15
Neste libro fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos
normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na
realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan
caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.
aaa
Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o
ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. E o paso dunha estación a
outra é a noite de Samaín. Esta noite, ademais de separar o ano,
confunde o mundo do máis alá co noso munto terreal. Esta historia é a
que viven neste libro os coñecidos Barbanzóns.
Conta a historia dunha velliña que, de camiño á voda da súa neta, atopa
un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais
para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e
a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
15
A familia de Mariña múdase a unha nova casa, unha casa moi especial,
pois a nena axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo
día non se ven pero pola noite saen das paredes e andan de troula polo
corredor.
Mariña e os seus amigos queren saber se é verdade que hai fantasmas no
campanario da igrexa da súa vila. Pero todos teñen moito medo e non se
atreven a intentalo... Unha noite, por fin, achéganse ata o lugar.
Os protagonistas desta historia veranse envoltos nunha brétema de
misterio, aventura e intriga para ir na procura da súa fantasma que vive
na vella casa de Moody.
9
Martiño escribiu a súa carta aos reis magos pedíndolles unha
locomotora. Na noite de reis, logo de deixarlles noces e leite para eles
e auga para os camelos, foi durmir. Pero entráronlle as ganas de
mexar...
Unha historia que ten toda a maxia do Nadal e a candidez da conciencia
das primeiras inxustizas. O protagonista comeza presentándonos a súa
casa, os pais e a ledicia deses tempos en que o que lles pides aos reis
aínda está nos escaparates.
Que emoción! O Nadal está a piques de chegar… A xente só pensa en
mercar, mercar e mercar, e todo o mundo está nervioso, antipático e de
mal humor! Como é posible? Menos mal que Kika ten un plan: Un
verdadeiro feitizo do Nadal!
25
Isha está enfadada. O comentario dunha compañeira de clase causoulle
un gran malestar. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais,
pero o feito de ser adoptada...
Os bandidos deste conto non coñecen outro mundo que non sexa o de
roubar e asustar á xente. A irrupción nas súas vidas dunha nena orfa
faralles cambiar de rumbo, ao comprender que coas riquezas que tiñan
acumulado poden axudar a outros nenos necesitados
Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os
seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades?
Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe
clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa
familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.
18
Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os
dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente
topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes.
Avós relata a tenra historia de dous velliños, Manuel e Manuela,
que aceptan con naturalidade as marcas dos anos. Manuela é
coqueta coma unha rapariga e a Manuel encántalle bailar con ela.
O piollo e a pulga desexaban casar, pero non tiñan pan nin onde o
buscar. Algúns animais préstanlles axuda: a formiga ofrécelles
pan; o lobo lévalles carne e o rato ofrécese a ser o padriño.
Finalmente celebrarase a ansiada voda que se verá fanada coa
presencia do gato.
23
Había unha vez unha nena moi xeitosa
que tiña unha carapuchiña vermella e
gustáballe tanto que a quería por un día si e outro tamén...
Este libro invítanos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a
través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños,
raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas…
En tempos afastados unha fermosa raíña picou un dedo cosendo, e
mirando a pinga de sangue desexou ter unha filla coa pel branca como a
neve, os beizos vermellos como o sangue e o cabelo negro como o ébano.
O seu desexo cumpriuse e a nena chamouse Brancaneves.
23
Era unha vez un príncipe que quería
casar cunha princesa, pero tería que ser unha princesa de
verdade. Así que viaxou por todo o mundo para atopar algunha.
O Emperador, que gasta todo canto ten en vestir, encárgalle un
traxe novo a dous estranxeiros pillabáns, que se fan pasar por
tecedores capaces de confeccionar prendas coa virtude de ser
invisibles para toda persoa que non sexa apta para o seu cargo ou
irremediablemente estúpida
Contos de Andersen recolle os mellores contos de Hans Christian
Andersen traducidos para o galego por Xavier Rodríguez Baixeras
e ilustrados por algúns dos máis destacados artistas, entre eles
os galegos Luis Castro Enjamio e Irene Fra.
14
O libro mezcla fotografías e
documentos sonoros, como a entrevista que lle fixo Ana Romaní na
Radio Galega e varias cancións de artistas galegos que musicaron
os seus poemas.
Poesía do amor e da morte, da experiencia núa, da
contundencia, da fatalidade, do sufrimento.
Con este libro, Lois Pereiro reafírmase na voz independiente,
vital, distinta, xa coñecida , pero incrementando ritmo, axilidade.
Unha poesía para e experiencia, para a emoción.
30
Un barco con velas de flanela, temón de algodón, mástil de
alabastro e remos de cartón marcha para o mar dos golfiños...
Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un
día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está
namorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece
sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de
negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoan, os humanos
poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero puco
soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o
duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para devolverlle a
ilusión... Baseada na obra de William Shakespeare