82
mueveteporlaigualdad.org Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento Promoción da participación política e o liderado das mulleres Valorización e corresponsabilidade na economía do coidado Informe Outubro de 2008 Cofinanciado por: Copyright © InteRed.

Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

mueveteporlaigualdad.org

Análise de xénero na axuda oficialao desenvolvemento

PPrroommoocciióónn ddaa ppaarrttiicciippaacciióónn ppoollííttiiccaaee oo lliiddeerraaddoo ddaass mmuulllleerreess

VVaalloorriizzaacciióónn ee ccoorrrreessppoonnssaabbiilliiddaaddeennaa eeccoonnoommííaa ddoo ccooiiddaaddoo

InformeOutubro de 2008

Cofinanciado por:

Copyright © InteRed.

Page 2: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

Publicado en outubro de 2008 pola campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza!

Integrada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed.

O contido deste informe elaborouse en base á investigación e ao traballo efectuado por Ana Lydia Fernández-LayosFernández e Mª del Mar Correa García, salvo o capítulo 8, Caso práctico: O movemento de mulleres en Ecuador, que foielaborado en base ao traballo efectuado por Rosa Jordán e Susana Balarezo do Estudo Jordán e Asociados.

Colaboraron tamén no informe con comentarios e aportacións as seguintes persoas.

Coordinación da campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza: Silvia Altolaguirre.Axuda en Acción: Alberto Casado Valera, Cristina Herrera Sánchez, Esther Pino Jiménez e Pilar Lara Ruiz-Granados.Entreculturas: Irene Ortega Guerrero e Sofía Duyos Álvarez-Arenas.InteRed: María del Mar Palacios Córdoba.

Foto de portada: Copyright©InteRed

Page 3: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

1

ÍÍnnddiiccee

Resumo executivo

1. Introdución

2. Plataforma de Acción de Beijing

3. Contexto xeral da AOD: Das boas intencións ao marconormativo regulador

4. Teoría da igualdade de xénero na AOD española

4.1 Lei de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.4.2 Plan Estratéxico de Igualdade.4.3 Estratexia de Xénero no Desenvolvemento.4.4 Plan Director da Cooperación Española.4.5 Plan Anual de Cooperación Internacional. PACI 2008

5. Práctica da igualdade de xénero na AOD española

6. A necesidade de información detallada

7. Novos espazos de incidencia

8. Estudo de Caso: O movemento de mulleres en Ecuador

9. Cara a construción dunha axenda política dende a sociedadecivil.Preocupacións e propostas

Anexos: Fontes Glosario de termos e siglas

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

3

5

9

21

27

2931313536

39

45

49

55

65

7374

Page 4: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 5: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

3

RReessuummeenn eejjeeccuuttiivvoo

O informe Análise de Xénero na Axuda Oficial ao Desenvolvemento, enmárcase dentro dacampaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción,Entreculturas e InteRed, cuxo principal obxectivo é reivindicar a necesidade decumprimento dos acordos internacionais firmados polos nosos gobernos, centrándose nocumprimento dos acordos da Plataforma de Beijing e os ODM, así como facer visible asituación das mulleres e a súa loita por facer valer o seus dereitos.

Se queremos loitar contra as causas estruturais da pobreza, temos que prestar unha maioratención a mulleres e nenas, xa que constitúen o 70% da poboación que está baixo o límiteda pobreza. Esta situación de discriminación menoscaba os seus dereitos e limita a súaautonomía, restándolles oportunidades para saír da pobreza e facendo patente que paraacadar un desenvolvemento sostible é necesario traballar pola igualdade de xénero.

A Campaña parte da constatación da interdependencia entre o que ocorre nos países donorte e os países do sur. As intervencións en diferentes países, as políticas que rexen acooperación española, a propia loita pola igualdade de xénero dentro das nosas fronteiras,inflúen no empoderamento das mulleres e a eliminación de desigualdades nos países cosque colaboramos.

Este informe é un paso máis nun proceso de transformación que a Campaña Móvete polaigualdade. É de xustiza, pretende coadxuvar a que suceda. Trátase dunha análise decontexto e é parte dun proceso de construción dunha axenda de incidencia conxunta pormovementos de mulleres de España e América Latina. Parte de reunións con diferentesactores do movemento feminista, que poñen de manifesto a necesidade de incidir de xeitoespecial en dous temas cruciais para a eliminación de desigualdades: a valorización ecorresponsabilidade de homes e mulleres, pública e privada, na economía do coidado e apromoción do liderado e a participación política das mulleres.

O informe comeza cunha breve análise da Plataforma de Acción de Beijing, base dasreivindicacións principais do movemento feminista e marco de acción desta campaña.

A continuación, realiza unha descrición da incorporación da igualdade de xénero á AxudaOficial ao Desenvolvemento, dende os inicios nos anos noventa con programas específicoscomo Muller e Desenvolvemento, ata a súa incorporación como prioridade transversal atoda a AOD, a través dunha ampla documentación teórica.

Sobre este amplo marco normativo e regulador que hoxe por hoxe ten a AOD española enmateria de Igualdade de Xénero versa o seguinte capitulo, analizando dende instrumentosmáis xerais como a Lei de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres de 2007ou o Plan Estratéxico de Igualdade do mesmo ano, a documentos máis específicos dacooperación ao desenvolvemento como a Estratexia de Xénero en Desenvolvemento ou osPlans Directores e Anuais de Cooperación. En todos eles analízanse os aportes que ospaíses en desenvolvemento supoñen para a igualdade de xénero.

O seguinte capítulo acércase á práctica da promoción da igualdade de xénero. Aínda queos avances producidos nos últimos anos dan lugar a optimismo, aínda é moito o camiñopor percorrer para a efectiva incorporación da eliminación de desigualdades entre mullerese homes na AOD española, comezando pola construción de ferramentas que fagan visible

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 6: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

4

tanto os obstáculos a superar, como as accións realizadas, con indicadores einvestigacións específicas, ata chegar a unha dotación orzamentaria adecuada. A decididaaposta política, que sen dúbida está supoñendo importantes avances, necesita aínda dunmaior recorrido que nos permita valorar a súa implantación real.

O Goberno español está facendo da igualdade de xénero unha das súas prioridadespolíticas e aspira a converterse nun referente nesta materia a nivel internacional. Estapretensión estalle facendo crear novos espazos de incidencia que deben ser aproveitadospara impulsar procesos de empoderamento das mulleres nos foros internacionais e nospaíses cos que España coopera. O informe detense na Rede de Mulleres por un MundoMellor e nos Cumios Iberoamericanos como lugares a través dos cales incidir en acciónsencamiñadas a igualdade entre mulleres e homes.

Un bo modo de acercarnos á realidade e poder valorar a importancia do cumprimento dostratados internacionais e a transversalización da perspectiva de xénero nas políticas decooperación é a análise dun estudo de caso. Para este informe tomamos como referenciaa situación do movemento de mulleres ecuatoriano e os seus avances ao longo das últimasdécadas, prestando especial atención aos dous temas da campaña: a economía docoidado e a participación política das mulleres.

O último capítulo denomínase Cara a construción dunha axenda política dende asociedade civil e sinala unha serie de preocupacións - que non pretenden ser conclusións- que poidan servir como puntos de partida para continuar un proceso de reflexión eelaboración de propostas que nos permitan avanzar cara a construción dunha axendapolítica dende a sociedade civil.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 7: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

1

IInnttrroodduucciióónn

Copyright © Icíar de la Peña. Ayuda en Acción.

Page 8: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 9: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

7

11.. IInnttrroodduucciióónn

Este informe enmárcase dentro da campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza,impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal obxectivo éreivindicar a necesidade de cumprimento dos acordos internacionais firmados polos nososgobernos, centrándose no cumprimento dos acordos da Plataforma de Beijing e os ODM,así como facer visible a situación das mulleres e a súa loita por facer valer os seus dereitos.

Hai varios motivos que nos levaron a embarcarnos neste reto. Un deles é a certeza de quese queremos loitar contra as causas estruturais da pobreza, temos que prestar unha maioratención a mulleres e nenas, xa que constitúen o 70% da poboación que está baixo o límiteda pobreza.

Por outro lado, somos conscientes da interdependencia entre o que ocorre nos países donorte e os países do sur e do noso papel nesta relación a través das intervencións querealizamos coa posta en marcha de proxectos de cooperación en diferentes países e coaspolíticas que rexen a cooperación española.

Ademais, cremos que é imprescindible implicar aos nosos gobernos na consecución destesobxectivos, máis se cabe, dada a existencia de acordos internacionais que firmaroncomprometéndose a cumprir estes mesmos obxectivos. O incumprimento de ditos acordos,como a Plataforma de Beijing, pon de manifesto o lonxe que se está de acadar a igualdadede xénero no mundo e a necesidade de contar cunha cidadanía implicada e sensibilizada quepoida esixir aos seus representantes o cumprimento dos mesmos.

A través da Campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza, as tres organizaciónsrecoñecemos a necesidade de implicar aos nosos gobernos para que asuman a súaresponsabilidade no cumprimento dos acordos firmados, promover a igualdade en todos osámbitos, garantir o exercicio dos dereitos humanos das mulleres e visibilizar os seusaportes políticos, económicos e sociais.

Con este informe pretendemos ofrecer unha análise do momento en que se atopa apromoción da igualdade de xénero na cooperación para o desenvolvemento española,prestando especial atención a dous temas considerados prioritarios dende a campaña:

Valorar a economía do coidado e a corresponsabilidade pública e privada na mesmade homes e mulleres.E a promoción do liderado e a participación política das mulleres.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 10: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 11: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

2

PPllaattaaffoorrmmaa ddee AAcccciióónn ddee BBeeiijjiinngg

Copyright © Icíar de la Peña. Ayuda en Acción.

Page 12: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 13: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

11

22.. PPllaattaaffoorrmmaa ddee AAcccciióónn ddee BBeeiijjiinngg

"A igualdade entre mulleres e homes é unha cuestión de Dereitos Humanos econstitúe unha condición para o logro da xustiza social, ademais de ser un requisitoprevio necesario e fundamental para a Igualdade, o Desenvolvemento e a Paz”.1

A Plataforma de Acción de Beijing é o resultado concreto da declaración xurdida da IVConferencia Mundial sobre a Muller que se celebrou na capital da República Popular deChina entre o 4 e o 15 de setembro de 1995. Supón o documento máis importante ecompleto producido por unha conferencia de Nacións Unidas con relación aos dereitos dasmulleres.

Esta visión de defensa e promoción dos dereitos das mulleres é a que fai que estedocumento sexa tan importante. Igualmente, o documento aporta estratexias de accióndeterminadas en doce áreas ou esferas para que os gobernos obren en consecuencia. Undos principais obxectivos da Campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza é instar aogoberno español a que cumpra e promova o cumprimento desta declaración.

Por isto, este informe e a propia Campaña enmarcan as súas propostas dentro dosObxectivos da Plataforma de Acción de Beijing en xeral e da participación política e oliderado das mulleres e a valorización e corresponsabilidade na economía do coidado, enparticular, xa que a través da consulta e o traballo con redes de mulleres do sur,consideráronse estes dous temas como prioritarios para poder acadar a igualdade realentre homes e mulleres2.

OO pprroocceessoo ddaa PPllaattaaffoorrmmaa ddee AAcccciióónn ddee BBeeiijjiinngg

A Plataforma de Acción non xurde da nada, xa que recolle e incorpora o xa acadado enanteriores cumios, conferencias e tratados. É, pois, parte dun longo proceso no que, sobretodo, moitas mulleres e organizacións de mulleres estiveron involucradas dende fai moitosanos. Non só incorpora o traballo da I, II e III Conferencias Mundiais, celebradas enCidade de México (México) en 1975, Copenhague (Dinamarca) en 1980 e Nairobi (Kenia)en 1985 respectivamente, senón que recolle elementos da Declaración Universal dosDereitos Humanos de 1948, a Convención sobre a eliminación de todas as formas dediscriminación contra a muller de 1979, a Declaración de Viena da Conferencia Mundialde Dereitos Humanos de 1993 ou a Conferencia de El Cairo sobre Poboación eDesenvolvemento de 1994.

O máis relevante da Plataforma de Acción de Beijing é que o documento aborda de xeitoconcreto as estratexias que os distintos gobernos do mundo deben seguir para acadarunha igualdade real no acceso e exercicio dos dereitos entre mulleres e homes,agrupándoas en doce áreas ou esferas de especial atención.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

1 Primeiro punto na Declaración de Obxectivos da Plataforma para a Acción. IV Conferencia Mundial das Mulleres de 1995.Edición a cargo do Instituto de la Muller, Madrid, 1996.2 Os dous temas clave da campaña "economía do coidado" e "participación política das mulleres" foron identificados nosencontros celebrados en 2006 e 2007, en Santa Cruz (Bolivia), El Salvador (San Salvador) e Puebla (México) con redes demulleres latinoamericanas, onde se contou coa participación entre outras organizacións de REMTE, Colectivo Cabildeo,Tacif, Fai Sonora, Anamuri, CEPAL, Rede de Comercio Xusto, CLADEM, REPEM, etc. Estes encontros foron desenvolvidoscomo parte da axenda de incidencia común con organizacións do sur.

Page 14: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

12

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

A. As mulleres e a pobreza. Recoñecendo a persistente e crecente carga dapobreza que afecta ás mulleres.

B. Educación e capacitación das mulleres. Asumindo as disparidades,insuficiencias e desigualdades de acceso a que se enfrontan as mulleresrespecto dos homes en materia de educación e capacitación.

C. As mulleres e a saúde. Disparidades, insuficiencias e desigualdade deacceso en materia de atención da saúde e servizos conexos.

D. Violencia contra as mulleres. Recoñecendo o enorme alcance desteproblema que sofren as mulleres por razón de xénero e que ten comoresultado posible ou real un dano físico, sexual o psicolóxico.

E. As mulleres e os conflitos armados. Que fai referencia as consecuenciasdos conflitos armados e doutro tipo entre as mulleres, incluídas as que vivenbaixo ocupación estranxeira.

F. As mulleres e a economía. Que fai visible a desigualdade nas estruturase políticas económicas, en todas as actividades produtivas e no acceso aosrecursos, como pode ser a propiedade da terra ou a herdanza, pondoénfase na inexistente harmonización das responsabilidades laborais efamiliares, e a nula visibilidade destas últimas, maioritariamente asumidaspor mulleres.

G. Desigualdade entre as mulleres e os homes no exercicio do poder e naadopción de decisións a todos os niveis. Que inflúe directamente naelaboración de políticas e leis que tomen en conta a realidade dedesigualdade entre homes e mulleres, así como á desigualdade a hora deexpresarse ou decidir no ámbito privado.

H. Mecanismos institucionais para o adianto das mulleres. Falta de mecanismossuficientes a todos os niveis para promover o adianto das mulleres.

I. Os dereitos humanos das mulleres. Falta de respecto, promoción eprotección suficientes dos dereitos humanos das mulleres.

J. As mulleres e os medios de difusión. Que poñen sobre a mesa osestereotipos sobre as mulleres e a desigualdade de acceso e participacióndestas na comunicación, especialmente nos medios de difusión.

K. As mulleres e o medio ambiente. Desigualdades baseadas no xénero naxestión dos recursos naturais e a protección do medio ambiente.

L. As nenas. Persistencia da discriminación contra as nenas e violación dosseus dereitos.

Trece anos despois, a Plataforma de Acción de Beijing segue sendo un referente quetemos que lembrar aos gobernos xa que, aínda que nalgúns casos producíronse avancesnestes anos, a realidade segue estando moi lonxe da igualdade.

Page 15: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

13

Sen ir máis lonxe, nas revisións posteriores para avaliar o adianto respecto ao comprometido en1995, as organizacións de mulleres tiveron que loitar para que o texto da Plataforma de Acciónde Beijing non se rebaixase na súa ambición, que non é outra que a xustiza.

No 2000 celebrouse unha Sesión Extraordinaria da Asemblea Xeral de NNUU co título deMuller 2000: Igualdade entre os xéneros, desenvolvemento e paz para o século XXI,comunmente coñecida como Beijing+5. Nesta reunión ratificouse a Plataforma de Acciónde Beijing e con moito esforzo e gran número de organizacións de mulleres e ONGdestacaron o pouco avance no respecto a dereitos humanos básicos, como o dereito aunha vida sen violencia, á saúde plena, á educación, así como o impacto negativo damundialización da economía que estaba exacerbando a tendencia a feminización dapobreza. Houbo temas que quedaron en suspenso como aqueles críticos que facíanreferencia á violencia contra as mulleres (ablación xenital ou os chamados crimes dehonra), á definición da diversidade das mulleres, aos dereitos sexuais e reprodutivos, aoaborto e á discriminación por orientación sexual. Beijing+5 foi visto por gran parte domovemento activista como un documento de consenso para saír do paso.

Beijing+10, no 2005, a 49 Sesión da Comisión para a Condición Xurídica e Social daMuller reuniuse na sede de NNUU en Nova York para levar a cabo a última revisión eavaliación da década de existencia da Plataforma de Acción de Beijing, Beijing +10.Nesta sesión acabouse asinando unha Declaración ratificando os compromisos daPlataforma para a Acción e aprobando 10 resolucións que facían referencias a temastales como a especial problemática do VIH e SIDA nas mulleres e nenas; a situación dasmulleres nas emerxencias e os desastres; as mulleres indíxenas ou o adianto económicodas mulleres.

En 2010 volverase a revisar o cumprimento da Plataforma de Acción de Beijing e para agran maioría das organizacións de mulleres, ONG e outros actores sociais, os seuscompromisos seguen estando vixentes. Hoxe, máis de 10 anos despois, en ningún país domundo as mulleres teñen os mesmos dereitos e oportunidades que os homes e asavaliacións realizadas sobre o cumprimento dos compromisos internacionais subscritos enBeijing, conclúen que "en todas as rexións do mundo hai moitas mulleres que estánrealmente peor agora do que estaban dez años atrás"3.

PPrriioorriizzaacciióónn ddaa ppaarrttiicciippaacciióónn ppoollííttiiccaa ee oo lliiddeerraaddoo ddaass mmuulllleerreess ee aa vvaalloorriizzaacciióónn ddaaeeccoonnoommííaa ddoo ccooiiddaaddoo

Podémonos preguntar cales son os obstáculos que impiden o avance nas esferas daPlataforma de Acción de Beijing e ver cales de eles son comúns en todos os ámbitos.Dende a nosa experiencia de traballo gustaríanos resaltar algúns deles:

Valores culturais, normas, prácticas sociais e crenzas relixiosas que restan valor áscontribucións e ao traballo das mulleres.O pouco peso das mulleres á hora de tomar decisións, tanto no ámbito privado comono público, na formulación de políticas.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

3 "Beijing Traizoada", Informe WEDO Beijing +10.www.wedo.org

Page 16: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

14

A mundialización da economía, que entre as vantaxes e desvantaxes que trouxo, asmulleres son as que cargaron coa peor parte (nuns casos o acceso ao empregoremunerado non supuxo unha descarga no seu traballo no ámbito privado).A falta de datos desagregados por sexo que oculta a realidade das mulleres.A violencia contra as mulleres no ámbito privado (fogar) e no público (escolas,centros de traballo…).Pero sobre todo, a falta da necesaria vontade política para a adopción de medidasque produzan un cambio duradeiro.

Estes obstáculos reflicten as desigualdades e a discriminación de xénero existente queestá vulnerando maioritariamente os dereitos humanos das mulleres e limitando a súaautonomía e opcións de vida. A Plataforma de Acción de Beijing sinálanos doce esferasque marcan cara onde deben ir as políticas gobernamentais para acadar a igualdade.Doce son os ámbitos de traballo que se deben abordar para chegar ao obxectivo final,pero dende a campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza queremos prestar atencióna dous aspectos que teñen especial importancia nos ámbitos nos que as nosasorganizacións traballan:

A participación política e o liderado das mulleres.E a valorización da economía do coidado.

Estes temas xorden da nosa experiencia de traballo e das aportacións e conclusiónsextraídas en encontros e reunións levadas a cabo con mulleres de organizacións de basee redes de organizacións de mulleres coas que colaboramos. Son temas que veñen daexperiencia do traballo das mulleres no Sur e que estas identifican como claves paraacadar a igualdade efectiva de xénero.

AA ppaarrttiicciippaacciióónn ppoollííttiiccaa ee lliiddeerraaddoo ¿¿ppoorr qquuee aabboorrddaarr eessttaa tteemmááttiiccaa??

Nos últimos 10 anos aumentou a participación política das mulleres no ámbito local,tanto rural como urbano, pero máis lentamente nos gobernos centrais. Pero osavances acadados seguen sendo excepcións e desiguais, e a participación políticadas mulleres segue sendo moi escasa.

As parlamentarias non constitúen a metade do total en ningunha das cámaraslexislativas nacionais. A escala mundial, as mulleres ocupan só un 16% dos escanosen parlamentos nacionais e só 19 países acadaron a meta do 30% establecido porNacións Unidas (FNUAP, 2005)4.

Aínda nalgúns estados do mundo as mulleres non teñen dereito ao voto econsecuentemente non poden tampouco participar na vida política como deputadas ou nosgobernos. As mulleres xefas de Estado, a finais do 2005, só representaban o 5% a nivelmundial. Ningunha delas dirixe un sistema ditatorial e todas foron elixidasdemocraticamente. A ausencia de mulleres nas esferas de decisión e liderado é unindicador clave e visible da desigualdade de xénero que aínda prevalece.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

4 Actualmente, o país do mundo con maior proporción de mulleres no Parlamento, por encima de Suecia, é Rwanda (PNUD,2005).

Page 17: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

15

Os sistemas mundiais manteñen e reproducen lexislacións, mecanismos e prácticasdiscriminatorias que impiden a plena participación e liderado das mulleres encondicións de igualdade en relación cos homes.

As mulleres están insuficientemente representadas na maioría dos niveis de influencia etoma de decisións nos ámbitos internacionais, nacionais, locais e comunitarios.

Un dos compromisos asumido polos gobernos que subscribiron a Plataforma de Acciónde Beijing en 1995 é promover, dar seguimento e avaliar os avances respecto ápresenza, participación e representación de mulleres en relación aos homes en todosos espazos e niveis de toma de decisións nos ámbitos gobernamental e nongobernamental. A participación das mulleres nos procesos de toma de decisións é clavepara romper co ciclo da discriminación, a exclusión e a pobreza na que viven. Énecesario que as mulleres poidan falar con voz propia, participar activamente nosprocesos de toma de decisións que concirnen ás súas vidas, ademais de que se sintanrepresentadas e á súa vez representen ás súas poboacións. Para elo é necesario, nonsó romper coas barreiras que impiden ás mulleres participar de modo pleno nosprocesos de toma de decisións, senón tamén cuestionar e buscar alternativas a estesmodos e estilos de participación.

É necesario que se fortalezan as súas capacidades, que existan leis e mecanismosinstitucionais que garantan a súa plena participación en condicións de igualdade e queaumente a súa autoestima para que se sintan lexitimadas e apoiadas para ocuparposicións de liderado e poidan loitar e reivindicar os seus dereitos, así como, a aprobaciónde leis sensibles ao xénero e a concienciación e sensibilización dos homes para favorecerou non entorpecer ou impedir este proceso.

A participación política e liderado das mulleres é clave para promover a igualdade dexénero de feito; garantir o pleno exercicio dos dereitos humanos das mulleres e as nenas;favorecer a gobernabilidade e a consolidación democrática; promover a integración socialdos colectivos máis vulnerables e excluídos; e incidir no cumprimento dos principaisacordos e compromisos locais, nacionais e internacionais en torno a esta temática.

AA eeccoonnoommííaa ddoo ccooiiddaaddoo ¿¿ppoorr qquuee aabboorrddaarr eessttaa tteemmááttiiccaa??

A economía do coidado5 representa o espazo de actividades, bens e servizos, tantomateriais como sociais, necesarios para a reprodución e o mantemento da vida daspersoas: alimentación, sanidade, afecto, educación e vida nun hábitat propicio.

Coidado é, ademais, un concepto que vincula a esfera da intimidade, a casa e a familia coEstado, os servizos públicos, os réximes de benestar e por último, a cidadanía.

Unha fotografía da situación económica das mulleres no mundo daríanos a seguintevisión: por un lado mulleres sen dereito á propiedade privada, sen dereito a herdar, senacceso aos servizos financeiros, nin ás mesmas oportunidades para acceder ao ámbitolaboral, traballando máis horas cos homes, incluso exercendo dobres e triplas xornadas,

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

5 coñecida tamén como economía reprodutiva.

Page 18: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

16

e gañando menos por un traballo igual; contando, ademais, con que os traballos quetradicionalmente realizan as mulleres son invisibles, non son remunerados e teñen unhavaloración negativa, tanto social como economicamente, así como escasa repercusiónnas esferas onde se toman as decisións políticas e económicas máis importantes paratodas as persoas.

Pese a esta ausencia de recoñecemento, as mulleres, en todos os países do mundo emoi especialmente nos países do sur, son claves na seguridade alimentaria eeconómica, na seguridade física, na saúde, educación e no coidado das persoasdependentes nas súas comunidades.

Algúns exemplos e contradicións:

A realidade é que, en termos globais, as mulleres constitúen máis da metade da poboaciónmundial, reciben unha décima parte dos ingresos mundiais e posúen menos dunhacentésima parte da propiedade mundial.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

A seguridade alimentaria estáprincipalmente sostida polo traballodas mulleres e, nos países do sur,as campesiñas producen do 60% ao80% dos alimentos.

Millóns de mulleres desempeñanunha tripla xornada; traballoprodutivo, reprodutivo e comunitario.

Se ben os compoñentes cruciaisdunha economía: a produción e areprodución, derivan ambas doesforzo humano traballando cosrecursos da natureza.

Moitas solen ter restricións sobre os dereitos á propiedade, aouso e á herdanza da terra.Nos países do norte, as mulleres son menos dun 1/3 daspropietarias das terras e reciben menos do 10% dos préstamosreservados a pequenas explotacións. Só acceden ao 1% do total do crédito mundial destinado aosector agrícola (FNUAP, 2005). Pero non participan activamente nos procesos de toma dedecisións e esta sobrecarga impídelles contar con tempo eacceder a oportunidades de capacitación e minguar a súacalidade de vida.Entre 1/5 e 1/3 de todos os fogares está encabezado por unhamuller e o número de mulleres xefas de fogar aumentaprogresivamente en África e América Latina6.As mulleres predominan nas áreas de traballo da economíainformal7, onde habitualmente os beneficios económicos sonmenores, con escasa regularización, menor protección eseguridade.As mulleres teñen máis dificultades cos homes en acceder aoportunidades económicas e ao emprego remunerado.Pero son os homes quen maioritariamente controlan a producióne os beneficios derivados do traballo. Valórase e visibilízase otraballo produtivo correspondente a esfera pública.O traballo de coidado, doméstico ou reprodutivo, non secontabiliza nos orzamentos ou na economía denominada formal.As mulleres seguen traballando máis horas por menos salarioen todos os sectores e en peores postos de traballo que oshomes en todos os países do mundo8.Unha gran parte do traballo das mulleres non é remunerado,está mal pagado, infravalorado e é invisible.

6 FNUAP. Informe de Estado da Poboación Mundial 2005.7 Segundo FNUP, as mulleres constitúen aproximadamente as dúas terceiras partes "dos empresarios" que traballan porconta propia no sector informal. En ocasións, os traballos que desempeñan son extensións das tarefas domésticas e de coi-dado consideradas "de mulleres".8 Segundo a OIT perciben unha media de 3/4 partes menos do salario que perciben os homes.

Page 19: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

17

AAllggúúnnss ddooss oobbssttááccuullooss rreellaacciioonnaaddooss ccooss ddoouuss tteemmaass aanntteerriioorreess ee oo ppaappeell ddaaCCooooppeerraacciióónn

É difícil falar de factores concretos, senón que son combinacións deles que interactúanentre si para elevar as barreiras que dificultan o pleno exercicio dos seus dereitos ásmulleres, tanto na esfera pública como na privada. Unha pequena mostra deles son:

A división sexual do traballo e os roles e estereotipos de xénero que se xustificanbaixo premisas de diferenzas biolóxicas entre mulleres e homes.Sobrecarga de traballo: triplo rol e xornada das mulleres.Desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres.Lexislación, mecanismos e estruturas institucionais discriminatorias.Prácticas e condicionamentos sociais discriminatorios tanto en ámbitos públicoscomo privados.Mecanismos institucionais insuficientes para a promoción da igualdade no sectoreconómico, que favorezan unha distribución equitativa das responsabilidades ecargas. Insuficiente apoio gobernamental xa que o Estado en moitas ocasións responsabilizadirectamente ás mulleres de prover os servizos de coidado.

A Cooperación pode e debe ter un importante papel para contribuír a disolver distintosaspectos destes problemas. Hai accións que están sendo realizadas xa con maior oumenor intensidade pero é necesario focalizarse máis nalgúns aspectos como:

O propio cuestionamento de roles e estereotipos de xénero: división sexual dotraballo vs. corresponsabilidade igualitaria.Realización de análises sociais e económicos sobre xénero que fagan visible o rol eo traballo das mulleres e o seu aporte ao desenvolvemento: quen fai que, onde,cando, por canto tempo, que remuneración recibe por elo e cal é súa participaciónnos distintos espazos sociais e políticos.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Copyright © Ayuda en Acción.

Page 20: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

18

Ajuda en Acció - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

Revalorización do traballo de coidado.Fomentar a gobernabilidade: responsabilidade dos estados, do sector privado e dasinstitucións financeiras e comerciais internacionais de garantir o pleno exercicio dosdereitos sociais, políticos, económicos e civís das mulleres e as nenas. Promover a participación activa da sociedade civil, especialmente das mulleres, natoma de decisións a todos os niveis e en todos os ámbitos.Promover que os estados e empresas favorezan medidas de conciliación da vidapersoal e laboral.Orzamentos con enfoque de xénero e análise de impacto de xénero nas políticaspúblicas.Promover a corresponsabilidade dos coidados, tanto a nivel privado entre mulleres ehomes como a nivel público, en relación ao estado.Fomentar unha política de cooperación con enfoque de xénero que non sobrecargueás mulleres e que teña enfoque de dereitos.Análise das principais causas e obstáculos para a participación das mulleres nosprincipais espazos de influencia e decisión.Fomentar a creación de condicións equitativas: por exemplo, mediante ofortalecemento de capacidades das mulleres e as súas organizacións, pero tamén através da creación de espazos de reflexión entre homes e mulleres.Promover a participación directa e representación das mulleres en espazos públicose de toma de decisións en ámbitos locais, nacionais e rexionais. Apoiar ao movemento organizado de mulleres locais e facer visible o seu traballo nosespazos de decisión. Promover a organización e articulación de redes orientadas á incidencia que loitenpola igualdade de dereitos. Levar a cabo análises e propostas de posibles vías para incrementar e mellorar aparticipación das mulleres.Fomentar o debate e apoiar iniciativas de novos modelos de liderado eparticipación.Apoiar as iniciativas gobernamentais orientadas á consecución da axenda deBeijing.

En resumo:

Que a Cooperación española promova através das súas políticas e accións aresponsabilidade estatal e social(compartida por homes e mulleres) notraballo reprodutivo e de coidado.

Incluíndo e visibilizando en todas as súasaccións a análise do impacto da divisiónsexual do traballo e a discriminación dexénero, a análise de custos da economía docoidado e a orzamentación de xénero, eelaborando plans operativos para a súaconsideración e aplicación polos gobernosnacionais e locais9.

9 Ver actual Estratexia de Xénero da Cooperación española, Obxectivo específico 1.5 Dereitos Económicos das Mulleres-Xénero Economía Informal e traballo non remunerado.

Page 21: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

Só nun escenario de igualdade será posible a erradicación da pobreza. A promoción daigualdade de xénero en todos os ámbitos, o facer visible o aporte político, económico esocial que levan a cabo millóns de mulleres en todo o mundo é unha cuestión de xustiza ede respecto efectivo aos dereitos humanos.

Que a Cooperación leve a cabo e promovaa través das súas accións o fomento doliderado e a participación real e efectiva dasmulleres en todos os ámbitos da vida e datoma de decisións.

Garantindo nas súas accións, entre outros,o obxectivo específico de promover oaumento de capacidades, cidadanía(liderado, participación e representaciónparitaria) e autonomía das mulleres encondicións de equidade cos homes, asícomo a concienciación e sensibilización doshomes e o fomento de novos estilos deliderado e participación.

Cop

yrig

ht ©

Lui

s C

arra

sco.

Ayu

da e

n A

cció

n.

Page 22: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 23: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

3CCoonntteexxttoo xxeerraall ddaa AAOODD:: ddaass bbooaass iinntteenncciióónnss aaoo

mmaarrccoo nnoorrmmaattiivvoo rreegguullaaddoorr

Bolivia. Copyright © Charo Barroso.

Page 24: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 25: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

23

33.. CCoonntteexxttoo xxeerraall ddaa AAOODD:: ddaass bbooaass iinntteenncciióónnss aaoo mmaarrccoo nnoorrmmaattiivvoorreegguullaaddoorr

Coa incorporación de España como país donante ao Comité de Axuda aoDesenvolvemento (CAD) a realización das actividades de cooperación en materia dexénero recaeu sobre o Instituto da Muller. No seu primeiro Plan de Igualdade, que abarcabao período de 1988 a 1990, establecía dentro dos seus obxectivos, impulsar programas decooperación internacional coa finalidade de beneficiar a grupos concretos de mulleres. En1990 comezou a executarse desde esta institución o programa Muller e Desenvolvemento,que subvenciona actividades centradas en colectivos de mulleres, sobre todo de ámbitolatinoamericano. Pero a cooperación ao desenvolvemento non deixa de ser un pequenocapítulo na axenda deste organismo, encargado especialmente da protección social e aigualdade de xénero en España e en relación ao resto de Europa.

A IV Conferencia Mundial sobre a Muller (Beijing, 1995) ten claras repercusións na políticaespañola que ocupa nese momento a Presidencia Europea, e ten un especialprotagonismo en canto á defensa da igualdade. A procura da igualdade entre mulleres ehomes na política española, ten o seu reflexo na cooperación ao desenvolvemento e asíqueda establecido coa aprobación en 1998 da Lei de Cooperación Internacional para oDesenvolvemento que fixa como un dos principios da política española de cooperación odesenvolvemento "...a participación cidadá en condicións de igualdade para mulleres ehomes..." no artigo 2.b. e dentro das prioridades sectoriais, artigo 7.c. inclúe "a proteccióne respecto dos dereitos humanos, igualdade de oportunidades, participación e integraciónsocial da muller e defensa dos grupos de poboación máis vulnerables".

No ano 2000 publícase o primeiro Plan Director 2001-2004 da Cooperación Española.Neste documento aparece a Loita contra a pobreza, o Medio Ambiente e a Promoción daigualdade entre mulleres e homes, como prioridades horizontais. En calquera caso estedocumento foi criticado polas ONGD polo seu marcado enfoque MED (Mulleres endesenvolvemento). No ano 2005 publícase o segundo Plan Director, actualmente vixente,que outorga un papel relevante a promoción da igualdade de xénero, establecendo comoun dos seus obxectivos estratéxicos o aumento da autonomía das mulleres e cunha visiónclaramente XED (Xénero en Desenvolvemento).

Máis alá deste nivel teórico e de planificación, a inclusión real da perspectiva de xénerosufriu un desenvolvemento desigual nestes anos. Como puntos positivos, resáltanse aformación e a sensibilización, ou experiencias piloto máis ou menos xeneralizadas (comoa designación de responsables de xénero nalgunhas Oficinas Técnicas de Cooperación/OTC). Pero, ata o momento, non se puideron consolidar como elementos de permanenciainstitucional na propia estrutura orgánica"10.

Máis alá da inclusión da igualdade de xénero na Lei de cooperación e de ser consideradaunha prioridade nos dous plans directores elaborados ata o momento, está a Estratexia deXénero en Desenvolvemento que supón un importante avance ao dotar á cooperaciónespañola dunhas directrices de actuación que afianzan, polo menos a nivel teórico, ainclusión da igualdade de xénero en todo o conxunto da AOD.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

10 Estratexia de xénero, Pág. 23.

Page 26: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

24

Pero desenvolvementos paralelos como a reforma da Axencia Española para aCooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) non satisfixo as expectativascreadas. A Axencia é responsable do deseño, a execución e a xestión dos proxectos eprogramas de cooperación para o desenvolvemento, ben sexa directamente, cos seuspropios recursos, ou ben mediante a colaboración con outras entidades nacionais einternacionais e organizacións non gobernamentais. Da AECID dependen ademais asOTC, Centros Culturais e Centros de Formación.

O Estatuto da AECID recoñece como mandato a potenciación da igualdade de xénero nospaíses en desenvolvemento a través de actuacións sectoriais e transversais nosprogramas e proxectos de cooperación e a promoción de políticas de igualdade.

A través do Estatuto conformarase a entidade responsable de xénero na AECID, creandoun departamento de Cooperación sectorial e de Xénero situado baixo a Dirección deCooperación Sectorial e Multilateral. A colocación da responsabilidade da promoción daigualdade de xénero baixo unha Dirección de temas máis xerais provocou desánimo edecepción xa que se cuestiona o impacto que dende aí poidan ter as súas iniciativas, máisaínda dada a débil institucionalización do xénero dentro da AECID, así como a ausencia demecanismos de control e esixencia na incorporación da perspectiva de xénero nacooperación para o desenvolvemento. Entre outros, témese que a importancia que se llede ao tema cíngase a unha cuestión voluntarista que dependa directamente da disposiciónda persoa responsable da dirección.

A incorporación efectiva da perspectiva de xénero na cooperación española para odesenvolvemento ven avaliada por unha serie de instrumentos de carácter nacionale internacional, esixibles xuridica ou politicamente, de carácter xeral ou ben deaplicación específica para a promoción da igualdade de xénero.

Todos eles están claramente interrelacionados entre si e son un marco de referenciafundamental sobre os que apoiarse e cos que enlazar as principais demandas epropostas para garantir a promoción da igualdade de xénero a través dacooperación ao desenvolvemento española. Permítennos dar seguimento ao graode avance e cumprimento por parte do goberno español.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

MARCO XURÍDICO E PROGRAMÁTICO PARA A INCORPORACIÓN/ESIXIBILIDAD DAPERSPECTIVA DE XÉNERO NA COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA ODESENVOLVEMENTO

INSTRUMENTO DATA - APROBACIÓN/RATIFICACIÓN

Convención sobre a Eliminación de todas as Formas deDiscriminación contra a Muller. CEDAW

Programa para a Acción da Conferencia Internacionalsobre a Poboación e o Desenvolvemento-CIPD sobreDereitos sexuais e reprodutivos

Declaración e Plataforma para a acción de Beijing

Lei 23/1998 de Cooperación Internacional para oDesenvolvemento

1979 - Xuridicamente vinculante / España ratificouna o 20 de novembrode 1987

1994

1995

1998 - Xuridicamente vinculante

Page 27: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

25

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

INSTRUMENTO FECHA - APROBACIÓN/RATIFICACIÓN

Protocolo á Convención para a Eliminación de Todas asFormas de Discriminación Contra a Muller

Declaración do Cumio do Milenio

Resolución 1325 sobre Muller, Paz e Seguridade

Documento do 49º período de sesións da CSW enseguimento e ratificación da Plataforma para a Acciónde Beijing+10

Regulamento (CE) nº 806/2004 do Parlamento e doConsello, relativo ao fomento da igualdade entre ohome e a muller na cooperación ao desenvolvemento

Plan Director da Cooperación Española

Declaración de París sobre eficacia da axuda.CAD/OCDE

Resolución aprobada pola Asemblea Xeral (60/1).Documento Final do Cumio Mundial 2005 (Para arevisión do Cumio do Milenio, ODM+5; Nova York)

Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción daAutonomía Persoal e Atención ás persoas en situaciónde dependencia

Lei orgánica 3/2007 de 22 de marzo para a igualdadeefectiva de mulleres e homes

Comunicación da Comisión ao Consello, ao ParlamentoEuropeo, sobre Igualdade de Xénero e empoderamentodas mulleres na cooperación ao desenvolvemento

Estatuto da Axencia Española para a CooperaciónInternacional para o Desenvolvemento

Plan Estratéxico de Igualdade. Instituto Muller Español

Documento de Estratexia Sectorial Xénero enDesenvolvemento (Des GED)

Plan de Actuación Anual de Cooperación Internacional(PACI)

Consenso de Quito (CEPAL)

Outros instrumentos a ter en consideración:

DEP: Documentos de estratexia país (para os paísesprioritarios)

PAE : Plans de Atención especial (para países deatención especial)

Leis sobre cooperación ao desenvolvemento dasComunidades Autónomas

1999 - Xuridicamente vinculante /Ratificado por España 8 marzo 2002

2000

2000

2005

2004 - Xuridicamente vinculante

2005-2008

Marzo 2005

2005

2006 - Xuridicamente vinculante

2007 - Xuridicamente vinculante

2007

2007 - Xuridicamente vinculante

2008-2011

2007

Ferramenta de elaboración anual

Agosto 2007

Ferramenta empregada polas Oficinas Técnicasde Cooperación (OTC) para a súa planificación

Ferramenta empregada polas Oficinas Técnicasde Cooperación (OTC) para a súa planificación

Page 28: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

A necesidade de implantar a perspectiva de xénero na distribución e execución da AOD éun feito recoñecido dende todas as instancias que realizan programas de cooperación.Pero a formalización desta formulación teórica é aínda lenta e necesita dun fortecompromiso por parte de todos os axentes. Na administración convive o discurso queadmite a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na AOD cun desenvolvementopráctico desta mesma axuda, no que non se lle presta ao enfoque de xénero a importanciadebida. Aínda así, debemos recoñecer que dende 2004 coa aprobación do actual PlanDirector, producíronse avances na práctica desta cooperación dende a programación(Programas e proxectos con liñas prioritarias de xénero, convenios específicos de xénerocon ONGD, requisitos de asignación nas convocatorias de proxectos) ata un considerableincremento na asignación orzamentaria (de 2004 a 2006 as contribucións para xéneroaumentaron 341%, e as dedicadas a poboación e saúde reprodutiva creceron un 96%). Poroutro lado, destacamos a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero nos procesosde avaliación, integrando o enfoque de xénero en todos os seus instrumentos.

Cop

yrig

ht ©

Cha

ro B

arro

so.

Page 29: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

4

TTeeoorrííaa ddaa iigguuaallddaaddee ddee xxéénneerroo nnaa AAOODD eessppaaññoollaa

Copyright © Fernando López. Ayuda en Acción.

Page 30: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 31: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

29

44.. TTeeoorrííaa ddaa iigguuaallddaaddee ddee xxéénneerroo nnaa AAOODD eessppaaññoollaa

Na última lexislatura, a cooperación española tivo un forte desenvolvemento deinstrumentos de planificación que buscan mellorar a calidade da axuda en liña casformulacións da Declaración de París11. Un dos principais referentes normativos nacionaisque inspiran á cooperación española para dar cumprimento as prioridades sobre xénero, éa Lei para a Igualdade efectiva entre homes e mulleres ou o desenvolvemento de novosplans específicos de igualdade. Estes supuxeron un paso importante na institucionalizaciónda igualdade de xénero en toda a política nacional. A continuación, analizaremos comoestes marcos normativos e de planificación inclúen e poden contribuír aos obxectivos dacampaña.

44..11 LLeeii ddee IIgguuaallddaaddee ddee ooppoorrttuunniiddaaddeess eennttrree hhoommeess ee mmuulllleerreess ((LLOOIIEEHHMM))

A principios do 2007 aprobouse no Congreso a LEI ORGÁNICA 3/2007, de 22 de marzo, para aigualdade efectiva de mulleres e homes. Esta lei, pioneira na Unión Europea, pretende facerefectivo na práctica o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homesrecollido na Constitución española, a través da disposición de "medidas concretas destinadas aeliminar e corrixir toda forma de discriminación por razón de sexo no sector público ou privado". Atal efecto establece tamén "principios de actuación dos poderes públicos" e "regula dereitos edeberes das persoas físicas e xurídicas, tanto públicas como privadas"12.

Esta Lei establece a obrigatoriedade da integración con carácter transversal e de formaactiva do principio de Igualdade de trato entre mulleres e homes na actuación de todos ospoderes públicos. Así, dispón que "as Administracións públicas integrarano de forma activana adopción e execución das súas disposicións normativas, na definición das súa políticaspúblicas e no desenvolvemento conxunto das súas actividades". (Art.14.Transversalidade).

Disponse tamén a creación de Unidades de Igualdade en todos os Ministerios, o Consellode Participación da Muller, co obxectivo de servir de canle de participación as mulleres eunha Comisión Interministerial de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes,como órgano responsable da coordinación das políticas.

Avanzouse moito en temas como incentivar o aumento do número de mulleres en postosclaves, e todos os ministerios teñen unidades de Igualdade. De especial interese para a AODé a creación dentro do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación dun posto deEmbaixadora de Políticas de Igualdade do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

Aínda é pronto para valorar, pero esta pode ser considerada unha boa práctica naincorporación da perspectiva de xénero na corrente principal dende un enfoque integral, aosumar unha base de carácter vinculante (a lei de Igualdade), avalada pola vontade políticado máximo decisor: o propio Ministro, e que se ben crea unha nova instancia no interior daestrutura a que e dende a que se desexa transformar, faino apoiándose en persoas de

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

11 A Declaración de París, aprobada o 2 de marzo de 2005, é un acordo internacional polo cal máis de cen responsables deministerios, axencias e outros altos funcionarios adheriron e comprometeron aos seus países e organizacións para continuarincrementando os esforzos na harmonización, aliñación e xestión da axuda por resultados con unha serie de indicadores eaccións avaliables. www.oecd.org12 LO 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Page 32: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

30

dentro da propia organización ás que identifica pola súa sensibilidade e capacidade técnicae que xa coñecen e son coñecidas na entidade.

É pouco tempo transcorrido dende a súa creación pero entre as iniciativas postas enmarcha pola Unidade, cabe destacar:

Petición dun informe sobre a situación das mulleres por país a cada unhadas representacións diplomáticas españolas. O valor desta iniciativa non é só oda información xerada senón tamén o de situar o tema dentro da axendadiplomática, poñéndolles no mellor dos casos en relación, ou polo menos encoñecemento no peor deles, das organizacións responsables deste tema no paísen cuestión.

Elaboración do Plan da Cooperación española sobre Paz, Muller e Seguridade(Resolución 1325 NNUU). O Plan non contou coa participación suficiente dosmovementos sociais e as organizacións feministas, se ben, dos poucos países queteñen un plan de acción da resolución 1325, o estado español é o que conta co maiornúmero de compromisos ministeriais (relación inversamente proporcional áparticipación da sociedade civil e organizacións feministas por falta de prazos ecanles adecuadas), o que supón un bo precedente de colaboración interministerial napromoción da equidade de xénero. Se consideramos que unha das claves do éxitopara desenvolver unha política de xénero efectiva é a necesaria coherencia entre aspolíticas estatais e o diálogo entre políticas, comprenderemos a relevancia queiniciativas como esta poden chegar a ter.

" Apoio aos Encontros de Mulleres Africanas, xunto coa Vicepresidencia doGoberno e o Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para as Mulleres(UNIFEM). Nestes encontros, mulleres procedentes dunha vintena de países(dezanove africanos) encontráronse para debater sobre a situación das mulleres nomundo e as súas perspectivas, e abordar cuestións tan relevantes como oempoderamento, o desenvolvemento económico, a educación, a saúde e o papel dosmedios de comunicación.

"España-África. Mulleres por un mundo mellor" é o título destes encontros, que xacelebraron tres edicións (Mozambique 2006, España 2007 e Níger 2008). Resultadodo primeiro encontro foi a Declaración de Mozambique, que propón en 5 puntos oscompromisos máis importantes deste foro de mulleres españolas e africanas e acreación da Rede de Mulleres por un Mundo Mellor.

Se ben os poderes públicos o presentan como unha mostra máis do interese real do Estadoespañol por facer unha cooperación de calidade e efectiva prestando especial atención ápromoción e garantía dos dereitos das mulleres africanas, recibiron fortes críticas por parteda sociedade civil organizada e das organizacións que traballan pola igualdade de xéneropolo seu déficit de representatividade real ao non contar coa participación das organizaciónsde base e polo alto custo orzamentario que supón.

Por parte da Unidade de igualdade, a corresponsabilidade na economía do coidado identifícasecomo un tema clave pero sobre o que non se está incidindo moito polo momento. Identifícase áSecretaría de Políticas de Igualdade como o actor máis activo neste área, o que nos amosa unhavez máis a necesidade de posicionar a corresponsabilidade na economía do coidado como untema clave na cooperación internacional para así acadar unha igualdade real e, ao mesmo tempo,de incidir sobre a importancia de articular os esforzos nacionais cos internacionais.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 33: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

31

44..22.. PPllaann EEssttrraattééxxiiccoo ddee IIgguuaallddaaddee ((PPEEII))

Como desenvolvemento práctico da Lei de Igualdade, o Goberno adquire o compromiso deformular periodicamente un Plan Estratéxico de Igualdade (PEI), que ten por obxecto presentarmedidas para o obxectivo de igualdade entre mulleres e homes e eliminar a discriminación porrazón de sexo. Por acordo do Consello de Ministros, de 27 de abril de 2007, creouse unhaComisión Interministerial de Igualdade entre mulleres e homes para elaborar a proposta doPlan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades. A citada comisión constitúese o 22 de maiode 2007, está presidida pola Secretaría Xeral de Políticas de Igualdade. Na elaboración etramitación do Plan, ademais das observacións que propuxeron os distintos Ministerios queconforman a Comisión, participaron asociacións e organizacións de ámbito estatal cuxoobxectivo é a igualdade entre mulleres e homes.

O Plan é un documento moi completo e claro, que ofrece moitas posibilidades para a súaposta en práctica grazas á estrutura proposta. A través de doce eixes13, entre os que seatopa a política exterior e de cooperación, concrétase en propostas moi específicas paramellorar a igualdade de xénero.

Dentro do eixe de cooperación para o desenvolvemento (Eixe 11), márcase como obxectivos:

Obxectivo 1: Garantir a aplicación da transversalidade de xénero e a igualdade entrehomes e mulleres na política exterior española.

Obxectivo 2: Promover e reforzar a integración do enfoque de xénero no desenvolvementoe o empoderamento das mulleres na política de cooperación para o desenvolvementoespañola, como forma de contribuír á plena cidadanía das mulleres, como requisito para odesenvolvemento e a paz.

Obxectivo 3: Garantir a aplicación da transversalidade da perspectiva de xénero naspolíticas públicas sobre migracións e desenvolvemento.

Entre as prioridades de actuación destacamos:

Apoio á estratexia sectorial de xénero elaborada pola Dirección Xeral de Planificacióne Avaliación de Políticas de Desenvolvemento (DGPOLDE).A transversalización.A promoción da presenza española en organismos internacionais.Así como das redes de coñecemento e información.

44..33 EEssttrraatteexxiiaa ddee XXéénneerroo eenn DDeesseennvvoollvveemmeennttoo

Mención especial merece a Estratexia de Xénero en Desenvolvemento, pois debeconstituírse como o documento que marque a acción de todos os actores da cooperaciónespañola neste campo.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

13 1. Participación Política e Social, 2.Participación, Económica, 3. Corresponsabilidade, 4. Educación, 5. Innovación, 6.Coñecemento, 7. Saúde, 8. Imaxe, 9. Atención á Diversidade e Inclusión Social, 10. Violencia, 11. Política exterior e decooperación para o desenvolvemento, 12. Tutela do dereito á igualdade.

Page 34: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

No 2008, a nova Estratexia de Xénero en Desenvolvemento14 da Cooperación españolaelaborada pola DGPOLDE aprobada a finais de 2007, entra no seu período depresentación oficial, difusión, transferencia/apropiación, e aplicación.A estratexia sectorialde xénero, ten por obxectivos:

ser un mecanismo de referencia e aplicación para facilitar a xestión da cooperaciónespañola. Ser un elemento aglutinador para reforzar a coherencia de políticas das distintasadministracións. Promover a complementariedade e harmonización entre todas as organizaciónsespañolas que traballan en xénero no desenvolvemento. Ser mecanismo de difusión nos organismos internacionais onde España participa,para facilitar a harmonización con eles, aportando propostas de posicionamento econtido nos foros internacionais.Ser fonte de información, reflexión e referencia que favoreza o acercamento,identificación e aliñamento cos países socios e as súas organizacións especializadasno sector de xénero.

Dende a Dirección Xeral de Planificación e Avaliación de Políticas para o desenvolvemento(DGPOLDE) elaborouse un primeiro borrador enriquecido polos diferentes actores daCooperación Española e expertos e expertas de distintos ámbitos. Tras un longo procesode consultas, o documento finalmente chegou a Comisión Interterritorial, a ComisiónInterministerial e ao Consello de Cooperación para o Desenvolvemento.

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

32

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

ASPECTOS POSITIVOS15

Recoñecemento das contribucións domovemento feminista e a incorporación dateoría feminista como base teórica e política.

Adhesión ao enfoque Xénero noDesenvolvemento.

Promoción do empoderamento das mullerescomo un dos seus eixes centrais.

Diferenciación metodolóxica entre igualdadereal e igualdade formal.

Visibilización da necesidade de realizarprocesos de transformación da culturaorganizacional para a integración daperspectiva de xénero.

Proposta de creación da rede GEDEA parafomentar unha maior articulación de actores quetraballan para promover a igualdade de xénero.

Carencia de plan operativo, cronograma,priorización e orzamento.

Carencia de metas e indicadores medibles quepermitan o seguimento da súa aplicación.

Indefinición sobre o seu período de vixencia.

Indefinición sobre as referencias ao corto,medio, longo prazo.

Complexidade que pode dificultar a súacomprensión.

No se incluíron mencións ao papel dos homesna erradicación das desigualdades de xénero:está máis centrada nas mulleres que nasrelacións de xénero salvo no apartado dasensibilización.

Necesidade de concreción en mecanismos ecompromisos para institucionalizar aperspectiva de xénero nas estruturas dacooperación española.

PREOCUPACIÓNS

14 As Estratexias Sectoriais establecen as directrices da cooperación española en sectores clave para o desenvolvementocomo son: Educación, Saúde, Xénero, Medio ambiente, Soberanía Alimentaria, Promoción da Democracia e o Estado deDereito, Cultura e Promoción do Tecido Económico e Empresarial. As Estratexias Horizontais establecen as prioridadeshorizontais que teñen que estar presentes nas actuacións da Cooperación Española. Estas prioridades son: Loita contra aPobreza, Defensa dos Dereitos Humanos, Xénero, Medio Ambiente e Diversidade Cultural.15 Valoracións da estratexia de xénero dos grupos de xénero da Coordinadora Estatal e Autonómicas de ONGD.

Page 35: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

33

A pesar do recoñecemento xeneralizado aos esforzos por desenvolver a estratexia de xeitoparticipativo, con amplos períodos de consulta que supuxeron catro anos de traballo, ostempos para as últimas aportacións e o resultado final non foi de todo consensuado nincompartido con todos os actores. As ONGD e os grupos e plataformas de ONGD quetraballan para promover a igualdade de xénero, declaran non contar cos recursos(económicos, capacidades, persoal cualificado, vontade política, tempo, coñecementostécnicos…) necesarios para facer seguimento e ir ao ritmo do despregue da estratexia.

Algo parecido ocorre coas OTC, responsables últimas da aplicación da estratexia, queperciben como un documento moi completo, pero excesivamente extenso e sobre todocomplexo, de gran contido teórico pero pouco práctico. Dubidan da súa capacidade parapoder apropiarse da proposta por falta de recursos, formación, tempo, e pola inexistenciadun mandato claro e vinculante sobre a identificación / programación / seguimento eavaliación da perspectiva de xénero nas súas actuacións máis alá da declaración da súaenunciación como eixe relevante no plan director e a estratexia. Por outro lado, debido ádescentralización das competencias do Estado, as axencias de cooperación estatal eautonómicas contan con instrumentos propios que, como identificamos, non estánnecesariamente en concordancia.

Por elo, existe preocupación sobre a aplicación deste documento, máis aínda cando faltaun plan operativo concreto con recursos necesarios asignados. A isto súmaselle que avontade política que propiciou o aumento de recursos asignados á promoción da igualdadenon está plenamente institucionalizada e non se reflicte nos cambios organizacionais. Unhaproba é que segundo fontes consultadas en distintas OTC, a presenza/ausencia dunhapersoa responsable de xénero nas OTC segue sendo decisión última da persoaresponsable da coordinación da oficina en base aos Plans de actuación estratéxica (PAE)e os Documentos de estratexia de país (DEP).

Dentro da estratexia, unha das propostas que aínda falta por desenvolver é a creación daREDE GEDEA. A rede, aínda sen funcións nin tarefas definidas e sen recursos humanosou orzamento asignado, pode ser unha boa oportunidade para a articulación de actores dasociedade civil e institucións públicas e pode ser de gran utilidade como canal defortalecemento institucional, como responsable de seguimento, monitoreo e avaliación dograo de cumprimento dos acordos subscritos polo goberno español, e como xestora docoñecemento e das experiencias adquiridas, máis aínda se logra que se prioricen no centrodas súas actuacións os principais temas da axenda do movemento feminista e dasinstitucións que traballan para promover a igualdade de xénero, entre outros, a promociónda participación e liderado das mulleres e a valorización e corresponsabilidade naeconomía do coidado. Ambos temas establecéronse como áreas de intervención naestratexia de xénero aínda que incídese máis, ao igual que no Plan Director, na área departicipación que na de economía do coidado.

Os RETOS A CORTO PRAZO IDENTIFICADOS implican optimizar a Estratexia de Xéneroen Desenvolvemento:

Facéndoa máis operativa: incorporando un calendario detallado e uns indicadoresque permitan realizar o seguimento da súa execución.Asegurando a asignación dos recursos adecuados: definindo ademais aasignación orzamentaria cuadrienal, anual e crecente durante o seu período devixencia a través dos POA (Planes Operativos Anuais)

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 36: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

Facéndoa máis próxima, atractiva e fácil de usar: a través da elaboración dundocumento máis breve que recolla os eixes máis importantes.Fortalecendo ás e aos actores responsables de poñela en práctica e de levar acabo o seguimento e avaliación da súa aplicación: establecendo mecanismospara garantir a institucionalización do xénero na Cooperación española, ex. Creaciónda Unidade de Xénero na AECID.Facendo fincapé na coordinación e harmonización coas ComunidadesAutónomas e demais cooperación descentralizada: sinalando mecanismos clarosde coordinación que dean máis valor engadido ás actuacións propias de cada actorda cooperación, que deberá encadrar a súa acción dentro das liñas desta estratexia.A Cooperación española neste senso, deberá buscar ser máis eficaz e ter maioresimpactos, polo que a coordinación entre actores terá que ser unha das liñas ás quehaberá que dar un maior seguimento.

A nova estratexia de xénero en desenvolvemento da cooperación española traballasobre as dúas áreas temáticas obxecto de análise neste informe. As propostas, moiacertadas e coherentes coas demandas das organizacións que traballan polosdereitos das mulleres, son máis numerosas e concretas na área de participaciónpolítica que no caso da economía do coidado, o que pon de manifesto, unha vez máis,a necesidade de fortalecer esta área de traballo, requirimento que se fai aínda máisimprescindible canto máis conscientes somos da inevitable interrelación que existeentre ambos temas.

A economía do coidado e a participación política na Estratexia de Xénero enDesenvolvemento:

En ECONOMÍA DO COIDADO: baixo a rúbrica de Conceptos e ferramentas para aplicar XED/ Ferramentas deintervención / Discriminación das mulleres/ División sexual do traballo propón:

Conciliación da vida familiar e laboral. Corresponsabilidade. Promover orzamentos de xénero: incluír Traballo reprodutivo (TR) nas contabilidades nacionais, contemplar acontribución do TR ao PIB dos países.. " Crear contas satélite: contas paralelas que permitan facer o seguimento contable de liñas orzamentariasconcretas, sobre a aportación do TR.

No obxectivo específico 1.dereitos económicos das mulleres /liñas estratéxicas para cada obxectivo específico/ obxectivoxeral de desenvolvemento da Estratexia de Xénero/ nivel para a igualdade real / adecuación e coherencia de políticaspúblicas, nacionais, municipais e locais/ Fortalecemento da Protección social con enfoque de xénero, propón:

Campañas de difusión sobre dereitos humanos e dereitos laborais das mulleres, que incidan nun cambio devalores sobre a división sexual do traballo tradicional. Asesoría en procesos de mellora da protección social dende o enfoque de xénero, especialmente referidos áprotección da maternidade, e propiciar a paternidade responsable.Apoio á creación de mecanismos legais e programas de difusión e sensibilización sobre corresponsabilidadee conciliación da vida familiar e laboral (estudos de situación, programas e plans operativos, medición deimpacto de aplicación destes programas para a súa mellora).

Nas Pautas para a intervención na aplicación efectiva do enfoque de xénero/cambios na culturaorganizacional/punto 4, propón:

" Potenciaranse iniciativas de conciliación, corresponsabilidade, na vida familiar e laboral, e protección ámaternidade/paternidade responsable.

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

34

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 37: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

En PARTICIPACION POLITICA, no obxectivo. 1. dereitos económicos/ liñas estratéxicas/ nivel deaccións específicas do sector xénero propón:

1.8. fortalecemento e participación de organizacións de mulleres en situacións de emerxencia e reconstrución.

O obxectivo.2: dereitos sociais/ liñas estratéxicas/ nivel de accións específicas do sector xénero:

2.3. Fortalecemento de participación das organizacións da sociedade civil no exercicio dos dereitossociais para a cohesión social. 2.9. Participación das mulleres en plans e programas de emerxencia, acción humanitaria e reconstrución.

O obxectivo.4: dereitos civís e políticos/liñas estratéxicas/ nivel para a igualdade real:

4.2. Fortalecer a gobernanza democrática para a igualdade e cidadanía das mulleres. 4.6. Participación cidadá das mulleres dende o enfoque XED.4.7. Empoderamento das mulleres na representación política.4.8. Migracións e dereitos cívico-políticos das mulleres.4.9. Fortalecemento e participación de organizacións de mulleres en situacións de emerxencia e reconstrución.

O obxectivo.5 dereitos culturais/ liñas estratéxicas/ nivel de accións específicas do sector xénero:

5.5. fortalecemento da participación de organizacións de mulleres en situacións de emerxencia,acción humanitaria e reconstrución.

44..44 PPllaann DDiirreeccttoorr ddaa CCooooppeerraacciióónn EEssppaaññoollaa1166

O Plan director da Cooperación Española é un documento marco que establece osobxectivos, criterios, prioridades sectoriais e xeográficas da cooperación aodesenvolvemento. É o elemento básico de planificación cuadrienal.

O actual plan, que engloba o período 2005-2008 outorga un papel moi relevante ápromoción da igualdade de xénero, establecendo como un dos seus obxectivosestratéxicos o aumento da autonomía das mulleres.

É tamén unha prioridade horizontal onde a súa posición e liñas de actuación están enabsoluta coherencia coas de Nacións Unidas (Declaración e Plataforma de acción deBeijing, Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio).

O Plan Director define a equidade de xénero como a existencia formal e real dos mesmosdereitos, liberdades, oportunidades, alternativas e responsabilidades para os homes e asmulleres e o entende como un obxectivo de desenvolvemento, e un factor fundamental paraloitar de forma eficaz e sostible contra a pobreza, acadar a democracia, a paz e odesenvolvemento sostible no mundo. Afirma tamén que a perspectiva de xénero debe estarpresente de xeito transversal en todas as políticas, plans e programas de desenvolvementodos países, como estratexia para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

A cooperación española adopta os principios fundamentais da igualdade e da non-discriminación, o enfoque Xénero no Desenvolvemento (XED) e as estratexias detransversalización e accións específicas xunto co empoderamento.

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

35

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

16 O Plan Director do que se fala neste informe é o II Plan Director da Cooperación española 2005-2008. Á data da publicacióndeste informe estanse dando os pasos para a elaboración do futuro Plan Director.

Page 38: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

36

A igualdade de xénero é ademais unha prioridade sectorial, que baixo o título "Aumento dascapacidades e a autonomía das mulleres", case unha definición do que é oempoderamento, desenvolve o sector Xénero e Desenvolvemento e aborda os temasespecíficos prioritarios da Campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza obxecto deanálise no presente informe.

Respecto ao abordaxe dos temas específicos de participación política e economía docoidado no Plan Director:

En Participación Política anuncia a súa intención de promover a participación real e efectivadas mulleres nos procesos de desenvolvemento, particularmente en todos os ámbitos davida pública e de toma de decisións. A importancia que se lle da á participación política dasmulleres veise reflectida nas liñas estratéxicas e actuacións prioritarias:

Participación nos partidos políticos, cadros de dirección e candidaturas.Presenza no poder lexislativo.Presenza nas administracións públicas.Apoio á sociedade civil, especialmente ás organizacións sociais que traballan napromoción e defensa dos dereitos das mulleres.

Non pasa o mesmo coa economía do coidado, xa que si ben menciona a asunción da maiorparte do traballo non remunerado por parte das mulleres e nenas e a enorme contribuciónque isto supón para a riqueza da comunidade, non o desenvolve nas liñas estratéxicas ninnas súas actuacións prioritarias.

2008 é o último ano de vixencia do actual Plan Director. Seguindo a información facilitadapolo Plan de Actuación Anual de Cooperación Internacional (PACI) de 2008, o novo PlanDirector 2009-2012 ten previsto incorporar as leccións aprendidas durante a xestión do PlanDirector 2005-2008, así como seguir avanzando con paso firme cara a construción dunhapolítica pública de desenvolvemento, que teña como meta a loita contra a pobreza.

Unha das principais reivindicacións é que o novo Plan Director 2009-2012 se desenvolvaen coherencia coa Estratexia de Xénero en Desenvolvemento, tendo como eixe central adesigualdade e non a pobreza e sen esquecer, como non pode ser doutro xeito, que o 70%das persoas en situación de pobreza no mundo son mulleres.

Dende a Campaña Móvete pola Igualdade. É de xustiza pensamos que é un bo momento paraincidir na elaboración do novo Plan Director (2009-2012), primeiro presentando o Plan Directorvixente como un acordo de mínimos dende o que partir e despois incorporando e fortalecendoa presenza de temas tales como a economía do coidado e reivindicando os lideradosalternativos das mulleres así como a priorización e garantía da participación igualitaria, plural,en todos os sectores e foros de toma de decisións.

44..55 PPllaann AAnnuuaall ddee CCooooppeerraacciióónn IInntteerrnnaacciioonnaall.. PPAACCII 22000088

O Plan Anual de Cooperación Internacional (PACI) elaborado anualmente pola DGPOLDE,desenvolve o Plan Director marcando as prioridades e liñas de actuación para o ano encurso acompañado da asignación orzamentaria correspondente.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 39: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

37

Estes planes anuais son unha das ferramentas de maior utilidade para o seguimento dasmetas e avances a corto prazo, en tanto que nos informa das actuacións que se van apriorizar dende a cooperación española ano a ano e se publican os seus correspondentesseguimentos do grao de avance e cumprimento das mesmas.

O PACI é de grande utilidade para realizar un adecuado seguimento da Axuda Oficial aoDesenvolvemento española, en primeiro lugar pola súa maior concreción fronte aos dousinstrumentos anteriores (Plan Director e Estratexia de Xénero en Desenvolvemento).Ademais, a través da revisión dos PACI dos últimos anos nos que se reflicte a importancia,o enfoque e a asignación de recursos destinados a promover a igualdade de xénero,podemos vislumbrar o estado de saúde e fortaleza da incorporación da perspectiva dexénero na cooperación española, poñelo en relación con outros sectores e áreas detraballo e evidenciar o orden de prioridades de actuación.

Dito isto, hai que ter en conta que o PACI é un documento orientador, non vinculante e que asOficinas Técnicas de Cooperación non parecen moi habituadas a usalo como documento dereferencia anual, preferindo para elo as ferramentas de planificación de produción propia (PAE:Plans Actuación estratéxica, DEP: Documentos de estratexia de país). Ademais, temos que teren conta que os PACI non parten de cero e que teñen que incluír proxectos que xa están enmarcha iniciados en anos anteriores. Segundo fontes oficiais, espérase que o desenvolvementodas novas estratexias sectoriais contribúa a que os PACI se elaboren de xeito máis coherentecoas liñas directrices xerais da cooperación española establecidas, cos Plans de ActuaciónEspecial e os Documentos Estratexia País de xeito que sexan de maior utilidade para as OficinasTécnicas de Cooperación.

Concretamente, no PACI 2008 os obxectivos propostos en relación ao xénero son:

Pór en práctica o plan de difusión e aplicación da estratexia de xénero, realizando actividadesde difusión, sensibilización e formación para todos os actores da Cooperación Española. Constituír de xeito gradual a rede GEDEA en todos os seus niveis. Esa difusión deinformación da política e transferencia da Estratexia aos actores redundará nunhamaior educación para o desenvolvemento con enfoque de xénero. A instalación darede favorecerá unha maior harmonización e complementariedade das accións XEDentre todos os actores.Aplicar e transferir os contidos da estratexia en todos os niveis dende a planificacióná avaliación e en todos os instrumentos. Na xestión haberá que abordar procesos deinstitucionalidade de xénero nas estruturas de cooperación, tanto da Secretaria deEstado de Cooperación Internacional (SECI), AECID como entre os diferentesactores, dende a sensibilización que redunde en cambios nas culturas organizativas,como na constitución de instancias especializadas de xénero.Establecerase un incremento de recursos bilaterais, con criterios de asignaciónprioritarias sectoriais e xeograficamente definidas.Na planificación multilateral, apoiando novos fondos e programas para os principaisorganismos internacionais, como UNIFEM, INSTRAW, UNFPA, Banco Mundial ou oapoio a construción das Novas Directrices sobre xénero e eficacia da axuda doGENDERNET17 do CAD/OCDE, ou a xanela de xénero e empoderamento dasmulleres no Fondo español do Milenio do PNUD.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

17 O traballo do Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD) na área de igualdade de xénero (www.oecd.org/dac/gender) élevado principalmente a cabo a través da Network on Gender Equality (GENDERNET).

Page 40: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

A estrutura actual fai moi difícil o seguimento e monitoreo da asignación real de recursos ápromoción efectiva da igualdade de xénero, polo que o deseño de criterios de seguimentoe avaliación dos fondos asignados no PACI 2008, convértese nunha ferramentafundamental en prol dunha maior transparencia.

O PACI non propón ningunha liña de traballo específica no ámbito da economía docoidado, nin de participación política, pero si propón a construción dunha mellor relación decoordinación e coherencia de políticas coa Secretaría de Igualdade.

As conclusións obtidas da análise do PACI 2008 son as seguintes:

Non concorda cos liñamentos da estratexia de xénero ao haberse elaborado partindo do PlanDirector 2005-2008. A prioridade é a pobreza en lugar da desigualdade a todos os niveis: económica, de xénero...A perspectiva de xénero non se incorpora de ningún xeito a corrente principal do documento. Noné un documento sensible ao xénero. A única referencia clara a atopamos no apartado ContidoSectorial da Política de Desenvolvemento, que adica o seu punto 2.3.6 ao Aumento dascapacidades e autonomía das mulleres, onde se sinalan os obxectivos operativos en materia deigualdade para o 2008. Non se concretan en detalle as actuacións para lograr o aumento de capacidades e autonomía dasmulleres. Espérase que se concreten no seguinte plan director que tomará como referencia a novaEstratexia de Xénero en Desenvolvemento da Cooperación Española.

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

Cop

yrig

ht ©

Yag

o de

Orb

e. A

yuda

en

Acc

ión.

Page 41: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

5AA pprrááccttiiccaa ddaa iigguuaallddaaddee ddee xxéénneerroo

nnaa AAOODD eessppaaññoollaa

Ecuador. Copyright © Yago de Orbe. Ayuda en Acción.

Page 42: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 43: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

41

55.. AA pprrááccttiiccaa ddaa iigguuaallddaaddee ddee xxéénneerroo nnaa AAOODD eessppaaññoollaa

A AOD española está modificando actualmente os seus instrumentos de cooperación paraadaptalos ás novas consignas de calidade da axuda establecidas a través das declaraciónsde Roma e París. É por tanto un momento interesante para abordar a transversalizaciónreal do enfoque de xénero en todos os instrumentos dos que dispón a AOD, ao mesmotempo que utilizar estes instrumentos para adicar recursos específicos á igualdade demulleres e homes.

O certo é que hoxe por hoxe e a pesar da gran aposta teórica e normativa exposta nocapítulo anterior, danse só tímidos avances na inclusión do enfoque de xénero, tanto nosinstrumentos de planificación e programación estratéxica (plans país, plans directores decooperación…) como nos de seguimento e avaliación (sistemas de recompilación einformación, avaliacións…). Quizais, é exemplo dos avances nos que se está traballandodende o Goberno a reforma dos Códigos ao sistema de información por sectores (CRS nassúas siglas inglesas. Creditor Reporting System).

Para medir o orzamento destinado á igualdade de xénero na Cooperación española utilízaseo Creditor Reporting System (CRS), sistema de clasificación sectorial do Comité de Axudaao Desenvolvemento (CAD) da OCDE. Dacordo con este sistema de clasificación, cadaacción adscríbese a un sector único en función das necesidades dun ámbito particular daeconomía ou da estrutura social do país receptor. No caso do xénero actualmente e dende2005 utilízase o sector do creditor reporting system: "Organizacións e institucións daigualdade das mulleres".

Na clasificación de sectores CRS, ata 2005, había un único sector relacionado co xénerodenominado "Muller e Desenvolvemento" que incluía "proxectos e programas de Muller eDesenvolvemento multisectoriais, fomento e apoio a grupos e organizacións de Muller eDesenvolvemento; conferencias, seminarios, etc..." A partir de 2005, este sector pasou adenominarse "Organizacións e institucións da igualdade das mulleres" agrupando a "Axudapara as institucións e as organizacións (gobernamentais e non gobernamentais) quetraballan para a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres".

Dado que non existe ningún outro sector onde rexistrar a axuda dirixida ás mulleres, estesector agrupa todas as iniciativas cuxo obxectivo principal está relacionado co enfoque dexénero, ou ben que inclúen ás mulleres como beneficiarias directas, de xeito que, coainformación dispoñible, non é posible diferenciar entre os que son proxectos que estándefinidos e xestionados baixo o enfoque XED e aqueles que non o son en realidade, e queteñen mulleres como beneficiarias ou ben se atopan aínda formulados baixo o enfoque MED.

Xunto ao mencionado sector, específico para o xénero, existen outros sectoresespecialmente relacionados, como o sector "Políticas de poboación e saúde reprodutiva",que aportan información importante sobre proxectos MED ou XED ou de Dereitos Sexuais eReprodutivos (DSR) aínda que están contabilizados de xeito diferenciado e non se inclúennunca na cuantificación de AOD para o sector de xénero.

Por último cabe sinalar as dificultades metodolóxicas para a medición da prioridadehorizontal de xénero, debidas fundamentalmente á falta de información sobre os criteriostidos en conta á hora de formular e executar proxectos que incorporan realmente atransversalidade de xénero como unha prioridade. Normalmente o porcentaxe destinado átransversalidade non se clasifica nin se amosa como tal aínda que exista, e por tanto seperde unha información valiosa para o sector de xénero.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 44: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

42

Nos instrumentos de xestión da AOD, os avances son puntuais e non se utilizaron enespecífico como ferramentas para promover a igualdade de xénero aqueles que máisvolume da AOD concentran, como o Fondo de Axuda ao Desenvolvemento, as actuaciónsen materia de débeda, ou os programas rexionais e sectoriais. Ata o momento só se inclúenunha liña de xénero específica no Programa de Cooperación Rexional con Centroamérica.A propia Estratexia de Xénero desenvolve nun cadro a situación actual dos diferentesinstrumentos da cooperación española que pon en evidencia a falta de integración daigualdade de xénero nos diferentes instrumentos.18

Esta falta de compromiso concreto a través dos distintos instrumentos da cooperaciónespañola xa foi sinalada, por exemplo, pola experta en xénero do Consello de Cooperaciónno seu dictamen ao Plan Director 2007, que compartimos dende Móvete pola Igualdade. Éde Xustiza:

"En relación á estratexia de xénero, máis alá da súa transversalización real, énecesario plasmar os seus obxectivos nos marcos de acción xeográficos,especialmente en aqueles onde se está traballando unha proposta de programarexional, como en Centroamérica. Tamén, recoméndase a aposta por algúnprograma bilateral específico, como por exemplo, convenios bilaterais para promovermecanismos de igualdade formal, a condicionalidade positiva dalgunha axuda directaa orzamentos ou algún SWAP ou programa de conversión de débeda con enfoquede xénero. Por último, cabe suxerir un indicador adicional no apartado deharmonización, referido á importancia de buscar e consensuar indicadores dexénero, para medir o impacto ou seguimento das accións que se emprendan"19

En canto á dotación orzamentaria, dacordo con fontes oficiais, houbo un importanteaumento orzamentario en materia de Xénero e AOD nos últimos 5 anos, no período2002-2006 que se enmarcan no Plan Director 2001-2004 e no actual Plan Director2005-2008.

A asignación orzamentaria para o sector xénero aumentou do 1,7% en 2005 ao 2,6%en 2006. Non contamos con datos publicados oficiais aínda do seguimento do PACI 2007pero segundo fontes oficiais a AOD dirixida a xénero está neste momento entre un 6e un 7% sobre o total da AOD española.

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)indicou en varias ocasións a dificultade de establecer datos sobre o volume total destinadoa accións en materia de xénero ao ser este un tema transversal no resto de sectoresprioritarios da cooperación (educación, loita contra a pobreza, etc.). Pero podenachegarse datos orzamentarios sobre proxectos específicos do sector xénero e saúdesexual e reprodutiva. A AECID, no sector de xénero pasou de 7.653.682 euros destinadosen 2004, aos máis de 120 millóns do 2007. En 2008, segundo o Plan Anual deCooperación Internacional (PACI), está previsto que se chegue a 229 millóns de euros enxénero e saúde sexual e reprodutiva. Dende a Axencia recálcase que estes datos nonreflicten o orzamento total que se destina a xénero, que sería moito máis amplo, poisasignacións orzamentarias do resto de sectores prioritarios da cooperación (loita contra a

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

18 http://www.maec.es/SiteCollectionDocuments/Cooperación%20española/Publicaciones/DES%20GENERO.pdf, páx. 103-10619 Informe do Consello de Cooperación ao Desenvolvemento sobre o Plan Anual de Cooperación Internacional 2007, 21.12.2006

Page 45: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

43

fame, educación, pobos indíxenas, etc.) incorporan en gran parte das súas accións aperspectiva de xénero.

Unha das problemáticas actuais para poder medir a asignación orzamentaria adicada ápromoción de xénero como eixe transversal, é que non se están elaborando orzamentossensibles ao xénero que permitan volcar e obter os datos necesarios sobre os montosasignados a accións específicas destinadas a promover a igualdade de xénero nin sobre oreparto dos ingresos e beneficios ou o impacto dos mesmos sobre homes e mulleres deforma diferenciada. Neste sentido unha norma de 2003, a Lei do Goberno, obriga a redactarun informe de impacto de xénero para todos os proxectos de lei ou regulamentos doExecutivo. Tamén incide nelo a Lei de Igualdade. É unha medida promovida polas NaciónsUnidas e foi un dos acordos da Conferencia de Beijing en 1995.

No Plan Estratéxico de Igualdade de oportunidades, o Goberno español propuxo unincremento progresivo de xénero na AOD de 2008 a 2011, co horizonte de chegar en 2011 ao15% da AOD para xénero. Isto anunciouse no Debate xeral no discurso xeral na 52 Sesión dela CSW (Comisión para o Estatus das Mulleres), na sede de Nacións Unidas en Nova York enfebreiro do presente ano. Segundo fontes oficiais consultadas, este incremento xa estáaprobado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e nos orzamentos do Plan EstratéxicoNacional de Igualdade de Oportunidades.

Un dos retos a abordar xa é como medir ese 15% de AOD destinado á igualdade de xéneroproposto dende a Secretaría de Estado de Cooperación internacional. Entendemos que esteincremento producirase sobre o sector xénero e non contabilizará o orzamento asignado atransversalización de xénero no resto dos sectores, xa que por un lado é imprescindible quehaxa financiación específica para promover medidas equitativas que permitan reequilibrar osdesequilibrios de xénero (sector xénero) e por outro garantir que os recursos que se destinanimpacten equitativamente e proporcionalmente sobre homes e mulleres (transversalización).

Só contamos con datos ata o 2006 pero existe un recoñecemento, tanto por parte dasociedade civil como das fontes oficiais, de que este aumento orzamentario nos últimosanos supón un importante avance en materia de xénero e AOD en termos xerais.

Unha das principais dificultades atopadas para a análise e seguimento orzamentario da AxudaOficial ao Desenvolvemento en materia de xénero é a falta de información accesible sobre o

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Aportacións a Organizacións e Institucións da igualdade das mulleres(código CAD:15164) en millóns de euros

AOD Multilateral% AOD MultilateralAOD Bilateral Bruta% AOD Bilateral BrutaTotal AOD Bruta% Total AOD Bruta

0'80'1

25'62'8

26'41'7

19'31'9

36'63'3

55'82'6

2005 2006

Fonte: seguimento do PACI 2006.

Page 46: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

detalle cualitativo e cuantitativo do orzamento asignado. Por tanto, respecto á análise dafinanciación destinada ao avance nos temas obxecto de análise do presente informe, nonpodemos determinar que montos están sendo asignados para promover o liderado e aparticipación política das mulleres e a valorización e corresponsabilidade na economía do coidado.

Por isto, por agora, contamos con máis preguntas que respostas:

¿En que se está investindo o orzamento?¿Con que enfoques (Mulleres en Desenvolvemento, Xénero e Desenvolvemento) e através de que accións?¿En que liñas, a través de que instrumentos?¿Cal está sendo a análise custo beneficio, e o impacto, e como se está computandoa axuda para obter as cifras globais que reportan?

En prol da transparencia e a rendición de contas, unha das reivindicacións que propuxemossería o poder ter acceso continuo a información contable referente a promoción daigualdade de xénero da cooperación española por sectores, instrumentos, e en relacióncon outros países xa que non aparece tampouco nos rexistros da OCDE-CAD. Rexistrousenas estatísticas da OCDE que a Axuda Oficial ao Desenvolvemento española aumentounun 20,7 % do 2005 ao 2006, que no 2006 representaba un 0,32% e que as metas que seestán marcando inclúen un aumento ao 0,5% en 2008 e o 0,7% en 2012, pero nonaparecen datos desglosados acerca de en que se investiu ou se investirá nin a través deque instrumentos20.

É imprescindible que todos os orzamentos se desenvolvan dende o enfoque de xénero para podercontar coa información sobre os fondos destinados a promover a igualdade de xénero e oempoderamento e dereitos das mulleres transversalmente en todos os sectores.

Bol

ivia

. Cop

yrig

ht ©

Cha

ro B

arro

so

20 http://www.oecd.org/dataoecd/7/20/39768315.pdf, Decembro 2007.

Page 47: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

6

AA nneecceessiiddaaddee ddee iinnffoorrmmaacciióónn ddeettaallllaaddaa

Uganda. Copyright © Fernando López. Ayuda en Acción.

Page 48: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 49: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

47

66.. AA nneecceessiiddaaddee ddee iinnffoorrmmaacciióónn ddeettaallllaaddaa

Unha das principais dificultades identificadas á hora de realizar a presente análise foi a faltade información detallada dispoñible para avaliar os avances da cooperación española enmateria de xénero e AOD. O motivo principal deste vacío débese ás carencias en materiade indicadores e mecanismos que permitan un seguimento e avaliación adecuados tantoen termos cuantitativos como cualitativos.

Un dos primeiros obstáculos é a falta de información desagregada por sexos naplanificación, a programación, a negociación, o seguimento e avaliación de políticas para odesenvolvemento. Ao non contar con esta información non se pode saber a quen beneficianos resultados do gasto e de que xeito afectan á igualdade de xénero e ás mulleres, nin queimpacto están tendo as políticas de acción positiva. Igualmente, a inclusión de indicadoresde xénero, resultados de impacto de xénero, custo-beneficio, custos tanxibles e intanxibles,que inclúan a valorización da economía do coidado son pasos que deberán darse parapoder mellorar cada vez máis as nosas accións nesta materia.

Outro dos factores a ter en conta para a mellora da actuación será o fomento dasavaliacións con perspectiva de xénero e avaliacións dende a perspectiva das comunidadese grupos beneficiarios.

Como xa explicamos no capítulo anterior, entre as propostas identificadas para podermellorar o sistema de volcado de información e por tanto poder obter informes estatísticosdetallados sobre a evolución das accións realizadas e o orzamento asignado para promovera igualdade de xénero a través da cooperación española, está a proposta do GENDERNETdo Comité de Axuda ao Desenvolvemento que detallamos no seguinte cadro:

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

1. En primeiro lugar os donantes reportan os montos adicados ao sector de xénero de acordoao sector especificado no CRS: organizacións de mulleres e institucións para a igualdade.Como comentamos en apartados anteriores, o incluír toda a información orzamentaria baixo unúnico código dificulta o seguimento detallado da asignación de fondos e por tanto a análise eavaliación sobre a coherencia cos compromisos subscritos e os instrumentos acordados:exemplo, as prioridades reflectidas na estratexia de xénero en desenvolvemento.

2. Para poder obter a información respecto á transversalización de xénero noutros sectores,os gobernos deben reportar de acordo ao denominado Indicador/Marcador CAD para aigualdade de xénero que describiremos a continuación:

Estableceuse un sistema de puntuación para determinar si a acción está centrada napromoción da igualdade de xénero de acordo aos seguintes criterios:

i. 2: obxectivo principal a igualdade de xéneroii. 1: entre os seus obxectivos está a igualdade de xéneroiii. 0: non aborda a igualdade de xénero

Unha acción clasifícase como orientada á igualdade de xénero si promove oempoderamento das mulleres ou a disminución da discriminación por razón de sexo.De acordo a este sistema pódense medir os cambios na orientación dos donantes aolongo do tempo, a comparativa entre países e os cambios entre sectores (medir aigualdade de xénero en educación por exemplo).Esta iniciativa en principio ten como obxectivo medir o grao de transversalización dexénero nos distintos sectores de intervención.

proposta do GENDERNET do Comité de Axuda ao Desenvolvemento

Page 50: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

Bol

ivia

. Cop

yrig

ht ©

Cha

ro B

arro

soAANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOO

Promoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

Os donantes teñen que reportar ao CAD acerca de todas as accións, independentemente dese abordan a promoción da igualdade de xénero ou non, como un dos seus obxectivos.

As estatísticas resultantes dos informes dos dezaseis membros do CAD que reportan estándispoñibles na páxina web do Comité de Axuda ao Desenvolvemento.

A introdución deste marcador pode ser un avance para que os gobernos donantes analiceno grao de incorporación do enfoque de xénero nas súas accións e se visibilicen osresultados que se obteñan. Permitirá ademais levar a cabo un monitoreo comparativo entreactores e ao longo do tempo. Actualmente, a maior dificultade para obter informaciónhomoxénea dos distintos países ten como eixe central o alto grao de subxectividadeaplicable á medición en función da visión, nalgúns casos heteroxénea, acerca dapromoción ou non da igualdade de xénero a través das accións.

Respecto aos temas obxecto de estudo no presente informe, para poder sistematizar ainformación actual e medir os avances no tempo na promoción da participación política eliderado das mulleres e a corresponsabilidade na economía do coidado, propoñemos osseguintes indicadores concretos de medición:

Accións positivas: ¿cantas, cales, que orzamento foi asignado?, ¿de que tipo?,¿que % sobre o total?

- Dirixidas a grupos de mulleres para mellorar as súas capacidades e oportunidades- Dirixidas a grupos de varóns para contribuír ao cambio de actitudes en materia dexénero. - Apoio ás políticas públicas de xénero nos países: plans e mecanismos de igualdadee procesos de integración transversal. - Apoio a organizacións sociais orientadas ao empoderamento e equidade de xénero.

Cantidade invertida /Nº proxectos liderado político das mulleres/ % sobre o totaldestinado a Xénero e % sobre o total da AOD española.Cantidade invertida/ Nº proxectos empoderamento económico das mulleres /%sobre o total destinado a Xénero e % sobre o total da AOD española.Cantidade invertida para potenciar a redistribución de tarefas e acorresponsabilidade pública/privada e de homes e mulleres na esfera reprodutiva /% sobre o total destinado a Xénero e % sobre o total da AOD española.

Page 51: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

7

NNoovvooss eessppaazzooss ddee iinncciiddeenncciiaa

Congo. Copyright © InteRed.

Page 52: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 53: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

51

77.. NNoovvooss eessppaazzooss ddee iinncciiddeenncciiaa

O Goberno español está facendo da igualdade de xénero unha das súas prioridadespolíticas e aspira a converterse nun referente nesta materia a nivel internacional. Estapretensión estalle facendo crear novos espazos de incidencia que deben ser aproveitadospara impulsar procesos de empoderamento das mulleres nos foros internacionais e nospaíses cos que España coopera.

Tradicionalmente, a política exterior é, en todos os países, un ámbito onde aínda escaseaa presenza feminina. Basta como exemplo a carreira diplomática, onde só un 18% demulleres forman parte da mesma. Por iso son interesantes apostas como as realizadaspolo Goberno que dende 2004 elevou o número de embaixadoras de catro a vinteunha, oque representa actualmente o 15% do total. Este maior peso das mulleres na políticaexterior, debe tamén ser asumido en todos os foros e organismos multilaterais dos queEspaña forma parte.

Por outra parte, a nivel xeográfico, o Goberno español está apostando por medidas quedean un apoio sectorial á igualdade de xénero, máis alá de medidas que supoñan atransversalización da mesma. Un exemplo disto é a Rede de Mulleres por un Mundo Mellore os diferentes cumios iberoamericanos dos que formou parte e que deron como resultadoimportantes acordos en materia de xénero.

RReeddee ddee MMuulllleerreess ppoorr uunn MMuunnddoo MMeelllloorr

É un espazo de interacción e hermanamento entre mulleres, organismos e organizaciónsafricanas e españolas xurdido a raíz da "Declaración de Mozambique", aprobada no IEncontro de Mulleres españolas e africanas "Mulleres por un mundo mellor", celebrado enMaputo o 7 e 8 de marzo de 2006. A rede nace cun obxectivo continuista. O próximoencontro terá lugar no 2009 en Namibia; a seguinte edición, no 2010, o congresocelebrarase en Valencia.

AA IIgguuaallddaaddee ddee XXéénneerroo nnooss CCuummiiooss IIbbeerrooaammeerriiccaannooss

Na rexión iberoamericana estase impulsando a inclusión da igualdade de xénero a travésdos Cumios Iberoamericanos. Os xefes/as de Estado e de Goberno dos países membrosda Conferencia Iberoamericana celebran anualmente unha Reunión Cumio. O país sedepropón un tema central para as deliberacións dos mandatarios. Ao termo da reunión,tradicionalmente adóptase unha Declaración Política, e declaracións sobre temas deinterese particular.

Previa á reunión dos xefes/as de estado, celébranse reunións ou conferencias sectoriaisde rango ministerial sobre os principais temas a tratar (educación, economía, industria…).No 2007 tivo lugar a primeira reunión sectorial sobre igualdade de xénero, promovida poloGoberno español e o país anfitrión do Cumio, Chile. A Conferencia de Chile, supuxo aincorporación por primeira vez, da igualdade de xénero nas reunións previas ao CumioIberoamericano de Xefes/as de Estado e de Goberno. A este respecto, a declaraciónpropón que "a Conferencia Iberoamericana de Xénero quede institucionalizada anualmentecomo reunión previa a futuros Cumios".

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 54: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

52

Esta continuidade viuse materializada coa II Conferencia Iberoamericana de Xénero,desenvolvida no Salvador baixo o lema "Xénero, Xuventude e Desenvolvemento". Nelaparticiparon as Ministras/os e Autoridades dos mecanismos da muller de Iberoamérica eos/as seus/súas representantes. A Conferencia sectorial organizada polo InstitutoSalvadoreño para o Desenvolvemento da Muller (ISDEMU), forma parte das reuniónsprevias ao XVIII Cumio Iberoamericano de Xefes e Xefas de Estado e de Goberno, que secelebrará no Salvador do 29 ao 31 de outubro próximo.

Para a Campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza foi especialmente relevante esignificativo que a I Conferencia Iberoamericana de Xénero se desenvolvera baixo atemática de cohesión social. Esta temática fixo que os temas clave para a campaña,economía do coidado e participación política, foran clave no desenvolvemento daConferencia. Nela, ademais, adoptouse o Consenso de Quito21 como base e axenda paraimpulsar a igualdade de xénero en toda a rexión. O Consenso de Quito é un bo documentode referencia cuns compromisos moi claros, e en concordancia cos acordos e leisinternacionais para a garantía dos dereitos das mulleres, que debe ser fortalecido paraevitar que se quede nunha mera declaración de intencións.

Nesta I Conferencia España participou coa delegación oficial máis numerosa e contou coapresenza da Vicepresidenta: María Teresa Fernández de la Vega e a Secretaria de Estadopara Igualdade: Soledad Murillo. Como consecuencia desta reunión sectorial, no último(XVII) Cumio Iberoamericano de Xefes/as de Estado e de Goberno celebrada en Chile enNovembro do 2007, os Xefes/as de Estado alí presentes, comprometéronse a "asumir oConsenso de Quito, adoptado no marco da X Conferencia Rexional sobre a Muller deAmérica Latina e o Caribe, como axenda Iberoamericana de Igualdade, segundo oacordado na primeira Conferencia Iberoamericana de Xénero, incorporar transversalmentea igualdade de xénero en todas as políticas de igualdade de cohesión social"22. Por tanto,esta declaración recolle compromisos asumidos ao máis alto nivel que deben de seresixidos pola sociedade civil dos gobernos firmantes..

O Consenso de Quito afirma e recoñece:

O valor social e económico do traballo doméstico non remunerado dasmulleres e do coidado como un asunto público que compete aos Estados,gobernos locais, organizacións, empresas e familias, e a necesidade de promover aresponsabilidade compartida de mulleres e homes no ámbito familiar.

A significativa contribución das mulleres na súa diversidade á economía nasdimensións produtiva e reprodutiva, ao desenvolvemento de múltiples estratexiaspara enfrontar a pobreza, e á preservación dos coñecementos e as prácticasfundamentais para o sostemento da vida, especialmente para a seguridade, asoberanía alimentaria e a saúde.

Que a división sexual do traballo mantense como factor estrutural dasdesigualdades e inxustizas económicas que afectan as mulleres nos ámbitosfamiliar, laboral, político e comunitario e propician á desvalorización e falta deretribución dos aportes económicos das mulleres.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

21 Acordo resultante da décima Conferencia Rexional da Muller de América Latina e o Caribe, organizada pola ComisiónEconómica para América Latina (CEPAL), (Quito 2007).22 Punto 6 da Declaración de Santiago.

Page 55: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

53

A contribución das mulleres ao retorno e ao fortalecemento da democracia, áigualdade de xénero, á xustiza social, ao desenvolvemento dos países da rexión e áinclusión de poboacións historicamente discriminadas.

A contribución dos movementos de mulleres e feministas, en toda a súadiversidade, ao desenvolvemento de políticas públicas con perspectiva de xénero narexión, en particular á profundización da democracia e ao desenvolvemento dainstitucionalidade pública de xénero.

E en base a elo comprométese a:

iv) Ampliar e fortalecer a democracia participativa e a inclusión igualitaria,plural e multicultural das mulleres na rexión, garantindo e estimulando a súaparticipación e valorando a súa función no ámbito social e económico e na definicióndas políticas públicas, adoptando medidas e estratexias para a súa inserción nosespazos de decisión, opinión, información e comunicación.

xiii) Adoptar medidas de corresponsabilidade para a vida familiar e laboral quese apliquen por igual ás mulleres e aos homes, tendo presente que ao compartir asresponsabilidades familiares créanse condicións propicias para a participaciónpolítica da muller.

xiv) Adoptar medidas en todas as esferas da vida democrática institucional e,en particular, nos ámbitos económico e social, incluídas as medidas lexislativas ereformas institucionais, para garantir o recoñecemento do traballo non remunerado,o seu aporte ao benestar das familias e ao desenvolvemento económico dos paísese promover a súa inclusión nas contas nacionais.

xx) Formular e aplicar políticas de Estado que favorezan a responsabilidadecompartida equitativamente entre mulleres e homes no ámbito familiar,superando os estereotipos de xénero, recoñecendo a importancia do coidado e dotraballo doméstico para a reprodución económica e o benestar da sociedade comounha das formas de superar a división sexual do traballo.

xxiii) Desenvolver instrumentos de medición periódica do traballo nonremunerado que fan as mulleres e homes, especialmente enquisas de uso dotempo para facelo visible e recoñecer o seu valor, incorporar os seus resultados aosistema de contas nacionais e deseñar políticas económicas e sociais enconsecuencia.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 56: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 57: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

8EEssttuuddoo ddee ccaassoo::

OO mmoovveemmeennttoo ddee mmuulllleerreess eenn EEccuuaaddoorr

Ecuador. Copyright © Luis Carrasco. Ayuda en Acción.

Page 58: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 59: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

57

88.. EEssttuuddoo ddee ccaassoo:: OO mmoovveemmeennttoo ddee mmuulllleerreess eenn EEccuuaaddoorr

Un bo modo de acercarnos á realidade e poder valorar a importancia do cumprimento dostratados internacionais e a transversalización da perspectiva de xénero é a análise dunestudo de caso. Nesta breve análise amósanse os avances e retrocesos nacionais etamén, cómo algunhas políticas de cooperación de diferentes donantes están ou afectarondirectamente á realidade das mulleres e á súa loita pola igualdade.

Para este informe tomamos como referencia a situación do movemento de mulleresecuatoriano e os seus avances ao longo das últimas décadas, prestando especial atención aosdous temas da campaña: a economía do coidado e a participación política das mulleres.

AAvvaanncceess ddaa iigguuaallddaaddee ddee xxéénneerroo

A igualdade de xénero en Ecuador foi experimentando un avance cualitativo ao longo dasúltimas décadas, transversalizándose en todas as instancias, grazas á un movemento demulleres sólido e ben organizado que nos últimos anos está sufrindo unha importante revisión.

A Constitución Política do Estado en 1998 foi un gran logro para o movemento de mulleres xa queintegrou parte das súas reivindicacións. Dende marzo de 2006, a equidade de xénero estárecoñecida como unha política pública, na que se declara ao Plan de Igualdade de Oportunidades(PIO), como política de Estado e disponse que sexa adoptado por todas as entidades daadministración pública central e institucional nos seus plans operativos institucionais.23

Os principais logros na loita pola equidade de xénero dos últimos dez anos en Ecuador,están estreitamente relacionados cos tratados e acordos internacionais que dotaron aomovemento de mulleres ecuatoriano dun marco legal e xurídico sobre o que sustentar assúas reivindicacións, esixindo aos seus sucesivos gobernos o cumprimento de aquelescompromisos que ratificaron.

Estes logros maniféstanse na elaboración de leis, políticas e ferramentas que desenvolvendereitos xa recoñecidos.

AA.. DDeerreeiittooss eeccoonnóómmiiccooss::

Transversalizouse o enfoque de xénero no presuposto xeral do Estado, incluíndocriterios de equidade de xénero nas súas directrices.Introducíronse indicadores de xénero na metodoloxía de clasificación e priorizaciónde proxectos de inversión pública, que se manifesta en cambios nos catálogosorzamentarios.Púxose en funcionamento o Fondo PROMUJERES, para ofrecer crédito ás mulleresmáis pobres en cinco cantóns do país, como base para a creación do Banco da Muller.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

23 O Plan de Igualdade de Oportunidades 2005-2009 é un marco de referencia para as políticas públicas e un instrumento queguía as accións nos diversos ámbitos de interese e prioridade para as mulleres ecuatorianas. A súa implementación está a cargodo Consello Nacional das Mulleres, CONAMU.

Page 60: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

58

BB.. DDeerreeiittoo aa uunnhhaa vviiddaa lliibbrree ddee vviioolleenncciiaa

Elaboración da Lei contra a Violencia a Muller e a Familia, co seu regulamento emanual de procedementos.Creación da Dirección Nacional de Xénero, DINAGE, no Ministerio do Goberno. ADINAGE dita as políticas para a operación das Comisarías da Muller. Creáronsetrinta e unha Comisarías da Muller e a Familia. Disponse de varios plans nacionais para protexer os dereitos das mulleres.Creáronse e fortalecéronse redes e servizos para a atención de delitos sexuais, ecapacitouse ao funcionariado dos gobernos locais.Ampliouse a tipificación de delitos sexuais, de trata, tráfico e explotación sexual noCódigo Penal.

CC.. DDeerreeiittooss ccuullttuurraaiiss

Aplicáronse ferramentas de xénero a programas de alfabetización e post-alfabetización implementados dende os gobernos locais. Disponse dun fondodocumental de xénero. Cóntase con liñas editoriais para o rescate da memoriahistórica das mulleres, publicacións anuais, revistas periódicas, caravanas culturaise unha campaña anual de promoción e difusión masiva dos dereitos humanos dasmulleres.

DD.. DDeerreeiittoo aa SSaaúúddee ee aa SSaaúúddee SSeexxuuaall ee RReepprroodduuttiivvaa

Redacción e aprobación da Lei de Maternidade Gratuíta e Atención á Infancia, quepermitiu reducir o número de mortes maternoinfantís, acceder de balde aos servizosde saúde, embarazo, parto e postparto e a métodos anticonceptivos.Formáronse Comités de usuarias/os desta Lei para vixiar a gratuidade, calidade ecalidez dos servizos.Visibilizáronse as necesidades específicas de mulleres, nenas e adolescentes enleis, plans e programas de saúde.

EE.. DDeerreeiittoo aa iinnffoorrmmaacciióónn eessttrraattééxxiiccaa

Construción do sistema de indicadores SIMUJERES, que dá conta da situación dasmulleres e as desigualdades de xénero.Cóntase coa información desagregada por sexo nas estatísticas oficiais(manufactura, minería, servizos, emprego e remuneracións, produción e superficieagropecuaria).Disponse do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Estatístico con enfoque dexénero.Levouse a cabo a Enquisa Nacional do Uso do Tempo con enfoque étnico eintercultural, que se realizará cada catro anos, onde se evidenciou que os homesadican máis tempo ao traballo extradoméstico e as mulleres ao doméstico, pero otraballo total das mulleres é 18 horas/semana máis que os homes. 24

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

24 Consello Nacional das Mulleres, CONAMU. 2006. Enquisa do Uso do Tempo en Ecuador 2005. Serie InformaciónEstratéxica II. Quito.

Page 61: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

59

AAvvaanncceess ccoonnccrreettooss nnaa ppaarrttiicciippaacciióónn ppoollííttiiccaa ddaass mmuulllleerreess ee aa rreevvaalloorriizzaacciióónn eeccoorrrreessppoonnssaabbiilliiddaaddee ddooss ccooiiddaaddooss

Nestas temáticas os avances foron dispares, sendo bastante importantes no primeiro casoe case insignificantes no segundo.

PPaarrttiicciippaacciióónn ee LLiiddeerraaddoo ddaass MMuulllleerreess

A participación e liderado das mulleres en Ecuador comezou de modo máis organizado através da consolidación dun movemento de mulleres que parte de 1975, como reflexo dascríticas e expresión de intereses propios, fronte ao Ano Internacional da Muller de NaciónsUnidas realizado en México.

Pero non é ata os anos oitenta e noventa nos que ten lugar unha gran mobilización, quecomeza a expresarse de modo cohesionado e a definir unha axenda de propostas conxunta,na que prevalecen as reivindicacións sobre a igualdade de oportunidades laborais e aesixencia da participación política das mulleres nos espazos de representación.

Este último punto foi reforzado nos últimos anos a través da Constitución política vixente(1998) e a expedición da Lei de Cotas (2001), que permitiu a incorporación de máismulleres ás eleccións pluripersoais.

As "cotas" foron consideradas polo movemento de mulleres ecuatoriano como unha dasaccións afirmativas máis eficaces para aumentar a participación política das mulleres, aoposibilitar a visibilización das lideresas, permitindo así elevar os dereitos das mulleres enxeral e favorecer os cambios de actitudes acerca dos roles e capacidades das mulleres,abrindo posibilidades de educación e traballo.

A Lei de Cotas en Ecuador inclúe os principios de 'alternancia e secuencialidade' parasuperar as arbitrariedades dos partidos políticos, remisos a aceptar a paridade dasmulleres nas eleccións. A pesar disto, a súa aplicación tivo problemas pola reticencia dospartidos políticos tradicionais a permitir a paridade das mulleres e homes nas eleccións,con interpretacións arbitrarias e inconstitucionais.

Outra estratexia posta en marcha é a de incorporación da perspectiva de xénero nos procesosde toma de decisións, planificación, implementación e estratexias gobernamentais e nongobernamentais. Neste senso, tamén xogou un papel importante o movemento de mulleres,que presionou para a institucionalización do enfoque de xénero nas políticas nacionaismediante a creación do consello Nacional das Mulleres, CONAMU e a formulación eaprobación do Plan Nacional de Igualdade de Oportunidades para a Muller do 2005.

Realizáronse tamén iniciativas lexislativas e a reformulación do Orzamento con perspectivade xénero como unha ferramenta que pretende analizar as asignacións orzamentarias, ogasto público e os impostos con óptica de xénero, polo tanto pode ser utilizada para avogarpola reasignación de recursos e dar unha mellor resposta ás necesidades das mulleres eas nenas.

Aínda quedan moitos logros por acadar e os principais problemas que resaltan asmulleres ecuatorianas para exercer e fortalecer a súa capacidade de liderado e

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 62: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

60

empoderamento son: o androcentrismo, o sexismo presente na política ecuatoriana e adivisión sexual do traballo.

Ademais das dificultades para xerar novos liderados, tamén resaltan tres causas para odebilitamento do Movemento de Mulleres Ecuatoriano que, en parte, se explican pordiferentes políticas de cooperación de distintos donantes que priorizaron as súas propiasaxendas en vez das nacionais:

A. O efecto do axuste estrutural. Os organismos financeiros internacionaisimpoñen para a concesión da súa axuda ou dos seus préstamos unha serie decondicións que fundamentalmente teñen que ver coa redución do déficit públicoque conlevan a redución do gasto público en partidas tan fundamentais como aeducación ou a saúde. Neste contexto, as mulleres asumiron gran parte dosservizos e apoios que foron suprimidos polo Estado, como efecto da aplicacióndas políticas de axuste estrutural, incrementado as xa longas e pesadas cargas detraballo baixo a súa responsabilidade. Así, a diminución dos orzamentos de saúde,imposibilitou a provisión de medicamentos nos Centros de Saúde do Estado coque as mulleres tiveron que asumir a curación dos fillos/as con medicinatradicional. No ámbito da educación, a redución dos orzamentos eliminounumerosas prazas de mestres/as na área rural, polo que as familias eespecialmente as mulleres, tiveron que traballar máis e achegar os seus escasosrecursos para contratar a profesores/as particulares para as súas escolas. Conelo, fíxoselle un gran favor ao Estado, ao encher os ocos que lle correspondíasolucionar, incidindo negativamente no fortalecemento dos liderados femininos.Neste senso, as políticas públicas de xénero esixen restituír as responsabilidadesque foron abandonadas polo Estado.

B. A cooptación dos recursos humanos pola cooperación internacional. A'oenegización' ou burocratización das lideresas históricas do movemento queentraron a formar parte de organismos internacionais de cooperación ou de dereitoshumanos, fixo que paulatinamente deixasen de lado as súas propias axendas parapasar a traballar en axendas que manteñen o status quo das estruturas e os modelosde poder. Este feito tivo graves consecuencias para o movemento feministaecuatoriano, xa que non apareceron novas referentes con capacidade de aglutinar edefender os seus intereses. Neste proceso de cooptación as instituciónsgobernamentais tamén participaron.

C. A pobreza das mulleres. A pobreza na que viven moitas mulleres ecuatorianas fanque a participación política e a militancia pasen a un segundo plano nas prioridadesde moitas mulleres, que teñen que loitar pola súa supervivencia e a das súasfamilias.

A Cooperación internacional pode ter un papel moi relevante neste contexto se se adecúa áaxenda nacional das organizacións de mulleres e contribúe á xeración de novos lideradoscapaces de aglutinar e superar as dificultades que apareceron. É necesario un proceso deformación e capacitación en liderados non patriarcais e en incidencia política. Débesefavorecer o empoderamento, traballando a autoestima e o fortalecemento das redes deorganizacións e asociacións que traballan polos dereitos das mulleres, xerando propostasclaras e consensuadas, así como mellorar a educación das mulleres, o fortalecemento dassúas organizacións e a ampliación da súa autonomía económica e persoal.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 63: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

61

EEccoonnoommííaa ddoo ccooiiddaaddoo

No tema da Economía do Coidado non hai avances significativos no país, posto que tantoo Estado como o movemento de mulleres priorizaron no pasado as conquistasrelacionadas coa igualdade de oportunidades na esfera pública e a participación políticadas mulleres en diferentes instancias de goberno.

Fronte á incorporación crecente das mulleres ao mercado de traballo formal, asumirontamén a carga de traballo doméstico, sen apoio do Estado e sen un cambio nos patrónsculturais que impliquen unha maior participación dos homes nestas tarefas.

Recentemente este tema estase introducindo nas discusións dos distintos grupos demulleres, polo que as súas propostas son aínda incipientes. Neste sentido cabedestacar como o escenario internacional que supuxo a X Conferencia da ComisiónEconómica para América Latina (CEPAL) para a Muller (2007), celebrado en Quito, queimpulsou e motivou á CONAMU e ao propio Ministerio de Inclusión Económica e Social(MIES) a levantar propostas e pór na escena esta asinatura pendente para o Estadoecuatoriano.

Deste modo, o movemento de mulleres presentou na Asemblea Nacional propostas aincorporar na nova Constitución en relación coa economía dos coidados.

En cumprimento das recomendacións do Comité para a eliminación da discriminacióncontra a muller (CEDAW) do 2002, por primeira vez implementouse a 'Enquisa do Uso doTempo', realizada en forma piloto en tres provincias en 2005, co obxectivo de visibilizar oaporte das mulleres á economía ecuatoriana.

Os seus resultados amosan que a reprodución familiar ocupa a maior parte do tempo dotraballo das mulleres e en menor medida dos homes, pero ao falar do traballo total asmulleres en promedio traballan 18 horas máis cos homes. (CONAMU, 2007: 8).

As mulleres casadas ou unidas teñen unha maior carga de traballo doméstico. As fillasadican máis do dobre do tempo ao traballo doméstico cos seus irmáns. Segundo EMNDUR2004, o 77% de nenas realizan actividades domésticas coas súas nais no tempo libre. Sóo 7% dos pais realizan estas actividades coas súas fillas..

Ao analizar o nivel de escolaridade con relación ás taxas de participación no traballo,obsérvase que a maior escolaridade das mulleres, maior é o seu nivel de participación notraballo extradoméstico, particularmente nos niveis superiores. Polo contrario, o nivel deescolaridade non diminúe a participación das mulleres no traballo doméstico; as mulleres,independentemente do seu nivel de instrución, asumen a case totalidade do traballodoméstico. (CONAMU, 2006: 55-56).

Obsérvanse diferenzas en canto ao uso do tempo libre entre distintos grupos sociais eentre homes e mulleres ao interior do fogar. En xeral, as mulleres adícanse menostempo cos homes: dormen menos e teñen menos tempo para si mesmas. (CONAMU,2006: 57-60).

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 64: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

62

En canto aos avances acadados para abordar o tema da economía do coidado,destacar como a actual Ministra de Inclusión Económica e Social, que presidiu aconferencia da CEPAL, propón por primeira vez unha serie de acciónsinterinstitucionais. Partindo do recoñecemento do traballo produtivo e reprodutivo,como base da economía e benestar da poboación, propón deseñar e executar asseguintes políticas, encamiñadas á aplicación plena dos dereitos económicos dasmulleres e á igualdade económica de xénero recoñecendo o aporte dos fogares comounidades domésticas25:

Reforma do Bono de Desenvolvemento Humano, que en base a unha transferenciamonetaria mensual entregada aos fogares en situación de pobreza e indixencia,cambia a un enfoque de cidadanía, que recoñece "un pago parcial do traballo nonremunerado das mulleres", como suxeitos de dereito, que pode crecer, emprender edesenvolverse de xeito autónomo.Capacitación en Dereitos e Cidadanía dirixida á poboación usuaria do BDH, na que máisdo 80% son mulleres, o 12% son adultos maiores e o 6% son discapacitados.Crédito para a inclusión produtiva en dinámicas locais, para que as usuarias do BDH,principalmente as mulleres, ademais de acceder á compensación económica,emprendan iniciativas produtivas e logren o fortalecemento dos seus emprendementosprodutivos, que lles convertan en cidadáns e cidadás, que exercen os seus dereitos eresponsabilidades e, á vez, se incorporen ao mundo produtivo do país.Promoción das organizacións das mulleres.Sistema integrado de Desenvolvemento Infantil, que inclúe a cobertura total (100%)de atención da poboación infantil (de 0 a 4 años) ubicada no 40% máis pobre.

SSiittuuaacciióónn aaccttuuaall ddoo mmoovveemmeennttoo ddee mmuulllleerreess

O movemento de mulleres de Ecuador, moi activo ata os anos noventa, experimentaactualmente un proceso de desarticulación e desmobilización das organizaciónstradicionais. As súas expresións de representación máis importantes enfrontan un procesode refluxo, derivado da falta de liderado e a ausencia de propostas innovadoras.

Xunto á reivindicación da non homoxeneización das mulleres, xurdiron novas expresiónsorganizativas de xoves, indíxenas, afro descendentes, profesionais, que teñen novaspropostas e demandan maiores espazos de visibilización, pero que non teñen unharepresentación nacional; feito que resta forza a un movemento fragmentado, que ten queatopar puntos comúns de loita entre as diferenzas propostas para poder seguiravanzando.

Por outra parte, a participación das mulleres nas súas propias organizacións viuse limitadapola falta de tempo debido ao incremento da súa xornada de traballo, xa que ademais dotraballo doméstico, asumiuse masivamente actividades extradomésticas como o traballoasalariado, a xestión barrial e/ou comunal e os servizos de coidado fora da familia,substituíndo o rol do Estado. Ademais, o incremento da pobreza das mulleres desmotiva asúa participación nos movementos pois deben adicar maior tempo a buscar alternativas desupervivencia.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

25 Entrevista a la Eco. Jeanette Sánchez, Ph. D., Ministra de Inclusión Económica y Social de Ecuador. Quito 20 de febreirodel 2008.

Page 65: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

63

A institucionalización dos movementos en estruturas do estado, (principalmente polainclusión das dirixentes históricas no directorio do CONAMU, que asumiu o liderado dasdemandas das mulleres) e a incorporación das principais mulleres líderes dos movementosde base en axencias externas e organizacións non gobernamentais, deixou debilitado a unmovemento que non contaba cos relevos xeneracionais necesarios e ao que lle estácustando dar resposta ás novas necesidades das mulleres que conforman a realidadeecuatoriana.

Hoxe as mulleres organizadas atópanse ante a oportunidade de defender as súas conquistas encanto ás políticas públicas de xénero e presentar as súas propostas de institucionalidadeadecuadas á actual conxuntura, en medio dun diálogo coas autoridades da AsembleaConstituinte e do propio goberno, o que xerou unha nova dinámica ao movemento.

OO ppaappeell ddoo mmaarrccoo iinntteerrnnaacciioonnaall ee aa ccooooppeerraacciióónn iinntteerrnnaacciioonnaall

Acadáronse pasos importantes na loita pola equidade de xénero en Ecuador. Os marcos legaisforon modificados pola introdución de cambios dirixidos á consagración da igualdade no ámbitoconstitucional, a eliminación de formas directas de discriminación, a adecuación dos marcosxurídicos, como a subscrición e ratificación da CEDAW e do seu protocolo facultativo e oxurdimento de leis innovadoras como a Lei de Cotas.

As políticas Internacionais impulsadas tanto a nivel internacional como rexional, abren e favorecennovas oportunidades para que o movemento de mulleres conte cun marco xurídico econstitucional adecuado no que se definan os dereitos humanos e, especificamente, aqueles queregulan dereitos humanos das mulleres, e se creen os mecanismos para garantir a súa protección.

En moitos casos, os contidos dos acordos establecidos nos tratados e cumiosinternacionais non plasman todas as propostas dos movementos de mulleres, sendo opapel da sociedade civil na redacción e consenso dos mesmos moi limitada; perorecoñécese que son un primeiro paso para esixir aos gobernos que cumpran cos seuscompromisos e dende aí, seguir traballando para ampliar os espazos de igualdade.

Por outro lado, os cumios e encontros internacionais onde se produciron Declaracións,Plataformas e Plans de Acción cun claro diagnóstico sobre a situación das mulleres a nivelmundial, produciron coñecemento. As mulleres constituíronse como actoras protagonistasnegociando e penetrando nas axendas das Conferencias Mundiais e serviron aos diferentespaíses para participar en redes, compartir boas prácticas e logros acadados. Todo istopermitiu conformar un marco xurídico que sirva de fonte para a interpretación e aplicacióndas Convencións e Tratados.

Un bo exemplo disto foi a Conferencia de Beijing onde se creou a Plataforma de Beijing,encargada de apoiar o cumprimento das 12 esferas tratadas en dita conferencia. Por outraparte, a plataforma de acción de Beijing só será efectiva se existe vontade política por partedos gobernos, sendo a participación dos movementos de mulleres e feministasfundamental para presionar ás súas representantes gobernamentais.

A práctica política a través da cooperación ao desenvolvemento, foros internacionais, e asConferencias Mundiais da Muller, impulsaron á administración de Ecuador a abordar temasfundamentais para a igualdade de xénero como son a participación política e a contribución das

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 66: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

64

mulleres na economía e a protección social, especialmente en relación co traballo nonremunerado, sendo este último, un tema que apenas comezou a ser tratado polo CONAMU epolo movemento de mulleres. Deste modo, espazos internacionais como a recente XConferencia da CEPAL para a Muller (2007), celebrado en Quito, favoreceron que a CONAMU eo propio Ministerio de Inclusión Económica e Social, MIES, fixeran unha proposta de políticaintegral e interinstitucional para a economía do coidado.

É importante resaltar o avance diferenciado entre a participación política das mulleres e a economíado coidado en Ecuador, en relación á priorización destes dous temas nas axendas internacionais.

A comunidade Internacional en relación á participación política ten entre as súas prioridadeso fomento da presenza das mulleres nos espazos de toma de decisións. O traballo nesteámbito foi moito maior e a presión internacional deixouse sentir tamén moito máis nestaárea. Pero a economía do coidado é un tema que está comezando a abordarse e polo tantoos logros acadados son moito menores. De aquí extráese a importancia de introducir nasaxendas internacionais aqueles temas que dende os movementos de mulleresconsideráronse prioritarios.

Por outro lado, é urxente continuar con un proceso de reflexión sobre o papel que cumpre acooperación en xeral e a española en particular naqueles países nos que está presente.

Por un lado a Cooperación internacional fortaleceu ás organizacións de mulleres a travésda financiación de proxectos e intercambio de experiencias por parte de expertas enxénero. Igualmente, fomentou a inclusión das mulleres nos espazos de toma de decisións,pero por outro lado non todas as influencias internacionais teñen efectos positivos sobre aloita das mulleres ecuatorianas.

Nalgúns casos, son os organismos internacionais os que fan as axendas e os proxectos que vana financiar, provocando que os movementos feministas queden a expensas de quedarse senfinanciación ou adaptarse aos obxectivos marcados dende os donantes do Norte. Tamén podendefinir os tipos de liderados e captar ás mulleres máis influíntes para os seus propios obxectivos,deixando aos movementos locais desarticulados e sen referentes claros, o que orixinou unhaetapa de revisión e redefinición da loita feminista ecuatoriana.

Por outro lado, a inxección económica que supuxo a cooperación en Ecuador significou adeixadez de responsabilidades do goberno nas ONG e organismos internacionais,dificultando o obxectivo final destes organismos que é desaparecer para dar paso aestruturas nacionais e locais capaces de dar resposta ás necesidades das mulleres ehomes das súas comunidades. Isto supuxo un grave revés para as organizacións demulleres que, por un lado, ven incrementados os seus orzamentos e capacidades dereacción pero por outro quedan en mans dos donantes internacionais e dun estado cadavez máis débil e despreocupado no desenvolvemento do seu pobo, que recorta orzamentoe deixa en mans das mulleres o coidado das persoas.

Polo tanto, e resaltando a importancia do papel xogado polos instrumentos internacionaisna loita pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes, é necesario traballar por unequilibrio entre os custos e beneficios para poder acadar os resultados esperados dentroda cooperación e os organismos internacionais e pasar por un diálogo equilibrado entreorganizacións internacionais e locais, unha análise de necesidades e un gran esforzo enformación e empoderamento.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 67: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

9CCaarraa aa ccoonnssttrruucciióónn dduunnhhaa aaxxeennddaa ppoollííttiiccaa ddeennddee aa

ssoocciieeddaaddee cciivviill.. PPrreeooccuuppaacciióónnss ee pprrooppoossttaass

República Dominicana. Copyright © InteRed.

Page 68: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 69: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

67

99.. CCaarraa aa ccoonnssttrruucciióónn dduunnhhaa aaxxeennddaa ppoollííttiiccaa ddeennddee aa ssoocciieeddaaddee cciivviill..PPrreeooccuuppaacciióónnss ee pprrooppoossttaass

Neste último lustro estase producindo unha aposta por mellorar a calidade da cooperacióninternacional para o desenvolvemento. Neste novo impulso a promoción da igualdade dexénero está considerada unha prioridade tanto sectorial como transversal, e comoresultado houbo un aumento dos recursos asignados á promoción da igualdade como oamosan a elaboración dunha estratexia sectorial de xénero ou o aumento da provisión defondos asignados a esta prioridade.

En definitiva, estanse producindo importantes avances. Aínda así, identificamos algúnsobstáculos que nos impiden acadar unha promoción efectiva e real da igualdade..

Na promoción da igualdade de xénero na cooperación encontrámonos cun acusadodesnivel entre a gran vontade política que existe dende as máis altas instancias e o niveltécnico no que se teñen que materializar estas intencións. Quizais a proba máis evidentedisto reflíctese no lugar que estivo ocupando o xénero no organigrama da AECI e no que vaiocupar tras a reforma da Axencia Española de Cooperación Internacional para oDesenvolvemento (AECID) onde a área responsable de xénero é o Departamento deCooperación sectorial e de Xénero situado baixo a Dirección de Cooperación Sectorial eMultilateral fronte a, por exemplo, contar cunha Dirección propia ao máis alto nivel.

Resolver isto pasa de xeito necesario por un cambio na cultura organizacional dasinstancias públicas e políticas (AECID, DGPOLDE, OTC, ONGD) que as faga máissensibles á perspectiva de xénero, e na mentalidade: facer unha cooperación de calidadeimplica comprender que sen a perspectiva de xénero as nosas intervencións non son ninpertinentes, nin efectivas, nin eficientes, nin sostibles.

É tamén necesario mellorar a coordinación e a coherencia de actuación entre todos osactores involucrados na cooperación internacional, fortalecendo de xeito prioritario ovínculo entre as instancias públicas e os movementos de mulleres e as organizacións quetraballan pola promoción da igualdade.

E mellorar o sistema de rendición de contas, tanto entre as institucións públicasresponsables da cooperación internacional para o desenvolvemento que garanta e permitafacer o seguimento da incorporación efectiva da perspectiva de xénero en todos os seusniveis de actuación, como nun sistema de orzamentos participativos con enfoque de xéneroque permita un maior acceso e control a xeito de asignar os recursos destinados ápromoción da igualdade.

Son numerosas as preocupacións en torno á área orzamentaria, como por exemplo, que apartida orzamentaria asignada á promoción do xénero estea baixo a rúbrica de gobernabilidadesen separación por liñas estratéxicas ou de intervención, e se propoñan melloras necesariascomo por exemplo, a creación dun díxito de control específico, que nos permita avaliar osavances no aumento e distribución orzamentaria asignada a promover a igualdade de xénerotanto sectorial como transversalmente separado por liñas de actuación.

En definitiva, necesitamos un sistema orzamentario máis transparente e operativo, comoun sistema de orzamentos dialogados, concertados e negociados sensibles ao xénero, que

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 70: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

68

fomente a apropiación por parte de todos os actores así como a sostenibilidade dapromoción da igualdade dende a cooperación internacional.

Na promoción da igualdade en torno aos temas específicos desta investigación, encontrámonoscon que se ben os dous temas suscitan interese, hai un claro desnivel aínda entre a maioratención prestada á participación política fronte á corresponsabilidade na economía do coidado.

Este trato diferenciado non é máis que o reflexo da traxectoria da loita pola igualdade dexénero e as dificultades atopadas polo camiño. Así, o acceso das mulleres aos espazospúblicos foi unha das primeiras reivindicacións da loita feminista. Nos espazos públicos, osque se ven, a discriminación faise máis evidente e presenta menos dificultades a mobilizaciónpública. O número de mulleres presentes nos espazos de incidencia política foi en aumento.Precisamos de máis. Aínda hai quen cuestiona a necesidade de promover accións positivastemporais para garantir o pleno desfrute do dereito a representar e ser representadas dasmulleres. Temos que seguir avanzando ata acadar democracias paritarias.

O espazo do privado, o invisible, no que as mulleres realizan a maior parte do traballode sostemento da vida humana, segue resistíndose a deixarse permear pola culturados dereitos humanos. O que nos parece inadmisible no espazo público somoscapaces de consentilo no privado escudándonos en que iso son: asuntos privados quenon son da nosa incumbencia. Pero a maior parte das actividades desempeñadaspolas mulleres ocorren nesta terra de naide. Afortunadamente, o feminismo, no seuafán incansable de visibilizar realidades inxustas para transformalas, está axudando acomprender que os espazos privados e públicos están intima e necesariamente ligadose que non podemos incidir sobre un desconsiderando ao outro. O persoal é político eo político é persoal.

A cooperación internacional para o desenvolvemento está facendo importantes pero aíndatímidos avances nesta dirección, argumentado que é unha área sobre a que é moi difícil interviro que son uns temas moi complexos. É o noso traballo facerlles comprender que esta é unhaárea de acción necesaria e urxente. Afortunadamente contamos para elo co traballo de moitasfeministas que xeraron coñecemento ao respecto, e crearon ferramentas para a reorganizaciónsocial dos coidados. Dende a cooperación internacional vense potenciando a incorporación dasmulleres ao ámbito público o cal produciu un desequilibrio nalgúns casos aínda maior nadivisión sexual do traballo ao asumir as mulleres un triplo rol no ámbito económico e social:traballo remunerado na esfera pública formal e informal, traballo na esfera de coidados e traballocomunitario. Un dos grandes retos neste momento é o fomento dunha maior equidade social: acorresponsabilidade de homes e mulleres, estatal e privada, no reparto de tarefas eresponsabilidades en todas as esferas incluíndo a esfera de coidados. Esta sobrecarga detraballo das mulleres ten un vínculo moi estreito coas oportunidades e recursos para accederaos espazos de participación, liderado e toma de decisións.

En definitiva, só é posible aumentar a eficacia da axuda ao desenvolvemento se:

Fomentamos a participación e o liderado das mulleres en todos os procesos.Facemos visible a importancia e impacto económico da economía do coidado e danecesidade de facer unha reasignación das labores de coidado dende a corresponsabilidade.Asumimos a redistribución de tarefas e funcións de homes, mulleres, como unharesponsabilidade social e estatal.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 71: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

69

Nesta liña suxerimos que, unha vez desenvolto o traballo de difusión informativa da novaestratexia de xénero no desenvolvemento (a realizarse no 2008 segundo o Plan de AcciónAnual da Cooperación Española 2008), a súa posta en práctica se centre en torno a eixestemáticos, que a través de accións concretas, como por exemplo experiencias piloto, nosvaian aportando leccións que axuden a estratexia no seu tránsito dende o teórico aopráctico. A participación política das mulleres e a economía do coidado, polo seu grandepotencial de xerar sinerxias traballados de xeito articulado, poderían ser os eixes elixidospara iniciar esta nova etapa.

PPrrooppoossttaass ppaarraa uunnaa aaxxeennddaa ddee iinncciiddeenncciiaa eenn xxéénneerroo

Coa intención de achegar á construción dunha axenda de incidencia común entre osactores da cooperación interesados na promoción da igualdade das mulleres a través dasaccións da Cooperación española, propomos dende a campaña Móvete pola Igualdade. Éde xustiza as seguintes propostas:

1. Impulso da Estratexia de Igualdade de Xénero, coa elaboración de guías accesibles,dotándoa de recursos económicos e fortalecendo ás persoas que deben implantala.

2. Creación do Consello de Participación da Muller.

3. Elaboración e/ou difusión dunha guía para a aplicación da Lei de Igualdade efectivaentre mulleres e homes no ámbito do Ministerio de Asuntos Exteriores eCooperación, que inclúa a elaboración de informes de impacto, accións concretas eindicadores de seguimento nos ámbitos da súa competencia.

4. Creación e impulso da rede GEDEA.

5. Incorporar a igualdade de xénero na estrutura organizativa da cooperación aodesenvolvemento, coa asignación de responsables de igualdade de xénero en todasas OTC.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Mali. Copyright © InteRed.

Page 72: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

70

En relación aos temas específicos da Campaña, participación política e economía docoidado:

6. Analizar os obstáculos que deben afrontar as mulleres para acceder ao aporte ebeneficios do desenvolvemento. Achegar un mellor coñecemento e visibilización datemática, non só mediante o uso de indicadores desagregados por sexo, senónintroducindo novos indicadores que visibilicen a problemática do triplo rol dasmulleres, con indicadores sobre uso do tempo, por exemplo.

7. Facer visibles e potenciar proxectos concretos sobre políticas públicas que aumenteno empoderamento e autonomía das mulleres, así como a valorización da súaaportación ao desenvolvemento, animando á contabilización por parte dos gobernosda economía do coidado e fomentando que estes aspectos sexan tidos en conta naelaboración de políticas nos países en desenvolvemento.

8. Incluír dentro da cooperación ferramentas concretas para potenciar a igualdade dexénero como os trocos de débeda por proxectos de igualdade de xénero ou acondicionalidade positiva no apoio orzamentario ou donacións a ONG.

9. Apoiarse nos novos espazos de incidencia para, por unha parte, propiciar programasespecíficos de igualdade de xénero e, por outra, transversalizar esta prioridade encumios e organismos internacionais, en especial nos Cumios Iberoamericanos.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 73: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AnexosFFoonntteess..

GGlloossaarriioo ddee tteerrmmooss ee ssiiggllaass..

Page 74: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal
Page 75: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

73

FFOONNTTEESS

Plataforma de Beijing para a Acción.

Informe Beijing + 5.

Informe Beijing + 10.

Plan Director 2005 - 2008 da Cooperación Española.

PACIs 2005, 2006, 2007 e seguimentos.

PACI 2008.

Estratexia de Xénero no Desenvolvemento da Cooperación Española.

Valoracións da Estratexia de Xénero en Desenvolvemento da Cooperación españolados grupos de xénero das coordinadoras de ONGD estatal e autonómicas.

Plan de Igualdade de Oportunidades 2008-2011.

Informe CELEM: Beijing + 10.

Lei de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

Consenso de Quito (2007): Décima Conferencia Rexional sobre a Muller de AméricaLatina e o Caribe.

Informe Estatístico da OCDE sobre a Axuda Oficial ao Desenvolvemento en 2006,elaborado en decembro 2007.

Acordo Chile- Compromiso resultado do XVII Cumio Iberoamericano de Xefes deEstado.

Recomendacións da Consulta Internacional de Organizacións e Redes de Mulleressobre a Efectividade da Axuda, WIDE e AWID, Febreiro 2008.

Informe goberno español en Cumio Quito, Agosto 2007.

Informe goberno español na 52 Sesión da Comisión para o Estatus das mulleres,Febreiro 2008.

Documentos Internos::

Plan de Campaña Móvete pola Igualdade.

Política de Xénero de Axuda en Acción.

Documento de información sobre Participación e Economía do Coidado.

Análise de Contexto elaborado por Luisa Antolín.

Memoria Taller con Redes Latinoamericanas, Bolivia.

Análise de Contexto elaborado por Mar Correa e Natalia Mendicuti.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 76: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

74

GGLLOOSSAARRIIOO DDEE TTEERRMMOOSS EE SSIIGGLLAASS

AA.. GGlloossaarriioo ddee tteerrmmooss2266

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

26 Neste apartado amosamos algúns dos conceptos que definen a construción teórica de xénero, recollidos do feminismocomo movemento e como teoría; os principais enfoques de xénero nas políticas de desenvolvemento e algunha ferramentapara a aplicación do enfoque XED. Parte da información que se presenta foi obtida do documento de Estratexia de "Xéneroen Desenvolvemento" da Cooperación Española, o cal recomendamos por recoller as categorías fundamentais para aconstrución das bases teóricas da Estratexia de Xénero, extraídas de acordos internacionais e da literatura feminista e deXénero e Desenvolvemento. Para maior información consultar en: Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación: (2007)Estratexia de "Xénero en Desenvolvemento" da Cooperación Española. capítulo 2, Marco de referencia.

FEMINISMO

TEORÍA DEXÉNERO

Xurde como movemento social en defensa da igualdade de dereitos eoportunidades entre mulleres e homes no mundo. A súa propia evoluciónampliou o horizonte de reivindicacións de acordo aos cambios históricos que seviñeron dando en diferentes momentos e partes do mundo (dende o sufraxismoás reivindicacións pola liberdade sexual ou o espazo privado como espazopolítico). O movemento feminista está integrado por mulleres organizadas entorno a diversos colectivos, plataformas, redes, asembleas e asociacións demulleres que teñen en común a conciencia de grupo oprimido pola ideoloxíapatriarcal e machista. Ten un carácter social, político, filosófico e reivindicativoque preconiza a igualdade de dereitos para todas as persoas, e a liberade deescoller o modelo de vida que desexan seguir, máis alá de estereotipos e rolessexistas que se asignen a mulleres e homes. Entre os aspectos máissignificativos das reivindicacións feministas nos últimos séculos pódesemencionar: que os principios ilustrados (igualdade, liberdade e fraternidade)tamén o son para as mulleres, posteriormente cos Dereitos Humanos taménson dereitos para as mulleres; conseguir o voto feminino en todo o mundo epropor nos anos setenta que o ámbito privado, concretamente o dasexualidade, tamén é un espazo político. Unha das reivindicacións máissignificativas foi a de concibir os DSR como dereitos humanos, así como orespecto e defensa de diferentes orientacións sexuais, máis alá daheterosexualidade e/ou da monogamia. O movemento feminista é un motor decambio social nos sistemas de valores sociais e nas institucións dos poderespolíticos sociais e económicos, que cuestiona o androcentrismo, buscando aconstrución de espazos e relacións máis igualitarias e democráticas para todasas persoas. Simone de Bouveair consideraba o feminismo como "un xeito depensar e un xeito de vivir". Vinculados á evolución dos enfoques dedesenvolvemento, os movementos feministas propoñen que non existedemocracia e desenvolvemento sen contar coa metade da poboación, que sonas mulleres, nin sen a súa presenza nos espazos de poder.

É unha teoría de análise e de cambio social, e un corpo de coñecementocientífico que proporciona unha explicación crítica ao que acontece no ordendos xéneros. Incorpora o concepto xénero como categoría de análise dasrelacións entre homes e mulleres en calquera cultura e sociedade. Esta visión,analítica e política, creada dende a concepción de investigadoras feministasdas ciencias sociais, parte da idea de que, ao longo da historia, todas associedades se construíron a partir das diferenzas anatómicas entre os sexos,convertendo esa diferenza en desigualdade social e política, ademais deeconómica e cultural. Esta diferenciación limita a mulleres e homes aodesenvolvemento de todas as potencialidades a que teñen dereito como sereshumanos. As diferenzas biolóxicas entre mulleres e homes non cambian. Osroles desigualmente asignados a cada un deles, si poden cambiar. Nestemarco, reinterprétase a historia, a sociedade, a economía, a cultura e apolítica, dende e coas mulleres.

Page 77: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

75

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

PERSPECTIVADE XÉNERO

DISCRIMINACIÓNDAS MULLERES

IGUALDADE DEXÉNERO

TRANSVERSALIDADEDE XÉNERO OU

MAINSTREAMING

Enfoque de traballo que trata de analizar a situación de mulleres e homes,facendo fincapé no contido relacional entre ambos. Permite reflexionar sobre arelación entre mulleres, homes, desenvolvemento e democracia. Non se limitaa facer análises e correlacións sobre universos occidentais e urbanos. Dadoque está baseada nunha teoría complexa, é útil na análise de calquerasociedade organizada en torno ao sistema de xéneros. Trátase dunhaperspectiva incluinte, posto que incorpora ás mulleres de todo o mundo e detodas as condicións sociais. Esta inclusión non implica a exclusión dos varóns,senón a súa necesaria integración. O punto central é a consideración do contidorelacional entre homes e mulleres e o cuestionamento das relacións de poder,en base a unha proposta transformadora máis xusta e igualitaria. O enfoque dexénero no desenvolvemento traslada os avances da perspectiva de xénero aomarco do desenvolvemento.

Tal como a define o Art. 1 da CEDAW, "toda distinción, exclusión ou restriciónbaseada no sexo que teña por obxecto ou por resultado minguar ou anular orecoñecemento, goce ou exercicio por parte da muller, independentemente doseu estado civil, sobre a base da igualdade do home e a muller, dos dereitoshumanos e as liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social,cultural e civil ou en calquera outra esfera".

Termo que engade a variable xénero ao principio histórico ilustrado edereito fundamental da igualdade. É asumido nos últimos anos polasaxencias do sistema da ONU, como o concepto para definir as súaspolíticas e intervencións baseadas no enfoque de xénero, recoñecendo aorixe da defensa dos Dereitos Humanos dende a súa evolución histórica, esumando a igualdade recoñecida como necesaria para todas as persoas, oenfoque de xénero, incorporando os aspectos de análise de desigualdades,e aportando mecanismos para a transformación das mesmas cara unhadistribución equitativa dos poderes e dos espazos de participación dehomes e mulleres. A igualdade de xénero é o oposto a desigualdade dexénero, non á diferenza de xénero, e se dirixe a promover a plenaparticipación das mulleres e os homes na sociedade. O concepto daigualdade é asumido por coherencia da política española coa SGPI, e a Lei3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

A idea de integrar as cuestións de xénero na totalidade dos programassociais quedou claramente establecida como estratexia global parapromover a igualdade entre os xéneros na Plataforma para a Acción deBeijing. Transversalizar a perspectiva de xénero é o proceso de valorar asimplicacións que ten para os homes e para as mulleres calquera acción quese planifique, xa se trate de lexislación, políticas ou programas, en todas asáreas e en todos os niveis. É una estratexia que trata de posicionar os temasde xénero entre os temas prioritarios das axendas políticas para conseguirque as preocupacións e experiencias das mulleres, ao igual que as doshomes, sexan parte integrante na elaboración, posta en marcha, seguimentoe avaliación das políticas e dos programas en todas as esferas políticas,económicas e sociais, de xeito que as mulleres e os homes poidanbeneficiarse de eles igualmente e non se perpetúe a desigualdade. Oobxectivo final da transversalidade é acadar a igualdade dos xéneros. Adesigualdade de xénero é tamén un problema político e, como tal, requireasumir unha posición política respecto a forma de abordalo. Para elo, noPlan Director 2005 - 2008, establécese a transversalidade ou "gendermainstreaming" como unha das prioridades horizontais estratéxicas, xuntocoas accións específicas, de cara a incorporación da perspectiva de xéneronas políticas, plans e programas, pero tamén no resto de aspectosorganizacionais. Combinar a transversalidade e o empoderamento comoestratexias, permitirá optimizar os resultados nas políticas, plans eprogramas.

Page 78: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

76

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

EQUIDADE DEXÉNERO

EMPODERAMENTO

ECONOMÍA DOCOIDADO

ANÁLISE DEORZAMENTOS

CON ENFOQUE DEXÉNERO

Refírese a xustiza no tratamento de mulleres e homes, segundo as súasnecesidades respectivas, súas diferenzas culturais, étnicas, sociais, declase ou doutro tipo. Sen igualdade non pode existir equidade. A partir desteconcepto, pódense incluír tratamentos iguais ou diferentes, aínda queconsiderados equivalentes en termos de dereitos, beneficios, obrigas eoportunidades. No contexto do traballo de desenvolvemento, unha meta deequidade de xénero adoita incluír medidas deseñadas para compensar asdesvantaxes históricas e sociais das mulleres..

Ten unha dobre dimensión: por un lado significa a toma de conciencia dopoder que individual e colectivamente teñen as mulleres. Neste sentido tenque ver coa recuperación da propia dignidade e autoestima de cada mullercomo persoa. En segundo lugar, ten unha dimensión política, en canto quepretende que as mulleres estean presentes nos lugares onde se toman asdecisións, é dicir, onde se exerce o poder. Trátase de fortalecer a posiciónsocial, económica e política das mulleres dende a concepción do termo podercomo "poder para" e non como "poder sobre", o que suporía a eliminación dasrelacións de poder existente aínda entre os homes e as mulleres. En últimotermo, supón alterar as relacións de poder que restrinxen as opcións dasmulleres e a súa autonomía, e afecta de forma adversa á súa saúde ebenestar. O Empoderamento das mulleres é tanto un fin en si mesmo comoun medio para acadar a igualdade entre mulleres e homes. A clave para oEmpoderamento das mulleres é a participación social e política, o que implicacambiar estruturas tradicionais de poder e nutrir relacións que habiliten asmulleres para controlar as súas propias vidas. Investir na educación dasmulleres e nenas, na saúde reprodutiva e dereitos económicos son, á súavez, pilares fundamentais do Empoderamento (FNUAP 2005).

A economía do coidado é o espazo de bens, servizos, actividades, relacións evalores relativos ás necesidades máis básicas e relevantes para a existencia ereprodución das persoas. Son actividades que xeran ou contribúen a xerar valoreconómico. Nun sentido amplo inclúe -ademais do traballo do coidado nonremunerado nos fogares o voluntario na comunidade - a provisión pública eprivada de coidado fora do fogar, que comprende tanto a provisión remuneradacomo a provinte de programas sociais do sector público, nos seus distintos niveisxurisdicionais, así como as accións que veñen do terceiro sector. Cada unhadestas áreas interelaciónase coas outras e en cada unha delas as mulleresrealizan un aporte cuantitativo e cualitativo crucial para o desenvolvemento e aeconomía dos países. (CEPAL, 2007).

Ferramenta que permite determinar o peso económico e político que se lle dáao xénero dentro dun proxecto, programa ou política de calquera índole.Permite identificar en que se invisten os recursos, e serve de filtro parafavorecer que os recursos destinados a xénero sexan invertidos nelo. Oinforme orzamentario sensible ao xénero proporciona ás persoas que elaboranas actuacións unha valiosa ferramenta para avaliar a política en relación aoxénero. Isto é, unha vez que os datos desagregados por sexo-xénero esteandispoñibles, deberían ser analizados dentro dun marco que teña en conta oxénero como unha variable influinte á hora de determinar respostas individuaisa propostas/opcións políticas. Considérase esencial que calquera iniciativa deorzamentos sensibles ao xénero incorpore un esforzo por avaliar, tanto ospaquetes de gasto existentes como os propostos con respecto a cómo apolítica resultante terá un impacto sobre a igualdade de xénero. Analizar ondese reducirán, incrementarán ou permanecerán indiferentes as desigualdadesactuais como resultado dunha opción política en concreto, é coñecido comoAvaliación de Impacto de Xénero (AIX).

Page 79: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

77

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

ENFOQUES DEXÉNERO NAS

POLÍTICAS PARA ODESENVOLVEMENTO:

MED/XED

O enfoque de Muller no Desenvolvemento (MED) reclama a visualización eo recoñecemento das contribucións das mulleres ao desenvolvemento eseu papel fundamental para que estes procesos se dean de xeitosatisfactorio, situando a orixe da situación das mulleres nosubdesenvolvemento dos pobos e realizando proxectos enfocadosexclusivamente cara as necesidades prácticas das mulleres, é dicir, aquelasnecesidades inmediatas que teñen as mulleres e que están moirelacionadas co papel que tradicionalmente exercen na sociedade.

O enfoque de Xénero no Desenvolvemento (XED), busca superar algunhaslimitacións dos enfoques MED, que aínda reproducen estereotipados rolestradicionais das mulleres e os homes, e recargan os seus esforzos vitais,sen cambiar as súas condicións estratéxicas e políticas. É recoñecido polasorganizacións feministas e pola ONU como o enfoque máis efectivo parafavorecer a igualdade e equidade de xénero nas accións dedesenvolvemento. Pon énfase en analizar as relacións de xénero comorelacións desiguais de poder entre homes e mulleres, que perpetúan apobreza, as desigualdades, a diferente distribución de espazos e riquezase o crecemento económico insostible no mundo, en detrimento daparticipación das mulleres na toma de decisións. Considera a diversidadede formas de ser mulleres e homes nas súas distintas realidades e toma enconta os intereses prácticos e estratéxicos das mulleres para a súaintegración, mediante procesos de empoderamento que transformen dexeito xusto os poderes que exercen homes e mulleres.

Page 80: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

78

BB.. GGlloossaarriioo ddee ssiiggllaass::

AECID: Axencia Española para a Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

AWID: Association for Women's Rights in Development.

CAD: Comité de Axuda ao Desenvolvemento.

CEPAL: Comisión Económica para América Latina.

CELEM: Coordinadora Española do Lobby europeo de mulleres.

CEDAW: Comité para a Eliminación da discriminación contra a muller.

CLADEM: Comité Latinoamericano e do Caribe para a Defensa dos Dereitos dasMulleres.

CONGDE: Coordinadora de Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento.

CSW: Comité para o Estatus das Mulleres.

CRS: Creditor Reporting System.

CONAMU: Consello Nacional das Mulleres de Ecuador.

DEP: Documentos de estratexia país (para os países prioritarios).

DGPOLDE: Dirección Xeral de Planificación e Avaliación de Políticas deDesenvolvemento.

DSR: Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

FNUAP: Fondo de Poboación de Nacións Unidas.

XED: Xénero no Desenvolvemento.

INSTRAW: Instituto de Nacións Unidas de investigación e formación para o avancedas mulleress.

ISDEMU: Instituto Salvadoreño para o Desenvolvemento da Muller.

LOIEHM: Lei de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres OCDE.

MED: Muller en Desenvolvemento.

MIES: Ministerio de Inclusión Económica e Social de Ecuador.

ODM: Obxectivos de desenvolvemento do milenio.

OTC: Oficinas Técnicas de Cooperación.

PAE: Plans de Atención especial (para países de atención especial).

PACI: Plan de Actuación Anual de Cooperación Internacional.

PEI: Plan Estratéxico de Igualdade.

PIB: Produto interior bruto.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 81: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal

AANNÁÁLLIISSEE DDEE XXÉÉNNEERROO NNAA AAXXUUDDAA OOFFIICCIIAALL AAOO DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOOPromoción da participación política e o liderado das mulleresValorización e corresponsabilidade na economía do coidado

79

POA: Plans Operativos Anuais.

REMTE: Rede Latinoamericana de mulleres transformando a Economía.

REPEM: Rede de educación Popular entre Mulleres de América Latina e o Caribe.

SECI: Secretaria de Estado de Cooperación Internacional.

UNIFEM: Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para as Mulleres.

WIDE: Red Women in Development Europe.

Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed mueveteporlaigualdad.org

Page 82: Análise de xénero na axuda oficial ao desenvolvemento · campaña Móvete pola igualdade. É de xustiza, impulsada por Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed, cuxo principal