16
7/23/2019 Sesión filosófica http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 1/16 MEMORIA DA SESIÓN PRÁCTICA. 1.TRANSCRICIÓN DOS DIÁLOGOS. Sesión filosófica. Mestra: -Imos a sentarnos correctamente nas nosas sillas, pechar os ollos e escoitar. Escoitamos de fondo musical  One last wish (BSO Casper) . -Resulta relaxante,verdade? Pois escoitade o que imos facer hoxe. Mergullarémonos nun marabilloso cadro dunha  pintora brasileira chamada Tarsila do Amaral. Diego: -É amiga túa? -Non, eu non a coñecín. Viviu hai moitos anos. O que nos interesa é o seu cadro. Chámase “O pescador” e aínda que ten cor, imos a velo en branco e negro, a ver que vos suxire. Lembrade que o que queira falar debe levantar a man, respectar o seu turno e o dos demais e nunca rirse do que digan os outros nenos. Entendido? Todos a coro: -Si Proxectase o cadro en branco e negro na PDI. -Abride os ollos e observade o cadro. Que é o que vós vedes no cadro? Constante: (sen levantar a man) -Casas. -Recordade o que dixemos das normas. Fran: -Palmeras. Leo: -Casas. Aitana:

Sesión filosófica

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 1/16

MEMORIA DA SESIÓN PRÁCTICA.

1.TRANSCRICIÓN DOS DIÁLOGOS.

Sesión filosófica.

Mestra:

-Imos a sentarnos correctamente nas nosas sillas, pechar os ollos e escoitar.

Escoitamos de fondo musical One last wish (BSO Casper) .

-Resulta relaxante,verdade?

Pois escoitade o que imos facer hoxe. Mergullarémonos nun marabilloso cadro dunha pintora brasileira chamada Tarsila do Amaral.

Diego:

-É amiga túa?

-Non, eu non a coñecín. Viviu hai moitos anos.

O que nos interesa é o seu cadro. Chámase “O pescador” e aínda que ten cor, imos a

velo en branco e negro, a ver que vos suxire. Lembrade que o que queira falar debelevantar a man, respectar o seu turno e o dos demais e nunca rirse do que digan osoutros nenos. Entendido?

Todos a coro:

-Si

Proxectase o cadro en branco e negro na PDI.

-Abride os ollos e observade o cadro. 

Que é o que vós vedes no cadro?

Constante: (sen levantar a man) 

-Casas.

-Recordade o que dixemos das normas.

Fran:

-Palmeras.

Leo:

-Casas.

Aitana:

Page 2: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 2/16

-Algunhas pedras.

Candela:

-Unha muller.

Cristina:

-Árbores.

Constante:

-Algo que ten a señora na man.

-Que será?

Alba e Aitana:

-Unha cesta.

Fran:

-O lago.

Candela:

-Montañas.

Bea:-Algunha herba.

Algo máis?

Diego:

-Unha planta nas rocas.

Fran: (sen pedir a palabra) 

-Eso non é algunha herba?

Diego: (sen pedir a palabra) 

-Eso é unha alga.

Alba:

-Follas.

-Algo máis? (Silencio) Cando mirades o cadro en que vos fai pensar?

Diego:

Page 3: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 3/16

-Vacacións.

-Solo vos fai pensar nas vacacións?

Constante: (Sen pedir a palabra) 

-Na praia.

-Coidado coas normas.

Diego:

-En unha isla. En pescar.

- Vale, pero cada vez que digamos en que nos fai pensar debemos dicir por que.

Bea:

-No Nadal.

-Por que?

Bea :

-Por que podo facer bonecos de neve….. 

- Cando ves o cadro pensas no Nadal porque podes facer bonecos de neve?

Bea:-Si.

-Ves a neve no cadro?

Bea:

-Si.

Aitana:

-En un país porque hai moitas cousas.

Diego:

 No verán porque hai árbores e palmeras.

Candela:

-Nun pobo porque hai casas.

- Que foi o primeiro que vistes cando abristes os ollos e vos fixastes no cadro?

Diego:

Page 4: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 4/16

-Pois, a agua.

Aitana:

-As casas.

Constante:

-A palmeras.

Leo:

-As montañas.

Bea:

-A agua.

Cris:

-Os árboles.

Candela e Alba:

-As palmeras.

Fran:

-As casas.-Que é o segundo que vistes?

Aitana.

-O río.

Cris:

-As casas.

Diego:

-Os árboles.

Bea e Fran:

-As palmeras.

Candela , Constante e Alba:

-As casas.

-Agora dicídeme , do que vedes, hai algo que vos chame a atención?

Page 5: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 5/16

Diego:

-Que é o que está collendo esa persona?

-Eu non podo dicir, que é o que vos parece que colle?

Aitana:

-Pescado.

- Tendes que dicirme por que vos chama a atención?

Diego:

-Porque está na auga e non sei o que está collendo.

Constante:

-As palmeras porque nunca toquei unha.

Diego:(Sin pedir a palabra)

-Eu vin palmeras e toqueinas en Palma de Mallorca.

- Hai algo máis que vos chame a atención? Vedes eso todos os días?

Cristina:

-Si.- Abres a ventá todas as mañás e ves eso que está no cadro?

Cristina:

- Bueno o río non.

Diego:

-Pero en color.

-Non hai nada máis que vos chame a atención, logo.

Algúns:

-Non.

-Imos seguir logo. Cando mirades o cadro que historia pensades que nos conta.

Diego:

-Como era o tempo antes de que existira a tecnoloxía: o ordenador, a televisión, a

tablet…… 

Page 6: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 6/16

-Ben, pero por que cres que nos conta esa historia? 

Diego:

-Porque….mmm,  porque antes non sabiamos, nós non sabemos como era o pasado.

Entonces, ela como era máis maior que nós, fixo un cadro deso. Entonces pasou que esecadro converteuse nas cousas que pasaron fai moito, moito tempo.

-Os demais dicídeme que historia vos conta?

Aitana:

-Cóntame que alguén pinta un cadro.

Constante:

-Pensaba como collían os peces antes de que crearan a caña de pescar porque aí non haicaña de pescar.

Fran:

-O cadro cóntanos en que lugar están.

-En que lugar está quen?

Fran:

-A persoa esa.Ese que está no río collendo algo.

Diego:

-O cadro cóntanos onde vivía a pintora porque ela pintou o cadro.

-Algo máis?

Varios:

-Non.

- Vale. Logo outra pregunta :Que ritmo pensades que podería ter este cadro?Diego:

-Cincuenta ou sesenta anos.

- Non, Diego, non pregunto os anos. De que forma parte o ritmo?

Diego:

-Explícate un pouco máis sencillo co do rimo.

-Vale, cambio a pregunta. Que música lle poñeríades a este cadro?

Page 7: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 7/16

Diego:

-Rock and Roll porque se escoitaría máis forte e podería oír máis.

Fran:

-Unha de Fanboy Chun Chun.

-Quen é ?

Fran:

-Un da tele que sale en Clan.

-Por que lle poñerías esa música?

Fran:

-Porque sonaría como un debuxos que me gustan.

Aitana:

-Unha música relaxante, como a do principio, porque lle pega.

-A ninguén se lle ocorre outra música?

Varios:

-Non.-Como temos un cadro en branco e negro gustaríame saber que cores lle poñeríades e

 por que?

Cris:

-Amarelo.

-Todo amarelo?

Cris:

-Non, para as casas porque lle queda moi ben.

Leo:

-Azul para o río porque é un dos meus favoritos.

Aitana:

-As palmeras de color verde porque é o seu color.

Diego:

Page 8: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 8/16

-Negro para a camiseta do pescador porque é o meu favorito e lle quedaria moi ben.

Constante:

-Marrón nas montañas porque lle queda moi ben.

Candela:

-Marrón para os troncos porque é o seu color.

Fran:

-Azul para o ceo porque fai sol.

-Pero o sol é azul?

Fran:

-Non ,pero é azul porque non hai nubes.

Bea:

-Verde nas montañas porque teñen herbas.

Alba:

-Verde nas árbores porque é o seu color favorito (O das árbores)

Candela:-Laranxa no ceo porque cando está anoitecendo e fai sol ponse medio laranxa.

Fran:

-Eso chámase atardecer.

Diego:

-Non se chamaba puesta de sol?

-Podemos chamarlle das dúas maneiras.

A última das preguntas que imos facer é que vos fai sentir o cadro cando o vedes?

Aitana:

Alegría porque é moi bonito.

Diego:

-Relajación porque me fai pensar que estou de vacacións.

Bea:

Page 9: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 9/16

-Alegría porque me gustan as palmeras.

Constante:

-Tristeza porque eses señores non tiñan casa e tiñan que dormir fora.

Leo:

-Alegría porque ten unhas montañas moi bonitas.

Fran:

-Tristeza porque ao mellor non teñen Nintendo, nin tele.

-De que vos da gañas cando o vedes?

Diego:

-De xogar porque hai moito espacio para facer deportes.

2.Sesión de avaliación figuro-analóxica.

-Ben, vouvos entregar este semáforo para que nos autoavaliemos.

-Como?(Algúns)-Para que reflexemos como pensamos nós que fixemosa actividade.

Imos valorar se respectamos as normas á hora de falar, se respectamos o noso turno e odos demáis, se nos rimos do que dixeron os compañeiros….. 

Se o fixemos moi ben e respectamos os turnos e aos demais pintaremos de cor….. 

-Verde.

-Se algunha vez nos saltamos o turno sen querer ou nos rimos dalguén pintaremos… 

-Laranxa.

-Se non respectamos nunca os turnos e falamos sen levantar a man, a cor será… 

-Vermella.

-Despois podedes pintar o resto do semáforo por fora.Vale ?

Pois ides ir dicíndome de que cor ides pintar e por que.

Cristina:

Page 10: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 10/16

-Verde.

-Estás segura?

Cristina:

-Si.

-Non saltaches nunca o turno? Nin sequera ao principio?

Cristina:

-Non.

-Entón de que cor pintarás?

Cristina:

-Verde porque non me saltei ningún turno.

Diego:

-De laranxa porque eu falei mentras ti non mandaches que falaramos.

Fran:

-Naranja porque cando tiñamos os ollos pechados falei sen levantar a man.

Constante:-Naranja porque falei algunha vez sen levantar a man.

Alba:

-Verde, eu levantei sempre a man e non me rin de ninguén.

Candela:

-Verde porque cando ti estabas facendo as preguntas eu levantei a man.

Aitana:

-Verde porque levantei a man.

Bea:

-Rojo porque non levantei a man.

-Nunca levantaches a man , Bea? Ou ás veces si, ás veces non?

Bea:

-A veces si, a veces no.

Page 11: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 11/16

-Entón?

Bea:

-Laranxa.

Leo:

-De laranxa porque algunha vez non levantei a man.

Page 12: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 12/16

3.ANEXOS.

3.1Semáforos da avaliación figuro-analóxica.

Candela

 

Diego

 

Fran

 

Cristina

 

Constante

 

Leo

 

Bea

 

Aitana

 

Alba

 

Page 13: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 13/16

3.2.Cadros pintados , novos títulos e a xustificación.

Page 14: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 14/16

 

Page 15: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 15/16

 

Xustificación das cores e o título:

-Diego: “As vacacións ao sol”. Chámase así porque me recorda a estar de vacacións.Usei cores da vida real porque me gustan e puxen amarillo porque me gusta.

-Bea: “Mar de casas”. Chámase así porque as persoas que viven nas casas teñen un mar.

Coloreeino así porque me gustan as casas deses colores.

-Candela: “O cadro de coloríns”.Ten ese nome porque pintei de moitos coloríns e me

gustan moito.

-Cristina: “A illa das casas”. Chámase así porque as casas están nunha illa. Pintei así

 porque me gustan moito eses colores.

-Alba: “O pobo”.Ten ese nome porque vexo un pobo. Elexín os colores porque lle

quedan bonitos.-Fran: “O arco da vella”. Ten tódalas cores do arco da vella e me parecen moi bonitos. 

-Leo: “Vou a subir á montaña”.Chámase de esa maneira porque as montañas están aí

 para subilas. As cores son as miñas favoritas.

-Constante: “O mar dos cen peixes”. Púxenlle ese nome porque na auga hai montóns de

 peixes. Pintei así porque queda moi bonito.

-Aitana: “Pescando”. Chámase así porque hai alguén pescando. Usei as cores que me

gustan.

Page 16: Sesión filosófica

7/23/2019 Sesión filosófica

http://slidepdf.com/reader/full/sesion-filosofica 16/16

-Profe: “Remanso de paz”. Tituleino así porque me transmite moita placidez: augas encalma, unha aldea perdida na selva, alguén que pesca sen présa…. As cores pretenden

reflectir a tranquilidade que me produce.