View
229
Download
3
Category
Preview:
DESCRIPTION
Día Internacional contra a violencia de xénero
Citation preview
Biblioteca do IES Sánchez Cantón
2009-2010
O seguinte documento está inspirado na exposición “Off the beaten path” que exhibe obras de artistas de diferentes países e culturas nun intento de promover a comprensión e
o diálogo para evitar a violencia contra as mulleres.
Marina Abramovic, Yugoslavia
Jane Alexander, Sudáfrica
Laylah Ali, USA
Ghada Amer, Exipto
Lise Byjorne, Nouega
Maria Campos-Pons, Cuba
Luciana Fina, Portugal
Mona Hatoum, Líbano
Icelandic Love Corporation,
Islandia
Yoko Inoue, Japón
Amai Kenawy, Exipto
Hung Liu, China
Gabriela Morawetz, Polonia
Miri Nishri, Israel
Lucy Orta
Yoko Ono, Japan
Cecilia Paredes, Perú
Susan Plum, Mexico
Joyce J Scott, USA
Eve Sussman, USA
Masami Teraoka, Japón
Miwa Yanagi, Jaóan
Maimuna Feroze-Nana,
Toko Inoue,J
Jung Jungyeob
Amal Kenawy
Lisa Bjorne Linert
Cima Rahmankhah
Jaune Quick-to-See Smith
Polo menos unha de cada tres mulleres do mundo foi golpeada,
sufriu abuso ou agresións durante a súa vida.
.UNHA DE CADA TRES!!!
Hoxe esta admitido que a violencia contra as mulleres é un tema
vital de saúde publica que afecta aos dereitos humanos
fundamentais.
ENTRE TOD@S ROMPEMOS O SILENCIO QUE PESOU SOBRE
SÉCULOS DE ABUSOS.
Para comezar
O termo violencia de xénero úsase para referirse á violencia contra as mulleres. Este tipo de violencia é o resultado do status de inferioridade que aínda teñen as
mulleres en determinados contextos e sociedades.
Constitúe violencia contra as mulleres calqueraacto do que resulte ou poida resultar dano ou
sufrimento físico, mental ou sexual infrinxido ás mulleres, o que inclúe tamén as ameazas de tales danos, a coerción ou a privación arbitraria de
liberdade, tanto na esfera pública como na privada.
(Declaración de la Eliminación dla Violencia contra as Mulleres. ONU 1993)
ENTÓN QUE É EXACTAMENTEA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES?
A violencia cara ás mulleres inclúe, pero non está limitada, aos seguintes tipos:
Violencia FísicaGolpear, dar labazadas, dar patadas, producir cortes ou
calquera outra lesión ou agresión ao corpo.
Violencia SexualViolación (fóra ou dentro do matrimonio), intento de
violación, coerción, prostitución forzada, mutilaciònxenital, incesto, acoso sexual, tocamentos inapropiados ounon pedidos.
Tipos de violencia
Violencia EconómicaExceso de traballo, privación do dereito á propiedade,
a unha remuneración xusta, a recibir herdanzas, a recibir educación. Privación do dereito a non poderdesenvolver determinados traballos, privación do dereito a recibir atencións básicas de alimento e vivenda.
Violencia EmocionalAbusos verbais, ameazas, insultos, control e críticasconstantes unidas a intimidacións, humillacións…
e hai tantos Tipos de violencia…
Malia que o alcol e a pobreza poden ser factores que contribúen á aparición da violencia.
Está claro que nunca son a causa principal!
E todo isto por que?…
A causa principal da violencia contra asmulleres é o seu estatus inferior en fogarese comunidades.
Causas da violencia cara Ás mulleres…
A miúdo ás mulleres considéraselles menosvaliosas e subordinadas aos homes.Nalgúns contextos aos homes supónselleslexitimidade para exercer control sobreas mulleres.
“Cando nos enfrontamos á violencia
contra as mulleres, normalmente
subestimamos os feitos e tendemos a
experimentar unha especie de cegueira.
Eliximos non mirar de fronte a experiencia
devastadora da violencia doméstica e
cualificámola como “cousas de familia”.
Asasinatos por honor en países afastados
convértense en diferenzas culturais.
Temos tendencia a desconfiar que o tráfico
e a explotación sexual ocorren nas nosas
cidades, á beira das nosas casas. As
violacións e actos de tortura contra
mulleres nos conflitos armados son
consecuencia do caos orixinado en
situacións de guerra. E deste xeito, as
profundas fontes sistémicas e políticas
desta violencia subestímanse e
minusvalóranse”.
As mulleres poden padecer violencia en todas as etapas da súa vida.
Nacemento:Hai países nos que as nenas son moi vulnerables ao nacer porque non
reciben tantos coidados en canto a comida e atención como os nenos da súa idade.
Infancia:As nenas teñen que enfrontarse desde idades temperás a todo
tipo de abusos sexuais, malnutrición e exceso de traballo.
Adolescencia:Coerción, prostitución forzada, violacións, imposición de
matrimonios en edades demasiano temperás e todo tipo de abusos e agresións sexuais.
Idade adulta Acoso, tráfico sexual, violencia dentro da parella .
Vellez:Perda de propiedades e herdanza, abusos de todo tipo, falta de protección ao ser viuvas.
Consecuencias físicasLesións físicas: fracturas, corte, ósos rotos, feridas de bala,
saúde débil, dores crónicas, problemas gastrointestinais, discapacidades permanentes, morte por homicidio ou suicidio.
Consecuencias sexuais Embarazos non desexados
Enfermidades de trasmisión sexual, incluído a Sida Abortos, nenos de baixo peso ao nacer.
Consecuencias emocionaisDepresión.
Estres. Accesos de pánico .
Baixa autoestima.
Abuso de alcohol e drogas .
Consecuencias económicasPerda de actividade económica.
Perda de horas laborais debido a lesións ou enfermidade .
Perda de recursos familiares e sociais debido a custos de tratamento.
Relación insatisfactoria coa parella .
Distanciamento emocional dos fillos .
Problemas de saúde como enfermidades de transmisión sexual, como a SIDA.
Problemas emocionais como depresión, desvalemento, insatisfacción.
Cargas sobre o orzamento da familia debido aos gastos en tratamentos , perda de horas laborables .
Encarceramento.
Consecuencias do maltrato para os homes
Os fillos viven aterrorizados.
Baixa autoestima.
Baixo rendemento nos estudos.
Conduta violenta .
Hipersensibilidade.
Apatía para emprender cualquera actividade.
Trastornos do soño.
Consecuencias dO maltrato NOS FILOS E FILLAS
Consecuencias dO maltrato Nas comunidades
Perda de horas de traballo debido a mala saúde, discapacidade ou defunción.
Aumento da criminalidade .
Deterioro das relacións na comunidade .
Exclusión das mulleres de postos de responsabilidade, liderazgo e procesos políticos .
Abuso de drogas e alcohol .
Sobrecarga dos servizos sociais e de saúde pública.
O dereito á vida .
O dereito á igualdade.
O dereito á liberdade e á seguridade persoal.
O dereito a ter protección legal.
O dereito a non padecer ningunha forma de discriminación .
O dereito a non estar suxeito a tortura ou a outros castigos ou tratos crueis, degradantes ou inhumanos.
Para educir graves consecuencias na saúde física e mental de nenas mulleres.
Para reducir a trasmisión de enfermidades sexuais, principalmente a Sida .
Razóns de saúde
Razóns económicasReducir custos nos sistemas de saúde pública.
Reducir a presión sobre os recursos familiares e estatais.
Favorecer o crecemento económico ao dispor dun número maior de horas de produción. As vítimas de malos tratos sofren frecuentes baixas laborais.
por quE temos que previr o maltrato?
Fala coa túa familia das vantaxes de manter relaciónssaudables.
Axuda a mulleres que están pasado por situacións de violencia.
Fomenta o respecto polas mozas e as mulleres entre adolescentes.
Trata do mesmo xeito a mozos de ambos os sexos.
Se directo e honesto cando os rapaces e rapazas faganpreguntas sobre relacións e sexualidade.
Busca axuda ti mesma se estás experimentando violencia .
Comprométeche coa non violencia nas túas propias relacións .
Comenta con outros os beneficios dunha relación saudable.
Planea cousas divertidas coa túa familia, participa e intenta pasalo ben .
Comparte as responsabilidades e tarefas familiares.
Respecta á túa parella como che gustaría ser respectado .
Fomenta cos teus amigos relacións de respecto cara ás vosas amigas e cara a outras mulleres.
Se sabes dalgunha amiga que mantén unha relación violenta, non che afastes, intenta buscar axuda.
Respecta que un “non” quere dicir “non” .
Aprende a solucionar os problemas dialogando, non gritando nin pelexando.
Intenta buscar actividades gratificantes e buscar grupos de persoas coas que compartas interese comúns.
En principio confiemos en que as mulleres que din estar experimentando violencia din a verdade. Se sabemos de actos de violencia non o dubidemos, hai que denunciar. Construamos relacións saudables no noso contorna, nas nosas familias. Compartamos as obrigacións familiares. Tolerancia cero para a violencia sexual nos nosos colexios, institutos e centros educativos. Esixamos á policía, os políticos, persoal sanitario e traballadores sociais que respecten ás mulleres.
..e PARA TI tamÉnCóntao !
Pide axuda !Denúnciao !
Non o dubides
O teléfono de información
da Xunta de Galicia é
900 400 273
25 de Novembro 2009MesturasBiblioteca do IES Sánchez Cantón
Recommended