4
REQUINTA Profesor: David Canto A requinta é un instrumento da familia dos aerófonos, de vento madeira, que se insire dentro dos traversos, frautas traveseiras de visel. A súa orixe atópase no medievo, aínda que a forma da requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento ante variacións momentáneas, así coma as chaves. Está afinada principalmente en Sol, ideal para o acompañamento de gaitas en Do ou Sol. Na Ulla tamén eran numerosas as que estaban afinadas en Fa, sendo acompañamento de gaitas en Si bemol.

REQUINTA - Cantigas e Agarimos · requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: REQUINTA - Cantigas e Agarimos · requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento

REQUINTA

Profesor: David Canto

A requinta é un instrumento da familia dos aerófonos, de vento madeira, que se insire dentro dos

traversos, frautas traveseiras de visel. A súa orixe atópase no medievo, aínda que a forma da

requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando

adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento ante variacións momentáneas, así

coma as chaves.

Está afinada principalmente en Sol, ideal para o

acompañamento de gaitas en Do ou Sol. Na Ulla

tamén eran numerosas as que estaban afinadas en Fa,

sendo acompañamento de gaitas en Si bemol.

Page 2: REQUINTA - Cantigas e Agarimos · requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento

Coma calquera traverso, podem atoparse distintas afinacións, que aínda non sendo propiamente

requintas, son da mesma familia e das mesmas características. Un requinteiro pode tocar

indistintamente calquera traverso notando unicamente un cambio na intensidade do sopro

A requinta estivo sempre ligada a formacións nas que acompañaba ou mesmo predominaba a

gaita. Así, o seu timbre máis recoñecible é o máis agudo, que compite en volume com ela. Porén,

as súas posibilidades son maiores, podendo empregar as tons máis baixos neste tipo de

formacións, ou como instrumento solista de seu en formacións doutros estilos.

A Requinta de Carcacía (1940), formacióncom dúas requintas e dúas gaitas

Quempallou ao vivo, con GuillermeIgnacio á requinta

Presentación de Tentemozo, dos Cempés. Interpretación do tema"Mirandesa", con dúas requintas

Page 3: REQUINTA - Cantigas e Agarimos · requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento

Programa

1. Coñecemento do instrumento

1. Sopro e posición: Posición e prática do sopro e colocación dos dedos

2. Emisión do son

2. Escalas e perfeccionamento do son

1. Escalas maior e menor

2. Arpexios

3. Primeira, segunda e terceira oitava

4. Uso das chaves

3. Articulación

1. Picado simple, estacatto, duplos e triplos picados.

2. Aplicación á interpretación tradicional galega e outras áreas.

3. Ornamentación.

4. Afinación

1. Mantemento da columna de aire.

2. Atención e sensibilidade a condicionamentos internos e externos.

Repertorio

Será unha constante en todo o proceso de aprendizaxe, atendendo ás destrezas que se procuren

en cada chanzo. Estará formado principalmente por repertorio tradicional e de autor galego, así

como o irlandés debido á súa calidade e desenvolvemento expresivo de seu. Atenderá en todo

momento ás necesidades e gustos do aluno.

Metodoloxía

O traballo na aula terá como marco a dinámica de grupo, sempre e cando as aptitudes sexan

parellas. Cada clase terá tamén o seu momento de atención individualizada para reforzar e

mellorar arredor das dificultades de cada un.

O repertorio e exercicios serán entregados tamén en formato dixital para a súa impresión ou

consulta en ordenador. Ademais, para paliar posibles ausencias e reforzar o aprendido na aula,

tamén se enviaran vídeos coa interpretación das pezas ou os exercicios.

Page 4: REQUINTA - Cantigas e Agarimos · requinta, a variedade que se conservou na Ulla, é a propia do Renacemento. Foi daquela cando adoptou o barrilete, peza que permite afinar o instrumento

Material

O ideal é contar de inicio con algún tipo de frauta traveseira, xa sexa de madeira, metal, clásica (de

concerto) ou similar. Os primeiros pasos son válidos con calquera destes instrumentos.

Existen tamén pínfanos e frautas traveseiras

tradicionais galegas de madeiras nobres que

serven tanto como instrumento de ensaio como

para actuar. Artesáns como Oli Xiráldez ou

Mouriño, ambos da bisbarra, téñenos entre os

seus instrumentos artesanais. Os prezos roldan os

100 €

Hai unha opción, se cadra a máis barata, que se

vén traballando nos últimos meses, que é unha

frauta traveseira de aceiro, con furados e

mesmo chaves (nalgúns casos) afinados na

mesma tonalidade que a requinta. É o

equivalente aos whistle, pero coa embocadura

idéntica á dunha frauta traveseira. Calquera

artesán de instrumentos tradicionais pode

facelo, mesmo algún aluno do monitor fainas da

súa propia factura, e véndeas a prezos case

simbólicos (arredor dos 30 €).

Pínfano de buxo

Requinta de ensaio, de aceiro inox