4
1 NOITEBOA Obra teatral escrita e interpretada polo alumnado de 3º ESO Festival de Nadal. Decembro 2015 (Ana P. e Raquel no escenario, Ana P. poñendo a mesa está desesperada e Raquel, a súa filla, intenta tranquilizala) RAQUEL: Tranquila, mamá. ANA P.: É que non imos coller aquí! RAQUEL: Déixao estar así, que ben collemos. ANA P.: Tes razón, e se non, os cativos comen na cociña. (Entran Andrea e a súa filla Tania) TANIA: Agora, eu debería estar en Betanzos… ANDREA: Nena, a familia o primeiro. (Andrea e Tania saúdan á avoa) ANDREA: Ola, mamá! (dous bicos). TANIA: (A Ana P.) Os cartos? ANA P.: O que neniña, que dixeches? ANDREA: (Apartando a Tania) Nada, que se necesitabas axuda. (Poñen a mesa) ANA P.: E non veñen, e non van chegar… TANIA: Ao mellor están de festa, como debería estar eu… (Entran Sergio e Laura, saúdan) ANA P.: E onde están os meus netiños? LAURA: Están chegando! Veñen agora! ANA P.: E traen aos mozos?

Noiteboa teatro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Noiteboa teatro

1

NOITEBOA Obra teatral escrita e interpretada polo alumnado de 3º ESO

Festival de Nadal. Decembro 2015

(Ana P. e Raquel no escenario, Ana P. poñendo a mesa está desesperada e Raquel, a súa filla, intenta tranquilizala) RAQUEL: Tranquila, mamá. ANA P.: É que non imos coller aquí! RAQUEL: Déixao estar así, que ben collemos. ANA P.: Tes razón, e se non, os cativos comen na cociña. (Entran Andrea e a súa filla Tania) TANIA: Agora, eu debería estar en Betanzos… ANDREA: Nena, a familia o primeiro. (Andrea e Tania saúdan á avoa) ANDREA: Ola, mamá! (dous bicos). TANIA: (A Ana P.) Os cartos? ANA P.: O que neniña, que dixeches? ANDREA: (Apartando a Tania) Nada, que se necesitabas axuda. (Poñen a mesa) ANA P.: E non veñen, e non van chegar… TANIA: Ao mellor están de festa, como debería estar eu… (Entran Sergio e Laura, saúdan) ANA P.: E onde están os meus netiños? LAURA: Están chegando! Veñen agora! ANA P.: E traen aos mozos?

Page 2: Noiteboa teatro

2

SERGIO: Que remedio! (Sentan todos na mesa e esperan á chegada dos mozos) (Entran Adrián e Ana G.) ADRIÁN E ANA: Saúdos a todos! ANA P.: Por que chegades tarde? ADRIÁN: Había moita néboa e viñemos amodo! TANIA: Se me comprasen un coche… ANDREA: Non tes falta ningunha! ANA P.: Ben, pois sentade. Agora, aínda falta Alba. Aínda vai traer ao outro. (A Ana G.) Por certo, que che parece? ANA G.: É bo rapaz, muller!

ANA P.: Deixa a ver…

ANDREA: Todos parecen bos; pero…

(Chegan Alba e Ángel) ANA P.: Veñen aí!

ALBA: (Saudando a Ana P.) Ola, avoa!

ÁNGEL: Ola! Boas noites!

TANIA: Pero cando se come aquí,ho?!

RAQUEL: Veña, vamos comer!

(Botamos a comida nos pratos e comezamos a comer) LAURA: Ben, imos despedir o ano sen noticias?

ANA G.: Cari, dísllelo ti?

ADRIÁN: O que, ho!?

ALBA: A ver, que pasa?

ANA G.: Pois… esperemos que para o ano sexamos un máis.

TANIA: Eu tamén quería traer a unha amiga; pero…

ANDREA: (Enfadada) Estasme dando a noite, eh!

ANA G.: Non, non vou traer a unha amiga.... (Nerviosa) Que non, que vamos ser un máis na familia.

ANA P.: Pois si, un bisnetiño boa falta me fai, que vós xa nin mirades para min…

SERGIO: Ben, se o facedes, atendédelo.

ADRIÁN: Agora feito xa está! (Dirixíndose a Ángel) A ver cando fas ti outro!

Page 3: Noiteboa teatro

3

ALBA: Non lle deas ideas, que aínda son moi nova!

SERGIO: Fillo con ese non che fai falta ningunha.

ÁNGEL: (Xesticulando) “Me cruzó!”

RAQUEL: Ti non es o máis indicado, que mira con quen te xuntaches (Indirecta a Laura).

LAURA: Eu, polo menos, teño con quen durmir…

(Andrea chorando desesperadamente) TANIA: Xa empeza a outra…

ÁNGEL: Aínda non sei se cearemos; nesta casa todas as mulleres pasan unha fame doente…

ALBA: Que dis ti!?

ÁNGEL: (Remediando o dito) Que tes unha familia encantadora, meu amor.

ALBA: Ah! É tan adorable!

SERGIO: Sempre padeceu da vista…

ANA P.: Veña, deixádevos de lerias, que arrefría a comida.

(Silencio absoluto) SERGIO: (Mirando para Ana G.) Ben, e xa sabedes se é neno ou nena?

ANA G.: Aínda non se sabe…

ÁNGEL: Como sexa fillo deste (sinalando a Adrián) sae “sirenita”!

ALBA: Ángel, por Deus!

ANA G.: (Ameazando) Pasa atrás ou non ves a vara?

RAQUEL: Non empecemos a discutir, que está na mesa o neno Xesús!

SERGIO: E logo, cuñada! Metícheste a monxa?

LAURA: Si, si… desas que casan con Deus porque non hai Deus que case con elas!

(Andrea chora desesperada) TANIA: Á próxima, voume! ANDREA: Cala e apaga o móbil.

RAQUEL: (a Laura) Ben, mellor con Deus que con tódolos Santos! (a García) Se en vez de butano

puxeras gas natural… ADRIÁN: Papá… ÁNGEL: Si, si... papá, seguro… ANA P.: Ben, está bo o bacallau?

Page 4: Noiteboa teatro

4

ALBA: Está un pouco picante, avoa… (Silencio absoluto) ADRIÁN: Hai turrón? ÁNGEL: Para turrón, ti… ALBA: Ai, Ángel! Non paras! RAQUEL: E se cantamos un vilancico? ANA P.: Si, vamos cantarlle un vilancico ao neno! ANA G.: Si, polo menos, neno hai! ÁNGEL: (a Ana G.) Si, e a Virxe... (a Adrián) e San Xosé… ADRIÁN: (a Ángel) Si, e o boi... (a Alba) e a burra...! TANIA: E as tres Marías… ANA P.: E recolleremos ouh? TANIA: Pero antes...un selfie! (Sacamos o selfie) ANA P.: Isto é todo por hoxe! TODOS: Bo Nadal!