20
NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL A las puertas de Leningrado (William Lubbeck). O autor foi un soldado que viviu o pesadelo da impotencia alemá fronte aos soviéticos en Leningrado durante 4 anos. A obra recolle con fidelidade e amplas descricións aqueles interminables anos de guerra. Alicia, mi historia (Elie Wiesel). Historia real dunha nena polaca de 12 anos que viu morrer a toda a súa familia a mans de alemáns e rusos e que tivo que sobrepoñerse a esa dor para seguir vivindo. Alto riesgo (Ken Follet). Acción e espías nesta novela na que un grupo de mulleres recrutadas pola espionaxe británica debe infiltrarse na central de comunicacións dos nazis para acelerar a fin da guerra. Arde París? (Larry Collins e Dominique Lapierre). Describe con detalle os momentos que precederon á liberación da cidade durante a Segunda Guerra Mundial. Aún te quedan razones para cazar (Blanca Álvarez). Relato para mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a fame, a soidade, a barbarie, o amor…

NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

A las puertas de Leningrado (William Lubbeck). O autor foi un

soldado que viviu o pesadelo da impotencia alemá fronte aos

soviéticos en Leningrado durante 4 anos. A obra recolle con

fidelidade e amplas descricións aqueles interminables anos de guerra.

Alicia, mi historia (Elie Wiesel). Historia real dunha nena polaca de

12 anos que viu morrer a toda a súa familia a mans de alemáns e

rusos e que tivo que sobrepoñerse a esa dor para seguir vivindo.

Alto riesgo (Ken Follet). Acción e espías nesta novela na que un

grupo de mulleres recrutadas pola espionaxe británica debe infiltrarse

na central de comunicacións dos nazis para acelerar a fin da guerra.

Arde París? (Larry Collins e Dominique Lapierre). Describe con

detalle os momentos que precederon á liberación da cidade durante a

Segunda Guerra Mundial.

Aún te quedan razones para cazar (Blanca Álvarez). Relato para

mozos ambientado na Segunda Guerra Mundial en Xapón. O

protagonista non entende os por ques de tantos cambios: a guerra, a

fame, a soidade, a barbarie, o amor…

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Auschwitz. Los nazis y la “solución final” (Lauren Rees). Relatos

das barbaries cometidas nos campos de concentración a partir de

testemuñas de vítimas e verdugos.

b10279 sobreviviente de Auschwitz (Enrique Benkel). Memorias

deste prisioneiro do campo de concentración que ante as preguntas

dos seus fillos pequenos de por que tiña un número tatuado no

contestaba que era un número de teléfono. Ao cabo de corenta anos

decidiu escribir estas memorias.

Bajo una estrella cruel (Heda Margolius Kovály). A autora,

checoslovaca de acomodada familia, sufriu a deportación a campos

de concentración. Parte da familia foi asasinada pero ela sobreviviu.

Pasada a guerra casou cun gobernante comunista checo, pero será

asasinado por orde de Stalin, ademais do repudio dela e de seu fillo.

Bela Bartok contra el Tercer Reich (Kjell Espmark). O compositor

sabe que os nazis virán a por el; non lle perdoan que desafiara as

ordes cunha declaración de apoio aos xudeus.

Capesius, el farmacéutico de Auschwitz (Dieter Schlesak). Durante

anos, o autor da obra investigou a figura dun farmacéutico do campo

de concentración que se enriqueceu coas pertenzas dos veciños

xudeus que enviaba á cámara de gas.

Chico de barrio (Ermanno Olmi). O autor lembra a súa infancia

durante a guerra mundial, primeiro en Milán e logo no campo,

mesturando tristes lembranzas con outras experiencias agradables no

espertar da vida.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Ciudad de ladrones (David Benioff). Unha novela na que dous

amigos sobrelevan o cerco de Leningrado con certo humor e enxeño

no medio dos horrores da guerra.

Corre, chico, corre (Uri Orlev). Cando os nazis invaden Polonia, a

familia do protagonista decide escapar da cidade ao campo, pero o

plan fracasa e atópase só. Durante case 3 anos terá que vivir de forma

clandestina como vagabundo para non ser enviado a un campo de

concentración.

Day (A.L Kennedy). A vida dun piloto da RAF cambia por completo

co remate da guerra, deixa de ter sentido. Por iso tratará de

comprender por que a guerra non o preparou para a paz.

De los vivos y los muertos (Konstantin Simonov). (En edicións

anteriores co título La batalla de Moscú). O autor describe as súas

vivencias como oficial do exército soviético e corresponsal de guerra

desde o inicio da guerra contra Alemaña ata a batalla de Moscova.

Diario (Helen Berr). Diario dunha xudía francesa en París desde

1942 ata que foi detida en 1945 e levada a un campo de

concentración.

Diario de Ana Frank (Ana Frank). Diario persoal escrito pola nena

xudía entre xuño de 1942 e agosto de 1944 no que relata as súas

vivencias do tempo que estivo escondida nunha casa de Ámsterdam

para ocultarse dos nazis.

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Diario de Praga (Petr Ginz). O autor viviu en primeira persoa as

duras condicións na capital checa durante o dominio nazi e de todo

elo deixou constancia escrita no seu diario.

Diario del levantamiento de Varsovia (Miron Bialoszewski). O 1 de

agosto de 1944 comezou a operación Tempestad para liberar a capital

polaca da ocupación nazi antes de que o fixesen as tropas soviéticas,

pero a operación fracasou, causando un levado número de vítimas. O

autor viviu os acontecementos e plasmounos na obra anos despois.

Dora Bruder (Patrik Modiano). A partir do anuncio nun periódico e

dunha listaxe de deportados ao campo de Auschwitz, un pais tratan

de localizar á súa filla de 15 anos. Un exemplo concreto que é todo

un símbolo dunha época de dor e desesperación.

El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos

reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

salvar do holocausto aos xudeus incluídos nunha listaxe, de modo

que logrou salvar a 1.100. Versión cinematográfica co título de La

lista de Schindler.

El buen alemán (Joseph Kanon). A guerra toca á súa fin. Os

negociadores aliados están deseñando o futuro. Aparece o cadáver

dun oficial norteamericano cos bolsillos cheos de diñeiro. A

investigación parece dar indicios de que pode iniciarse un novo

conflito.

El chico de la caja de madera (Leon Leyson). O autor é o

supervivente máis novo da Lista de Schindler e relata as vivencias

durante o tempo de permanencia no campo de concentración e nos

anos posteriores á súa liberación.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

El cuaderno de Rutka (Rutka Laskier). A autora, unha xudía polaca,

escribe un diario en 1943 que se mantivo oculto durante décadas, ata

que unha irmá decidiu sacalo á luz.

El día D. La batalla de Normadía (Anthony Beevor). Deste autor

tamén: Stalingrado e Berlín. La caída sobre os sucesos bélicos

acaecidos naqueles lugares durante a Segunda Guerra Mundial.

El diario de Helga (Helga Weiss). Autobiografía na que narra as

vivencia dela e da súa familia nos campos de concentración de

Terezin e Auschwitz.

El invierno del mundo (Ken Follet). En 1933 o ascenso do nazismo

resulta imparable e moi pronto poderán apreciarse os efectos da

represión e a tiranía. Desde Inglaterra, numerosas persoas tratarán de

frear esta tolemia que se estende por Europa.

El ejército de Isaac (Mattehew Brzezinski). Está baseada nas

experiencias reais dun grupo de membros da Organización Xudía de

Combate que foi o núcleo do levantamento do gueto de Varsovia de

abril de 1943.

El falsificador de pasaportes (Cioma Schonhaus). Historia real

vivida polo autor do libro cando, no Berlín de 1942, decide pasar a

formar parte da resistencia falsificando pasaportes os que puidesen

escaparse os seus compatriotas xudeus.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

El festín de la muerte (Jesús Díez de Palma). Protagonizada por

nenos e mozos, fixa o seu interese en diversos puntos de vista e

resulta interesante para unha panorámica da Segunda Guerra

Mundial.

El hijo de Noé (Eric Emmanuel Schmitt). No medio da persecución

xudía, un sacerdote cristián ensina aos nenos, aos que oculta para

protexelos, a doutrina xudía tratando,o como fixo Noé, de salvar do

holocausto a memoria da súa relixión e cultura.

El hospital de la transfiguración (Stanislaw Lem). Un xoven

psiquiatra comeza a traballar nun hospital de saúde mental tratando

de dar un trato máis humano aos enfermos, actitude que choca co

desprezo e a deshumanización dos nazis cos enfermos mentais.

El inicio de la tormenta (Jeff Shaara). No inverno de 1942 o exército

norteamericano está a punto de implicarse nas operacións militares

da Segunda Guerra Mundial, concretamente na operación Torch no

norte de África. O xeneral Eisenhower toma nota dos erros

cometidos para o próximo enfrontamento cos alemáns.

El judío de Shangai (Emilio Calderón). O exército xaponés organiza

un gueto xudeu na cidade china. O cónsul de España tratará de

axudar a algúns dos internados coa axuda dunha antiga escrava

sexual do exército xaponés.

El largo viaje (Jorge Semprún). Lembranzas das propias

experiencias do seu paso polo campo de concentración de

Buchenwald.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

El librero de Varsovia (Michael O´Brien). Reflexións entre un

libreiro e un rapaz xudeu ao que dá refuxio tras conseguir escapar do

gueto da cidade polaca. Ao longo dun inverno hai moitas horas para

opinar e contrastar opinións sobre os máis variados temas.

El mapa creador (Emilio Calderón). O Terceiro Reich persegue un

libro que dá resposta aos misterios esotéricos nos que se basean as

súas crenzas. As dificultades económicas da Academia de Belas

Artes de Roma levan a vender un lote de libros entre os que está o

exemplar que buscan os nazis. A partir dese momento a trama

complícase cunha complexa rede de espionaxe.

El método Coué (Javier Menéndez Llamazares). Aventuras dun

piloto da Escuadrilla Azul que combateu xunto aos nazis na Segunda

Guerra Mundial que, ademais de sobrevivir, debe resolver unha

intriga familiar que o leva ás portas da Gestapo.

El niño con el pijama de rayas (John Boyne). Berlín, 1942. Un neno

de 8 anos, fillo do comandante dun campo de concentración, non é

consciente das atrocidades que se están cometendo. Pero todo cambia

cando coñece a un neno xudeu que vive ao outro lado da cerca que

rodea o campo.

El niño del holocausto (Jack Kuper). Historia dun neno de 9 anos

que un día, cando regresa a casa, descubre que os nazis levaron a

toda a familia. Debe sobrevivir sen un lugar seguro no que cobixarse

a través da perigosa Polonia. É un clásico traducido a numerosos

idiomas.

El pianista del gueto de Varsovia (Wladyslaw Szpilman). O autor

era un recoñecido pianista xudeu que estaba traballando para a radio

estatal polaca cando a aviación alemá bombardeo a emisora. Coa súa

familia foi desaloxado da súa casa e tivo que gañarse a vida tocando

en bares nos que se reunían desde traficantes do mercado negro ata

xente da resistencia.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

El pintor de Cracovia (Joseph Bau). Autobiografía dun supervivente

do campo de concentración de Plaszow grazas a que foi incluído na

listaxe de Schindler. Describe a experiencia vivida en medio da

humillación e a morte dos seres queridos.

El puente sobre el río Kwai (Pierre Boulle). Aínda que os datos

concretos son ficción, a obra parte do feito real da construción do

ferrocarril de Birmania entre 1942 e 1943 e describe a historia dun

grupo de prisioneiros británicos obrigados polo exército xaponés a

levantar unha ponte para o citado ferrocarril.

El refugio secreto (Corrie Ten Boom). Tenra historia dun reloxeiro

holandés que, a pesar dos seus escasos recursos, esconde e traslada a

xudeus a lugares seguros para evitar que sexan capturados polos

nazis.

El Reich africano (Guy Saville). A partir da consulta dunha ampla

documentación sobre os plans de Hitler con respecto a África, o autor

imaxina este continente dominado polos nazis.

El séptimo velo (Juan Manuel Prada). O protagonista queres

descubrir as claves do seu pasado, o que o leva a reconstruír escuros

episodios familiares da época da guerra mundial, da guerra civil

española e da historia recente de Arxentina, onde se refuxiaron

moitos criminais nazis.

El soldado olvidado (Guy Sajer). Historia escrita en primeira persoa

por un simple soldado alemán na fronte do leste, un testemuño de

quen viviu as penalidades da guerra nos campos de batalla e de quen

perde toda esperanza de gañar a guerra ante o avance do exército

soviético.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

El tambor de hojalata (Günter Grass). Narra o drama dun neno

polaco que non deixa de tocar o tambor que lle regalaron cando

cumpriu 3 anos para mostrar o seu rexeitamento ao nazismo.

El tiempo de los emperadores extraños (Ignacio del Valle). No

inverno de 1943, na fronte de Leningrado, un soldado da División

Azul é atopado morto nun lago cunha enigmática frase gravada no

peito. Será a primeira vítima dunha cadea de crimes que hai que

desentrañar.

El tren llegó puntual (Heinrich Boll). Narración dos horrores do

conflito bélico a través da mirada dun soldado alemán que se dirixe á

fronte de guerra.

Escapar de Sobibor (Richard Rashke). O campo de concentración de

Sobibor foi o escenario dunha das maiores fugas de prisioneiros e o

libro está redactado a partir das entrevistas do autor con algúns dos

superviventes.

Espada de honor (Evelyn Waugh). Triloxía formada por Hombres en

armas, Oficiales y caballleros e Rendición incondicional unidas polo

personaxe principal, un home que sofre un proceso de desilusión e de

maduración interior e que nas tres novelas vive en escenarios

diferentes ao longo dos anos nos que se desenvolveu a Segunda

Guerra Mundial.

Esta niña debe vivir (Helene Holzman). A autora, alemá, estaba

casada cun xudeu e vivían en Lituania coas súas fillas. Cando entran

os nazis asasinan ao marido e a unha das fillas e a nai determina que

a súa razón de vivir é salvar á outra filla. Pero non é ela a única que

quere salvar vidas axudando aos perseguidos polo réxime nazi.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Estrella amarilla ( Jennifer Roy). A autora conta a historia de Syvia

Perlmutter, unha dos 12 cativos que lograron sobrevivir no gueto de

Lodz en Polonia. Durante máis de 50 anos non quixo contar as súas

experiencias, pero acabou confiándoas á súa sobriña, a autora do

libro.

Europa Central (William Tanner Vollmann). Novela ambientada na

Segunda Guerra Mundial na que o autor examina o comportamento

dunha serie de personaxes reais e outros de ficción que permiten ao

lector comprender moitas das claves dos réximes totalitarios.

Fürer (Allan Prior). Retrato de quen quixo dominar o mundo e

causou millóns de mortos, con tratos da personalidade de A. Hitler

analizados a partir de arquivos periodísticos, notas de diarios e

entrevistas persoais.

General SS (Sven Hassel). Retrato do home que pretendeu dominar

o mundo con datos procedentes da consulta dunha ampla

documentación.

HHhH (Laurent Binet). O título son as siglas dunha frase (Himmlers

Hirn heisst Heydrich, o cerebro de Himmler chámase Heydrich) que

se dicía nas SS de Reinhard Heydrich, Xefe da Gestapo, considerado

o home máis perigoso do III Reich. En 1942, dous membros da

resistencia planifican un atentado para asasinalo pero, delatados por

un traidor e cercados por setecentos homes, suicídanse.

Huérfanos del mal (Nicolás D´Estienne D´Orves). Unha

investigación sobre o programa Lebensborn da SS para crear unha

raza pura desemboca nunha inquietante aventura arredor dos 25.000

nenos que alí foron enxendrados.

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Inverno en tempo de guerra (Jan Terlow). Durante a ocupación

alemá de Holanda, un grupo de resistencia planea o asalto a unha

oficina de racionamento, pero os plans iniciais fracasan e o

protagonista, con tan só 16 anos, debe realizar a arriscada tarefa que

estaba encomendada a outro compañeiro. Pero ademais de loitar pola

liberación da patria ocupada, tamén hai tempo para o amor e a

amizade. Hai versión cinematográfica.

Juego de espías (Michael Frayn). Mentres a Segunda Guerra

Mundial asola Europa, nas rúas de Londres dous rapaces inventan un

particular xogo: espiar os veciños, anotar os seus movementos e

coñecer os seus secretos.

La bibliotecaria de Auschwitz (Antonio G. Iturbe). Historia dunha

nena de 14 anos que estivo no campo de concentración de

Auschwitz, encargándose dunha biblioteca clandestina formada por 8

libros e algúns libros viventes.

La canción de Hannah (Jean Paul Noziere). Nunha pequena vila

mineira de Francia, as xentes falan da guerra como tema cotián pero

sen que cambien as súas vidas. Pero todo cambiará cando os nazis e a

policía comece a arrestar xudeus.

La canción de Jan (Maureen Myant). Logo do asasinato de seu pai

polos nais e separado da súa familia, Jan, con tan só 11 anos, inicia

unha viaxe por varios países en guerra para localizar á súa irmá que

fora dada en adopción a unha familia aria.

La cantante del gueto de Varsovia. Wiera Gran, la acusada (Ágata

Tuszynska). Esta cantante foi acusada de cantar para os alemáns do

gueto e de ser confidente deles. Canta mentres a súa nai e irmá están

no campo de Treblinka. Ata os anos 80 non remitiron as acusacións

sobre ela e a autora reconstrúe a dura vida desta muller.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

La clave está en Rebeca (Ken Follet). Historia de espionaxe durante

a campaña da guerra no norte de África para evitar que o exército

alemán invada Exipto.

La Cruz de Hierro (Willi Heinrich). Descrición de forte realismo

sobre os combates da fronte do leste durante a Segunda Guerra

Mundial.

La habitación de arriba (Johanna Reiss). Relato autobiográfico das

vivencia de cando, de nena, tivo que fuxir da súa casa ante a chegada

dos nazis e durante dous anos permanecer escondida na habitación

superior dunha granxa en Holanda.

La isla de las tormentas (Ken Follet). En 1944 os aliados preparan,

co todo sixilo, a maior operación militar da historia: a invasión da

Europa ocupada polos nazis. Pero un espía alemán descubre os

proxectos inimigos e trata de levar a noticia ata o Alto Estado.

La ladrona de libros (Markus Zusak). Novela na que o amor á

lectura e aos libros axuda a soportar a dura realidade do mundo do

nazismo.

La llave de Sarah (Tatiana de Rosnay). Tratando de non ser

descuberto polos nazis, o irmán de Sarah métese nun armario e ela

pecha a porta cunha chave que garda no bolsillo, pensando que

volverá nun rato. Pero a familia é arrestada na gran redada que os

nazis fan en París en xullo de 1942. Logo de pasar por varios campo

de concentración, a nena logra escapar coa firme intención de

encontrar ao irmá e demostrarlle que non o abandonou.

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

La mandolina del capitán Corelli (Louis de Bernières). Historia de

amor que se desenvolve nunha illa grega en plena Guerra Mundial

entre unha moza do lugar e un oficial italiano.

La mascota (Mark Kurzem). O autor vivía dedicado tranquilamente á

súa vida académica en Oxford ata que un día seu pai desveloulle un

secreto: con 5 anos tivera que escapar aos bosques rusos cando un

escuadrón nazi entrou na súa casa matando a uns e levando a outros a

un campo de concentración. El consegue sobrevivir converténdose na

mascota dos soldados das SS.

La niña de los tres nombres (Tami Shem-Tov). Novela baseada na

historia real dunha nena xudía durante a ocupación nazi, tempo no

que vai cambiando de casa ata atopar refuxio coa familia dun médico

rural holandés, pero sempre ocultando a súa verdadeira identidade.

La niña de la lista de Schindler (Stella Müller Madej). O obxectivo

dos nazis é exterminar a todos os xudeus, de modo que tamén a

pequena Stella será levada a un campo de concentración.

La niña que no besó a Hitler (Stella Müller). Memorias dunha nena

que se opuxo ao réxime nazi e foi deportada a un campo de

concentración.

La noche quedó atrás (Jan Valtin, pseudónimo de Richard Julius

Herman Krebs). Memorias do autor, un comunista detido pola

Gestapo que acabou converténdose nun axente dobre, odiado e

temido tanto por Stalin como por Hitler.

Page 14: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

La ofensa (Ricardo Menéndez Salmón). Historia dun xastre alemán a

quen a guerra levará polo camiño do mal, identificándose co poder, a

ideoloxía e a práctica nazi.

La pianista de Varsovia (Walter Zacharius). Pertencente a unha

acomodada familia xudía, a pianista perde todo ao seren trasladada,

xunto coa súa familia, ao campo de concentración de Treblinka. Ante

o futuro coñecido, seu pai empúrraa do tren en marcha para salvala

dunha morte segura. Soa e sen amparo, percorre varios países

europeos e chega a EE UU, regresando a Francia convertida en espía.

La última vez que vi París (Lynn Sheene). Novela entre romántica e

de guerra pola historia de amor dos seus protagonistas e polo tempo

no que se desenvolve a acción. A través dos ollos da protagonista

podemos imaxinar como foron avanzando os alemáns na cidade na

que, a pesar da guerra, segue sendo unha das cidades máis fermosas

do mundo.

Las benévolas (Jonathan Littell). Transcorridos 30 anos dos feitos e

vivindo unha existencia agradable en Francia, o protagonista decide

contar a súa historia, a dun oficial das SS, pero non porque sinta a

necesidade de xustificarse senón porque quere relatar a historia tal

como el a viviu.

Las hienas de Ravensbruck (Karl von Vereiter). Historia dunha

muller nun campo de concentración exclusivamente feminino que

describe as numerosas situacións denigrantes a que eran sometidas.

Las pinturas desaparecidas (Gauke Andriesse). Historia novelada

sobre aspectos relacionados coas artes na Alemaña nazi e na figura

dun pintor que, rematada a guerra descubriuse como o gran

falsificador de cadros de Vermeer que vendera aos xerarcas nazis por

elevadas sumas de diñeiro.

Page 15: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Los demonios de Berlín ( Ignacio del Valle). Un soldado da División

Azul vive os últimos momentos da guerra e atopa morto a un

científico alemán que ten no seu bolsillo un misterioso diagrama que

parece anunciar aínda máis horror do que está a vivir.

Los desnudos y los muertos (Norman Mailer). Obra moi valorada

pola crítica, narra as accións dunha patrulla de soldados americanos

nunha pequena illa do Pacífico.

Los hornos de Hitler (Olga Lengyel). A autora, unha enfermeira

húngara, foi enviada a Auschwitz, onde pereceu case toda a súa

familia. Este libro é unha especie de homenaxe á memoria das

vítimas daquel terrible campo.

Los niños de Hitler (Guido Knopp). Narración dos métodos de

educación na Alemaña de Hitler.

Los otros niños del pijama de rayas (Licia López de Casenave). Un

relato de vida e esperanza, de tenrura e inocencia centrado nas

vítimas máis inocentes do terror nazi.

Los pájaros también cantan en invierno (Horace Greasley). Historia

dun soldado británico confinado nun campo de prisioneiros dos

alemáns en Silesia, pero que está decidido a sobrevivir ás crueldades

e á degradación a que o someten.

Page 16: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Matad a Rommel (Steven Pressfield). Os ingleses organizan un plan

para deter o exército do África Korps que dirixe Rommel. No relato

descríbense as dificultades de guerra no deserto, así como as armas e

as tácticas empregadas.

Misión Odín (James Holland). Historia centrada na invasión alemá

de Noruega durante a que tres oficiais da Garda Real tratan de sacar

de Oslo a un científico que ten un secreto que podería cambiar o

rumbo da guerra.

Morir bajo dos banderas (Alejandro M. Gallo). Rematada a Guerra

Civil española, moitos dos españois que combateron ao fascismo

continuaron a loita nos campos de batalla europeos durante a

Segunda Guerra Mundial en lugares tan dispares como o norte de

África ou Normandía.

Nunca jamás (Dunia Wasserstrom). A autora foi a única

supervivente do convoi de mil mulleres francesas enviadas ao campo

de Auschwitz e nesta obra revive as experiencias vividas naqueles

terribles momentos.

Pimpinela escarlata en Vaticano (J.P. Gallagher). Narra a historia

real dun sacerdote católico que realizou numerosas accións

clandestinas para salvar a persoas en perigo de ser detidas polos

alemán. Pero un coronel das SS sospeita das súas actividades,

establecéndose entre eles unha intensa rivalidade.

Reunión (Fred Uhlman). Obra breve pero intensa e de grande éxito

de público centrada en dous personaxes, dous amigos inseparables

ata a chegada de Hitler ao poder. Entón, un deles entra a formar parte

das milicias nazis e o outro, por ser xudeu, ten que exiliarse. Pasados

os anos, o xudeu dá os pasos para reencontrarse co amigo da

xuventude esquecendo os pasados e tráxicos episodios da guerra.

Page 17: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Rosas blancas para Wolf (Carlos Hugo Asperilla). Desencanto dun

adolescente cando ve que todo o seu mundo de xove hitleriano

comeza a desfacerse: seu pai loita na fronte do leste sen éxito, a súa

irmá pertence a un grupo de resistencia contra os nazis. Deste modo,

o protagonista terá que decidir por si mesmo onde está a verdade e a

xustiza.

Sadako quiere vivir (Karl Bruckner). O exército americana prepárase

para vingar o ataque da Pearl Harbour mentres os nenos de

Hiroshima tratan de burlar a fame con xogos e paseos, pero aínda

máis terrible será a vida despois da explosión atómica.

Seis tumbas en Múnich (Mario Puzo). Un axente da intelixencia

norteamericana é enviado a Europa pero cae, xunto coa súa muller,

en mans da Gestapo, sendo sometidos a unha gran violencia en

Múnic e asasinados. Pero horas máis tarde o axente é atopado vivo e

desde entón comeza a organizar os seus plans de vinganza.

Si esto es un hombre (Primo Levi). Lembranzas autobiográficas de

quen sufriu a amarga experiencia no campo de concentración de

Auschwitz.

Sin destino (Imre Kertesz). Durante case dous anos, o autor, sendo

un adolescente, viviu en varios campos de concentración,

experiencias que narra con fría obxectividade.

Sin respiro (William Boyd). A vida de Eva Delectorskaya é un relato

de espionaxe e contraespionaxe entre Inglaterra e EE UU que a

protagonista contará, pasado o tempo á súa filla.

Page 18: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Sola ante el león (Simone Arnold Liebster). Autobiografía das

experiencias vividas por unha nena de 12 anos durante a ocupación

nazi de Francia durante a que decidiu non ceder ante a presión e as

ameazas dos invasores, a pesar do acoso sufrido na escola e no

cárcere.

Soldados de plomo (Uri Orlev). Autobiografía do autor lembrando

cando era neno e foi confinado no campo de concentración de

Bergen Bersen.

Tengo quince años y no quiero morir (Christine Arnothy).

Narración das lembranzas dunha nena de quince anos que viviu o

asedio da súa cidade, Budapest, polos nazis durante a Segunda

Guerra Mundial.

Tiempo de vivir, tiempo de morir (Erich María Remarque). Relato

das penalidades dun militar que trata de encontrar a súa familia entre

as ruínas da devastada Alemaña.

Todo lo que cabe en los bolsillos (Eva Weaver). Vida no gueto de

Varsovia relatada a través de varios personaxes.

Trenes rigurosamente vigilados (Bohumil Hrabal). Amable e

entrañable historia sobre a resistencia fronte ao invasor alemán

protagonizada polos empregados dunha estación de tren dun pequeno

pobo polaco.

Page 19: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Trilogía de la noche, el laba y el día (Elie Wiesel). Novela

autobiográfica deste Premio Nobel. Secuencia da historia dun

adolescente nos campos de extermino nazis (a noite), o posterior

período de reflexión en Palestina (a alba) e a historia de amor en

Nova York, consciente que a ferida non se pechará (o día).

Un niño afortunado (Thomas Buergenthal). Autobiografía dun neno

xudeu que sobreviviu aos campos nazis, formouse en EEUU e

converteuse en xuíz no Tribunal da Haia. A experiencia persoal fixo

del un defensor da xustiza e dos dereitos humanos.

Un oscuro viaje (Alan Furst). En maio de 1941 un barco navega con

bandeira da España neutral rumbo a Túnez, pero en realidade é un

mercante holandés fretado pola intelixencia británica para levar a

cabo a misión de salvar a un grupo de refuxiados e perseguidos polos

réximes fascistas.

Unha bolsa da canicas (Joseph Joffo). Narra as peripecias dunha

familia que vive en París. Cando a cidade foi ocupada, o

protagonista, de 10 anos, e seu irmán escapan da cidade e terán que

gañase a vida con inxenio para sobrevivir.

Una vez (Morris Gleitzman). Un neno xudeu de 10 anos agrada nun

orfanato a que seus pais veñan a buscalo. Pero cando descobre que os

nazis matan aos seus, escapa para buscar a seus pais. Talvez teña

sorte e os atope e pase algo bo polo menos unha vez na súa vida.

(Triloxía: Una vez, Entonces, Ahora).

Unos por otros (Philip Kerr). Un detective decide investigar a un

famoso sádico, un espía das SS capaz de infiltrarse entre os aliados,

pero no curso da investigación xurdirán moitas sorpresas.

Page 20: NOVELAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL · El arca de Schindler (Thomas Keneally). Novela baseada en feitos reais que narra os esforzos do empresario nazi Oskar Schindler para

Vida y destino (Vasssilli Grossman). Relato biográfico de quen foi

corresponsal de guerra ruso e viviu a batalla de Stalingrado e todo o

que rodeo ao conflito bélico: os campos de castigo soviéticos, de

concentración alemáns, guetos xudeus, científicos, estados maiores

dos exércitos e moitas historias entrelazadas que ofrecen unha visión

global da guerra.

Volando solo (Roald Dahl). Autobiografía de quen foi piloto de

combate na Segunda Guerra Mundial e sufre un accidente en terras

africanas.

Vuelo final (Ken Follet). No comezo da Segunda Guerra Mundial, o

servizo de intelixencia británico sospeita que os alemáns teñen un

novo sistema de radares que lles permiten derrubar tantos avións

inimigos, de modo que cómpre organizar un plan para tratar de

coñecer os secretos dos nazis.

Y los violines dejaron de sonar (Alexander Ramati). Relata a fuxida

dun reducido grupo de xitanos que foxen desde o sur de Polonia a

través de Checoslovaquia e Hungría tratando de escapar do exército

alemán.

Yo combatí en el ejército rojo (Dimitri Konstantinow). Dramatismo

intenso nas descricións dos sucesos que sufriron millóns de persoas,

situacións reais que superan a fantasía e a imaxinación.

Yo fui medico del diablo (Enrique Sánchez Pascual, baixo o

pseudónimo de Karl von Vereiter, o protagonista da novela). Hans

von Klüberg foi un médico do exército alemán que foi acusado de

prestar axuda aos xudeus, polo que foi enviado ao campo de

concentración de Dachau e obrigado a participar, contra a súa

vontade e baixo coaccións, nos experimentos con xudeus, xitanos,

homosexuais…