2
Aquarius (2016, 146’) Dirección: Kleber Mendonça Filho Guión: Kleber Mendonça Filho Elenco: Sonia Braga, Jeff Rosick, Irandhir Santos, Maeve Jinkings, Julia Bernat, Carla Ribas, Fernando Teixeira, Rubens Santos, Humberto Carrão Dirección de arte: Tyaga Sá Brito Son: Nicolas Hallet Música: Gustavo Montenegro Fotografía: Pedro Sotero, Fabricio Tadeu Montaxe: Eduardo Serrano Produtora: CinemaScópio Produções, SBS Productions (Brasil) Distribuidora: Avalon Formato de proxección: DCP 2K, 2.35:1 Idioma orixinal: Portugués 210 DONA CLARA (AQUARIUS) [Kleber Mendonça Filho, 2016] sinopse Clara, unha ex-crítica musical de Recife de 65 anos, vive retirada nun edificio particular, o Aquarius, construído na década de 1940 sobre a chic Avenida Boa Viagem, que bordea o océano. Un importante promotor mercou todos os apartamentos, pero ela négase a vender o seu e emprende unha guerra fría contra a empresa que a acosa. A situación pertúrbaa e lévaa a pensar na súa vida. estrea en numax: 17.03.2017 | v.o.s.e. | +16 filmografía A Copa do Mundo no Recife, 2015 [Curtametraxe] O Som ao Redor, 2013 Recife Frio, 2009 [Curtametraxe] Crítico, 2008 Noite de Sexta, Manhã de Sábado, 2006 [Curtametraxe] Electrodoméstica, 2005 [Curtametraxe] Vinil Verde, 2004 [Curtametraxe] A Menina do Algodão, 2002 [Curtametraxe] Enjaulado, 1997 [Mediametraxe] premios e festivais Cannes 2016 (sección oficial), Fénix 2016 (mellor actriz e dirección), Mar del Plata 2016 (mellor actriz e premio do público), César 2016 (sección oficial). «É tanto un estudo de personaxes como unha intelixente reflexión sobre a superflua transitoriedade do lugar e a maneira na que o espazo físico elude a nosa identidade» Guy Lodge, variety

DONA CLARA (AQUARIUS) 210 - numax.org · DONA CLARA (AQUARIUS) [Kleber Mendonça Filho, 2016] NUMAX, S. Coop. Galega Concepción Arenal, 9 baixo 15702 Santiago de Compostela telf

  • Upload
    vudan

  • View
    219

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Aquarius (2016, 146’)Dirección: Kleber Mendonça FilhoGuión: Kleber Mendonça FilhoElenco: Sonia Braga, Jeff Rosick, Irandhir Santos, Maeve Jinkings, Julia Bernat, Carla Ribas, Fernando Teixeira, Rubens Santos, Humberto Carrão Dirección de arte: Tyaga Sá Brito Son: Nicolas Hallet Música: Gustavo MontenegroFotografía: Pedro Sotero, Fabricio TadeuMontaxe: Eduardo Serrano Produtora: CinemaScópio Produções, SBS Productions (Brasil)Distribuidora: AvalonFormato de proxección: DCP 2K, 2.35:1 Idioma orixinal: Portugués

210DONA CLARA (AQUARIUS)[Kleber Mendonça Filho, 2016]

sinopseClara, unha ex-crítica musical de Recife de 65 anos, vive retirada nun edificio particular, o Aquarius, construído na década de 1940 sobre a chic Avenida Boa Viagem, que bordea o océano. Un importante promotor mercou todos os apartamentos, pero ela négase a vender o seu e emprende unha guerra fría contra a empresa que a acosa. A situación pertúrbaa e lévaa a pensar na súa vida.

estrea en numax: 17.03.2017 | v.o.s.e. | +16

filmografíaA Copa do Mundo no Recife, 2015 [Curtametraxe]O Som ao Redor, 2013Recife Frio, 2009 [Curtametraxe]Crítico, 2008 Noite de Sexta, Manhã de Sábado, 2006 [Curtametraxe]Electrodoméstica, 2005 [Curtametraxe]Vinil Verde, 2004 [Curtametraxe]A Menina do Algodão, 2002 [Curtametraxe]Enjaulado, 1997 [Mediametraxe]

premios e festivaisCannes 2016 (sección oficial), Fénix 2016 (mellor actriz e dirección), Mar del Plata 2016 (mellor actriz e premio do público), César 2016 (sección oficial).

«É tanto un estudo de personaxes como unha intelixente reflexión sobre a superflua transitoriedade do lugar e a maneira na que o espazo físico elude a nosa identidade» Guy Lodge, variety

DONA CLARA (AQUARIUS)[Kleber Mendonça Filho, 2016]

NUMAX, S. Coop. GalegaConcepción Arenal, 9 baixo15702 Santiago de Compostelatelf 981 560 250 | www.numax.org

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de gráfica e vídeo

“Hai que traballar moito coa intelixencia emocional e dar crédito ao lector, ou espectador”

Entrevista a Kebler Mendonça Filho Por Robledo Milani

O cinema é para ti un proceso persoal? Ten que falar de cousas que coñeces? Da túa aldea para o mundo, digamos? Si, e creo que iso é posíbel até no cinema industrial, máis comercial, tamén. É por iso que a xente ten tantos exemplos incríbeis de filmes hollywoodianos que son claramente persoais. Chega con pararse nos filmes de Billy Wilder para a United Artists, ou os de Howard Hawks, John Ford, John Carpenter… Blake Edwards, absolutamente. Son cineastas que traballaron para estudios e fixeron filmes que son moi deles. A ideia de que un filme industrial non é necesariamente persoal é unha parvada. O punto de vista persoal é esencial e fico moi agradecido, realmente aprezo a reacción que os meus filmes teñen provocado, que se recoñecesen como algo específico, autoral. Acho que Aquarius vén de varias preocupacións, incomodidades e irritacións, un pouco como O Som ao Redor tamén, ao igual que Recife Frio, sobre a vida en sociedade.

Comentaches que houbo momentos durante a produción de Aquarius nos que chegaches a pensar que o filme non ía saír, que estaba todo errado. Iso foi por causa do proceso de realización? Non é que fose un proceso turbulento. Foi incríbel, a verdade. Mais, durante a montaxe, hai días bos e outros non tan bos. E cando se acumulan doce días non tan bos, comezas a preocuparte. Só que a propia situación de non estar satisfeito fai que comeces a procurar saídas até encontralas. Aquarius tivo momentos difíciles, principalmente na montaxe. Pero iso xa pasou. O que importa é que as solucións se atoparon e ao final fas o filme que queres facer. Penso que Aquarius fai parte desa serie de inquietudes que teño sobre a vida en

sociedade no Brasil, en Pernambuco e en Recife.

E como se reflicte iso no guión? Porque é no guión onde todo nace, certo? Hai unha muller nunha sociedade machista enfrontándose aos homes. Hai dous momentos no filme nos que ves a esa muller facendo fronte aos homes. Primeiro é cando eles petan á porta dela para falar sobre a posibilidade de vender o apartamento. Unha señora, baixiña, co cabelo recollido nun moño, abre a porta e hai tres homes mirando para ela. Penso que é un conflito rico.

E ela de inmediato impón a súa presenza, tanto que non lles deixa entrar. A liña divisoria é a porta. (...) Cando recibe a visita dos homes, mantenos do lado de fóra da porta. É case como aquela lenda do vampiro, que non podes convidalo a entrar na casa. Os meus personaxes están vinculados a iso.

Eu fun alumno na facultade de Giba Assis Brasil, e unha frase que lembro del e que levo até hoxe é: «a vida non precisa ter lóxica, pero a ficción si». Comentas iso, dis que certas figuras reais, se se trasladasen ao guión, non serían críbeis. Ti que es tamén guionista: como é coñecer ese límite, establecer até onde pode funcionar algo na ficción sen ultrapasar os absurdos da realidade? Creo que tes que traballar moito coa intelixencia emocional e dar crédito ao lector, ou espectador, que el ou ela crean que iso é verdade. Non é que o decida, simplemente é o meu estilo, pero nunca quixen amosar a Clara no seu apartamento tranquila, levando a súa vida normal, e despois pasar á construtora, onde Diego está nunha reunión, cos seus funcionarios e o avó del dicindo «que vai facer a xente con Dona Clara»? Cando te centras nela colocas o peso do filme nas súas costas, o que é unha cousa boa. Os momentos nos que se atopa con Diego son todas as ocasións en que el está no edificio, agás unha excepción, que é cando ela decide ir á construtora.

Publicado en www.papodecinema.com.brTradución: Olalla Cociña