LIC Monte Maior

Preview:

Citation preview

ESPAZOS NATURAISMonte Maior

O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico.

Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.

Montemaior desde o porto de Celeiro. No primeiro plano o monte de San Roque

SITUACIÓN: Na comarca da Mariña Occidental (Lugo), ao sueste da ría de Viveiro. Localidades de referencia: Viveiro e Xove.SUPERFICIE: 1.247 haCONCELLOS: Viveiro e XoveVALORES NATURAIS: turbeiras e paisaxe

Proposta de ampliación do espazo (2011) pendente de aprobar

PROTECCIÓN•Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004•Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014

CLIMAOceánico húmido

XEOLOXÍAAs rochas dominantes son os gneis e xistos no norte e os granitos no sur. Son montes redondeados cunha paisaxe onde alternan os bolos e penedos (rochas graníticas erosionadas) coas rochas fendidas con aspecto de ruína (terreos xistosos).

Penedos graníticos

Gneis

SERRA DE MONTEMAIOR Esténdese con dirección N-S desde a costa ata os montes do Buio. A maior parte do terreo está cuberto de plantacións de eucaliptos, algúns piñeiros e pasteiros. As turbeiras sen alterar ocupan só pequenas superficies nos cumes.

Vista desde o cume de O Penedo cara aos montes de Buio. Ao fondo o Xistral.

Accedese desde Viveiro pola estrada que sube ao monte San Roque ou desde a Fontecova, e desde Xove por San Bartolo ou As Moas (Xove).

Vista desde o cume de O Penedo cara a ría de Viveiro. Un dos atractivos desta serra é a contemplación de amplas panorámicas sobre toda a contorna: ría de Viveiro, costa de Xove e Cervo, val do Landro e montes dos Cabaleiros, Buio e O Xistral.

Cumes da serra desde o alto de Monte Maior

Cume de O Penedo (552 m), no centro

REDE FLUVIALO Landro recolle todos os regos da aba occidental (cabeceiras do Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova). O rego do Lago, Esparaños, Esteiro, Rego do Monte e outros van directamente ao mar.

Un dos pequenos regos que se orixinan nos cumes de Monte Maior

REGO DO LAGO OU DE GUILÁNNace na aba leste do monte Penedo e desemboca no mar Cantábrico entre Morás e San Cibrao (na praia do Lago). O principal afluente é o río da Rigueira.

Fervenza do Turrillón no río Regueiro (Lago), en Xove, nas proximidades do espazo protexido

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Turbeiras altas activas-Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-asturiano.

Xunca de algodón

FLORAA parte alta do espazo está ocupado por turbeiras e matogueiras onde podemos atopar esfagnos, rorelas, violetas, hipéricos das brañas, herbas das brañas, narcisos, ranúnculos, toxos, distintos tipos de breixos e gramíneas. Unha grande superficie está ocupada por plantacións de eucaliptos e algúns piñeiros. Quedan pequenas áreas de especies autóctonas como bidueiros e carballos e salgueiros a carón dos ríos.

Turbeiras e pasteiros

Os ecosistemas máis destacados de Montemaior son as turbeiras, medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba. En Montemaior atópanse as turbeiras a menor alitude e as máis acchegadas á costa.

Breixos e vexetación de turbeira

Breixo de turbeira (Erica tetralix). A súa presenza está asociada aos lugares asolagados.

Rorela (Drosera rotundifolia), unha pequena planta que se alimenta de insectos.

Sfagnum

ESPECIES DE INTERESEArnica montana Cladonia subgenus Cladina Narcissus asturiensis Narcissus bulbocodium Sphagnum pylaesii Sphagnum spp.  ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus asturiensisSphagnum pylaisii CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Lycopodiella inundata Narcissus asturiensis Sphagnum pylaesii

Narciso (Narcissus asturiensis)

Rhynchospora alba

Poa bulbosa

Toxo gateño (Ulex minor)

Toxo asentado na fenda dun penedo

FAUNAA fauna máis representativa deste espazo é a dos insectos, aves de espazos abertos e anfibios. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas).

ESPECIES DE INTERESE

MAMÍFEROS Canis lupus Felis silvestris Galemys pyrenaicus Genetta genetta Lutra lutra Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

Lebre (Lepus granatensis)

AVES Accipiter gentilisAccipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Anas platyrhynchos Anthus trivialis Apus apus Asio flammeus Athene noctua Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Corvus monedula Cuculus canorus Laverca (Alauda arvensis)

Delichon urbica Dendrocopos major Emberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Galerida cristata Gallinago gallinago Garrulus glandarius Hippolais polyglotta Hirundo rustica Lullula arborea Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus

Falcón pequeno (Falco subbuteo)

Parus major Phoenicurus ochruros Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Prunella modularis Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Saxicola torquata Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia undata Sylvia undata Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba

Tordo común (Turdus philomelos)

RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta schreiberi Natrix natrix

Cobra de colar (Natrix natrix)

Sapo corriqueiro (Bufo calamita)

ANFIBIOS Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Lissotriton boscai Pelophylax perezi Rana iberica

Caracol plano (Elona quimperiana)

INVERTEBRADOS Elona quimperiana Euphydryas auriniaGeomalacus maculosus Lucanus cervus

ESPECIES DOS ANEXOS I e II DA DIRECTIVA da CEEMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosAvesAsio flammeus Circus cyaneus Circus pygargus Lullula arborea Sylvia undata RéptilesIberolacerta monticolaLacerta schreiberiAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiInvertebradosLucanus cervusEuphydryas auriniaElona quimperianaGeomalacus maculosus

Lagarta da serra (Iberolacerta monticola)

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Mamíferos Galemys pyrenaicus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Aves Circus cyaneus Circus pygargus Anfibios Chioglossa lusitanica Rana iberica Invertebrados Elona quimperiana Geomalacus maculosus

ACTIVIDADESAgro-gandaría, forestal, xeración de enerxía eléctica, lecer...

PROBLEMAS-Incendios-Repoboacións forestais con especies alóctonas-Construción de pistas e instalación de aeroxeradores

Vista de Viveiro desde o monte de San Roque, na zona proposta para ampliación do espazo

PUNTOS DE INTERESE-Miradoiros de San Roque e O Penedo.-Turbeiras.Nas proximidades: fervenzas Pozo da Ferida, situada na confluencia do río Loureiro e o seu afluente o rego Furado; Turrillón, no rego do Vello, un afluente do Regueiro (río do Lago).

Fervenza do Pozo da Ferida no río Loureiro (Landro), en Viveiro, nas proximidades do espazo protexido.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daportafebreiro 2017

Bolboreta (Pyronia tithonus)

Recommended