Castro da Atalaia

Preview:

Citation preview

SEGUIMENTO DA PRENSA

SOBRE A DESTRUCIÓN DO CASTRO DA

ATALAIA

Promociones San Ciprián proxecta construír o seu

"Residencial Faro de San Ciprián", 3 edificios de 5 pisos e 100 vivendas, xusto por riba do

castro.

Na páxina web da promotora

anúnciase a obra como "unha situación única en España", xa que é "único conxunto residencial en

España que ofrece a posibilidade de residir nas inmediacións dun

faro" e "en primeira liña de costa".

O alcalde de Cervo autoriza 100 vivendas sobre un castro

O Concello de Cervo, na Mariña lucense, outorgou tres licenzas para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia, na localidade de San Cibrao

Alfonso Villares Bermúdez alcalde de Cervo

O concello tardara catro días en notificarlle ao construtor que tiña que suspender as

obras, por orde da Consellaría de Cultura, e máis de 1.000 metros cadrados de

castro foron estragados, e sacados, en pedazos, en

camións que os levaron até unha entulleira na vila veciña

de Xove

«a destrución de mil metros cadrados do castro de Atalaia, en

San Cibrao, no concello de Cervo, por parte da empresa construtora que está traballando na zona, que retirou en camións todos os restos atopados, mesturados coa terra e cos demais residuos, acabando

todos depositados nun vertedoiro

EN SAN CIBRAOAs 'vantaxes' de vivir en primeira liña de costa e

enriba dun castroPretenden construír un

edificio sobre un importante xacemento arqueolóxico na

zona do faro. O castro apareceu en xullo, e o

concello tardou varios días en paralizar as obras.

Seguen a escavar e esbandallar o castro de San

CibraoAs obras de construción de 100

vivendas na Atalaia de San Cibrao, en Cervo, continúan, malia

prohibilas Cultura mentres non se inventaríe a zona completa.

o Concello de Cervo tamén terá que facer fronte á investigación xudicial aberta nos xulgados de Viveiro pola

denuncia interposta polo fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo contra a administración local «pola demora na orde de paralización das obras que

provocaron a destrución dos restos», e que según anunciou Cultura

continúa adiante.

Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e

insustentábel:-Categoría individual: Ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez,

por ser cómplice do estragamento dun castro (o da Atalaia en San Cibrao)

malia a estar advertido pola D. X. de Patrimonio, e permitir coa súa actitude recalcitrante a urbanización da zona,

un espazo litoral de alto valor natural e patrimonial.

Alfonso Villares Bermúdez alcalde de Cervo Premio DIOXINA 2007

DIOXINA particular, ao alcalde de Cervo Alfonso Villares Bermudez, quen

deu permiso de construción para 100 vivendas na

Atalaia de San Cibrao enriba dun castro que ainda pode ser contemplado e do que tiña coñecemento da sua

existenza antes da concesión da licenza de

obra,

alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, «por ser

cómplice do estragamento do castro da Atalaia, en San

Cibrao».

Villares consintió «coa súa actitude recalcitrante a urbanización da zona, un espazo litoral de alto valor natural e patrimonial».

Recommended