24
Área Institucional E EL LE EC CC CI IÓ ÓN NS S F FG GB B Entrevista L LE EO OP PO OL LD DO O I IB BÁ ÁÑ ÑE EZ Z Árbitros F FO OR RM MA AC CI IÓ ÓN N O ON N L LI IN NE EA AO O A AL LC CA AN NC CE E D DE E T TO OD DO OS S Seleccións G GA AL LI IC CI IA A, , D DI IR RE EC CT T A A A AO O C CA AM MP PI IO ON NA A T TO O D DE E E ES SP P A AÑ ÑA A C CA AD DE ET TE E

LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

Área Institucional

EELLEECCCCIIÓÓNNSS FFGGBBEntrevista

LLEEOOPPOOLLDDOO IIBBÁÁÑÑEEZZÁrbitros

FFOORRMMAACCIIÓÓNN ““OONN LLIINNEE”” AAOO AALLCCAANNCCEE DDEE TTOODDOOSSSeleccións

GGAALLIICCIIAA,, DDIIRREECCTTAA AAOO CCAAMMPPIIOONNAATTOO DDEE EESSPPAAÑÑAA CCAADDEETTEE

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 1

Page 2: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

EDITA: FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

PRESIDENTE: FRANCISCO MARTÍN MICÓ

REDACCIÓN: FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

DESEÑO E MAQUETACIÓN: EQUIPO PUBLICIDAD

PUBLICIDADE: EQUIPO PUBLICIDAD 981 530 200IMPRESIÓN: IMPRENTA MUNDO

A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO NON SE FAI

RESPONSABLE DAS OPINIÓNS CONTIDAS NOS ARTIGOS

DESTA REVISTA, QUE SE CORRESPONDEN COAS OPI-NIÓNS DOS AUTORES DOS MESMOS E PODEN NON COIN-CIDIR COAS DA FEDERACIÓN. AS IMAXES E

ILUSTRACIÓNS CONTIDAS NESTA PUBLICACIÓN UTILÍ-ZANSE CO CONSENTIMENTO E AUTORIZACIÓN DOS TITU-LARES DO COPYRIGHT SOBRE ELAS.

QUEDA TOTALMENTE PROHIBIDA A REPRODUCCIÓN, CO-MUNICACIÓN PÚBLICA, (INCLUÍDA A POSTA A DISPOSI-CIÓN INTERACTIVA), DISTRIBUCIÓN E TRANSFORMACIÓN

TOTAL OU PARCIAL DESTA REVISTA.

SUMARIO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .2EDITORIAL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3INSTITUCIONAL: Eleccións FBG . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .4“La Rosaleda” coas Seleccións Galegas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .6Designación: Campionatos de España Infantís . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7Bo Nadal 2014: Unha canastra decisiva . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8ARTIGO: DEFENSA I. Parte 2ª . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .9ENTREVISTA: Leopoldo Ibáñez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .11ACTUALIDADE : III Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .14Seleccións Infantil e Minibasket 2015 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16Campionato de España: Seleccións Autonómicas Cadetes . . . . . . . . . . . . . . . .17ÁRBITROS: Formación “on line” . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .18ADESTRADORES: AEEB Galicia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20II “Claustro Docente FGB” . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .21AXENDA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .23

Patrocinador Oficial da Federación Galega de Baloncesto

Sumario#6

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 2

Page 3: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

3

Francisco Martín MicóPRESIDENTE DA FEDERACIÓN

GALEGA DE BALONCESTO

echamos 2014 coa publicación dun novo número de “BASQUET”, un exemplar esteben especial polo que supón para min como Presidente da Federación Galega de Ba-

loncesto.

Acabamos de celebrar unhas eleccións á Presidencia nas que a miña candidatura recibiuo aval do Baloncesto Galego para continuar ao seu fronte catro anos máis. A confianzaamosada pola Asemblea Extraordinaria e os seus representantes simboliza a posibilidadede aproveitar o tempo para seguir polo camiño marcado, escoitando, compartindo e me-llorando entre TODOS aquelas cuestións do noso deporte que requiren trocos.

E precisamente con este obxectivo en mente non detemos o ritmo. Importantes actividadesprecipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, apiques de afrontar un Campionato de España do que sempre extraer as mellores sensa-cións.

Xunto a elas agardan xa a súa quenda os seus compañeiros en infantil e minibasket, todosbaixo unha nova estrutura de adestradores e delegados comprometidos ante o sempre im-portante reto. Dende aquí, enviar o meu agradecemento ao magnífico traballo dos cadrostécnicos saíntes.

O Baloncesto Base segue a ser un dos nosos pilares fundamentais, dicindo adeus a esteano entre esta dinámicas das Seleccións e a celebración da III Xuntanza de Seleccións Mi-nibasket, a cuxos protagonistas podemos ollar nestas páxinas. Eles son o presente e o fu-turo máis ilusionante do noso deporte.

2015 virá tamén repleto de gratas accións nesta liña: a celebracións de dous campionatosde España Infantís de clubs na nosa terra, o impulso á formación de Adestradores a travésda ligazón entre a AEEB e a propia FGB, ou a dinamización da plataforma didáctica paranovos colexiados están no horizonte.

Dispoñemos pois ante nós dunha apaixoante senda na que envorcar todos os esforzos po-sibles por ser os primeiros e por ofrecerlle ao baloncesto galego as garantías que de nósdemanda. Trátase dunha tarefa que afrontamos, e eu persoalmente sen dúbida, agradeci-dos a toda a familia do noso deporte en Galicia: clubs, directivos, adestradores, xogadores,árbitros, delegados e afeccionados. Sen o seu apoio, ratificado nas urnas, nada de istosería posible. GRACIAS E BO NADAL.

P

Editorial #6

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 3

Page 4: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

Institucional#6

4

ELECCIÓNS FGB:Francisco Martín reelixido Presidente

A Federación Galega de Baloncesto celebrou neste mes de decembro unha cita crucial para oseu devir durante os próximos catro anos. As Eleccións a Presidente e Membros da Comisión Dele-gada tiveron lugar o dous de decembro, renovando por unha ampla maioría a presidencia a cargo deFrancisco Martín Micó.

Coas candidaturas oficiais á presidencia de Armando Álvarez e do propio Francisco Martín, e coapresenza de 39 asembleístas dun total de 55 convocados, a votación dos asembleístas concedeu aFrancisco Martín a posibilidade de estar ao fronte do Baloncesto Galego durante catro anos máis.

Micó renova este cargo por terceira vez consecutiva. Dúas eleccións máis no seu haber compo-ñen o camiño percorrido ata este intre. Da man dunha nova Comisión Delegada, elixida na mesmadata, ábrese agora unha nova etapa.

ELECCIÓNS FGB: os datosPresidencia. Francisco Martín, 37 votos.Armando Álvarez Pena: 0 votos.Votos en Blanco: 2 votos.

Comisión DelegadaEstamento Adestradores: José Antonio Sama Díaz.Estamento Árbitros: Francisco Guillamet Noya. Estamento Clubs: Jorge Castiñeiras Arenaz, Jorge López Mos-quera, Carlos Vázquez Ferro, Jesús Armando Lázare Rincón eLeopoldo Ibáñez Santiago.Estamento Xogadores: José Antonio Vázquez e Juan C. Ares

Méndez.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 4

Page 5: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

5

#6Institucional

Francisco Martín: “mellorar e consolidar o realizado”Coa confianza dos asembleístas galegos recollida na Asemblea Extraordinaria que o nomeou, de

novo, Presidente FGB, Francisco Martín ten por diante a posibilidade de levar a cabo os obxectivosmarcados para un novo ciclo.

Estas metas, concentradas en dez puntos xerais, recolléronse na súa candidatura e permanece-rán vixentes e expostas á avalización do Baloncesto Galego e os seus Federados.

DECÁLOGO PARA O FUTURO INMEDIATO

1. Mellorar e Consolidar o realizado ata o día de hoxe.2. Competicións máis serias e de espírito máis competitivo.3. Implementar a formación para Adestradores, Xogadores, Árbitros e Directivos.4. Pulo e avance para as Competicións de Base.5. Política óptima de relación con Institucións, Empresas e Patrocinadores.6. Consolidación da FGB no ámbito das Federacións Autonómicas a nivel FEB.7. Auditoría Externa dos Recursos Económicos. Xestión equilibrada e transparente. 8. Incrementar o Feedback Clubs - Federación.9. Novas Plataformas de Comunicación. 10. Agradecemento e Recoñecemento constante a clubs, deportistas, institucións colaboradoras

e afeccionados.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 5

Page 6: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

O grupo hospitalario “La Rosaleda”terá moito que dicir a partir de agorano ámbito das nosas SelecciónsGalegas Cadetes, Infantís e Minis.

A entidade sanitaria e a FederaciónGalega de Baloncesto son novosaliados no que ao apartado doscombinados autonómicos se refire,converténdose “La Rosaleda” nopatrocinador do xogo das nosasSeleccións.

La Rosaleda acompañará ás Se-leccións Galegas no seu percorridocara aos campionatos de Españanas diferentes categorías, sendo acita inmediata a deste xaneiro de2015 para os equipos cadetes.

FGB e “La Rosaleda” selan con “sa-tisfacción” para este 2015 unacordo definido polo propio directorxerente do grupo hospitalario, Ra-fael Silva; como un paso máis noseu apoio ao deporte base e nasúa “estreita vinculación que La Ro-saleda ten co baloncesto a travésdo Obradoiro”.

Institucional#6

6

“LA ROSALEDA”:a aposta gañadora para as seleccións galegas

Renovación da imaxe

A chegada de “La Rosaleda” á dinámica das Seleccións Galegas trae con-sigo para as mesmas unha renovación visual que se dará a coñecer nopresente mes de decembro e na que a imaxe do novo patrocinador e avalestará ben presente. Este forte apoio de “La Rosaleda” aos combinados galegos é recoñecidopolo presidente FGB, Francisco Martín, agradecido pola “confianza e oapoio de La Rosaleda e do seu director”.

O Papel das Seleccións Galegas 2015 nos Campionatos de España daman do seu novo patrocinador promete non defraudar as boas expectati-vas deportivas.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 6

Page 7: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

7

#6

Galicia, sede para os Campionatos de España de clubs infantís 14/15 e 15/16

Institucional

Galicia e a súa FederaciónAutonómica de Baloncestoconsolídanse como unha ga-rante de organización no queao panorama deportivo se re-fire. De novo, a FEB escolleGalicia como escenario paraas importantes citas dos na-cionais de clubs. A nosa Co-munidade será a anfitrioadestes eventos na súa cate-goría infantil durante estapresente temporada, 2014 -2015, e na vindeira 2015 -2016.

Dobre boa noticia, respon-sabilidade por duplicado enovos restos organizativosnos que a Federación Ga-lega de Baloncesto traba-lla xa e cuxas sedesatópanse en proceso dedecisión.

Antecedentes

A relación de Galicia cos Cam-pionatos de España de Clubssupón un aval para a actual de-signación como escenario deambos eventos infantís. En te-rritorio galego téñense cele-brado dende a lonxanatemporada 1967/1968 un totalde 33 campionatos, amosandoa súa estreita ligazón con estedeporte e a resposta positiva deafección, clubs e institucións encada competición.

Esta traxectoria, que entre o 14e o 20 xuño de 2015 ampliarános Campionatos Infantís, ten unlongo percorrido xeográfico doque é obrigado facer memoria:

Campionatos deEspaña “Juvenil”Masculino67/68 Lugo 77/78 A Coruña84/85 Betanzos

Campionatos deEspaña InfantilFeminino80/81 A Coruña97/98 Vilagarcía00/01 Ferrol 03/04 Ourense06/07 Santiago10/11 Vigo13/14 Pontevedra

Campionatos deEspaña InfantilMasculino64/ 65 Santiago 80/ 81 A Coruña97 /98 Vilagarcía00 /01 Ourense03/04 Ourense06 /07 Santiago13 /14 Cambados

Campionatos deEspaña CadeteFeminino86 /87 Porriño

Campionatos deEspaña CadeteMasculino86/87 Vigo11/12 Marín e Cambados12 /13 Ferrol

Campionatos deEspaña JúniorFeminino82/ 83 Ourense84/85 Vigo99/00 Ferrol03/04 Ferrol04/05 Ferrol07/08 Santiago deCompostela

Campionatos deEspaña JúniorMasculino71/72 Ourense91/92 A Coruña99/00 Vilagarcía10/11 Porriño e Tui12/13 Marín e Cambados13/14 Marín, Cambadose Pontevedra

Foto:FEB. A afección galega, mostra de compromiso e entusiasmo ante os Campionatos de España

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 7

Page 8: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

8

#6

Unha “canastra decisiva” para desexar Bo NadalA Federación Galega de Baloncesto celebra e felicita o

Nadal 2014 – 2015 cunha “Canastra Decisiva”, título quedefine á postal vencedora do seu xa tradicional concursode Deseño “O Nadal e o Baloncesto”.

Marta Ferro Romero, de 12 anos de idade e xogadorado Universitario Ferrol; é a autora da Postal oficial FGBpara estas festas. O seu debuxo, que ilustra un partido moiespecial entre Papa Noel e os Reis Magos, resultou eli-xido como vencedor do Certame.

A deportista ferrolá fíxose así coa sorte de poder des-exar un Feliz Nadal a todos os federados e afeccionadosao Baloncesto galego, sumando tamén un destacado pre-mio en forma de táboa dixital, cortesía de “la Caixa”, enti-dade colaboradora da FGB.

Marta recibirá tamén como recoñecemento ao seu traba-llo unha equipación completa da Selección Galega, asícomo un premio en material deportivo valorado en 80 euros.

“Esforzámonos polos nosos Soños”

O espírito da deportividade e o esforzo que acompañanao Baloncesto de xeito indivisible resultaron plasmadospola xogadora santiaguesa Paula Lamas Rodríguez (12anos), actualmente na disciplina de A.D.M Peleteiro.

A súa visión do Nadal e o Basket como dous conceptoscargados de ilusión foi galardoada co segundo premio doconcurso “O Nadal e o Baloncesto”, condición que a faimerecedora dun premio en material deportivo valorado en40 euros, unha sudadeira da Selección Galega e un exem-plar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”

As postais ideadas e creadas por Marta Ferro e PaulaLamas encabezan unha ampla cifra de deseños recibidosna FGB dende diferentes puntos de toda Galicia. A todosos autores das mesmas, remitir o noso agradecemento eindicarlles que, en breves datas, recibirán un especial aga-sallo que valorará o seu compromiso para co Certame.

Institucional

2 PREMIO

1 PREMIO

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:15 Página 8

Page 9: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

9

#6Artigo

DEFENSA I Parte 2ªpor César Iglesias Molares

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 9

Page 10: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

10

Artigo#6

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 10

Page 11: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

11

#6Entrevista

Leopoldo Ibáñez: “El deporte en general necesita financiación, unanueva ley de mecenazgo que sea generosa con elapoyo empresarial”

Apegados al baloncesto desdetodas sus aristas, entregados ypoco, o casi nunca, bien reconoci-dos, los responsables directivos delos clubs merecen un hueco entrelos focos de atención. Abriendo laspuertas y otorgándoles un mere-cido espacio entre las letras queresumen cada trimestre lo queacontece en nuestro entorno, co-menzamos a introducirnos en sumundo a través de la figura de Le-opoldo Ibáñez.

Vinculado al 100% en imagen eidiosincrasia al Universitario Fe-rrol, Leopoldo -sincero y directo-huye de las etiquetas pero pareceencarnar a la perfección el papelde “hombre orquestra” para laentidad que dirige y preside.

Años de esfuerzo y pasión en prodel baloncesto femenino combi-nados con las pequeñas luchasdiarias para mantener a este de-porte en el lugar que le corres-ponde son el mejor aval posiblepara que permanezcamos bienatentos sus reflexiones.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 11

Page 12: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

#6

12

Entrevista

- “Hombre de club”, ¿es este el mejor concepto paradefinir la relación de Leopoldo Ibáñez con el mundodel Baloncesto?

No me gustan las etiquetas. Me gusta el baloncesto ydonde pueda echar una mano allí estaré. Menos jugar,he hecho de todo en este deporte y me sigue gustando,por eso sigo.

-Solemos olvidarnos de la gente que, como tú, llevalos mandos de los clubs desde los despachos. ¿Quémotiva a seguir al frente de una labor, sobre el papel,poco agradecida?

Pues la verdad es que no lo sé. Te cuesta dinero, espoco agradecida, pero al final ... te gusta. Y te quedas.

- ¿Urge quizás una mayor profesionalización en lagestión directiva de nuestros clubs? ¿Os sentís res-paldados?

Una mayor profesionalización es necesaria, pero cuestadinero. Así que no es infrecuente el directivo “hombreorquesta” que hace de todo.

- ¿Qué tipo de plataformas formativas, actividadeso eventos puntuales crees que debe promover laFGB para revitalizar el papel del directivo?

Pues lo mismo que árbitros o entrenadores tienen suPlataforma donde se intercambian experiencias y se in-cide en la labor formativa, tal vez los directivos pudierantener también un espacio de esa naturaleza.

En otro orden de cosas, debería haber un mayor retorno(o mejor dicho, algún retorno) a los clubes de la espon-sorización que puedan conseguir las federaciones que,además, en algunos casos “colisiona” con la de los clu-bes.

- En tu caso, lideras un proyecto eminentementemarcado por el básquet femenino y por tener susede en una ciudad 100% baloncesto como es Fe-rrol. ¿Son las instituciones conscientes de estosdos valores?

Pues la verdad, a veces, no estoy muy seguro. El ba-loncesto femenino es el tercer deporte de nuestro país,solo por detrás de fútbol masculino y del baloncestomasculino.

Se gasta dinero en políticas de igualdad, en el Día de estoy en el Día de lo otro, pero al llegar al deporte, en el día adía, a las administraciones les cuesta poner en practicalo que predican. Por eso digo que no estoy muy seguro.

A alguien que disfruta y vive tanto el deporte, le re-sultará difícil mantener esta pasión lejos de las ta-reas directivas. ¿Cómo se controla esavehemencia?

Generalmente cuando no comento los partidos por in-ternet, suelo ver los partidos solo y en una esquina parano sobresaltar a los que están cerca (es broma). Bueno,con un poco de autocontrol. En eso he mejorado bas-tante con los años y con mi paso por la política.

Muchos años también acumulando experienciasgracias a este deporte otorgarán capacidad para va-lorar qué sobra y que le falta al baloncesto actual.¿Estamos llevándolo por el buen camino?

El deporte en general necesita financiación, una nuevaLey de Mecenazgo que sea generosa con el apoyo em-presarial.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 12

Page 13: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

13

#6Entrevista

La reforma fiscal que acaba de sacar adelante el go-bierno es muy cicatera y no anima que las empresas in-viertan en deporte. Algo ha mejorado el tratamiento delas donaciones de personas físicas pero estamos lejosde lo que se había prometido.

Reto “LF”

El único equipo gallego en la actual Liga Femeninay con un inicio que no desmerece en absoluto. ¿Quéespera el club de esta temporada?

Fundamentalmente ser capaces de competir. Se haapostado por la continuidad de la mayor parte de laplantilla con la confianza de que van a seguir mejorandodeportivamente. Es un reto para el club pero tambiénpara sus jugadoras que tienen la oportunidad de com-probar si sirven para la nueva categoría.

En el panorama económico conocido por todos, lo-gráis competís en la máxima categoría con un ba-lance económico saneado. ¿Dónde radica la clavepara conseguir este equilibrio?

No gastar un euro más de lo que se ingresa. El pro-blema radica que el gasto lo tienes hoy y el ingreso den-tro de 10 u 11 meses. Y las Administraciones, con suscambios de criterio, te pueden dejar colgado en cual-quier momento. Ya ha pasado, y no una vez o dos. De-berían “avisar” y no prometer más de lo que van acumplir. Y hacerlo, además, antes de empezar y no con-firmar las ayudas cuando ya ha terminado la competi-ción. Detrás hay personas que además de trabajar deuna forma altruista y desinteresada, comprometen supatrimonio.

¿Está repercutiendo en las categorías formativasdel club la presencia del equipo sénior en Liga Fe-menina?

Sin duda. El salto ha sido espectacular pues en dos tem-poradas el Uni ha duplicado el número de licencias. Estatemporada, si a las licencias tramitadas incluimos lasniñas y niños de la Escuela de Baloncesto somos 183.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 13

Page 14: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

#6

14

Actualidade

O Pavillón de Restollal, en Compostela, recibiu o pasado seis de decembro o entusiasmo de 160 participantes che-gados de toda Galicia e integrantes das seleccións das Delegacións Zonais FGB.

Os xogadores, convocados para esta xuntanza polos responsables técnicos zonais FGB, deron corpo a un ca-lendario de 24 encontros marcados por un carácter non competitivo e configurados como a proba perfecta paraa avaliación por parte dos novos seleccionadores Minibasket das opcións deportivas da categoría.

Este traballo de observación realizado por Diana Piñeiro, responsable da selección feminina; e por Alberto Pérez,técnico do grupo autonómico masculino; cristalizará agora na primeira convocatoria de adestramentos que reali-cen na temporada, os vindeiros 27 e 28 de decembro.

III Xuntanza de Seleccións ZonaisMinibasket: semente das Seleccións Galegas A Área Deportiva FGB abriu o mes de decembro coa celebración da III Xuntaza deSeleccións Zonais Minibasket, data importante para a planificación de futuro dasSeleccións Galegas Minibasket 2015.

“Mantén a Calma. Hai nenos Xogando”

A Xuntanza de Seleccións ZonaisMinibasket serviu de plataforma deimpulso para a campaña de con-cienciación sobre as boas prácti-cas e a educación no deporte quea Federación Galega de Balon-cesto mantén en marcha, da manda Secretaría Xeral para o De-porte.

Un lema directo como “Mantén aCalma. Hai nenos xogando” presi-diu as camisetas que todos os par-ticipantes na xornada recibironcomo agasallo. Esta chamada aobo comportamento e ao respectoao xogo calou fondo entre públicoe deportistas, gozando tamén dopertinente eco en redes sociais.Todos amosaron estar comprome-tidos cunha causa que seguirá aser protagonista en futuras acciónsde baloncesto base organizadaspola FGB.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 14

Page 15: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

15

#6Actualidade

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 15

Page 16: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

#6

16

Novo escenariode traballo paras as Seleccións Infantil e Minibasket2015

Actualidade

A temporada 2014 – 2015 para as Seleccións Galegasen categoría infantil e Minibasket comeza este mesmomes de decembro, despedindo 2014 cunha renovada es-trutura técnica.

Os catro equipos dan saída nas dúas últimas fins de se-mana do ano a súa etapa de preparación de cara aosCampionatos de España, marcados no seu caso para ofuturo mes de abril.

Novas caras, profesionais con ampla traxectoria e espazotamén para a aposta pola continuidade conforman as ca-racterísticas da escuadra que en 2015 liderará a Galiciadende os banquiños.

Ricardo Aldrey (infantil masculina), Nacho Silva (infantilfeminina), Alberto Pérez Vidal (minibasket masculino) eDiana Piñeiro (minibasket feminina) encabezan o pre-sente grupo de adestradores.

Ao seu carón, e como colaboración indispensable, inter-accionan xa axudantes e delegados, completando uncadro de traballo coa exixencia ao máximo.

INFANTIL MASCULINASeleccionador:

Ricardo Aldrey (C.D. Recimil)Adestrador axudante:

Rubén Vieira (Club Ourense Baloncesto)Delegado:

Javier Peinó (Estudiantes Lugo)

INFANTIL FEMININASeleccionador:

Ignacio Silva (C.D. Bosco)Adestrador axudante:

Fernán Varela (Estudiantes Lugo)Delegada:

Irma Landeira (Pío XII)

ALEVIN MASCULINASeleccionador:

Alberto Pérez (Liceo Vilagarcía)Adestrador axudante:

Nerea Arca (FEDESA)Delegada:

Raquel Salgado (CB. Allariz)

ALEVIN FEMININASeleccionadora:

Diana Piñeiro (AD Cortegada)Adestrador axudante:

Román Gómez (Maristas Coruña)Delegada:

Noelia Duarte (C.D.Bosco)

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 16

Page 17: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

17

Valladolid agarda ao potencial cadete galego

#6Actualidade

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes traslada neste 2015 o seu epicentro a Valladolid. Entre o3 e o 6 de xaneiro as nosas seleccións nesta categoría estarán na localidade pucelana formando parte desta competiciónno seu Grupo Especial.

Con Extremadura, Castilla León, Aragón e Canarias opoñendo resistencia inicial en feminino, e Comunidad Valenciana, PaísVasco, Cantabria e Madrid na combativa fase previa masculina, o panorama queda aberto a poder desfrutar dos melloresxogadores do futuro. Eles concentrarán a interese baloncestística de todo o país nesta entrada de ano.

Pulsando os ánimosSabedores da importancia desta oportunidade, escaparate para o baloncesto base da nosa Comunidade, os responsablestécnicos galegos, César Iglesias e Pepe Váquez , acotan obxectivos.

Cadete Masculina: unha selección, un EquipoCésar Iglesias repite reto, o segundo consecutivo, en categoría mas-culina. Faino de novo ante un potente Campionato de España e coasúa perspectiva de xogo ben clara: “o espírito que queremos amosarou inculcar no noso xogo é o de competir cada balón, cada minuto,de cada partido. Polas nosas características faremos un xogo rápido,facendo o campo o máis grande posible en ataque, e o máis pequenoposible en defensa.”

Manter o carácter competitivo que caracterizou a Galicia cadete napasada temporada destaca tamén no seu caderno de ruta: “Res-pecto ao ano pasado, xeración98 que competiu a alto nivel; quere-mos aproveitar o compañerismo que fixo dunha selección unEQUIPO e tratar de repetir esa imaxe de solidariedade e esforzo co-lectivo”.

Cadete Feminina: defensa e talentoO técnico santiagués Pepe Vázquez, que regresa ao banquiño dunha selección galega catro temporadas despois do seupaso pola categoría minibasket; asume esta volta como un “motivo de orgullo” que trae consigo “unha tremenda ilusión eledicia”.

“O traballo día a día no club e no mundo profesional é estu-pendo pero a maxia que se vive neste tipo de campionatosé especial e a verdade que me encanta poder volver a vivilo.Será unha experiencia máis que sumar e a verdade que po-ñeremos todo o empeño e dar o máximo dun”.

A evolución do seu equipo está a ser a agardada. Entre “sen-sacións moi boas”, a “entrega e esforzo” amosado polas ca-detes galegas nos exames previos fortalece a súa confianzano equipo. “Intentaremos ser unha selección que defenda in-tenso e isto permítanos correr cantas máis veces mellor econseguir sacar o talento individual que as nosas xogadorasposúen tanto a campo aberto como en ataques estáticos.Creo que o noso punto forte é o EQUIPO e quizais o nosopunto débil, ata o momento, é a regularidade”, conclúe.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 17

Page 18: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

18

Árbitros#6

Antonio Pereiro. Alumno II Curso On Line 2014 – 2015

- Cales foron as túas motivacións para realizareste curso?.Gústame o baloncesto pero nunca o vivín desdedentro e esta é unha boa oportunidade.

- Tralo teu primeiro contacto coa plataforma “online”. Cal foi a túa impresión da mesma?Interesante.

- Consideras que é un método axeitado para for-marse nunha tarefa como a de árbitro e oficialde mesa?É un método acorde cos tempos e que se podeaproveitar bastante ben.

- Que vantaxes observas neste tipo de forma-ción?Podes facelo desde calquera parte, estés ondeestés.

- Compartir preguntas e dúbidas de xeito “online” cos teus compañeiros axuda a quitarmedos ante a súa formulación?Así é, fas preguntas que igual en directo nonas farías ou cortaríaste máis.

- Por que aconsellarías aos teus coñecidos queentrasen no mundo da arbitraxe?Para que saiban que facer xustiza igual paratodos non é tan sinxelo.

- Recomendaríaslles facelo a través destecurso?Sen dubidalo.

- Para rematar, que puntos crees que se podenmellorar de cara a optimizar este método de for-mación “on line”?Facer algunha práctica sen que sexa arbitrar unpartido de minis.

CGAB: impulso á captaciónA formación “on line” está a ser o pilar fundamental da temporada 2014 – 2015 parao Comité Galego de Árbitros no ámbito da captación.

Os cursos de iniciación realizados baixo este formato didáctico, con tres convocatorias activas ata oactual mes de decembro, presentan unha alternativa factible para todas aquelas persoas que desexan achegarse, sen trabas xeográficas ou temporais, a este ámbito do baloncesto.

A solución “on line” permite consultar as materias formativas ás veces desexadas e compartir dúbi-das con titores e compañeiros. Todo comodamente e optimizando os resultados formativos.

Un total de 69 alumnos no que vai de temporada 2014 - 2015 avalan este sistema como una ferra-menta eficaz para dar os primeiros pasos como árbitros ou oficiais de mesa. Con dous deles, che-gados a esta opción didáctica por motivos dispares, quixemos sintetizar as principais premisas destemétodo.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 18

Page 19: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

19

#6Árbitros

Sofía Díaz. Alumna II Curso On Line2014 – 2015

- Cales foron as túas motiva-cións para realizar este curso?.Coñecer o ámbito da arbitraxe,como se cometen faltas,pasos, dobres… Para mello-rar, como xogadora deste de-porte.

- Tralo teu primeiro contactocoa plataforma “on line”. Calfoi a túa impresión damesma?Foi un pouco estraño, nunca entrara antes nunha plataformacomo esa, pero foi sinxelo entendela.

- Consideras que é un método axeitado para formarse nunhatarefa como a de árbitro e oficial de mesa?Si, hai escaseza de árbitros e para xente coma min, estudante,non é sinxelo atopar tempo nin forma de desprazarse se ocurso fora en persoa.

- Que vantaxes observas neste tipo de formación?Que á xente á que lle sexa complicado desprazarse poidaasistir ao curso, facelo nunha contorna máis cómoda.

- Compartir preguntas e dúbidas de xeito “on line” cos teuscompañeiros axuda a quitar medos ante a súa formulación?Si, porque ves que todos preguntan e ás veces responden ástúas dúbidas.

- Por que aconsellarías aos teus coñecidos que entrasen nomundo da arbitraxe?Porque me parece que se este deporte lles gusta, poderánaprender, divertirse, gañar cartos…

- Recomendaríaslles facelo a través deste curso?Si, é máis cómodo, podes estar na túa casa tranquila mentresatendes ao curso.

- Para finalizar, que puntos crees que se poden mellorar decara a optimizar este método de formación?Penso que quizais facer as clases más cortas, de só una hora,axudaría a facelas máis amenas.

Triple representación arbitral no Campionato de España Cadete

Galicia volve a gozar deampla representación nalista nacional de árbitrosconvocados para o Cam-pionato de España de Se-leccións Cadetes(Valladolid, do 3 ao 6 dexaneiro).

Guillermo Ríos Marcos,Cristina García Fernándeze Roi Rilo Antelo, adscritosao Grupo 2 do Comité Ga-lego de Árbitros, formaránparte da expedición galegano citado Campionato re-petindo unha experienciade ámbito nacional coaque os tres xa contan noseu haber particular entemporadas pasadas.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 19

Page 20: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

20

Adestradores#6

AEEB GALICIA: un salto formativo para 2015A Federación Galega de Baloncesto e a Asociación Española de Adestradores deBaloncesto preparan para o inminente 2015 unha nova plataforma didáctica queabre as portas de múltiples opcións de calidade para todos os técnicos da nosa Co-munidade.

A FGB, a través da súa área de adestradores,combina estratexias de expansión coa AEEB decara a presentar, en 2015 unha alternativa que,baixo a denominación “AEEB Galicia”, ofrecerá uncompleto calendario de actividades de prestixio.

Os representantes de ambas entidades, Fran-cisco Martín e Juan María Gavaldá; comandaneste proxecto común, cuxo acordo escrito asina-ron en outubro, mes dende o que levan traballandocóbado con cóbado para "dar un paso máis no queá oferta formativa para os adestradores galegosse refire”, tal e como recoñece Francisco Martín.

“Aos nosos programas xa activos como sona Plataforma do Adestrador Galego, o ClaustroDocente e a Aula do Adestrador, engadiremosagora maiores posibilidades a través desteacordo coa AEEB” conclúe o Presidente FGB.

Con este horizonte, Federación Galega de Ba-loncesto e AEEB idean xa a primeira das súas ini-ciativas prácticas a celebrar no marco desteconvenio. A data: febreiro de 2015.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 20

Page 21: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

FORMACIÓN EN INICIACIÓN PARA2015O empeño da Área de Adestra-dores por ofrecer formación decalidade non cesa e xa está atraballar no programa acadé-mico do novo ano que seachega. Como pilar fundamen-tal do proxecto anual deste ám-bito FGB proseguen unhatemporada máis os seus cursosde adestradores, boa mostra dasúa capacidade organizativa epoder aglutinador de docentesde gran calidade.

Se decembro remata coa cele-bración de dúas convocatoriasen nivel iniciación nas Delega-cións de A Coruña e Vigo, onovo ano traerá consigo a posi-bilidade de tomar parte duncurso destas características naDelegación Zonal de Ferrol.Coas datas marcadas, previsi-blemente, para febreiro 2015,lindando co entroido; os aspi-rantes a novos adestradores dacomarca de Ferrolterra poderánoptar a posibilidade de inscri-birse neste estadio inicial dosCursos.

Todos aqueles interesados con-tan xa coa opción de enviar assúas consultas ou a súa previ-sión de inscrición á delegaciónimplicada: [email protected]

O “Claustro Docente FGB” ábreseao campo práctico

A Área Deportiva FGB suma este mes de decembro a 2º edi-ción do “Claustro Docente FGB”, proxecto nado no mes dexuño como a fórmula máis precisa de reunión e debate paraos adestradores galegos, independentemente da súa proce-dencia e categoría.

Tras o seu inicio, de marcado carácter teórico, o denominado“Claustro Docente FGB” dá o necesario paso evolutivo e con-voca aos técnicos a ser parte dunha xornada práctica que terálugar en Cambados (Pavillón do Pombal. 27 de decembro).

De novo contarase para a ocasión coa presenza e colabora-ción de recoñecidos profesionais que porán a súa experienciaao servizo do programa proposto baixo o epígrafe “ADES-TRANDO E APRENDENDO”.

Agardando poder repetir as boas críticas e sensacións reco-llidas na cita inaugural a FGB ultima os detalles deste segundo“Claustro” que, de seguro, volverá a non defraudar.

21

#6Adestradores

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:16 Página 21

Page 22: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

22

Adestradores#6

A 1º edición, en imaxes

A celebración do “I Claustro Docente FGB” serviu de pulo a unha plataforma que contacon ter un percorrido de peso durante as vindeiras temporadas. Todo o acontecido nomes de xuño en Lugo, sede desta primeira cita, quedou recollido en imaxes, cuxo inte-resante contido configura unha achega de valor engadido para os nosos adestradores.

Para facilitar o acceso a este material a todos aqueles técnicos que non puideron estarpresentes, a FGB habilita a canle de YouTube: “Claustro Docente FGB”. A través damesma poden visualizarse as ponencias impartidas por relatores de plena vixencia comoChiqui Barros, Antonio Pérez, Rubén Domínguez e Cristino Menor Parra.

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:17 Página 22

Page 23: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

ÁREA INSTITUCIONAL

DECEMBRO- PROCESO ELECTORAL. ASEMBLEA EXTRAORDINARIA. ELECCIÓNDO PRESIDENTE E COMISIÓN DELEGADA FGB (02/12/12).- PROCLAMACIÓN DEFINITIVA PRESIDENTE E COMISIÓN DELEGADAFGB (09/12/12).

COMITÉ GALEGO DE ÁRBITROS

DECEMBRO - CICLO CHARLAS TÉCNICA NOS COMITÉS ZONAIS: MECÁNICA ECRITERIO ARBITRAL (I).- FORMACIÓN: IV CURSO ONLINE.- DESIGNACIÓNS - TRABALLO TÉCNICO: TORNEOS AMIGABLESSELECCIONES AUTONÓMICAS.

CADETE FEMININO: 6-8/12/14.CADETE MASCULINO: 21-23/12/14.

-CAMPAÑA DE CAPTACIÓN ARBITRAL.

XANEIRO - CICLO CHARLAS TÉCNICA NOS COMITÉS ZONAIS: MECÁNICA ECRITERIO ARBITRAL (II).- CLINIC DE NADAL: ÁRBITROS GRUPO 1 E GRUPO SUB 23.- CLINICS COMITÉS ZONAIS. ANÁLISE METADE DE TEMPORADA.- ENERO: REUNIÓN TÉCNICA ÁRBITROS FEB DEL CGAB.- CAMPAÑA DE CAPTACIÓN ARBITRAL.

FEBREIRO- CICLO CHARLAS TÉCNICA NOS COMITÉS ZONAIS: MECÁNICA ECRITERIO ARBITRAL (III).- DESIGNACIÓNS - TRABALLO TÉCNICO: TORNEOS AMIGABLESPRESELECCIONES AUTONÓMICAS:

TORNEO INFANTIL MASCULINO E FEMININO.TORNEO MINIBASKET MASCULINO E FEMININO.

-CAMPAÑA DE CAPTACIÓN ARBITRAL.

ÁREA DEPORTIVA

DECEMBRO - XUNTANZA SELECCIÓNS ZONAIS MINIBASKET (6/12/14).- TORNEOS AMIGABLES PRESELECCIÓNS AUTONÓMICAS CADETES.

FEMININA: 6-8/12/14.MASCULINO: 21-23/12/14.

XANEIRO- CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICASCADETES.

FEBREIRO- XORNADA HARMONIZACIÓN MINIBASKET GALEGO.

ÁREA TECNIFICACIÓN

DECEMBRO- CENTRO DE TECNIFICACIÓN AUTONÓMICO 2002.- CENTROS TECNIFICACIÓNS ZONAIS 2005 – 2006.

XANEIRO- CENTRO DE TECNIFICACIÓN ZONAIS 2002.

FEBREIRO- CENTRO DE TECNIFICACIÓN AUTONÓMICO 2000 – 2002. - CENTROS TECNIFICACIÓN ZONAIS 2003 - 2004 - 2005 – 2006.

ÁREA ADESTRADORES

DECEMBRO- FORMACIÓN EN INICIACIÓN: CURSO DELEGACIÓNS ZONAIS: VIGO E A CORUÑA.- II CLAUSTRO DOCENTE - PRÁCTICO FGB.- AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO: LINO LÓPEZ.

XANEIRO- AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO.

FEBREIRO- FORMACIÓN EN INICIACIÓN: CURSO DELEGACIÓNS ZONAIS:FERROL. - XORNADA HARMONIZACIÓN MINIBASKET GALEGO. ACTIVIDADESPARA ADESTRADORES + AULA FORMATIVA DO ADESTRADORGALEGO.

23

#6AxendaDEC 2014/

XAN/FEB 2015

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:17 Página 23

Page 24: LEOPOLDO IBÁÑEZ FORMACIÓN “ON LINE” AO ALCANCE DE … · precipítanse nestas datas de Nadal. Temos ás nosas Seleccións Cadetes na recta final, a piques de afrontar un Campionato

MAQUETA_6.qxd:Maquetación 1 23/12/14 16:17 Página 24