26
Das Irmandades a Nós A prosa galega no primeiro terzo do século XX

Das irmandades a nós

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós

A prosa galega no primeiro terzo do século XX

Page 2: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós

• A prosa galega do XIX non chegara a consolidarse.•Aparición tardía, tralo florecemento da lírica•Mostras de calidade mediocre seguido as modas románticas: narrativa sentimental, narrativa histórica.

•Marcial Valladares .- Majina ou a filla espúrea•Antonio López Ferreiro.- O castelo de Pambre, A tecedeira de Bonaval, O niño de pombas

•Ou prosa xornalística nas súas primeiras formulacións en galego•Valentín Lamas Carvajal.- O tío Marcos da Portela (xornal)

Page 3: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós•As figuras de transición ao século XX serían:

• Manuel García Barros, que representa a estética decimonónica, co seu ton humorístico, os asuntos de corte costumista, o galego popularizante e o formato do relato breve.

•Aventuras de Alberte Quiñoi•Contiños da terra

•Francisco Álvarez de Nóvoa•Pé das Burgas (1896)

•Heraclio Pérez Placer•Contos, lendas e tradiciós de Galicia ((1891)

•Francisca Herrera Garrido•Néveda (1920)

•Aurelio Ribalta•Ferruxe (1894)

Page 4: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós•As Irmandades da Fala naceron como revulsivo fronte á decadencia na que viñera parar o Rexionalismo nos fins do XIX e primeiros anos do XX. O seu obxectivo inicial é a defensa do galego. •Xorde a primeira na Coruña, por iniciativa de A. Vilar Ponte, no ano 1916, mais, inmediatamente, xorden Irmandades en todas as capitais e cidades importantes. •Recollen en herdo dos agraristas de Solidaridad Gallega a cabeceira do que será un auténtico órgao da institución , a revista “A Nosa Terra” que, posteriormente, será tamén a do Partido Galeguista, configurándose así tres períodos para a publicación: 1907-1916; 1916-1932; 1932-1936.

Page 5: Das irmandades a nós

Das Irmandades a NósAglutinan efectivos galeguistas de moi diverso signo. •Liderados por Porteiro Garea, defínese na Asemblea de Santiago no ano 1918 como “nacionalistas”. (Os resultados electorais do ano 1918 e a morte de Garea facilitan a aparición dunha facción “culturalista”)

•Na asemblea de Monforte no ano 1922 as dúas pólas- a do activismo político ( grupo da Coruña, liderado por Lois Peña Novo) e a do activismo cultural (dirixido por Vicente Risco) -esgazan e as Irmandades desaparecen como organización dando paso•a Nós, no seu senso amplo (1920-1936)•ao Partido Galeguista, andando o tempo (1931-1936)

Page 6: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós• En 1916 son organizacións cunha dupla cara política e cultural.

• Desde o punto de vista político procuran obxectivos políticos• A consideración de Galiza como unha entidade nacional (territorio, pobo, raza, historia…)

reclamando unha ampla autonomía política para Galiza que dese satisfacción aos problemas endémicos do país

• A cooficialidade do galego (xunto co castelán) e o ensino da lingua en todos os niveis• A defensa do campesiñado galego e a denuncia da lacra migratoria e do caciquismo

(coincidindo coas reivindicacións agraristas)• Unha solución de carácter federal que permitise a inclusión das nosas peculiaridades

históricas no conxunto de España e mesmo de Hespaña• Un impulso de carácter tecnolóxico e organizativo baseado no cooperativismo que

relanzase os sectores produtivos estratéxicos (o agro e mailo mar)• O recoñecemento por parte da Sociedade de Nacións de Xenebra

Page 7: Das irmandades a nós

Das Irmandades a Nós• En 1916 son organizacións cunha dupla cara política e cultural.

• Desde o punto de vista cultural, procuran:• O recoñecemento e dignificación da cultura popular e do seu instrumento de expresión: a lingua

galega.• A normalización da lingua estendéndoa a todos os xéneros literarios e todos os ámbitos de uso formal

(o ensaio político, o discurso, a Historia, a novela, o teatro…)• Na narrativa, procuran esa mesma normalización ao desvincular os asuntos novelescos da ambientación

labrega e mesmo galega. Vid. A campaña de Caprecórneca• Créanse institucións e lévanse a cabo iniciativas destinadas a poñer en práctica estas ideas:

• Conservatorio Nazonal de Arte Galega para o desenvolvemento do teatro (1919)• Creación da colección de novelas Lar (1924-1927) e Céltiga (editoriais ad hoc)

• Impulsan o xornalismo participando nas publicacións da época que acollían o galego como lingua de expresión ou o galeguismo como ideoloxía a reivindicar: o republicano El Pueblo Gallego, La Zarpa do agrarista Basilio Álvarez, a revista bonaerense Céltiga, que incluían unha sección dedicada á colectividade galega emigrante, Galicia . Diario de Vigo ou a revista Eco de Galicia, ademais das consabidas A Nosa Terra e Nós e as de carácter poético.

Page 8: Das irmandades a nós

Das Irmandades a NósAutores das Irmandades:

Antón Vilar Ponte: colaborador en A Nosa Terra e Nós, foi un ideólogo do nacionalismo e fundador das Irmandades que atopou no ensaio e mais no teatro os moldes axeitados para a transmisión do seu ideario

Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regionalPensamento e sementeira

Xohan Vicente Viqueira, pensador a favor da educación e participación das mulleres na vida pública, e a modernización do ensino; galeguista convencido, utilizou exclusivamente o galego na súa poesía e defendeu a aproximación da ortografía do galego á do portugués

A nosa escola (1917)Xosé Lesta Meis

O EsteboManecho o da rúa As abellas de ouro

Page 9: Das irmandades a nós

Das Irmandades a NósNo tempo dos cenáculos xorde en Ourense o grupo dos inadaptados- Café Voltaire- La CenturiaIntegrantes: RiscoCuevillasPedrayoLosada DiéguezCaracterísticas:Elitistas e desprezativosCríticos e antiburguesesInconformistasCuriososAntigregariosCidadáns do mundoAmantes dos exotismosDandis

Page 10: Das irmandades a nós

Nós, os inadaptados• Nós, os inadaptados (fragmentos)I

Eu caracterizaría ós homes do meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos -e somos- os auténticos vencidos da vida (...) insatisfeitos, non conformistas, decote rebeldes. Vencidos da vida por inadaptados. (...) Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo.

IIOs inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión. (...) A nosa rebeldía consistía en segregármonos espiritualmente da sociedade, desapegármonos das súas tendencias e dos seus problemas, isolármonos na nosa alteirosa indiferencia dos seus afáns e trafegos, das loitas e porfías e a comprírmo-lo noso rol sen ledicia e sen pena, e principalmente sen interés ningún.

IIIEramos sinxelamente individualistas. (...)Non hai máis que ve-lo diferente significado que agora e entón ten e tiña a verba nós. Cando un do meu tempo dicía nós, se non refería endexamais ós da súa xeración, nin ós da súa clase; referíase decote a un pequeno agrupamento identificado no pensar e no facer, a unha escola, a unha capela, a un cenáculo (...)

Page 11: Das irmandades a nós

Nós, os inadaptados......................

XOra o problema é cómo sendo como eramos e como somos, individualistas, inadaptados, antisociais, antigregarios, introvertidos, puidemos vir parar nunha cousa que semella tan cotiá e gregaria, como é o nacionalismo galego que na esencia é a afirmanza teimosa e forte da grei galega.A resposta está dada, moito mellor do que eu puidera facelo, por Ramón Otero Pedrayo na súa novela Arredor de si.Arredor de si, máis que unha novela, é a autobiografía non dun só home, senón dun agrupamento, case dunha xeración. É a autobiografía do cenáculo do autor ó que eu pertencín tamén. Polo seu mesmo individualismo, polo seu por min confesado egocentrismo, o noso agrupamento andou todo o tempo dando voltas arredor de si -e cada un arredor de si mesmo- sen atoparse endexamais de todo.(...) Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas viravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espacio e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de que Galicia, a nosa Terra, oculta ó noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante.

Vicente Risco, Nós, os inadaptados, in revista Nós, nº 115, 1933

Page 12: Das irmandades a nós

Arredor de sí(…)A Galicia lonxana. A Provincia. Verba fea guedelluda. Adrián sentíase

máis novo e máis vello. Ficaba lonxe a verde soidade da aldea. Non a entendía. Non a entendería nunca. Algunha vez quixo vivir nela co esprito posto na Europa. Libros. Revista. Fóra, indiferente a toda novidade do artigo ou do libro debruzábase un longo solpór de outoniza tristura e prisión das mañás molladas. Tiña medo na aldea: ao misterio da campía e a deixar baleirarse un vivir disposto para outra cousa. Adrián pisando os asfaltos, un pouco mareado polo trafego da xente trataba de se asegurar nun plan. Axiña viría a primavera. Libros novos. Todo co gallo dunhas cátedras (…)

Page 13: Das irmandades a nós

Arredor de sí(…)Naqueles instantes estraños e fondos figuraban lucir no mapa agras marelas de centeo, ermos vestidos de flores de toxo e de piorno, serras penedosas, campanarios barrocos, xente que vai polos sendeiros aos muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias douradas, galgar de ondas nos cons (…)

Adrián sentíase conmovido ata o máis fondo do seu ser. Treméndolle a manfoi alumeando todo o camiño de Santiago, a terra de Ourense, as dúas aldeíñas xemelgas do val onde eles estaban, parou un intre como un cirio funeral no nome do pobiño o que morría D. Bernaldo (…)D. Bernaldo xa non falaba. Sorría. Grosas bágoas queimaban as fazulas do Adrían. Tivo que saír á sala e liberar os saloucos na fiestra, cara á noite (…)

Page 14: Das irmandades a nós

Arredor de sí(…)En Santiago, Adrián sempre se coidaba na Europa e máis galego que nunca. A sensación do Estado español estaba para el ausente da cidade. Libertade das prazas sin tendas nin quioscos, libertade e cosmopolitismo do capitel románico feito para o pobo e traballado en linguaxe que adoita o falar de cada patria. Compostela non merece o seu ditado de apostólica só pola reliquia do Apóstolo, senón por un apostolado universal de cidade franca. Adrián soñaba que nas cátedras e nos púlpitos volver´a soar a voz de todos os mestres do mundo, e denantes que outra, as voces galegas que xermolaban escuramente na Galicia. Eles ceibarían o espirito da Terra. (…) Adrián consideraba sen xenreira as outras terras ibéricas (…) De igual a igual, Adrián pensaba ser o tipo dunha xeración e , con optimismo coidaba que no mesmo inverno outros galegos, todos os ben intencionados, chegarían á súa liberación que era a liberación da Galicia en ben da Europa, do Mundo e do Espírito Inmorredoiro.

Page 15: Das irmandades a nós

Nós. Grupo, Revista, Xeración?• Os tres principais integrantes do cenáculo ourensán que

experimentaron a evolución ideolóxica que os levou á descoberta da nosa cultura escribiron tres obras homólogas nas que dan conta deste percorrido espiritual: Nós, os inadaptados de RiscoDos nosos tempos de F. López CuevillasArredor de si de R. Otero Pedrayo• O grupo modifica as súas teimas, investiga a realidade, a historia e

a cultura de Galiza e dá saída ás súas novas inquedanzas nunha publicación que, en parte, recolle o herdo de La Centuria, aínda que agora se utilice exclusivamente o galego e a orientación ideolóxica sexa radicalmente diferente: Nós.

Page 16: Das irmandades a nós

Nós. Grupo, Revista, Xeración?• A inquedanza filosófica que amosaba o grupo antes da súa conversión

tradúcese agora nunha actitude militante a prol do galeguismo cultural e lingüístico. • A vella teima cosmopolita maniféstase agora como afán europeísta,

orgullo da propia identidade exportábel a toda comunidade universal, que se afirma na súa independencia dos modelos impostos polo centralismo• Con respecto a España son federalistas• A influencia do galeguismo tradicionalista e as viaxes a Europa condicionan

a aparición nestes autores dun atlantismo de raíz celtista• Crenza nas orixes míticas da raza galega

Page 17: Das irmandades a nós

Nós. Grupo, Revista, Xeración?“Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós.É a ansia qu´oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeneración que se deprocatou do seu imperioso deber social de crearen pra sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a nósa autividade creadora. Nós ven a recoller todos ises esforzos d´integración da Patrea galega no seu xa rico poliformismo.Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intuicionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posiciós posibles respeito das catro antinomias da mente contemporánea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo da superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos.Nós ha ser un estudio piedoso e devoto, cheo de sinceridade de tódol-os valores galegos: dos nósos valores tradicionás, e mais dos valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra.

Page 18: Das irmandades a nós

Nós. Grupo, Revista, Xeración?Nós ha ser a representación no mundo da personalidade galega na súa ansia de s´afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra.Nós ha ser a afirmación pra sempre do verdadeiro der de Galizia, do Enxebrismo, no que ela tén, debe e quere persistire. O Enxebrismo é a nósa orixinalidade específica, a nósa capacidá de creación, o nóso autóctono dinamismo mental.Querendo suprimir entremediarios antr´o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos, Nós abre as suas páxinas a prestixosas persoalidades estranxeiras que contan de nos honrar co´a sua colaboración e tamén ha informar ó púbrico galego do movemento das ideias no mundo civilizado.Nada mais.E, ós que s´asombren da nósa confianza, da nósa firme ledicia ó principiar un traballo rudo, hémoslle dicir que temol-a evidencia de sermol-os millores, os mais doados, os mais fortes; de que todal-as forzas do esprito están conosco, de que imos trunfar por sermos nós, por sermos galegos, e por seren o Tempo e o Mundo os que o piden…Nós conta achar agarimo e xenerosa axuda en todol-os que sintan d´iste xeito.A todol-os que nos lean

Page 19: Das irmandades a nós

Nós. Grupo, Revista, Xeración?• Os autores do grupo colaboran con outra figura fundamental para a revista e para a xeración

ou época:Castelao .• Comparte cos homes do grupo a mesma ambición de rexeneración galeguista, pero non a

mesma traxectoria ideolóxica.• O director gráfico era Castelao e o literario, Risco, aínda que en realidade a man de Castelao non

se limitaría ao aspecto plástico. • Contidos: • Arqueoloxía• Etnografía• Historia• Pensamento• Novedades culturais en calquera eido• Temas relativos a outras culturas europeas

Page 20: Das irmandades a nós

Nós. A consolidación da prosa literaria-Supera a temática ruralista e costumista e a comicidade baseada no pintoresquismo folclórico-Non aceptan a diglosia para representar a fala das diversas clases sociais-Procura unha lingua literaria culta que non rexeitan os enxebrismos, cultismos ou lusismos para creala.-Introducen o espazo urbano e as preocupacións filosóficas e burguesas nas tramas- Humorismo

- Temática de ultratumba-Crean editoriais para dar saída ás súas producións

Page 21: Das irmandades a nós

Vicente Risco•Teoría do nacionalismo galego

• A nación sería un feito baseado na terra, na raza, na lingua, na organización social, a mentalidade e o sentimento

• A cultura galega parécelle unha variante da civilización atlántica e céltica que opón á mediterránea.

• O irracionalismo filosófico, o neotradicionalismo, a etnografía e a conciencia da superioridade cultural da raza aria, a cuxa órbita pertencería Galiza pola súa procedencia céltica.

Page 22: Das irmandades a nós

Vicente Risco• Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros, 1919. • O Porco de Pé, 1925.• A velliña vella,1925.• A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, 1925.• O lobo da xente, 1925.• A coutada, 1926.• O bufón de El-Rei, 1928.• Nós, os inadaptados, 1933.• Mitteleuropa, 1934.• Leria, 1961.• Teoría do nacionalismo galego 1920.• Os europeos en Abrantes 1927. • Mittleuropa, 1930

Page 23: Das irmandades a nós

Ramón Otero Pedrayo. A obra•Historiador e xeógrafo•Ampla cultura e vontade didáctica dos seus escritos• Influencia da retórica decimonónica• Incapacidade para respectar as barreiras de xénero•Consideración da terra como unha forza que condiciona as sociedades

e inflúe no individuo• Integridade intelectual•Coherencia ideolóxica•Conciencia de pertenza a unha xeración e a unha clase cunha

responsabilidade histórica

Page 24: Das irmandades a nós

Ramón Otero PedrayoPantelas, home libre (1925)O purgatorio de don Ramiro (1926)Escrito na néboa (1927)Os camiños da vida (1928)A lagarada (1928)Arredor de si (1930)Contos do camiño e da rúa (1932)Fra Vernero (1934)Teatro de máscaras (1934)

Page 25: Das irmandades a nós

Ramón Otero PedrayoDevalar (1935)O mesón dos ermos (1936)O desengano do prioiro (1952)Entre a vendima e a castañeira (1957)Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958)Rosalía (1959)O señorito da Reboraina ( 1960) O fidalgo e a noite (1970)Noite compostelana 1973)O Maroutallo (1974)

Page 26: Das irmandades a nós

Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoUn ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)Cousas (1926)Retrincos(1934)Os dous de sempre(1934)Os vellos non deben de namorarse (1931-1941)Sempre en Galiza (1944)