A noite estrelecida

Preview:

Citation preview

Cabanillas recrea o mito bretón de Arturo, que adapta ao contexto galego. Así a espada

Escalibor está na Illa de Sálvora, Arturo dorme o seu soño en Galicia e o Sant Grial está na

montaña do Cebreiro.

A NOITE ESTRELECIDA

Na cidade de Caerleón, a das pedras milenarias, na noite de Nadal a xente está na Catedral e aparece o mago Merlín que relata a historia da espada Escalibor que se atopa na illa de Sálvora gardada por un dragón e unha águia. Roto o encantamento morreu o dragón e fuxíu a águia, quedando a espada cravada na terra ata que un cabaleiro poida erguela e sexa nomeado Rei. Coroan ao rei Artur e coñece á princesa Guanhumara da que se namora e faina a súa raíña.

1ª PARTE: A ESPADA ESCALIBOR

...Mediou a noite sagra da festa do Nadale fulxe baixo a neve a vella catedral.Polos longos vidrales e os outos rosetóns,co brados pregadores de salmos e oracións,a luz saíndo a feixes, en fíos e lampadas,aloumiña a imaxes no tímpano labradas,...

...Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño,envolveito en brancuras recendentes de liño,ollos gazos, prefundos, longa barba frorida,cingue a frente coas hedras da coroa druidae na man, que reloce como un lirio bendito,ten a fouce de ouro do litúrxico rito;...É Merlín o profeta, o celta armoricán...e escóitase na noite solene resoara súa voz bruante, sonora como o mar:...

Baixo a dozura do ceoda nobre Galicia irmán.onde pola nosa groriainda doirando o fogarvive aceso o lume sagrodos craros días do clan,hai unha illa encantadade rochedos de coral,...Amada dos vellos dioses,mortos e esquecidos xa,que Sálvora lle chamaron......Nunha furna que galganteszarran as ondas do mar,apreixada nas firentespoutas dunha aguia reial,gardada por un dragónde alento que é solimán,birlaba a fúlxida espadaEscalibor, o trunfalaceiro da heroica edade...

...O príncipe trunfante na catedral é entradoe das célticas xentes novo Rei coroado.no entanto que deixando un raio ardente e lourona escuridade, aberto pola fouce de ouro,o profeta que a verba de Taliensín unxéue a espada defensora da Raza conquiréu,o bardo de ollos gafos e da barba froridadesaparece en silenzo na noite estrelecida.Rei Artur de ollos pechos nun ensoño diviño,pide forzas ó ceo para dar co camiño,...

...Cando a espada cinguida e na frente a coroa,cubizando sosego, o estrado abandoae na porta dos reises antre os nobres parece,linda dona ó seu paso unha rosa lle ofrece.Polo doce presente un istante detido,sinte o neno e sinxelo corazón malferidoque o Amor, da doncela no brial en axexo,enchatóulle na entraña o seu dardo máis rexo....máis belida que as rosas de Sarón ten a caraa princesa louriña, a xentil Guanhumara....

O Rei Artur xunta aos cabaleiros no seu castelo para pedirlles que vaian na busca do Sant Grial, o cálice no que bebeu Xesús na derradeira cea. O encargado é Galahaz que chega nunha barca a Galicia onte atopa unha espada cravada nunha rocha. Despois de diversas aventura chega ao Cebreiro e atopa o cálice no interior da ermida.

PARTE 2: O CABALEIRO

DO SANT GRIAL

No castelo que se alza nun rochedo da serra,onde esquece os traballos e os estrondos da guerra,Rei Artur, fazañoso, xunta os seus cabaleiros,...Medianoite por filo, cando o galo cantaba,Rei Artur ós seus nobres deste xeito falaba:“El Señor foi servido, descendo do seu trono,encher de craridade as trebas so meu sonoe faguerme mandado de que os limpos de malterán de ir, penitentes, conquerir o SANT GRIAL,...

…No punto que faguían o sacro xuramento,unha luz de miragre tremelou no apousentoe abatéronse as portas e parecéu no estrado,onde o asento valeiro, Galahaz, o Esperado....

Galahaz colléu terra levado do destiño,o corazón escravo dun mandado diviño,e mentras desaparece o escuro neboeiroe a barquiña se alonxa guiada do luceiro,ollóu, dunha raiola de sol dependurada,descer dos outos ceos brilante e longa espadaque abrindo no rochedo unha fonda ferida,ficou nel encravada, deica o puño afundida....

...E chegándose á pedra, de ánimo esforzadobotólle man á espada e cinguéuna ó costado.O penedo, a tal intre, foi por medio fendido,deixando aberto e franco un camiño froridoque corría unha terra verdecente e mimosana que os pinos erguían a súa voz maxestosa,....

...E Galahaz trunfante e cheo de lediciaentrou camiño adiante en terras de Galicia....

...Recuberta de espiñas e de cunchas de corno,a gorxa bafarante como a boca dun forno,de lubicán as poutas, os ollos de serpente,envolta en labaradas de espeso fume ardente,o aguillón pezoñento de lanza feridora,aparecéulle diante a Besta Ladradora.Tremeu o cabaleiro e houbo gran pavor;máis, aíña, tornando ó relixioso ardor,latexante de espranza, indo a ela dereito.a espada escintilante enchantóulle no peito....

...Trunfador, sempre adiante, foi rompendo camiño;e rubindo as valgadas verdegaias do Miño,...

...A carón dunha fonte, a froresta mediada,persoóuselle diante unha dona encantada;da princesa de ensoño loura e gaia beleza,o feitizo de lumia, de raíña a maxeza...Lindos paxes, onde ela prisioneiros do encanto,levan feixes de rosas e recóllenlle o manto,e o máis roibo e garrido porta esgrevio tesouro:en bandexa de prata unha espora de ouro....

Bicado da recendentesoavidade da mañán,o escudo da cruz vermellacinguido polo brazal,espora de ouro calzada,lumiosa espada na man,o corazón esforzado,aceso e limpo de mal,costa arriba, mentras zoano vento maino e leviánda segreda campaíñao tanguido de cristal,rube o nobre cabaleiro,no seu soño a cabalgar,a montaña milagreirado Cebreiro-Monsalvar....

...¡Seus ollos ven o miragro!¡Encol da ara do altar,á luz infinda, relumbrao cáliz do Sant Grial!...

Galahaz volve á corte do rei Artur co Sant Grial. O Rei está enfermo e ten un soño. Semella morrer e meten o seu corpo nunha furna a carón do mar, selada por un gran penedo, onde agarda despertar algún día.

PARTE 3O SONO DO REI ARTUR

..Galahaz, o Esperado, esgrevio mensaxeiro,en volta a Caledonia partira do Cebreiro,e en camiñatas longas por desertas comarcas,atravesando as ágoas en misteriosas barcas,a alma como un raio de sol do mediodía,unha cruz por escudo, un luceiro por guía,de Camelot ás portas do castelo é chegadoonde ten o invencibre Rei Artur seu estrado....

A praia. O mar infindo. Cara ó ceo pechadoRei Artur soña e espera o místico mandado.¡Terra nai, terra sagra, de onde foron abertossobre mares inotos e a través dos desertos

os camiños do Alén,...

...A alma voadora fuxitiva do mundo,Rei Artur esvaera nun repouso profundo,e nas azas dun sono de escura vaguedadecaíra alén dos tempos na infinda soedade,...

..Belidas, antre néboa de vagorosas rendas,fuxidas dos feitizos das gaélicas lendas,nove fillas de reises, a pregar en silenzo,estendendo un garnido e misterioso lenzo,mortaxa mol tecida ó lume dun encanto,recolleron da barca o corpo do Rei santoe levándoo a unha furna que en fío da ribeirafroría como un ledo xardín en primaveira,deitárono nun leito de follas e de rosas,na man a espada sagra das lides fazañosas....

...E entón houbo no ceo miragreiras sinales.Claríns, voces e sinos resoaron trnfalese a entrada da furna, a un mandado segredo,foi cuberta e zarrada por xigante rochedono que, chave dos tempos, a man da Saudadelabrara a verba xurdía do consolo: ¡ESPERADE!

Colexio Público Santomé-CambadosMaio 2009