View
416
Download
1
Category
Preview:
Citation preview
1
NOITEBOA Obra teatral escrita e interpretada polo alumnado de 3º ESO
Festival de Nadal. Decembro 2015
(Ana P. e Raquel no escenario, Ana P. poñendo a mesa está desesperada e Raquel, a súa filla, intenta tranquilizala) RAQUEL: Tranquila, mamá. ANA P.: É que non imos coller aquí! RAQUEL: Déixao estar así, que ben collemos. ANA P.: Tes razón, e se non, os cativos comen na cociña. (Entran Andrea e a súa filla Tania) TANIA: Agora, eu debería estar en Betanzos… ANDREA: Nena, a familia o primeiro. (Andrea e Tania saúdan á avoa) ANDREA: Ola, mamá! (dous bicos). TANIA: (A Ana P.) Os cartos? ANA P.: O que neniña, que dixeches? ANDREA: (Apartando a Tania) Nada, que se necesitabas axuda. (Poñen a mesa) ANA P.: E non veñen, e non van chegar… TANIA: Ao mellor están de festa, como debería estar eu… (Entran Sergio e Laura, saúdan) ANA P.: E onde están os meus netiños? LAURA: Están chegando! Veñen agora! ANA P.: E traen aos mozos?
2
SERGIO: Que remedio! (Sentan todos na mesa e esperan á chegada dos mozos) (Entran Adrián e Ana G.) ADRIÁN E ANA: Saúdos a todos! ANA P.: Por que chegades tarde? ADRIÁN: Había moita néboa e viñemos amodo! TANIA: Se me comprasen un coche… ANDREA: Non tes falta ningunha! ANA P.: Ben, pois sentade. Agora, aínda falta Alba. Aínda vai traer ao outro. (A Ana G.) Por certo, que che parece? ANA G.: É bo rapaz, muller!
ANA P.: Deixa a ver…
ANDREA: Todos parecen bos; pero…
(Chegan Alba e Ángel) ANA P.: Veñen aí!
ALBA: (Saudando a Ana P.) Ola, avoa!
ÁNGEL: Ola! Boas noites!
TANIA: Pero cando se come aquí,ho?!
RAQUEL: Veña, vamos comer!
(Botamos a comida nos pratos e comezamos a comer) LAURA: Ben, imos despedir o ano sen noticias?
ANA G.: Cari, dísllelo ti?
ADRIÁN: O que, ho!?
ALBA: A ver, que pasa?
ANA G.: Pois… esperemos que para o ano sexamos un máis.
TANIA: Eu tamén quería traer a unha amiga; pero…
ANDREA: (Enfadada) Estasme dando a noite, eh!
ANA G.: Non, non vou traer a unha amiga.... (Nerviosa) Que non, que vamos ser un máis na familia.
ANA P.: Pois si, un bisnetiño boa falta me fai, que vós xa nin mirades para min…
SERGIO: Ben, se o facedes, atendédelo.
ADRIÁN: Agora feito xa está! (Dirixíndose a Ángel) A ver cando fas ti outro!
3
ALBA: Non lle deas ideas, que aínda son moi nova!
SERGIO: Fillo con ese non che fai falta ningunha.
ÁNGEL: (Xesticulando) “Me cruzó!”
RAQUEL: Ti non es o máis indicado, que mira con quen te xuntaches (Indirecta a Laura).
LAURA: Eu, polo menos, teño con quen durmir…
(Andrea chorando desesperadamente) TANIA: Xa empeza a outra…
ÁNGEL: Aínda non sei se cearemos; nesta casa todas as mulleres pasan unha fame doente…
ALBA: Que dis ti!?
ÁNGEL: (Remediando o dito) Que tes unha familia encantadora, meu amor.
ALBA: Ah! É tan adorable!
SERGIO: Sempre padeceu da vista…
ANA P.: Veña, deixádevos de lerias, que arrefría a comida.
(Silencio absoluto) SERGIO: (Mirando para Ana G.) Ben, e xa sabedes se é neno ou nena?
ANA G.: Aínda non se sabe…
ÁNGEL: Como sexa fillo deste (sinalando a Adrián) sae “sirenita”!
ALBA: Ángel, por Deus!
ANA G.: (Ameazando) Pasa atrás ou non ves a vara?
RAQUEL: Non empecemos a discutir, que está na mesa o neno Xesús!
SERGIO: E logo, cuñada! Metícheste a monxa?
LAURA: Si, si… desas que casan con Deus porque non hai Deus que case con elas!
(Andrea chora desesperada) TANIA: Á próxima, voume! ANDREA: Cala e apaga o móbil.
RAQUEL: (a Laura) Ben, mellor con Deus que con tódolos Santos! (a García) Se en vez de butano
puxeras gas natural… ADRIÁN: Papá… ÁNGEL: Si, si... papá, seguro… ANA P.: Ben, está bo o bacallau?
4
ALBA: Está un pouco picante, avoa… (Silencio absoluto) ADRIÁN: Hai turrón? ÁNGEL: Para turrón, ti… ALBA: Ai, Ángel! Non paras! RAQUEL: E se cantamos un vilancico? ANA P.: Si, vamos cantarlle un vilancico ao neno! ANA G.: Si, polo menos, neno hai! ÁNGEL: (a Ana G.) Si, e a Virxe... (a Adrián) e San Xosé… ADRIÁN: (a Ángel) Si, e o boi... (a Alba) e a burra...! TANIA: E as tres Marías… ANA P.: E recolleremos ouh? TANIA: Pero antes...un selfie! (Sacamos o selfie) ANA P.: Isto é todo por hoxe! TODOS: Bo Nadal!
Recommended