38
T T eatr eatr o do o do Nor Nor oeste oeste Imperial: Imperial: Café Cantante Café Cantante V V igo 1936 igo 1936

Imperial: Café Cantante - Teatro do Noroeste · Hitler en Alemaña ou Salazar en Portugal. ... Eduardo Alonso Autor, adaptador e, ... Oberón en Un soño de verán ou o ciumento

Embed Size (px)

Citation preview

TT eatreatr o doo do NorNor oesteoeste

Imperial:Imperial: Café CantanteCafé CantanteVV igo 1936igo 1936

Vigo 1936

Imperial:Café CCantanttee

o mmusical...

Nos convulsos anos 30:

- Cando en Europa emerxen os fascismos: Mussolini en Italia,Hitler en Alemaña ou Salazar en Portugal.

- Cando o Imperio Nipón invade o norte de China e témese aruptura diplomática entre aquel e Inglaterra.

- Cando Alemaña comeza a fortificar a súa fronteira conFrancia.

- Cando a Sociedade de Nacións entra en crise polas bravatasde Mussolini en Etiopía.

- Cando en España goberna a Fronte Popular e José AntonioPrimo de Rivera é condenado a 2 meses e 1 día por desacatoá autoridade.

- Cando se prodigan os atentados en Madrid e Barcelona e,en Vigo, o avogado e tenente coronel retirado Miguel Cuervomata un obreiro folguista disparando desde a súa casa.

- Cando Galicia debate o seu primeiro Estatuto deAutonomía.

- Cando o Celta, despois dunha brillante temporada, sobepor primeira vez á División de Honra.

- Cando no porto de Vigo está fondeado o destrutor "Jaime I".

- Cando se estrea en Vigo a primeira película española en cor,De la sartén al fuego, no elegante cine Rosalía Castro, conpantalla Weston:

O Imperial, Café Cantante, trata desuperar a competencia dos outrosdous cafés cantantes de Vigo, oBrasil e o Español, contratando unhacantante portuguesa especialista enfados: María das Neves. O seu debutcongregará no café a flor da noiteviguesa.Entre canción e canción, organízansenegocios de contrabando dewolfram, que tan bos beneficiosderon ao transformarse nun materialestratéxico para a guerra mundial.

Tamén se fían e desfían os amores e desamores daquelasxentes que, na súa inxeniudade, non contaban co que se llesviña enriba.Vigo, cunha porta aberta ao mar Atlántico e outra a Portugal,é, nestes anos, un fervedoiro de estrañas personaxes emúltiples actividades, como a Casablanca de Bogart nosprimeiros anos 40. Pero o 14 de xullo dese ano de 1936, acontece en Madrid osecuestro e asasinato do deputado dereitista D. José CalvoSotelo e, catro días despois, estala a guerra fratricida máiscruenta e sanguinaria da historia de España. As personaxesque viven e gozan da noite viguesa no Café Imperial,admirando as fermosas coristas, claro, non o saben.

Escenografía e Vestiario: Paco Conesa

Escenógrafo e figurinista enmúltiples producións teatrais decompañías galegas, así como doCentro Dramático Galego, co quecolaborou en varias ocasións.Recibiu o premio I MostraInternacional de Teatro deRibadavia en 1984 pola súa

escenografía de Woyzeck, do CentroDramático Galego, así como o premioCompostela na súa edición de 1990 á mellorescenografía e vestiario de As alegrescasadas, produción do Centro DramáticoGalego.

Tamén recibiu varios premios María Casarespor obras como Un soño de verán, producidopolo Centro Dramático Galego, Noite de Reis,producción de Teatro do Noroeste, e ACacatúa verde, producida polo CentroDramático Galego.

Outros deseños de escenografías e vestiariosque se deben ter en conta, á parte destes, sonos de O enfermo imaxinario, Rei Lear , GalileoGalilei, Macbeth, Historias peregrinas,Lisístrata ou Flasback Compostela .

Dirección e composición musical: Bernardo MartínezCompositor musical habitual nasproducións teatrais galegas.

Formou parte de grupos de Folk, comoLeilía e Doa, do que é integrantefundador.Participa en grupos de Jazz e novasmúsicas como Clunia Sextet, Dúo eCuarteto de Nani García, Cuarteto deSaxofones Filloa, Grus-Grus, Quintetode Cova Villegas.

É compositor de música para obrasteatrais e ten colaborado concompañías como Luís Seoane,Moucho Clerc, Tatro do Aquí,Ollomoltranvía, Áncora Produccións,Teatro do Atlántico, Escola DramáticaGalega, Pífano Teatro, Creation

Theatrale International, Matarile, CentroDramático Nacional e Centro DramáticoGalego. Recentemente levou a direcciónmusical de O ano do Cometa e As laranxasmáis laranxas..., as dúas producións doCentro Dramático Galego.

Dona Maruxa

María das Neves

Texto e dirección: Eduardo Alonso

Autor, adaptador e, sobre todo,director teatral.

Comezou a súa actividade teatral en1965, sendo cofundador de diversascompañías teatrais. En 1984 recibiu o premio I MostraInternacional de Teatro deRibadavia, concedido á persoa que

destacase polo seu labor especial a prol doteatro galego, por ter posto en marcha o CentroDramático Galego e ser o seu primeiro director.

Recibiu o Premio Compostela na súa edición de1992 á mellor iluminación teatral por Os xustos,de Albert Camus e dirección propia. Recibiu oPremio María Casares, na súa edición de 1997,á mellor iluminación teatral por Noite de Reis, deWilliam Shakespeare e dirección propia.

Como director de teatro realizou máis decincuenta montaxes de obras de teatro, entreelas Celtas sen filtro, Os vellos non debennamorarse, O enfermo imaxinario, As alegrescasadas, Rei Lear, Un soño de verán, A grandenoite de Fiz, Galileo Galilei, Macbeth, Historiasperegrinas, Lisístrata, A Cacatúa verde, Asdamas de Ferrol ou Ensaio.

o eelenco...

Maxo BBarjasActriz cunha espléndidacapacidade para a canción,desenvolve o seu labor en todosos medios: o teatro, o cine e atelevisión.En teatro traballa nas montaxes: ALagarada, Historia do Soldado, Ninme abandonarás nunca, Viaxe efin de Don Frontán, Nau deAmores, Hostia, Valle Inclán 98, Euestaba na casa e agardaba queviñese a chuvia, A Burla do Galo, ACacatúa Verde, Amor de DonPerlimplín con Belisa no Xardín,Os vellos non deben namorarse, Ocaso da Rúa Loucirne, Ricardo IIIou A farsa do Bululú.Para televisión presenta NoiteEspectacular e Pista de baile e ten

personaxes fixos nas series Galicia Express,Fíos e Rías Baixas. Para cine intervén en Sei quén es, A Rosa dePedra, La noche de las Bellas durmientes e Olapis do carpinteiro.Premio María Casares 2004 como actrizprotagonista.

Espléndida cantanteportuguesa de fados. Vai

actuar no Café Imperialcomo estrela invitada.

Vén directamente deLisboa, se cadra fuxindo

dalgún mal amor.A súa beleza e poderío

deixan a todosimpresionados.

María ddas NNeves

MingosCamareiro do Café Imperial.

Tamén, cando lle cadra, cantaacompañando nos números decadentes

do local.Quere fuxir desta vida e facerse rico enBos Aires, onde ten un curmán que lle

conta marabillas.Soporta con inocencia a amizade deAlfredo e sente por Toniño e Rosiña

un cariño especial.

Carlos Mosquera “Mos”

Actor e músico proveniente da Escolade Teatro Municipal de Narón.Participou en diversas compañías,como Caroza Teatro, Teatro doNoroeste, Bucanero Teatro e, porsuposto, no Centro DramáticoGalego.Actor, músico e compositor, de entreos seus moitos traballos merecendestacar: A Celestina, O PaísAcuático, A Cacatúa Verde, TresNotas, Por un millón de dólares.Ademais de en teatro, ten traballadoen series de televisión como Nada espara siempre, Mareas Vivas, PequenoHotel, Fíos, Terras de Miranda, AsLeis de Celavella, Rías Baixas ouLibro de Familia.

MMiigguueell PPeerrnnaass

Un dos actores emblemáticos domovemento teatral galego, comezoua súa carreira profesional en 1979participando en diversas compañíascomo: Escola Dramática Galega,Compañía Luís Seoane, Teatro doAtlántico, Teatro do Noroeste,Produccións Librescena e, porsuposto, no Centro DramáticoGalego.

Protagonista en moitos dos seustraballos, foi Edipo en Edipo Rei, Faustoen Fausto, Oberón en Un soño de veránou o ciumento mouro en Otelo. Outrasinterpretacións destacadas foron: As tresirmás, As alegres Casadas, Valle Inclán98, Cyrano de Bergérac, Calígula, AMorte e a Doncela, Os Espectros,Ricardo III e Seis Personaxes á procurade autor.

Foi nominado como mellor actor protagonista nosPremios María Casares por Cyrano de Bergérac e porA Morte e a Doncela.Amais de en teatro, ten traballado en cine, televisión ena dobraxe. Xunta ao seu labor como actor o de tradutor e adaptadorde textos para todos estes medios.

Don YYordiSesentón de bo ver.Pertence a unha das familiasadiñeiradas de orixe cataláque se instalaron en Vigopara desenvolver a industriaconserveira.Está disposto a facer bosnegocios coa carreiraarmamentística que asnacións europeas sedispoñen a emprender. Frecuenta o Café Imperial e émoi afeccionado aos seusnúmeros musicais e ás súascoristas.

RosiñaCamareira ecantante do CaféImperial, ten adelicada misión deanimar a clientelamáis reacia. Nonestá ao descorche,pero aproxímase.A súa vida denoites en branco emalas pensiónsnon conseguiuarrebatarlle a súafresca inxenuidadede anxo caído.

O seu corazónestá cheo de

amor, pero nonatopa quen poida

ser o seudepositario.

Ninguén repara novalioso rubí que

servedilixentemente nas mesas doCafé Imperial.

IImmmmaa AAnnttóónniiooActriz profesional e unha dasautoras de teatro máis relevanteda dramaturxia contemporánea.Participou como actriz nasseguintes compañías de teatro:Compañía Luís Seoane, Teatrodo Noroeste, ProducciónsLibrescena e Centro DramáticoGalego.Entre as súas interpretaciónsdestacan: Tagen Ata, Un Soño deVerán, Galileo Galilei, As Vodasde Fígaro, Macbeth, Noite deReis, Valle Inclán 98, Otelo, AMorte e a Doncela, As ObrasCompletas de Will Shakespeare(Abreviadas) e Os Cárceres doOlvido.

Foi nominada como Mellor Actriz Protagonistanos Premios María Casares por Otelo e por AMorte e a Doncela.Como escritora ten as seguintes obraspublicadas: Unha ave hai na noite (Narrativa),História do Siléncio (Teatro), Como Cartas a unAmante (Teatro), As águas mudas (Teatro),Era Nova e Sabia a Malvaísco (Teatro), Morde-me (Teatro), Os Cárceres do Esquezo (Teatro)e A Ciencia dos Anxos (Teatro).

LLuummaa GGóómmeezz

Actriz cunha longa e prolífica carreiraprofesional. Traballou en diversascompañías teatrais, así como en múltiplesmontaxes do Centro Dramático Galego enpapeis protagonistas. Fixo importantespapeis cinematográficos.

Como actriz de televisión realizou,entre outras, series como: Serviciode urxencias ou Celia.Como actriz de cine realizoutraballos como: coprotagonista nopapel de Marica da Fame napelícula El bosque animado,protagonista no papel de Urxa napelícula Urxa.Como actriz de teatro interveu enmáis de corenta espectáculosteatrais, entre outros, nosseguintes: O enfermo imaxinario,Medea, As alegres casadas, Osxustos, Un soño de verán, Ligazón,Las galas del difunto, Alta Comedia,As damas de Ferrol, Ensaio...

Dona MMaruxaPropietaria e rexentedo Café Imperial.Anima a clientela dolocal cantando, decando en vez, coplaspicantes. Aínda lembra as súasactuacións nacompañía de LaChelito, no TeatroNovedades da rúaToledo, de Madrid,pero cando este ardeutivo que voltar a Vigoe, cos seus aforros,montou o CaféImperial.

AlfredoFervente admirador de JoséAntonio Primo de Rivera, coque estivo no TeatroVilagarcía desta cidade oimportante día no que serefundou a falanxe galega.Está namorado de Mingoscon obsesionante teimosía eempeñado en gañalo para aa causa falanxista.As súas accións levarán aocaos ás tranquilas ecuriosas personaxes queconviven no Café Imperial.

XXaavviieerr EEssttéévveezz

Actor frecuente nos elencos dasmontaxes das máis importantescompañías galegas de teatro e,tamén, do Centro Dramático Galego.Desde o ano 1989 traballa condiferentes directores e diversascompañías de teatro como: UvegáTeatro, O Moucho Clerc, PífanoTeatro, Kukas Produccións artísticas,Teatro do Noroeste, Librescena,Centro Dramático Galego, SarabelaTeatro, RTA. En cine intervén en Sei quén es e O

Lapis do carpinteiro.Participa nas series de televisiónPratos Combinados, A Familia Pita, ElComisario, Aquí no hay quien viva, Asleis de Celavella, Pequeno Hotel e,

con personaxe fixo, en Avenida de América,Galicia Expréss, Mareas Vivas, ManolitoGafotas e Rías Baixas.No ano 2003 participa na tv-movie Cotavermella.Recibiu o Premio María Casares nos anos2003 e 2004 como actor secundario.

XXaann CCaassaass

Actor e músico cunha grandeversatilidade, provén do Teatro deCámara Ditea.Participou no elenco da compañíaMoucho Clerc con obras como: Acaza do Snark, O rouxiñol daBretaña, O códice clandestino.Pero, sobre todo, traballa noCentro Dramático Galego enporducións como: Yerma, ALagarada, Como en Irlanda,Lisístrata, O peregrino errante quecansou ó demo, O bufón de el Rei,Antígona, Os Vellos non debennamorarse, A comedia doGurgullo, O ano do cometa, Aslaranxas máis laranxas de todasas laranxas.

Recentemente participou como actor emúsico na produción da Sala Yago Flash-back Compostela, espectáculo conformadopor tres pasarrúas.

FranzMúsico alemán que recalou no Café

Imperial. A súa amizade con Lucianosorprende, pois ten unha certa

inclinación ás intrigas e á espionaxe.Deseguida fai migas con Porfirio e entranos escuros negocios de Don Yordi para

estraperlar co wolfram.

LucianoAtractivo corentón xefe da formaciónde músicos do local e compositordalgunha das cancións.

Cenetista asociado aoateneo libertario deLavadores O facho doporvir, participaactivamente, aínda quenon o recoñeza, noasalto á sé dosfalanxistas da rúaGeneral Riego (hoxeAlfonso XIII), na quederon morte a máisdunha persoa.

RRaammóónn OOrreenncciioo

De formación autodidacta, comezatocando o piano, que abandona paradedicarse á guitarra. Actor, compositor,cantante e guitarrista, intervén ennumerosos proxectos: Ultranoites e RíoBravo ´02, coa compañía Chévere; O paísda comedia e Vía Oral, de Carlos Blanco;

Trotamundos, con Mofa e Befa; engrupos de rock como Miskatones eDegüello. Ruso Negro é o seu últimoproxecto músico-cómico.Xunto a Xacobe Martínez e MichelGonzález crea Cool Hamster,facéndose chamar Orence Jr. III"Mister Cool". Hoxe dedícase arecorrer os escenarios de todo omundo, xa sexa en solitario ouacompañado pola súa propia BigBand.

XXoosséé VViillaarreelllleeActor habitual nas compañíasgalegas, iniciouse coa EscolaDramática Galega e participou noselencos de producións tantoprivadas como institucionais.Traballou, entre outras, en:Compañía Luís Seoane, Teatro doAtlántico, Teatro do Noroeste,Librescena e, por suposto, noCentro Dramático Galego.

Merécense destacar dos seustraballos como actor de teatro,entre outros: Pervertimento,Rosalía, As vodas de Fígaro,Macbeth, Unha rosa é unha rosa,Noite de Reis, A Celestina, O PaísAcuático, A Cacatúa Verde, Os

vellos non deben namorarse, Xelmírez.Amais de teatro, traballa en series de televisióncomo: Pratos Combinados ou A Familia Pita, een cine: Lena, Sé quién eres, Huidos, OFerreiro Paspallás ou A Esperanza.

PorfirioAcompañante e axuda de cámara deMaría das Neves. Ten unha sutilcapacidade para decatarse de todo.Enseguida conecta con Franz noCafé Imperial, onde os dous sonestranxeiros, e entra nas turbiasmaquinacións de Don Yordi cowolfram. O seu coñecemento das altasinstancias da diplomacia lisboetavaille dar, aparentemente, un boxogo para estraperlar sen risco.

ToniñoMúsico da formación de Luciano.Entusiasta da música e do fútbol.Forma con Mingos e Rosiña un tríoinxenuo e encantador.Sufrirá, sen entendelos ben, osdesprezos e burlas de Alfredo conpaciencia e resignación.

BBrraannddáánn LLoouurreennzzoo

Músico que habitualmente participaen obras de teatro con música endirecto, iniciouse co Casahamlet eparticipou en montaxes de AncoraProduccións, a Sala Yago e taménno Centro Dramático Galego.Merécense salientar as seguintesmontaxes: Últimas faíscas de

Setembro, de Manuel Lourenzo. O can, olibro e o espello, de M. Lourenzo, XesúsPisón e Miguelanxo Fernán-Vello. EscuroEnigma Eu Son, Poemas de EduardoPondal.Animal Vacío, de Xesús Pisón. L i t u r x i ade Tebas, de M. Lourenzo. Lonxe, Poemasde Lorenzo Varela. Hai Que Romper, deAvilés De Taramancos.O Ano do Cometa, deÁlvaro Cunqueiro. Flasback Compostela(Camiño A Compostela, Traslación eMercado en Compostela). Universidad deExtremadura: Recital Poemas Medievais eGalego-Portugueses dos Séculos XIX-XX.

Interior dun café cantante situadonunha rúa próxima ao porto de Vigo.Decoración de comezos dos anostrinta xa envellecida polo uso e oabuso. Fachada acristalada que deixaver a lene iluminación do porto polasnoites, e os mastros e as velas dasembarcacións atracadas nel, polo día.Barra sucinta con máquina de café eiluminación rosada pola noite.Botellería e cristalería á vista. Hai,nunha repisa da parede, unha vellaradio de galeno onde, polas mañás, osempregados alegran o seu traballoescoitando anuncios da época en

radio Vigo. Nunha beira, un pequenoescenario onde toca o trío instrumental ecantan as artistas as súas lánguidas oupicantes melodías. Os quinqués e astulipas de cristal tallado en coresambiguas dan unha luz desigual eacaramelada a toda a estancia,deixando ángulos escuros e currunchosámbar. Algunhas mesas redondas epequenas con cadeiras de respaldoovalado están situadas por aquí e poralá deixando espazos baleiros entreelas. Sobre cada mesa, un quinquéesparexendo a súa exigua luzalmibarada.

o eespazo...

O meu amor está en VigoEn Vigo está o meu contentoCon esta canción pretendoLevalo sempre comigoComigo, no meu corazónNo meu corazón prendidoO meu amor escondidoNas notas desta canción.

-Dixéchesme: "Heite amar"Foi como escrito na areaTan pronto volve a mareiaRen do dito ha de quedar

-Nunca nada prometínQue son coma xílgaro ceibe,Que en todas as fontes bebeE con todas as mozas ri.

Para namorar os homesPara amolar as mulleresAquí chega por sorpresaAquí chega a PortuguesaMaría, María das Neves.

cancións...

Teatro do Noroestewww.teatrodonoroeste.com

Distribución: Sala Yago Distribucióndistribució[email protected]

Tfnos.: 981 589 288 - 660 605 939