6
TEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias segundo a composición química do material xenético en dou: Reino Eubacteria e Reino Arqueobacteria. As bacterias son procariotas. Poden ser aerobias (usan osíxeno) ou anaerobias (non usan osíxeno) Poden ser autótrofas e heterótrofas. Poden ser simbióticas( viven asociados a outros e teñen beneficio mutuo), saprófitas(aliméntanse de materia orgánica en descomposición) ou parasitos(aliméntanse doutros organismos vivos causándolle prexuízo). Poden ser: Alongadas (bacilos) Redondeadas (cocos) Espirais ( espirilos e espiroquetas), ... Clasifícanse en : Arqueobacterias: son as máis antigas e viven en ambientes extremos (fontes termais, volcáns, ...) Eubacterias: son as máis abundantes. Dentro deste grupo están as cianobacterias que poden producir osíxeno mediante a fotosíntese. Para combater ás bacterias úsanse ANTIBIÓTICOS . ¿POR QUE SON IMPORTANTES? Permiten o mantemento dos ecosistemas:descompoñen a materia orgánica dos cadáveres e outros restos de seres vivos e convértena en materia inorgánica. Crean asociacións beneficiosas:son simbiose coma a das bacterias no intestino humano, elas se nutren e nos protexen de outros microorganismos que producen enfermidades. Producen bens e servizos: producen iogur a partir da leite, depuran augas residuais, son medicamentos... REINO PROTOCTISTA Os protistas están formados por ALGAS E PROTOZOOS:células eucariotas unicelulares e pluricelulares. Poden ser autótrofos (como as algas) ou heterótrofos (como os protozoos).

TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

TEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS.

REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias segundo a composición química do material xenético en dou: Reino Eubacteria e Reino Arqueobacteria.As bacterias son procariotas. Poden ser aerobias (usan osíxeno) ou anaerobias (non usan osíxeno)

Poden ser autótrofas e heterótrofas.Poden ser simbióticas( viven asociados a outros e teñen beneficio mutuo), saprófitas(aliméntanse de materia orgánica en descomposición) ou parasitos(aliméntanse doutros organismos vivos causándolle prexuízo).

Poden ser:Alongadas (bacilos)Redondeadas (cocos)Espirais ( espirilos e espiroquetas), ...

Clasifícanse en : Arqueobacterias: son as máis antigas e viven en ambientes extremos (fontes

termais, volcáns, ...) Eubacterias: son as máis abundantes. Dentro deste grupo están as

cianobacterias que poden producir osíxeno mediante a fotosíntese.Para combater ás bacterias úsanse ANTIBIÓTICOS.

¿POR QUE SON IMPORTANTES? Permiten o mantemento dos ecosistemas:descompoñen a materia orgánica

dos cadáveres e outros restos de seres vivos e convértena en materia inorgánica.

Crean asociacións beneficiosas:son simbiose coma a das bacterias no intestino humano, elas se nutren e nos protexen de outros microorganismos que producen enfermidades.

Producen bens e servizos: producen iogur a partir da leite, depuran augas residuais, son medicamentos...

REINO PROTOCTISTAOs protistas están formados por ALGAS E PROTOZOOS:células eucariotas unicelulares e pluricelulares.Poden ser autótrofos (como as algas) ou heterótrofos (como os protozoos).

1. ALGAS: son autótrofos (fan a fotosíntese). Poden ser unicelulares ou pluricelulares.

UNICELULARES:adoitan ser móviles por flaxelos ou reptar. PLURICELULARES: sempre teñen parede celular, son fortes e a maioría

inmóbiles. Posúen pigmentos: clorofila ou outros…

TIPOS: ALGAS VERDES :con pigmentos clorofílicos.Mariñas ou auga doce.Unicel ou

pluricleulares.

Page 2: TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

ALGAS PARDAS:con pigmentos pardo-verdosos. Mariñas e pluricleulares. ALGAS VERMELLAS:con pigmentos pardo-vermellos. Mariñas e pluricleulares.

¿POR QUE SON IMPORTANTES? Permiten o mantemento dos ecosistemas. Producen materia orgánica

que serve para os organismos heterótrofos. Empréganse na alimentación humana. Ingrediente de ensaladas ,

sopas... Delas obténse produtos para a industria.En agricultura como

fertilizantes. En acuicultura para alimentar larvas...ATENCIÓN: as mareas vermellas son una proliferación masiva de algas que producen unha intoxicación e a morte de peixes. Se consumes moluscos contaminados podes intoxicarte!!!

2. OS PROTOZOOSSon organismos EUCARIOTAS, HETERÓTROFOS, UNICELULARES, NON TEÑEN PAREDE CELULAR e MÓVENSE CON FLAXELOS, CILIOS OU PSEUDÓPODOS.

Son de vida libre ou viven na auga doce ou mariña ou no chan. Algúns son parasitos.

Reprodúcense:- asexualmente por:BIPARTICIÓN ou PLURIPARTICIÓN.(unha célula dá

lugar a mais de unha idéntica a nai)- sexualmente por CONXUGACIÓN (unión temporal para intercambiar

copias de material xenético)

Son HETERÓTROFOS. Algúns depredadores e outros detritívoros(se alimentan de materia orgánica morta). Os protozoos PARASITOS producen graves enfermidades nos seres humanos. Nalgúns casos transmítense mediante insectos, moluscos ou vertebrados nos que pasan algunhas fases do ciclo da vida. Exemplos: Enfermidade do sono (transmitida pola mosca tsé-tsé que alberga o protozoo “Trypanosoma”).TIPOS DE PROTOZOOS:

FLAXELADOS utilizan flaxelos. Son os protozoos máis primitivos

CILIADOS utilizan cilios para moverse: son pequenas estruturas que a célula move a modo de remos.

RIZÓPODOS emiten prolongacións do corpo chamadas pseudópodos, son falsos pés.

ESPOROZOOS son inmóbiles. Todos os individuos deste grupo son parasitos. Exemplo:Plasmodium falciparum. Produce a enfermidade chamada malaria, ou paludismo. Esta enfermidade é a principal causa de morte nalgúns países africanos do Sudeste asiático e Sudamérica.

Page 3: TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

-----------------------------------------------------------------------------------------------------Os FUNGOS son eucarióticos, heterótrofos, unicelulares ou pluricelulares. Teñen parede celular pero non teñen celulosa. Poden reproducirse sexual e asexualmente.

Poden ser UNICELULARES: como no caso dos FERMENTOS. Utilízanse na industria para producir bebidas alcohólicas, pan, biscoitos...

PLURICELULARES: como os MOFOS(descompoñen a materia orgánica) e os cogomelos(descompoñen a follaxe das árbores). Están formados por células asociadas que non organizan tecidos. Esta asociación celular chamase HIFA. As hifas ramifícanse formando unha rede chamada MICELIO. O micelio atópase xeralmente no chan e si non se arranca, mantense dunha temporada á seguinte.

MICELIO

Cando un fungo e unha alga se asocian en simbiose aparecen uns organismos que poden independizarse parcialmente na auga: OS LIQUES.A alga fai a fotosíntese polo que lle da ó fungo a materia orgánica que precisa.O fungo dalle protección a alga fronte a desecación.Na actualidade utilízanse como indicadores da contaminación porque non se desenrolan en zonas contaminadas.Tamén na cosmética e na industria farmacéutica.

¿POR QUE SON IMPORTANTES?

Manteñen o funcionamento do ecosistema terrestre:descompoñen materia orgánica e a converten en inorgánica.

Empréganse na alimentación humana: os cogomelos.Os fermentos do pan , leite e alcohol.

Producen antibióticos:sustancias químicas que eliminan bacterias ou deteñen o seu crecemento. Alexander Fleming na metade do século XX descubiru o primeiro antibiótico-a penicilina.

Atención!: só uns cantos fungos producen enfermidades, exemplo: no pelo, nas uñas e na pel, chámanse micoses.-----------------------------------------------------------------------------------------------------Os virus son SERES ACELULARES xa que necesitan penetrar nas células e usar toda a súa maquinaria para formar novos virus. Presentan material xenético pero carecen de citoplasma e orgánulos.Existen virus específicos para infectar a cada grupo de células.

Page 4: TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

Están formados por unha cápsida (serve como cuberta protectora) + ácido nucleico (ADN ou ARN=material xenético) e unha envoltura membranosa que rodea a cápsida.FUNCIÓNS VITAIS:Só realizan a función de REPRODUCIÓN.Necesitan parasitar porque non se nutren.Para reproducirse introducen o seu material xenético nas células dos seres vivos.Ciclo da vida dun virus:

1. Os virus únese á membrana da célula.2. O virus(ou o material xenético) pasa ó interior da célula.3. O virus fai copias do seu material xenético e as proteínas

da cápsida4. Ensamblaxe: fórmanse as nucleocápsidas dos novos virus.5. Liberación: os virus saen da célula rompendo a célula

parasitada.

Moitos virus causan enfermidades contaxiosas, por exemplo, o ébola,a sida, a gripe, hepatite B, o sarampelo, ...Na actualidade podes vacunarte contra algúns deles: xarampón, poliomelite, cancro de útero...

ACTIVIDADES:

1. OS PROTOZOOS SON:

a)unicelulares e moitos de vida libre

b)grandes e heterótrofos

c)unicelulares e autótrofos

d)parasitos e pluricelulares

Page 5: TEMA 10: VIRUS, BACTERIAS, PROTISTAS E FUNGOS€¦ · Web viewTEMA 7: REINOS DAS BACTERIAS, PROTOCTISTAS E FUNGOS. OS VIRUS. REINOS DAS BACTERIAS. Carl Woese diferenciou as bacerias

2. AS ALGAS UTILÍZANSE:

a) para producir tecidos

b) para producir vitaminas

c) como alimento

d)para descompoñer materia orgánica