema fluvial da zona.

    V Copa Galega de Kaiak Extremo. Organizadapola Plataforma Social pola Defensa do AltoUlla, celebrouse o pasado mes de marzo nastorrentes de Mácara-Ramil (Agolada), co gallode potenciar a realización de actividades ino-cuas cos ríos fronte a proxectos destrutivoscon eles, como os aproveitamentos hidroeléc-tricos.

    MASACRE NO CARBALLIÑOTras a denuncia do lamentábel

    estado no que se atopa a canceiramunicipal do Carballiño, membrode Amigos da Terra, Adega, e“Matar por Matar NON” atoparonnas inmediacións da instalaciónunha foxa común cuns 80 canssacrificados, feito que trasladaronao SEPRONA (Servizo deProtección da Natureza) e áConsellaría de Medio Ambiente. Aextrema gravidade do feito fai que

    os ecoloxistas esixan responsabili-dades de carácter penal. Pola súabanda, o Seprona constatou aexistencia da foxa común e certasirregularidades de xestión, como ainexistencia dun Libro de Rexistrocos datos dos animais, a carenciade servizo veterinario, ou a ausen-cia do refuxio no Rexistro deEstablecementos de AnimaisDomésticos e Salvaxes enCatividade de Galiza.

    Tras tres anos e medio de loitaecoloxista, paralízase o proxectode construción de 69 chalés e unhotel á beira do mar no concellode Valdoviño (Ferrol), promovidopor “Contrucciones Rías Gallegas”.Tal e como ten denunciado Adegaen numerosas ocasións, o proxec-to situábase nun espazo de RedeNatura, LIC Costa Ártabra, zonaRamsar e ZEPA, ademais de ir con-tra das leis urbanísticas e patri-moniais (afectando ao Castro daFrouxeira). Un acordo do concello

    de Valdoviño en sesión plenariaextraordinaria, estableceu a sus-pensión da licenza da urbaniza-ción, denominada “A Saíña”, e oinicio do proceso de modificacióndas Normas Subsidiarias do muni-cipio para adaptalas á normativavixente en materia de protecciónambiental, patrimonial, de costase urbanística. Este acordo adópta-se seguindo as instrucións daAxencia de Protección daLegalidade Urbanística, á cal ape-lou Adega.

    VITORIA DE ADEGAEN VALDOVIÑO

    Fins

    Eire

    xas

    Amig

    os d

    a Te

    rra

  • 8 cerna

    ACTUALIDADE

    A AGONÍA DO EUME E DO TRIMAZTras un ano desde a aparición de

    centos de reos mortos na desemboca-dura do Eume, pescadores, ecoloxistase veciños temen que se volva a repetira catástrofe. Pola súa parte, aConsellaría de Política Territorial enfuncións, en coordinación con MedioAmbiente, asegura que a situación xa éestábel no Eume e anunciou o selado

    dos taludes da autoestrada Ferrol-Vilalba de onde procedía o materialcontaminante, algo que xa hai tempopediu o sector ecoloxista para protexerademais a outros ríos afectados polomesmo motivo como o Trimaz (efluen-te do Lastra) ou o Lavadoiro e oChamoselo (efluentes do Eume).

    Despois de seis anos e medio dacatástrofe do Prestige, faise público oauto ditaminado pola xuíza deCorcubión que pon fin á fase de ins-trución do caso. O auto retira provi-sionalmente a imputación a Xosé LuisLópez-Sors González, director daMariña Mercante do Ministerio deFomento no goberno de Aznar e oúnico cargo público imputado no caso.A xuíza asegura que, segundo osinformes periciais, López-Sors foi pru-dente e razoábel na súa decisión deordenar o afastamento do buque maradentro, unha vez accidentado. APlataforma Nunca Máis recorreu oauto ante a Audiencia Provincial daCoruña a través da súa ComisiónXurídica, a cal sostén que López-Sorsnon consultou a expertos nin recavoua información precisa sobre o estadodo barco antes de dar a orde de alon-xamento, agravando aínda máis asituación. Nunca Máis cre que haiprobas suficientes, extraídas dasdeclaracións dos peritos, que xustifi-

    can a imputación do ex cargo público.A Fiscalía, nembargante, apoia o autoda xuíza de Corcubión.

    Á espera da resolución daAudiencia Provincial, está previstoque vaian como imputados ao xuízodo caso Prestige o capitán do barco, oxefe de máquinas e o primeiro oficial(estes dous últimos, desaparecidos).

    Coincidindo con estas datas, aRevista Xurídica Galega publicou o“Estudo crítico sobre o sistema de res-ponsabilidade civil por danos causa-dos por hidrocarburos. Ensinanzas doPrestige”, realizado por Luis VillaresNaveira, dentro do equipo de investi-gación sobre Economía Pesqueira eRecursos Naturais da USC. No docu-mento, Villares propón a reforma domarco legal vixente de xeito que seobrigue ás petroleiras e a todos os“beneficiarios materiais” do tráfico dehidrocarburos a responder económicae socialmente ante este tipo de catás-trofes.

    “NUNCA MÁIS”RECORRE O AUTO DO PRESTIGE

    O eurodeputado de EsquerdaUnida, Willy Meyer, solicitou medi-das por parte da UE para deter oimpacto das canteiras de pizarra nacomarca lucense e pediu informa-ción sobre a postura que Europa vaiatomar fronte este problema. En maiode 2008, a UE xa pedira explicaciónsao Estado por supostas irregularida-des detectadas na autorización decatro canteiras na zona. A respostaespañola xustificaba esas autoriza-cións, xunto co aval da Xunta, perooito meses despois aínda non secoñece a valoración final deBruxelas. É por iso que Meyer decideagora intervir na busca do posiciona-mento europeo.

    Doutra banda, a Comisión euro-pea abriu un procedemento deinfracción ao Estado español poloincumprimento da Directiva de tra-tamento de augas residuais urbanasna zona litoral da Coruña, nomeada-mente na Ría do Burgo, que derivaránunha multa. A insuficiencia decolectores e de depuración na zonaforon as razóns que motivaron aapertura deste expediente, que poderematar no Tribunal de Luxemburgose o problema non se soluciona. Aconfraría de pescadores, a comuni-dade veciñal e os grupos ecoloxistasestán satisfeitos coa mensaxe lanza-da pola UE, agardando que as auto-ridades españolas e galegas prestenagora máis atención ás súas queixas,expresadas durante anos.

    O COUREL E ARÍA DO BURGO,EN EUROPA

    Álex

    Gar

    cía

  • cerna 9

    Tras o resultado frustra-do da declaración de Galizacomo “zona libre de transxé-nicos” polo ParlamentoGalego, a Plataforma GalegaAnti-transxénicos presentoualegacións ante o Ministeriode Medio Ambiente paraevitar a autorizacións deensaios de cultivo de orga-nismos modificados xeneti-camente (OMX) en 5 conce-llos galegos. Porén, oMinisterio segue a ocultar ainformación sobre a locali-zación exacta das parcelas

    utilizadas para tal fin enArzúa, Santa Uxía deRibeira, Mesía, Vilalba eChantada (este últimodeclarado polo concello“libre” de transxénicos). Istosucede a pesar de que unharecente sentenza do TribunalEuropeo de Xustiza obrigaaos Estados membros a terinformados aos seuscidadáns das ubicacións doscultivos de OMX, apoiándoseno Dereito á Información eno Principio de Precaución.

    O CASO XALLAS:FERROATLÁNTICA CULPÁBEL

    A modificación da Lei deCostas polo Ministerio deMedio Ambiente, Rural eMariño, permite vender oumercar as vivendas construí-das en dominio público antesda entrada en vigor da novalexislación de Costas. Ata omomento, non podían serobxecto de mercado, perobeneficiábanse dunha conce-sión de 30 anos, ampliábel a60. Coa expiración da conce-sión e coa modificación delei, o Ministerio, segundo osgrupos ecoloxistas, revalorizaesas edificacións e dificulta a

    recuperación do dominiopúblico.

    En Galiza, coa mudanzade goberno, retornan á mentedo Executivo galego vellosproxectos rexeitados no lito-ral galego pola súa insostibi-lidade e agresión ambiental,como a piscifactoría no CaboTouriñán ou o viaduto deNoia. Adega lamenta quemembros do PP fagan talesanuncios porque, de conque-rirse, ambos dous proxectosirían en contra da normativaque ampara a Rede Natura2000, segundo Adega.

    O CASO ENCE: APDR ACUDEAO TRIBUNAL SUPREMO

    Lobo en Ancares. A Federación Ecoloxista Galega e aAsociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico(ASCEL) esixen cambios na xestión cinexética da reservaancaresa, e instan á Consellaría de Medio Ambiente a querealice unha revisión a fondo desta actividade, xa que a“sobrecaza” podería aumentar os danos do lobo sobre ogando da zona.

    Contaminación no río Gafos. En Pontevedra, a Consellaríade Medio Ambiente abriu a veda de pesca no río Gafos, des-pois de estar 4 anos pechada por contaminación. PeroVaipolorío alerta de que existen aínda vertidos continuosprocedentes dos sumidoiros municipais que discorren para-lelos ao efluente desde Vilaboa ata a súa desembocadura ecre incomprensíbel que se autorice a pesca de salmónidossen resolver antes esta situación.

    Patrimonio do Miño. O colectivo ecoloxista de Vigo, ADEN-CO, reivindica que se protexan, difundan e poñan en valor aspesqueiras de Arbo, ameazadas polo Plano Xeral deOrdenación Municipal. Adenco apoia a súa mensaxe co estu-do realizado polo arqueólogo Rafael Gutiérrez, no que sedestaca o valor patrimonial destes vestixios da Idade Media,tamén chamados “pescos”.

    Estudo sobre parques eólicos. Un equipo de investigación deEconomía ecolóxica e agroecoloxía da Universidade de Vigo,dirixido por Xabier Simón, calcula que os propietarios dosterreos nos que se asentan actualmente os parques eólicossó reciben arredor do 1,2% das rendas acadadas polasempresas do vento, a metade da media europea. Ademaisdestaca os avanzos sociais e ambientais que introduce onovo Decreto Eólico, impulsado polo bipartito, fronte áinxustiza social e ao deterioro ambiental cos que se desen-volveu esta enerxía ata o momento en Galiza.

    Día da Árbore en Pantón. Os comuneiros de Santiago deCangas (Pantón) celebraron o Día da Árbore plantando nosseus montes de mancomún unhas 250 árbores frondosas,150 carballos e 100 castiñeiros. Foi no lugar coñecido como“Vaguada das Bouxas”, onde os veciños levan dous anos tra-ballando para crear un souto que acolla un milleiro de árbo-res autóctonas.

    EN BREVE

    Ram

    sés

    Pére

    z

  • LIBROS INFORMES EXPOSICIÓN

    CONTOS YCUENTOSDE LOBOSLuis Del Riego Celada eJoão Pedro GalhanoAlvesExmo. Concello de Pue-bla de SanabriaCastelán e portugués(60) DL-ZA-133-2006

    Da man dun dos seus autores, Luis DelRiego, chéganos a edición bilingüe en cas-telán e portugués dun "Percorrido polosrelatos loberos de Sanabria e Tras osMontes". Como nos di o naturalista no pró-logo, a zona que abrangue a publicaciónacolle na actualidade a maior poboación delobos da Península, un territorio sen divi-sións administrativas para esta especiecomo o foi durante séculos tamén para ospoboadores humanos destas terras.

    A obra pretende a recuperación desteimportante patrimonio para poder conser-valo e divulgalo. Recolle diferentes historiasrelacionadas co lobo, coa súa relación cosmastíns e o gando, encontros, relatos, fábu-las, lendas, contos e refráns.

    O CARBALLOCON BOTASAnxo Moure,Ilustracións deTino Varela2teixosGalego (26)

    E seguindo cos contos... "O carballo conbotas", esa historia que seguramente todas lletemos escoitado algunha vez ao noso com-pañeiro ecoloxista Anxo Moure e que leva per-correndo escolas de toda Galiza, O Bierzo ePortugal, pásase agora ao papel acompañadodas ilustracións de Tino Varela. É este o primei-ro libro da Colección de libros da ciclobibliote-ca e tamén da nova editorial ecolóxica, denome "2teixos" que editará as suas publica-cións en papel reciclado.

    O libro conta cunha peculiaridade que o faimáis especial se cabe. Os que merquen a publi-cación obterán un "libro plantabosques", xaque, por cada un deles vendido, a editora "2tei-xos" plantará unha árbore autócnona: teixo,acivro, cancereixo, faia ou freixo. Porén, aque-las persoas que o desexen poderán solicitar aárbore para plantala por elas mesmas.

    RECURSOSRamsés Pérez

    SOSTENIBILIDADLOCAL: UNHAAPROXIMACIÓNURBANA Y RURALEquipo OSE (Observato-rio de la Sostenibilidaden España) OSE Español (192)

    OSE é unha enti-dade que pretende avaliar os avances e osretrocesos cara a sostibilidade a través daanálise de indicadores. Neste novo informeanalízase a sustentabilidade local, tantourbana como rural, intentando describir asprofundas interrelacións que existen entreambas as dúas. Pon en evidencia a necesi-dade de desenvolver un enfoque territorialque integre os distintos espazos para iden-tificar, recoñecer e xestionar os recursosendóxenos de cada un deles, e propiciar asúa revalorización como un modo de garan-tir un tratamento sustentábel da diversida-de.

    www.sostenibilidad-es.org

    REVISTAS

    NA REDE

    ENBÍCIATEPlataforma Carril-bicide CórdobaEspañol (32)

    Chegou aosandeis do local deADEGA un novonúmero, o 37, darevista sobre Mobili-

    dade Sustentábel de Andalucía, editada polaPlataforma Carril-bici de Córdoba. Entre osseus contidos destaca a convocatoria dos pre-mios "ring-ring", o artigo dedicado á famíliade ciclousuarios Villar Fernández e o texto deGerardo Pedrós titulado "O Test doNegacionista", no que pon en evidencia como,por unha banda o goberno de Zapatero presu-me de ser un dos líderes europeos na loitacontra o cambio climático, cando pola outra,continúa a exercer unha política de infraes-truturas faraónicas e non é quen de aprobarunha Lei de Mobilidade Sustentábel.

    ‘RECURSOS’ CERNA PIDE A TÚA COLABORACIÓNSe estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio

    ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc, ponte en contacto connós no seguinte enderezo electrónico; [email protected], indicando ‘Recursos’ Cerna.

    O LOBO, UNHA CARREIRA POLASUPERVIVENCIA. ADEGA, ERVA E AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa)

    A exposición, que pretende ser un alega-to a prol da conservación do lobo e os seushábitats, reúne a obra pictórica, literaria eaudiovisual de máis de 60 artistas da plásti-ca, escrita e fotografía de Galiza e Portugal,solidarios e solidarias coa defensa da especie.

    A mostra comezou a súa andaina noCEIDA e continuou en Santiago deCompostela promovida pola Concellaría deMedio Ambiente, o Concello de Santiago e aConcellaría de Cultura e CentrosSocioculturais. Estivo tamén en Sigüeiro eOrdes e persiste a súa andaina polo país,acompañada de visitas guiadas e diferentesactividades de Educación Ambiental, conta-contos, etc.

    Coordinadores:Xosé L. Salvadores, Xulio Villaverde,Pedro Alonso

    [email protected]@gmail.com

    LIGAZÓN:www.consumer.es/medio-ambiente/Galego, éuskaro, catalán e español

    A páxina da revista Consumer daFundación do Grupo Eroski ofrece a posibili-dade de consultar na rede a edición impresada sección de medio ambiente. Contén osapartados de natureza, enerxía e ciencia, ououtros como novas, investigacións, vídeos emonográficos. Son especialmente interesan-tes as infografias que se poden descargarpara traballar con elas. Ofrece tamén a posi-bilidade de subscribirse ao boletín semanalcoas seccións específicas de natureza.

    www.consumer.es

    cerna 11

  • PROPOSTAS PRIORITARIAS DE ADEGA AO GOBERNO ENTRANTE

    12 cerna

    Cara a nova lexislatura, ADEGAdemanda que se consoliden os avancesambientais encetados na etapa anterior,se aprenda dos erros cometidos e secamiñe máis decididamente cara a sus-tentabilidade. Nunca poderemos apoiarunha involución ambiental que bote porterra algunhas conquistas históricas domovemento ecoloxista: Lei de Defensados Ríos e paralización das minicen-trais; Lei de Residuos e Plano deResiduos Sólidos Urbanos orientado áreciclaxe; Lei de Medidas Urxentes emoratoria urbanística no litoral; Lei daPaisaxe; blindaxe da Rede Natura nodecreto eólico; novos espazos protexi-dos e proposta de ampliación da RedeNatura; participación social nos orga-nismos consultivos, entre outras.

    Agardamos tamén que o PP nonrepita os erros que anteriormentecometeu. As desfeitas teñen nome elugar no mapa: Prestige, SOGAMA,Plano Hidroeléctrico, Plano Acuícola,Plano Eólico, Xistral, Courel, Rinlo, CaboVilán, Umia, Ulla, Ézaro...

    A actual crise económica ten unhaforte compoñente ambiental. Ao cambioclimático global hai que engadir asobreexplotación dos recursos naturaispor riba da súa taxa de reposición, quecolocaron a moitos ecosistemas natu-rais ao borde do colapso. As organiza-cións ecoloxistas levamos anos adver-tindo das consecuencias das políticasirracionais e insustentábeis, baseadasno crecemento económico sen fin.Lamentabelmente, xa non hai tempopara laiarse: cómpre actuar xa. Calquera

    opción política debería ter en conta estepanorama e artellar propostas locaispara mitigar os efectos perniciosos docambio climático, frear a deterioracióndos recursos naturais e diminuír a nosapegada ecolóxica. Precisamos dunhamudanza substancial das políticaspúblicas para incorporar criterios e indi-cadores de sustentabilidade, con com-promisos reais cuantificábeis e tempo-ralizados. Cómpre tamén integrar trans-versalmente este enfoque sustentábelen todos os eidos da Administraciónpara evitar que, outra volta, sexa anatureza a que acabe pagando as con-secuencias da crise.

    No cadro adxunto cítanse algunhasdas propostas prioritarias. Máis infor-mación: www.adega.info.

    Enerxía Obxectivo: redución do consumo fron-

    te ao incremento da produción. Estimular o aforro, mellorar a eficien-

    cia e procurar a suficiencia enerxéticade Galiza.

    Fomento das renovábeis e substituciónprogresiva das non renovábeis.

    Mínima afección ambiental e máximosbeneficios sociais

    Imposto ecolóxico aos combustíbeisfósiles e á importación de carbón.

    Traslado de REGANOSA fóra da ría deFerrol.

    Urbanismo e litoral Consolidar a franxa de protección do

    litoral e das chairas de inundación dosríos.

    Restrinxir a figura do “axente urbani-zador”.

    Penalizar fiscalmente ás vivendasbaleiras e segundas residencias eincentivar a rehabilitación.

    Contiuidade da moratoria urbanísticados 500m (até termos Plano deOrdenación do Litoral).

    Derrogación do Plano Acuícola e apos-ta decidida pola a recuperación dapesca artesanal, o marisqueo e a acui-cultura a flote.

    Ampliar a rede de Áreas MariñasProtexidas e promover a declaración deReservas da Biosfera para as rías gale-gas.

    Desmantelar ENCE-ELNOSA e os depó-sitos do Ferrazo.

    Residuos Redución da xeración de lixo (obxecti-

    vo 1% anual) e incineración “cero”(“3R”).

    Comarcalización efectiva e composta-xe de toda a materia orgánica, inte-grando o aproveitamento dos refuga-llos urbanos, agrícolas e forestais.

    Fomento das industrias de reutilizacióne reciclaxe e dos circuítos de segundaman.

    Augas e ríos Promover o aforro e mellorar a eficien-

    cia no uso da auga, e a prevención dacontaminación.

    Recuperación de ríos e humidais eaposta por modelos descentralizadosde saneamento con tecnoloxías bran-das.

    Desbotar máis aproveitamentos hidro-eléctricos e estudar a demolición dal-gunhas infraestruturas obsoletas ou dealto impacto.

    Competencias hidrográficas de Galizapara a totalidade do territorio galego.

    Conservación Urxente ampliación da Rede Natura

    2000 e da Rede Galega de EspazosProtexidos.

    Aprobación dos instrumentos de xes-tión (PORN, PRUX, Planos deConservación, Planos de Recuperación)para todos os espazos e especies xaprotexidas.

    Medidas compensatorias e de dinami-zación socioeconómica das poboaciónsafectadas.

    Nova Lei Galega de Impacto Ambiental. Plano de choque para a prevención e

    erradicación das especies invasoras.

    PROPOSTAS ECOLOXISTASAO NOVO GOBERNO DA XUNTA

    Fins Eirexas

    © Al

    bert

    e S.

    R.

  • cerna 13

    ADELA FIGUEROA PANISSE, Presidenta de ADEGA

    "NON ACEPTAREMOS QUE SE INVADAA REDE NATURA NIN QUE SECONSTRÚAN MÁIS PRESAS NOS RÍOS"

    Por Belén Rodríguez

    tunidade para dar conta da nosa opi-nión.

    Entre as medidas positivas sinalaría amoratoria dos 500 metros do litoralfronte a “lei bárbara” que reinabaantes na costa. Tentouse tamén afron-tar un dos problemas ambientais máisgraves, a xestión dos residuos sólidosurbanos, aínda sen resolver. Participa-mos da filosofía de fondo do novo Plande Xestión dos RSUs, aínda que chegacon retraso. Ademais consideramos unavance, aínda que incompleto, o esta-blecemento dunha Rede galega deCalidade do Ar, ou a ampliación doParque Natural das Illas Atlánticas.Porén, a ampliación da Rede Naturaquedou nunha frustración.

    - Ademais do Departamento de MedioAmbiente, houbo vontade ambientalnos demais?

    - Si, a Consellaría de Medio Ruralimpulsou políticas moi favorábeis aomedio ambiente como a creación dasUnidades de Xestión Forestal (UXFOR),o Banco de Terras ou os Grupos deDesenvolvemento rural, onde se dá vozpor primeira vez a todos os actoressociais do territorio.

    Tamén a Consellaría de Cultura, nome-adamente a D. X. de Patrimonio, pres-tou oídos ás denuncias de Adega enmoitas ocasións. Noutros casos nonchegamos a tempo, como no doCírculo Lítico da Mourela, nas Pontes.

    - E que actuacións destacaría deAdega na pasada lexislatura?

    - Concentramos moitos esforzos na pro-blemática do Plano Acuícola por ser unplaneamento que só contemplaba aacuicultura en terra, obviando amariña e o coidado e rexeneración dasrías. Por outro lado, iniciamos a lexis-latura con bo pé, xa que o Parlamentoaprobou a Iniciativa Lexislativa Popu-lar en Defensa dos Ríos, aínda que

    - Como cre que pode afectar o cambiode goberno ao eido ambiental?

    - Gañou o mesmo partido político quegobernou Galiza durante 16 anos nosque non demostrou ningunha sensibi-lidade ambiental. Ou este é un PPtotalmente reformado, ou non é paraestar moi confiados. Núñez Feijoo xaestaba no anterior goberno no que seaprobou (en funcións) o Plano Secto-rial de Tecnoloxía Alimentaria, o cha-mado “Plano Acuícola”, no que se des-prezaba totalmente a Rede Natura epolo que vendían o litoral galego ásempresas internacionais.

    - Que se gañou co bipartito en mate-ria ambiental?

    - Comparando coas anteriores, estalexislatura foi bastante positiva, aomenos no que se refire ao establece-mento de diálogo entre Administra-ción e os ecoloxistas. O noso papel éser esixentes coas políticas que afec-ten ao medio e opuxémonos a moitascousas, o que non quita que poidamosanalizar as diferenzas con obxectivi-dade. Quizais non fomos capaces deinfluír nalgunhas decisións adoptadaspolo bipartito, pero déusenos a opor-

    logo lamentamos que non tivera máisaplicación. E destacamos tamén asnosas accións educativas, ao par quereivindicativas.

    - Que continuidade van ter esas rei-vindicacións a partir de agora?

    - Con respecto ao Plano Acuícola, xaaprobado, Adega alegará a cada unhadas plantas proxectadas, as calesdeberán pasar unha avaliación deimpacto ambiental. Tamén estaremosvixiantes para que non se invada aRede Natura baixo ningún concepto.Galiza recibiu moitos millóns de Fon-dos de Cohesión por pertencer ao “clubdos europeos”, o que implica respectaras normas comunitarias.

    No tocante aos ríos pensamos que xaé hora de desmantelar presas.Estámonos a opoñer ás concesiónshidroeléctricas que se están a licitarpor parte do Estado na Ribeira Sacra, eenfrontarémonos ás que veñan pro-movidas tamén nas bacías de Galiza-Costa.

    - Prevé que se establezan novos apro-veitamentos nas bacías de compe-tencia autonómica?

    - É moi probábel. Hai concesións pen-dentes de aprobar promovidas por for-tes empresarios como Villar Mir, quenfoi levado aos tribunais pola Xunta dobipartito pola catástrofe ambiental norío Xallas. Agora gobernan “os seus”.

    - ADEGA vai pedir a interlocución coSr. Núñez Feijoo. Que agarda deseencontro?

    - Primeiro, que nos reciba. Logo, presen-tarémoslle as nosas propostas e recla-macións en todas as materias ambien-tais relevantes para o noso país,baseadas na necesidade do autoabas-tecemento a partir dos nosos recursos.E, por suposto, apoiaremos a linguagalega porque é parte do patrimonioque nós defendemos.

    Ram

    sés

    Pére

    z

  • 14 cerna

    O INFORME AUKEN SOBRE URBANISMO

    A UE REPRIME AO ESTADO ESPAÑOL Por Belén Rodríguez

    O informe Auken, aprobado noParlamento Europeo o pasado 26 demarzo, non escatima en críticas. Odocumento constata deficiencias nocontrol dos procesos de urbanizaciónpor parte das autoridades públicas, apouca precisión da lexislación vixenteen materia urbanística, o abuso dedereitos lexítimos dos cidadáns fronte acapacidade de actuación dos promoto-res e dos axentes urbanizadores ou afalla de participación pública. Asímesmo, apunta á violación sistemáticadas leis ambientais e das directivaseuropeas nesta materia. Arestora hai250 proxectos urbanísticos pendentesde aprobación que están a ser investi-gados polas autoridades europeas poloseu impacto sobre o medio. Alén daafección ambiental, a maioría dasdenuncias formuladas, segundo estedocumento, corresponden ao tipo derecualificación do solo, de rural a urba-nizábel, á falla de solo protexido ou áausencia absoluta de cualificación,quedando ao dispor dos intereses urba-nizadores. Por outra banda, a parlamen-taria acusa aos tribunais de seren

    demasiado permisivos, da lentitude dosprocesos xudiciais ou das sentenzas quenon compensan ás vítimas. O informechega a constatar a existencia dunha“forma endémica de corrupción noEstado español, cuxa vítima é de novo ocidadán”.

    Salvemos Mojácar, a CoordinadoraCiudadana para la Defensa del Territorio

    (CCDT), Salvemos Las Rozas ouSalvemos el Territorio, entre outrasorganizacións, como representantes doscolectivos peticionarios e integrantesdo movemento “NON SE VENDE” detodo o Estado, encomian a vontademanifestada polo Parlamento Europeo eo informe Auken. Desde a CCDT consi-deran un fito histórico este documentoonde aparecen reflectidas 30 das súas90 medidas de choque contra o urba-nismo salvaxe, a pesares das emendaspresentadas polos dous principais parti-dos políticos do Estado, PP e PSOE, eque foron desestimadas por Europa.

    Jaime del Val, membro de CCDT équen compareceu no Comité dePeticións como convidado e voceiro dasorganizacións mencionadas, destaca aimportancia dalgunhas medidas sinala-das no informe Auken para seren adop-tadas polos gobernos, como o estable-cemento de moratorias urbanísticasante a apreciábel ilegalidade dalgúnsproxectos, ou a devolución de Fondosde Cohesión empregados para o desen-volvemento dos mesmos. “Non é sufi-ciente”, di Del Val, “habería que esta-blecer unha moratoria xeral da activi-dade urbanística dada a cantidadeinxente de vivendas baleiras que existeen todo o Estado, pero ao menos odocumento recolle a maior parte dasnosas reivindicacións”. Del Val aseguraque o informe Auken non é vinculante,non obriga ao Estado nin ásAutonomías, pero constitúe unhaadvertencia clara ante posíbeis acciónsfuturas máis determinantes por partede instancias europeas. De constatarseque o Estado no seu conxunto segue avulnerar reiteradamente as directivaseuropeas sobre os dereitos cidadáns,medioambientais, auga ou saneamento,o caso español podería derivar en dili-xencias no Tribunal de Estrasburgo,como xa aconteceu co “Informe

    Lois

    Toi

    rán

    O Estado español ten entre 3 e 5 millóns de vivendas baleiras. A pesares diso nos últimos anos duplicouse o número de vivendas cons-truídas, pasaron de ser 10 a 20 millóns. Son os datos que ilustran o descontrol e a devastación do urbanismo e dos que se fixo eco oParlamento Europeo para criticar por primeira vez na historia o delirio urbanístico do territorio español no seu conxunto. Tras recibirmáis de 20.000 denuncias de particulares e asociacións españolas na Comisión de Peticións sobre uns 180 proxectos urbanísticosinsostíbeis e prexudiciais para o interese xeral dos cidadáns, a parlamentaria danesa polos Verdes, Margrete Auken, abandeira un infor-me no que rexeita a caótica situación e insta ás autoridades públicas a reconducir a súa actitude e a actuar con responsabilidade.

    Costa de Barreiros, na Mariña luguesa.

    Hotel ilegal na praia de Algarrobico, no ParqueNatural Cabo de Gata-Níjar, en Andalucía.

  • cerna 15

    Fourtou” sobre a aplicación abusiva daLei Reguladora da ActividadeUrbanística na Comunidade Valenciana.O informe Auken é o terceiro posiciona-mento europeo con respecto ao urba-nismo do Estado, despois do Fortou e oLibicki-Cashman, que aproba en 2007os resultados da misión de investiga-ción en Andalucía, Valencia e Madrid.

    GALIZAO Instituto Nacio-nal de Estatística

    e o Ministerio de Vivenda calculan quehai en Galiza case 57.000 vivendasbaleiras, das cales 35.000 son habitá-beis ou teñen as obras rematadas. Poriso, o noso país non é alleo a esta situa-ción de abuso urbanístico. Para mostra,cabe mencionar o impulso por parte doanterior goberno bipartito da moratoriaurbanística dos 500 metros de costa no

    litoral galego con data de caducidadepara maio. A moratoria de dous anosconstituía unha medida cautelar ante aproliferación de solicitudes para pro-xectos urbanísticos no litoral de Galizamentres non se aprobaba un Plano doLitoral Galego que delimitara os usoscompatíbeis coa conservación da costa.O anterior Executivo sempre mantivo apromesa de aprobar o Plano do Litoralantes do remate da moratoria, agoraqueda a expensas das resolucións queadopte o Partido Popular, recentementechegado ao poder.

    O Valedor do Pobo, Benigno LópezGonzález, aplaude os contidos do infor-me Auken, sobre todo no que respecta áaplicación abusiva dos proxectos deordenación ou desenvolvementourbanístico que implican expropiacións.Segundo os últimos datos feitos públi-

    cos, o Valedor ten tramitado durante2006 e 2007 arredor de 430 queixas pordefectos de disciplina urbanística,maioritariamente, e de planeamento entermos de urbanismo e vivenda. “Éhabitual atopar incumprimentos dasobrigas legais como a declaración deurxente ocupación, atrasos nos pagos, afalta de liquidación en tempo razoábeldos xuros, etc. “, comenta, “e xa no2006, esta institución criticou os efec-tos perniciosos da aplicación indiscri-minada da figura do axente urbaniza-dor”. Pon de relevo tamén a tramitaciónde numerosas denuncias relacionadascoa expropiación de terreos baseada nosuposto “interese xeral” dos proxectospromovidos polas autoridades locais deGaliza ou as relativas á carencia oudeficiencia de avaliacións de impactoambiental.

    Jaime del Val na Comisión de Peticións do Par-lamento Europeo.

    Praia de Macenas, en Mojácar (Almería), urbanización de 1.500 vivendas, dous campos de golf ehoteis en solo protexido pola Rede Natura 2000.

    — Revisión e suspensión daqueles proxec-tos urbanísticos novos que poidan ir encontra de criterios sostíbeis ou que sexaninxustos socialmente e daqueles en cursoque non cumpren co dereito comunita-rio, sobre todo os que vulneren a lexisla-ción de auga e medio ambiente.

    — Revisión da lexislación urbanística vixen-te e derrogación das figuras legais quefavorecen a especulación, como o axenteurbanizador.

    — A retirada de Fondos de Cohesión quesexan empregados para a construción degrandes infraestruturas innecesarias, quenon estean suficientemente xustificadasou cando os proxectos incumpran osdereitos establecidos.

    — O establecemento de mecanismos xudi-ciais e administrativos operativos.

    — Que bancos e construtoras participenconxuntamente cos gobernos na buscade solucións aos problemas derivados daurbanización masiva.

    — Que os gobernos poñan máis atención ásconsideracións dos Defensores do Pobo eque fagan partícipes aos cidadáns da súaplanificación urbanística antes de seraprobada, e non despois.

    — Que se acoute a definición de "interesexeral" polas autoridades competentes, noque se viñan amparando para lexitimarproxectos insostíbeis que, nalgún caso,obtiveron informes e avaliacións deimpacto ambiental negativos.

    ALGUNHAS PROPOSTASDO INFORME AUKEN

    • Nº 41: "A construción da Galiza urbana.Decálogo para un urbanismo sustentá-bel", X.L. Martínez Suárez.

    • Nº 45: "Urbanizando a Rede Natura",Daniel López Vispo.

    • Nº 51: "Marea de cemento no esteiro doAnllóns", F. Baneira e cols. "O peor dosPrestige na costa galega" e "Vivendarural e a paisaxe da especulación",Adela Figueroa.

    • Nº 53: "Arquitectura e esquizofrenia",Emilio Rodríguez Blanco.

    • Nº 56: "Os Plans Xerais de OrdenaciónMunicipal", Lois Toirán.

    • Nº 57: "Vivendas de madeira", AdelaFigueroa.

    Art igos re lacionadosen CERNA:

  • 16 cerna

    CARLOS TAIBO

    O MOVIMENTO ANTIGLOBALIZAÇOMÉ O PRINCIPAL INSTRUMENTO DERESPOSTA À ANIQUILAÇOM ECOLÓGICA

    Entrevista por Belén Rodríguez

    - Esta é uma crise do capitalismo, daglobalizaçom, do imperialismo, doneoliberalismo...? Como prefere cha-mar-lhe?

    É uma crise de tudo isso, mas principal-mente do capitalismo. Importa sublin-har que devemos transcender a meracrítica do neoliberalismo para assumiruma crítica, mais funda, do própriocapitalismo. Esta última deve ir maisalá, polo demais, da mera contestaçomdo capitalismo desregulado paraalcançar o capitalismo em si.

    Digo que a crise atinge fundamental-mente o capitalismo porque o grandedebate hoje é o relativo a se este últi-mo nom está a perder dramaticamenteos seus mecanismos de freio que nou-tras circunstâncias, finalmente, o sal-varam.

    - No seu livro “Globalizaçom neoliberale hegemonia dos EUA.” do ano 2003,você sinalava que a globalizaçompoderia chegar a ser um fermentodum big bang de efeitos desconheci-dos, e posteriormente populariza-se asua frase “a globalizaçom avançapara um caos que escapa a todo con-trolo”. Já estamos nesse momento?

    Estamos, sim. No seu pulo encaminha-do a gerar um paraíso fiscal de escalaplanetária, desentendendo-se de qual-quer consideraçom de natureza huma-na, social ou meio ambiental, a globa-lizaçom tem escapado claramente docontrolo e dos interesses dos queimpulsaram o processo. Uma das con-sequências é que o capitalismo se mos-

    tra hoje incapaz de resolver os seuspróprios problemas.

    -Existe a possibilidade da planificaçomperante um futuro que semelhaincerto e impossível de controlar?

    Nom sei se o termo mais ajeitado é pla-nificaçom. Em qualquer caso, as socie-dades humanas devem recuperar ocontrolo sobre si mesmas, e isso aca-rreta acantoar a lógica da economia demercado. Nesse projecto, e ao meuentender, é vital artelhar processos defranco decrescimento económico aomenos no que se refere aos países doNorte desenvolvido. Para salvar a vida

    no planeta teremos que reduzir sensi-velmente os níveis de produçom e deconsumo.

    - A atitude intervencionista é consoli-dada por Estados Unidos em momen-tos de crise ou de conflito interna-cional. Vê-lo-emos também comObama? Até onde deveram interviros governos com respeito ao sectorfinanceiro e empresarial?

    Durante muito tempo vivemos com aideia de que a intervençom do Estadoera sempre saudável porque sempre seproduzia, num grau ou outro, em provei-to dos deserdados. Sabemos hoje desobra que as cousas som mais comple-xas. Agora, e com claridade, os poderespúblicos intervêm para socorrerem aimorais empresas financeiras e permitirque num praço de tempo breve retomemas suas práticas delitivas. Quando essasempresas acumularam formidáveisbenefícios, ninguém falou, sem embar-go, de intervir nelas. Um termómetroajeitado do que temos entre mãos é ofeito de que nom cheguem notícias quedêem conta de causas legais abertascontra os responsáveis das empresasfinanceiras das que falamos.

    "Estamos a gerar um paraíso fis-cal de escala planetária, desen-tendendo-se de qualquer consi-deraçom de natureza humana,

    social ou meio ambiental"

    CARLOS TAIBOCarlos Taibo é professor de Ciências Polí-

    ticas e de Administraçom na UniversidadeAutónoma de Madrid, autor de uma vintenade livros nos que reflexiona sobre os proces-sos de transiçom na Europa Central e naEuropa do Leste; questões geopolíticas anível geral, como a primacia mundial dosEstados Unidos ou o papel da Europa no con-texto global e, nos últimos anos, atende comespecial dedicaçom ao ressurgimento domovimento antiglobalizaçom, do qual sedeclara partícipe, como resposta ao actualmodelo capitalista. Na sua análise política,

    económica e social da ordem estabelecidanunca esquece a relevância e a afecçom doEcossistema e dos recursos naturais. Algunschamam-lhe o "Noam Chomsky espanhol" eparte das suas obras som: "¿Hacia donde noslleva Estados Unidos?", "No es lo que noscuentan. Una crítica de la Unión Europearealmente existente", "Sobre política, merca-do y convivencia" (em colaboraçom com JoséLuís Sampedro), "Os movimentos de resistên-cia frente à globalizaçom capitalista", "Misé-rias da globalizaçom capitalista", entreoutras. Na seguinte entrevista Carlos Taiboapresenta a sua visom sobre a crise ambien-tal e a sua relaçom com a crise global.© A

    lber

    te S

    R

    "Obama nom está a luitar -comonom o faz a UE- contra a

    mudança climática"

  • "Nom creio nem no crescimentosustentável nem no desenvolvi-mento sustentável. Nem cresci-

    mento nem desenvolvimento somsustentáveis"

    cerna 17

    - Que incidência têm sobre o actualciclo económico espanhol as privati-zações maciças da primeira era Aznar(1996-2000)?

    Nom acredito que seja maior que ocorrespondente às privatizações desen-volvidas nos anos da presidência deFelipe González. Ainda por cima, nomestá de mais salientar que, infelizmen-te, a dinâmica privatizadora fica vivanestas horas.

    - Qual é o papel da ONU na actualsituaçom?

    Tendo em conta o seu impresentávelregisto dos últimos anos, o mais quecumpre pedir à ONU é que nom legiti-me franca e direitamente o ilegitimá-

    vel. Por desgraça, Nações Unidas nuncaconseguiu deixar atrás a pegada deuma organizaçom criada polas grandespotências e quase sempre subordinadaaos interesses destas. Dito o anterior, éverdade que o mundo seria um poucopior se a ONU desaparecesse.

    - Qual é o papel que jogam as ONGs eos sindicatos na crise? Deveriammudar em forma e conteúdos? E emconcreto, as organizações ecologis-tas?

    Muito me temo que os sindicatos‘maioritários’ som hoje, entre nós, ali-cerce fundamental do capitalismo quepadecemos; há muito tempo que per-deram a sua capacidade de combate deontem. Polo que se refere às ONG, o seué reconhecer que em muitos casos,visivelmente burocratizadas, defrauda-ram as expectativas que se criaram aoseu arredor vinte anos atrás.

    - Crê realmente que a crise pode seruma oportunidade de mudança,também ambiental? Há algum indício?

    Acho que é uma oportunidade interes-sante para que uma parte da cidadaniarecupere o pensamento crítico, e nessesentido agoiro uma idade de ouro paraos movimentos de contestaçom. É ver-dade, porém, que em frente estarámtramadas estratégias oficiais encamin-hadas a alimentar, por cima de tudo, o

    medo. Ao cabo, boa parte dos discursosoficiais responde a este objectivo. Diz-se-nos: se nom protestais, podereismanter boa parte dos vossos privilé-gios: mas, se resistides, corredes o riscode perder todos estes.

    - Em momentos de crise, faz-se maisvisível a relaçom entre o ambiente ea economia? É o ambiente parte cau-sante da situaçom económica global?

    Deveria ser assim, tanto mais quantoque hoje a distinçom entre economia eecologia é cada vez mais fictícia. Emqualquer caso, muitas vezes disse queestamos perante várias crises, pormuito que os meios do sistema sófalem numa delas, a financeira, que é,por demais, a menos importante. Narebotica estám, contudo, as crises ven-celhadas com a mudança climática,com o encarecimento inevitável, antesou depois, dos preços da maioria dasmatérias primas energéticas queempregamos e com a sobrepovoaçom.

    - Existe alguma fórmula no actualmodelo económico que permita valo-rar nas suas claves as agressõesambientais, o esgotamento dos recur-sos ou os beneficios da natureza?

    Cumpre empregar medidores económi-cos alternativos, que tomem em consi-deraçom elementos sociais e meioambientais que escapam aos medido-res oficiais. Mesmo assim, a pegadaecológica, que mede a superfície doplaneta, terrestre como marítima,necessária para manter as actividadeseconómicas, é suficientemente ilustra-tiva da desfeita meio ambiental na quenos encontramos. Deixamos mui atrásas possibilidades meio ambientais e derecursos da Terra e estamos a esgotarrecursos que nom vam estarem a dis-posiçom das gerações vindoiras.

    - China, Índia e Japom som os queestám a caotizar a ordem mundial emmatéria ambiental e económica?

    © Al

    bert

    e SR

  • 18 cerna

    Nom. O caos principal vem das potên-cias ocidentais, ainda que é certo que opulo das economias emergentes temconsequências graves em matéria deaceleraçom das diferentes crises.

    - Temos que preocupar-nos de quealguns grupos empresariais ameacemcom mudar-se a outros lugares doplaneta com governos mais “permis-sivos” ou “anárquicos”?

    Naturalmente que deve preocupar-nos.Mas o fenómeno ?nom nos engane-mos— nada tem de novo. Ao cabo amaioria das estratégias do imperialismoe do colonialismo tardicionais bebian?bebem? de semelhantes práticas.

    - A pretendida luita contra a mudançaclimática de Obama arrastrará aEuropa ainda reticente em políticasambientais radicais?

    Obama nom está a luitar ?como nom ofaz a UE? contra a mudança climática.

    Se dum lado segue a estimular, rotun-damente, o negócio privado ao respei-to, doutra prefere esquivar a conclu-som de que a única estratégia crívelcontra a mudança climática é a quepassa por reduzir a actividade econó-mica da mão do pechamento ?ou dareduçom de actividade? de indústriascomo a militar, a automobilística, a daaviaçom ou a da construçom.

    - Devemos ser confiados nos acordosinternacionais que pretendem resol-ver os problemas de tipo ambiental?

    Som meros parches funcionais para alógica autopropagandística dos siste-mas que padecemos. Todos os receiosestám justificados.

    - O petróleo seguirá a ser alimento dasguerras, ou num futuro ficará emsegundo lugar frente a outros recur-sos naturais?

    Durante um tempo seguirá sendo fontede guerras de rapina, que se calhar

    crescerám ao abrigo do esgotamentodos recursos petroleiros. É lógico pen-sar, de qualquer modo, que com o passodos anos a ênfase se orientará paraoutras matérias primas energéticas. Acrise derivada dos preços destas soma-ra-se às consequências dramáticas damudança climática.

    - Crê na sustentabilidade e nas políti-cas sustentáveis de desenvolvimentoactuais? Cabem no actual sistema?

    Nom creio nem no crescimento sus-tentável nem no desenvolvimento sus-tentável. Ou som realmente sustentá-veis, e entom nom som nemcrescimento nem desenvolvimento, ousom estes dous e daquela nom som

    sustentáveis. Além disso, o crescimentoeconómico nom gera coesom social,provoca agressões meio ambientais emmuitos casos irreversíveis, facilita oesgotamento de recursos que nomestarám a disposiçom das geraçõesvindoiras e, em fim, permite o triunfodum modo de vida escravo que invita apensar que seremos mais felizes quan-tas mais horas trabalhemos, mais din-heiro ganhemos e mais bens acertemosa consumir.

    - Pola contra, há quem acredita numdesenvolvimento humano em harmo-nia com a natureza, a modo de comose desenvolvem e evolucionam osecossistemas, até alcançar umasituaçom clímax. Nom é isso possí-vel?

    Hoje em dia entre nós o termo ‘desen-volvimento’ está lastrado pola mesmamitologia quantitativa que oculta otermo ‘crescimento’. Nesse sentido,

    - Poupança e eficiência energética oumaximizaçom dos recursos energéti-cos renováveis?

    Sublinho, mais uma vez, que no Nortedesenvolvido devemos decrescer. Nomtem sentido imaginar que as energiasrenováveis, por si sós, resolvem os nos-sos problemas se nom assumimostambém medidas de estrita austerida-de.

    - Em que posiçom vê a energia nuclear?

    É um dos mitos mais nojentos domomento presente. Há urânio parapouco tempo, ninguém sabe que fazercom os resíduos gerados polas centrais,a construçom destas é extremadamen-te cara e a energia produzida manifes-tamente custosa, os efeitos da primei-ra ?da construçom? em matéria demudança climática som muito notá-veis, e, em fim, a segurança muito con-flitiva. Nessas condições, defender aenergia nuclear como alternativa realaos problemas do presente é moversem mais, e com descaro, os impre-sentáveis interesses de determinadasempresas.

    - Que se deve de frear antes, a con-centraçom de capital ou o aproveita-mento maciço de recursos naturais?

    Walter Benjamin responderia se calharque o segundo: temos que pôr quantoantes os freios de emergência, toda vezque a locomotora marcha disparada.Mas nom sei como haveríamos de fazê-lo se, ao mesmo tempo, nom freamos aconcentraçom de capital ou, melhor,nom acabamos com o capital. Comorezava a cançom do Fausto: “O que nosfalta em rigor, sim senhor, é varrer ocapital”.

    "Agoiro uma idade de ouro paraos movimentos de contestaçom.É verdade, porém, que em fren-te estarám tramadas estratégiasoficiais encaminhadas a alimen-

    tar o medo"

    "O primeiro que as sociedadesopulentas devem fazer é fecharmuitos dos complexos industriaishoje existentes e artelhar trabal-

    hos relacionados com a satis-façom das necessidades sociais emeio ambientais, e com os secto-res económicos tradicionais que

    sobreviveriam"

    "Defender a energia nuclearcomo alternativa real aos pro-blemas do presente é moversem mais, e com descaro, osimpresentáveis interesses de

    determinadas empresas"

    © Al

    bert

    e SR

  • "A crise financeira é a menosimportante. Na rebotica estámas crises vencelhadas com a

    mudança climática, com o enca-recimento inevitável dos preçosda maioria das matérias primasenergéticas que empregamos e

    com a sobrepovoaçom"

    cerna 19

    cuido que dificilmente o que arrastrapode adaptar-se à metáfora dos ecos-sistemas.

    - Existe um movimento antiglobali-zaçom ambiental que poda enfren-tar-se à crise?

    O movimento antiglobalizaçom é,numa das suas fasquias fundamentais,profundamente meio ambiental. Confi-gura, ao meu entender, o principal ins-trumento que temos para dar respostaà aniquilaçom ecológica do planeta. Epara mim segue a crescer e a madurar.Numa das suas dimensões principais,os movimentos radicados no Nortedefendem, por cima de tudo, direitospara outros. Essoutros som os deserda-dos de sempre do planeta, residentesfundamentalmente no Sul, mas presen-tes também no Norte, e, naturalmente,as gerações vindoiras.

    - Atreveria-se a dar-nos algumas cla-ves para superar a crise ambiental,como parte duma crise global?

    Nos países ricos deve reduzir-se a pro-duçom e o consumo porque vivemospor cima das nossas possibilidades,porque é urgente cortar emissões quedanam perigosamente o meio e porquecomeçam a faltar matérias primas

    vitais. Claro que nom é suficiente comassumir reduções nos níveis de pro-duçom e de consumo. Devem reorgani-zar-se as nossas sociedades sobre abase doutros valores que reclamem otriunfo da vida social, do altruísmo e daredistribuiçom frente à propriedade e oconsumo ilimitado. Cumpre reivindicar,em paralelo, o ócio frente ao trabalhoobsessivo, como cumpre postular oreparto do trabalho, outrora uma práti-ca sindical comum. Outras exigênciasineludíveis falam da necessidade dereduzir as dimensões das infra-estrutu-ras produtivas, administrativas e detransporte, e de privilegiar o local fren-te ao global num cenário marcado, emsuma, pola sobriedade e a simplicidadevoluntária.

    O primeiro que as sociedades opulen-tas devem fazer é fechar ?ou reduzir

    ensivelmente a actividade correspon-dente? muitos dos complexos indus-triais hoje existentes. Os milhões deoperários que, consequentemente, per-deriam os seus empregos deveriamencontrar trabalho através de douscaminhos. Se um é o desenvolvimentoingente de actividades nos âmbitosrelacionados com a satisfaçom dasnecessidades sociais e meio ambien-tais, o outro chegaria da mão do repar-to do trabalho nos sectores económi-cos tradicionais que sobreviveriam.Importa sublinhar que neste caso areduçom da jornada laboral bem pode-ria supor reduções salariais, sempreque estas, claro, nom fossem em pro-veito dos benefícios empresariais. Aocabo, à melhora de nível de vida que sederivaria de trabalhar menos, e de des-frutar de melhores serviços sociais edum meio mais limpo e menos agressi-vo, somaria-se a derivada da assunçomplena da conveniência de consumir,também, menos, com a conseguintereduçom de necessidades no que asalários se refere. Nom é preciso agre-gar ?parece? que as reduções salariaisque nos ocupam nom afectariam,naturalmente, a aqueles que menostêm.

  • O ALUGUER MUNICIPAL DE BICICLETASNAS CIDADES GALEGAS

    Reportaxe por Belén Rodríguez

    O aluguer de bicicletas non é unhapráctica recente. O movemento reivindi-cativo do uso público de bicicletascomezou en 1968 en Amsterdam(Holanda) co gallo de reclamar unhacidade máis cómoda e habitábel.Daquela, o servizo público non dispoñíade puntos de recollida polo que sepodían atopar as bicicletas en calqueralugar da cidade e non estaban someti-das a ningún mecanismo de seguridade.Era o chamado sistema “aberto”. Hoxeen día esta fórmula desapareceu amedida que os cidadáns holandesesadoptaron a bicicleta como medio detransporte principal para a circulaciónpolas cidades.

    En 1995, xorde unha segunda xera-ción de sistemas de préstamo en Copen-

    hague (Dinamarca). Alí xa se candeabanas bicis a uns aparcadoiros especiais quefuncionaban con moedas, pero non serexistraba o usuario, polo que prolifera-ban os roubos. Foi a partir de 2001cando Europa se decantou por sistemasque rexistran a identidade dos usuariosa través de tarxetas intelixentes coasque se pode retirar e devolver a bicicle-ta. Nos lugares onde estes sistemasestán máis avanzados, a tarxeta permitea intermodalidade con outros transpor-tes de carácter público, son recargábeisou están vinculadas a unha conta ban-caria. Son os sistemas de cuarta xera-ción.

    As cidades galegas optaron polo sis-tema automático máis sinxelo. Arestora,Ourense, Lugo, Santiago, Ferrol e Ponte-vedra conforman o grupo de localidadesgalegas con servizo municipal de prés-tamo ou aluguer de bicicletas. Desde oano 2005 o Instituto de Diversificación eAforro da Enerxía (IDAE) e o Instituto

    Enerxético de Galiza (INEGA) están adotar de recursos aos concellos coaintención de favorecer este vehículocomo medio de transporte alternativopara o acontecer diario, non só para osfins de ocio. Aproveitando esta oportu-nidade, pronto se unirán á experienciaos concellos de A Coruña, Redondela,Culleredo e Vilagarcía de Arousa, cuxosproxectos se atopan en fase de licitaciónou concurso.

    O sistema escollido precisa de poucopersoal de xestión e mantemento e ofre-ce a posibilidade, na maioría dos casos,de darse de alta como usuario a travésda páxina web do concello. É o caso deFerrol, que creou unha dependenciaexclusiva no municipio para este fin.María López, concelleira de MedioAmbiente louba as vantaxes do sistemapola cantidade de información queaporta, “a través da tarxeta coñecemoscales son os horarios de recollida, a fre-cuencia de uso, a base máis utilizada, o

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    Os impactos medioambientais e sanitarios que está a xerar o consumo desmesurado de combustíbeis fósiles, sobre todo por mor dotransporte, son coñecidos pola meirande parte da poboación. Nas cidades, se cabe, o problema é máis visíbel. Nelas asistimos a miúdoá aglomeración de tráfico de vehículos a motor, impedindo en boa medida a mobilidade urbana a través doutros medios de transportecomo a bicicleta ou mesmo a pé, relegados a un segundo ou terceiro lugar. Este feito choca coa manifesta necesidade das cidadesactuais de volvérense máis habitábeis e humanizadas, nas que os cidadáns recuperen protagonismo fronte ás infraestruturas e osautomóbeis e decidan como han de desprazarse por elas. Porén, nos últimos anos estase a constatar en todo o Estado español un incremento lento pero constante do uso da bicicleta. Están aaparecer movementos cidadáns espontáneos que reivindican o respecto aos cicloturistas nas cidades, como as "masas críticas", ecomézase a premiar con subvencións a aqueles municipios que desenvolven plans de mobilidade nos que se prioricen ao peón e á bici-cleta. Unha das respostas locais a esta crecente demanda social de espazos urbanos máis limpos, cómodos e fáciles de transitar sonos servizos municipais de préstamo ou aluguer de bicicletas que, actualmente, están a funcionar nunhas 30 cidades do Estado, dasque 5 son galegas.

    cerna 21

    Os enganches para bicicletas son aínda escasos nas urbes galegas, mesmo diante dos edificiospúblicos.

  • perfil dos usuarios…, a poboación aco-lleuno de marabilla e nós queremos quese implante totalmente na cidade”.

    Na Coruña, onde está a piques deentrar en funcionamento, o servizo pre-tende incorporarse como parte da ofer-ta da chamada tarxeta “Milenium” coaque se pode acceder a outro tipo de ser-vizos públicos. A cidade herculina será aprimeira en Galiza que estableza dife-rentes prezos segundo a tipoloxía dousuario, para turistas e residentes. Nestesenso, Lugo, Pontevedra e Ferrol man-teñen a gratuidade do sistema parafavorecer a participación cidadá, peronon descartan establecer un prezo“simbólico” de uso no futuro, como xafixeron en Compostela ou Ourense.“Cando mudamos cara ao pago do servi-zo demos de baixa a todos os usuarios,uns 500, e en dous anos, non só os recu-peramos, senón que os cuadriplicamos”,asegura Demetrio Espinosa, concelleiroen Ourense.

    O INEGA subvencionou a cadanseuconcello cuns 140.000 euros para poderpoñer en marcha este servizo en Galiza.Os custos de mantemento e reparacióncorren a cargo dos municipios e oscilanentre os 25.000 e os 100.000 eurosanuais, dependendo dos desperfectos,do número de bicicletas e de estaciónsde servizo. O custo é asumíbel polosconcellos, dispostos unanimemente amanter o préstamo e amplialo mentres acidadanía o demande.

    Pontevedra foi a última cidade gale-ga que se animou a implantar o sistemade aluguer, a comezos de 2009. A pesa-res da súa recente incorporación xasupera en usuarios a Lugo e a Santiago.O ex-concelleiro de Transportes, Guiller-me Vázquez, cre que se debe á topo-grafía do terreo e a unha previa políticade mobilidade compatíbel coa bicicleta:“Non hai motivo polo cal a bici nonpoida convivir co vehículo a motor na

    A OPINIÓN DOS CICLOUSUARIOSAs vantaxes que ofrece este sistema

    de préstamo son pouco visíbeis polo deagora nas cidades galegas. Está prepara-do para urbes grandes ou medianascunha elevada demanda e, principal-mente, para favorecer a mobilidade dia-ria dos residentes. Segundo os estudosdo programa europeo NICHES, para queun sistema automático funcione contodo o seu potencial, o tamaño mínimodas cidades debe ser de 200.000 habi-tantes. Seguindo este suposto, só nascidades da Coruña e de Vigo poderíaobter resultados considerábeis; aíndaque Vigo polo de agora non ten previstoimpulsar este servizo de aluguer. Pero osusuarios cren que o que diferenza unsservizos de préstamo doutros non étanto o tamaño das cidades, senón oacompañamento de medidas comple-mentarias que faciliten o desprazamen-to en bicicleta e reduzan a presenza doautomóbil nas rúas.

    Así pois, botan en falla plans xeraisde mobilidade que obedezan a políticasmáis sensíbeis coa bicicleta como mediode transporte opcional e de futuro. San-tiago Quiroga, usuario en Lugo, comen-ta que “noutros países, como os doNorte, fixeron políticas de mobilidadeque reducen o número de autos nasurbes e potencian a bicicleta axudadospor campañas de educación vial e con-cienciación sobre este medio alternati-vo”. Por tanto, o servizo de préstamo porsi mesmo non axudaría a minguar a pre-senza dos vehículos a motor na cidade,como é recoñecido polo edil de MedioAmbiente do concello de Ourense,Demetrio Espinosa: “Somos conscientesde que o aluguer público non supuxo aretirada de vehículos da rúa, pero é inte-resante porque fomenta unha ‘novaconciencia’ de mobilidade”.

    “Ponte en Bici”, en Pontevedra, ou“Roda Limpo”, en Ourense, defínensecomo programas de mobilidade urbana

    nosa cidade, xa que non hai fortes pen-dentes, a velocidade dos coches estálimitada a 30 km/h, pode discorrer porzonas peonís e recentemente colocamos350 enganches en puntos estratéxicos,ademais de abrirmos un pequeno carril-bici desde a periferia ao centro”.

    Neste tipo de servizos públicos, oúnico aspecto negativo referido polosedís é a falla de responsabilidadedalgúns usuarios que non coidan ade-cuadamente das bicicletas, “hai xenteque non entende que é un ben público eque nos costa cartos a todos”, di o res-ponsábel de Transporte en Santiago,Carlos Nieves. No pasado mes de febrei-ro roubáronse 24 bicis de préstamo enCompostela, por exemplo, e en Ourenserealízase un gasto medio mensual deentre 500 e 700 euros por reparacións.

    Nalgúns casos, o uso da bicicletavese prexudicado polas circunstanciasorográficas ou climáticas do lugar,segundo indica Xosé Rábade, edil deTransportes en Lugo.

    22 cerna

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    As estacións-base son os puntos de recollida edevolución de bicicletas do servizo municipal dealuguer e sitúanse en puntos estratéxicos dacidade.

    Os ciclousuarios galegos botan en falla nas cidades carrís-bici que facili-ten a circulación das bicicletas como medio de transporte e non só de ocio.

    A pesares de que os vehículos a motor predominan nas cidades, a bicicle-ta comeza a reivindicar o seu lugar na vía pública.

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

  • dos que forman parte os servizos de alu-guer “Pilla Bici” e “Enbíciate”, respectiva-mente. Na súa virtude, os concellosinvisten recursos municipais para crea-ción de infraestruturas adecuadas á bici-cleta (carrís-bici), a implantación deenganches en puntos estratéxicos ou acreación de zonas de velocidade reduci-da para os automóbeis. Aínda así, algúnsciclousuarios quéixanse de que a maioríados carrís-bici están destinados funda-mentalmente ao ocio, como María Duránde Ourense, “van pola beira do río, o quenon facilita nada a vida diaria”. Cren queestas infraestruturas deberan de conec-tar a periferia co centro da urbe. EnFerrol máis de 400 usuarios son residen-tes de localidades próximas, como sonNarón ou Fene.

    Outra das eivas denotadas é a fallade enganches onde candear as bicis nas

    estacións de tren ou autobuses que per-mitan a intermodalidade do transportepúblico, ou diante dos edificios adminis-trativos e universidades. “En Santiagonon hai onde deixalas nin na Estación deTren nin no Hospital, creo que o présta-mo municipal melloraría moito suplindoestas deficiencias”, afirma Manuel Sal-gado, usuario en Compostela. O mesmoproblema aparece en Lugo, cidade quecarece de enganches ou aparca-bicisxunto ás dependencias públicas ou aosgrandes centros comerciais. De feito,estes destinos son os lugares máis con-corridos polos usuarios do préstamo, asío indican datos facilitados polo INEGA.

    Tamén o número de estacións-basede recollida de bicicletas, entre 4 e 10dependendo das cidades, é consideradoreducido en xeral. Nestes puntos é ondese recollen e devolven as bicis do aluguer.

    En Ferrol e Ourense prevese o aumentode 3 postos-base ao longo deste ano.“Cantas máis bicicletas e aparcadoiros,máis posibilidades hai de que a xentefaga uso delas”, comenta Elena López deFerrol, “principalmente nas zonas de tra-ballo”.

    No entanto, a maioría das críticasapuntan ás limitacións do horario depréstamo. A pesares de que os sistemasautomatizados están preparados parafuncionar as 24 horas do día, en todas ascidades galegas se restrinxe o uso diariopor usuario de 1 a 4 horas, aínda quepode volver utilizala transcorrido untempo tras o último uso. Compostela é acidade máis restritiva neste senso, poislimita a 1 hora o tempo de uso e ademaisé a que finaliza máis cedo o horario depréstamo no inverno. Manuel Salgadocritica estes aspectos, pero cre unha van-

    cerna 23

    *SD: sen determinar \ *Fonte: elaboración propia \ **Datos ata o mes de abril 2009

    Datos de xullo 2008 a febreiro 2009. En Compostela, a media diaria dedesprazamentos son 13 viaxes e cunha duración media de 19 minutos.

  • 24 cerna

    taxe, pola contra, poder retirar dentro dohorario establecido máis dunha bicicletacunha soa tarxeta. Tamén propón que sepoida utilizar a mesma tarxeta intelixen-te en todas as cidades galegas con servi-zo de aluguer para poder gozar das súasvantaxes en calquera momento.

    En termos globais, os ciclousuariosgalegos do aluguer público de bicicletasapostan decididamente por este tipo deiniciativas, mesmo tendo que afrontar uncusto anual, pero animan a que os con-cellos establezan melloras, non só de tipofuncional, senón na planificaciónurbanística e de mobilidade das cidadesnas que os vehículos motorizados tendana perder as súas prioridades.

    En varias cidades galegas (comopodemos observar na táboa) os usuariosson milleiros, pero a xulgar polo númerode usos totais rexistrados desde a postaen marcha do sistema, é probábel quemoitos deles dispoñan da tarxeta, maisnon a utilicen, ou a usen excepcional-mente. Así, a frecuencia de uso é maioren Lugo e Ourense, a pesares de seren ascidades con menos usuarios rexistrados.Ferrol presenta a situación máis óptimacon relación ao número de usuarios e aonúmero de usos.

    PERFIL DO USUARIO/A:

    Predomina o xénero masculino, con ida-des comprendidas entre os 25 e 50 anose son residentes.

    DEMANDAS DO USUARIO/A:

    • Plan xeral de mobilidade.

    • Ordenanza municipal de mobilidade.

    • Favorecer a intermodalidade dos trans-portes públicos.

    • Redución da velocidade dos vehículos amotor e limitacións de circulación.

    • Campañas de sensibilización e educaciónvial sobre a bicicleta.

    • Estacións-base e enganches en puntosneurálxicos da cidade (hospitais, admi-nistracións, universidades, estacións detransporte, centros comerciais…).

    • Ampliar horarios de uso e adaptalos ávida laboral dos cidadáns.

    • Carrís-bici, principalmente desde as peri-ferias das urbes cara ao centro.

    OUTRAS PROPOSTAS:

    • Penalizar os transportes contaminantes,a través de peaxes ou tarifas.

    • Ordenanza que regule especificamente acirculación da bicicleta polo municipio.

    A consellaría de Medio Ambienteimpulsa desde o curso 2006-2007 o prés-tamo ou cesión de bicicletas para a comu-nidade universitaria de Compostela e ACoruña. Baixo o lema "Móvete contra ocambio climático" pretende animar aosestudantes, docentes e persoal adminis-trativo das universidades a facer uso destevehículo para contribuír ao aforro enerxé-tico, á minimización das emisións conta-minantes e para facilitar a mobilidade nasáreas universitarias. O servizo consiste nacesión dunha bicicleta por usuario e curso

    e no asesoramento técnico durante otempo de vixencia do programa. A USC ten300 bicicletas destinadas a este fin, entreos Campus de Santiago e Lugo, e a UDCpresta 85.

    Nas dependencias da Xunta de SanCaetano e San Lázaro tamén se dispón dunservizo interno de préstamo para os traba-lladores e persoal funcionario co gallo defacilitar o seu desprazamento entre as dis-tintas dependencias administrativas. Neseámbito están a disposición 20 bicicletas.

    OUTROS SERVIZOS DE PRÉSTAMO VIXENTES

  • cerna 25

    REPASO AO IMPACTO AMBIENTAL DEENCE

    O profesor en Enxeñería Química naUDC, Manuel Soto, e o catedrático enBioloxía, Ramón Varela, ambos ex-presi-dentes de ADEGA, fixeron un repasohistórico sobre a implantación, desen-volvemento e impacto ambiental daplanta de celulosas de Pontevedra desdea súa posta en funcionamento en 1976ata o día de hoxe. A súa localización naría de Pontevedra e os seus previsíbeisefectos ambientais fixeron xurdir unhadas primeiras loitas ecoloxistas de Gali-za, nun momento no que se ofertabanmáis proxectos pasteiros en Lugo, naCosta da Morte, Ourense, Ponteceso ouPontecesures. Ningún destes foi adiante,agás o de Ence, en Pontevedra, xuntocoa súa fábrica de cloro para branquearo papel, Elnosa.

    Durante preto de 20 anos tanto Encecomo Elnosa, lembrou Soto, contamina-ron sen ningún tipo de restricións, ataque a finais dos 80, coincidindo coaaparición de dous novos proxectos enNarón e As Pontes, ADEGA promoveunha Iniciativa Lexislativa Popular enDefensa do Monte Galego e por unhanova política forestal, abalada por35.000 sinaturas, e presentada no Parla-mento galego por Ramón Varela, daque-la presidente do colectivo. A ILP non foiaprobada no Hemiciclo, pero aínda así, apresión social conseguiu que Encemudara as súas cualidades tecnolóxicasdo proceso de branqueado cara a outrosistema máis sostíbel. “Algunhas análi-ses dos anos 80”, comentou Soto, “mos-traban que a ría de Pontevedra contiña

    ENCE, e o impacto da localización detodo o complexo na primeira liña decosta. Ademais, segundo os últimosdatos dispoñíbeis no Rexistro español deemisións contaminantes, o EPER, de2007, Ence emitiu 97.000 toneladas (t)de CO2, 370 t de dióxido de xofre, 211 tde partículas e 5 t de ácido sulfhídrico.

    Alén desta variabilidade e volume deprodutos químicos utilizados, Ence pre-cisa, aínda hoxe, dun elevado consumode auga. Tamén a finais dos 90 pasa de200 m3 a 60 m3 de auga por tonelada depasta elaborada. A pesares deste aforro,aínda hoxe o seu consumo acada os 12millóns de m3 de auga anuais, superan-do a cantidade que precisan os 150.000habitantes de Pontevedra para abaste-cerse.

    100 veces máis mercurio que a Ría deArousa, por exemplo”. Así, sen abando-nar o proceso Kraft, Ence substitúe osistema de branqueo de papel con clorogas polo dióxido de cloro (celulosa ECF),reducindo a xeración de dioxinas, e que,posteriormente nos anos 90, acabaríamudando polo peróxido de hidróxeno(TCF) xunto con outro tipo de medidascomplementarias.

    Tales mudanzas reducirían en boamedida a carga contaminante (segundoalgúns informes da empresa), pero nonsolucionarían a fonda pegada ecolóxicade máis de 30 anos de actividade, queaínda se mantén hoxe. Consérvansecomo antes os riscos asociados aomanexo do cloro e mercurio na plantaanexa de ELNOSA, as fortes emisións áatmosfera derivadas do proceso kraft de

    Belé

    n Ro

    dríg

    uez

    A DEBATE

    O INCERTO FUTURO DE ENCE EN GALIZAPor Belén Rodríguez e Fins Eirexas

    Dentro de nove anos, no 2018, o complexo Ence-Elnosa ten que pór fin á súa actividade de fabricación de pasta de papel en Ponte-vedra. Desde que se fixo pública a data de caducidade, a Administración viuse obrigada a responder a determinadas cuestións rela-cionadas co futuro da entidade empresarial en Galiza que precisan resposta: a partir do ano 2018, ou antes, irase Ence de Ponteve-dra? Será o seu peche o fin da súa actividade no país? Existe outra localización adecuada para a fábrica da celulosa en Galiza? Comovai influír a súa marcha no aproveitamento forestal do territorio galego? E desde un punto de vista económico ou social? Demasia-das preguntas que o anterior goberno non abordou con determinación e que, coa entrada dunha nova Administración "popular", que-dan aínda máis sumidas no escurantismo da incerteza. O que si está claro, ao menos desde o eido ecoloxista, é a magnitude do impac-to que a actividade de Ence ten suposto para o medio ambiente galego. ADEGA quixo retomar o debate sobre o futuro do complexo Ence-Elnosa nun encontro entre os seus socios e socias e personalidadesdas universidades galegas, de grande pouso no ecoloxismo galego, convidados a analizar as posíbeis opcións dese futuro incerto.Tomaron posicións o ex-presidente de ADEGA e profesor de Enxeñaría Química na UDC, Manuel Soto Castiñeira, o Catedrático en Bio-loxía e tamén ex-presidente de ADEGA, Ramón Varela, e o Catedrático en Economía Aplicada pola USC, Xabier Vence.

    De esquerda a dereita: Xabier Vence, Ramón Varela e Manuel Soto.

  • 26 cerna

    só pola carga contaminante da empresa,senón tamén pola inseguridade dapoboación. “Contaminou a ría, afectou ápesca, danou á atmosfera, violou a nor-mativa, freou o turismo, e destruíu pos-tos de traballo... son suficientes razónspara dicir que NON a Ence”, aseverouVarela.

    Pero neste suposto quedaría unhacuestión pendente, a da recolocacióndos traballadores, “que lle haberá quedar solución, pero sen que condicione,situando o volume de emprego afectadonos seu xusto lugar”, segundo ocatedrático de Economía Aplicada naUSC, Xabier Vence, “o plantel de Ence émodesto, son 200 empregos directos,aínda que poidan ser algúns máis enactividades complementarias”. Nesebalance, ademais, cómpre incorporar ospostos de traballo que permitiría crear adesapa