13

Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

  • Upload
    marloga

  • View
    527

  • Download
    21

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Page 2: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

ÍNDICE

INTRODUCIÓN

O ESPLENDOR MEDIEVAL

A LITERATURA MEDIEVAL

A SITUACIÓN DA LINGUA DURANTE A IDADE MEDIA

A DECADENCIA. CAUSAS

OS SÉCULOS ESCUROS

CONCLUSIÓN

FONTES

Page 3: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

INTRODUCIÓN

No século VIII Galicia formaba parte dunha unidade política xunto cos reinos de Asturias e León, nos séculos X, XI e XII conseguiu autonomía que lle permitiu ser un reino independente en determinados momentos destes séculos. Nesa época o galego era só de uso oral e o latín, cada vez menos, era de uso na escrita; a causa da presión que exercía o monolingüísmo oral no século XIII o galego e o latín chegaron a unha situación de cooficialidade.

A lingua e literatura galegas entran en decadencia a finais da Idade Media, en concreto nos séculos XIV e XV, o motivo do cal foi a perda de poder político de Galiza fronte a Castela.

Page 4: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

O ESPLENDOR MEDIEVAL

Nesta época atopámonos nunha gran riqueza económica e cultural, en mostra disto o galego era a lingua máis falada pola nobreza e polo pobo, o papa converte a Santiago de Compostela en cidade santa debido ao seu elevado número de peregrinos, nos séculos XI, XII e XIII: invéntase a Orde dos Templarios (que servía para protexer aos peregrinos dos ladróns ou perigos que poidan atopar polo camiño a Santiago); o Mestre Mateo realiza o Pórtico da Gloria e componse o Códice Calixtino e as familias de Castro e Traba educaban aos fillos da nobreza (aos futuros reis) en galego.

Page 5: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A LITERATURA MEDIEVAL

Os primeiros textos escritos en galego que se conservan son: “Ora faz ost o Senhor de Navarra”, Cantiga de Guarvaia ou Cantiga da Ribeirinha e Cantiga da Guarda.

A lírica galego - portuguesa ten tres etapas, a primitiva(ata os inicios do século XIII), a idade de ouro, que se divide á súa vez en período Afonsino(s.XIII) e período Dionisíaco (s. XIV); e a etapa de decadencia, que tamén se divide en escola galego-castelá e escola castelá-portuguesa.

Despois das substitucións nobiliares e a revolta dos irmandiños a literatura galega viviu os Séculos de Ouro.

Page 6: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A LITERATURA MEDIEVAL

Os autores e poetas:- Trobadores: nobres que se dedicaban á

literatura, eran os autores das composicións.

- Segreis: dedicábanse a compoñer e cobraban por iso.

- Xograres:lévanlles as cantigas ao pobo e case sempre as interpretan con acompañamento musical

- Menestrel: elaboraba a música das cantigas.

- Soldadeiras: mulleres que se dedicaban a acompañar as representacións facendo acrobacias.

Os cancioneiros e pergamiños: os cancioneiros que se conservan son o da Ajuda, da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa; e os pergamiños que se conservan son o Vindel e o Sharrer

Page 7: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A LITERATURA MEDIEVAL

Glosas: explicacións sobre textos latinos para explicar termos que non se usaban, realizados polos escribáns e colocados á marxe ou a pé de páxina.

Carxas: versos finais dun longo poema escrito en mozárabe chamado Mwsahmwsaha.

Cantigas: Cantigas de Amor: o trobador diríxese á súa dama para expresarlle o seu amor.Cantiga de Amigo: póñense na boca dunha muller que se dirixe a seres inanimados, amigas, irmás ou á nai para expresarlles os seus sentimentos amorosos.Cantiga de Escarnio e Maldicir:

1. Cantigas de Escarnio: utilizan eufemismos ou dobres sentidos nas palabras.

2. Cantigas de Maldicir: chaman ás cousas polo seu nome e utilizan palabras directas.

Page 8: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A LITERATURA MEDIEVAL

Xéneros menores:

1. Pastorela: comeza co encontro dun cabaleiro cunha pastora, este pídelle favores e ela acaba por rexeitalos ou aceptalos.

2. Tenzón: cada interlocutor fala nunha estrofa, ten tema satírico.

3. Pranto: o poeta canta as virtudes dunha persoa morta.

Cancioneiro relixioso (Cantigas de Santa María):

1. Líricas: a Virxe é a persoa a quen o poeta declara o seu amor.

2. Narrativas: narran os milagres da Virxe.

Prosa medieval:

1. Historiografía: teñen fins de facerlle publicidade á monarquía.

2. Prosa de ficción:

- Ciclo Artúrico: relato cabaleiresco arredor da figura do rei Artur.

- Materia de Troia: narra a guerra de Troia cantada por Homero.

1. Haxiografía: - Milagres de Santiago (século XV)

Page 9: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A SITUACIÓN DA LINGUA DURANTE A IDADE MEDIA.

Neste período todos os galegos falaban o galego xa fosen da nobreza, reis, artesáns ou campesiños. Até o século XII o galego compartiu espazos co latín culto, pero pouco a pouco este foi caendo e deixándolle o seu papel ao galego.

Á expansión económica e social acompañouna un gran desenvolvemento cultural, e o Camiño de Santiago converteu a Compostela nun dos eixos do cristianismo europeo. Naquel tempo a nobreza ocupaba o seu tempo coas cantigas dos trobadores e xograres, escritas e cantadas en galego. Así se converteu este nunha das linguas internacionais da lírica trobadoresca, xunto co provenzal.

Page 10: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

A DECADENCIA. CAUSAS.

A decadencia é o período no que o galego pasa a ser unha lingua menosprezada, os nobres xa non a falan e é a lingua do pobo.

As causas da decadencia son:

1. Primeira substitución nobiliar: (na primeira metade do século XIV) Pedro I, o Cru e Henrique de Trastamara loitan polo Reino de Galicia. O vencedor é Henrique, que para premiar aos que o apoiaron arrebatoulles as terras aos nobres galegos que apoiaron Pedro I, por isto o castelán entrou en Galicia a través dos que apoiaron a Henrique de Trastamara e o galego pasou a un segundo plano.

2. Revolta dos Irmandiños: estendida a revolta irmandiña os nobres de Galicia pídenlle axuda a Isabel de Castela. Cando logra someter aos irmandiños, esixe que a recompensen con terras para os nobres de Castela, e así por segunda vez entra en Galiza o castelán.

3. Segunda substitución nobiliar: prodúcese unha guerra entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica pola coroa de Castela, os nobres galegos apoian a Xoana, e coa vitoria de Isabel, esta decide vingarse dos que non a apoiaron iniciando o que chamaron “La Doma y Castra del Reino de Galicia”. Desde entón o Reino de Galiza quedará sometido a Castela e as clases altas expresaranse en castelán, mentres que o pobo será o que use o galego.

Page 11: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

OS SÉCULOS ESCUROS

Durante os séculos XVI, XVII e XVIII a lingua galega estivo ausente dos usos escritos, pero seguía sendo a vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación. Como só se usaba oralmente considerárono como unha lingua non apta para a literatura da época. Aínda así conservamos algunhas das cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos deixan ver os contidos da época.

No século XVIII , xorden as voces de denuncia chamados “ilustrados” que apoian a normalización da lingua galega. Entre eles destaca Frei Martín Sarmiento.

Page 12: Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros

CONCLUSIÓN

O galego foi unha lingua moi usada, tanto como pola nobreza e os reis que como polo pobo, pero por diversas causas viuse obrigado a pasar a un segundo plano sendo só utilizado verbalmente polo pobo e a xente de poder utilizar maioritariamente o castelán como lingua culta.