24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 18 - Xuño de 2015 As urnas falaron o 24 de maio e o electorado da co- marca optou por manter os alcaldes que xa ña con maiorías absolutas en todos os Concellos. Todos menos Ordes, onde o PP superou a UxO por escasa marxe e José Luis Marnez Sanjurjo po- derá relevar a Manuel Regos. Non obstante, os recursos presentados por UxO adia- ron a toma de posesión ata o 3 de xullo. Tamén en Tordoia, pero neste caso por un erro de reconto. Unicamente Ordes poderá cambiar de alcalde tras o 24-M Páxs. 2 a 6 O Tribunal Supremo confi rma a absolución de José Dafonte TRAZO Páx. 10 Abren ao público o Xardín Botánico tras ser remodelado CERCEDA Páx. 9 Páx. 2 Tic, tac, tic, tac, tic, tac... Abel Barros e Susana Rial triunfan na cross ordense DEPORTES Páx. 21 Gefico pon a súa mirada en Asia e Europa Central ECONOMíA Páx. 13 Dous grupos do IES Maruxa Mallo presentan libros ORDES Páx. 15 Os creadores de ‘Gafas e Pallaso’, rodada en Oroso ENTREVISTA Páx. 24 Desartellado un importante punto de venda de drogas ORDES Páx. 8 Ordes agarda a resolución xudicial que confirme a victoria do PP nas eleccións municipais Temporada 2015 Nueva gerencia REAPERTURA 1 DE JULIO Lugar de Orro, 100 CULLEREDO 680 509 760

Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 18 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 18 - Xuño de 2015

As urnas falaron o 24 de maio e o electorado da co-marca optou por manter os alcaldes que xa ti ña con

maiorías absolutas en todos os Concellos. Todos menos Ordes, onde o PP superou a UxO por escasa marxe e José

Luis Martí nez Sanjurjo po-derá relevar a Manuel Regos. Non obstante, os recursos presentados por UxO adia-

ron a toma de posesión ata o 3 de xullo. Tamén en Tordoia, pero neste caso por un erro de reconto.

Unicamente Ordes poderá cambiar de alcalde tras o 24-M

Páxs. 2 a 6

O Tribunal Supremo confi rma a absolución de José Dafonte

TRAZO

Páx. 10

Abren ao público o Xardín Botánico tras ser remodelado

CERCEDA

Páx. 9

Páx. 2

Tic, tac, tic, tac, tic, tac...

Abel Barros e Susana Rial triunfan na cross ordense

DEPORTES

Páx. 21

Gefi co pon a súa mirada en Asia e Europa Central

ECONOMíA

Páx. 13

Dous grupos do IES Maruxa Mallo presentan libros

ORDES

Páx. 15

Os creadores de ‘Gafas e Pallaso’, rodada en Oroso

ENTREVISTA

Páx. 24

Desartellado un importante punto de venda de drogas

ORDES

Páx. 8

Ordes agarda a resolución xudicial que confi rme a victoria do PP nas eleccións municipais

Temporada 2015

Nueva gerencia

REAPERTURA1 DE JULIO

Lugar de Orro, 100CULLEREDO

680 509 760

Page 2: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

2

ACTUALIDADE - O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m

Crónicas - Xuño 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Un home falece en Céltigos (Frades) tras caer por accidenteao pozo de zurro

SUCESOS

Un home faleceu en Campo-duro (Céltigos, Frades) ao caer ao pozo de zurro da súa explotación na noite do 14 ao 15 de xuño, a eso das once da noite. A caída foi accidental, segundo trascendeu cando buscaba algo pola zona. No momento da desgracia, a vítima estaba acompañada polo seu fillo, que non puido facer nada por sal-varlle a vida.

Foron os Bombeiros de Or-des os que se encargaron do res-cate do corpo esa mesma noite. Os servizos sanitarios de urxen-cia que se desprazaron ata o lu-gar non puideron máis que confir-mar o falecemento do home, de 67 anos de idade.

O servizo de emerxencias 112 Galicia requeriu tamén a presenza de dous axentes da Garda Civil no lugar do suceso.

O pozo carecía de tapa, algo habitual nestas construcións para evitar a perigosa acumulación de gases, e tiña escasas medidas de protección, o que convertiu en mortal o esvaramento do home.

Os resultados das eleccións muni-cipais en Ordes deixaron tan iguala-dos o PP e UxO, con lixeira vantaxe e un concelleiro máis para o primeiro, que a formación de Manuel Regos, alcalde en funcións, decidiu intentar reter o poder por todas as vías xurídi-cas posibles. Os procesos abertos de-moran a constitución da corporación ata o 3 de xullo.

Aínda que a última palabra tena o Tribunal Constitucional, o máis pro-bable é que haxa relevo na alcaldía e o bastón de mando pase a José Luis Martínez Sanjurjo (PP), xa que os re-cursos de UxO, ante a Xunta Electoral de zona e despois ante a Xunta Elec-toral Central, non prosperaron.

A formación independente recla-maba dar por válidos unha serie de votos da súa candidatura, que se con-sideraron nulos por presentar roturas e diversas alteracións. Se fosen vali-dados permitiríanlle a UxO facerse coa acta de concelleiro que incre-mentou o PP e abrir a posibilidade de seguir no goberno.

ARTELLAR UNHA MAIORÍAMais a vía xurídica non foi o único

intento do grupo de Regos por adap-tarse ao novo mapa político. Os in-dependentes trataron de construír unha nova maioría na corporación buscando o apoio do BNG, que o 24-M foi o único en apuntarse un in-cremento, notable, en número e por-centaxe de votos, pasando de dous a tres concelleiros. Suficiente para se-ren moi decisivos.

Os nacionalistas obviaron as invi-tacións a un suposto goberno de pro-greso. Baixo a premisa de que UxO é unha marca branca do PP, e de feito naceu dunha escisión da dereita, a asemblea local do BNG ten decidido absterse na investidura de alcalde. A decisión implica que a alcaldía recaia no PP. Como lista máis votada, basta-ríanlle os seus sete concelleiros, in-cluso na hipótese de que a represen-tación do PSOE apoiase a UxO.

Non obstante, o movemento que máis chamou a atención foi o intento de Regos de entrar no PSOE coa parte do seu grupo que lle aceptaría levar o emblema do puño e a rosa. A inten-ción sería forzar o apoio do BNG, de-bido ao acordo desta formación e o

PSOE para facilitar gobernos de coa-lición onde sexa posible.

Pero a operación fracasou, cando a dirección do PSdeG constatou que a entrada dos independentes no par-tido non variaría o sentido do voto do Bloque. Así o desvelou a secreta-ria de Organización dos socialistas ga-legos, Pilar Cancela, que tería tratado o asunto co seu homólogo no BNG, Bieito Lobeira. Cancela negou que al-gún integrante da agrupación socia-lista ordense xestionara a entrada de Regos, e afirmou que foi el e outros integrantes de UxO os que acudiron directamente á sede do PSdeG.

Fose como fose, os socialistas quedan nunha situación moi deli-cada. Os electores non respaldaron a súa oposición con continuas con-cesións a UxO e perderon aínda máis votos. Jesús Pedreira asumiu persoal-mente o mal resultado e xa anunciou que non tomará posesión, pasando a acta a Verónica Gómez. Antes de fin

de ano renovarase a secretaría xeral. Pedreira marcha acusando o BNG de propiciar que o PP teña maioría abso-luta “nun par de meses”, dando a en-tender un futuro apoio de membros de UxO ao equipo do PP.

MAL PERDERMentres tanto, o PP, que neste

mandato recuperará para Ordes unha praza de deputado provin-cial compartida con Melide, cre que UxO tivo un “mal perder” e só busca “obstruír deliberadamente” a cons-titución da nova corporación local para “gañar tempo para seguir con-tratando obras e retirar documenta-ción”. Por iso, Martínez Sanjurjo insta a Regos a limitarse a exercer as obri-gas de alcalde en funcións e a “abs-terse de destruír calquera docu-mento ou informes relacionados coa xestión municipal”. Do contrario, ad-virte o PP, “pode incorrer en graves irresponsabilidades.

Os intentos de UxO por reter o poder demoran a toma de posesión en Ordes

ORDES O máis probable é que Martínez Sanjurjo (PP) sexa o novo alcalde

Ordes é un dos catro Concellos que non se constituíu o 13 de xuño

Corporación electa

José Luis Martínez (PP)Ana María Soneira (PP)Beatriz Martínez (PP)Luis Caamaño (PP)José Manuel Mira (PP)José Manuel Rodríguez (PP)Susana García (PP)Manuel Regos (UxO)Silvia Marín (UxO)Ramón Vázquez (UxO)Roberto González (UxO)Lucía Iglesias (UxO)José Luis Gómez (UxO)Ramiro Recouso (BNG)Pablo Vidal (BNG)Paula Castenda (BNG)Jesús Pedreira (PSOE) Renuncia

ORDES. RESULTADOS 2015 (2011) - Provisional, web de Interior

PPUxOBNGPSdeG-PSOECIDEGA

2.492 (2.956)2.490 (3.098)1.404 (955)661 (757)- (529)

34,79 (35) 34,77 (36,7)19,6 (11,3)9,2 (9)- (6,3)

7 (6) 6 (7)3 (2)1 (1)- (1)

Candidatura Votos % Concelleiros

Imputado por un incendio forestal en Marzoa, debido a unha neglixencia nunha tala

A Policía Autonómica impu-tou o presunto autor dun delito de incendio forestal na parro-quia de Marzoa (Oroso). O lume afectoulle a unha superficie arbo-rada de 16.000 metros cadrados e a 21.000 metros cadrados de su-perficie rasa.

Segundo as forzas de seguri-dade, a orixe do lume foi a reali-zación dunha tala forestal na que non se respectaron as medidas de seguridade necesarias. Unha ár-bore impactou no tendido eléc-trico, o que fixo aparecer o lume. Parte dos usuarios da zona estive-ron horas sen luz.

No que vai de ano, foron de-tidas ou imputadas vinte persoas en toda Galicia por delitos de in-cendios forestais.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m - ACTUALIDADE

Crónicas - Xuño 2015 3

Se hai catro anos o PSOE de Cer-ceda salvara a súa tradicional maio-ría absoluta por unha marxe moi es-casa de votos, no 24-M recuperou terreo e tivo algo máis de tranquili-dade. A candidatura de José García Liñares, alcalde desde hai vinte anos, volve estar por riba do listón do 50 % dos votos, avanzando máis de cinco puntos. Mantén os sete concelleiros, cun resultado máis desafogado pero aínda lonxe do seu teito electoral. In-cluso medra lixeiramente en número de papeletas, pese á considerable re-dución do censo.

O PP retrocedeu, pero non su-friu un descalabro. En 2011 dera a sorpresa posicionándose con cinco concelleiros, cunha candidatura ar-

tellada no último momento para re-emprazar outra que incluso xa fora presentada. Pero nesta ocasión ten que conformarse con catro asentos, cunha baixada que non chega aos ca-tro puntos para quedar nun 32 %. Á parte de posibles erros propios, o equipo de Francisco Santos non puido esquivar o lastre que supón a mala imaxe xeral do PP na actua-lidade, derivada da súa xestión nos gobernos central e autonómico, moi distinta á onda ascendente de hai ca-tro anos.

O BNG, pola súa parte, man-tén a fidelidade dos seus votantes e avanza escasamente un punto. Non obstante, é suficiente para facerse cunha segunda acta de concelleiro, gañando presenza nun pleno no que chegara a ter tres representantes en-tre 2007 e 2011.

O nivel de participación en Cer-ceda foi moi semellante ao das an-teriores eleccións, cun 83 % dos vo-tantes acudindo ás urnas. Cae pouco máis dun punto, segundo os datos recollidos polo Ministerio do Interior.

O PSOE reafirma a súa maioría absoluta e o Bloque suma un edil a costa do PP

CERCEDA Sete concelleiros socialistas, fronte a catro do PP e dous do BNG

Integrantes da nova corporación de Cerceda, na escaleira interior do consistorio

CERCEDA. Corporación electa

José G. Liñares (PSOE)Antonio Lozano (PSOE)María Viqueira (PSOE)Jesús Rama (PSOE)Begoña Rodríguez (PSOE)Fco. Javier Boquete (PSOE)Cristina Capelán (PSOE)Francisco Santos (PP)Juan José Boquete (PP)Pilar Amor (PP)Gloria Bocija (PP)Rocío da Igrexa (BNG)Alberto Sánchez (BNG)

CERCEDA. RESULTADOS 2015 (2011)

PSdeG-PSOEPPBNGTG

1.923 (1.886)1.173 (1.434)511 (526)- (108)

52,8 (47,2)32,2 (35,9)14 (13,2)- (2,7)

7 (7)4 (5)2 (1)- (0)

Candidatura Votos % Concelleiros

Page 4: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

4

ACTUALIDADE - O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m

Crónicas - Xuño 2015

Tanto para o PP como para o BNG, as eleccións en Frades pasa-ban cando menos por manter o seu espectro e facerse na medida do po-sible co oco deixado polo PSOE, que non concorreu. A porción socialista, do 13% dos votos en 2011, repar-tiuse a medias entre uns e outros, con 6,3 puntos de avance para o PP e 6 puntos máis para o BNG.

Así as cousas, a acta de conce-lleiro que pertenceu aos socialistas nos últimos catro anos caeu en mans da dereita, reforzando a maioría ab-soluta do alcalde, Roberto Rey, con oito concelleiros dos once da cor-poración. O Bloque, liderado por Xosé María Pérez Lagos, mantivo os seus tres asentos e quedou cerca do cuarto, a 26 votos.

Co seu ascenso, facilitado en boa medida pola ausencia da candida-tura socialista, Rey detén o paulatino desgaste que nas sucesivas convoca-torias municipais comezara a expe-rimentar o anterior alcalde, Miguel Prado Patiño, que por primeira vez en lustros non estará no pleno. Unha

das novidades na corporación é o seu fillo, Miguel Prado Cea.

Pola súa parte, o proxecto nacio-nalista vese consolidado pero á vez semella tocar teito. O reto do grupo encabezado por Pérez Lagos para os vindeiros catro anos é intensificar e rendibilizar unha oposición na que na práctica o Bloque xa tivo o prota-gonismo durante o pasado mandato, criticando a falta de transparencia e o incumprimento de proxectos como o centro de día.

A participación, por certo, caeu máis de cinco puntos este ano, pro-bablemente por un escenario polí-tico menos tenso a nivel local e pola falta dunha terceira opción.

A corporación terá minoría de mulleres, con só tres, dúas delas no grupo do Bloque.

PP e BNG captan o oco do PSOE a partes iguais, pero a acta cae á dereita

FRADES Os nacionalistas quedaron a 26 votos do cuarto concelleiro

O novo pleno de Frades, presidido por Roberto Rey (5º esq.) como alcalde

FRADES. Corporación electa

Roberto Rey (PP)Ángeles Álvarez (PP)Miguel Prado Cea (PP)Jesús Francos (PP)Ramón Garabato (PP)Óscar Botana (PP)Manuel Ferreiro (PP)Juan Carlos Portos (PP)Xosé María Pérez (BNG)Nelly Iglesias (BNG)Lorena Suárez (BNG)

FRADES. RESULTADOS 2015 (2011)

PPBNGPSdeG-PSOE

1.176 (1.212)563 (500)- (264)

66,5 (60,2)31,8 (24,8)- (13,1)

8 (7)3 (3)- (1)

Candidatura Votos % Concelleiros

En Trazo, a principal novidade que deixan as municipais é o retorno do BNG á corporación, cun concelleiro. O PP conserva os oito que tiña, prac-ticamente sen resentirse das contro-versias dos últimos anos e da mala imaxe proxectada polos gobernos central e autonómico, e o principal retroceso protagonízano os socialis-tas, cunha baixada de máis de cinco puntos e a perda dun escano en be-neficio dos nacionalistas.

O PP, co alcalde José Dafonte á ca-beza, baixou un punto, ata quedar en case o 66% dos votantes. En termos absolutos, a maior abstención e a re-dución do censo sitúan o retroceso en case 300 papeletas. Sen embargo, o rexedor sae airoso dunhas elec-cións que en certa medida formulara como un referendo persoal, despois

de que a xustiza xa o declarase ino-cente no caso das obras nun campo de fútbol pagadas antes de feitas, de-nunciado polo PSOE.

Este último grupo, que volvía pre-sentar como candidata á alcaldía a Beatriz Domínguez, quedou cun 23% dos sufraxios, perdendo 227 votos. Precisaría 34 máis dos que tivo para conseguir o terceiro edil.

Ademais da abstención, a opción socialista viuse afectada pola resu-rrección do BNG. O proxecto liderado por Martín Rei, cun grupo de persoas que destaca pola xuventude, comeza con case o 10% dos votos. Propor-cionalmente case triplican os apoios das anteriores eleccións locais, moi baixos en 2011. A súa chegada aos plenos contribuirá a enriquecer os debates, con dúas voces discrepan-tes do goberno en vez de unha.

A participación quedou no muni-cipio algo por riba do 74%, cando hai catro anos superara o 82%, segundo Interior. O novo pleno está integrado por oito homes e soamente tres mu-lleres.

O PP de Dafonte resiste e o BNG réstalle un concelleiro ao PSOE

TRAZO A dereita perde un punto e os socialistas caen máis de cinco

Grupo do PP de Trazo, que sustenta o goberno municipal de José Dafonte (5º esq.)

TRAZO. Corporación electa

José Dafonte (PP)M. Antonio Castiñeiras (PP)José Liste (PP)Josefina Suárez (PP)Rosa Mª Landeira (PP)Antonio Eugenio Lamas (PP)Manuel Pereiro (PP)Beatriz Domínguez (PSOE) Jorge Noya (PSOE)José Ángel Boquete (PSOE)Martín Rei (BNG)

TRAZO. RESULTADOS 2015 (2011)

PPPSdeG-PSOEBNG

1.427 (1.713)502 (729)215 (91)

65,8 (66,9)23,2 (28,4)9,9 (3,5)

8 (8)2 (3)1 (0)

Candidatura Votos % Concelleiros

Page 5: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m - ACTUALIDADE

Crónicas - Xuño 2015 5

O PSOE de Mesía acadou un novo récord de apoio electoral o 24 de maio, situando o alcalde, Mariano Iglesias, entre os máis votados de Ga-licia, con case o 71 % dos sufraxios. Neste novo mandato, suman un con-celleiro máis no pleno, chegando a nove dun total de once.

Con tan contundente victoria, a oposición vese reducida a dous re-presentantes do PP, os mesmos que xa ti ña. A candidatura liderada por Adolfo Grobas mantén uns resul-tados moi semellantes aos obti dos pola dereita en 2011 e queda por de-baixo do 17 %.

O concelleiro que gañan os socia-listas pérdeo o ámbito nacionalista, escindido na localidade. Quen máis cerca esti vo de obter a acta de edil foi CxG. Exactamente precisaría tres votos máis para situar a Manoel Vello na corporación. A intensa campaña despregada non lles reportou os re-sultados que agardaban. E o BNG, que propoñía a Andrés Manteiga para a alcaldía, quedou aínda máis lonxe, con só o 4 % dos votantes. A

suma dos apoios recibidos por CxG e BNG si daría para un concelleiro, pero é catro puntos inferior ao resul-tado que obti vera o Bloque en 2011.

O BNG admiti u que precisa me-llorar os resultados e na propia noite electoral anunciou que “loitaremos pola unidade do nacionalismo desde mañá mesmo” na procura dunha al-ternati va ao PSOE de Iglesias, ao que felicitou e considerou “os grandes e indiscuti bles gañadores”, desexán-dolle acerto. CxG destacou que nas eleccións non houbo “ningunha ano-malía democráti ca” e considera os votos recibidos “o mellor alento para seguir construíndo e traballando”.

A corporación elixida presenta un forte desequilibrio de xénero, con nada máis que dúas concelleiras, as dúas do grupo maioritario.

O novo récord do PSOE deixa o PP como única e débil oposición en Mesía

MESÍA CxG precisaría tres papeletas máis para entrar na corporación

Sesión de constitución do novo pleno de Mesía, con Mariano Iglesias como alcalde

MESÍA. Corporación electa

Mariano Iglesias (PSOE)Pilar Sánchez (PSOE)Gervasio Sánchez (PSOE)José Pardo (PSOE)José Antonio Calviño (PSOE)J. Fernando García (PSOE)Mª Amparo García (PSOE)José María Tojo (PSOE)José Piñeiro (PSOE)Adolfo M. Grobas (PP)J. Manuel García (PP)

MESÍA. RESULTADOS 2015 (2011)

PSdeG-PSOEPPCxGBNG

1.375 (1.481)328 (355)150 (-)78 (345)

70,6 (67,2)16,8 (16,1)7,7 (-)4 (15,6)

9 (8)2 (2)0 (-)0 (1)

Candidatura Votos % Concelleiros

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

Ofertas de las mejores marcas

Revisión de la vista

Asesoramiento estético

Adaptación de lentes de contacto

Especialistas en progresivos

Toma de tensión ocular

De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30.

Sábados de 10:00 a 14:00

67

gafas mó

con cristalesantirrefl ejantes

gafas mó

progresivasalta gama

197€Todas las graduacionesAdaptación garantizadaCristales antirrefl ejantes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

197

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as p

rogr

esiva

s or

gáni

cas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt m

ultig

old

1.5

AR (l

ímite

de

grad

uació

n su

jeto

al

cuad

ro d

e fa

brica

ción

del p

rove

edor

. Con

súlta

lo e

n tu

est

able

cimie

nto.

No

acum

ulab

le a

otra

s of

erta

s o

prom

ocio

nes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

67

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as m

onof

ocal

es o

rgán

icas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt 1

.5 A

R; c

ilindr

o +2

, esf

era

+2 a

-4. N

o ac

umul

able

a o

tras

ofer

tas

o pr

omoc

ione

s

Page 6: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

6

ACTUALIDADE - O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m

Crónicas - Xuño 2015

A corporación de Tordoia é unha das catro de Galicia que quedou sen constituír o 13 de xuño. Está pen-dente de que a xustiza resolva un erro nunha mesa electoral de Bar-daos. Alí, un cento de votos do PSOE anotáronselle ao BNG, de maneira que os nacionalistas lograron un concelleiro, o único, que atendendo aos resultados reais non lles corres-

ponde. A variación non lle afectou ao PP, con oito edís e por tanto coa alcaldía asegurada catro anos máis para Antonio Pereiro, independente-mente de como quede representada a oposición.

Ninguén advertiu o erro na pro-pia xornada dos comicios, e incluso o reconto que publica o Ministerio recolle ben os datos e deixa o BNG

fóra da corporación. Pero si se adver-tiu á hora de recoller as credenciais, de maneira que os socialistas acudi-ron á vía penal para denunciar mani-pulación de documento público. Fixé-rono conscientes de que se trata dun erro involuntario, pero tamén de que “non existe outra posibilidade para poder recuperar o que nos deron as urnas”, aseguran.

Ao peche desta edición, os inte-grantes da mesa da controversia pre-sentaran declaración xurada, e ta-mén representantes das tres forzas políticas. Están á espera de que o tri-bunal de xustiza decida se mantén a acta do BNG ou se permite que os so-cialistas recobren os tres represen-tantes.

En xeral, o 24-M deixou resultados moi semellantes a 2011 en Tordoia en termos porcentuais, cun avance para a dereita que non lle chega para gañar máis concelleiros e un retro-ceso para os socialistas que, de non ser o erro de Bardaos, non faría peri-gar ningunha acta. O BNG retrocedeu máis e os resultados reais, aínda que poden acabar non sendo os oficiais, non lle permitirían retomar o asento que perdera en 2011.

A corporación podería non reflectir o resultado real por un erro nunha mesa

TORDOIA O pleno constitúese o 3 de xullo e Pereiro seguirá como alcaldeTORDOIA. Concelleiros con acta (provisional)

Antonio Pereiro (PP)María Costa (PP)José Manuel Cancela (PP)Inés Santos (PP)Amadeo Cancela (PP)Manuela González (PP)José Manuel Gómez (PP)Luis Vázquez (PP)Carlos García (PSOE)Tomás Castro (PSOE)Pilar García Pereiro (BNG)

TORDOIA. RESULTADOS 2015 (2011) Datos de Interior a 2 de xuño

PPPSdeG-PSOEBNG

1.696 (1.959)597 (798)152 (228)

67,9 (64,9)23,9 (26,4)6,1 (7,5)

8 (8) 3 (3)0 (0)

Candidatura Votos % Concelleiros

O reparto de forzas non se viu al-terado nin un ápice en Oroso o pa-sado 24 de maio. O PSdeG seguirá tendo maioría absoluta con sete con-celleiros, o PP mantén a condición de primeiro grupo da oposición con catro asentos, e tanto Siverio Mirás (agora SON-Anova) como Xosé Ma-nuel Pérez (BNG) conservan as súas actas.

Hai que entrar ao detalle do re-conto para ver as variacións. A princi-pal e máis perceptible é que a maio-ría absoluta de Manuel Mirás é agora máis sólida. Se en 2011 quedara no 47 % dos votos, agora está por riba da metade dos electores (51,3 %), den-tro do proceso de lento crecemento que caracteriza o PSOE no municipio.

O PP, que estreaba a Alexánder Doval como candidato á alcaldía, ex-perimenta un avance mínimo. Son once papeletas máis que hai catro anos, o que en termos relativos se traduce en poucas décimas de incre-mento. Doval vive así un inicio agri-doce, xa que retén o electorado do partido no municipio en medio dun

contexto xeral moi adverso para as súas siglas, sobre todo en ámbitos con certo peso urbano, como demos-tra que o PP perdese as alcaldías da Coruña, Ferrol e Santiago.

A suba de catro puntos dos socia-listas débese pois ás perdas da can-didatura de Siverio, cuns tres puntos menos en Anova que no PGD, e do BNG, que se deixou punto e medio. Seguen con asento no pleno, pero a maioría absoluta impídelles ser deci-sivos para condicionar o goberno.

A abstención é das máis altas da comarca, medrando ata case o 28 %. A nova corporación, rexuvenecida so-bre todo polo PP, queda a piques de ser paritaria, con cinco concelleiras nas trece cadeiras.

REPARTO DO GOBERNOO alcalde, Manuel Mirás, xa es-

tableceu o reparto de áreas no go-berno, no que el mantén Economía, Facenda, Urbanismo e Ordenación do Territorio. O principal cambio é a chegada de Vanesa Boo como pri-meira tenente de alcalde, despra-zando do posto a Antonio Leira. Boo asume as áreas de Réxime Interior, Persoal, Turismo, Atención aos Maio-res, Comunicación, Protocolo e Coor-dinación.

Beatriz Rodeiro faise con Ensino, Benestar Social e Atención ao Menor. Antonio Leira, que será deputado provincial neste mandato, mantén

unha tenencia de alcaldía e os depar-tamentos de Seguridade Cidadá, Pro-tección Civil, Voluntariado, Parques e Xardíns, Parque Móbil, Limpeza Via-ria, Mobiliario Urbano e Comercio.

Luis Rey engade a Deportes as competencias en Cultura, Xuven-tude, Escolas Infantís e a Aula de Mú-

sica. María Liste suma Parroquias a Muller e Sanidade. E Eduardo Veiras segue sendo o responsable de Obras e Servizos, ademais de facerse cargo de Medio Rural, Medio Ambiente e Relacións Veciñais.

Queda por coñecer o réxime de retribucións do executivo.

Mirás e Doval gañan apoios nunha corporación que se mantén igual

OROSO Os socialistas reforzan a absoluta con retrocesos de Anova e BNGOROSO. Corporación electa

Manuel Mirás (PSOE)Vanesa Boo (PSOE)Antonio Leira (PSOE)Beatriz Rodeiro (PSOE)Luis Rey (PSOE)Mª del Carmen Liste (PSOE)Eduardo Veiras (PSOE)Alexander Doval (PP)Josefina Iglesias (PP) Silvia Suárez (PP)Pablo Parga (PP)M. Siverio Mirás (SON-Anova)Xosé Manuel Pérez (BNG)

Os concelleiros de Oroso para o mandato 2015-2019, no salón de plenos

OROSO. RESULTADOS 2015 (2011)

Candidatura Votos % ConcelleirosPSdeG-PSOEPPSON-ANOVABNG

2.109 (1.939)1.192 (1.181)436 (536-PGD)298 (367)

51,3 (47,2)29 (28,8)10,6 (13,5)7,3 (8,9)

7 (7)4 (4) 1 (1)1 (1)

Page 7: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

Crónicas - Xuño 2015 7

Page 8: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

8

ACTUALIDADE

Crónicas - Xuño 2015

Queixas polos cortes esporádicos na subministración eléctrica na parroquia de Parada

ORDES

As interrupcións esporádicas e reiteradas da subministración eléc-trica na parroquia de Parada xa están postas en coñecemento da Conselle-ría de Economía e Industria. Foron os socialistas de Ordes os que se encar-garon de presentar unha queixa ante o departamento autonómico, co pro-pósito de reivindicar unha solución aos problemas da liña eléctrica que lle dá servizo á zona.

Segundo relata o PSOE, os veci-ños explican que o servizo córtase en caso de temporais ou chuvias in-tensas. Coa súa queixa, que tamén transformaron en iniciativa no Par-lamento de Galicia, pretenden que Economía e Industria “obrigue a Fe-nosa a prestar unha boa subministra-ción”.

Este grupo político considera que a empresa non se fai cargo do pro-blema a pesar de que “é consciente destes problemas e mesmo ten iden-tificado a liña na que se producen pero non fai nada”, din no PSOE or-dense, que cifra en 300 os veciños afectados.

Detido un veciño como presunto autor do roubo de maquinaria valorada en preto de 60.000 euros

CERCEDA

A Garda Civil de Ordes resolveu o caso dun roubo de maquinaria na zona de Monte Xalo correspondente ao municipio de Cerceda. No opera-tivo foi imputado un veciño da loca-lidade, de dezanove anos, como su-posto autor do roubo do material, un tractor e unha desbrozadora valo-rados nuns 60.000 euros.

O propietario das máquinas é un veciño de Vilasantar, que as deixou na zona de Monte Xalo cando reali-zaba alí uns traballos. A Garda Civil atopounos nun monte de Boqueixón, ata onde se tería desprazado o impu-tado durante a fin de semana para efectuar diversos traballos forestais, segundo se desprende das investiga-cións das forzas de seguridade e das indagacións do propio dono.

Do caso encárgase o Xulgado de Instrución de Ordes, unha vez que a Garda Civil puxo os feitos dos que tiña constancia no seu coñecemento. A imputación concreta que recae so-bre o veciño de Cerceda é a dun su-posto delito de roubo con forza so-bre as cousas.

ORDES A Operación Carboeiro intercepta 1.100 doses de cocaína e marihuana

Catro detidos no desmantelamento dun potente punto de venda de drogas

De novo unha noticia relacionada co tráfico de drogas conmociona Or-des. Catro persoas foron detidas ini-cialmente no marco da Operación Carboeiro, efectuada pola Garda Ci-vil de Ordes co apoio da Policía Xudi-cial da Coruña, na que se investiga un suposto delito de tráfico de drogas. O operativo permitiu desmantelar o que a propia Garda Civil considera o “punto de venda de droga máis im-portante da comarca de Ordes”.

Ademais das detencións, foron in-tervidas máis de 1.100 doses de co-caína e de marihuana, básculas de precisión, dúas armas de aire com-primido, diñeiro en metálico e un tu-rismo dotado cun doble fondo, que se cre que foi utilizado para transpor-tar drogas.

O principal investigado é un ve-ciño de Ordes. A súa detención pro-duciuse ás portas do colexio Cam-pomaior, cando ía levar os seus fillos a comezar a xornada escolar. O Xul-gado de Instrución Número 1 de Or-des decretou o seu ingreso en pri-sión. Os outros tres detidos foron

postos en liberdade con cargos. As investigacións da Operación

Carboeiro comezaron xa en agosto de 2014 e no momento das deten-cións continuaban abertas, sen des-cartar a implicación de máis persoas e por tanto a práctica dalgunha de-

tención adicional. Aos responsables das forzas de

seguridade que interviron chamáron-lles a atención as medidas de seguri-dade coas que contaba a vivenda do principal detido, con medidas especí-ficas en cada ventá.

Droga e diversos obxectos intervidos no operativo (foto: Garda Civil)

O Consello Escolar Municipal estreouse contra a reválida

A mediados de maio consti-tuiuse o Consello Escolar Munici-pal de Ordes, unha entidade que viña sendo demandada desde hai tempo pero que se adiou, entre outras razóns, porque o proceso de posta en marcha precisaba a ratificación de cada un dos seus integrantes.

O ente vaise reunir, salvo cam-bios, cunha periodicidade trimes-tral. O seu cometido é avaliar, ana-lizar e buscar respostas ás necesi-dades dos centros educativos que funcionan no termo municipal de Ordes.

Os sete directores dos centros académicos, sete docentes desig-nados polos sindicatos, catro pais ou nais, tres alumnos ou alumnas e un representante da Xunta de Galicia pertencente ao corpo au-tonómico de inspectores educa-tivos conforman o Consello Esco-lar Municipal. Como presidenta figura Silvia Marín, que durante o mandato municipal 2011-2015 foi tenente de alcalde e exerceu

ademais como concelleira dele-gada de Educación en Ordes. Tal presidencia podería variar en fun-ción dos acordos que tome a nova corporación, unha vez que logre constituírse e decida quen repre-senta o Concello neste tipo de or-ganismos.

A primeira xuntanza do Con-sello Escolar Municipal tivo un ca-rácter extraordinario. Mais non se limitou a cuestións de trámite, se-nón que abordou un asunto de máxima actualidade no eido edu-cativo, como son as probas da cha-mada reválida. O acordo foi soli-citarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-taria información sobre esas pro-bas de avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de educación primaria.

Por ampla maioría, aínda que non por unanimidade, o Consello aprobou unha manifestación pú-blica contra a realización da proba a nivel autonómico, reivindicando a súa retirada.

ORDES

Liberdade baixo fianza para o responsable da empresa que recibiu 390 quilos de cocaína

O fradense detido en Ordes cando o pasado novembro reci-bía 390 quilos de cocaína oculta nunha carga de cargón na súa nave do polígono quedou en li-berdade baixo fianza de 12.000 euros. Así o decidiu a xuíza de Orihuela (Alacante) que leva o caso. O empresario estaba na prisión de Fontcalent.

O fiscal opoñíase á posta en li-berdade, nin sequera con fianza. Mais a maxistrada cre que os 12.000 euros reducen o risco de que o imputado eluda a xustiza. Ademais, tivo en conta que care-cía de antecedentes penais.

Naquela operación, chamada Alibavaria, foran detidas oito persoas, entre elas Vicente Al-ves, de Boiro, vinculado ao clan dos Charlíns. A cocaína ía tras-ladarse por barco ata Valencia, pero un cambio de plans fixo que desembarcase en Xixón, e de aí un camión partise á mar-morería ordense. A droga está valorada en 20 millóns de euros.

Page 9: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

ACTUALIDADE

Crónicas - Xuño 2015 9

CERCEDA As instalacións, xa inauguradas, están abertas de 12 a 20 horas

Cerceda aspira a converter o Xardín Botánico nun punto de encontro familiar

O Xardín Botánico de Cerceda está por fi n aberto ao público. Xusto des-pois do pleno de toma de posesión da nova corporación municipal, cele-brouse un acto de inauguración dun espazo que o alcalde, José García Li-ñares, agarda “que sexa un punto de reunión de moitas familias tanto de Cerceda como de fóra”.

As instalacións, que levaban anos moi avanzadas pero pendentes de rematar, están nas inmediacións do Aquapark e forman parte da par-cela duns 200.000 metros cadrados na que se ubican tamén o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico, a Aula da Natureza e un viveiro.

A principal novidade é unha lagoa arti fi cial duns 1.500 metros cadrados de lámina de auga, segundo o Conce-llo, na que xa viven varias especies de aves. A zona dotouse de varias pasa-relas para percorrer a parte dos hu-midais e tamén dunha área de re-pouso, que se dotará de mobiliario.

Do mesmo xeito, aseguran fon-tes municipais que irán incorporando novas especies de fauna e fl ora e si-nalización explicati va sobre os disti n-

tos exemplares. O lugar permanece aberto ao público entre as doce do mediodía e as oito da tarde.

A obra do Xardín Botánico xerara certa controversia durante o debate dos orzamentos municipais deste ano, que reservaron máis de 300.000 euros para a construción dos estan-

ques. Tanto o PP como o BNG cues-ti onaron que fose unha obra priorita-ria para a veciñanza e vírona impro-pia dunha época de crise. O alcalde asegurou que era necesaria para re-matar o proxecto, segundo el parado varios anos polos incumprimentos fi -nanceiros da Xunta.

Os integrantes do grupo de goberno de Cerceda, diante da nova lagoa artifi cial

O Concello acomete un plan de bacheo en todas as parroquias

OROSO

O Concello de Oroso acome-teu nas últi mas semanas un plan para tapar baches dos viais da súa ti tularidade nas disti ntas parro-quias. Os traballos comezaron en Sigüeiro e sucedéronse por outros puntos do municipio durante as dúas primeiras semanas de xuño.

Así mesmo, o Concello de Oroso investi u un total de 78.100 euros na primeira fase das obras de mellora da rede viaria en Arde-rís (Senra) e Casti ñeiro Redondo (Calvente). Uns traballos realiza-dos durante a primeira quincena de xuño sobre unha extensión aproximada de 1,2 quilómetros e incluidos no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Muni-cipal da Deputación da Coruña

Os traballos comezaron en Sigüeiro

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Área de Servicio de AMEIXEIRA - ORDES Tel: 981 680 836 - [email protected]

Abierto los 365 días del año

Especialidades de la Casa y Cocina Regional

Ordes Abellá

2 kms

2 kmsVilamaiorOlas-MesíaVisantoña

AC-524 ORDES-LANZÁ AC-524

1 kms

AmeixeiraVilamaior

ENTRADAAP-9

A 5 minutos de Ordes.Acceso exterior por Vilamaior

Tienda con amplia variedad de regalos

MENÚ: 11 EUROS

Abierto los 365 días

MENÚ: 11 EUROS

Page 10: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

10

ACTUALIDADE

Crónicas - Xuño 2015

TRAZO Dafonte empraza aos concelleiros do PSOE a desculparse e dimitir

O Tribunal Supremo confirma a absolución do alcalde de Trazo

O Tribunal Supremo (TS) desesti-mou o recurso de casación que inter-puxeran os concelleiros do PSOE de Trazo contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que absolveu ao alcalde de Trazo, José Dafonte, do su-posto delito de falsidade documental que os socialistas lle achacaban en relación coas obras do campo de fút-bol de Campo.

O TS confirma así a inocencia do rexedor e ademais imponlle os gas-tos do proceso xudicial, que levaba varios anos aberto, aos representan-tes socialistas.

Esta decisión xudicial serviulle ao alcalde para reclamar que os edís do PSOE pidan desculpas públicas pola súa actuación e que dimitan. Dafonte advirte de que “na contenda política non todo vale e non é admisible hu-manamente que por quen di actuar ao servizo dos veciños de Trazo se pi-dan penas de prisión”.

Dafonte, que admite que “a miña familia e eu pasámolo mal” durante o contencioso xurídico, lembra que

se viu respaldado polo electorado o 24 de maio, incide en que aos cargos institucionais non se accede a través da xustiza e que en todo caso esta fa-lou “definitivamente”.

Na súa petición de “coherencia e seriedade” aos representantes do PSOE, que perdeu un edil nas mu-nicipais en beneficio do BNG, o al-calde emprázaos a “deixar paso a outras persoas que defendan as dig-nas ideas socialistas”.

Se continúan os impulsores da denuncia contra el, encabezados por Beatriz Domínguez, Dafonte consi-dera que estarían “manchando as si-glas dun partido político que contri-buíu, xunto con outros, a afianzar a nosa democracia”. Por iso, coida que deben pedirlle perdón aos propios veciños e reclama que “non volvan realizar acusacións infundadas que ao único que contribúen é a darme maior fortaleza política”, di.

José Dafonte, alcalde de Trazo

O BNG cuestiona o seguimento das beirarrúas na Salgueira

ORDES

O BNG de Ordes criticou a execución de beirarrúas que na Salgueira, na zona do Mesón do Vento. O grupo nacionalista apreza demasiada altura nos ac-cesos a fincas e vivendas, zonas demasiado estreitas, obstáculos que inutilizan a beirarrúa ou sumi-doiros que quedan tapados polos bordos. Pablo Vidal, concelleiro electo do Bloque, acusa ao alcalde en funcións, Manuel Regos, de non facer o seguimento adecuado das obras por mor do seu “estado de shock”, en alusión aos resulta-dos electorais. Vidal insta ao rexe-dor a corrixir as deficiencias agora que están a tempo sen que su-poña un custo adicional excesivo.

Os nacionalistas critican obstáculos e defectos nas beirarrúas

Os socialistas non dimitirán e culpan a fiscalía da sentenzaOs socialistas de Trazo anuncia-

ron que os seus concelleiros non di-mitirán e advírtenlle a Dafonte que “non admitimos leccións de ética de alguén que presume de non ter sido condenado cando o propio Tribunal recoñece que actuou de forma ile-gal”.

O PSOE insiste en que as senten-cias xudiciais demostran que o al-calde “cometeu unha ilegalidade ma-

nifesta”. Se non houbo condena foi por “un erro da fiscalía” por acusar o alcalde unicamente de falsidade do-cumental, cando a denuncia inicial do PSOE incluía tamén a malversa-ción.

Valoran os socialistas de Trazo que as sentenzas “apuntan que o alcalde podería ter cometido unha malversa-ción de caudais públicos, pero para poder condenalo por este delito o fis-

cal tiña que ter cualificado os feitos desa maneira”.

Ademais, o principal grupo da oposición tracense insiste en que as gradas do campo de fútbol “non se terían construído de non ser pola de-nuncia dos socialistas”, polo que vol-ven emprazar o rexedor a explicar á veciñanza “por que pagou unha obra que non estaba feita e onde ían parar eses cartos”.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

ECONOMíA

Crónicas - Xuño 2015 11

LEITE Os sindicatos agrarios reclaman unha solución inmediata para os prezos

A Xunta acusa a un grupo de primeiros compradores de distorsionar o mercado

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, considera que hai “un pe-queno grupo” de primeiros compra-dores que “están distorsionando” o mercado leiteiro despois da desapa-rición das cotas. Así o asegurou des-pois dunha reunión con representan-tes de Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricul-tores, aínda que a conselleira se foi antes de que rematase para acudir a outra xuntanza.

Os sindicatos pediron que o go-berno autonómico, se por fin é cons-ciente da situación, tome medidas para que a eses axentes do mercado “non lles saia gratis comportarse como delincuentes”, en palabras do secretario xeral de XX.AA., Francisco Bello, que se amosou preocupado pola “incertidume” dos baixos prezos e os volumes de entrega.

Os sindicatos revelaron situacións tan indignantes como as de gandeiros aos que as liquidacións lles saen ne-gativas. Despois de entregar o leite, en vez de cobrar diñeiro, teñen que pagalo, en aplicación de contratos.

Son casos extremos, pero non tanto os que teñen que asumir prezos que malamente superan os 20 céntimos de euro por litro.

Xabier Gómez Santiso, coordina-dor de Gandeiría so SLG, cre nece-sarias medidas urxentes e advertiu da intención de “deslocalizar” a pro-dución do leite, chegando incluso a trasladarse camións cheos de vacas a outras zonas de España con maior demanda.

Desde UU.AA., o seu secretario xe-ral, Roberto García, advertiu de que a industria ten boa parte da culpa do problema, ao impoñer “contratos lixo de entre 18 e 22 céntimos”.

No encontro, no que se acordou a creación dun grupo de traballo, a conselleira asegura que hai que se-guir traballando no observatorio lác-teo “de forma silenciosa pero sen pausa” para acadar un sector estable e que Galicia manteña o seu peso.

Reunión da Consellería do Medio Rural coas organizacións sindicais agrarias

Viriato presenta un segundo ERE, semellante ao que non saíu adiante en marzo

TÉXTIL

A empresa téxtil ordense Vi-riato presentou un segundo Ex-pediente de Regulación de Em-prego (ERE), con condicións moi semellantes ao que presentara en marzo, sobre o que non conseguiu un acordo dos traballadores e que finalmente decidiu non acometer.

O novo expediente afectaba en principio a 48 empregados, aínda que nas negociacións a empresa deixouno en 40. Segundo trascen-deu, sete serían despedimentos e os 33 restantes prexubilacións co 60 % da base reguladora para os empregados con entre 55 e 58 anos e o 70 % para os maiores de 59, ata os 62 anos. Estas contías son un dos principais elementos de negociación.

O sindicato CIG reclama in-demnizacións maiores para os menores de 55 anos que sairán da compañía, cun mínimo de 20 días por ano traballado e 12.000 euros a maiores. E cuestiona que se po-ñan como avais “propiedades xa hipotecadas”.

PROGRAMA13:00 h. Actuación dos grupos infantís LEMBRANZAS DO TAMBRE

15:00 h. Xantar popular. Haberá unha gran churrascada, prezos populares, servizo de bar e, de seguido...foliada!!!

18:30 h. Festival Folclórico Buxos Verdes (Senra-Cardama. Oroso) Néboas no Cúmio (Sigüeiro. Oroso) Lembranzas do Tambre (Sigüeiro. Oroso) Pandereteiras de Marantes Rancho Folclórico Sachadeiras da Várzea (Góis. Portugal) Amigos do Acordeón (Sigüeiro. Oroso)

Finalizado o festival... churrascada e foliada ata que o corpo aguante!!!

Page 12: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

12

ECONOMíA

Crónicas - Xuño 2015

Música e agasallos no Día dos Mercados celebrado na Praza

A Praza de Abastos de Ordes viviu as celebracións do Día dos Mercados, na derradeira xornada hábil de maio, con actuacións mu-sicais e entrega de obsequios para a clientela.

Os responsables dos distintos postos repartiron material promo-cional entre os clientes e tamén lambetadas entre os máis novos. Da música encargáronse os inte-grantes do grupo de gaitas Os Vi-queiras de Ordes, que tocaron va-rias pezas polas rúas e tamén para os comerciantes e os compradores do mercado municipal.

Despois da súa reforma e a do-tación de novos espazos, a promo-ción da Praza de Abastos foi insis-

tente por parte do Concello, que leva organizadas xornadas espe-ciais para implicar o comercio lo-cal.

Ademais, seguen os intentos de comercializar os postos no mer-cado, que necesita un incremento e diversificación da súa oferta para atraer e fidelizar novos compra-dores. Neste sentido, hai uns días o Concello licitou a concesión de sete postos en réxime de conce-sión demanial. O período de ex-plotación para os adxudicatarios sería de quince anos, coa posibi-lidade dunha prórroga de cinco anos. Desde o pasado 18 de xuño, incluído, existen quince días hábi-les para presentar ofertas.

ORDES

O grupo de gaitas Os Viqueiras tocaron no interior da praza e tamén na rúa

Crean en Ordes unha bolsa de emprego específica da área de atención sociosanitaria

COMARCA

A Mancomunidade e o Conce-llo de Ordes xestionan unha bolsa de emprego específica para a área de atención sociosanitaria. Inicial-mente, recolle postos de xerocul-tor, coidadores de persoas depen-dentes en institucións, coidadores de persoas con diversidade fun-cional, física, psíquica ou senso-rial, auxiliares de axuda a domici-lio, asistentes de atención domi-ciliaria, e coidadores de persoas maiores con diversidade funcional e convalecentes no domicilio.

Coa base de datos da bolsa de emprego traballan os departa-mentos de Emprego mancomunal e local. No caso de existir deman-das por parte dos Servizos Sociais, as oficinas de emprego ou empre-sas, unha das posibilidades de se-lección será esta relación de de-mandantes.

As persoas interesadas que cumpran os requisitos poden ins-cribirse xa na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Or-des, achegando o currículo.

Prosegue a folga indefinidana estación de servizo de Leira

Os traballadores da empresa PonPre, concesionaria da doble estación de servizo de Cepsa na N-550 á altura de Leira, proseguen coa súa folga indefinida, que xa se aproxima aos dous meses de du-ración, sen que se albisque algún tipo de solución.

Os empregados, que están re-

cibindo máis apoio social que po-lítico, reclaman desde o primeiro momento o cobro das nóminas que lles adebeda o empresario, nalgún caso varios meses. A acti-vidade das gasolineiras está de-tida, aínda que unha delas funcio-naba con interrupcións de servizo xa antes da folga.

ORDES

Unha xornada das protestas, que acumulan xa dous meses de duración

Unha nova xerencia reabre a gasolineira da Pontecarreira con garantía de servizo

FRADES

A gasolineira de Repsol na Pontecarreira reabriu hai uns días da man dunha nova xerencia, que di “garantir a dispoñibilidade de todos os combustibles”, fronte ás carencias de subministración do anterior responsable, que rema-tou por deixar de prestar o ser-vizo.

Segundo o Concello, o novo equipo solicitou permiso para vender gasóleo B e bombonas de butano. Solvéntase así un pro-blema de consumo que motivara unha recollida masiva de sinatu-ras por parte do PSOE de Frades e reclamacións do pleno municipal ante a Xunta.

Agora abre de 7 a 23 horas

CURSOS DE MASAJEPROFESIONAL

CLASES TEÓRICO-PRÁCTICASPLAZO DE MATRÍCULA ABIERTOJULIO Y AGOSTO 35% de descuento

EMPEZAMOS EN SEPTIEMBREPRAZAS LIMITADAS

EN CERCEDA651 421 118

Page 13: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

ECONOMíA

Crónicas - Xuño 2015 13

O Concello informa sobre o proceso de selección para o novo obradoiro de emprego

MESÍA

O Concello de Mesía recibiu xa o acordo favorable da xefatura te-rritorial da Consellería de Traba-llo e Benestar para que se des-envolva o obradoiro de emprego ‘Atención á dependencia no fogar e nas institucións’, do que forma parte o municipio xunto con Abe-gondo como promotor, Bergondo e Carral.

O obradoiro, de seis meses de duración, impartirá as modalida-des de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas depen-dentes en institucións sociais.

Para o proceso de selección de alumnos-traballadores, o Conce-llo indico como requisitos básicos ser maior de idade e figurar como demandante na Oficina de Em-prego, onde deben indicar o seu interese por participar.

O Concello de Mesía tamén convocou recentemente con-curso-oposición de dúas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, como suplentes nas vacacións.

CERCEDA Empresa de fabricación de produtos tecnolóxicos do naval e a auga

A cercedense Gefico intensifica a súa actividade en Europa Central e Asia

A empresa Gefico, radicada en Cerceda, comezou a intensificar a súa actividade en Europa Central e en Asia, dentro das súas iniciativas de expansión nos mercados exterio-res. A compañía, que xa estaba im-plantada en Dubai con ese mesmo

obxectivo, dedícase ao deseño e fa-bricación de produtos tecnolóxicos para o sector naval, industrial e civil, e tamén ao deseño e fabricación de solucións para o tratamento de auga.

Os seus proxectos de expansión foron tratados na recente visita do di-

rector do Igape, Javier Aguilera, á fac-toría da empresa en Cerceda.

Aguilera destacou que Gefico me-llora a súa competitividade poten-ciando o capital humano e aplicando a innovación. O resultado é que xa está presente nos cinco continentes e só en China dálles servizo a máis de 240 estaleiros.

De feito, Gefico, que desde 2011 forma parte do grupo industrial Ce-tus, do que tamén forma parte Ga-lopín, é a compañía galega máis in-ternacionalizada do sector naval, se-gundo os datos que recolle o informe Ardán.

Os plans de expansión de Ge-fico teñen o apoio do programa Re-Acciona, con medidas para procu-rar novos clientes e novos mercados. Esta iniciativa do Igape facilita servi-zos orientados a achegar novas com-petencias e habilidades aos equipos humanos das empresas acollidas, xe-ralmente de pequeno e medianos ta-maño. A idea é que melloren a súa xestión e que poidan consolidar os avances.

Visita do director do Igape ás instalacións da empresa Gefico en Cerceda

Novo curso de verán sobre xestión de residuosORGANIZADO POR SOGAMA E PROMOVIDO POLA UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO

Unha vez máis, a Universidade Inter-nacional Menéndez Pelayo (UIMP) con-fiou a Sogama a organización dun curso de verán sobre xestión de lixo. Baixo o tí-tulo “Xestión sostible dos residuos: alter-nativas e eficiencia”, a empresa pública dependente da Xunta de Galicia pretende abundar nas alternativas existentes para o mellor tratamento dos refugallos, po-ñendo de relevo a importancia da eficien-cia, á vez que achegará unha visión inte-gradora da situación actual a nivel euro-peo, estatal e autonómico.

O curso, que estará conformado por tres xornadas, sumando unhas 20 horas lectivas, desenvolverase do 1 ao 3 de xu-llo, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Está dirixido a membros da Administración local e au-tonómica (alcaldes, concelleiros e técni-cos), profesionais do sector, estudantes universitarios e, en xeral, calquera persoa interesada na temática.

GRANDES CONCEPTOSO primeiro día abordaranse os gran-

des conceptos que enmarcan a xestión dos residuos, tras o acto inaugural que presidirá a conselleira de Medio Am-biente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. A el asistirán o presidente de

Sogama, Javier Domínguez Lino, á súa vez director do curso, o director da UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro, e o presidente en funcións da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco.

Así, contarase coa intervención de re-latores da talla de Carlos Martínez Or-gado, presidente de Honra da Fundación Economía Circular, quen falará da eco-nomía circular e as súas implicacións na xestión de residuos. Pola súa banda, Ana López Piñeiro, asociada sénior do Des-pacho de Avogados Garrigues, disertará sobre o marco regulatorio na materia, fa-cendo referencia ao contexto europeo, español e galego. E Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, encar-garase de explicar os pormenores do plan galego de xestión de residuos urbanos de-finido para o período 2010-2020.

Xa pola tarde, terá lugar unha mesa redonda, que moderará o director xeral de Sogama, Isidro García Téllez, na que se abordarán as novas tecnoloxías da infor-mación na xestión dos residuos, temática que será analizada por Fernando Asperi-lla Pinilla, xefe do Servizo de Planifica-ción, Prevención e Información da Con-sellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Miguel Varela Pérez, so-

cio-xerente da firma Teimas De-senvol-vemento; e Gloria Fuenmayor Fernán-dez, directora de Calidade e Laboratorio de Sogarisa.

SISTEMAS DE XESTIÓNA xornada do 2 de xullo pretende

achegar datos sobre a situación actual da xestión do lixo en España, encargán-dose disto a subdirectora xeral adxunta do Ministerio de Agricultura, Alimenta-ción e Medio Ambiente, Margarita Ruiz Saiz-Aja. Seguiralle María Teresa Barral Silva, docente do departamento de Eda-foloxía e Química Agrícola da Universi-dade de Santiago, quen se deterá en ex-plicar as características, funcionamento e resultados da compostaxe industrial e doméstica. Completará a rolda de inter-vencións Rafael Guinea, presidente da Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos.

Na sesión vespertina, o público será obsequiado cunha mesa redonda sobre o papel da educación ambiental na xes-tión dos residuos urbanos e na que parti-ciparán Julio López Rubio, xestor do De-partamento de Relacións Institucionais de Ecoembes; Carlos Vales Vázquez, di-rector-xerente do Ceida; e Ricardo Gar-cía Mira, profesor de Psicoloxía Social e

Ambiental na Universidade da Coruña.

MODELOS E EXPERIENCIASXa o último día, afondarase, por parte

do director da Fundación Finnovaregio en Bruxelas, Juan Manuel Revuelta, na xestión dos refugallos urbanos no ámbito europeo, dando a coñecer os sistemas de recollida, reciclaxe e valorización.

Pola súa banda, o director xeral de Sogama, Isidro García Téllez, falará do modelo Sogama, deténdose nas melloras industriais e de xestión acometidas du-rante os últimos tempos.

E será Javier Bobe Vázquez, o Direc-tor da Área de Medio Ambiente da Depu-tación de Ourense, o que dará a coñecer a xestión dos residuos na estratexia am-biental deste organismo. A última hora da mañá procederase ao acto de clausura e entrega de diplomas.

Máis información e inscricións: http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=62RQ&anyaca=2015-16

Page 14: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

14

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xuño 2015

Milleiros de persoas na terceira edición da Festa da Xuventude

A terceira edición da Festa da Xuventude de Ordes congregou milleiros de persoas no Campo da Feira. Segundo o Concello, a moci-dade chegou tanto do propio mu-nicipio como de zonas limítrofes e de numerosos puntos de toda a provincia.

A festa, celebrada na noite e na

madrugada previa á xornada das eleccións municipais, ti vo como reclamos a actuación de varios pinchadiscos e sobre todo do es-pectáculo de El Combo Domini-cano.

Os organizadores do evento contaron coa colaboración do Concello.

O Campo da Feira, ateigado de público durante as actuacións musicais

ORDES

As semanas de cociña nas parroquias conclúen no Mesón

O ciclo de cursos exprés de co-ciña por boa parte das parroquias de Ordes rematou no Mesón do Vento (Ardemil). Os parti cipantes comparti ron un menú para a clau-sura, despois de varios días de cla-ses nos que puideron aprender as preparacións de disti ntas receitas e varias técnicas culinarias.

O curso, que acumula de-ceas de alumnos e alumnas no conxunto das parroquias, foi im-parti do polo cociñeiro Manuel Iglesias Vieites. O Concello de Or-des, como organizador, considera que a iniciati va ti vo “un éxito ex-traordinario” atendendo ao nú-mero de parti cipantes.

ORDES

Un ágape cos alimentos que prepararon púxolle o remate ao curso en Ardemil

Os escolares rematan as xornadas sobre o sistema solar mirando ao ceo de noite

OROSO

Arredor de cincuenta persoas, maiormente escolares, parti cipa-ron na sesión de observación as-tronómica nocturna no exterior da piscina municipal de Sigüeiro. Foi unha acti vidade que organizou o Concello de Oroso en colabora-ción co Observatorio Ramón Ma-ría Aller da Universidade de San-ti ago e coa FECYT. Mediante un telescopio, os observadores pui-deron identi fi car diversos corpos celestes, coa axuda de responsa-bles do Observatorio e coa charla dun astrónomo da USC. A sesión rematou as xornadas sobre o sis-tema solar imparti das en centros educati vos do municipio.

Sesión de observación astronómica

Cheo absoluto na estrea da obra de teatro ‘A cantante calva’ da compañía A Catorce

A obra de teatro ‘A cantante calva’, a primeira representación do grupo de teatro afeccionado ‘A Ca-torce, estreouse con grande éxito na Casa da Cultura de Ordes. O audito-rio estaba cheo de público, que agra-deceu con aplausos o traballo aco-meti do polos integrantes do grupo, mozos e mozas de Cerceda e de Or-des.

Non é para menos, dado que coi-daron todos os detalles: unha inter-pretación á altura dos profesionais, unha escenografí a ben rematada, un vesti ario con todas as puntadas ben dadas... E por riba de todo o traballo previo de adaptación da obra de Io-nesco, que procura ser unha parodia da vida coti á dun matrimonio, detén-dose en aspectos como a incomuni-cación ou a soidade.

En defi niti va, a nova compañía afeccionada saíu airosa da represen-tación do seu primeiro traballo so-bre as táboas. Ve recompensado o esforzo de apostar por un texto un tanto arriscado, como expoñente do teatro do absurdo.

COMARCA

A posta en escea do grupo A Catorce coidou con esmero todos os detalles

A calidade interpretativa foi un dos factores que máis sorprendeu o público

Page 15: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xuño 2015 15

Dous grupos do IES Maruxa Mallo presentan senllos libros

ORDES ‘Historias de equipaje’ e ‘As Casillas sen número’

Dous grupos de estudantes do IES Maruxa Mallo de Ordes elabo-raron durante o curso senllos libros que están presentando e difundindo publicamente nestas semanas entre a veciñanza.

HISTORIAS DE EQUIPAJEA primeira das creacións dada a

coñecer ti túlase ‘Historias de equi-paje’. É un libro integrado por va-rios relatos escritos polo alumnado da clase de 4ºB. Como tema co-mún de todos os contos, as viaxes. E como un dos obxecti vos, ademais de deixar constancia da súa creati vi-dade, unha viaxe tamén, xa que coa venda de exemplares agardan obter recursos para pagar parte da excur-sión de fi n de curso.

O grupo, que presentou o seu traballo nun acto multi tudinario no Museo do Traxe, destaca que nin-gún grupo de cuarto do Maruxa Ma-llo publicara nunca antes un libro. Explican que o proceso consumiu-lles “bastante tempo” porque “cada un de nós escribiu un conto que des-pois corrixiu o profesor, despois de

ter todo listo todos ti vemos que fa-cer unha tarefa que nos axudou a acabar e a publicar o libro”. O traba-llo formou parte da materia de lin-gua castelá e literatura.

AS CASILLAS SEN NÚMEROE se ‘Historias de equipaje’ xa foi

presentado, este 23 de xuño chega o momento de ‘As Casillas sen nú-mero’, a creación dun grupo de es-tudantes de terceiro e cuarto do mesmo centro educati vo. A presen-tación terá lugar este martes 23 de xuño (20 h) na biblioteca municipal.

‘As Casillas sen número’ com-ponse por múlti ples textos de di-versa temáti ca e esti los diferentes, de maneira que o lector poderá ato-par monólogos, contos, relatos... Ta-mén as ilustracións que acompañan os escritos son da autoría dos estu-dantes.

Este libro está editado baixo o selo cultural ‘Luzdegás’, que o IES Maruxa Mallo empregou xa en va-rias creacións audiovisuais. Estará á venda nas librarías do municipio de Ordes. Estudantes que crearon ‘As Casillas sen número’, que se presenta este martes 23

Acto de presentación de ‘Historias de equipaje’ no Museo do Traxe Juanjo Liñares

RUTA DE SENDEIRISMOSábado 1 de agosto. Ruta do Tambre.Área recreativa Os Pasos. Gratuíta.

XOVES DE PRAIA6, 13, 20 e 27. Praia de Boiro.7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día. Outros: 10€/día.

EXCURSIÓN AO AQUAPARKVenres 7 de agosto. De 13 a 20:00 h.O Concello subvenciona o transporte.Gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (outros)

MARATÓN DE FÚTBOL 7Sábado 8 de agosto. Infantil e cadete.Campo de fútbol de Abellá, 10:30 h.

FESTA DA XUVENTUDESábado 8 de agosto. “Os Pasos” (Aiazo).Churrascada, xogos, inchables, música...Prezo: 4€ (empadroados) e 8 € (outros).

XVIII MARATÓN DE FÚTBOL INTERPAROQUIALDomingo 9 de agosto, dende as 10:00Campo municipal de fútbol de Abellá.

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXOMartes 11 de agosto. Para nenos ata 12 anos. Prezo: 10€

II TORNEO MUNICIPAL DE TENISVenres 28 de agosto pola tarde.Pista municipal de Ledoira. Gratuita.

DÍA DA BICICLETASábado 29 de agosto. 10:30 horas.Saída praza Ponte Carreira. Gratuita.Agasallos a todos os participantes.

FESTA DA AUGASábado 30 de agosto. Gratuita. Inchables, tobogán de auga, deslizantes, festa escuma...Piscina municipal de Papucín.

CAMPIONATO DE PÁDELSábado 29 de agosto. 16:00 horas.Pista municipal de Papucín. Gratuíta.

EXCURSIÓN AO PAÍS BASCO E BURGOS 18, 19 e 20 de setembro. Todas as idades. Nenos: 100€. Adultos: 150€ (empadroados).Anotacións antes do 4 de setembro.

XOVES DE PRAIA2, 9, 16, 23 e 30. Praia de Boiro.7 €/día ou 30 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día

CAMPIONATO DE PESCA INFANTILDomingo 5 de xullo. 10:00 h.Río Maruzo (Céltigos). Gratuita.Menores de 16 anos.

EXCURSIÓN AO AQUAPARKVenres 10 de xullo. De 13:00 a 20:00 h.O Concello subvenciona o transporte.

Prezo: gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (non empadroados)

DÍA DO/A NENO/ASábado 11 de xullo, a partir das 16:00 h.Piscina municipal de Papucín. Xogos, festa da escuma, inchables, merenda...

EXCURSIÓN OS CANÓNS DO SILDomingo 12 de xullo. Saída ás 9:00 h.Viaxe en Catamarán e visita a adega.Prezo: 25 € (empadroados) e 30 € (outros)

CURSOS DE NATACIÓNDo 13 de xullo ao 24 de agosto

Piscina municipal.Nenos/as (+4 anos): 15 € (empadroados) e 25€ (non empadroados).Adultos: 25 € (empadroados) ou 35 €.

CAMPAMENTOS DE VERÁNDo 13 de xullo ao 7de agosto.Maiores de 4 anos. Inscricións antes do 6 de xullo. Horario: 9:30-13:30 h.Prezo quincena: 20 € (empadroados) ou 30 € (outros)

EXCURSIÓN MULTIAVENTURAVenres 31 de xullo. Maiores de 12 anos.Prezo: 15 € (empadroados) ou 20 € (outros).

Información e inscricións no Concello de Frades

981 69 55 67www.concellodefrades.es

ACTIVIDADESDE VERÁN

CONCELLO DE FRADES

SETEMBRO

AGOSTO

XULLO

CURSO DE BIXUTERÍACURXO DE BROCHES CON FIMOCURSO DE FOFUCHASCURSO DE PÁDEL

MANIPULADOR DE ALIMENTOS

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA DE FRADESAs fotos serán usadas para o calendario 2016 do Concello. Dirixido a empadroa-dos. Máis información no Facebook.

CURSOS

Page 16: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

16

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xuño 2015

Fin de curso das actividades

O Concello de Mesía clausurou cunha festa o seu curso de activi-dades culturais e deportivas, tanto para a poboación infantil como a adulta. Participaron máis de me-dio milleiro de persoas na xor-nada, pola tarde coas exhibicións

das distintas escolas culturais e deportivas municipais e pola noite coas clases de adultos. Ademais, proxectouse un orixinal vídeo de resumo do ano. O Concello acaba de presentar tamén a súa progra-mación de actividades do verán.

MESÍA

Clausuran no pavillón a tempada das escolas municipais

A festa de clausura da tempada 2014-2015 das escolas deportivas municipais do Concello de Frades congregou unhas duascentas per-soas no polideportivo da Ponteca-rreira, contando os setenta nenos e nenas das distintas modalidades deportivas.

A festa contou con elemen-tos hinchables para xogar no in-

terior do pavillón. O principal fo-ron as exhibicións ofrecidas polas distintas escolas. Chamaron espe-cial atención as de patinaxe infan-til, pola súa vistosidade. O alcalde, Roberto Rey, entregoulles unhas mochilas como obsequio e ani-mou a conseguir que as escolas deportivas municipais medren o vindeiro curso.

Exhibición da escola de patinaxe no polideportivo da Pontecarreira

FRADES

Ve a luz a revista ‘Memoria de Oroso’, con imaxes do Arquivo

Xa viu a luz a revista ‘Memoria de Oroso’, do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello, do que é res-ponsable Manuel Pazos Gómez. Este primeiro número supón un considerable paso no proxecto de “rescatar e dar a coñecer o noso pasado común” a partir de foto-grafías que en gran medida cede-ron os veciños nos últimos anos, xunto con outros documentos an-

tigos. Mais as fotos non son un fin sen si mesmas, xa que se presen-tan cunha orde e cun contexto.

O primeiro número conta con 170 fotografías e documentos e explica en que consiste e que persegue o arquivo histórico de imaxes, as intencións da revista e o proxecto sobre o fotógrafo iti-nerante Victorino Verea, entre outros contidos.

OROSO

Acto de presentación da revista, no centro cultural de Sigüeiro

Entréganse os premios do certame escolar do Moucho

Cerceda entregou os premios do certame artístico escolar que convocou con motivo do vixésimo aniversario do Museo do Moucho, no que participou o alumnado dos colexios do Cruce, Celso Emilio Fe-rreiro e O Calvario.

En infantil, o primeiro pre-mio foi para Juan Álvarez. En pri-meiro e segundo de primaria, para Carla Santos. En terceiro e cuarto

de primaria, para Brais Doval. E no tramo de quinto e sexto de prima-ria, para Alexia Estevez.

O xurado estivo integrado po-las mestras María Teresa del Río e María Eugenia Ferreiro, con Car-men Prego como representante do Concello. Na entrega de pre-mios, a concelleira Begoña Rodrí-guez Rumbo destacou a creativi-dade dos traballos presentados.

Os premiados nas distintas categorías, coa concelleira de Cultura de Cerceda

CERCEDA

Page 17: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xuño 2015 17

Os boletos para o Sorteo do Ouro da Cruz Vermella, á venda en negocios de Acordes

ORDES

Os boletos para participar no Sorteo do Ouro da Cruz Vermella do vindeiro 23 de xullo poden ad-quirirse, ademais de nos puntos de venda habituais, en 33 estable-cementos vinculados á Asociación de Comerciantes de Ordes (Acor-des).

A iniciativa vai parella a unha acción de divulgación do labor que efectúa a Cruz Vermella e que o Sorteo do Ouro axuda a fi-nanciar. Nos comercios pode ato-parse información sobre distin-tos proxectos que desenvolve en Ordes, como clases de español, apoio escolar, acompañamento de maiores ou obradoiros educa-tivos.

Como acción complementaria nesta colaboración entre a Cruz Vermella e Acordes, sortearase un cheque agasallo valorado en 100 euros entre todos os números que se vendesen nos establecementos colaboradores. É unha contía que se poderá gastar en calquera dos establecementos de Acordes que se sumaron á iniciativa.

Actividades con todas as xeracións para conmemorar o Día do Medio Ambiente

O Concello de Cerceda non deixou pasar inadvertido o Día do Medio Ambiente, que conmemo-rou con actividades para todas as xe-racións, como unha plantación man a man entre escolares e maiores no xeriátrico e unha andaina para todas as idades por unha das tres rutas de sendeirismo homologadas do muni-cipio.

Na plantación, que contou coa co-laboración do colexio O Cruce, alum-nado de cuarto de primaria traballou man a man cos maiores do centro de día e residencia. Quedou constancia da xornada para o futuro con dúas cerdeiras ornamentais na contorna do edificio. Os maiores obsequiaron os cativos con agasallos preparados por eles mesmos.

Na andaina, entre Cerceda e a área recreativa de Portobrea (Queixas), participaron preto de se-senta persoas, entre elas a conce-lleira Begoña Rodríguez Rumbo. Em-pregaron boa parte dunha mañá, nunha proposta útil para coñecer o concello desde outra perspectiva e facer exercicio físico saudable.

CERCEDA

Plantación de cerdeiras ornamentais entre nenos e maiores preto da residencia

Participantes na andaina entre Cerceda e Portobrea, na ruta sendeirista homologada

Page 18: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

18

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xuño 2015

A escola municipal de música remata o curso cun concerto

Un cento de nenos e nenas par-ticiparon na actuación de fin de curso da Escola Municipal de Mú-sica de Cerceda, un concerto que xa acadou a súa sexta edición co nome ‘O son das aulas’.

Trátase dun concerto no que combinan a vocación artística coa parte didáctica, con música, baile

e canto. O alumnado interpretou temas clásicos e adaptacións de pezas de rock e tamén algúns éxi-tos máis popeiros.

O alcalde, José García Liñares, estivo presente entre os varios centos de espectadores e desta-cou que a aposta local pola cultura “está dando os seus froitos”.

O alumnado combinou música e baile nos seus espectáculos

CERCEDA

Os cativos da Ulloa aprenden educación vial para o día a día

Os corenta nenos e nenas da escola infantil municipal da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso), recibiron os habituais carnés de condutores ao remate do programa de educación viaria que o Concello desenvolveu no centro.

Durante as sesións, os cativos aprenderon o significado dos si-

nais de tráfico máis habituais e das normas elementais de circulación, mediante un circuíto disposto na propia escola que percorreron con motos de xoguete.

A intención do programa é pre-cisamente esa, a de darlles aos ca-tivos as pautas básicas de seguri-dade viaria adaptadas á súa idade.

OROSO

Os nenos e nenas da Ulloa recibiron os carnés tras completar un circuíto

Conclúen dous cursos de informática e programan outros

Concluíron en Tordoia dous cur-sos municipais de informática para persoas adultas, cunha duración de sesenta horas.

As clases, ademais de ofrecer unha serie de destrezas básicas, serviron para que os participantes aprendesen contidos relacionados coas novas tecnoloxías, internet e a

creación de vídeo. O Concello anuncia que ten pre-

visto efectuar novos cursos e activi-dades deste tipo. Neste sentido, in-dícalles ás persoas interesadas que poden acudir á Casa da Cultura para informarse.

Na imaxe, os asistentes aos cur-sos, co alcalde e co profesor.

TORDOIA

Subvencións para cultura e deporteO Concello de Cerceda asinou os

convenios con asociacións deporti-vas e culturais, co propósito de axu-darlles a financiar as súas activida-des durante o curso.

En total, beneficia vinte e seis entidades que presentaron solici-tudes e tamén reciben bolsas cinco deportistas. O volume das subven-cións é de 63.151 euros, dos que

7.100 se lles entregaron a sete aso-ciacións culturais, 49.251 para de-zanove asociacións deportivas e 6.800 para os deportistas indivi-duais.

O Concello estivo representado polo alcalde, José García Liñares, e a concelleira de Cultura, Begoña R. Rumbo, que destacaron a vitalidade do tecido asociativo. Representantes das entidades, tras a sinatura dos convenios municipais

CERCEDA

Page 19: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2015 19

Cerceda e Frades homenaxean os máis veteranos nas súas festas

COMARCA Dezaoito anos de xantares da terceira idade

Continúan as clásicas festas para a terceira idade nos municipios da contorna. Os últimos encontros ti-veron lugar en Cerceda e en Frades, con centos de asistentes.

En Cerceda, a festa celebrouse o 16 de maio e cumpriu dezaoito anos. Acudiron máis de 400 persoas, que contaron con servizo de autobús ata o pavillón de Limeisa. O grupo de gaitas Nova Xuntanza actuou antes de despois da misa. E logo do com-pleto xantar, entregáronse as deco-racións ás persoas de maior idade presentes no ágape. Foron María Li-ñares Padín, de 95 anos, e Antonio Docampo Bello, de 91 anos.

Posteriormente celebrouse o baile con Alborada, aínda que a mú-sica non se detivo en ningún mo-mento porque tamén actuou o Cuar-teto de Queixas durante toda a xor-nada. O alcalde, José García Liñares, destacou que a celebración serve para o encontro entre persoas do municipio que se ven poucas veces ao ano e anunciou que o vindeiro ano a festa volverá ser de entrada gratuíta, despois de que nas últimas

edicións cobraran por mor da crise. En Frades, a festa, que tamén

cumpría dezaoito anos, congre-gou preto de 500 persoas. Despois da misa, actuou o grupo Sarillo, de Aiazo, que volvería retomar a mú-sica tras o xantar. A homenaxe neste caso recaeu en todos os maiores de 90 anos presentes: Jesús Carro (92 anos, Papucín), Concepción Veiras (91 anos, Aiazo), Clodomiro Cabanas (91 anos, Aiazo), Enrique Meixide (94 anos, Papucín), Dolores Dono (91 anos, Papucín), Dosinda Fernández (90 anos, Galegos), Visitación Be-llo (93 anos, Ledoira), Isolina Souto (90 anos, Papucín), María Espiñeira (94 anos, Aiazo), Carmen Rilo (90 anos, Aiazo). Rosalía García (90 anos, Moar), Manuel Moar (92 anos, Abe-llá), Ramiro López (98 anos. Aiazo), Edelmiro Souto (92 anos, Gafoi) e Rafael Suárez (91 anos. Abellá).

Tamén foi recoñecido o párroco Antonio Regueira, que desenvolve aínda a súa actividade en varias pa-rroquias do municipio e que hai uns meses cumpriu 50 anos de sacerdo-cio. Agasallo ao máis veterano da festa en Cerceda e homenaxeados en Frades

As Noites de Tasca celebran o seu sétimo aniversario este venres 26 de xuño en Ordes

COMARCA

As ‘Noites de Tasca’, o ciclo de espectáculos centrados na mú-sica e baile autóctonos que perco-rre durante a tempada os munici-pios da contorna, celebran o seu sétimo aniversario este venres 26 de xuño en Ordes.

Organizadas pola Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras, as actividades comezarán coa actua-ción de CÉ Orquestra Pantasma ás 18 horas diante da piscina descu-berta. Desde as 19:30 horas ha-berá un obradoiro de baile galego na Alameda, con Helena Noya, e outro diante do Museo do Traxe, con Juan Pena e Beatriz García.

Ás 20 horas, presentarase no Museo do Traxe o libro-cedé ‘Pa-zos de Merexo, o acordeón diató-nico da Costa da Morte’, de Xurxo Souto e Pedro Pascual.

E desde as 21:30 horas uns trinta grupos de música e baile ac-tuarán en distintos bares de Ordes ata confluír no Campo da Feira para a fin de festa, que consistirá nunha foliada conxunta.

A V Xuntanza Cabalar de Ardemil reúne 324 exemplares chegados desde toda Galicia

A quinta edición da Xuntanza Ca-balar de Ardemil logrou reunir 324 animais chegados desde múltiples puntos de toda Galicia para parti-cipar nas competicións, nas exhibi-cións e, por suposto, na festa.

Comezaron no serán do venres 5 de xuño con baile e degustación de balde de touciño entrefebrado. O sá-bado, o primeiro foi o roteiro de 18 quilómetros de percorrido. Despois, misa na honra de Santo Antón, con bendición dos animais.

E tras o xantar, moi concorrido, comezaron as competicións de caba-los, trotóns e eguas, con probas de barrís e de andadura federada, anda-dura serrada federada e andadura de trotadores. Todas elas con premios en metálico.

A asociación cultural Cabaleiros de Ardemil é a encargada de orga-nizar este evento, no que conta coa colaboración do Concello de Ordes. Destacan que durante estes anos a participación aumenta progresiva-mente e que xa se fixo un oco no ca-lendario dos afeccionados.

ORDES

O xantar da Xuntanza Cabalar de Ardemil congregou centos de persoas

Page 20: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

20

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2015

Gonzalo Iglesias e Manuel Viqueira retíranse do Jogafan FS

O adestrador Gonzalo Iglesias Candal e o xogador Manuel Vi-queira retiráronse do equipo Jo-gafan Fútbol Sala co remate desta tempada. Foi nunha intensa xor-nada na que o equipo disputou un encontor no pavillón Castelao II e celebrou a Festa do Socio.

Iglesias, que empezara no equipo como xogador, viña sendo

o adestrador nos últimos anos. Vi-queira foi unha das figuras máis emblemáticas do club durante moitos anos.

Con semellantes traxectorias, a despedida tivo moita emotivi-dade. Entre agasallos e aplausos, a ela sumáronse tanto os xogadores como o cadro técnico, a directiva e numerosos seguidores.

Integrantes do equipo con Iglesias e Viqueira, o día da súa despedida

FÚTBOL SALA

O AC Ordes xuvenil proclámase subcampión de España

O AC Ordes xuvenil procla-mouse subcampión de España de hóckey, ao rematar en 3-2 o seu encontro cos integrantes do FC Barcelona. O equipo ordense nunca deu por perdido o partido e demostrou un gran nivel de xogo, como demostra que ao descanso o resultado era de 3-2.

A celebración do resultado tivo

lugar a mesma xornada do partido en Ordes. O autobús que trouxo o equipo desde Alcobendas (Ma-drid), sede da final, deixou os seus integrantes na Alameda case á medianoite. Numerosos veciños, entre seguidores, familiares e ami-gos, agardáronos para recibilos. Non foron campións, pero o resul-tado é un grande éxito.

Os xuvenís do conxunto ordense de hóckey celebraron o resultado na Alameda

HÓCKEY

FÚTBOL 8 Durante dúas fins de semana, coas diversas categorías inferiores e equipos de toda a provincia

A S.D. Ordes celebra o seu décimo torneo de fútbol 8

A S.D. Ordes celebrou a décima edición do seu Torneo de Fútbol 8 nas instalacións deportivas de Vista Alegre. A competición programouse en dúas fins de semana, unha para as categorías biberón e prebenxamín e outra para os grupos de benxamín e alevín.

O equipo local resolveu os seus encontros con moi bo xogo, pero sen

demasiada fortuna nos resultados. Baste como mostra que nas catego-rías da primeira xornada foi o Cala-sanz o que acadou os primeiros pos-tos.

En todo caso, o principal deste tipo de torneos é fomentar a prác-tica do deporte entre os máis cati-vos e, sobre todo, os valores positi-vos asociados ao fútbol. A participa-

ción pode considerarse un éxito, xa que na competición do nivel bibe-rón competiron dez equipos, men-tres que na categoría prebenxamín sumaron dezaseis. Outros dezaseis disputáronse a categoría benxamín, o mesmo que na alevín.

O Arteixo, o Victoria, o Orzán, o Cerceda, o Paiosaco, o Burgo, o Cala-sanz, o Ural, o Betanzos, o Villestro,

o Once Cabaleiros, o Tordoia, o Cur-tis, o Olímpico, o Luís Calvo, o Carral, o Arzúa, o San Tirso, o Dubra e o Por-tádego son as entidades que partici-paron cando menos nunha das cate-gorías, o que fai do torneo ordense unha das citas máis destacadas do fútbol 8 na provincia.

A S.D. Ordes conta coa colabora-ción do Concello no torneo.

Máis que a competición e os resultados finais, o máis interesante do torneo de fútbol 8 da S.D. Ordes é o fomento da práctica e os valores deportivos entre os máis pequenos

Page 21: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2015 21

ATLETISMO Preto de 600 participantes converteron esta edición da proba na máis concorrida

Barros e Rial gañan a VII Cross Ambiental de Ordes

O corredor Abel Barros González, do club Atletismo Moraña, foi o ga-ñador absoluto da VII Cross Ambien-tal Concello de Ordes, cun tempo de 37’57’’ para completar os 10.000 me-tros da proba. O segundo posto aca-douno Felipe Miguens, pontecesu-reño do Club Atletismo Sar, cun rexis-tro de 39’26’’. E a terceira praza co-rrespondeulle a José Antonio Abuin, de Cambre e do Club Atletismo Sada, con 39’38’’. Carlos Fernández Villa-

verde, sexto, foi o primeiro ordense en chegar á meta, aos 40’52’’.

Na competición feminina, a ga-ñadora foi Susana Rial Santos, corre-dora do Pino que compite co Club de Atletismo Boimorto. Fixo un tempo de 50’02’’. A 32 segundos entrou a segunda clasificada, a betanceira Ra-quel Vázquez. E María José Grobas Garaboa, de Mesía, foi terceira, cun tempo de 51’18’’, competindo co Club Atletismo Boimorto.

Na proba de 2.000 metros de lonxitude, para categorías sub18 e sub14, o gañador foi Yago Pazos Bar-beito, do Club Atletismo Coruña. Marta Vilas Martínez, do Atletismo Riazor Coruña, foi a primeira clasifi-cada.

Pola súa parte, en sub11, con 1.000 metros, venceron o ordense Iván Suárez Villaverde e a coruñesa Susana Amor Castro, do Club Atle-tismo Sada. Nos 500 metros de pre-

benxamín gañaron Daniel García e Aldara Ceide.

Segundo o Concello, esta foi a Cross Ambiental máis concorrida, con preto de 600 participantes de todas as idades. O evento tivo un obxectivo solidario, recollendo entre corredores e espectadores alimen-tos e outros produtos de primeira necesidade para destinalos ás fami-lias con máis dificultades económi-cas do municipio.

A proba absoluta cubriu unha distancia de 10.000 metros desde o Campo da FeiraOs máis pequenos, correndo nunha distancia menor para ir creando afección

Bouguerroudj e Suárez Pedrosa marcan o paso na Silva, con máis de 400 participantes

CERCEDA

O alxeriano Abdelkader Bouguerroudj, do Atletismo Sada, gañou a XI Carreira Popular da Silva (Cerceda), con 33’23’’ para os dez quilómetros de percorrido. Acompañárono no podio Ramón Serantes (Marineda Atlético) e Javier Tourís (Club de Atletismo Coruña Comarca), na segunda e terceira posicións.

Na categoría feminina desta competición, a primeira praza foi para Raquel Suárez Pedrosa (Ría Ferrol-Concepción Arenal), cun tempo de 39’46’’. A segunda po-sición logrouna Eusebia Maldo-nado, que correu como indepen-dente, e terceira clasificada foi Pilar Caínzos, do Club Atletismo Sada.

A carreira foi organizada polo Club Atlética A Silva, coa cola-boración da Federación Galega de Atletismo, o Concello de Cer-ceda, a Deputación da Coruña. En conxunto, nas diferentes catego-rías de idade, participaron máis de 400 persoas.

TORDOIA A sexta edición da proba aproximouse aos 200 participantes

Javier Tourís, primeiro na pedestre popular ‘Tordoia in Essence 2015’

Javier Tourís Fornos foi o gaña-dor da sexta edición da Carreira Pe-destre de Tordoia ‘Tordoia in Essence 2015’. Completaron o podio princi-pal Amador Pena e Anxo Ruanova. A modalidade absoluta disputouse so-bre unha distancia de 6.850 metros e

rexistrou 135 corredores. Outros 61 inscribíronse nas de-

mais categorías, con victorias para Daniel Mato en infantil-cadete, Deki Mato en benxamín-alevín, Yeray Va-lle en prebenxamín e Javier Seoane en pitufos.

A carreira forma parte do circuíto da Deputación e destaca polo esforzo da organización para darlles o mellor servizo aos participantes. Entregaron os premios a concelleira de Depor-tes, o tenente de alcalde e o atleta tordoiés Martín Liste Viaño.

Saída da proba absoluta da sexta edición de ‘Tordoia in Essence’, que nesta categoría contou con 135 corredores

Page 22: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

22

DEPORTES

Crónicas - Xuño 2015

Daniel Castro, do Club Atlética A Silva proclámase campión galego de xavelina

ATLETISMO

Daniel Castro, do Club Atlética A Silva de Cerceda, proclamouse campión galego de xavelina. A en-tidade, que efectúa parte dos seus adestramentos en Ordes, tivo ta-mén bos resultados con María Pena, cuarta en lanzamento de xa-velina infantil; Lara López, sexta en 150 metros lisos e salto de al-tura infantil; e Andrea Caneda, dé-cima en 3.000 metros infantil.

FÚTBOL Do 6 ao 31 de xullo, coa posibilidade de participar en semanas soltas

O prazo para inscribirse no Campus do Celta en Oroso remata o 1 de xullo

O vindeiro 1 de xullo remata o prazo para inscribirse no Campus de Fútbol que a Fundación Celta de Vigo e a Escola Deportiva Xuventude Oroso desenvolverán en Sigüeiro do 6 ao 31 de xullo, coa colaboración do Concello. Poden anotarse nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, no pe-ríodo completo ou por semanas sol-tas. Os empadroados en Oroso ou pertencentes ao Xuventude Oroso teñen descontos. Os impresos poden recollerse no centro deportivo ou ob-terse na web da entidade.

Ademais de formación técnica no fútbol, o programa de actividades in-clúe propostas extra como rutas de sendeirismo, visitas ao estadio de Ba-laídos e ao parque acuático de Cer-ceda, e a práctica doutras especiali-dades deportivas.

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, estivo acompañado na presen-tación do campus polo presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Ar-teta; o concelleiro de Deportes, Luís Rey; o presidente da ED Xuventude Oroso, José Ferro; e o coordinador

xeral dos campus de verán da funda-ción, Alejandro Abad. Mirás desta-cou os bos resultados da aposta polo deporte en Oroso, que exemplificou no Xuventude, e acusou “ás autori-dades supramunicipais de non estar á altura, senón que están poñendo

trabas porque, de non ser polos es-forzos dos Concellos, sería moi difícil que estas actividades puidesen saír adiante”. No caso do campus, seguirá polos menos outros catro anos, tras renovarse o acordo entre Xuventude Oroso e a Fundación Celta.

Acto de presentación do Campus da Fundación Celta de Vigo en Oroso

CICLISMO Organizada polo Club Ciclista Tambre Bike, cunha versión curta e outra longa sen carácter competitivo

A II Marcha BTT da Troita acada 230 participantes

A segunda edición da Marcha BTT da Troita, organizada polo Club Ci-clista Tambre Bike coa colaboración do Concello de Oroso, acadou os 230 ciclistas inscritos, procedentes de distintos puntos de Galicia.

A proba marcou o seu percorrido polos municipios de Oroso, Santiago, Trazo, Tordoia e Ordes, con saída e chegada en Sigüeiro. Estableceuse

unha versión curta duns 45 km e ou-tra longa de 52 km, en función de se os participantes se vían con forzas para os sete quilómetros extra. A or-ganización dispuxo varios puntos de avituallamento en todo o traxecto, e mesmo ofreceu paella ou ensalada de pasta, ademais de froita e bebida, ao remate.

A marcha non tivo carácter com-

petitivo, se ben os participantes leva-ron cadanseu chip para facilitar os la-bores de control por parte da orga-nización e tamén para que cada ci-clista tivese unha referencia persoal do tempo que precisaron para com-pletar o circuíto.

O deportista que marcou mellor tempo na ruta curta foi Miguel Arcay, do CC Betanzos, con case dúas horas

e dezasete minutos. Yolanda Mos-quera, de Os Andaios CC, foi a pri-meira en chegar á meta, cun tempo algo superior ás tres horas e vinte e nove minutos. Xa na versión longa, Pedro Núñez, de Bicicletas Brais Chas, rexistrou o mellor tempo, con pouco máis de dúas horas e vinte e seis minutos. Nesta variante non participaron mulleres.

A marcha tivo saída e chegada en Sigüeiro, con percorrido polos termos municipais de Oroso, Santiago de Compostela, Trazo, Tordoia e Ordes

Page 23: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

OPINIÓN

Crónicas - Xuño 2015 23

Os paxariños da Alameda

Está a garza preocupadí-sima por se ao rolex, ese que trouxera envolto en papel de cores aquel señor

tan simpáti co a cambio de nada, lle parou o mecanismo ou se lle aca-bou a pila. Ata pediu comprobar se aínda estaría en garantí a, porque se hai que pagar o arranxo... Non se dá conta a pobre que nunca tan rá-pido movera as agullas, levando ao extremo calquera interpretación da teoría da relati vidade. Están que o funden, queiman cada segundo do día, poñendo a orde que non sem-pre houbo. Disimuladamente, por suposto, que o decoro sempre foi santo e seña da casa.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

E saben ben as aves que van ter que pedir algun-has actas de chumbo. É evi-dente que o papel non vai

resisti r o temporal que se aveciña a parti r de xullo. Haberá tanto vento que algunha gaivota, dúas polo me-nos, sairán voando en busca de ali-

A pita de monte ti vo que mercar unha batería adi-cional para o seu móbil e facer unha ampliación de

buzón. Nunca tal vira, chamouno ata quen practi camente non lle di-rixiu a palabra en oito anos. Deses-peración a tope. Oferta inxente. Do buzón, xa todo se sabe. Cartas-lixo que aireou e queimou. Os xogos re-pugnantes de sempre. Os paxaros de toda a vida. O decoro perdido por falta de principios.

Si, porque os tí tulos non dan a intelixencia. E os so-rrisos non son máis que mostra de inseguridade, in-

certezas disfrazadas de argumentos febles, sen criterio, que mutan tan pronto se cruza a fronteira. Sorrisos pretendidamente cómplices que só ocultan maldade. Que recollen aquí para carrexar alí, buscando palma-das nas costas. E por moito que se esforcen na difusión hai moito que a bandada non traga. Non hai lí-der para voar. Destrozou o niño, ex-pulsou os rivais, non ve máis alá da cova. Cégase pola luz grega.

Conste que na outra póla as raíces tampouco son moi profundas e xa bara-llan un traslado. Ofertas

de terra ti veron para o trasplante. Pero sucede que hai capullos que non agromarían na nova terra e que ademais contan co cambio cli-máti co. E como lles vai tan ben, pois para que cambiar?

mento cara á súa Ítaca. A fame ven-cerá o chumbo ou calquera outra carga. E aí verase que nin decoro nin decoración. Movemento prác-ti co, como sempre. Alférez?

Quedou claro que a per-cepción da realidade dal-gúns paxaros recomenda tratamento urxente. Conta-

mínanse a si mesmos e a súa con-torna. Contorna paleta, por certo.

Na mesma banda, na sec-ción das rosas sen san-gue, os ornitólogos están abraiados polo triunfo da

ignorancia, da estulti cie e da ca-rraxe. Ven exemplares a un e outro lado do río que non soltan máis que veleno polo pico. Son incapaces de facer nada construti vo. Son ‘angry birds’ de libro, e xa se sabe que un

Anda certo virot lanzando pelotas a todos os lados. Séntese ameazado. Busca novos acubillos e todo

serve. Outro xa vai desaparecer da parte da xeografí a da comarca onde persistí a, malamente. A pregunta é: cando deixarán de escoitar as súas parvadas e pensarán na realidade?

bo impacto contra a parede xa os neutraliza. Porque nin supremacía moral teñen. E as vociferacións son inúti les. O mesmo que os asesores. Que tamén sorrín co medo. Idiotas!

Page 24: Cronicas comarcadeordes n18 xunho2015

- Como xorde a idea de crear “Ga-fas e Pallaso”?

- Pois xorde un día tirados no sofá vendo vídeos en Youtube. Criticabamos todos (si, somos “haters” por deporte) ata que un de nós dixo: “Ei, como mo-laba que houbese xente que falara mal das cousas que gravamos nós”. E así foi como nos puxemos a traballar no tema. Meses despois, o día que nos escribiron o primeiro comentario negativo, saímos de festa a celebralo.

- Falades dunha “webserie de hu-mor sen pretensións moito máis pro-fundas que esa”. Sen desprezar o hu-mor, que é algo moi serio, algunha in-tención máis haberá, non?

- Si, realmente si. Cada un de nós ten un obxectivo persoal con isto da web-serie. Son bastante dispares dentro do equipo, dende chegar a ser cantante de El Combo Dominicano ata gañar as elec-cións da Xunta de Galicia. Pero de mo-mento con ir facendo unha serie en ga-lego na que o eixe central non son chis-tes con vacas e tractores imos confor-mándonos... Somos moi modernos como podedes ver.

- Vemos que hai un pallaso alie-níxena que non para de dicir tacos. En principio pode parecer que non, pero houbo autocensura co humor?

- Mentiriamos se dixésemos que gravamos todo o que se nos ocorre. Hai moitas veces que pensamos que nos vai caer a bronca na casa dependendo de que tacos ou que cousas fagan os per-sonaxes. As nosas nais son unhas san-tas, o último que queremos é que se en-faden con nós por facer o gilipollas en internet.

- O proxecto involucra moitas per-soas, e a algunhas delas (Gayoso, Berto Romero, Dani Mateo…) supónselles certo caché… Tirastes de talonario ou utilizastes a imaxinación para capta-los?

- Non temos demasiada imaxina-ción, é evidente vendo o título que lle puxemos á serie, así que tocou tirar de

talonario para conseguir todos os ca-meos que temos. Por sorte, puidemos conseguir un Crédito Cofidis (a un inte-rese baixísimo e devolvéndoo en cómo-dos prazos) para poder pagar o que nos pediu Gayoso por vir rodar un videoclip de rap con nós.

- Credes que as webseries se irán abrindo paso a un público máis maio-ritario ou é un xénero que xa tocou teito? Cales son as principais dificulta-des para crear unha?

- É complicado porque o principal problema que atopan as webseries é que cheguen á xente. E unha vez que unha chega, ten que atraela en todo momento, porque está a un só clic de cambiar o que está vendo e poñer un vi-deoclip de Franco Battiato ou da Fami-lia Caamagno se quere. Ademais, inter-net non valora o esforzo, hai series ma-rabillosas e moi curradas que pasan des-apercibidas; e logo, sen embargo, hai vídeos de gatos que puido gravar o teu veciño co móbil con millóns de visitas. Resulta frustrante.

- Entón, existe mercado ou son pro-dutos meramente voluntaristas?

- Desgraciadamente estamos nun país no que se compras unha película en DVD pensan que es parvo porque a podes descargar de balde. Con este con-texto é moi complicado que alguén vaia pagar por ver unha webserie. Sería sen-

sacional que existise un mercado, pero tamén sería sensacional que o Compos-tela volvese á Primeira División.

- Botades en falta que este tipo de creacións se poidan distribuír a través da televisión, ou nin vos interesa?

- Que as televisións miraran un pouco a internet estaría ben porque hai cousas moi molonas e xente con moito talento que podería facer proxectos moi interesantes. A distribución de webse-ries xa é outro tema. A maioría non con-tan cun formato televisivo e ademais son un pouco cutres debido á falta de medios. Por exemplo, un capítulo dunha hora de “Gafas e Pallaso” sería un co-ñazo, aínda máis do que xa é (risas)...

- E Sigüeiro ten facilidades para ro-dar? Cal foi o motivo da elección? É o hábitat idóneo para Gafas e Pallaso?

- Realmente gravamos en Sigüeiro porque é onde temos un piso dispoñi-ble para facelo. Aquí estamos cómodos porque coñecemos moita xente e sem-pre é máis fácil para pedir cousas. Por exemplo, no segundo capítulo hai unha secuencia no instituto; botamos unha mañá alí e para gravar entramos alí cun tío vestido de pallaso, unha escopeta e con Miguel de Lira, ademais de todo o equipo e o material… Se chegásemos así a un sitio onde non nos coñecen, te-ríannos largado nada máis vernos. Ta-mén gravamos cousiñas en Santiago e

en Rianxo, que alí pórtanse magnifica-mente con nós.

- Estanse cumprindo as vosas ex-pectativas? Compénsavos o tempo e os recursos gastados?

- A verdade é que de momento non hai queixa. Estamos facendo a webse-rie que queríamos facer, coñecemos un montón de xente que merece a pena e estamos aprendendo moito máis do que aprendemos na facultade. Vainos moi ben, de feito creo que nos queren dar o premio Princesa de Asturias o ano que vén, pero non sei se o iremos reco-ller que seica non poñen empanada...

- Haberá máis capítulos despois dos cinco anunciados?

- Pois a verdade é que nin nos sen-tamos a falar isto. Quedan meses aínda para ter publicados todos os capítulos, non imos con présa tampouco. O que si temos pensado é ir soltando vídeos máis curtos alén (alén, que bonita pala-bra) da propia serie, ao estilo do de Xosé Ramón Gayoso.

- Algo que vos preocupe nestes mo-mentos?

- Si, queremos aproveitar para pedir-lle ao Concello de Oroso que contrate a Tito Puente para impartir un obradoiro de bachata, bolero e chachachá. Ade-mais, xa que estamos, mandar un saúdo a toda a peña de Carabanchel e Lega-nés. Y viva el vino!

ENTREVISTA CON Perico Balado e compañía, creadores da webserie ‘Gafas e Pallaso’, rodada en parte en Oroso

“Sería sensacional un mercado de webseries, como que o Compostela volvese a Primeira”

A webserie pode seguirse a través da páxina web www.gafasepallaso.com. Na imaxe, os integrantes do seu equipo.

‘Gafas e Pallaso’ é unha serie que se pode ver por internet, en galego e sen máis pretensións mani-festas que entreter. O seu director, produtor, monta-dor e guionista é o orosán Perico Balado, que comen-ta nesta entrevista esta creación audiovisual.

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 18-06-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.