Upload
vonhu
View
218
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
ELENCO Manolo Dasilva Stefano Luigi Ferraro Jésica Pérez Sima Yi Qí Raúl Alonso Coto Lameiro Victorino Martínez Doutor Coello Rosario Alonso Liang Zhù Meri Comesaña Lara Campiño CORO: María Xosé Iglesias Eugenia García Pastora Comesaña Manolo Dasilva Jésica Pérez Raúl Alonso Victorino Martínez Rosario Alonso Meri Comesaña Doro Piñeiro FICHA TÉCNICA : Atrezo Roberto Troncoso / Remixio Davila Vestiario Escoitade Confección vestiario Pastora e Meri Comesaña Mª Xosé Iglesias Espazo escénico Escoitade Decorados Remixio Davila Carpintería Dionisio Figueroa Iluminación e son Ade Alonso Produción CVC de Valladares Comunicación Manolo Dasilva Axudante de dirección Raúl Alonso Dirección Doro Piñeiro NECESIDADES TÉCNICAS: Escenario: Ancho: 6 m Alto: 4 m Fondo: 6 m Potencia eléctrica: 16 Kw CONTRATACIÓN Duración: 75 minutos (aprox.) Farsa. Apta para todos os públicos Centro Veciñal e Cultural de Valladares Estrada Xeral de Valladares, 261 | 36315 VIGO TELF.: 986 467 053 FAX: 986 467 052
CORREO-E: [email protected] | [email protected]
A fatídica festa do
Ano da Serpe de Doro Piñeiro
TEATRO ESCOITADE
Título principal
A fatídica festa PEZA TEATRAL EN DOUS CADROS
A Mediados do século XIX. Comezo do ano da Serpe do Lume do gran estado chinés.
Celébrase, entón, nos arredores e no alboio da clandestina colonia chinesa da comarca das
rías a chegada do novo ano. O balbordo da festa; con participación do dragón, máscaras,
tracas, adobíos, enfeites e vestimentas da ocasión, oculta a desgraciada morte do ancián
egrexio Cao Yang. A festa remata de contado ao descubrirse a traxedia, fuxindo en
escorrentada os presentes e deixando o morto no centro do escenario. O defunto Cao
Yang, esposo da moza Sima Yi Qí, morreu pola causa dun fulminante veleno que lle
administraron na entrementres da festa.
O comisario Stefano Luigi Ferraro, antigo oficial militar, foi expulsado de Italia por
aliarse con Austria cando a invasión de Piamonte, e acadou o exilio nun pobo costeiro das
rías na rexión occidental española. Cínico. De tendencia fascista e nacionalista e inimigo
acérrimo de Francia e de toda as minorías étnicas, foi recrutado pola policía do país en
calidade de investigador-comisario de menor rango. Por elo foille asignado o encargo de
resolver o crime e topar o culpable ou culpables.
O evidente desconsolo de Sima Yi Qí, viúva de Cao Yang, acentúa a ledicia do
comisario Stefano Luigi Ferraro o que desagrada ao seu namorado platónico Liang Zhù.
Mentres o forense, Dr. Coello, e o axudante do comisario, Coto Lameiro, xuntan as probas
do acontecido, a Intendente Lara Campiño trata de dar freo aos evidentes excesos do
comisario cara a colonia chinesa.
Por fin o culpable é descuberto e cae sobre el todo o peso da lei.
do Ano da Serpe
PERSONAXES:
- Stefano Luigi Ferraro. Comisario de policía, fillo de Paolo e de Annunziata,
de orixe italiano da rexión de Calabria. Afincado no país
dende hai máis de vinte anos. Gusta da bebida, 58 anos.
- Sima Yi Qí. Chinesa. Amante forzada de Stefano e esposa do defunto Cao
Yang. 25 anos. Da colonia chinesa do país.
- Coto Lameiro. Axudante do comisario. Embarulleiro compulsivo, requintado,
40 anos.
- Doutor Coello. Funcionario forense. Tamén gusta da bebida, 50 anos.
- Liang Zhù. Chinés. Namorado platónico de Sima Yi Qí, 30 anos. Da colonia
chinesa do país.
- Lara Campiño. Intendente da policía. Fachendosa, 34 anos.
- Cao Yang Chinés. Marido de Sima Yi Qí. 67 anos. (Personaxe simulado).
- Coro. Da colonia chinesa afincada no país.