9
iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web www.feiraco.es E-mail [email protected] Persoa de contacto Xosé Montes Fórmula xurídica Cooperativa de explotación comunitaria da terra Vídeo http://www.diadocooperativismo2013.com/Image_0.jpg.flv? iframe=true&width=740&height=500 A experiencia Feiraco é unha cooperativa agraria creada no ano 1968 na Comarca do Barcala. É unha gran cooperativa, coas seguintes cifras para 2011: facturación: 100 millóns de euros; empregos 194; 3.460 persoas socias e 540 granxas produtoras de leite. O volume de leite recollido é de 112 millóns de litros. Os pensos vendidos son 60.000 toneladas e o gasóleo 9 millóns de litros. A superficie de sementeira de millo é de 3.040 hectáreas. Como parte da súa identidade cooperativa, exerce un compromiso coas persoas que a forman: as que son socias e as que traballan en Feiraco.

iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

  • Upload
    dinhnga

  • View
    220

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

in ic iat ivas no rural galego

Iniciativa Fei raco S . Coop. GalegaEnderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña

Web www.feiraco.es

E-mail [email protected]

Persoa de contacto Xosé Montes

Fórmula xurídica Cooperativa de explotación comunitaria da terra

Vídeo http://www.diadocooperativismo2013.com/Image_0.jpg.flv?iframe=true&width=740&height=500

A experiencia

Feiraco é unha cooperativa agraria creada no ano 1968 naComarca do Barcala. É unha gran cooperativa, coas seguintescifras para 2011: facturación: 100 millóns de euros; empregos 194;3.460 persoas socias e 540 granxas produtoras de leite. O volumede leite recollido é de 112 millóns de litros. Os pensos vendidos son60.000 toneladas e o gasóleo 9 millóns de litros. A superficie desementeira de millo é de 3.040 hectáreas.

Como parte da súa identidade cooperativa, exerce un compromisocoas persoas que a forman: as que son socias e as que traballanen Feiraco.

Page 2: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

As orixes

Feiraco é unha cooperativa agrariacreada a finais da década dos 60' naComarca do Barcala, baixo a direccióndo rexistrador da propiedade e intelectualagrarista Jesús García Calvo, coobxectivo de contribuír aodesenvolvemento económico e social dazona.

Os seus primeiros pasos foronencamiñados cara á construción dunhafábrica de forraxes para a alimentaciónde gando vacún, ademais doutrasiniciativas como importación de novillasde alto valor xenético, compra desementes, comercialización defertilizantes, etc.

Posteriormente constituíuse unha novasección dedicada á venda do leite dossocios produtores a través da industrialáctea transformadora. Un proxecto queculminou coa comercialización directa conome de FEIRACO.

A cooperativa recolle, procesa ecomercializa as producións dos seussocios, cuxa cifra supera xa os 3.000, aosque presta apoio en todas as súasactividades económicas, fomentando asío desenvolvemento dos territorios ondese asenta e a cohesión social dapoboación e dando emprego directo,industrial e de servizos a unhas 200persoas.

Feiraco é unha cooperativa multiproductoque dá cobertura a todas as necesidadesprodutivas dos seus asociados a travésdas súas distintas divisións, que abarcandesde os lácteos, alimentación animal,asesoramento zootécnico, solo,fertilizantes, sementes, taller, gasóleos,tenda agraria, seguros, asesoríaempresarial, etc.

Desde o ano 1995 dedícase a promoveraccións sociais e culturais para os seusmembros e a sociedade no seu conxunto,a través da Fundación Feiraco.

Page 3: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

O territorio

Feiraco nace na Comarca de Barcala (Negreira e A Baña) a partir da uniónde 400 gandeiros. A zona limítrofe coa marxe esquerda do Tambre está moiunida a Negreira, polo que desde o inicio Ames e Brión foron claves.Despois todos os unidos a estes: Mazaricos, Santa Comba, Val do Dubra, aparte rural de Santiago ou Rois. A zona de influencia, xa no ano 69,abranguía 8 ou 10 concellos.

Algús destes concellos, como Negreira ou A Baña, pasaron a ser concellosde servizos, e residenciais, pola proximidade a Santiago. Debilitouse a parteagrogandeira e mesmo a agrícola.

Feiraco foi abranguendo outras zonas e tamén descentralizou os seus servizos abrindo centros como oda Picota, en Mazaricos, que é o concello con máis explotacións, unhas 120. Neste momento ten 512explotacións en total, cando nalgún tempo tivo 3000. Pero esas 512 producen máis que as 3000. Teñenmáis gandería, case 3000 vacas.

Os concellos son rurais e gandeiros. Teñen ese sinal de identidade. Pola súa parte, as persoas quetraballan en Feiraco pertencen en maior medida aos catro concellos iniciais.

A influencia de Feiraco é en toda Galicia, porque defende prezos fronte ás multinacionais.

Arraigo das novas xeracións

A cuestión do abandono do medio e das explotaciónsrurais por parte da xuventude está a cambiar. Antes ofrecuente era que os propios xoves optaran por marchar:estudar na cidade, ás veces nun piso dos pais, e buscarsaídas por aí. Ou tamén que os propios pais non quixeranque os seus fillos quedaran nas explotacións.

Desde Feiraco fíxose e faise formación a socios para que involucren aos fillos.

Agora, xa desde antes da crise, hai explotacións medianas e grandes en que os pais mandan aos fillos aformarse no ámbito agrograndeiro para continuar coa actividade. O peso das persoas novas titulares deexplotacións está próximo ao 50%.

Page 4: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

O papel da mul ler

Tamén se incrementou o peso das mulleres, moitas veces mulleres novas que son quen dan orelevo.

O 65% das explotacións gandeiras teñen como titular a unha muller. No consello reitor hai presenzafeminina e unha das mulleres que fai parte do mesmo lidera un grupo de mulleres para impulsar unmaior peso nos órganos sociais. Están colaborando co resto de cooperativas agrarias españolas parafavorecer a visibilización e implicación das mulleres nas cooperativas.

Feiraco tivo un papel: deu formación, conciencia a través de charlas e xornadas, axuda na mellora dobenestar dos seus socios e socias, que é algo que ademais agora se demanda pola súa parte.

Calidade laboralA actividade gandeira é máis amarrada que outras, xa quenon deixa días libres. Pero pode compaxinarse con outrastarefas, permite xogar co teu tempo, grazas á mecanización.Os servizos que presta a cooperativa fan que non se teñaque estar tan absorbido.

Algúns socios levaron adiante unha iniciativa que foi impulsada pola cooperativa: equipos desubstitución. A cooperativa fíxoo directamente, logo a xente fíxoo pola súa conta. Agora demándasemáis. Hai entre tres explotacións do Val do Dubra, dúas persoas contratadas, e aprendérono aí.

Outro exemplo é o de xente nova, que se uniu nunha explotación, rótanse e teñen vacacións, porexemplo 15 días. Agora existe esa posibilidade que antes non existía. E iso anima á xente nova.

Page 5: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

Cambio na ident idade rura l

A cooperativa axuda a que a xente una as súas explotacións. O 99% das unións foron apoiadas pola cooperativa con servizos de formación, estudo de viabilidade, da infraestrutura, da maquinaria, etc. Actualmente están a apoiar un plan de explotación, para profesionalizar, co respaldo técnico de Feiraco.

Hoxe o gandeiro xa non é unha persoa que non se sente valorada (aínda hai, pero menos). Agora sondonos dunha cooperativa importante, e con valor. O ambiente é diferente.

Avanzar na igualdade

Feiraco é unha das primeiras cooperativas cun Plan deIgualdade, e con medidas de conciliación: permisos laboraisde maternidade... sempre dirixidos ao persoal laboral. Agoraestase tratando de levar isto ás socias: estase pensando nunplan de formación, en xornadas e en atender as demandasque teñan, como pode ser os centros de día.

Tamén no acceso a rendas complementarias. Neste sentido estamos potenciando a produción hortícola,que é compatible coa actividade agraria e complementaria da mesma.

Neste sector xa houbera un intento por parte de Feiraco, pero sen redes propias de comercialización,resultou difícil. Agora formúlase a través dunha cooperativa especializada, que lle asegura acomercialización porque xa está funcionando nese sector (Horsal).

Page 6: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

Os coidados

Nós valoramos moito o feito de que a xente maior nas aldeas debeter xente que se ocupe. Facer grupos para apoiar a asistencia encasa, para que as mulleres podan atender a explotación. Feiraco oque ofrece son instalacións, a promoción da formación co persoalque temos, estudar o proxecto dos centros de día, cun estudio feitopola universidade, que contempla 3 centros.

Feiraco non pode dedicarse a isto, pero si impulsalo e promovelo. Tamén a través da Rede Eusumo,impulsamos a creación dunha cooperativa de servizos sociais para prestar este tipo de servizos.

Sabemos que ese problema existe e afecta aos socios e socias de Feiraco, o cal non implica que non sefaga tamén aberta a máis persoas. Tamén hai xente que é socia e non ten explotacións. De feito hai 500explotacións e socias de pleno dereito unhas 3200 persoas. Por iso sería aberto tamén a todas estaspersoas.

Acceso a ter ras

Nos quixemos tamén promover un banco de terras. Estase niso, pero tes que axudarte naAdministración, porque requires autorizacións, permisos... Hai moita carga gandeira e escaseza de terra:duplicamos ou case triplicamos a carga desexable.

Neste sentido a cooperativa procura non perder a terra que xa hai e recuperar as ociosas. As terras dasexplotacións que pechan quedan incorporadas ás que existen. Outras están abandonadas.

Dentro das persoas socias que non teñen explotacións, o outro día unha nos reclamaba que podía facercoas súas terras. Por aí é por onde temos que buscar liñas para recuperar iso.

Page 7: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

O papel da xente de fóra

É moi raro que veña xente de fóra ou que alguén merque unhaexplotación. Hai que nacer na explotación para sentila, vivila edefendela. E en Feiraco as persoas socias son do territorio. Quenmarcharon si poden volver, porque ademais agora non teñenoutras alternativas laborais. Pero isto só sucede coa horta, porqueten un investimento moi pequeno.

Non así coas explotacións gandeiras, que requiren moito investimento e nas que agora mesmo nonterías cota láctea. A cota non está ociosa, sempre está en mans doutras explotacións, alugada ouvendida. Nós procuramos que a vendan a outras persoas socias: Feiraco comercializou moitas cotas desocios cara outros socios, precisamente para non perdela.

Relacións con axentesComo toda cooperativa, Feiraco é un proxecto autónomo, dos seus socios e socias. Pero é precisomanter relacións con múltiples axentes: “somos unha cadea”. A intercooperación coas outrascooperativas é un aspecto moi importante e que vai tomando cada vez máis peso e abordando máisexperiencias.

En canto a innovación, temos moita relación coas tres Universidades, e principalmente co Campus deLugo na parte láctea. Tamén cos laboratorios cos que traballamos, a relación comercial acaba sendo moitécnica, sobre todo en xenética.

Feiraco, pola súa parte, ten unha relación moi fluída cos concellos, dos cales moitos son membros dopatronato da Fundación Feiraco (Ames, Brión, A Baña, Negreira e Mazaricos). Participamos enproxectos comúns.

Tamén colaboración coas escolas de formación agraria. Nós aproveitamos iso para facer cursos coalumnado para explotacións, e tamén co profesorado. Traballamos cos colexios, cos nenos...

Aprendizaxes

Temos dificultades para crecer, porque hai moita presión das multinacionais queteñen armas que nós non temos: nós non podemos tratar a un socio diferenteque a outro. Eles ofrecen condicións distintas a uns e outros. Entón ás vecesperdemos socios, outras veces os recuperamos porque se portan mal con eles.E nós temos o mellor prezo de Galicia, pero ás veces a xente fíase máis donome dunha multinacional que dunha cooperativa. Algunha experienciacooperativa fracasada fíxonos moito mal, afectando moito ás cooperativas e asúa fama.

Por outra parte, ao mellor non estivemos sempre tan preto do socio comodeberiamos. Por iso agora o reto é estar cerca da xente e convocala unha eoutra vez.

Page 8: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

Participación

A fórmula cooperativa é democrática e implica a toma dedecisións en asemblea, por parte de todos os socios e socias.

Ao ser unha cooperativa tan grande onde non hai tanta relación de proximidade, así como a extensiónterritorial case inabarcable, fai que a implicación das persoas socias non sexa tan fácil como nunhacooperativa pequena. Non todas as persoas queren participar, e por exemplo algunhas que estánesperando a xubilarse, non teñen unha posición activa.

Sen embargo, desde Feiraco procúrase incentivar dita participación, con formación, promovendoiniciativas nas que a xente vaia collendo a responsabilidade sobre a propia xestión. E existen, de feitopersoas e grupos de traballo moi activos e constantes.

O Consello Reitor ten representadas ás 6 grandes zonas da cooperativa. Con algúns produtores arelación é máis próxima, xa que hai reunións en grupos de traballo específico cada quince días ou cadames, ademais dos cursos de formación que hai de forma permanente. As necesidades das persoassocias canalízanse a través de 6 vocais de zona e outras 11 persoas. Os retos agora son:

• Fidelización: que toda a produción vaia á cooperativa. Imos lanzar unha enquisa anual paramedira a satisfacción das persoas socias e recoller as súas demandas.• Grupo de mulleres para estar máis representadas, acorde ao seu peso, e liderar a xestión dacooperativa. En 4 anos deben estar cando menos no 50%.

Hai un peso técnico importante na motivación por participar porque a clave para esta participación activaé que a xente vexa rendibilidade. É importante facer estudos serios. O liderado de Feiraco hoxe xa non éunha persoa, senón a propia cooperativa, que é líder no sector. A cooperativa colleu unha dinámica porsi soa desde hai anos, sen depender tanto da figura do seu fundador. Aquí hai moita xente que liderou:ao persoal técnico débenselle moitas melloras. Hai xente carismática como o noso director xeral que nosabriu portas cara fóra...

Page 9: iniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. … fileiniciativas no rural galego Iniciativa Feiraco S. Coop. Galega Enderezo Ponte Maceira s/n. Ames, A Coruña Web E-mail

Impactos

Ter r i to r io in te l ixente

Fixemos moitas cousas ben na calidade do leite e na innovación. A idea de integración tamén é moiimportante. A Cooperativa conta cun proxecto estratéxico de innovación encamiñado a optimizar aalimentación animal como factor determinante para a produción de leite saudable. Para iso reprodúceseo sistema tradicional de alimentación do gando, alargando o perfil de nutrientes da herba verde daprimavera ao longo de todo o ano. O produto resultante é o leite UNICLA.

Este produto englóbase no programa “Hesíodo”, encamiñado tamén a engadir valor á participación dosgandeiros no proceso produtivo e, con iso, contribuír á humanización e dignificación das tarefas propiasdesta actividade. Por esta iniciativa recibiu o Premio Europeo á Innovación Cooperativa, outorgado enBruxelas polas Cooperativas Europeas.

Outros recoñecementos: son a certificación Leite Galega 100%, a certificación Letra Q de Trazabilidade,que garante a máxima calidade en todo o proceso de produción. Por primeira vez en Europa, 11 granxasde Feiraco obteñen a certificación ISO 22.000 á seguridade e calidade alimentarias, que acredita oprimeiro elo da cadea alimentaria: a produción.

Ter r i to r io inc lus ivo

A principal achega de Feiraco é que dignificou a vida dos labregos, da xente do rural. Conseguiu quesentise autoestima, que se valorase, que visen que son capaces de saír adiante e de ser parte dunhaempresa importante.

Por outra parte, é a primeira cooperativa española certificada por AENOR como Empresa FamiliarmenteResponsable (EFR). Conta cun Plan de Igualdade desde 2009 e está adherida á Rede Española doPacto Mundial de Nacións Unidas, unha iniciativa que promove valores fundamentais relacionados cocumprimento dos dereitos humanos, ambientais e de loita contra a corrupción.

Ter r i to r io sustentable

A política ambiental de Feiraco céntrase na redución do consumo de enerxía e de auga, a elección demateriais reciclables, a xestión eficiente dos residuos e o incremento da sensibilización a través decursos de formación específicos. Tamén traballa na reducción da pegada de carbono. As granxas Unicla,por exemplo, reducen un 25% das emisións de CO2.

Teñen en marcha programas de aforro enerxético nas principais granxas produtoras de leite. Ademais,diminúen o uso de fertilizantes e potencian o emprego de enerxías alternativas. Optimizan as rutas derecollida do leite, reducindo custos no transporte e minimizando o seu impacto ambiental. Froito da nosapreocupación por reducir os niveis de CO2, elaboraron un estudo que busca examinar a relación entre aalimentación do gando e as emisións de CO2. Os envases dos produtos Feiraco empregan papelcertificado FSC, elaborado con materias primas procedentes de bosques xestionados de xeitoresponsable.