Upload
aula-ocupacional
View
240
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
http://issuu.com/moemiavirtual/docs/moemia_octubre_2014-_141
Citation preview
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
4
9
10
12
13
13
3
8
9
11
12
13
13
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consejo de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Juan Antonio Jiménez
Ana Novo
María Teresa Guerra
3 ARTIGO
O 22 de outubro, a Conselleira de Traballo e Benestar visitou as instalacións do centro
de recursos que ten a asociación A MARIÑA-COGAMI en Xove, entidade pertencente a
COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Nesta visita estiveron presentes o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro a Delegada
Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias a presidenta Asociación A MARIÑA-COGAMI,
Emma Caamaño o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga e o presidente da
Federación COGAMI-Lugo, José Luis Lolo.
Nestas instalacións impártese un programa de educación de adultos e obradoiros
prelaborais de 500 horas de duración ao que acoden a diario 8 persoas con
discapacidades diversas, sobre todo físicas. Neste programa impártense tanto obradoiros
de estimulación cognitiva como de informática, actividades da vida diaria e talleres
narrativos, de creatividade e actividades de lecer.
Outras das actividades están relacionadas coa mellora física, como é o programa MO-
VEMONOS que organiza a Deputación de Lugo e no que participan 13 persoas, a
actividade de Fisioterapia na que participan 9 persoas asociadas da MARIÑA-COGAMI,
a actividade de natación terapéutica á que acoden 9 persoas, e tamén se impartiu un
curso de formación profesional de Traballador de Espazos Naturais no que participaron 9
persoas inscritas no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI como demandantes
de emprego.
Ata as instalacións do centro de recursos desprázase cada quince días un orientador
laboral, Fernando Mouriño, que atende a 485 persoas e que, durante este ano, inseriu
laboralmente a 31 persoas.
3
Nieves Gayoso
Visita da Conselleira Beatriz Mato ás instalaciónsdo centro de recursos para a discapacidade de A MARIÑA-COGAMI
4 NOTICIEIRO
Acceden a estudos superiores un 9,2% de universitarios con discapacidade
Segundo datos do II Estudos “Universidade e Discapacidade” un 9,2% de Universitarios con discapacidade acceden a estudos
superiores. O devandito estudo é unha investigación social co obxetivo de analizar o grado de inclusión das persoas con
discapacidade no sistema universitario e a súa evolución respecto ao estudo publicado no 2013. O informe foi realizado pola
consultora PwC coa colaboración do Real Patronato sobre Discapacidade, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a
Conferencia de Rectores das Universidades Españolas. Un 9,2% de Universitarios con Discapacidade acceden a estudos superiores
de posgrao, máster e doutorado unha cifra que aumentou con respecto ao curso anterior 2012-2013 segundo se desprende do II
Estudo “Universidade e Discapacidade” que foi presentado na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. Un total de
17.702 estudiantes con discapacidade que se matricularon nas Universidades participaron no informe, o que representa un 1,3% da
Comunidade Universitaria presente no estudo. Este ano dez universidades entraron a
formar parte da mostra que se escolleu para elaborar dito informe, pasando de 48 a 59
Universidades.
O informe relativo ao curso académico 2013-2014 engloba o 94% de estudantes con
discapacidade e o 91% de alumnos con e sen discapacidade do sistema universitario
español. Este ano como novidade incorporouse a percepción dos estudantes con
discapacidade teñen do grado de inclusión da discapacidade na universidade.
A presentación correu a cargo de Ignacio Tremiño, Director Xeral de Políticas de Apoio á
Discapacidade dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade;
Ramón Capdevila, Director da Fundación Universia; Pablo Basconas, Director de
Sostenibilidade, CSR e Cambio Climático en PwC; Luis Cayo Pérez Bueno, Presidente do
Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade e Julio Lafuente, Reitor
da Universidade Pública de Navarra e Presidente da rede Universitaria de Asuntos
Estudiantís.
Luis A. García
O Colexio Oficial de Ópticos Optometrista de Cataluña (Coooc ) e a Facultade de Óptica e Optometría de Terrasa de la Universidad
Politécnica de Cataluña (UPC), levou a cabo unha investigación para sinalar a repercusión que ten na visión a utilización intensiva dos
ordenadores. Recoméndase que o máximo de permanencia diaria ante a pantalla do ordenador sexa de dúas horas; ao contrario, a
poboación menor de trinta anos pásase unha media de dez horas e media ao día, a poboación que está entre os 31 a 45 anos pasan
de 9,3 horas, entre os de 46 a 60 usan o ordenador 8,3, mentres que os maiores de 60 anos o fan durante 3,8 horas diarias. O abuso
do tempo ante a pantalla do ordenador, causa diferentes molestias de tipo temporal, entre esas molestias temos a fatiga ocular (49%),
sequidade ( 27%), comechón ( 24% ) e outras afeccións relacionadas coa exposición excesiva dos ollos ante o ordenador.
Antonio Fernández
Síndrome visual informática
Segundo algúns estudos entre un
50 e un 90 % das persoas que
pasan máis de dúas horas ante a
pantalla do ordenador, teñen
molestias visuais que forman parte
da síndrome visual informático.
As mencionadas organizacións
puxeron en marcha unha
campaña, "Visión y pantallas", que
explica, como actuar para lograr
unha visión eficiente.
5 NOTICIEIRO
Investigación sobre denuncias por defectos de accesibilidadeO Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade
(CERMI), presentou un informe titulado "100 denuncias 100", no que se inclúe
unha relación das diferentes administracións públicas que non cumpren a
normativa existente.
A Valedora do pobo, co fin de dar un seguimento máis detallado sobre cada un
dos asuntos formulados, vai dar un tratamento individual ás denuncias,
ademais informará ao CERMI sobre a tramitación de cada un dos expedientes
abertos respecto ás 97 denuncias susceptibles de investigación.
A raíz do estudo, o CERMI xa anunciou a súa decisión de presentar unha
denuncia global ante a Fiscalía Xeral do Estado, a Valedora do pobo, o
Consello Nacional da Discapacidade e as Comisións para as Políticas Integrais da Discapacidade e as Peticións do Congreso dos
Deputados.
Durante o estudo realizado polo CERMI recompiláronse máis de 400 denuncias e elaborouse unha lista por comunidades autónomas
das violacións cometidas en canto ao que accesibilidade se refire, en distintos ámbitos: transporte, comunicación, tecnoloxías da
información e a comunicación e medios de canles dixitais, bens, produtos e servizos, relacións da cidadanía coas administracións
públicas e actividades de ocio.
Ana C. Piñeiro
Os parques nacionais españois deben contar cun plan de uso e xestión da accesibilidade global segundo o proxecto de Lei de
Parques Nacionais, recen aprobado polo Congreso de Deputados e que pasará ao Senado para continuar a súa tramitación
parlamentaria.
A emenda plantexada polo CERMI aos
grupos parlamentarios e acollida por
estes, pasan a formar arte do texto legal,
os planes reitores de uso e xestión de
parques nacionais, os que, conterán entre
outras condicións, unha análise de
accesibilidade de todos os elementos
destinados a uso público, para ser
utilizados por todos os visitantes de forma
maís autónoma, cómoda e segura,
incluíndo así mesmo os produtos de apoio
utilizados polos visitantes con
discapacidade.
A declaración dun parque nacional ten por obxeto conservar os seus valores naturais, as súas paisaxes e o uso e o desfrute social de
todas as persoas independentes das súas características individuais.Ana M. Varela
Plan de xestión da accesibilidade global
nos parques nacionais
6 NOTICIEIRO
O pasado 10 de outubro de 2014 baixo o título de Cen anos telefonando, traballadores
prexubilados e xubilados de Telefónica conmemoran o Día Internacional de Voluntariado
de Telefónica con actividades na rúa nas que participaron máis de 55 persoas usuarias de
COGAMI-Lugo (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e máis de 30 de
Down Lugo.
Unha das actividades que se realizou foi unha gimkana formada por 6 equipos de 12
participantes que iniciou ás 10 h. na fachada principal da catedral (praza Pío XII) e que se
desenvolveu a través de rúas como Plaza de Campo Castillo, Praza Maior, rúa Obispo
Aguirre, Porta de Santiago, Praza de la Soledad. A proba consistiu en conseguir unha peza
de puzle para construír entre todos os equipos un photocall.
Ás 14 h. houbo un xantar preparado na Caseta Manolo para todas as persoas
participantes no Día do Voluntariado de Telefónica e ás 17 h. realizaron un paseo polo
recinto da festa da cidade. Francisco Gullón
Maite Gerra
COGAMI participou polas rúas de Lugo nunha gimkana que organizou Telefónicapara conmemorar o seu día de voluntariado
O cálculo das pensións por incapacidadeé ilegal por discriminar ás mulleres O avogado xeral do Tribunal de Xustiza
da UE, ditaminou recentemente que o
cálculo das pensións de incapacidade
para as mulleres vulnera a normativa
comunitaria porque penaliza aos
traballadores a tempo parcial e
discrimina indirectamente ás mulleres.
Este ditamen responde a un litixio
contra a Seguridade Social interposto
por unha traballadora española que
solicitou unha pensión de incapacidade
no 2010. Esta traballadora cotizara 39
anos dos cales traballara a tempo
parcial solo 3 anos e 10 meses e
durante 3 anos non exerceu nin
realizou ningunha actividade.
A pensión que por incapacidade
permanente fixóuselle no 55% da base
reguladora mensual, que ascendía a
347 euros.
A mencionada traballadora recorreu alegando que a base reguladora da súa pensión
debía ser de 763 euros. Este litixio levouse ata o Tribunal de Xustiza da UE.
O avogado xeral sinala que o método de cálculo establecido pola lei española, pon en
desvantaxe os traballadores que realizaran a tempo parcial unha actividade no período
exactamente anterior a unha interrupción do abono das súas cotizacións ao réxime da
Seguridade Social. A lei española non discrimina directamente en base do sexo pero si
é verdade que se produce unha
discriminación indirecta contraria ás
normas da UE, xa que o número de
mulleres traballadoras a tempo parcial
é maior que o de homes.
O Tribunal de Xustiza non pode
xustificarse por un factor obxectivo
baseado na natureza contributiva do
réxime da Seguridade Social e non
precisa do respecto do principio de
proporcionalidade.
As opinións do avogado non vinculan ao Tribunal de Xustiza. Os xuíces comezan a
deliberar e a sentenza ditarase nos próximos meses.
Ana M. Varela
7 NOTICIEIRO
A través deste convenio, as dúas entidades van compartir os recursos
que teñen co fin de mellorar a inserción laboral dentro do colectivo das
persoas con discapacidade.
O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila, e mailo Presidente da
Federación de Empresarios do Barbanza, José Ramón Romero
García, asinaron en Boiro, un convenio de colaboración para fomentar
a contratación laboral das persoas con discapacidade nas empresas
que representa a FEB, sendo estas a asociación de empresarios de
Padrón-Rois-Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira,
Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Mazaricos e unha comarcal
sectorial (Centro Empresarial da Construción do Barbanza).
A través deste acordo, a FEB vai informar a todas as súas empresas asociadas sobre subvencións, bonificacións e axudas á
contratación de persoas con discapacidade, e tamén, das axudas que hai por parte da Administración para adaptar o posto de traballo.
As dúas organizacións se comprometen a colaborar na formación e na selección de alumnado e tamén a colaborar na realización de
xornadas de sensibilización para o fomento da contratación de persoas con discapacidade.
Outros dos acordos que existen a partir da sinatura é a difusión entre os asociados da FEB dunha imaxe normalizadora das persoas
con discapacidade e das vantaxes da súa contratación laboral, sistematizar un plan de información e asesoramento ao empresariado
sobre a inserción laboral e tamén potenciar o coñecemento nas empresas sobre os servizos que presta COGAMI, tanto na inserción
laboral como nos centros especiais de emprego que ten no seu grupo de empresas Galega de Economía Social.
COGAMI dispón dende o ano 1996 dun servizo de intermediación
laboral (SIL) que a día de hoxe conta con preto de 30.000 persoas
inscritas, das que 595 son da comarca do Barbanza, 451 da de
Muros, 382 da de Noia e 24 na comarca do Sar. Este servizo de
inserción laboral proporciona axuda na busca activa de emprego a
persoas con discapacidade a través de información, asesoramento,
orientación e motivación, captando ofertas de traballo de empresas
e prestando recursos formativos e laborais.
No que vai de ano 2014, a través do SIL atoparon traballo 111
persoas con discapacidade. Outras 13 persoas da Barbanza
formáronse nun curso de Introdución ás técnicas de venda que lles impartiu COGAMI.
José L. Vázquez
A Federación de Empresarios de Barbanza colabora con COGAMIna inclusión laboral de persoas con discapacidade
8 NOTICIEIRO
Este actividade está enmarcada no programa "Iniciativa Xove" que convoca anualmente A
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (por delegación dá Consellería de Traballo e
Benestar dá Xunta de Galicia).
O "Arco dá Vella Musical" é o nome que recibe un grupo informal de moz@s constituído na
parroquia pontevedresa de Merza. Estes rapaces en colaboración coa Confederación Galega
de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e coa Banda Artística de Merza, desenrolaron unha
actividade no formato de Taller-Concerto que combina as disciplinas de música e pintura e
cuxos beneficiarios fueron os propios usuarios de COGAMI.
Está actividade está enmarcada dentro dun proxecto de accesibilidade de persoas con
discapacidade a actividades culturais e de ocio. Esta desenvolveuse en catro sesións nas que
se combinaron as dúas artes, música e pintura. Tratando de lograr un xeito de coñecemento e
expresión para usuarios de COGAMI que asistiron a esta actividade; facilitando así a súa
integración.
O grupo interpretou un repertorio preparado especificamente para a ocasión. As pezas
musicais que soaron evocaban diferentes sensacións de calma, movemento, felicidade,
tristura, beleza, forza, delicadeza, etc. e acompañaban ao mesmo tempo a acción da trama
dunha pequena obra de teatro. Ao termo da actuación os usuarios do centro de recursos
Fingoi en Lugo e os de Agora de Monforte (Lugo), trataron de plasmar sobre un lenzo as
sensacións que lles causaron a música e a obra teatral.
As obras pictóricas que se realizaron nesta xornada formarán parte dunha exposición que se pretende organizar na sede central de
COGAMI en Santiago de Compostela.
O “Arco da Vella Musical” en COGAMI Lugo
José M. Ramil
Juan García
9 DEPORTES
Alessandro Zanardi, ex-piloto de Fórmula 1, é un dos mellores exemplos de superación no mundo do automobilismo. Perdeu as dúas
pernas nun accidente mentres competía nunha proba da Champ Car no ano 2001 e dende entón, máis alá de lamentarse pola súa
inmobilidade, decidiu espremer as posibilidades do seu corpo e emprender unha traxectoria deportiva que abrangueu dende
participacións noutras competicións do motor, pasando por varios éxitos no atletismo, ata lanzarse a unha nova e arriscada aventura
como o é a súa participación no Ironman de Hawai.
Zanardi participou no Ironman de triatlón en Hawai. A súa participación nesta proba
supuxo para el unha experiencia inesquecible e unha gran satisfacción ao
conseguir completar esta, xa que é unha das máis prestixiosa e dura do mundo.
Para finalizar este Ironman hase de nadar 3,86 quilómetros, completar 180,2
quilómetros en bicicleta e correr un maratón de 42,195 quilómetros. Rematou na
247 posición, nunha proba na que participaron un total de 2.246 atletas. Zanardi
con ambas as dúas pernas amputadas logrou completar o percorrido en 9:47:14
horas.
O atleta asegurou que a súa meta era completar a proba en menos de nove horas.
Zanardi realizou a proba de ciclismo cunha "handbike", unha bicicleta que se move
co impulso dos brazos. O maratón correuno nunha cadeira de rodas de carreira.
O certo é que a esixencia física que require de por si unha competición de tal calibre para un deportista de elite non supuxo unha
preocupación maior para o expiloto Alessandro Zanardi.
El expiloto Alex Zanardi completa el Ironman de Háwai
Miguel Regueiro
José M. Ramil
O Consello Superior de Deportes (CSD) outorgará a mesma contía en canto a premios económicos refírese aos deportistas tanto
olímpicos coma paralímpicos como premio por conseguir medallas nos Mundiais e Europeos a partir do 2015.
A contía dos mencionados premios outorgados aplicaranse por igual a
deportistas olímpicos e paralímpicos no 2014. Para a concesión
destes premios por medallas teranse en conta factores tales como o
tipo de competición, número de deportistas e se se participa na proba
de xeito individual ou en equipo ou se está incluída no programa dos
Xogos.
Estas medidas que o Consello Superior de Deportes vén aplicando
nos últimos meses forman parte da estratexia de equiparación entre
deportistas con e sen discapacidade. Outras medidas tomadas nesta
liña foron a consideración do apoio aos paralímpicos Deportistas de
Alto NiveL (DAN) ou a incorporación do deporte paralímpico á
Dirección de Alta Competición do organismo público.
A próxima medida do Comité será que a partir do 2015, non haberá distinción entre federacións para deportistas con ou sen
discapacidade e todas elas poderán optar ás mesmas subvencións e programas públicos.
Os premios outorgados aos deportistas paralímpicosequipáranse aos concedidos aos deportistas olímpicos
10 CARTELEIRA
10
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Michael Caine, Mackenzie Foy, Wes Bentley, David Gyasi,
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Jim Norton, Brían F. O'Byrne, Barry Ward, Simone Kirby, Andrew Scott
Argumento:
O guión narra as aventuras dun grupo de exploradores que fan uso dun burato de verme recentemente descuberto co propósito de superar os límites ata agora coñecidos pola Humanidade e conquistar as vastas distancias á que abre paso a viaxe interestelar.
Argumento:
Ano 1932. Tras dez anos de exilio en Estados Unidos, Jimmy Gralton regresa ao seu país para axudar á súa nai coa granxa familiar. Chega a un país que cambiou despois da Guerra Civil e que agora ten un novo goberno. Agora todo é posible. Os mozos do condado de Leitrim pídenlle que volva abrir o "Hall" e Jimmy acepta facelo, a pesar de que non quere ter problemas con inimigos tradicionais, como a igrexa ou os terratenentes. O "Hall", un lugar para falar, bailar ou estudar, volve ter éxito rapidamente. Non obstante, a influencia, cada vez maior, de Jimmy e as súas ideas progresistas non agradan a todo o mundo no pobo e as tensións de antano xorden novamente.
Argumento:
Unha noite de verán nunha mansión do campo irlandés en 1880. A película explora a loita de poder entre unha nova aristócrata e o criado do seu pai. Nun ambiente festivo onde desapareceron as barreiras sociais, Julia e John bailan e beben, sedúcense e manipulan.
Ela, chea de altivez, desexa rebaixarse; el é educado, pero basto. Aos dous únelles un desexo e unha repulsión mutua. Sedutores e tenros, ou brutais e salvaxes, os seus momentos íntimos empúrranlles a facer plans desesperados e a soñar cunha vida xuntos. Sen saber se a mañá traerá esperanza ou desesperanza, Julia e John escaparán mediante un acto tan sublime como horrendo digno dunha traxedia grega.
Luis Fernández
Arturo Fojón
Fran Solana
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Jessica Chastain, Colin Farrell, Samantha Morton
INTERSTELLAR
Christopher Nolan
JIMMY'S HALL
Ken Loach
A SEÑORITA XULIA
Liv Ullamann
11 CARTELEIRA
10
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Jim Carrey, Jeff Daniels, Kathleen Turner, Laurie Holden, Paul Blackthorne, Rob Riggle
Ficha Técnica
Director:
Reparto: Benicio Del Toro, Josh Hutcherson, Brady Corbet, Carlos Bardem, Claudia Traisac, Ana Girardot
Argumento:
20 anos despois de que Harry e Lloyd se coñecesen, ningún dos dous parece ter madurado.
Harry ten un fillo á que apenas coñece, pero agora que lle diagnosticaron un problema de ril quere encontralo e pedirlle que lle doe un dos seus. Á fin e ao cabo, como primoxénito seu que é, seguro que é compatible.
Argumento:
Nick cre que encontrou o paraíso cando se reúne co seu irmán nun pequeno pobo de Colombia. Unha lagoa de augas azul turquesa, unha praia de areas cor marfil, ondas perfectas... un sono feito realidade para este mozo surfero canadense. Alí coñece a María, unha impresionante rapaza colombiana.
Ambos os dous namóranse perdidamente e todo parece marchar moi ben. Ata que María decide presentar a Nick ao seu tío: Pablo Escobar .
Argumento:
CARLOS é policía. Un día, unha bomba no seu coche mata a súa muller e deixa sen pernas a súa filla de 10 anos. El resulta intacto. Once anos máis tarde parece outra persoa. Vive noutra cidade, Barcelona; ten outro traballo, nunha importante empresa de seguridade e a súa filla parece ter superado aquel duro trauma, aínda que certas secuelas sexan imborrables.
El, tras anos de severo tratamento psicolóxico, tamén parece volver ser unha persoa á que deron unha segunda oportunidade. Nada máis lonxe da realidade.
No máis profundo do seu ser só hai cabida para un sentimento que consume aos demais: o odio. E un único obxectivo: a vinganza.
Juan Jiménez
Ricardo Lamazares
Alejandro Carballeira
Ficha Técnica
Director:
Reparto: José Coronado, Aida Folch, Leyre Berrocal, Montse Mostaza, Jaime Adalid, Gorka Zufiaurre
DOUS PARVOS AÍNDA MÁIS PARVOS
Bobby Farrelly
ESCOBAR: PARAÍSO PERDIDO
Andrea Di Stefano
LUME
Luis Marías
12 RINCÓN LITERARIO
Dos dous fanáticos de extrema dereita, o menor e o menos corpulento era Adolfo Gutiérrez. Aos vinte e cinco anos cumprira xa unha
condena de dous anos e medio no cárcere estatal de Monterroso por posesión de drogas con intención de traficar e tamén por
intentar asaltar un supermercado. No ano transcorrido dende que o puxeron en liberdade, conseguiu gañar diñeiro e o seu pequeno
negocio de narcotráfico convertérao nun dos racistas máis prósperos de Sarria. Era un home de negocios con empregados, obrigas e
contratos, todo menos pagar os impostos que lle mandaban de todas as partes. Comprara unha furgoneta Ford branca por vinte mil
euros, con caprichosas lamias cromadas e pneumáticos todo terreo. A súa furgoneta era a propiedade que máis lle gustaba a Adolfo
Gutiérrez alcumado "Hitler" pola súa forma de actuar en todos os ámbitos da vida. Sentado detrás da furgoneta, no parachoques,
tomaba unha cervexa, fumaba un porro, e contemplaba o seu amigo Iván Delgado, como violaba e maltrataba unha nena de raza
negra.
Iván Delgado era catro anos maior ca el e uns trece anos máis
torpe. En xeral, era un individuo inofensivo que nunca tivera
ningunha lea grave nin tampouco un emprego estable. Algunha
noite estivera na comisaría por algunha pelexa, pero nada
destacable nin digno de mención. Sufría fortes dores de costas
a causa dun accidente de moto que acontecera hai cinco anos e
recibiu unha xenerosa recompensa do seguro, que perdeu
cando a súa ex esposa o deixou sen branca. Ás veces
traballaba para Adolfo Gutiérrez, que lle pagaba moi pouco pero
era moi xeneroso coa droga, que ás veces necesitaba polas
dores de costas que sufrían.
A nena tiña catorce anos, apoiábase sobre os cóbados, unidos e atados, por unha corda de nailon amarelo. Tiña as pernas abertas
dun modo antinatural, co pé dereito atado a unha vásteza de carballo e o esquerdo a unha estaca podre dun enreixado abandonado.
A corda mancáralle os nocellos e tiña as pernas empapadas de sangue. O seu rostro estaba sanguento e inchado cun ollo pechado e
o outro medio aberto, polo que vía un demo branco que estaba sentado na furgoneta porque lle fixeran moito dano.
Cando rematou, losqueouna e riuse. A nena volveu a cabeza e chorou quedamente, procurando que non a oísen. Antes golpeárana
por chorar e xemer, e xuraran matala se non calaba. Cansos de rir, subiron á furgoneta, onde Iván limpouse coa camisa da nena, que
estaba empapada de sangue e suor. Adolfo ofreceulle unha cervexa fría da neveira e fixo un comentario relacionado coa calor que
facía. Contemplaron a nena, que saloucaba e facía estranos ruídos discretos ata que quedou tranquila. De pronto a Adolfo deulle
outro arrebato de loucura, baixou da furgoneta e comezou a botarlle latas de cervexa medio baleiras á nena, dándolle en todas as
partes do corpo.Botáronlle á pobre nena, entre gargalladas, unha ducia de latas a medio consumir. A cervexa quente mesturábase co
sangue e corríalle pola cara e o colo ata realizar un charco xunto á súa cabeza. A nena permanecía inmóbil.
Tempos de Soidade - Capítulo 1
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
13 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles.blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http:http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net/
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal galego dirixido específicamente ó 3° sector.)
Enrique Sanmartín
OutonoNunha plataforma
da estación
baixo un ceo
nubrado e chuvioso,
chega o último
tren do outono,
onde cae a
chuvia sobre os
tellados e caen
sixilosamente as
follas dos
árbores, coma se
fosen estrelas en
o ceo
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE