25
“EXPEDIENTE HISTÓRICO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL” Autor: Diego Xesús López González.

Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Expediente Histórico

Citation preview

Page 1: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

“EXPEDIENTE

HISTÓRICO

DA

PRIMEIRA GUERRA

MUNDIAL”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 2: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

ÍNDICE

1. LIMIAR.

2. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.

2.1. Causas da Guerra.

2.1.1. O Imperialismo das Nacións.

2.1.2. A Paz Armada.

2.1.3. A Cuestión Balcánica.

2.1.4. A Faísca de Saraievo.

2.2. Desenvolvemento do Conflito.

2.2.1. O Xogo das Alianzas.

2.2.2. A Fronte Occidental.

2.2.3. A Guerra de Posicións.

2.2.4. A Muller na Industria da Guerra.

2.2.6. As Novas Armas.

2.2.7. A Guerra Submarina sen Concesións.

2.2.8. Os Estados Unidos de América no Conflito.

2.2.9. A Revolución Bolxevique.

2.3. A Fin da Guerra.

2.3.1. A Destrución de Europa.

2.3.2. As Mortes.

2.3.3. Os Superviventes.

3. O NOVO MAPA DE EUROPA.

3.1. O Tratado de Versalles.

3.2. Un Novo Mapa de Europa.

3.3. Paz nos Balcáns?

4. CONCLUSIÓN.

5. BIBLIOGRAFÍA.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 3: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

1. LIMIAR.

O presente traballo de Expediente Histórico pretende achegar ao

alumnado, mediante o emprego de testemuños escritos e visuais, á época da

Primeira Guerra Mundial.

O Obxectivo sería o de explicar as causas, desenvolvemento e

consecuencias desta Grande Guerra que aterrou ao mundo de principios do

século XX e que, aínda hoxe, segue a valer de exemplo do terror. Tamén é

importante destacar este feito histórico como precedente de acontecementos

actuais. Doutra banda, tentarase non só a mera comprensión dos feitos

mediante o procesamento das fontes a partir dunha teoría, senón que se tentará

que os alumnos e alumnas saiban rexeitar as actitudes imperialistas e

expansionistas que provocan os enfrontamentos bélicos entre os estados e , en

concreto, que provocaron a Primeira Guerra Mundial.

Poderase fomentar unha actitude crítica e de rexeitamento ante os

nacionalismos extremistas, xenófobos e agresivos e, tamén, ante o militarismo

como solución aos problemas políticos, sociais e económicos.

Levaremos aos alumnado por unha viaxe que os achegue ao tempo

histórico en cuestión e, no transcurso desa viaxe, convidarémolos a que sexan

quen de imaxinar ese pasado dende o punto de vista da época, facendo que eles

mesmos poidan reflexionar sobre a conmoción que este conflito bélico produciu

na mentalidade das xentes que viviron esa Grande Guerra.

Para iso, explicarase a Historia dende a Historia, dende as fontes

testemuñais recollidas e ordenadas para acadar a mellor comprensión e reflexión

posible do tema a tratar.

Sen máis tardanza presentaremos os acontecementos máis importantes

que tiveron lugar antes, durante e despois da Primeira Guerra Mundial.

acompañados, claro está, deses “testemuños vivos” da Historia.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 4: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.

“A Guerra” de Otto Dix.

Dresde, Alemaña. Gemaldegalerie, Neue Meister.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 5: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.1. Causas da Guerra:

2.1.1. O Imperialismo das Nacións.

“A Torta Chinesa”

Na presente caricatura podemos observar a cobiza imperialista das

potencias capitalistas. Vemos como tratan de se repartiren “a torta chinesa”.

O kaiser alemán, comezando a cortar a torta, enfronta a súa ollada á

raíña inglesa, simbolizando a rivalidade de ambos os dous países.

Namentres, o tsar de Rusia permanece á expectativa xunto coa musa

da República Francesa, poñendo en evidencia a alianza das dúas potencias.

O emperador xaponés reflexiona sobre o anaco que lle pode tocar.

E China está representada por un alarmado mandatario mandarín que

non pode frear a intromisión europea.

Esta rivalidade imperialista terá a súa máxima expresión no primeiro

grande conflito bélico mundial.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 6: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.1.2. A Paz Armada.

“Evolución dos Gastos Militares entre 1905 e 1914”

Nesta gráfica podemos comprobar a carreira de produción de

armamentos dos países que intervirán na Primeira Guerra Mundial, sendo este o

período previo á guerra caracterizado pola produción de armamento, fortalecemento

dos exércitos e afianzamento da exaltación patriótica

Autor: Diego Xesús López González.

Page 7: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.1.3. A Cuestión Balcánica:

“Bulgaria proclama a súa independencia e o Imperio Austrohúngaro apodérase

de Bosnia-Hercegovina”

Nesta caricatura observamos a tres potencias personalizadas nos seus

dirixentes.

Bulgaria acada a súa independencia e o Imperio Austrohúngaro anexa

Bosnia-Hercegovina namentres que o Imperio Otomano, contempla con

impotencia, reflectindo así a súa decadencia.

Con este feito o Imperio Austrohúngaro aumentaba a súa influencia

nos Balcáns, o que era mal visto polo nacionalismo paneslavista da Grande

Serbia, protexida da Rusia dos tsares.

Os intereses das potencias Imperialistas e dos emerxentes

nacionalismos nos Balcáns cruzaranse, provocando o estalido da guerra.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 8: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.1.4. A Faísca de Saraievo:

“ O Asasinato de Saraievo”

Neste debuxo vemos a Gavrilo Princip, estudante serbio de Bosnia, no

intre no que dispara contra o herdeiros do trono austrohúngaro Francisco

Fernando maila súa esposa Sofía Chotek.

Ao se comprobar a complicidade de Serbia no atentado, o Imperio

Austrohúngaro declararalle a guerra a esta nación balcánica, dando comezo á

Primeira Guerra Mundial.

“Herdeiro ao trono austrohúngaro Francisco Fernando de Habsburgo”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 9: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2. Desenvolvemento do Conflito:

2.2.1. O Xogo das Alianzas.

“A División de Europa”

A Tripla Alianza dos Imperios Alemán, Austrohúngaro e Italia,

enfrontaranse á Tripla Entente de Gran Bretaña, Francia e o Imperio Ruso. Italia

abandonará a Tripla Alianza en 1915 namentres que Turquía e Bulgaria se

adherirán a ela, dando a este bando o nome dos Imperios Centrais. Moitos países

decantaranse por un bando ou outro, co que o conflito se internacionalizou.

“Caricatura do Conflito”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 10: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.2. A Fronte Occidental.

“Fronte Occidental”

Trala invasión de Bélxica e Francia por parte do Imperio Alemán, os

exércitos aliados lograrán detelo na Primeira Batalla do río Marne entre o 6 e o 9

de setembro de 1914, momento no que se dá paso á “guerra de posicións”.

2.2.3. A Fronte Oriental.

“Fronte Oriental”

Neste mapa vemos como Rusia mantivo dende os comezos da guerra

até 1917 a fronte oriental sen axuda, a base de aportar 15 millóns de soldados,

obrigando asía Alemaña a loitar en dúas frontes ao mesmo tempo.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 11: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.4 A Guerra de Posicións.

“Trincheiras”

Plano das protagonistas da “Guerra de Posicións”, as trincheiras,

verdadeira máquina mortífera onde a diario morrían milleiros de soldados en

combates inútiles. Na Fronte Occidental, estendéronse dende a fronteira con

Suíza até o mar do Norte, cunha extensión aproximada duns 800 quilómetros.

“Tropas británicas durante o ataque a Ginchy o 25 de setembro de 1916”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 12: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.5. A Muller e a Industria da Guerra:

“Evolución do número de traballadoras de munición británicas”

As Industrias de todos os países transformáronse e lanzáronse a traballar

ao máximo rendemento para equiparen aos seus exércitos.

Miles de mulleres comezaron a traballar como torneiras, montadoras de obuses,

empaquetadoras de munición... Estas operarias foron chamadas polos franceses

munitionnettes.

Un diario parisiense chegou a afirmar no 1919, “gañamos a guerra

grazas ás nosas mulleres”.

“Munitionnettes”

Autor: Diego Xesús López González.

1914 1915 1916 1917 19180

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

8000

9000

Traballadoras Británicas en Fábricas de Municións

Page 13: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.6 As Novas Armas.

“Carro de Combate Británico Mark V”

Na batalla de Cambrai, do 20 de novembro até o 3 de decembro, os

británicos atacaron con 400 tanques ás tropas alemás, sendo a primeira acción

da historia militar na que se empregaron carros de combate a grande escala.

“Soldados aliados protexidos por máscaras contra os gases velenosos”

En 1915, en Ypres, Bélxica, deuse por primeira vez a guerra química a

grande escala mediante o emprego de gas de cloro.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 14: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

“Avión alemán e francés”

“Lanzachamas”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 15: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.7 A Guerra Submarina Sen Concesións.

“Submarino Alemán”

O 1 de febreiro de 1917, o Imperio Alemán inicia a “Guerra Submarina

sen concesións”, coa finalidade de cortar os abastecementos marítimos da Tripla

Entente.

“Lusitania”

O 7 de maio de 1915, o RMS Lusitania foi torpedeado polo submarino

alemán U-20 fronte ás costas irlandesas causando a morte de más de 1.198

pasaxeiros incluídos 234 norteamericanos, causando a entrada na guerra dos

EUA dous anos máis tarde.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 16: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.8 Os Estados Unidos de América no Conflito.

“O Tío Sam”

I Want You (precísote). Cartel de propaganda no que a personificación

da nación norteamericana, o Tío Sam, chama a filas aos xoves. O 2 de abril de

1917, os Estados Unidos de América, entran no conflito por mor da interrupción

do comercio marítimo cos aliados, levada a cabo polos submarinos alemáns.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 17: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.2.9. A Revolución Bolxevique.

“Discurso de Lenin á multitude”

Rusia mantivera en solitario a Fronte Oriental aportando 15 millóns de

soldados mal equipados. A morte deses soldados, a fame e as privacións que

sufría a poboación prepararon o terreo para a vitoria da Revolución Bolxevique.

O 3 de marzo de 1918, na cidade de Brest-Litovsk, o novo goberno socialista

asinou o Tratado de Paz cos Estados Centrais.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 18: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.3. A Fin da Guerra.

O 3 de novembro de 1918, Austria e Alemaña piden a paz.

2.3.1. A Destrución de Europa.

“A Batalla do Somme”

Tralo final da guerra Europa ficou totalmente destruída e cun

regueiro de sangue tras de si nunca visto até entón. Nesta foto podemos ver as

consecuencias de moitas batallas. Todas as economías dos estados europeos

sufrirán as consecuencias desta guerra e as reparacións endebedarán á vella

Europa.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 19: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.3.2. As Mortes.

“Táboa Estatística das Baixas da Primeira Guerra Mundial”

País Mobilizados Mortos* FeridosPrisioneiros

edesaparecidos

Total Baixas

Rusia 12.000.000 1.700.000 4.950.000 2.500.000 9.150.000

Francia 8.410.000 1.357.800 4.266.000 537.000 6.160.800

Imperio Británico 8.904.467 908.371 2.090.212 191.652 3.190.235

Italia 5.615.000 650.000 947.000 600.000 2.197.000

Estados Unidos 4.355.000 126.000 234.300 4.500 350.300

Xapón 800.000 300 907 3 1.210

Romanía 750.000 335.706 120.000 80.000 535.706

Serbia 707.343 45.000 133.148 152.958 331.106

Bélxica 267.000 13.716 44.686 34.659 93.061

Grecia 230.000 5.000 21.000 1.000 27.000

Portugal 100.000 7.222 13.751 12.318 33.291

Montenegro 50.000 3.000 10.000 7.000 20000

Total Aliados 42.188.810 5.152.115 12.831.004 4.121.090 22.089.709

Alemaña 11.000.000 1.773.700 4.216.058 1.152.800 7.142.558

Austria-Hungría 7.800.000 1.200.000 3.620.000 2.200.000 7.020.000

Turquía 2.850.000 325.000 400.000 250.000 975.000

Bulgaria 1.200.000 87.500 152.390 27.029 266.919

Total Imperios Centrais

22.850.000 3.386.200 8.388.448 3.629.829 15.404.477

Total xeral 65.038.810 8.538.315 21.219.452 7.750.919 37.494.186

* Inclúe os mortos, por calquera causa, dentro do Exército

Autor: Diego Xesús López González.

Page 20: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

2.3.3. Os Superviventes.

“Hans Lange”

Hans Lange naceu en Lübeck, Alemaña o 14 de abril de 1899. Foi ferido na

faciana e quedou cego en 1918, e afirma:

“Os meus pesadelos son un recordo diso. Dende que me ocorreu, non

deixei de soñar. Hoxe teño incluso máis pesadelos. Penso nesa granada que

estoura unha e outra vez...coido que sempre agardei ao home que me feriu. Nada

xustifica o asasinato de un, dous ou millóns de homes. É o maldito lixo que

ocorreu neste século”

Autor: Diego Xesús López González.

Page 21: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

3. O NOVO MAPA DE EUROPA.

3.1. O Tratado de Versalles.

“Paz de Versalles”

Nesta foto podemos ver como os militares están a presenciar as

resolucións trala guerra. Desta reunión sairán as imposicións para os perdedores,

en especial Alemaña. Aquí está un dos precedentes sa ascensión do

Nacionalsocialismo alemán, é dicir, o sentimento de humillación que provocará o

afán de desquite do país xermano.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 22: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

3.2. Un Novo Mapa de Europa.

“Europa e Oriente Medio despois da Guerra de 1914-1918”

Tralo “Tratado de Versalles” configurouse un novo mapa de Europa.

Xorden novos Estados a costa da descomposición dos Imperios como Estonia,

Letonia e Lituania, Iugoslavia, Hungría, Austria, Checoslovaquia ...Neste mapa

está a clave para entendérmonos os vindeiros anos, no que outra guerra asolará

o mundo.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 23: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

3.3. Paz nos Balcáns?

“Os Balcáns en 2008”

Coa Paz de Versalles, tras a Primeira Guerra Mundial, creouse un novo Estado,

resultado da unión de serbios, bosnios, macedonios, montenegrinos, croatas e

eslovenos, que en 1929 se denominaría Iugoslavia. Tras a Segunda Guerra

Mundial proclamouse a República Federal, e o Estado iugoslavo estivo dirixido

polo Partido Comunista até 1980. Coa caída do Comunismo, as tendencias

nacionalistas desencadearon unha guerra civil en 1991. A raíz destes

enfrontamentos fóronse independizando cada un dos Estados: Croacia, Eslovenia

e Macedonia en 1991, e Bosnia- Herzegovina en 1992, quedando reducida

Iugoslavia ás repúblicas de Serbia e Montenegro. En 2002, os líderes iugoslavos

acordaron a formación do novo Estado Federal de Serbia e Montenegro. En 2006

Montenegro independizouse dese estado federal. En 2008, Kosovo

independizouse de Serbia.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 24: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

4. CONCLUSIÓN.

O presente Expediente Histórico explica paso a paso a evolución da

Primeira Guerra Mundial e as consecuencias que trouxo no devir histórico.

Todas as fotos, mapas, táboas estatísticas,...aportadas neste traballo

están a abordar os puntos máis interesantes ou máis importante4s do devandito

tema.

Deste xeito, as alumnas e alumnos terán ao seu alcance a posibilidade

de levar a cabo unha aprendizaxe máis comprensiva da historia, sempre e

cando, e previamente, se faga unha exposición teórica da materia.

Unha vez desenvolvida a teoría, o expediente facilitará o estudo dun

xeito máis realista e poida que motivador, xa que a explicación non ficará

nunha mera lectura formal dos datos, senón que eses datos e feitos van ser

complementados e analizados directamente nas clases.

Agardo que, algún día, a posta en práctica chegue a ser tan

enriquecedora e motivadora como a min me resultou a elaboración deste traballo

que, grazas ás novas tecnoloxías, foi máis interesante.

Autor: Diego Xesús López González.

Page 25: Expediente Histórico da Primeira Guerra Mundial

5. BIBLIOGRAFÍA.

- VV.AA., Enciclopedia Encarta 97, Microsoft, 1997.

- VV.AA., Xeografía e Historia, 4ºESO, Ed. Santillana, Vigo, 1995.

- Ernst Jünger, Tempestades de acero, Ed. Tusquets, Barcelona, 1993.

- Erich María Remarque, Sin Novedad en el Frente, Ed. Pòcket-Edhasa,

Barcelona, 1994.

- VV.AA., Historia Universal, vol.10, Ed. Planeta/Sudameriucana, Madrid,

1982.

- Francisco de Asís Veas Arteseros e Aurelio Cebrián Avellán, Geografía e

Historia, vol.3, Ed. MAD, Sevilla,2000.

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

- http://www.kalipedia.com/

- http://images.google.es/imghp?hl=gl&tab=wi

Autor: Diego Xesús López González.