74
HOMENAXE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA MMXI LOIA COORDINADOR DA EDICIÓN XOSÉ MANUEL PEREIRO

Loia : Estudo crítico

Embed Size (px)

DESCRIPTION

#1035 http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/CCG_2011_Loia-Estudo-critico.pdf

Citation preview

HOMENAXE

DO

CONSELLO

DA CULTURA GALEGA

MMXI

LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 1

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 2

LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 3

ISBN

978-84-92923-21-2

DEPÓSITO LEGAL

C 918-2011

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 4

LIMIARPOR

RAMÓN VILLARES

Presidente do

Consello da Cultura Galega

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 5

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 6

7

Loia ou o fardel dos soños primeiros

Os galegos trasterrados levan consigo a saudade daterra que deixaron Tamén acontece no caso dos estu-dantes universitarios que, por non teren acubillo acadé-mico na súa terra, foron estudar a outros lugares E alí,fose en Madrid, Barcelona, Salamanca ou Roma, abrolla-ron espléndidas iniciativas culturais, en forma de publi-

cacións, agrupacións culturais e literarias ou xermolos de futurosmovementos políticos Un exemplo deste tipo de iniciativas é arevista Loia, obra dun fato de mozos instalados temporalmente noMadrid dos anos setenta, entre os derradeiros golpes do tardofran-quismo e as primeiras badaladas do que logo se coñecería como“Transición democrática”

Aqueles mozos, universitarios e inquedos, asomados á contracul-tura underground, urbana e universitaria do Madrid previo á “movi-da”, apostaron pola reflexión e pola acción, polas sinerxías de grupoe polo impulso colectivo, innovador e rupturista E así agromouLoia, unha publicación galega alternativa Foron catro númerosque viron a luz entre 1975 e 1978, que acolleron entre outras ache-gas as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro, prematura-mente desaparecido, quen neste 2011 lle dá nome, rostro e obra aoDía das Letras Galegas Tal foi a vontade da Real Academia Galegade se sumar a esta recuperación dunha figura algo maldita e dunhaxeración radical e urbana

O Consello da Cultura Galega adoita sumarse cada ano á granfesta da lingua, a literatura e a cultura galegas cunha publicaciónfacsimilar que vén a subliñar e divulgar algún trazo da obra da figu-ra senlleira evocada na efeméride Neste ano pensamos en resca-tar as páxinas de Loia, revista feita con escaseza de medios e conalgúns, inevitables, soños rotos Pero tamén con talento, xenerosi-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 7

8

dade e compromiso para abrir fiestras e albiscar rumbos e horizon-tes novos Quizais porque, como escribira o Lois, “precisabamosanimar ao sol a saír” e “precisabamos animar á choiva a saír”.

O Lois Pereiro andou por estas páxinas na compaña do seu irmánXosé Manuel –moito agradecemos o seu apoio e axuda para dar alume estas páxinas daquela revista–, de Manuel Rivas, Antón Patiñoe Menchu Lamas, Delfín Mariño e dalgúns algo menos mozos caeles (Fermín Bouza, Vicente Araguas), conformando un equipo novoe plural, no que artes e literatura, xornalismo e banda deseñadaandaban de parcería Fica na memoria agora rescatada “O campodas ratas” e o arrepío núo da morte E a inevitable inadaptacióndos novos naquela prolongación tan alongada e pétrea aludida, ouasí, en “Dispois do tempo frío!”, poema en que Lois Pereiro senteque:

Dispóis do tempo frío

sabes que estamos perdidos

entre un pouco

de violenza.

[…]

Pero dimpóis disto

queda o silenzo

en guerra.

Quince anos despois da desaparición física do poeta Lois Pereiro(Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), este libro déixanos veranacos dos seus comezos, que moi logo agromarían na efervescenciacultural dos anos 80 É obra individual e tamén grupal, que loitabapor sumarse ao inacabable diálogo coa contemporaneidade Conesta edición facsimilar queremos contribuír ao rescate da dimen-sión contemporánea e radical dun autor, individualista e escéptico,comprometido e distante, silandeiro e falador á súa maneira, final-mente convertido nun autor de culto que hogano, por decisión daRAG, pasará a ser autor medianamente popular

Os textos que acompañan esta edición facsimilar contextualizan arevista e reviven unha parte daqueles soños primeiros dos que esta-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 8

9

ban chamados a contribuír, xunto con outros grupos formados nascidades de Vigo e d’A Coruña a darlles novos azos á cultura e á lite-ratura galegas Algúns textos son obra dos promotores da revista(Pereiro, Rivas, Patiño), o que lles permite ollarse a si mesmos nunespello que ten máis anos dos que eles tiñan cando o construíron

Outro texto é debido á pluma de Helena González, profesora deliteratura galega na Universitat de Barcelona, que conxunta periciaprofesional e sensibilidade de “residente ausente”

No seu conxunto, textos e facsímile forman agora unha nova uni-dade que debe resistir máis comodamente o paso do tempo Comoo resiste aquela obra auroralmente publicada en Loia por unhaxente moza que non podía saber a onde chegaría, pero que eraconsciente de que debía cambiar o mundo Esta pouco coñecidarevista é a mellor expresión daqueles soños e utopías que, polomenos en parte, se volveron realidade Non é pequena seiturapoder comprobar agora que aquela fondura poética de ManuelRivas ou do homenaxeado Lois Pereiro, as habilidades organizativasde Xosé M. Pereiro ou a capacidade creadora de Antón Patiño sonagora froita ben madurecida no seo da cultura galega

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 9

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 10

UN ANTIMANIFESTO CHAMADO LOIAPOR

XOSÉ MANUEL PEREIRO

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 11

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 12

13

Na década dos 70, a poesía en Galicia era en certa forma −non na pexo-

rativa− un koljós. Un campo común traballado individualmente, no que

se mesturaban as referencias rurais, propias ou en homenaxe ao mundo

que preservara o idioma, coa reivindicación social e nacional. Os mozos

creadores formaban colectivos de axitación lírica e brandían manifestos,

arremetendo contra o que había e reclamando o que debería de haber.

Loia era todo o contrario, aínda que acabaría sendo o mesmo. Foi un

antimanifesto que se converteu en manifesto.

Quizais polas características dos integrantes. Unha revista de poesía

feita en parte por xentes que non eramos poetas. Érao Lois Pereiro.

Manuel Rivas érao, pero tamén narrador e xornalista. Non o eramos nin

Antón Patiño, nin Menchu Lamas, nin eu. Fermín Bouza e Vicente

Araguas tiñan días e algún colaborador, como Delfín Mariño, nin escritor

era, aínda que resultou selo. É unha revista galega feita por xente que se

coñeceu en Madrid (quitado a obvia excepción de Lois e eu). Manolo e eu

atopámonos en 1973, acabados de chegar á Facultade de Ciencias de la

Información, identificados −e mesmo acurralados− polo acento. Despois

seguimos xuntos, protexéndonos lombo contra lombo, como nas pelícu-

las, contra a realidade mediocre da universidade e do Madrid da época.

Como eramos novos e tiñamos tempo, pensabamos que podiamos e

debiamos saltar ese valo e ir máis alá. Argallabamos actos culturais, con-

certos (Miro Casabella, Benedicto e Bibiano) e representacións teatrais

(Teatro Circo), vendiamos libros de Galaxia na Facultade…, todo con bas-

tante ánimo e nulo beneficio.

Un día ocorréusenos (penso que a el) que, como eu tiña un irmán

poeta en Monforte, podiamos facer unha revista. A Manolo faláranlle dun

rapaz tamén de Monforte (que eu non coñecía) que debuxaba moi ben.

Chamábase Antón Patiño e resultou ter unha moza, Menchu Lamas, que

tamén facía deseños. Quedamos unha tarde os catro no café Tambor, en

Argüelles, un daqueles novos locais para xente enrollada, con cadeiras de

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 13

14

enea e mesas de aglomerado pintado, que empezaban a agromar entre as

cafetarías e snacks-bar de formica e cromados que constituían tamén o

mediocre panorama hostaleiro da época (o que non impedía que no

Tambor nos espetasen doce pesetas por un café con leite, como compro-

bamos con espanto de rústicos chegados á capital).

Falamos e fumamos e seguimos falando e fumando (daquela fumaba-

mos todos, e en todas as partes). Queriamos facer unha revista distinta,

que tamén saltara os valos, aínda que fosen outros. Tiñamos claro o que

queriamos, ou máis ben o que non queriamos. Non queriamos ser serios,

nin épicos, nin marcar camiños polos que habían discorrer outros. Teño

claro que Manuel Rivas era o ideólogo, o director implícito, que propoñía

colaboradores. Lois mandaba os poemas e logo comentaba: “Umm...

Quedou ben”, co seu sorriso tenro. Eu era o secretario de organización e

capataz. Entre outras cousas, porque Rivas volveu a Galicia a traballar na

metade da carreira, e foi facer o servizo militar a Donosti. Soamente ía a

Madrid a examinarse ou dar unha volta, polo que o labor da redacción

faciámolo por carta. Daquela, como eu vivía preto da facultade, debía de

ser o único dos amigos da miña promoción que asistía ás 9 da mañá ás

aulas da materia que pomposamente se chamaba “Tecnología de la

Información”, e na práctica se reducía a aprender o uso do tipómetro −e

por iso era coñecida como “la asignatura de la reglita”− para cadrar e

compoñer textos. A iso se debeu que en Loia (como logo en La Naval), a

miña tarefa principal fose o deseño gráfico. Antón Patiño e Menchu

Lamas eran os encargados de darlle altura gráfica ao resultado, sancio-

nar as miñas propostas e debater sobre deseño e o mundo en xeral, cousa

que faciamos no micropiso que habitaban en Malasaña (tan micropiso

que durmían debaixo do estaribel onde gardaban os cadros, co risco de

morrer esmagados pola propia obra) e no que eu me presentaba estrate-

xicamente un pouco antes da hora da merenda. Foi Manolo, que xa apun-

taba a súa teima de incluír paxaros na súa obra, quen propuxo chamar-

lle Loia (prevendo sen dúbida que logo a compararía cun pardal no

metro), presentando como argumento o dicionario galego-castelán de

Galaxia, no que figuraba coas acepcións de “alondra”, “patraña, mentira

inventada para engañar”, “rumor” e “alabanza”, polisemia ampla e con-

traditoria que nos seduciu de inmediato por axeitada ao obxectivo.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:30 Página 14

15

Cartas de Manuel Rivas a Xosé Manuel Pereiro, desde Galicia ou desde o cuartel de Donosti onde facía oservizo militar, con indicacións para a edición de Loia.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 15

16

O primeiro resultado desa sobredose de fume, cafés e colacao con

galletas, o número 1, saíu a fins de 1975. A portada era unha páxina coa

filmografía de Tarzán, arrincada probablemente dunha das revistas de

cine que mercaba Lois, na que o lugar das fichas das películas estaba

intervido por unha serie de citas que a nós (nomeadamente a Manolo e a

Lois) nos parecían significativas da nosa intención de despistar (Pound,

Pessoa, Pasolini, Maiakovski) e polos créditos da autoría. Os catro de

sempre, mais un amigo estudante de enxeñeiro, Delfín Mariño, que tiña

o detalle de achegar xuntos debuxo e texto. Aparece mencionado Lois

Caeiro, pero ao cabo non se incluíu a súa achega (penso que un texto en

forma de carta) por motivos que non recordo. O mesmo erro repetiuse no

número 2. Non foi o único caso de impublicado. Antón Lamazares pasou-

nos un enorme poema −tamén no senso físico−, do que fomos adiando a

súa inclusión por cuestións técnicas, e Xavier Seoane creo que mandou

outro, ou iso anunciaba Rivas nunha carta. Deste número 1 debemos tirar

arredor dun cento de exemplares, e o logotipo fixémolo á man, ou mellor

dito, a peito, soprando tinta sobre unhas plantillas metálicas, seguindo a

técnica do estarcido ou stencil, da que Patiño sempre foi moi devoto.

O resto do curso botámolo (non exclusivamente) en facer o número 2,

que datamos en xuño de 1976. A portada era a foto dun cuarto da nosa

casa de Santa Cristina do Viso, no Incio, onde foramos pasar un días

Manolo e eu, imaxino que nun intento meu de convencelo das bondades

do campo (eu daquela era un militante ruralista, e el un afervoado urba-

nita). Foi un afondar nas teimas esbozadas no primeiro, fundamental-

mente no uso de letras e tramas transferibles e na utilización de fondos

extraídos das imaxes cotiás para contrastalos cos poemas, tentando crear

así unha mensaxe nova, entre o irónico e o sorprendente, oposta á ele-

gante soidade dos versos sobre fondo branco habituais nas publicacións

e libros de poesía. Así, usamos desde unha páxina do recentemente apa-

recido daquela xornal El País (a da grella de televisión, a sección máis

irrelevante e, ao tempo, máis pop) ata un daqueles esquemas de sociolo-

xía marxista que proliferaban na época. Tamén unha colaxe feita a dúas

mans, “¡Nós os inadaptados!”, que tentaba reflectir de forma non moi sutil

como nos sentiamos naquel Madrid que acababa de despedir ao seu omni-

presente veciño Francisco Franco: uns anacos da Galicia que botabamos

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 16

17

Orixinal en formato DIN A3 de Antón Lamazares que ao final non foi incluído na revista por dificultadesno deseño.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 17

18

de menos chantados nun mapa da cidade. Pero o máis relevante daquel

Loia foi a inclusión dun colaborador de prestixio. Ou mellor, de dous:

Patiño e Casal. De Reimundo Patiño, outro ao que non lle saïamos da

casa, aproveitando ademais que os Pereiro nos mudaramos ao Paseo de

Extremadura, onde el vivía, que nos ofreceu o tesouro dun dos contos, “O

campo das ratas”, do seu amigo Xohán Casal, morto moi novo e sen

publicar nada, e un debuxo que fixo Reimundo para ilustralo. O reloxo

espertador que tamén ilustra o conto era, compróboo agora, o do apara-

dor do cuarto da miña avoa Balbina. A imaxe das árbores, outro resulta-

do da nosa excursión etnofotográfica ao Incio.

O segundo número dunha publicación é a proba de que o primeiro non

foi unha casualidade ou unha arroutada, de que hai proxecto. Así que nel

cometemos o atrevemento editorial de numerar os exemplares e indicar

a tiraxe cunha imprentiña de tampón.

O terceiro número é o da consolidación. O Loia que acudiu por tercei-

ra vez á cita da fin de curso xa non estaba feito a fotocopia en calquera

das copisterías ás que peregrinabamos na nosa condición de estudantes.

Rexeitamos, temerosos, a oferta de facérnola de balde ás agachadas dal-

gún dos monfortinos que atendían tendas no Drugstore da rúa Fuencarral

(unha das primeiras mostras que houbo, naquel Madrid da Transición, do

cosmopolitismo rutilante e sedutor que existía polo mundo adiante), e

acudimos a un establecemento que dispoñía do adianto chamado offset

rápido, descuberto por Patiño/Lamas. Permitía unha maior calidade de

impresión, mesmo usar unha cor a maiores do negro e un prezo axusta-

do a partir de certa cantidade. Así que aquel número tres foi o primeiro

en que non houbo contribucións manuais ao resultado final (e tamén

introduciu a numeración das páxinas, impresión polas dúas caras e con-

traportada). A portada, en orgulloso pero discreto bitono, era unha páxi-

na dunha revista literaria da emigración, posiblemente Céltiga, que

Blanco Amor e Suárez Picallo dirixiron en Bos Aires de 1924 a 1932.

Tamén por primeira vez o staff era desprazado ao interior.

Eramos, segundo se detallaba nunha listaxe de clases e idades, 2 ensi-

nantes (31 e 25 anos) [outra fichaxe, Fermín Bouza, e Delfín Mariño], 1

xornalista (19 anos) [que viña sendo Rivas], 1 obreiro (19 anos) [Manuel

Casás, veciño de Manolo no Castro de Elviña], 1 estudante en paro (19

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 18

19

anos) [Lois], 1 pintor (20 anos) [Antón] e 1 estudante (20 anos) [eu]. Con

todo, penso que na relación falta María Rivas, a irmá maior de Manolo,

que achegara un debuxo cunha linguaxe de xeroglífico pel roxa, e que

logo consolidaría a súa presenza como debuxante. Aquela edición (a

única tamén que tivo título, S/n e outras rúas, que campaba no medio

dunha homenaxe ao noso admirado Conan o Bárbaro) dobraba en páxi-

nas as anteriores, e foi un dispendio colectivo: Antón Patiño facía xa

debuxos e colaxes a toda páxina, Delfín Mariño afrontaba no mesmo

número o relato e o ensaio, e o deseño afondaba xa na utilización case

sarcástica dos vellos debuxos que atopabamos no Rastro e dos obxectos

de uso cotián. Obxectos en senso estrito. As páxinas que levabamos a

imprimir, ante o receo asombrado dos encargados, incluían plumas de

avestruz procedentes dalgún sombreiro, follas secas ou bolsas de té.

O cuarto número é o da fin de ciclo (seino por experiencia, todas as

revistas en que participei, Loia, La Naval ou Bravú, tiveron a mesma

secuencia, crecente pero limitada: catro números), e quizais por iso apos-

taba claramente polo clasicismo decadente (pero amodo) e polo reforzo

das raíces. A portada era unha foto de estudo dos meus avós paternos co

meu pai. A páxina de créditos usaba como fondo o carné de emigrante de

Evaristo Pereiro, o irmán maior de meu avó Hermenegildo, que morreu

en Cuba. Había unha chea de novidades. Nas primeiras páxinas incluí-

mos un poema de Xosé Luís Bilbao (de quen hoxe non podería dar noti-

cia); outro de Vicente Araguas (sobre o fondo do “catecismo” das

Mocedades Galeguistas), que tamén traducía a Pound baixo o pseudóni-

mo de Millán Neira; e os debuxos de María Rivas e de Pedro Iglesias,

outro monfortino trasterrado. Tamén un relato de Fermín Bouza (un

“proiecto”, como el salientaba, do que acabaría sendo o seu primeiro

libro, Memorias do diaño, que eu deseñei logo) sobre o fondo do primei-

ro número de Faro de Vigo (facsímile que eu conservaba dunha excur-

sión escolar) e outro, A minha catedral de menino, de João Guisán (que

despois editaría nos Cadernos da Gadaña, de Reimundo Patiño, o seu pri-

meiro libro, A orixe certa do faro de Alexandría). Rivas e eu demos saída

á inmersión semiótica que daquela sufriamos na Facultade cunha análi-

se paraacadémica da “Carballeira de San Xusto (a da folla revirada)”.

Deste número penso que chegamos a editar 500 exemplares.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 19

20

Orixinal de Fermín Bouza: Loia 4, p. 9.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 20

21

Como se ve, levabamos camiño de constituír un grupo máis ou menos

sólido e máis ou menos xeracional. Mesmo case todos nós sucumbimos

ao engado necesario, daquela paralelo, de formar parte da mesma orga-

nización política. Pero a metade de nós non quedamos en Madrid, senón

que fomos a Galicia a seguir as nosas vidas, afrontar outros ou semellan-

tes proxectos e cometer parecidos erros. A revista morreu porque xa non

podía medrar máis e porque unha tiraxe de medio milleiro de exempla-

res xa non se esgota vendéndollela aos amigos ou deixando pequenos

lotes nalgunhas librarías. Mesmo non funcionou unha estratexia que

emprendemos Rivas e eu, mandar cartas a xeito de imposto revoluciona-

rio (daquela aínda se podían facer bromas coas cousas serias) solicitan-

do axuda a xente con diñeiro (nese tempo xente con diñeiro eran os ami-

gos que tiñan un soldo xa consolidado, como Perfecto Conde, Pepe

Caamaño ou Xan López Facal, que eu recorde). E, sobre todo, teño claro

que morreu porque todo ten o seu comezo e o seu cabo, e tamén que o

núcleo duro que fixo que hoxe se siga a falar de Loia eran aquela ducia

de poemas que destilaban en cada número dous daqueles inadaptados

orgullos de selo, Manuel Rivas e Lois Pereiro.

Carta remitida a Xosé Luís Méndez Ferrín con algúns exemplares de Loia.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 21

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 22

LOIA NA LEMBRANZAPOR

ANTÓN PATIÑO

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 23

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 24

25

As revistas literarias foron sempre un decisivo espazo no agromar

dunha xeración, adoitan servir nese contexto de xermolo e aglutinante,

facendo de eficaz elemento cohesionador. A humilde revista que fixemos

en Madrid daquela (entre os anos 1975-1978) permitiu rexistrar, con moi

poucos medios, aqueles soños primeiros. Alí están recollidas as primeiras

entregas poéticas de Lois Pereiro e de Manuel Rivas, que son a cerna lite-

raria da publicación. Loia foi como un contedor de inquedanzas colecti-

vas, onde rexistrar escritos, soños, viñetas, deseños, anceios experimen-

tais e xogos expresivos. A tiraxe era tan cativa que moi poucos

privilexiados tiveron oportunidade de ter nas mans un exemplar orixinal

da revista. Agás o derradeiro número, cunha tiraxe meirande e unha

mellor calidade de edición, os outros anteriores coido que non chegaron

a superar o cento de exemplares numerados, editados en fotocopias.

Nalgures comentei a miña lembranza do primeiro encontro que tive-

mos para a revista, no café Tambor, situado na rúa Andrés Mellado,

nunha xuntanza onde estiveron tamén Manuel Rivas, Xosé Manuel

Pereiro e Menchu Lamas. Lembro que naquel primeiro encontro non

estivera Lois Pereiro. Non recordo como contactou Xosé Manuel Pereiro

con nós, nin sequera quen propiciara a relación. X. M. Pereiro foi dese-

ñador gráfico e alma mater, o que elaboraba a revista e a trataba amodo,

con moito agarimo, coma se fose unha criatura doce e fráxil que cumpría

coidar. Creo que foi o máis teimoso defensor do proxecto. Lembro unha

chea de xuntanzas con Xosé Manuel Pereiro, nas que faciamos longos

faladoiros, nun pequeno estudo que tiñamos na rúa San Hermenegildo, a

carón da Glorieta San Bernardo.

CARTOGRAFÍA DO DESARRAIGAMENTO

Amosa o proxecto da revista Loia a fasquía da distancia, a tatuaxe do

afastamento, a señardade daquel fato de rapaces galegos “trasterrados” á

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 25

26

capital do Estado. Ten moito de emblema da situación anímica do exilia-

do o traballo conxunto que presentan Xosé Manuel Pereiro e Manuel

Rivas (case a xeito de poema visual) nunha colaxe que fixeran coa lenda:

“¡Nós os inadaptados!”, salientando a cartografía do desarraigamento

sobre un fragmento do mapa de Madrid. Con incrustacións do litoral

galego sobrepostas. Tamén algunha foto reivindicativa. Un personaxe

recortado dun debuxo de Xaquín Marín lanza aquela proclama de

Vicente Risco. A lenda “¡Nós os inadaptados!” serve de metáfora expresi-

va daquel primeiro tempo de incerteza no asentamento inicial en Madrid.

O irónico alcume Carallo 29 foi o que utilizaron para asinar aquela cola-

boración compartida.

Asinaron outro texto de xeito conxunto Manolo Rivas e Xosé Manuel

Pereiro ao redor da “análise semiótica dunha cantiga popular galega, o

senso erótico e mais a relación co punk”, que expresa un contexto cultu-

ral ben preciso, onde a semiótica vai ter unha paródica reinterpretación

nun simulacro ou irónico traballo de campo antropolóxico cheo de

retranca. Conxurando talvez a sobredimensión asignada daquela á

semiótica nos estudos de Xornalismo e noutras disciplinas. Este artigo

permítenos falar doutro ingrediente moi presente na revista: o humor. O

sentido do humor que desprende a portada do número 2, onde a cabe-

ceira da revista está escrita xusto no penico da foto. Nese senso podemos

considerar o humor como unha das ponlas creativas do proxecto, outra é

a señardade, o pouso melancólico que vai pigmentar cada un dos núme-

ros da revista.

A poética de Loia está sustentada nun diálogo entre referentes da

memoria cultural do noso país, xunto a imaxes de gravados modernistas

e simbolistas (nun ecoar inzado da señardade do tempo pasado) coa

pegada simultánea da inflexión moderna a través dunha morea de ana-

cos de cómic, referentes de prensa, imaxes cinematográficas e doutros

eidos. A mestura dunha xenealoxía antiga na procura das orixes e da

identidade máis afastada en simbiose co cotián e mais a tatuaxe da

modernidade. Tanto no eido literario como no ámbito visual acontece esa

estratexia de curtocircuíto ou campo magnético de ingredientes afasta-

dos, onde coexisten referentes de distintas épocas. A xeito de impulso

alegórico retroprogresivo. Coma se dous tempos estivesen a dialogar nun

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 26

27

mesmo espazo compartido. A xanela retrospectiva aberta ao mito, á

novela familiar, coa pegada simbólica do tempo pasado como sedimento

aboian a carón do contraste coa estética da abstracción e co fermento

xestual nunha metamorfose excitada (que figura reverter polas marxes)

tentando saír da páxina nun espazo all over, que semella mesmo reben-

tar as beiras, como fuxindo de calquera límite posíbel. A peculiar posi-

ción de Loia xorde desa irradiación: no enfrontamento de dous mundos.

Coido que dun xeito intuitivo configurouse daquela unha virtual aliaxe,

nunha insospeitada mestura de referentes culturais. Simbolicamente

agroma o compromiso cos sinais de identidade da cultura propia e por

outra banda a dinámica dos procesos contemporáneos que ían chegar a

nós a través de moitas influencias contraditorias. Memoria da identidade

e contemporaneidade xuntas. O proverbial eclecticismo como clave da

época aboia a pouco que nos acheguemos a inventariar o contido dos dis-

tintos números. Tamén o transvasamento entre cultura de masas e a cha-

mada alta cultura agroma como eficaz dialéctica. A utilización fragmen-

taria do cómic está preto dos situacionistas, en que con absoluta

liberdade coexisten usos e instrumentalizacións heterodoxas de persona-

xes procedentes da banda deseñada máis popular (Conan) ou propostas

de culto máis minoritarias (coma os debuxos de Jeff Jones para Idyl).

ANOS CONVULSOS

Loia permite reconstruír unha breve panorámica do Madrid daquela

(xusto no esmorecer da ditadura). A revista aparece naqueles anos cru-

ciais entre a morte do ditador e o comezo da Transición. Tempo convulso

no que a rúa fervía en Madrid en manifestacións que pedían liberdade,

amnistía e estatuto de autonomía. Proclamas que se escoitaban polas rúas

céntricas, na Gran Vía, nas universidades, mobilizacións así mesmo a

carón do cárcere de Carabanchel para que os presos políticos puidesen

escoitar o ecoar daquela magnética ladaíña. Un tempo moi politizado na

procura da recuperación das liberdades democráticas. Triunfaba o teatro

de Bertold Brecht. A filmoteca era unha xanela aberta ao cine universal:

Pasolini, Eric Rohmer, Robert Altman, Syberberg, Fritz Lang, Dreyer,

Murnau… As sesións monográficas nos colexios maiores universitarios

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 27

28

Carta de Antón Patiño a X. M. Pereiro na que dá noticia da participación de Rompente na manifestacióndo 25 de xullo.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 28

29

con ciclos dedicados a Bergman, Chaplin, Buster Keaton e outros directo-

res de cine permitían facer un seguimento intenso. Definiu aqueles anos

Lois Pereiro como unha enchente, un vórtice ou axitado remuíño de

influencias. “Leonard Cohen, Lou Reed, o Rock, Alicia en ´Wonderland´,

Arte ´dexenerada´, Expresionismo, comunismo surreal, o pesimismo terro-

rista literario e marxinal, os Clásicos, de Esquilo a Chejov, a Arte é Vida, for-

mando todo un vértigo experimental que inundaba a alma pouco a pouco,

e Shakespeare, Shakespeare, Shakespeare; as culturas indíxenas e os soños

do aborixe australiano, a mestizaxe oriental, africana dos shamáns. E todo

iso xirando e creando un vértigo cara a unha loucura suicida”.

XOHÁN CASAL E REIMUNDO PATIÑO

“A fraterna voce do luar/ na noite sacra”, con estes expresivos versos

de G. Trakl encabezou Manuel Rivas o poema “Serpe con azas”, dedica-

do a Reimundo Patiño (publicado no derradeiro número de Loia). Un

poema en que latexa o recendo dunha pintura de Reimundo Patiño titu-

lada Samurai no luar, unha abstracción case vorticista de fluídos ritmos

en espiral. O meu curmán Reimundo Patiño Mancebo representa na

revista unha ponte coa xeración anterior, cos Brais Pinto. En moitos

aspectos podemos considerar que entón, contra a metade dos setenta,

houbo outra vez un reverdecer dos sinais culturais de Galicia na capital

do Estado. Unha atmosfera de procura da liberade, na que a presenza de

estudantes galegos desprazados era moi notábel nos actos culturais que

se realizaban nun principio no Club de Amigos da Unesco, en Sargadelos,

no Ateneo de Madrid, na Irmandade Galega ou en Lóstrego. Un ecosiste-

ma vibrante onde coexistían as inquedanzas políticas a través da mili-

tancia na ANPG e unha escisión súa, a APG, organización asemblearia de

vida efémera na que estivemos integrados.

Con Reimundo existía unha química especial, vivía a carón deles no

Paseo de Extremadura e había xuntanzas moi divertidas nas que

Reimundo estaba sempre a rir a cachón na compaña daquela nova xera-

ción de rapaces. Mergullado na mesma atmosfera de reinvención de

Galicia que tivera anos denantes cos seus amigos de Brais Pinto. Para o

meu curmán foi motivo de fonda alegría o feito de se atopar cunha nova

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 29

30

xeración que dalgún xeito mantiña unha continuidade coas arelas de

emancipación e loita galeguista. Figuraba un relevo xeracional co que foi

estabelecer unha espontánea empatía. Daquela, nese contexto de pro-

funda afinidade ideolóxica coa mocidade, achegou Reimundo o lendario

poema de Xohán Casal titulado “O campo da ratas” sobre os asasinatos

da Coruña no 36. Acompañado dun debuxo seu como imaxe arquetípica

da represión. O maxistral poema de Casal permanecera inédito até

entón. Reimundo, que participara na fundación da UPG, da que logo se

afastaría, chegou a integrarse no contexto de animación daquela, conta-

xiado pola efervescencia da mocidade, na Asemblea Popular Galega.

Foron moitas as promocións de estudantes e traballadores galegos que

pasaron polo piso de Reimundo no Paseo de Extremadura, lugar de

encontro, onde houbo intensos debates e faladoiros. De xeito que pode-

mos considerar o labor de axitación cultural e dinamización política de

Reimundo semellante ao que podían desenvolver mesmo os outros colec-

tivos culturais e asociacións. O poeta Xavier Rodríguez Baixeras ten fala-

do daqueles anos evocando unha viva lembranza da súa personalidade:

“Durante un tempo, desembocamos todos na casa de Reimundo Patiño,

onde aínda quecía o último remol da Brais Pinto. Patiño, ´raio tolo´, pre-

senza arrebatadora, duradoira amizade”.

Naquela altura (contra 1976) publica Xosé Luís Méndez Ferrín o seu

memorábel Con pólvora e magnolias, que tivera unha acollida moi boa. Para

Lois Pereiro foi un libro influente e coido que todos nós atopamos unhas cla-

ves simbólicas, políticas e literarias moi sedutoras naquela entrega.

POEMAS DE LOIS PEREIRO

A editorial Espiral Maior editou o libro Poemas para unha loia no ano

da morte de Lois Pereiro. Un libro cun limiar de Manuel Rivas e outro de

Manuel María. Foron editados os poemas de Loia na compaña tamén dun

caderno en que se reproduce o seu manifesto “Modesta proposición para

renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal

da infamia”.

A súa compañeira Piedad Cabo aparece en moitos dos poemas como

interlocutora privilexiada. Formaron un tándem creativo nunha vida cun

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 30

31

pronunciado recendo literario, no que o posicionamento estético ten

unha dimensión asemade moi importante. O cinema compartido nas lon-

gas sesións monográficas foi unha aprendizaxe veloz da modernidade.

En Loia hai un poema homenaxe á película Dyn-Amo de Steve Dwoskin.

Existen unha chea de poemas dedicados a Piedad Cabo: “Encontro con

Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama”. Cunha ben

expresiva dedicatoria intemporal (como definitiva e concluínte senten-

za): “A Piedad, sempre”, coma no radical pacto contra a morte do roman-

ticismo. Amor eterno, alén da morte. A iconografía do “eterno feminino”

acompaña moitos dos seus poemas. Nótase ben que o poeta participou na

escolla de moitas daquelas imaxes. Os poemas son reinterpretados na

páxina a través da maquetación do seu irmán. O poema “Leonora en con-

fidencia” está dedicado a Geluca, unha amiga de Monforte de Lemos.

A presenza da morte, mesmo algún poema en que fala do suicidio. As

palabras do poema “Conspiración contra Lois” figuran predicir case a

ladaíña de fatalidade da que ía ser lendaria vítima o noso poeta. Auténtica

encrucillada doente no corpo propio (cerimonial existencial da dor biográ-

fica). Cartografía insomne da dor: espectro, trazo, rastro. Caixa de Pandora

da dor: como pecha o seu poema “Proposición”. Figura predestinado Lois

Pereiro cara a asumir os pasos dun malditismo inelutábel. Exprésase

cunha voz misteriosa, amosando o hermetismo do enigma, nunha tona

oracular característica na súa escrita. Amoreando ingredientes do simbo-

lismo nun ecoar de tráxicos latexos. Vida-morte como emblema dende o

romanticismo, habitando na tensión extrema das coordenadas límite.

Conspiración contra Lois

Non podemos alongar a nosa eisistencia.

A morte non sabe perdoar.

Maiacovski

E ti

(crávate ben nos ollos esa imaxe)

a

solución

etérea

do suicidio

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 31

32

Manuscrito orixinal de Lois Pereiro: “Desfile sobros pasos brilantes e cadavres”, Loia 4, p. 21; “HelenaBrigador, terror dos santos”, Loia 4, p. 24.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 32

33

Mecanoscrito de Lois Pereiro: “Helena Brigador, terror dos santos”, Loia 4, p. 24; “Desfile sobre pasosbrilantes e cadavres”, Loia 4, p. 21; “Proposición”, Loia 4, p. 24.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 33

34

Existen tamén outras tensións preto da vehemente chamada do vorti-

cismo, no ronsel do seu admirado Ezra Pound (“Deus Pound”: nas súas

palabras). A poesía nútrese das texturas da vida e da propia literatura

coma liñaxe reinventada. Xenealoxía libertaria en que a solemnidade

non refuga intersticios irónicos. Nunha loita psíquica de cara a xerar un

espazo imaxinario. Fusión espírito-corpo na procura dunha sublimación

da angustia derivada da percepción nihilista. O mapa do simbolismo

intensificou o herdo romántico nun mundo agónico. Tamén está o bal-

bordo aleatorio, a condensación simbólica que opera unha peneira no

fluxo do real. Daquela vai facer ensamblaxes baseadas no encontro de

dinámicos intersticios e retallos aleatorios. Cumpriría talvez achegármo-

nos con detalle á xénese dalgún verso, para amosar dese xeito un exem-

plo desta práctica (onde o azar vai ter cabida). Os materiais con que se

constrúe o poema son diversos. Distintas fontes están presentes.

Podemos aplicar unha lente de aumento concentrada nunha das ringlei-

ras dun poema seu de cara a albiscar a construción da imaxe poética en

Lois Pereiro, onde ás veces poden ter cabida elementos alleos, citas ou

enxertos que incorpora ao escrito. Un dos versos do seu poema “Rosa

intransixente co poder” (“e os da gabardiña que disparan”) está relacio-

nado cos sucesos de Montejurra no ano 1976. O día 9 de maio daquel ano,

na xornada da tradicional romaría carlista, morreron dúas persoas e

houbo outros tres feridos de bala polos disparos á multitude duns indivi-

duos armados (que ían vestidos con gabardina). Aquela tráxica nova tivo

moita repercusión. Unha clave de contexto que permite recoñecer unha

das imaxes dos versos que, se non, ficaría totalmente hermética. Vén

sendo case unha cita literal extraída da tráxica actualidade, dos medios

de comunicación de masas, que vai ser logo incrustada no poema.

Expresa tamén unha estratexia creativa no xeito de desenvolver ás veces

o poeta o seu labor por amoreamento sincrético de distintas imaxes. O

poema nace coma un palimpsesto de sentido, nos socalcos dos distintos

sedimentos fusionados. Unha imaxe da avoa Balbina a carón dunha nova

mediática, a xeito de fragmentarias evocacións mesturadas. Existe unha

curiosa simetría conceptual de xeito que no poema “Cobalto e profesor

Tornasol” aparece outra vez o mesmo verso repetido (“e os da gabardiña

que disparan”). As mortes de Montejurra tiveron un grande impacto

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 34

35

mediático daquela, no contexto da Transición democrática. Este suceso

aconteceu xusto o día en que celebrabamos o lendario “Festival de los

Pueblos Ibéricos”, que tivera lugar no campus da Universidade

Autónoma de Madrid cunha presenza de máis de corenta mil persoas.

POEMAS DE MANUEL RIVAS

Os poemas de Manuel Rivas sorprenden así mesmo pola fonda madu-

rez que reflicten na súa feitura. Como acontece en Lois Pereiro, son pro-

postas poéticas ben estruturadas, nas que aparece unha voz propia, cun

acento persoal moi sedutor. Non amosan tampouco nin rastro da fasquía

inexperta que asociamos ás obras primeiras; de feito, podemos conside-

rar ambas as entregas caracterizadas pola sorprendente precocidade dos

seus autores. Non son ensaios tatexantes (existen abofé traballos previos

inéditos nos que puideron facer a travesía experimental da aprendizaxe

e toma de contacto inicial co medio). As de Loia son composicións depu-

radas e moi ben elaboradas, cun manifesto control dos recursos expresi-

vos e cunha boa asimilación das influencias temperás. Comparten ambos

os poetas paixón polas claves alegóricas co uso da elipse e acadan unha

clara beleza formal na radical economía expresiva, na condensación,

misterio e capacidade evocativa, unha tendencia asemade cara ao her-

metismo, que no caso de Loisón vai ser logo unha das características

máis singulares do seu labor. Define con precisión Xosé Manuel Pereiro

aquela primeira entrega poética de Rivas (que logo ía incorporar ao Libro

do entroido): “Os poemas de Manolo Rivas levan a mundos fermosos e

antigos que din que non existen, pro eu vinos en Tolkien e Cunqueiro e

nas historias de Corto Maltés. Ademais, teñen a particularidade de refle-

xar unha fonda pasión polas viaxes e de semellar ser ditos por unha voce

colectiva, é decir, unha voce individual feita de inflexións múltiples, de

tonos infindos, de ecos solidarios”.

Na temática de Manuel Rivas predomina unha expresión emocional de

raizame intimista, nun mundo interiorizado a xeito de universo de seu,

produto do soño creador. Unha substancia peneirada dende o real, facen-

do logo da metáfora unha suxestión hipnótica. A palabra axexa no con-

templativo, no misterio en transformación, no devalo do estrañamento

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 35

36

Manuscrito orixinal de Manuel Rivas: Loia 3, p. 7.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 36

37

como vitalista relampo verbal. Milagre recobrado na metamorfose da lin-

guaxe. Estalo poético en que as palabras viaxan estabelecendo renovadas

aventuras. Trátase dun espazo poético que ao tempo amosa unha nidia

preocupación social. Unha fala plural fica peneirada no remuíño da con-

ciencia. Debulla con naturalidade unha intensidade comunitaria, na pro-

cura dunha senlleira comunicación dende o eido das emocións máis

intensas. Impresións persoais peneiradas á procura da alteridade (nunha

casa común da humanidade) como na busca dun afastado paraíso pri-

meiro. Unha vontade transpersoal, en que o autor deixa atravesar a con-

ciencia propia por unha realidade múltiple e inestábel, na fluidez das

sensacións humanizadas (sempre a través da convicción libertaria na

maxia da palabra primeira). Interioridade psíquica e mundo exterior

enxergan unha relación dialéctica, case a xeito de haiku (metade paisa-

xe / metade emoción). Alquimia poética entre conciencia e realidade.

Dende o poema xorden imaxes-emoción á procura dun destino aberto.

OUTRAS COLABORACIÓNS

Foron importantes tamén en Loia outras achegas, como as entregas de

Delfín Mariño, que colaborou en varios números con relatos, un cativo

ensaio e unha homenaxe aos tranvías de Vigo. Fermín Bouza Álvarez cun

sinxelo poema dedicado á illa libertaria de Ons e mais á Compostela en

feira. João Guisán Seixas, que publicou un longo e suxestivo relato titu-

lado “Varias catedrais e un sono de pedra”. Vicente Araguas cunha evo-

cación paisaxística pautada na expresividade dos lugares da infancia

(fixo tamén traducións de Ezra Pound). Reimundo Patiño entregara

daquela, como xa salientamos, o extraordinario texto inédito de Xohán

Casal nun acto cheo de simbolismo. Renace a memoria do seu grande

amigo morto coa publicación do poema prohibido a través dun fato de

mozos. Outros traballos foron asinados por Lois Caeiro e Manuel G.

Casas. Imaxinativos debuxos de liña elaborados por Pedro Iglesias, Delfín

Mariño e María Rivas. Existe un eclecticismo visual, efecto de contraste

entre a tipografía stencil dos estarcidos e mais a resonancia da letra góti-

ca. Fotos e gravados antigos coa pegada simbolista art nouveau a carón

de retallos de cómic ou grafismos excitados. Unha peculiar mestura que

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 37

38

Orixinal de Vicente Araguas con probas de caligrafía de Manuel Rivas: Loia 4, p. 3.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 38

39

nos leva dende La Ilustración Española y Americana até a pegada vorti-

cista ou o dramático ecoar expresionista nun alto contraste. Estabele-

cendo curtocircuítos perceptivos. A memoria da familia, O Incio, a casa

dos antergos, os documentos e fotos esvaídas do pasado. O misterio da

novela familiar na brétema do tempo.

AMÁLGAMA VISUAL

A noción de montaxe coido que define con precisión o labor de Xosé

Manuel Pereiro como maquetista e deseñador da publicación. A colaxe e

mais a montaxe son estratexias creativas moi vinculada aos tempos da

modernidade. Talvez o recurso máis innovador na representación artísti-

ca, a partir da creba radical que representou o movemento cubista.

Sabemos do éxito da montaxe así mesmo como estratexia central na lin-

guaxe do cinema. Gran parte da arte máis radical da modernidade esta-

belece unha relación consubstancial coa dinámica de xustaposición. En

literatura así mesmo é un método que tivo prolongada fortuna (só temos

que pensar no remuíño vorticista). Se cadra a fasquía singular de Loia

ten moito que ver coa idea de montaxe, en que a través de intuitivas alia-

xes paradoxais se estabelece un ritmo visual propio. Cada número xera

un relato visual aparentemente espontáneo ou aleatorio que marca

unhas pautas de conxunto (unha determinada narración) mais sempre a

partir dunha destacada heteroxeneidade dos contidos. Con mensaxes,

obxectos, imaxes e presenzas que se incorporan, extraídas dende outras

situacións. Unhas transferencias materiais que teñen un contido simbóli-

co e xeran novas lecturas e anovadas posibilidades de interpretación a

partir dos sedimentos de orixe. Fica unha evocación da orixe e pasan a

cumprir unha nova función. A montaxe reflicte un mundo en tránsito, en

metamorfose, en continua transformación. Unha realidade mudábel en

que unha enerxía centrífuga semella manter a incesante rotación entre

os elementos preexistentes.

Montar, construír, unir, xuntar, engadir, combinar, fusionar, mesturar

pasan a ser as manifestacións clave duns conceptos que se expresan a

punta de tesoiras ou coa nidia rotundidade dun cúter. Cerimonia de des-

continuidade ou reinvención conxunta segundo salientemos o aspecto

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 39

40

disgregador ou subliñemos a montaxe como reconstrución e reinvención

da representación. Arredar e xuntar han ser procesos complementarios

na psicoloxía do bricoleur cultural. Dúas accións que xeran intersticios

ou suturas na procura de novos sentidos e renovados postulados creati-

vos. A imaxe xorde desas aliaxes mais tamén a literatura (como amosa a

deconstrución) debulla renovados vieiros na metamorfose intertextual.

Apuntamentos manuscritos, debuxos de liña, uso puntual do spray e de

aerógrafos, tramas de letraset de puntos (aparecen de cando en vez), tipo-

grafía stencil, enxertos de citas dos mass media (prensa e cómic), que

coexisten con evocativas imaxes camp de época. Gravados procedentes

dalgún exemplar da La Ilustración Española y Americana que mercara-

mos no Rastro. Fotografías e diagramas esquemáticos. Configura todo

unha desconcertante panorámica que fala de distintos mundos e diferen-

tes épocas. Nostalxia da inocencia fronte a un presente fragmentado. Un

tempo dentro doutro. Nese senso cada número de Loia é unha viaxe

paradoxal (dende o intimismo poético á reivindicación social). Un vaivén

dende o gravado máis minucioso dun mundo pretérito, ben afastado xa

na lembranza, ao impacto do grafismo xestual, case como ferida na per-

cepción. Tivo cabida un amplo rexistro de comunicación visual en que

distintas tentativas gráficas atoparon acougo. Os imaxinativos debuxos de

María Rivas, Pedro Iglesias e Delfín Mariño, como intimistas viñetas

intemporais que transmiten unha inxel autenticidade.

Están tamén moi presentes en Loia as miñas esculcas visuais daquela,

a través dos debuxos inzados de grafismos fragmentarios. Unha icono-

grafía convulsa en que aparecen rostros e torsos humanos, autorretratos,

berros visuais, barrocas composicións abstractas e outros elementos.

Daquela teimaba nunha estética do refugallo que reflectise a desorde

urbana dos obxectos ciscados nunha inestábel amálgama vibrante.

Esmigallados grafismos ingrávidos enchen a páxina dun singular horror

vacui. Hai tamén unha pegada pop nas imaxes procedentes dos medios

de comunicación, détournements coa estética publicitaria, rostros de feri-

dos inspirados nun vello libro de tapas de coiro con fotografías de opera-

cións médicas na Segunda Guerra Mundial. Debuxos de liñas con cavei-

ras acompañando algún dramático poema de Lois Pereiro. O sinal co xe

da tipografía esquemática serve de representación dos ósos a carón dos

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 40

41

cranios repetidos. A palabra “morte” en grandes letras xa daquela apare-

ce tatuada como estigma ou inquietante gravitación existencial. As letras

stencil tatúan a palabra morte nunha irónica representación recorrente a

xeito de grafito, coas ringleiras de caveiras feitas con debuxos de liña.

Xavier Seoane falou de: “Ilustracións que asimilaban elementos con-

ceptuais, expresionistas e sígnicos, en base a unha temática urbana

impregnada coa problemática da sociedade de consumo e a agresión da

mesma ao home. O rostro ou torso humanos eran frecuentemente obxec-

tos da súa digresión debuxística. O cómic ‘Esquizoide’ (1978), unha expe-

riencia-límite dentro do cómic, presentando un forte carácter experi-

mental, sen palabras, como unha narración meramente visual. Era un

cómic que equilibraba o abstracto e conceptual, no que se presentaba

unha visión da violencia e o absurdo no contexto do mundo urbano con-

temporáneo, e no que a desfeita, a incomunicación e o caos presentá-

banse, entre outros significantes, como claves ou recorrencias temáticas.

A nivel expresivo, elementos sígnicos e expresionistas, con barroquismo

de formas e ritmos violentos, sincopados. As formas rompíanse. Xurdían

códigos escritos inintelixíbeis. Toda unha poética do baleiro e da destru-

ción, da alienación e do caos, cun fondo de rebeldía, de denuncia e de

catarse”.

Unha recente mostra que tivo lugar en Vigo, Crónica do artista adoles-

cente, recolleu este momento. Son os anos en que con Jorge Agra,

Menchu Lamas e Carlos X. Berride (o amigo arquitecto falecido hai

pouco) creamos o Colectivo da Imaxe. Existe unha relación estética evi-

dente entre as ilustracións feitas para Loia e o catálogo da miña primei-

ra exposición individual en Vigo (Animais, minerais e vexetais), que tivo a

compaña da música de Enrique X. Macías (“Cariátides”) e o poema de

Reixa titulado “A desfeita da Collona”.

Con relación á revista Loia e contexto (o espazo cultural que a nutre)

cómpre falar da pegada múltiple, da superposición de referentes nunha

opción sincrética. Ese inconfundíbel aire de familia que o paso do tempo

marca como un zeitgeist ou sinal ben elocuente dunha sensibilidade esté-

tica compartida. O remuíño do eclecticismo penso que é unha gravitación

central daquela, coma unha tensión centrífuga caracterizada pola chea

de inquedanzas diversas amoreadas. Unha complexa enchente que xira

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 41

42

ao redor da literatura, da arte, do cine e mais da música. Coido que a

ebriedade do eclecticismo é un paradigma senlleiro da tardomodernida-

de que tivo unha intensa pegada entre nós. Loia e despois Rompente, en

que o aspecto visual nos espectáculos e nos libros tamén foi moi impor-

tante. Quero sinalar que para min as aventuras de Loia, Colectivo da

Imaxe e Rompente forman unhas coordenadas decisivas daquel tempo de

experimentación á procura de novos vieiros de expresión.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 42

LOIA, O GZINE UNDERGROUNDENTRE A MEMORIA BÁSICA E O PUNK

POR

HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 43

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 44

45

«TARZAN THE APE MAN. NON, NON É POSÍBEL QUE ISTES

VELLOS NOS COMPRENDAN. CASTELAO»

Enréstrase a referencia a Loia no feixe de publicacións, antoloxías e

colectivos literarios da Transición para demostrar o chamado cambio de

rumbo que se produce na poesía galega. Esa procesión de diversos expli-

ca a mingua da produción poética no soporte convencional do libro e

demostra que a escrita vizosa estaba a acontecer fóra das canles edito-

riais, na autoedición, que viña a ser aquel non-lugar en que se escribía

sen cancelas. Desde Loia gardábase a memoria das orixes, como en

¡Máis alá!, pero, sobre todo, había vontade de facerse cargo do seu tempo

e do mundo, mostrando esa necesidade cíclica de superar a tentación

autocentrada da acosmia que pexa a crítica da cultura galega. Nunha

época marcada pola utopía da revolución, tanto no político como no

social, a cultura que emerxía non podía perpetuar os ritos, como se afir-

ma no manifesto-colaxe que abre este gzine, cortado e pegado derriba

das referencias á saga fílmica de Tarzán: «non é posíbel que istes vellos

nos comprendan» (Loia 1: 1). Escribían no non-lugar, que é un lugar, alí

onde converxen sen regras as linguaxes artísticas e os discursos políticos,

o repertorio da high e da low culture, a memoria da nación e a interven-

ción, a cultura underground (sexo, drogas, rock & roll, moita poesía e

pensamento, e un tantiño de punk) cos mitemas identitarios da nación, a

memoria lúdica da infancia coa deconstrución lúcida do adulto, a políti-

ca co cómic, o verso coa colaxe, o pensamento crítico coa parodia e o

humor. Ese non-lugar estourou simultaneamente en Madrid, no circuíto

de estudantes e artistas galegos de Loia, e mais nas rúas, bares e esce-

narios do Vigo de Rompente.

Loia non é unha revista literaria senón iso que os estudos culturais

denominan zine, ou fanzine: unha publicación alternativa en papel, auto-

editada (DIY, do-it-yourself), autodistribuída, sen finalidade comercial,

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 45

46

movida polo entusiasmo, a cabalo entre a experimentación dun grupo de

creadores novos e a afirmación da rebeldía contra o pensamento domi-

nante (Duncombe 1997: 1-16). Botando man da creación verbal, pódese

dicir que Loia é un gzine, unha «publicación alternativa galega», e,

daquela, un enxerto, un híbrido, como o foron necesariamente todas as

prácticas de vangarda onda nós: resistentes pero localizadas nunha cul-

tura e nun marco nacional emerxente. Xorde das formas e actitudes da

contracultura underground, urbana e universitaria, que aquela mocidade

atopa en Madrid, e ao tempo da súa pescuda nas raíces, digamos, étnicas.

Por iso, botando man da parodia, pode transitar sen prexuízos entre codi-

ficacións do popular que parecen contrapostas, como se pode ver na aná-

lise «académica» da cantiga «Carballeira de San Xusto» de Manuel Rivas

e Xosé Manuel Pereiro, que se ilustraba con esquemas de pasos de baile

e debullaba as diverxencias na codificación do eros e do metal (a nava-

lla) na cultura punk fronte á cultura tradicional galega. A parodia cons-

truíase sobre un comparatismo paradoxal: «Por exemplo, pra un punk de

Vallecas (P.V.) [...]. Pola contra, pra un paisano galego medio (P.G.M.)»

(Loia 4: 10). Velaí outro alcouve desa estética da retranca que ha carac-

terizar o cambio de rumbo na cultura desde a Transición.

A tinta lúcida deste gzine sitúase na resistencia e nesa ética irredenta

que caracteriza a mocidade dos 70, mergullada en profundas mudanzas

e abundancia de zines de todo tipo, marcada polo activismo político con-

tracultural. O proxecto de Loia gardaba algunhas semellanzas co de

Rompente nos seus obxectivos, na súa actitude, na súa posición ideolóxi-

ca. Os dous grupos de mozos asumían o compromiso coa memoria da

nación e a denuncia dos totalitarismos, escollen a autoedición para crear

unha estética de seu que os afirma e lles permite compor ese produto cul-

tural e político creado no non-lugar e os dous medraron co apoio directo

e a ascendencia de membros de Brais Pinto. En Vigo con Méndez Ferrín,

en Madrid con Reimundo Patiño. Este último «fixo ise papel de vencello

coa xeración da República. Testemuña do fío de resistencia na cultura»

(Patiño 2002: 246). El foi o referente decisivo para un grupo de xente

nova que quería ver, ler, saber, escribir, debuxar, publicar, e por iso lles

ofrece, para o gzine, un poema inédito de Xohán Casal. Ademais de elo

xeracional foi tamén unha fonte de experiencias imprevistas e curiosas,

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 46

47

Orixinal de X. M. Pereiro e M. Rivas con indicación para a composición de texto: Loia 4, p. 10.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 47

48

como a famosa anécdota que lle aconteceu a Manuel Rivas e Xosé

Manuel Pereiro cando o foron visitar ao banco onde traballaba: «Gracias

a Reimundo, nós vimos Blade Runner, o filme de Ridley Scott, antes de

que fora feito» (Patiño, 1999: 55). O outro fío de unión entre os de Madrid

e Vigo é o outro Patiño –Antón–, autor de moitos debuxos para o gzine e,

como integrante do Colectivo Imaxe, creador da gráfica de Rompente.

Os de Loia e Rompente compartían interese, como era de prever, por

certos autores: da vangarda, os poetas malditos e bohemios, os teóricos

revolucionarios, un mangado de clásicos galegos e, entre eles, Manuel

Antonio, que se recupera no intertexto de poemas de 1977 de Manuel Rivas

e Lois Pereiro (Loia 3: 23 e 27, respectivamente). O rianxeiro, referente

como autor dun manifesto vangardista, dunha escrita radical, dunha poe-

sía levada ás estremas, convértese en tótem para as xeracións de escrito-

res mozos cadrando coas Letras Galegas de 1979, e coido que o boletín

Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio de Rompente non foi de

balde. Agora, coas Letras Galegas de 2011 seica está a acontecer o mes-

miño con Lois Pereiro.

Había semellanzas e algúns fíos compartidos entre estes dous non-

-lugares e eran, porén, ben diferentes. Loia constrúese como o proxecto

dun grupo de creadores que teimaba no recoñecemento autorial, por iso

se asinan as «letras» (Lois Pereiro, Manuel Rivas, logo Fermín Bouza e

outros), os debuxos (Antón Patiño, Delfín Mariño) e a maqueta (Xosé

Manuel Pereiro). Apostou pola periodicidade, e polo formato under-

ground, que muda pouco durante catro números, aínda que vaia medran-

do a nómina de colaboradores (Lois Caeiro, Vicente Araguas, Xosé Lois

Bilbao, João Guisán Seixas, María Rivas...), porque o proxecto que mate-

rializa o seu encontro era o gzine. Pola contra, Rompente, cunha verten-

te política moito máis activista –o seu non-lugar non era o «exilio» de

Madrid senón un Vigo convulso–, tiña unha concepción integral da crea-

ción e mudan a miúdo o formato das súas publicacións porque estas

acompañan a transformación mesma do grupo, desde a inicial asemblea

de poetas aos «tres tristes tigres»: empezan por unha antoloxía con voces

diversas, á que lle seguen as Follas de resistencia poética e, finalmente, o

boletín Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio, con aspecto de zine

ben impreso, e varios libros-caderno. A dinámica de Rompente alanca

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 48

49

cara á creación dun colectivo xeracional e artístico, mentres que Loia é

un proxecto materializado nunha publicación, por iso teñen dinámicas

diversas (Acuña, 2000; González Fernández, 1997 e 2002; Patiño, 2010;

Valverde, 2004).

Malia as súas diferenzas, andando o tempo estes dous proxectos han

ser o estripeiro en que prenden outras manifestacións da movida, a críti-

ca da cultura dos 80 e 90, o movemento bravú (música, revistas, progra-

mas infantís...) e unha sorte de cultura da arroutada que, como afirmaba

Miguel Anxo Murado (2008: 101), é o concepto máis achegado ao punk

que se pode atopar nun dicionario galego. E Loia, o gzine, deu en ser

unha primeira experiencia á que lle seguirían outros zines e revistas pro-

movidos por M. Rivas e X. M. Pereiro xa en Galicia: La Naval, Luzes de

Galiza: revista de liberdades, crítica e cultura –neste caso o z ten algo da

rebeldía radical do k do punk– e, co tempo, Bravú: revista que sae cando

a situación o require. Nas tres aparecen colaboracións de Lois Pereiro,

formando parte do proxecto, aínda que sexa «desde fóra».

O zine é o continuador, na clave da cultura de masas, das vangardas do

século XX, tanto das chamadas vangardas históricas (Maiakovski, Paul

Éluard) coma as da década de 1960 (Pasolini). O zine fai callar unha

forma autónoma de expresión da mocidade galega comprometida coa

creación e a nación, que escribe desde a idea da cultura viva, alternativa

ao pensamento dominante. A afirmación xeracional é o punto de partida

destes mozos que se autoproclaman, esta vez sobre un plano de Madrid,

“¡Nós os inadaptados!” (Loia 2: 10), ou que describen os seus colabora-

dores por idade e profesión. Porque non é o contido senón a actitude o

que singulariza un zine dos setenta.

«TARZAN AND THE GOLDEN LION. ¡NON CREMOS NO

BOLETÍN OFICIAL! MAIACOVSKI»

Unha maneira de abordar a creación con vontade de intervención pre-

cisa formas que axuden a crear identidade e a subliñar as diferenzas.

Loia, no que ten de contracultura, refuga o concepto de «boletín oficial».

Nin os discursos oficiais nin os formatos estabelecidos cadran coa súa

idea de produción nova, alternativa, resistente, por iso elixe a estética

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 49

50

contracultural. A colaxe, o emprego de papeis timbrados e impresos

demostran que calquera material e forma do discurso dominante pode

ser reciclado, manipulado, mesturado e pirateado a vontade. Pola súa

banda, a defensa da arte/sanía, do cortar-e-pegar e mais o recurso ao

texto manuscrito mostran a resistencia á expresión sometida á mecani-

zación e ás industrias da cultura. Esta combinación calla nunha estética

que recupera a idea de creación ceiba e autoafirmativa de revistas, folle-

tos e manifestos das vangardas. O primeiro dos números de Loia, que

marca o ton característico deste gzine, responde ás expectativas dunha

publicación deste estilo, e, daquela, combina textualidade e visualidade.

Ábrese coa devandita cuberta-manifesto feita a colaxe a partir da saga fíl-

mica de Tarzán. Composta coa narrativa do cómic, as referencias ao

heroe de aventuras da infancia acompáñanse con citas impostadas de

Castelao, Maiakovski, Marx, Pasolini, Pessoa e un Bardo. A parodia, só

aparentemente inocente, compón un manifesto en que se afirma o rexei-

tamento dos totalitarismos, o rexeitamento da morte como forma de

opresión, a oposición ao discurso oficial, a conciencia de clase, o descon-

certo do suxeito moderno, a defensa activa da lingua e, infírese, da

nación. As pegadas do cómic reapareceran en moitas ocasións na revis-

ta, pero interesan particularmente as do número 3. Neste caso a parodia

parte do eros e os heroes, é dicir, da narratividade erótico-sentimental e

mais a de aventuras, cos seus roles de xénero estereotipados. No canto de

Tarzán agora aparece Conan o Bárbaro, que afirma un cambio de época,

unha masculinidade que perde a inocencia sabendo a súa vulnerabilida-

de: eles non son superheroes «duros e audaces» (Loia 3: 2 e 5). O empre-

go iconográfico do corpo das mulleres, como representación do eros, da

orixe, da orde, da terra, ou como elemento decorativo, daría para unha

análise de seu pero marca unha distancia significativa con respecto á tra-

dición extraordinariamente pudorosa das publicacións galeguistas ilus-

tradas –censura franquista mediante, é certo– que debe ser entendida

como unha forma de permeabilidade á cultura popular e ás transforma-

cións sociais do seu tempo. Loia, unha publicación feita por un equipo de

mozos, non pretende ser espello da revolución sexual e moito menos da

liberación das mulleres mais hai algunhas pegadas, sobre todo nos textos

poéticos, que mostran un cambio na mirada masculina. Nos textos de

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 50

51

Lois Pereiro aparece de forma recorrente Piedad como interlocutora, e

non só como obxecto dos seus textos. Nun dos seus poemas, «Anoitece

en Irlanda», aparece o retrato de Virginia Woolf ocupando un lugar pro-

tagónico na páxina e nese mesmo número Manuel Rivas abre un poema

cunha cita da mesma autora tirada, coido eu, de As ondas (Loia 3: 4 e

23). Sorprende esta referencia a Virginia Woolf, que non é unha das

autoras habituais no canon de lecturas dos escritores galegos, pero si

nos ambientes feministas do momento. Agora ben, non todos os refe-

rentes femininos aparecen como representación da muller, construción

do desexo e da discursividade que crea a diferenza sexual. Lois Pereiro

codifica o feminino máis aló desa razón de xénero, porque, cal é a nova

amante do seu poema «Rosa intransixente co poder» e de «Cobalto e o

profesor Tornasol»? (Loia 3: 9 e 19).

Manuscrito orixinal de M. Rivas: Loia 3, p. 5.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 51

52

«THE SON OF TARZAN. –¿QUÉ? –NON SEI. –EU TAMPOUCO.

PRO NOS CAMIÑOS CEIBES FALLA XENTE. V.M.»

Lois Pereiro e Manuel Rivas son os poetas que vertebran a revista cos

seus textos, e nestas páxinas podemos ver as súas primeiras, e intere-

santísimas, abordaxes. Andando os números, haberá lugar para outras

voces da mesma xeración que hoxe coñecemos (F. Bouza, V. Araguas...),

mais unha das achegas máis relevante vén da reivindicación dun escritor

da xeración anterior. Xa se dixo que Reimundo Patiño lles ofrece un

poema inédito do seu amigo Xohán Casal, «O campo das ratas», no que se

tratan os asasinatos da represión franquista, e nese momento, en 1976,

ese texto ten un claro significado político e de recuperación da chamada

«memoria básica» (Rivas, 2009: 16-17; Loia 2: 2-4). O texto é francamen-

te impresionante e cadra con esoutra liña de preocupación política e

existencial, de facerse cargo en serio do mundo, que tamén conforma

Loia. O poema, ilustrado, vai acompañado por unha nota manuscrita

explicativa e demostra o seu papel de elo interxeracional, como formador

de conciencias e intereses artísticos desde a complicidade que deixará

fascinados a aqueles estudantes (Patiño, 1999: 84-85): «Reimundo era un

nigromante que atravesaba fronteiras na noite e ía on the road coa beat

generation e coas ovellas metálicas da science fiction e cos argonautas

futuristas de Moebius [...] e percorría os calexóns da Cidade Vella de

Coruña-Praga co seu amigo Kafka, tamén coñecido como Xohán Casal, e

xuntos recitaban a Georg Trakl», explica Rivas (1999). A conciencia his-

tórica fai mudar o ton paródico do zine, e as primeiras páxinas dese

número 2, incluídos os poemas de Lois Pereiro e Manuel Rivas, están

marcadas pola gravidade. A necesidade de recuperar a «memoria básica»

lévaos no número 3 a recuar aínda máis atrás para recompoñer o discur-

so da nación, por esa razón a portada reproduce publicacións de antes de

1936 con textos de Noriega Varela e Núñez Búa e a característica decora-

ción modernista. A chiscadela paródica, que nos fai lembrar que non se

trata de páxinas interiores dunha revista do primeiro terzo do XX senón

dun gzine de finais dos setenta, está no titular da sección: «Nuestros cola-

boradores literarios en Galicia». Como xa se adiantou, ese é o número en

que aparecen as referencias a Manuel Antonio.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 52

53

Manuscrito orixinal de Lois Pereiro: “Ein Mensh-Heitsbuch”, Loia 4, p. 11 e “1859 a 1861”, Loia 4, p. 12.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 53

54

Nos zines a compoñente visual soborda a función de simple ilustración.

Os rotulados, os debuxos, as cores, as texturas, as tiras de cómic e as fotos

deberían terse en conta na lectura destes poemas, aínda que isto deses-

tabilice a idea de «autor» e sexa a persoa que fai a maqueta a que inter-

veña, a posteriori, nun texto de creación. De feito, a lectura parte dunha

textualidade que se constrúe sobre o código do zine, non é un libro de

poesía publicado en colección convencional. A relevancia da maqueta

neste formato é tanta ou máis ca a das colaboracións de creación con-

vencional, textual ou plástica. O maqueteiro, como se denomina Xosé

Manuel Pereiro, encárgase de darlle unidade gráfica, incorpora os traba-

llos de autor nun deseño que dota de nova significación as achegas indi-

viduais e confírelle a aparencia que, nunha simple ollada, determinará o

pacto de lectura. O deseño interior de Loia era o resultado da suma de

diversos –e iso resulta ben significativo–, pero as portadas, tan diferentes

entre elas, xogaban sempre coa sorpresa, avisaban de que o ton domi-

nante ía ser a parodia e incluía formas ou contidos que remitían á memo-

ria das orixes (infancia, casa, nación, familia) e evidenciaba que se trata-

ba dun gzine que apostaba por certa idea da cultura e certa idea da

nación. Neses anos X. M. Pereiro tamén colaborou na edición dos

Cadernos da Gadaña con Reimundo Patiño, «para logo acadar de xeito

inevitábel o alcume de Johnny Rotring na súa etapa de deseñador-roquei-

ro en A Coruña» (Patiño, 1999: 85), así que, como se ve, a súa achega non

é invisíbel ou accesoria, pois con ese traballo gráfico o zine colle corpo,

logo existe, e encamiña cara a un pacto de lectura determinado.

Os poemas, mirando cara aos caligramas que tanto marcaron as for-

mas da vangarda, combinaron a miúdo textualidade e visualidade (en

realidade calquera texto escrito está dotado dunha compoñente visual,

claro). Así Lois Pereiro incorpora un poema sobre a utopía a un diagra-

ma da estrutura e do desenvolvemento social, «Dispois do tempo frío», o

devandito «Anoitece en Irlanda» cédelle o lugar central da páxina a un

retrato de Virginia Woolf e en «Señora Posesa» o texto ocupa o seu lugar

na retícula compositiva, entre bolsas de tés diversos (Loia 2: 10; 3: 4, 17).

Pola súa banda os poemas de Rivas xogan, e moito, con esa visualidade

significativa. Un que trata sobre a infancia acompáñase cun retallo dunha

lección de xeografía, outro titulado «Televisión» escríbese a partir da pro-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 54

55

gramación publicada nun xornal, «Idyl» intercálase nun cómic erótico e

en «Abre os ollos ás cousas» os versos enmárcanse cun trazado manus-

crito. Ten un interese singular a páxina en que publica «O destino está no

aer» e «Metamorfosis», onde revisa a idea do flâneur entre a vangarda e o

existencialismo mecanicista. Sobre o debuxo da organización dunha

orquestra sinfónica (metáfora da organización harmónica) insírense os

dous poemas que matinan arredor do suxeito e a cidade, con referencias

á Nadja de André Breton e á soidade do home perdido no labirinto mecá-

nico da cidade que remite, ao fondo do túnel, ao Gregor Samsa de Kafka

(Loia 1: 7; 2: 6; 3: 5, 23; 4: 6, respectivamente). Tamén dous dos poemas

de Fermín Bouza, os que remiten á patria da infancia, aparecen nunha

folla arrincada dun caderno, sobre notas e debuxos (Loia 3: 24).

Mención de seu merecen os ilustradores, particularmente as figuras

humanas de Antón Patiño coas súas pescudas e transformacións anató-

micas, concretamente nos rostros, e mais Delfín Mariño coas súas máqui-

nas imaxinarias, porque se presentan como ensaios debuxados sobre o

suxeito na sociedade industrial e as sociedades utópicas (proben a mirar

por xunto estas series). As «letras» e mais os debuxos de Delfín Mariño

máis interesantes están no número 3 do gzine. Ocupa o seu interese a crí-

tica aos totalitarismos e fai defensa da revolución como o motor evoluti-

vo das sociedades humanas. Jules Verne e, en particular, o seu Capitán

Nemo son o referente expreso do seu texto de creación e das súas máqui-

nas imaxinarias (Loia 3: 10-13, 21). É, porén, Antón Patiño, o que achega

unha colección de ilustracións máis relevante, en particular coa súa serie

sobre o corpo e o rostro como territorio do eu, que vai do berro expre-

sionista á metamorfose, dos estudos ilustrados de anatomía ao desman-

telamento do suxeito incómodo e incomodado co seu contorno, un suxei-

to concibido como mecano biomecánico e cun punto monstruosamente

humano que o achega a Frankenstein. Non hai na súa proposta repre-

sentación senón reflexión, abstracción do corpo como lugar do suxeito,

como el ben explica: «Todo rostro guarda siempre un enigma. Hay rostros

inestábeis que parece que se desvanecen, se convierten en paisajes; es

entonces el rostro un escenario de metamorfosis incesantes» (Penelas

1997: 48). O berro e as bocas abertas constitúen o punto de partida do seu

ensaio visual, a resposta necesaria a uns tempos en que se tomaba con-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 55

56

ciencia da opresión (Patiño e Penelas, 2010: 30; Loia 3: 8, 18, 20, 26, 28; 4:

2, 7, 8, 18, 20).

«TARZAN THE MIGHTY. EISISTEN ESPLOTADOS I ESPLOTADORES.

POIS BEN, TANTO PIOR PRA OS ESPLOTADORES. PASOLINI»

Alén das definicións máis ou menos ortodoxas, o que realmente carac-

teriza este tipo de zines é a vontade de crear un espazo para a experi-

mentación creativa e constituír unha idea de comunidade lectora searei-

ra que participa das claves interpretativas que xera a propia publicación

(os explotados, os perdedores, o underground). Serve, logo, como medio

de expresión autoafirmativa e non mediada, e nese sentido é un intere-

sante antecedente a moitos blogs e e-zines que na actualidade ofrecen

ferramentas ben máis lustrosas para a creación alternativa grazas á acce-

sibilidade da tecnoloxía dixital. O zine crea ilusión de comunidade auto-

afirmada arredor dos manifestos e lemas, símbolos e formas, á marxe do

poder, á marxe do pensamento dominante. E de feito a afirmación grupal

naquel lúdico, case inxel, «¡Nós os inadaptados!» a estourar sobre o plano

de Madrid, marca unha sucesión xeracional dentro da mesma comuni-

dade, un tránsito que vai desde as orixes cara a un público que compar-

te a receita nación/modernización. Loia, como as accións e proxectos das

vangardas, procura prender nun público lector colaborativo, activo e

emancipado, aplicando a idea do rizoma á comunicación dun pensamen-

to e dunhas formas artísticas híbridas. Non hai interacción visíbel co

público lector pero o texto pide complicidade xa na súa estética para a

decodificación paródica, para poder botar unhas risas contra o sistema e

ao mesmo tempo sentir a radical chamada da emoción. Ese público

implícito, que participa da estética da retranca que alanca entre o pun-

kismo e a veciñanza, sitúase a carón dos que non teñen poder, dos que

participan da utopía e da revolución.

Citábase Loia case sempre de oído, sen coñecer a colección completa.

Este é o gzine duns artistas que cando eran novos vivían en Madrid e

desde alí se fixeron cargo do fervellar do cambio. Escrita, debuxo e

maqueta callaban nun facerse cargo do mundo contra o herdo e en plena

Transición: «todo o que viamos fronte nosa, aí, a carón, era unha realida-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 56

57

de mediocre e censurada, e buscabamos impetuosamente todo o que de

novo se abría ante os ollos, todo aquilo que supuxera unha ruptura coa

pobre realidade das novas vidas cotiáns [...]: o mundo fervía en calquera

parte, en inglés, en alemán...» (Lois Pereiro, en Rivas, 1997: 7). Paradoxos

das culturas que se articulan despregando sucesivos paraugas para poder

abranguer cantos máis mellor, agora moitos daqueles estudantes que

botaron a andar esta Loia deron en ser nomes-columna do tecido inte-

lectual, artístico e institucional, se cadra porque, malia os avances na

creación de institucións e industria cultural, unha parte importante da

renovación, da afouteza e da capacidade de crear e pensar desde a

retranca radica precisamente en que a nosa aínda ten moito de cultura

DIY. Esta debe ser unha das singularidades da nosa tribo e por iso pode-

mos recuperar a comunicación efémera de Loia antes de que sexa unha

momia ou apenas un resto. Este facsímile permite que nos debrucemos

nas páxinas dos catro míticos números publicados entre 1975 e 1978,

contra o mes de xullo, mais deberían ler nel coma nun zine. Porque esas

páxinas aínda nos interpelan.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 57

58

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

ACUÑA, Ana: «Poesía galega en Madrid: o grupo poético Bilbao», en Dieter

Kremer (coord.), Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos.

Universidad de La Habana, vol. 2, Trier, Ediciós do Castro/Centro de

Documentación de Galicia da Universidade de Trier, 2000, pp. 515-532.

Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cul-

tura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/87>

DUNCOMBE, Stephen: Notes from underground. Zines and the politics of alternati-

ve culture, Londres/Nova York, Verso, 1997.

GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Helena: «Rompente, “poderosa pomada”», Anuario de

Estudios Literarios Galegos (1997), pp. 47-84.

— «Bolígrafo/pincel simultáneo», en Atlántica Vigo 1980-1986, Vigo, Museo de

Arte Contemporánea, 2002, pp. 588-590.

LOIA, Madrid, 1-4 (1975-1978).

MURADO, Miguel Anxo: Otra idea de Galicia, Barcelona, Random House

Mondadori, 2008.

PATIÑO, Antón: «Reimundo Patiño», en Reimundo Patiño: a explosión dun mundo,

Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, 1999, pp. 17-103.

— Lois Pereiro. Radiografía do abismo, Madrid, Espiral Maior, 2010.

PATIÑO, Antón e Seve PENELAS: «Cinco anos e cinco preguntas de protohistoria +

Coda para un Recinto», en Antón Patiño 1974-1979. Crónica do artista ado-

lescente, Vigo, Concello, 2010, pp. 29-30.

PENELAS, Severino: «Teoría del rostro. Conversación con Antón Patiño = Théorie du

visage. Conversation avec Antón Patiño», en Antón Patiño, Théorie du visage,

Vigo, Galerie Zôgraphia/Antón Patiño, 1997, pp. 41-47.

RIVAS, Manuel: «Lois Pereiro: Iste é un povo que sabe suicidar-se», Luzes de

Galiza, 0 (1985), pp. 7-9.

— «Lois Pereiro. A derradeira entrevista. Apostei a carta máis alta», Luzes de

Galiza, 28 (1997), pp. 6-10.

— «O que pasou a liña», en Antón Patiño, Reimundo Patiño a explosión dun

mundo, Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, 1999, p. 15.

— A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, A Coruña, Real Academia

Galega, 2009.

VALVERDE, Alberte: «A performance en Rompente», Anuario de Estudos Literarios

Galegos (2004), pp. 96-105.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 58

UNHA LUZ DE TREBOADA AÍNDAMÁIS PÁLIDA

POR

MANUEL RIVAS

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 59

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 60

61

Este é un anaco dunha carta que Paul Celan escribiu a Hans Bender,

en 1960, en resposta a un convite para participar nunha antoloxía titula-

da O meu poema é o meu coitelo: “Un oficio manual é cousa de mans. E

esas mans pola súa vez pertencen unicamente a unha soa persoa, ou

sexa, a un ser amado singular e mortal, que busca un camiño coa súa voz

e a súa mudez. Só mans verdadeiras escriben poemas verdadeiros. Non

vexo ningunha diferenza de principio entre o apertón de mans e o poema

[...]. Os poemas son tamén agasallos; agasallos para aqueles que están

atentos. Agasallos que levan consigo destino”.

Ben sei por que me lembrei dela, da carta, e fun na súa procura. Esa

idea das mans. Fálase moi poucas veces do escribir como un oficio

manual. E sorprende esa idea tan radical da anatomía poética: “Só as

mans verdadeiras escriben poemas verdadeiros”. Tamén na pintura, nos

obradoiros flamencos, circulaba a idea da “man sincera”.

Eu coñecín a Lois Pereiro sendo el cristaleiro. Nada máis chegar a

Madrid, na nova Facultade de Ciencias de la Información, en outono de

1974, o primeiro día de clase, que foi tamén o da primeira asemblea,

unha casual causalidade levoume a cruzar unhas palabras con quen

resultou ser Xosé Manuel Pereiro. Aqueles monosílabos, tipo Vladimir e

Estragón, foron a consigna para pór en marcha unha amizade que tamén

se constituíu dende o comezo como un obradoiro.

Eu fora buscar a Xosé Manuel para logo irmos xuntos ao Incio. Para el

era unha ocasión de volver á casa vella de Santa Cristina, a súa aldea cós-

mica, a A de Meu, mais para min, o mozo coruñés, cascarilleiro, era unha

experiencia excitante, a descuberta das “montañas máxicas” do Oriente

galego, do Incio e O Courel. Ía facer antropoloxía nun mundo descoñeci-

do: o propio país.

Mais quen está no obradoiro, de verdade, agora mesmo, arredor da

Semana Santa de 1975, é Lois Pereiro. Traballa co vidro. É mais novo ca

min, mais xa entón o vin como alguén “doutro tempo”. E iso non signifi-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 61

62

ca pasado nin futuro. Significa “outro tempo”. O xeito pousado do falar, esa

linguaxe do murmurio que envolve un silencio fértil, xerminal. Está entre

unha materia transparente que envolve escuridade á espreita. Está entre es-

pellos que multiplican metamorfoses. Sempre o lembrarei así, de en-

trada, naquel lugar do encontro. Os dedos longos, vimbios de óso, que

escriben con unllas de diamante.

A idea de obradoiro ten de ver moito con Loia. O obradoiro é un lugar

en movemento. Se Loia ten algunha importancia, ademais de chanzo no

andar da biografía sentimental dos que viviron a experiencia, é por esa

dobre condición de lugar obradoiro na diáspora. Dun lugar bulicioso

onde agroma o canto. E, sen dúbida, a máis abraiante especie, o abruño

que medrou, o máis innovador no eido da expresión literaria foron os

poemas de Lois. Despois da súa tempada de cristaleiro, viaxou a Madrid

para estudar idiomas, canda Piedad, o seu amor siamés. E semellaba que

nalgún recanto da equipaxe traía a punta de diamante: “Hai un certo

punto de espírito dende o cal a vida e a morte, o real e o imaxinario, o

pasado e o futuro, o comunicábel e o que non se pode comunicar deixa-

rán de ser percibidos contraditoriamente” (André Bretón). E dende logo

traía o máis importante que posibilitaría esa tarefa: a man sincera para

trazar agasallos que levan sentido. O que hoxe coñecemos como Poemas

de Loia.

Así que Loia foi, antes que nada, un lugar de encontro. Había moitas

outras estacións e fogares nómades naquel Madrid que bulía. Un mapa

de unidades de emoción e ambiente. Así que Loia, ese lugar portátil que

chamaremos Loia, non tiña nada de espazo de morriña ou de reduto cas-

trexo no corazón da capital do imperio. Non naceu dun programa nin dun

manifesto explícito. Non era unha proposta xeracional. Non pretendia-

mos ocupar nada. A razón de ser de Loia foi ese carácter psicoxeográfi-

co. Se nos valemos da oración de Aquilino, ter un alpendre onde soñar e

un carreiro de vagalumes. Un máis. Así que o máis importante de Loia

non era o que a revista era, senón o que ocorría nela como espazo habi-

tado.

Loia era, máis que nada, unha cita. Unha clave para un intre de felici-

dade clandestina. Ninguén ía esixir nada, ninguén ía dar ordes, ninguén

ía dominar. Era un obradoiro, si, mais onde o dereito á preguiza era res-

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:31 Página 62

63

pectado e onde a produción do invisíbel era se cadra o máis importante.

Había unha desculpa e esa era Loia, pero a intención verdadeira era par-

tillar información básica en circos concéntricos.

Información, en primeiro lugar, sobre o acontecer inmediato, naquel

tempo de vertixe, onde un pé pisaba no perigo e outro na esperanza.

Todos os que alí estabamos citados por Loia tiñamos razóns para andar á

espreita, vixiantes. Mais, a diferenza doutros grupos poéticos ou de van-

garda artística da época, a composición era inusitadamente plural.

Eramos poucos, si, mais de diferente procedencia, idade e oficio.

Así que, ademais de partillar información de urxencia, ás veces moi

boa información, sobre o acontecer nas trincheiras políticas dese tempo

pútrido do tardofranquismo, había outros estratos de información

Manuscrito orixinal de Manuel Rivas: Loia 3, p. 25.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 12:14 Página 63

64

Carta gráfica dos irmáns Rivas a X. M. Pereiro na que describen a súa vida cotiá en Compostela.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 64

esencial que nos abría a clave de Loia. O que de verdade foi a súa razón

de ser. Se o que máis se asemella á felicidade é o rescate das faíscas de

esperanza da humanidade, segundo unha das teses de Walter Benjamin,

nós tivemos a felicidade clandestina de encontrar dous rescatadores e

fornecedores ideais de faíscas: Reimundo Patiño e Fermín Bouza Álvarez

(o primeiro faleceu en 1985, e o segundo segue a transmitir faíscas).

A parte máis visíbel e rechamante hoxe de Loia, o que ten como docu-

mento dunha certa vangarda, coido que é a poesía de Lois e o grafismo

de Antón. Mais está estoutra dimensión invisíbel, o que Loia era como un

lugar de rescate, como unha patria portátil de encontro soterrado, under-

ground. Reimundo Patiño e Fermín Bouza (con todos os fíos e conexións

que eles tiñan) eran a un tempo vixías e vedoiros, mensaxeiros que fala-

ban decote nese “outro tempo”, que non era pasado, senón un presente

lembrado. Ou unha “melancolía activa”, na expresión de Van Gogh. Eles

eran, dalgún xeito, enlaces de todas as vangardas. Das mellores procuras

éticas e estéticas da humanidade. Sempre falabamos en galego, e sempre

en internacionalista. Un día “visitábanos” Karl Kraus con Philip K. Dick.

Outro Grosz con Frida Khalo. Georg Trakl con Flannery O’Connor. Miles

Davis e George Brassens. Luís Seoane e Dashiell Hammett. María Luisa

Bombal e Juan Rulfo. Pratt e Moebius. Jean Vigo e Pasolini...

Sempre, o marxismo crítico e o pensamento libertario. Sempre, o

surrealismo e o situacionismo. Galicia era un local universal. A portátil

nación republicana do exilio, a diáspora e os mártires da liberdade. Un

día Reimundo Patiño abriunos unha caixa de cartón, das dos zapatos, e

dentro estaban os manuscritos de Xohán Casal. Un deles titulábase “O

campo das ratas”.

Tamén para iso naceu Loia. Para que vise a luz ese texto estarrecedor

que semella bíblico.

Nunha homenaxe literaria na cidade libre hanseática de Bremen, en

1958, Paul Celan dixo:

“Pensar (denken) e agradecer (danken) son na nosa lingua alemá pala-

bras dunha mesma orixe. Quen segue o seu sentido entra no eido de sig-

nificación de gedenken, ‘pensar en, lembrar’, eigedenk sein, ‘lembrar’,

Andenken, ‘lembranza’, Andacht, ‘meditación, recollemento, oración’”.

Amén, Loia.

65

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 65

66

Cartel deseñado por X. M. Pereiro para un recital de Manuel Rivas na Coruña.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 66

67

Cartel deseñado por X. M. Pereiro para un recital de Manuel Rivas na Coruña.

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 67

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 68

SUMARIO

5LIMIAR

POR RAMÓN VILLARES

11UN ANTIMANIFESTO CHAMADO LOIA

POR XOSÉ MANUEL PEREIRO

23LOIA NA LEMBRANZA

POR ANTÓN PATIÑO

43LOIA, O GZINE UNDERGROUND

ENTRE A MEMORIA BÁSICA E O PUNKPOR HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

59UNHA LUZ DE TREBOADA AÍNDA MÁIS PÁLIDA

POR MANUEL RIVAS

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 69

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 70

ESTE LIBRO ACABOUSE DE IMPRIMIR EN MAIO DE 2011,ANO DEDICADO A

LOIS PEREIRO

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 71

ESTUDO LOIS revisado2.qxd 14/04/11 10:32 Página 72

HOMENAXE

DO

CONSELLO

DA CULTURA GALEGA

MMXI

LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO