37
Denis Vicente Rodríguez Universidade do Estado do Rio de Janeiro Memoria do ano 2015 do lectorado de lingua galega da Universidade do Estado do Rio de Janeiro Denis Vicente Rodríguez Visto e prace: Claudia Amorim Coordinadora do Programa de Estudos Galegos Rio de Janeiro, 25 de novembro de 2015 1

Memosia de actividades Río de Xaneiro

  • Upload
    hathuan

  • View
    234

  • Download
    2

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Memoria do ano 2015do lectorado de lingua galegada Universidade do Estado do Rio de Janeiro

Denis Vicente Rodríguez

Visto e prace:

Claudia Amorim

Coordinadora do Programa de Estudos Galegos

Rio de Janeiro, 25 de novembro de 2015

1

Page 2: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Índice1. Introdución. Presentación da praza ----------------------------------------------------- 3-6

1.1. A Universidade do Estado do Rio de Janeiro ------------------------------ 3

1.2. O Instituto de Letras da UERJ ----------------------------------------------- 4

1.3. O Programa de Estudos Galegos --------------------------------------------- 5

2. Actuación docente ------------------------------------------------------------------------- 7-14

2.1. Literatura Galega I ------------------------------------------------------------- 7

2.2. Literatura Galega II ------------------------------------------------------------- 8

2.3. Introdución à Cultura Galega ------------------------------------------------- 10

2.4. Lingua Galega ------------------------------------------------------------------ 11

2.5. Alumnado ----------------------------------------------------------------------- 13

3. Presenza social e institucional na UERJ e na cidade ---------------------------------- 15-18

3.1. Páxina web ----------------------------------------------------------------------- 15

3.2. Blogue ---------------------------------------------------------------------------- 15

3.3. Redes sociais -------------------------------------------------------------------- 16

3.4. UERJ Sem Muros --------------------------------------------------------------- 16

3.5. Fórum de Estudos Linguísticos------------------------------------------------ 16

4. Actividades ---------------------------------------------------------------------------------- 19-23

4.1. Palestras --------------------------------------------------------------------------- 19

4.2. Semana das Letras Galegas ---------------------------------------------------- 20

4.3. II Semana do Audiovisual Galego -------------------------------------------- 22

5. Presenza do lector e do PROEG fóra da UERJ ------------------------------------------ 24-25

5.1. Casa de España do Rio de Janeiro ---------------------------------------------- 24

5.2. Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos en B. Aires -- 24

5.3. I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos en Salvador----------------------- 24

5.4. Universidade Federal Fluminense ----------------------------------------------- 25

6. Publicacións ----------------------------------------------------------------------------------- 26-27

7. Proxectos de pesquisa ------------------------------------------------------------------------ 28

7.1. Participación do alumnado nos Cursos de verán de galego -------------------28

7.2. Grupo de pesquisa en Estudos Galegos ----------------------------------------- 28

8. Anexos ----------------------------------------------------------------------------------------- -29-37

2

Page 3: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

1. Introdución. Presentación da praza

1.1. A Universidade do Estado do Rio de Janeiro

A historia da Universidade do Estado do Rio de Janeiro (UERJ) ten o seu inicio o 4 de

decembro de 1950, coa promulgación da lei municipal número 547, que crea a nova Universidade

do Distrito Federal (UDF). Diferente da institución homónima, fundada en 1935 e extinta en 1939, a

nova Universidade gañou forza e tornouse unha referencia en ensino superior, pesquisa e extensión

na Região Sudeste. Neste traxecto, a institución mudou de nome, acompañando as transformacións

políticas que acontecían No ano 1958, a UDF foi rebautizada como Universidade do Rio de Janeiro

(URJ). En 1961, após a transferencia do Distrito Federal para a inaugurada Brasilia, a URJ pasou a

se chamar Universidade do Estado da Guanabara (UEG). Finalmente, en 1975, gañou o nome

definitivo de Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Creada a partir da fusión da Facultade de

Ciencias Económicas do Rio de Janeiro, da Facultade de Dereito do Rio de Janeiro, da Facultade de

Filosofía do Instituto La-Fayette e da Facultade de Ciencias Médicas, a Universidade creceu,

incorporando e creando novas unidades co pasar dos anos. Ás facultades fundadoras uniranse

institucións como a Escola Superior de Desenho Industrial (Esdi), o Hospital Geral Pedro Ernesto

(Hupe), a Escola de Enfermagem Raquel Haddock Lobo, entre outras. Alén diso, novas unidades

foron creadas para atender ás demandas da Universidade e da comunidade, como o Instituto de

Aplicação (CAp) e a Editora da UERJ (Eduerj), entre outros. Neses sesenta anos de historia, a

Universidade creceu en tamaño, estrutura e importancia nos escenarios rexional e nacional.

En relación á pesquisa actual, cada ano a Universidade do Estado do Rio de Janeiro (UERJ)

amplía a súa coa instalación de novos laboratorios, sinatura de convenios técnico-científicos,

creación de grupos de pesquisa e incremento nos programas de apoio. O resultado é o aumento da

produción científica da Universidade. Actualmente, a UERJ conta con, aproximadamente, 315

grupos de pesquisa e máis de mil pesquisadores catastrados no Conselho Nacional de

Desenvolvimento Científico e Tecnológico (CNPq). Como soporte á produción científica dos seus

alumnos e alumnas, a Universidade dispón de preto de 600 bolsas de pos-graduación Stricto sensu,

ofrecidas polo CNPq e pola Coordenadoria de Aperfeiçoamento de Pessoal de Ensino Superior

(Capes), e 700 bolsas para alumnado de graduación vinculado ao Programa Institucional de Bolsas

de Iniciação Científica (Pibic), financiado pola UERJ e polo CNPq. Unha das formas de estímulo

aos docentes da Universidade é o Programa de Incentivo à Produção Científica e Tecnológica

(Prociência). Creado en 1996, o Programa posibilita dedicación exclusiva para o desenvolvemento

3

Page 4: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

de pesquisas e proxectos, paralelamente ás actividades en sala de aula. Hoxe, atende a 359

bolseiros. Outra iniciativa é o programa Profesor Visitante, que permite ás Unidades Académicas

contratar, temporariamente, docentes con vasta experiencia científica a fin de incrementar

programas de pos-graduación e grupos de pesquisa. A estrutura de pesquisa da UERJ inclúe

laboratorios nas máis variadas especialidades, utilizados tamén no ensino de graduación e pos-

graduación

A condición de institución estatal confire á UERJ un forte compromiso co desenvolvemento

rexional, que se materializa nunha intensa actividade de extensión. Ao longo dos anos, a

Universidade ten colaborado na construción de políticas públicas por medio de proxectos destinados

a mellorar as condicións de vida da poboación fluminense. Ao mesmo tempo, a extensión

proporciona a troca de saber e de experiencias entre a comunidade académica e o público externo.

O UERJ Sem Muros é un bo exemplo do empeño da Universidade en abrir as súas portas para a

poboación. Trátase dun evento anual que presenta os servizos e actividades de extensión

promovidos pola UERJ. Outra iniciativa de destaque é a Universidade Aberta da Terceira Idade

(Unati), que desenvolve varios proxectos destinados á saúde física e mental das persoas da terceira

idade, colaborando na súa integración e inserción social.

Alén de accións e proxectos de extensión, a Universidade ofrece unha ampla e variada

programación artística e cultural. Para iso, a UERJ conta con espazos privilexiados, como os

Teatros Odylo Costa, filho e Noel Rosa; as Galerias Cândido Portinari e do Centro Cultural Gustavo

Schnoor e a Concha Acústica. A media de público presente aos eventos promovidos pola

Universidade é de 130 mil persoas por ano.

Os eventos e actividades culturais permanentes proporcionan á comunidade académica e á

poboación do Rio de Janeiro acceso á cultura en diversos niveis, do popular ao clásico.

1.2. O Instituto de Letras da UERJ

O Instituto de Letras posúe seis departamentos: Estudos da Linguagem (LING), Letras Anglo-

Germânicas (LAG), Letras Clássicas e Orientais (LECO), Letras Neolatinas (LNEO), Lingua

Portuguesa, Literatura Portuguesa e Filologia (LIPO), Literatura Brasileira e Teoria da Literatura

(CULT). O ILE ofrece cursos de Graduação nas modalidades bacharelato e licenciatura, sendo sete

de dupla habilitación (Português-Alemão, Português-Espanhol, Português-Francês, Português-

Grego, Português-Italiano, Português-Latim e Português-Japonês) e dous de habilitación única

4

Page 5: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

(Português-Literaturas e Inglês-Literaturas). Ofrece aínda, en nivel de Pós-Graduação, dez cursos de

especialización, seis cursos de mestrado e dous cursos de doutoramento.

O ILE atende a outras unidades académicas como a Facultade de Comunicación Social, a

Facultade de Dereito e o Instituto de Matemática e Estatística.

Máis de 1700 estudantes están regularmente matriculados nos seus cursos de Graduación, que

funcionan nas quendas da mañá/tarde e tarde/noite. O ILE conta con programas de extensión no

atendemento ás comunidades interna e externa. Entre os programas catastrados na Sub-Reitoria de

Extensão e Cultura están o Programa Línguas para Comunidade (LICOM), o LerUERJ, o Programa

Linguagem en Condições Diferenciadas e o Programa de Estudos Galegos (PROEG). Entre os

proxectos configurados, baixo a coordenación de docentes do ILE, están o Centro Filológico Clóvis

Monteiro (CEFIL) e o Escritório Modelo de Tradução Ana Cristina César.

Se contabilizamos tamén o número de alumnado de pos-graduación e de extensión, o Instituto

de Letras da UERJ supera hoxe os 3.000 matriculados/as.

1.3. O Programa de Estudos Galegos

Creación e obxectivos

O PROEG, creado polo Ato Executivo 41/96, de 23/07/96, ten carácter interdisciplinar e

interinstitucional e ten como obxectivos:

• Desenvolver, estimular, dar apoio e asistencia a actividades relativas ao ensino, á pesquisa

e á extensión en áreas do coñecemento que envolvan ou se relacionen coa lingua, a literatura e a

cultura galega en xeral

• Promover o intercambio cultural con Galicia.

Buscando alcanzar estes obxectivos, o PROEG ofrece disciplinas optativas de Lingua e

Literatura Galega no Instituto de Letras e promove eventos diversos sobre a cultura galega.

Convenio

En 1998, foi asinado un convenio de colaboración sobre a Consellaría de Educación e

Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a UERJ para a creación de un Lectorado de Galego

no PROEG.

Actividades docentes e de extensión

Desde 1999, as disciplinas de Lingua Galega, Literatura Galega I, Literatura Galega II, e

5

Page 6: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Introdución á Cultura Galega integran o currículo do Instituto de Letras como disciplinas optativas,

sendo impartidas polo profesor lector.

Alén da docencia, o Lectorado de Galego do PROEG ven promovendo a difusión da lingua,

literatura e cultura galegas mediante a realización de diversas actividades dentro e fóra da UERJ.

Todos os anos realízanse actividades conmemorativas do Dia das Letras Galegas (palestras,

recitais poéticos, exhibición de filmes, contadores de historias, exposicións de imaxes e textos,

mostras gastronómicas, mostras de danza e musica galega, etc.) Como veremos máis adiante,

véñense facendo, tamén con carácter anual, Mostras de Cultura Galega, integradas no Programa

UERJ Sem Muros.

Alén de múltiples publicacións propias do PROEG, na UERJ a biblioteca de Letras está dotada

de máis de dous mil volumes publicados na Galicia que ofrecen servizos de consulta e empréstimos

á comunidade universitaria.

Desde o PROEG tense tamén proporcionado a ida de alumnado e profesado anualmente para os

cursos de verán de Lingua Galega.

6

Page 7: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

2. Actuación docente

2.1. Literatura Galega I

O obxectivo desta materia é ofrecer unha panorámica xeral da literatura galega desde o

período medieval até o Rexurdimento no século XIX.

Período 2015.1 / 2015.2Aulas Segundas 14:20-15:10 e 15:10-16:00Disciplina Literatura Galega ILingua GalegoDocente Denis Vicente RodríguezContacto [email protected]

Contidos

1. Introdución

2. O esplendor medieval

2.1. Contexto histórico

2.2. Aspectos xerais

2.3. A lírica profana: cantigas de amigo, amor e escárnio e maldizer

2.4. A lírica relixiosa: as Cantigas de Santa María

2.5. A prosa medieval

3. Os Séculos Escuros e a Ilustración

3.1. Contexto histórico

3.2. A literatura oral e popular

3.3. As manifestacións cultas

3.4. A literatura ilustrada

4. O Rexurdimento

4.1. Contexto histórico

4.2. Aspectos xerais

4.3. Os precursores: X.M. Pintos e Francisco Añón

7

Page 8: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

4.4. Rosalía de Castro

4.5. Eduardo Pondal

4.6. Curros Enríquez

Metodoloxía

A aula é un espazo dinámico de interacción, debate e reflexión sobre os contidos do

cronograma. A actividade docente se desenvolve a través de exposicións orais e presentación de

textos, vídeos, áudios e imaxes. Procúrase a participación activa do alumnado no desenvolvemento

da materia, constituíndo un modelo de aprendizaxe cooperativo.

Avaliación

Avaliación continua Tense en conta a asistencia e participación nas aulas, a realización de

pequenos traballos e exercicios así como o interese e a implicación na materia e nas actividades

realizadas polo Programa de Estudos Galegos ao longo do período.

2.2. Literatura Galega II

O obxectivo desta materia é ofrecer unha panorámica xeral da literatura galega ao longo do

século XX.

Período 2015.1 / 2015.2Aulas Segundas 16:00-16:50 e 16:50-17:40Disciplina Literatura Galega IILingua GalegoDocente Denis Vicente RodríguezContacto [email protected]

Contidos

1. Introdución

2. Primeiro terzo do século XX

2.1. Contexto histórico

2.2. As Irmandades da Fala: Ramón Cabanillas e Noriega Varela

8

Page 9: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

2.3. O Grupo Nós: Otero Pedrayo, Vicente Risco e Castelao

2.4. As Vangardas: Manuel Antonio e Rafael Dieste

3. Poesía na segunda metade do século XX

3.1. Contexto histórico

3.2. Xeración do 36: Aquilino Iglesia Alvariño, Díaz Castro e Carvalho Calero

3.3. Exilio: Luís Seoane

3.3. Xeración dos 50: Manuel Maria, Uxío Novoneyra e Xohana Torres

3.4. A poesía social: Celso Emilio Ferreiro

3.5. O formalismo dos 80 e a renovación dos 90. A poesía feminista

4. Narrativa na segunda metade do século XX

4.1. Contexto histórico

4.2. Ruralismo e narrativa popular: Ánxel Fole e Neira Vilas

4.3. Realismo Máxico: Álvaro Cunqueiro

4.4. Renovación: Eduardo Blanco Amor

4.5. Nova Narrativa Galega: Méndez Ferrín, Mª Xosé Queizán e Carlos Casares

4.6. Narrativa actual: Manuel Rivas e Suso de Toro

Metodoloxía

A aula é un espazo dinámico de interacción, debate e reflexión sobre os contidos do

cronograma. A actividade docente se desenvolve a través de exposicións orais e presentación de

textos, vídeos, áudios e imaxes. Procúrase a participación activa do alumnado no desenvolvemento

da materia, constituíndo un modelo de aprendizaxe cooperativo.

Avaliación

Avaliación continua Tense en conta a asistencia e participación nas aulas, a realización de

pequenos traballos e exercicios así como o interese e a implicación na materia e nas actividades

realizadas polo Programa de Estudos Galegos ao longo do período.

9

Page 10: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

2.3. Introdución á Cultura Galega

O obxectivo desta materia é ofrecer unha aproximación á cultura galega desde unha

perspectiva transversal, comparativa coa situación brasileira, e sobre todo volcada na nosa realidade

cultural actual.

Período 2015.1 / 2015.2Aulas Cuartas 12:30-13:20 e 13:20-14:10Disciplina Introdución á Cultura GalegaLingua GalegoDocente Denis Vicente RodríguezContacto [email protected]

Contidos

1. Introdución: un país na fin do mundo

1.1. Símbolos e institucións

1.2. A lingua galega

2. Territorio e actividades socio-económicas

2.1. División administrativa: provincias, comarcas, concellos e parroquias

2.2. Relevo: montaña, planicie litoral

2.3. Clima

2.4. Flora e fauna

2.5. Asentamento da poboación e demografía

2.6. Economía

2.7. Comportamento electoral

2.8. Emigración

3. Historia

3.1. Da Prehistoria aos celtas

3.2. Da Gallaecia romana ao Reino Medieval de Galicia

3.3. Da "doma e castración" ao alborecer do Romantismo

3.4. Provincialismo, Rexionalismo e Nacionalismo

10

Page 11: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

3.5. II República, Guerra Civil e Franquismo

3.6. Democracia e autonomía

4. Mitoloxía, festividades e gastronomía

4.1. Mitos e lendas

4.2. Crenzas

4.3. O ciclo do ano: Entroido, Semana Santa, Maios, San Xoán, Magosto, Samaín, Nadal

4.4. Gastronomía

5. Manifestacións artísticas

5.1. Arquitectura: do románico ás construcións actuais

5.2. Pintura: Castelao, Laxeiro, Colmeiro e Seoane

5.3. Literatura: do esplendor medieval á diversidade actual

5.4. Música

5.5. Cinema

Metodoloxía

A aula é un espazo dinámico de interacción, debate e reflexión sobre os contidos do

cronograma. A actividade docente se desenvolve a través de exposicións orais e presentación de

textos, vídeos, áudios e imaxes. Procúrase a participación activa do alumnado no desenvolvemento

da materia, constituíndo un modelo de aprendizaxe cooperativo.

Avaliación

Avaliación continua Tense en conta a asistencia e participación nas aulas, a realización de

pequenos traballos e exercicios así como o interese e a implicación na materia e nas actividades

realizadas polo Programa de Estudos Galegos ao longo do período.

2.4. Lingua Galega

O obxectivo desta materia é ofrecer ao estudantado unha perspectiva xeral da situación

sociolingüística da lingua galega, así como as súas principais diferenzas co portugués e co

portugués brasileiro.

11

Page 12: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Período 2015.1 / 2015.2Aulas Cuartas 14:20-15:10 e 15:10-16:00Disciplina Lingua GalegaLingua GalegoDocente Denis Vicente RodríguezContacto [email protected]

Contidos

1. Introdución

1.1. Do liberalismo lingüístico á ecoloxía das linguas

1.2. A realidade lingüística na Europa e no Estado español

2. Historia social

2.1. Orixe: do latín vulgar ao romance

2.2. Esplendor medieval

2.3. Reivindicación da lingua na Ilustración e no Romantismo

2.4. Século XX: dos avances da II República á represión na ditadura

2.5. Democracia: oficialización e normalización lingüística

3. Gramática

3.1. Fonética e fonoloxía

3.2. Morfosintaxe

3.3. Semántica

3.4. Norma ortográfica

4. Sociolingüística

4.1. Ideoloxías lingüísticas

4.2. Conflito lingüístico, bilingüismo e diglosia

4.3. Prexuízos e actitudes

5. Realidade actual

4.1. Lexislación

12

Page 13: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

4.2. Evolución sociolingüística

4.3. Emprego por sectores: administración, ensino, medios de comunicación

4.4. Discursos sobre a lingua

4.4. Perspectivas de futuro

Metodoloxía

A aula é un espazo dinámico de interacción, debate e reflexión sobre os contidos do

cronograma. A actividade docente se desenvolve a través de exposicións orais e presentación de

textos, vídeos, áudios e imaxes. Procúrase a participación activa do alumnado no desenvolvemento

da materia, constituíndo un modelo de aprendizaxe cooperativo.

Avaliación

Avaliación continua Tense en conta a asistencia e participación nas aulas, a realización de

pequenos traballos e exercicios así como o interese e a implicación na materia e nas actividades

realizadas polo Programa de Estudos Galegos ao longo do período.

2.5. Alumnado

O alumnado asistente ás materias ofrecidas polo Programa de Estudos Galegos é

maioritariamente procedente do Instituto de Letras. Porén, nos dous períodos deste ano

inscribíronse nas materias de galego tamén alumnos e alumnas de Historia, Filosofía e Traballo

social.

O número de alumnos e alumnas matriculados por materia é o seguinte:

Materia Alumnas/os 2014 Alumnas/os 2015Literatura Galega I 16 24Literatura Galega II 8 3

Introdución á Cultura Galega

17 16

Lingua Galega 16 15Total 57 58

A este número de alumnos e alumnas habería que sumar as persoas que asisten como ouvintes

13

Page 14: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

que, na media, aumentaría entre 2 e 3 alumnos máis por materia.

14

Page 15: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

3. Presenza social e institucional na UERJ

3.1. Páxina web

O Programa de Estudos Galegos dispón dun enderezo web propio dentro da páxina global

do Instituto de Letras da Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Historicamente esta web

permitía difundir actividades e información actualizada sobre o PROEG, porén, desde hai xa uns

anos esta web ficou parada, con información sen actualizar.

Un dos obxectivos, comezados xa no ano 2014, foi renovar a web e que sirva como un

mecanismo real para promover as actividades realizadas. Así, actualmente estamos finalizando o

proceso de elaoración dunha web propia do Programa de Estudos Galegos fóra do espazo da

Universidade.

3.2. Blogue

No primeiro período do ano 2014 consideramos necesario crear un blogue para a difusión de

entrevistas, artigos, actividades, etc. relacionadas co galego no Rio de Janeiro. Así, difundimos a

través deste blogue tanto actividades do Programa de Estudos Galegos, como do Núcleo de Estudos

Galegos de Niteroi, da Casa de España do Rio de Janeiro, do Centro Español de Niteroi como de

calquera institución que realice algunha actividade relacionada con Galicia e coa nosa lingua.

Alén desta función de difusión de eventos, ten outro labor central: fomentar o coñecemento da

cultura galega para o mundo académico e social brasileiro. Así, tanto profesorado como

especialmente alumnado, publicamos neste blogue artigos de pesquisa e reflexións que están

permitindo un maior achegamento da nosa cultura á realidade carioca.

Podemos valorar moi positivamente a a evolución do blogue neste ano 2015, pois pasamos xa

das 21.000 visitas, conseguindo un número moi importante de seguidores no Brasil, Galicia e

Portugal, e contando con colaboracións mesmo de investigadores sobre o galego doutras

universidades do Brasil como a Universidade Federal do Pará, da Universidade Federal do Paraná,

Universidade de São Paulo, Universidade Federal Fluminense, Universidade Federal Rural do Rio

de Janeiro, entre outras. Actualmente o noso blogue é referencia nos estudos galegos, participando

dos blogues amigos de Praza Pública e sendo enlazado con varios de blogues na lusofonía.

Ligazón ao blogue: https://quilombonoroeste.wordpress.com/

15

Page 16: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

3.3. Redes sociais

Outro dos elementos centrais hoxe en día para difundir as actividades entre o alumnado e

profesorado son as redes sociais. Así, no ano 2013 o Programa de Estudos Galegos carecía de

presenza nestas redes. Nos comezos de marzo do 2014 decidimos abrir un facebook oficial do

Programa, co obxectivo tanto de difundir as actividades que ao longo do ano imos realizando como

tamén os artigos e reflexións que imos postando no blogue, como outro tipo de cuestións relativas a

Galicia: música, novas de actualidade galega de interese para a comunidade brasileira, etc.

Neste ano 2015 afianzamos a nosa presenza nesta rede social, creando unha páxina propia e

achegándonos xa aos 1.800 seguidores.

Ligazón ao facebook do PROEG: https://www.facebook.com/estudosgalegosrj/

3.4. UERJ Sem Muros

O UERJ Sem Muros ten como obxectivo abrir as portas da Universidade para o resto da

poboación da cidade. Este evento, de carácter anual, presenta os servizos e as actividades de

extensión promovidos pola UERJ. É un grande evento que mobiliza toda a Universidade a prol dun

obxectivo común: presentar á sociedade a produción académica realizada nas diversas áreas de

coñecemento, envolvendo ensino, pesquisa, extensión e cultura. Nese sentido, tal e como

indicamos, a participación da comunidade é fundamental.

Neste ano 2015 tivo lugar a 26ª edición, entre os días 21 e 25 de setembro, e o Programa de

Estudos Galegos estivo de novo presente. Para esta ocasión realizouse un banner propio para

difundir as nosas actividades realizadas nos últimos meses, concretamente as actividades das Letras

Galegas, as diversas palestras que tiveron lugar durante o ano ou os artigos que fomos publicando

no blogue, e tamén todas as publicacións históricas do Programa, que aínda hoxe se poden consultar

e mesmo mercar na nosa sala da facultade.

3.4. XII Fórum de Estudos Linguísticos da UERJ

Entre a terza-feira 20 e a sexta-feira 23 de outubro tivo lugar na UERJ o XII Fórum de Estudos

Linguísticos (FELIN). Nesta XII edición a lingua e literatura galega estiveron presentes, a través de

tres comunicacións na Mesa coordenada Identidade(s): Língua, Literatura, Cultura. As

comunicacións presentadas foron as seguintes:

•Thayane Gaspar: O celtismo na poesia de Ramón CabanillasEste trabalho busca investigar os elementos celtas usados na representação de uma identidade

16

Page 17: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

nacional na poesia de Ramón Cabanillas, revelando por meio deles a ligação entre Galícia e Irlanda. Com a análise dos poemas (“Irlanda!” e “A Brañas”) muito significativos no contexto do celtismo galego dos séculos XIX e XX, pode-se perceber como o poeta traz à tona as ideologias nacionalistas, o passado celta através das correntes chamadas de panceltista e atlantismo, mesclando literatura com as reivindicações daquela época. O poeta nacional se lança como o poeta messiânico, esperado num momento de renascimento da cultura, da língua e da história de Galícia. Para isso, serão analisados dois poemas presentes na obra Da Terra Asoballada, obra de cunho cívico, na qual o patriotismo e o nacionalismo depositam suas esperanças no sucesso obtido na renascença pela qual a Irlanda passou e por conta disso, a Irlanda se torna um modelo a ser seguido pelos galegos como demonstrarão os poemas.

•Asafe Lisboa: Galego, português, uma questão de língua e familiaridadeÉ comum estudarmos a língua portuguesa e suas literaturas a partir das reminiscências mais óbvias. O resultado desse estudo geralmente conduz à paragens bem conhecidas, localizadas sobretudo na Península Ibérica, e a outras mais remotas, na Península Itálica. Uma região fundamental, entretanto, segue praticamente ignorada: a Galiza. O presente artigo busca apresentar uma perspectiva que leve em conta a estreita (e muitas vezes conflitante) relação entre o português e o galego. A partir da manifestação literária mais antiga da península ibérica, a lírica trovadoresca, constata-se o pleno florescer do galego–português como língua de expressão poética. No âmbito da prosa, porém, há um esforço para denominar o que vem a ser estritamente galego e estritamente português. Essa tentativa de cisão, que se processa aparentemente apenas na literatura, na verdade é o gérmen de um apagamento deliberado da origem galega da língua portuguesa.

•Denis Vicente: A construção do galego legítimo. Identidades e ideologiasA oficialização da primeira norma escrita do galego teve lugar no ano 1982. Até esse momento, por causa da perda de soberania da Galícia ao longo da sua história e a impossibilidade de criar instituições próprias em que o galego fosse língua oficial das administrações e da escola, a língua utilizada foi o castelhano, e o latim no âmbito eclesiástico. A criação da norma oficial da língua teve lugar em meio de muitas polêmicas, que atendem fundamentalmente a critérios ideológicos e identitários, a que papel deve ter o galego na sociedade e no marco internacional, e como deve ser a focagem da proposta glotopolítica de ‘normalização linguística’, de recuperação de espaços e usos para a língua na sociedade, após séculos de marginalização.

17

Page 18: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Procuramos, assim, analisar este processo no seu marco histórico, e também as repercussões que teve para o galego no espaço do português, e nas políticas linguísticas aplicadas na Galícia.

18

Page 19: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

4. Actividades

4.1. Palestras

Tendo en conta a distancia física entre a Galicia e o Brasil, no Programa de Estudos Galegos

non temos a posibilidade de organizar palestras habitualmente con profesorado especializado na

lingua, literatura e cultura de Galicia.

Porén, cando un profesor ou profesora galega se achega ao Rio de Janeiro tentamos aproveitar a

oportunidade para organizar actividades na facultade que permitan a toda a comunidade adquirir un

coñecemento máis completo da cultura galega. Así, neste período tivemos a oportunidade de

organizar dous actos.

A primeira destas actividades foi A Galícia na ditadura franquista: repressão e resistência

cultural. Uma aproximação histórica, linguística e literaria a cargo de Malores Villanueva,

pesquisadora en Literatura Galega Contemporánea, e Afonso Monxardín, Catedrático de Lingua e

Literatura Galega e historiador. Esta actividade tivo lugar o 30 de marzo no miniauditorio da

Posgraduación e contou con máis de 40 asistentes.

A segunda actividade foi O galego na juventude, un debate no que participaron Maite Insua

Cabanela, mestra en Letras e profesora de inglés con experiencia en Galicia; Mateo Verdeal,

graduado en Dereito, e Denis Vicente, lector de galego na UERJ. A actividade tivo lugar o 24 de

agosto no Salón Nobre da facultade, e contou coa presenza dun número moi elevado especialmente

de alumnado de Letras.

A terceira actividade levou por título Galiza: identidades nacionais e soberania na Europa do

século XXI. História e desafios de futuro, e consistíu nun Seminario Aberto a cargo do

doutorando en Historia Económica pola Universidade de Santiago, Adrián Dios Vicente. O espazo

da actividade foi, de novo, o miniauditorio da Posgraduación en Letras.

A cuarta das actividades denominouse A diversidade do grupo portugalego. A língua da

Galicia, e nela participaron os profesores da Universidade de Santiago Elisa Fernández Rei, coa

palestra "A entonação do galego: entre dúas águas" e Francisco Dubert, con "Um passeio pelos

dialetos do galego". O seminario tivo lugar o 19 de outubro na sala RAV 112 cunha moi alta

asistencia.

A quinta das actividades centrouse no ámbito literario, baixo o título Novas vozes da poesia

galega no século XXI, o profesor Gonzalo Vázquez, da Universidae de Paris-Sorbonne presentou,

o 28 de outubro no RAV112 as principais tendencias da poesía galega contemporánea.

19

Page 20: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

4.2. Semana das Letras Galegas

A Semana das Letras Galegas é o acto central realizado polo Programa de Estudos Galegos

anualmente. Aproveitando a celebración das Letras Galegas, desde o Programa organízase un

pequeno Congreso de Estudos Galegos de tres días de duración con palestras e proxeccións tanto de

profesorado consagrado como de alumnado que comeza a facer pesquisa sobre lingua ou literatura

galega.

Así, neste ano 2015 estas xornadas tiveron lugar entre os días 18 e 20 de maio, cun programa

moi completo que pasamos a enumerar.

Segunda-feira dia 18

09:30h. Sessão de Abertura• Cláudia Amorim (Coordenadora do PROEG)• Maria Alice Antunes (Diretora do ILE)• Roberto Acízelo de Sousa (Coordenador do Programa de Pós-Graduação em Letras)

10:00h. Aproximação à vida e obra de Xosé Filgueira Valverde• Denis Vicente Rodriguez (Leitor de galego na UERJ)

10:30h. Breve panorama da história da imigração galega no franquismoÉrica Sarmiento (UERJ)

11:00h. Idade Média: História. Religião. Literatura• Maria do Amparo Tavares Maleval (UERJ): “Poesia e teatro no contexto da Peregrinação medieval a Santiago de Compostela”• Andreia C. Lopes Frazão da Silva (UFRJ): “Reflexões sobre a vida de São Geraldo”• Leila Rodrigues da Silva (UFRJ): “A Vita Sancti Frutuosi e os embates contra o diabo”Moderadora: Cláudia Amorim (UERJ)

12:30h – Intervalo

14:00. A geração do Seminário de Estudos Galegos• Belén Posada (Instituto Cervantes e Casa de España)

20

Page 21: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

15:00h. A Galícia na literatura• Roberto Pontes (UFC): Leitura de Breve guitarra galega pelo autor• Elizabeth Dias (UFC): “De rebeldia e de ternura em Breve guitarra galega”Moderador: Henrique Samyn (UERJ)

16:00h. Novos pesquisadores do PROEG• Fernanda Gappo Lacombe: “A representação feminina nos contos populares galegos e brasileiros”• Thayane Gaspar Jorge: “A poesia do olhar medieval”• Gabriel Kaizer: “Percepções sobre a dublagem galega nas mídias sociais”Moderadora: Cláudia Amorim (UERJ)

Terça-feira dia 19

10:30h. A Idade Média em perspectiva• Lina Arão (UFRJ): “Novos olhares sobre a lírica trovadoresca em poemas de Helena Villar Janeiro”• Giovanna Giffoni (UFRJ/UERJ): “Que agora non: ais, ardis e Alba em acalanto”• Nina Barbieri Pacheco (UERJ): “História Troiana: aspectos de uma novela do ciclo clássico”• Angélica M. Santana Batista (UERJ): “Releituras da Idade Média na contemporaneidade: uma análise de Morte de Rei, de Darío Xoán Cabana”• Luiz Paulo Labrego de Matos (UERJ): “A homossexualidade escarnecida: a sodomia nas cantigas medievais galego-portuguesas”.

12:30h – Intervalo

14:00h. Exibição do documentário galegoportuguês “Entre Línguas”

14:30h. Debate

Quarta-feira dia 20

10:30h. “Algumas achegas sobre ovocabulário metalinguístico nas cantigas trovadorescas medievais”.• Flávio Barbosa (UERJ)

21

Page 22: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

11:00h. Debate. Sociolinguística e política linguística na Galícia e no Brasil• Xoán Carlos Lagares (UFF)• Dante Luchessi (UFBA)Moderador: Denis Vicente Rodriguez

12:30h – Intervalo

14:00h. Novos pesquisadores de língua, literatura e cultura galega• Asafe Lisboa (UERJ)• Igraínne Marques (UERJ)• Míriam Duarte (UERJ)Moderador: Denis Vicente Rodriguez

15:00. O feminino na literatura galega• Fernanda Gabeiro (UFRRJ): “A construção da mãe em Teresa Moure: um projeto de matria?”• Henrique Marques Samyn (UERJ): “Para uma crítica feminista da cantiga trovadoresca de Eduardo Pondal”Moderadora: Cláudia Amorim (UERJ)

16:00h. Apresentação de livros e de música (gaita de fole galega).• Baltasar Pena Abal (Instituto Cervantes)

4.3. II Semana do Audiovisual Galego

Tras o éxito da I Semana Audiovisual Galega neste ano 2015 organizamos unha segunda

edición, que tivo lugar durante todo o día da segunda-feira 16 de novembro. Nesta ocasión o

Programa foi o seguinte:

09:30 Palestra. “O celtismo na literatura galega” Thayane Gaspar (UERJ)

10:00 Documentário e debate. “Celtismo e identidade na Galiza”

11:30 Leitura de poemas galegos

12:00 Intervalo

16:30 Curtametragens e debate: “Mamasunción” (1984); “As almas do Fental” (2009) e “Loita

de clases” (2013)

17:30 O celtismo na música galega. Mostra musical

22

Page 23: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

18:00 Música ao vivo: a gaita de fole. Baltasar Pena

18:45 Palestra: “A memória cultural celta da Galiza e da Irlanda”, Erick Carvalho (UNIRIO)

Como se pode comprobar no Programa, entre as actividades houbo proxeccións de

curtametraxes, proxeccións de clips musicais, palestras, lectura de poemas e até mesmo un pequeno

concerto ao vivo do gaiteiro galego residente no Rio de Janeiro Baltasar Pena. O éxito de asistencia

foi total, superando amplamente as 25 persoas en todos e cada un dos actos.

23

Page 24: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

5. Presenza do lector e do PROEG fóra da UERJ

5.1. Casa de España do Rio de Janeiro

Con motivo das Letras Galegas a Casa de España do Rio de Janeiro organizou neste ano 2015

unha actividade, consistente nunha palestras.. Así, como lector e representante do PROEG participei

desta actividade impartindo a palestra baixo o título "A Galicia do século XX no ollar de Xosé

Filgueira Valverde", no día 14 de maio.

5.2. Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos en B. Aires

A realización do XI Congreso da AIEG na cidade de Buenos Aires, en 2015 contou coa

participación de tres investigadores do Programa de Estudos Galegos. En primeiro lugar da

profesora Amparo Maleval. En segundo lugar do profesor-lector Denis Vicente e finalmente da

investigadora e alumna de graduación Fernanda Lacombe. As comunicacións presentadas foron as

seguintes:

– Da Península Ibérica para o Brasil: uma análise comparativa entre os contos populares galegos

e brasileiros Fernanda Gappo Lacombe

– A identidade lingüística dos galegos e galegas na emigración americana Denis Vicente Rodríguez

– Unha achega á intrahistoria dos Premios do Centro Galego de Buenos Aires. Un proxecto de alén mar para Galicia Denis Vicente Rodríguez e Malores Villanueva Gesteira

–Do Grande Milagre jacobeu ao Auto da compadecida de Ariano Suassuna: aspectos da transculturação ocorrida| Maria do Amparo Tavares

5.3. I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos en Salvador

Tivo lugar entre os dias 13 e 15 de abril, o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos en Salvador.

Organizado polo Centro de Estudos da Língua e Cultura Galega (CELGA), en comemoración ao

seu 20º aniversario de fundación e ao 40º aniversario da creación do Centro de Estudos Galegos

(CEG), e como homenaxe á súa fundadora, a profesora Rosário Suárez Albán. Este encontro

aconteceu na Universidade Federal da Bahia (UFBA) e tivo como obxectivo intensificar o diálogo

24

Page 25: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

intelectual entre pesquisadores brasileiros e estranxeiros de diferentes universidades, que se dedican

aos estudos galegos.

Asi, neste Encontro o PROEG tamén estivo representado, desta volta con catro comunicacións:

– Da Península Ibérica para o Brasil: uma análise comparativa entre contos populares galegos e

brasileiros Fernanda Gappo Lacombe

– Desafios e conquistas da televisão pública galega como meio de divulgação da língua Gabriel Pereira Kaizer

–A poesia do olhar medieval Thayane Gaspar Jorge

– As actutudes sobre a lingua galega na mocidade. O IES A Sangriña da Guarda Denis Vicente Rodríguez

5.4. Universidade Federal Fluminense

Todas as terzas desde o dia 5 de maio até o 9 de xuño tivo lugar na UFF o curso de extensión

Aproximação à situação sociolinguistica atual do galego. Este curso foi impartido na súa

totalidade polo lector de galego na UERJ, Denis Vicente. O obxectivo do curso, que contou cunha

alta participación, foi mostrar a actual siuación do galego a nivel teórico e práctico nos diferentes

ámbitos: ensino, cultura, medios de comunicación, empresa privada, etc. e reflexionar sobre a

política lingüística aplicada na Galicia nos últimos 30 anos.

Ademais, tamén se colaborou con unha palestra no Día das Letras Galegas, na que participaron

alumnos e mesmo persoas da colectividade galega emigrada en Niteroi.

25

Page 26: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

6. Publicacións

O Programa de Estudos Galegos do Rio de Janeiro caracterizouse historicamente pola

publicación de numerosas revistas e libros centrados na temática galega. Entre elas, podemos

salientar as seguintes coleccións:

- Estante Medieval: a colección Estante Medieval, publicada pola Editora da Universidade

Federal Fluminense, pretende tornar accesíbeis aos estudosos da Idade Media fontes primarias

medievais e teses doutorais xulgadas innovadoras, ben como outros estudos sobre o medievo

considerados relevantes para a comunidade universitaria. Neste ano 2014 saíu do prelo un novo

número desta colección, sendo xa o 10 volume.

- Estudos Galegos: A serie Estudos Galegos reúne textos de escritores, pesquisadores e

profesores universitarios en torno da Galicia e da súa cultura. O elenco dos colaboradores extrapola

as fronteiras do Brasil, abranguendo tamén os que se unen nesta aperta de (re)valorización

académica da galeguidade noutros países. A través destes traballos viaxamos con ciencia desde o

esplendoroso pasado medieval, onde particularmente a peregrinatio compostelana e o Trobadorismo

galego-portugués sinalaban a hexemonía cultural da Galicia na Península Ibérica. Percorremos as

sedutoras vías de mitos e lendas seculares, que atravesaron os séculos para seren hoxe actualizadas.

Ouvimos a voz non apenas de homes, mais de mulleres, que sempre se impuxeron no noroeste

ibérico- desde as doncelas das inaugurais cantigas de amigo a Rosalía de Castro, iniciadora do

Rexurdimento na literatura, e ás fortes presenzas femininas dos nosos dias. Asistimos á nova aurora

dun pobo - dunha lingua - que se representa por fecunda literatura. E podemos pensar no drama da

emigración, do cal brotaron especiais froitos. A través dos textos nela reunidos, temos unha pequena

mostra do moito que a Galicia está presente entre nós, sexa a través da memoria da nosa

ancestralidade celtibera, sexa a través dos galegos e descendentes que axudaron a "facer" a América

actual.

- Estudos Galego-Brasileiros: A serie Estudos galego-brasileiros acolle os produtos das

pesquisas realizadas por profesores da Universidade da Coruña (UDC) e da Universidade do Estado

do Rio de Janeiro (UERJ) no ámbito do Proxecto de Cooperación Internacional sobre "Procesos de

emerxencia lingüística e literaria na Galicia e no Brasil".

26

Page 27: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

- Raízes: A serie Raízes ten por finalidade a publicación de ensaios de profesores universitarios

e textos ficionais de escritores ligados aos fundamentos, principalmente galaico-portugueses, da

cultura brasileira.

27

Page 28: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

7. Proxectos de pesquisa

7.1. Participación do alumnado nos Cursos de verán de galego

O 1 de xullo comezou na Galícia o Curso de lingua e cultura galegas para estranxeiros. A

Universidade do Estado do Rio de Janeiro estivo representada neste ano, e tres foron os/as

estudantes e pesquisadores/as que participaron nesta edición: Thayane Gaspar, Fernanda

Lacombe e Sebastião Lindoberg.

7.2. Grupo de Pesquisa en Estudos Galegos

Un dos proxectos máis ambiciosos deste ano no Programa de Estudos Galegos está a sendo a

constitución dun novo grupo de pesquisa en lingua, literatura e cultura galego-brasileira. Este

proceso, que comezou con moita forza a finais do ano 2014, sufriu unha pequena parada no 2015,

mais o obxectivo é retomalo con forza de novo no ano 2016, ampliando os horizontes de pesquisa e

envolvendo un maior número de profesorado.

28

Page 29: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

Anexos

1) Cartaz da palestra da profesora Malores Villanueva e o profesor Afonso Monxardín

29

Page 30: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

2) Cartaz das Xornadas das Letras Galegas

30

Page 31: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

3) Cartaz da palestra O galego na juventude

31

Page 32: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

4) Cartaz do Seminario sobre identidades nacionais na Europa

32

Page 33: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

5) Cartaz do debate A diversidade do grupo portugalego. A língua da Galícia

33

Page 34: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

6) Cartaz da actividade Novas vozes da poesia galega no século XXI

34

Page 35: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

7) Carta da II Semana Audivisual Galega

35

Page 36: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

8) Cartaz do Curso de Sociolingüística Galega na UFF

36

Page 37: Memosia de actividades Río de Xaneiro

Denis Vicente RodríguezUniversidade do Estado do Rio de Janeiro

9) Cartaz da Palestra na Casa de España no Día das Letras Galegas

37