1
50º Aniversario Sesión do 22 de setembro de 2020 O Sur El Sur. España, 1983. Cor, 93 min. Drama | Dirección e guión: Víctor Erice | Fotografía: José Luis Alcaine | Música: Enrique Granados | Intérpretes: Omero Antonutti ( Agustín), Icíar Bollaín ( Estrella, 15), Sonsoles Aranguren ( Estrella, 8), Lola Cardona (Julia), Rafaela Aparicio (Milagros) | Produción: Chloe Productions, TVE, Elías Querejeta PC SINOPSE a “A Gaivota” é un caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e zahorí; a súa muller, mestra repre- saliada polo franquismo, e a súa filla Estrella. A nena, desde a súa infan- cia, sospeita que o seu pai oculta un segredo. O SUR: A ARCADIA DE VICTOR ERICE (J Montañés, D Izeddin) O Sur é un poema inacabado. A pelí- cula, incompleta a xuízo do seu di- rector, tiña inicialmente un percorrido dun guión de 400 páxinas e un plan de rodaxe de 81 días que foi inte- rrompido no 48. Escribiuse e falouse moito sobre cales foron as razóns que levaron a Elías Querejeta a inte- rromper o proxecto (falta de diñeiro, un guión demasiado longo que se- gundo o produtor contiña dúas pelí- culas diferentes, desavinzas per- soais, etc.) e non continuar coa his- toria de Estrella; con todo, polémicas aparte, ninguén pode discutir que a beleza narrativa plasmada por Víctor Erice na película que finalmente se estreou é asombrosa. a O actor Omero Antonutti lembra con agarimo a un Erice que se dirixía a el nun italiano perfecto e como lle fas- cinou o seu carácter detallista. En O Sur , Antonutti interpreta a Agustín, un médico que vive unha existencia co- tiá nunha cidade do Norte dos anos 50. De carácter solitario, ten fascina- da á súa filla Estrella, quen tanto na súa infancia como na súa adolescen- cia tentará descifrar as sombras que agochan un segredo que marcou a lume ao seu pai. Na historia latexa o devezo de Agustín de volver ao Sur, evocación da súa particular Arcadia -nome que ten o cinema que apare- ce no filme-, aquel lugar idílico onde, segundo os clásicos, reina a felici- dade. a Erice cegara 10 anos antes con O espírito da colmea, a súa primeira longametraxe, e O Sur , baseada nun relato da súa parella a escritora Adelaida García Morales, confir- mouno como un dos cineastas máis destacados da historia do cinema. Autor tamén doutra película extra- ordinaria coma O sol do marmelo, esta vez rodada desde un punto de vista documental, a súa obra non ti- vo unha continuidade acorde con tan excepcional talento e desgracia- damente algúns dos seus proxectos non puideron ver a luz. a A composición visual é absoluta- mente determinante na película. O director de fotografía José Luís Al- caine e o daquela operador de cá- mara Alfredo Mayo, dúas institu- cións do cinema español, desenvol- veron un labor que é considerado como un dos traballos máis brillan- tes da cinematografía europea. Al- caine decidiuse por dotar á película dun ton grisáceo, que orixinalmente só correspondía ao período que transcorría no Norte, e aínda reco- ñece a súa decepción cando a ro- daxe da parte localizada en Carmo- na (Sevilla) foi abortada, xa que alí desexaba debuxar a explosión lumí- nica do Sur e, deste xeito, lograr un forte contraste entre ambas. “Antes, cando a maioría das televisións eran en branco e negro, a referencia era a pintura cando nos enfrontabamos á cor... Entón inspirábannos os ca- dros de Caravaggio, Vermeer ou Rembrandt”, explica Alcaine, cuxa innovadora aposta mesmo sorpren- deu ao propio Erice na primeira pro- xección, aínda que este inmediata- mente se mostrou moi satisfeito co traballo de Alcaine. A película gustou moitísimo desde a súa estrea, a súa proxección no fes- tival de Cannes foi moi exitosa, pero finalmente non puido reproducir a viaxe ao desexado Sur, onde Estre- lla ía coñecer ao seu tío (Fernando Fernán Gómez) e descubrir “a vida que o seu pai non viviu”, en palabras de Icíar Bollaín. a P ensar agora como sería esta pelí- cula tal e como a concibiu Víctor Eri- ce na súa totalidade é case unha ucronía. Sinxelamente, hai que gozar cos marabillosos 95 minutos da montaxe final. Porque o máis triste deste doloroso desencontro entre produtor e director foi a imposibilida- de de gozar de novas películas dun binomio que representa o mellor da historia do cinema español. Nun mo- mento de turbulencias financeiras e horizontes escuros, onde a Europa de hoxe olla con receo ao seu Sur, talvez sexa tempo de buscar o noso . CRÍTICA (Ángel Fdez. Santos) (...) É apaixonante e admirable com- probar as variantes especificamente fílmicas que Erice ideou e puxo en marcha para dar á súa película unha identidade perfectamente diferencia- da do seu soporte literario. Para con- tar a mesma historia válese de me- dios inimaxinables en literatura, in- venta escenas só posibles no cine- ma, crea unha cadencia propia, in- traducible, e da elexía narrada extrae unha secreta musicalidade, imposi- ble de imaxinar sobre unha cuartilla en branco. De pura literatura Erice deduce, cun talento cegador, puro cinema. A fermosura do filme é inde- finible. Hai que velo e aínda así, á vi- sión seguirá a mudez do espectador, porque a historia e a súa maxistral visualización sitúannos no bordo do inefable, máis aló das palabras. VVindeira sesión, mércores 23: M, o vampiro de Düsseldorf · Fritz Lang

50º Aniversario O Sur · 2020. 9. 2. · longametraxe, e O Sur, baseada nun relato da súa parella a escritora Adelaida García Morales, confir-mouno como un dos cineastas máis

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 50º AniversarioSesión do 22 de setembro de 2020 O Sur

    El Sur. España, 1983. Cor, 93 min. Drama | Dirección e guión: Víctor Erice | Fotografía: José Luis Alcaine | Música:Enrique Granados | Intérpretes: Omero Antonutti (Agustín), Icíar Bollaín (Estrella, 15), Sonsoles Aranguren (Estrella, 8),Lola Cardona (Julia), Rafaela Aparicio (Milagros) | Produción: Chloe Productions, TVE, Elías Querejeta PC

    SINOPSEa

    “A Gaivota” é un caserón situado nosarredores dunha cidade do norte deEspaña. Nela viven Agustín, médicoe zahorí; a súa muller, mestra repre-saliada polo franquismo, e a súa fillaEstrella. A nena, desde a súa infan-cia, sospeita que o seu pai oculta unsegredo.

    O SUR: A ARCADIA DE VICTORERICE (J Montañés, D Izeddin)

    O Sur é un poema inacabado. A pelí-cula, incompleta a xuízo do seu di-rector, tiña inicialmente un percorridodun guión de 400 páxinas e un plande rodaxe de 81 días que foi inte-rrompido no 48. Escribiuse e falousemoito sobre cales foron as razónsque levaron a Elías Querejeta a inte-rromper o proxecto (falta de diñeiro,un guión demasiado longo que se-gundo o produtor contiña dúas pelí-culas diferentes, desavinzas per-soais, etc.) e non continuar coa his-toria de Estrella; con todo, polémicasaparte, ninguén pode discutir que abeleza narrativa plasmada por VíctorErice na película que finalmente seestreou é asombrosa.a

    O actor Omero Antonutti lembra conagarimo a un Erice que se dirixía a elnun italiano perfecto e como lle fas-cinou o seu carácter detallista. En OSur, Antonutti interpreta a Agustín, unmédico que vive unha existencia co-tiá nunha cidade do Norte dos anos50. De carácter solitario, ten fascina-da á súa filla Estrella, quen tanto nasúa infancia como na súa adolescen-cia tentará descifrar as sombras queagochan un segredo que marcou alume ao seu pai. Na historia latexa odevezo de Agustín de volver ao Sur,evocación da súa particular Arcadia-nome que ten o cinema que apare-ce no filme-, aquel lugar idílico onde,

    segundo os clásicos, reina a felici-dade.a

    Erice cegara 10 anos antes con Oespírito da colmea, a súa primeiralongametraxe, e O Sur, baseada nunrelato da súa parella a escritoraAdelaida García Morales, confir-mouno como un dos cineastas máisdestacados da historia do cinema.Autor tamén doutra película extra-ordinaria coma O sol do marmelo,esta vez rodada desde un punto devista documental, a súa obra non ti-vo unha continuidade acorde contan excepcional talento e desgracia-damente algúns dos seus proxectosnon puideron ver a luz.a

    A composición visual é absoluta-mente determinante na película. Odirector de fotografía José Luís Al-caine e o daquela operador de cá-mara Alfredo Mayo, dúas institu-cións do cinema español, desenvol-veron un labor que é consideradocomo un dos traballos máis brillan-tes da cinematografía europea. Al-caine decidiuse por dotar á películadun ton grisáceo, que orixinalmentesó correspondía ao período quetranscorría no Norte, e aínda reco-ñece a súa decepción cando a ro-daxe da parte localizada en Carmo-na (Sevilla) foi abortada, xa que alídesexaba debuxar a explosión lumí-nica do Sur e, deste xeito, lograr unforte contraste entre ambas. “Antes,cando a maioría das televisións eranen branco e negro, a referencia eraa pintura cando nos enfrontabamosá cor... Entón inspirábannos os ca-dros de Caravaggio, Vermeer ouRembrandt”, explica Alcaine, cuxainnovadora aposta mesmo sorpren-deu ao propio Erice na primeira pro-xección, aínda que este inmediata-mente se mostrou moi satisfeito cotraballo de Alcaine.

    A película gustou moitísimo desde asúa estrea, a súa proxección no fes-tival de Cannes foi moi exitosa, perofinalmente non puido reproducir aviaxe ao desexado Sur, onde Estre-lla ía coñecer ao seu tío (FernandoFernán Gómez) e descubrir “a vidaque o seu pai non viviu”, en palabrasde Icíar Bollaín.a

    Pensar agora como sería esta pelí-cula tal e como a concibiu Víctor Eri-ce na súa totalidade é case unhaucronía. Sinxelamente, hai que gozarcos marabillosos 95 minutos damontaxe final. Porque o máis tristedeste doloroso desencontro entreprodutor e director foi a imposibilida-de de gozar de novas películas dunbinomio que representa o mellor dahistoria do cinema español. Nun mo-mento de turbulencias financeiras ehorizontes escuros, onde a Europade hoxe olla con receo ao seu Sur,talvez sexa tempo de buscar o noso.

    CRÍTICA (Ángel Fdez. Santos)

    (...) É apaixonante e admirable com-probar as variantes especificamentefílmicas que Erice ideou e puxo enmarcha para dar á súa película unhaidentidade perfectamente diferencia-da do seu soporte literario. Para con-tar a mesma historia válese de me-dios inimaxinables en literatura, in-venta escenas só posibles no cine-ma, crea unha cadencia propia, in-traducible, e da elexía narrada extraeunha secreta musicalidade, imposi-ble de imaxinar sobre unha cuartillaen branco. De pura literatura Ericededuce, cun talento cegador, purocinema. A fermosura do filme é inde-finible. Hai que velo e aínda así, á vi-sión seguirá a mudez do espectador,porque a historia e a súa maxistralvisualización sitúannos no bordo doinefable, máis aló das palabras.

    VVindeira sesión, mércores 23: M, o vampiro de Düsseldorf · Fritz Lang