EditorasMaría do Cebreiro RábadeDolores Vilavedra
Edita© CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2013Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro15705 · Santiago de CompostelaT 981 957 202 · F 981 957 [email protected]
© Dos textos, as autoras
Proxecto gráficoImago Mundi Deseño
RealizaciónLúdica7
Depósito Legal: C 1749-2013ISBN 978-84-92923-27-4
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 2
Cantares para RosalíaNove poetas galegas dialogan cos seus versos
Santiago de Compostela, 2013
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 3
5
Oprograma do Congreso Internacional Rosalía de Cas-tro no século XXI. Unha nova ollada, iniciativa que oConsello da Cultura Galega organizou e desenvolveu
entre febreiro e xuño de 2013, acolleu o 21 de marzo un fer-moso recital poético, co que se coroou unha das sesións daquelcongreso. Nove poetas galegas cantaron e homenaxearon, centocincuenta anos despois, a autora dos Cantares gallegos (1863),nun íntimo e persoal diálogo cos seus versos aurorais.
Aquel recital, coordinado polas profesoras María doCebreiro Rábade e Dolores Vilavedra e presentado pola xor-nalista Comba Campoy, propiciou esta publicación dos Can-tares para Rosalía, creados e ditos por Lupe Gómez Arto, LuzPozo Garza, María Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana AriasRego, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto eAna Romaní. A música da palabra, agora impresa, vén a unir-se ás outras iniciativas coas que esta institución quixo honrara nosa primeira autora, quen cantara, con apaixonada deter-minación, a súa patria, as súas xentes e a súa lingua.
CANTARES NOVOS CON ROSALÍA
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 5
6
Cantart’ei, Galicia,Teus dulces cantares,Qu’así mó pedironNa veira do mare.Cantart’ei, Galicia,Na lengua gallega, Consolo dos males,Alivio das penas.
Viron os Cantares gallegos novamente a luz en edición facsi-milar, impulsada pola Xunta de Galicia, o Parlamento de Gali-cia e o Consello da Cultura Galega; e, logo do recital referido,foi tamén Rosalía a protagonista do Concerto Día das LetrasGalegas, en San Domingos de Bonaval, e da edición –poemas epartituras– do libro Aqueles doces cantares. Unha ofrenda musi-cal a Rosalía de Castro. Bonaval acolleu, así mesmo, o recital Nobico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía. Máis de catro-centas voces infantís compuxeron imaxes e sons únicos ao abei-ro do Panteón de Galegos Ilustres, onde a nosa cantora repou-sa, na súa Compostela natal, desde 1891.
Moito debe Galicia, e non só as letras galegas, ao «grandeatrevemento» de Rosalía de Castro (1837-1885) para idear,escribir e dar a lume en 1863 os Cantares gallegos. A poeta, lúci-da e valente, soubo dar pasos decisivos para o rescate e a reivin-
Ramón Villares
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 6
PRESENTACIÓN
7
dicación da lingua, da expresión popular, para a defensa e a rei-vindicación da Galicia, «a miña infeliz patria», que malvivía nasegunda metade do século XIX, da Galicia descoñecedora dacrucial significación do libro saído da imprenta de Juan Com-pañel no número 12 da rúa Real de Vigo. Versos para a defen-sa da necesaria dignificación da lingua e da patria, defensa con-xunta e irrenunciable, «móvil principal que me impeleu apubricar este libro», con case todo por facer, como correspondea un verdadeiro momento auroral, que Rosalía subliña candoanota que puxo «o maior coidado en reprodusir o verdadeiroesprito do noso pobo». A poeta anunciaba unha alborada.
A esa alborada veñen a sumarse agora nove poetas gale-gas deste tempo, que, coa súas novas olladas, proxectan eenriquecen, no século XXI, o resultado da creatividade rosa-liana. Aquí están os seus versos, cos que as poetas quixeroncantar os Cantares. Nove poetas, guiadas por una musa única,celebraron deste modo a chegada dunha nova primavera.O recital poético foi, alén dunha merecida homenaxe, uncontributo orixinal para a celebración entre nós do Día daPoesía, que cadrou exactamente naquel día de estudo da obrade Rosalía. Agradezo ex toto corde a xenerosidade coa queestas nove musas de hoxe aceptaron o convite do Consello eacudiron á chamada da poesía que representan de parcería aprimavera e a propia Rosalía.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 7
9
As efemérides son unha escusa para proxectar un feixede luz nova naquelas partes de nós que, no remuíñodo día a día, guindamos ao faio. O 21 de marzo de
2013 concentráronse as efemérides, e no día da poesía queinaugura a primavera, aínda no mes das mulleres, celebra-mos o ano 150 da publicación dos Cantares gallegos. Abri-mos as ventás da casa e deixamos que entrase a luz da albo-rada luminosa, aínda que chovese miudiño, anque ventaseforte. Que entrase o aire fresco da mañá e espertasen da súaletarxia os versos fundamentais que inauguraron unha novaetapa no relato da nosa historia común. Conmemoramos aaparición dun poemario fundamental. Alegato poético epolítico, proxecto consciente dunha muller por traducir enversos o sentimento dun pobo do que se sente parte. Unpobo que chegou a identificarse cos Cantares até facelos pro-pios. Unha muller que escribe e que se considera escritoraprofesional, mal que lles pesara ás mentes bempensantes, malque lles pese aínda hoxe. Muller poeta e escritora, infeliz-
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 9
10
Comba Campoy
mente reducida a clixés durante anos, comeza pouco a poucoa liberarse dos hábitos aos que a tiñan condenado. Falamoshoxe dunha Rosalía do século XXI, á que as lectoras contem-poráneas poidan achegarse sen prexuízos e conscientes davixencia da súa poesía. Que as escritoras e os escritores destetempo a fagan súa, que se nutran dela, que beban da súasavia para tecer novas teas, mais non en soidade.
Son eses os Cantares que viñemos cantar. Os mesmos quenove Rosalías, nove mulleres que enchen a súa vida coa escri-ta e nola enchen a nós, lectoras, vestiron para festexar o díada poesía. Nove mulleres cunha musa soa. Os versos dosCantares servíronlles de fromento e os versos levedaron nacunca das súas mans. Ofrecéronnos boliños quentes de gos-tos e feituras variadas, mais todos eles deliciosos ao padal.Froito da alta cociña poética, velaquí un menú co que nosagasallaron: todo el é Rosalía, deconstruída e reinventada senperder o sabor orixinal nin a intensidade da mordida.
O primeiro prato bebe dos versos do cantar primeiro, oque abre o poemario e anuncia o propósito da autora. Par-tindo dunha estrofa popular, en xogo literario similar ao quenesta ocasión abordamos, o eu poético sitúase nunha moci-ña á que lle piden que cante “na lengua que eu falo”. O inter -locutor descóbrese axiña nas ondas do mar, nos cauces do
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 10
ADRO
11
río, na paisaxe fermosa que inspirará moitos dos cantares, enas xentes que a habitan. A lectura é clara: Cantares gallegosé a resposta á chamada dun pobo, dunha terra, para que res-titúan a súa voz perante o silenciamento e as afrontas ás quea teñen condenado. Lupe Gómez foi convidada a xogar cosversos deste poema-manifesto.
Canta si queres,/ Rapaza do demo,/ Canta siqueres,/Dareich’ un mantelo.
Canta si queres/ Na lengua qu’ eu falo,/ Dareich’ unmantelo./ Dareich’ un refaixo1.
Avanzamos polo poemario e detémonos na primeira estro-fa do segundo cantar, onde o eu poético se confunde facil-mente coa voz da autora. O pretexto do agre desamor nonimpide imaxinar á poeta detrás da Rosa magoante e magoa-da que entoa o lamento. Luz Pozo dialoga con estes versos:
Nasin cand’ as prantas nasen,/ Nô mes das froles nasin,/Nunh’ alborada mainiña,/ Nunh’ alborada d’ abril.
1 Cantares gallegos,Madrid, Librería de D.Leocadio López, editor,1872. (Imprenta Riva-deneyra). De agora endiante, sempre que seciten os Cantares serápor esta edición.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 11
12
Por eso me chaman Rosa,/ Mais á dó triste sorrir,/ Conespiñas para todos,/ Sin ningunha para tí.
Deixámonos levar polo arrolo dos Cantares até caernaquel que glosa as verbas populares “con esta miña gaiti-ña/ás nenas hei de enganar”. Baixo a aparente levidade dunsversos que poderían parecer costumistas, este poema des-venda a outra cara do gaiteiro. Tras a ledicia das festas, oengano ás mociñas. O poema « Un repoludo gaiteiro» é unretrato acedo da afectividade campesiña, da pretendida libe-ralidade dalgúns contextos, falsa paréntese no habitualclima de represión sexual do mundo tradicional galego. A voz poética de María Xosé Queizán adéntrase neste esce-nario trazado por Rosalía.
A seguinte parada déixanos no terreo do medo. O mouchoxorde das tebras como ser terrorífico. A moza que camiñasoa, exposta ás ameazas dun mundo que a reclúe ao ámbitodo fogar, estremécese diante da visión. Mais reponse e lanzao seu desafío ao paxaro nocturno. Sexas home ou sexas mou-cho: non che teño medo! Olalla Cociña, que aprendeu a falarcos mouchos e as curuxas para non terlles medo, glosa o can-tar «Eu ben vin estar ó moucho».
Comba Campoy
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 12
ADRO
13
Arrepuïñadas todas/ As carnes se me puñeron,/ E oscabelos no curuto/ Fórons’ erguendo direitos:/ Gotas desudor corrian/ Afio pó lo meu peito,/ E trembaba comotremban/ As auguas, cando fay vento,/ Ná pia da fontenova/ Que sempre está revertendo.
Detémonos agora no cantar «Roxiña cál sol dourado».Neste poema amósase indiscutibelmente a face crítica daautora, que non por cantar o amor pola súa terra ignora asinxustizas que nela proliferan. A meniña da montaña, lavan-deira desterrada á vila, sofre de saudade e do desprezo dosveciños. Ela arreponse firme, mantén o orgullo fronte ásinxustizas e ao desclasamento. Os versos de Xiana Arias ins-píranse naqueles que din...
Por eso á meniña hermosa,/ Foxe d’ alegre fontiña,/ Talcomo triste ovelliña/ Que trema de dor queixosa./ Vaysentida, vay chorosa,/ Mentras lle cantan con saña:/ —¡Da montaña! ¡da montaña!
Y ela, que de tal s’ estraña/ Ferida no que mais sinte,/Qu’ á maltraten non consinte,/ Y así lles contesta uraña:/
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 13
14
Anque ché son da montaña,/ Anque ché son montañesa,/Anque ché son, non me pesa.
As musas xogan agora co poema «Non che digo nada...».De novo a fraseoloxía popular serve de escusa para articularunha reflexión sobre o mundo que rodea á poeta. Hai tantode inexplicábel na forma en que funcionamos as persoas,gobernadas polas aparencias e os prexuízos que... Non chedigo nada... pero vaya! Correspóndelle a Yolanda Castaño glo-sar estes versos:
Pasan n’ aquesta vida/ Cousiñas tan extrañas,/ Tan rarosfeitos vense/ Neste mundo de trampa;/ Tantos milagresvellos/ Tan novas insinanzas,/ E tan reboltos allos/ Connome d’ ensaladas,/ Que non che digo nada…/ Perovaya!
A música, presente en todos os cantares, soa de xeito espe-cial no titulado «Vente, rapasa». O eu que o canta, a ritmode muiñeira, vai interpelando en ton retranqueiro todo o seucontorno. Un lenzo brincadeiro da vida labrega, do que Estí-baliz Espinosa glosa dúas estrofas xunto con algúns versos de«Eu ben vin estar ó moucho» e «Campanas de Bastabales».
Comba Campoy
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 14
ADRO
15
Gachi, gachi,/ Que dencho de gato!/ Como se farta/ Noprebe do prato!
Inda rebentes,/ Larpeiro rabudo!/ Qu’ inda na gorxa/Ch’ aperten un nudo!
A oitava musa atopámola no poema que comeza copopular «Como chove miudiño». De novo o espazo natu-ral é o asento desde o que expresar unha fonda saudade.Os lugares queridos da poeta van pasando polos seus ollos,atravesando aquel manto de orballo que axitara a súamelancolía. E a casa da familia materna, metáfora do des-moronamento da fidalguía galega está nos versos dos quebebe Lorena Souto.
E tamen vexo enloitada/ D’ Arretén á casa nobre/Dond’ á miña nay foy nada,/ Cal viudiñaabandonada/ Que cay triste ô pe d’ un robre.
Ali esta sombra perdida/ Vós sin son, corpo sin alma,/Amazona mal ferida/ Qu’ ô sentir que perd’ á vida/ Seadormece en xorda calma.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 15
16
Chegamos á fin deste cantar colectivo. Facémolo dialogan-do coa «Alborada», xogo musical e luminoso, un estalo dealegría, onde Rosalía, xa case pechando os Cantares, chama ásonoridade, á solidariedade entre mulleres. Así o sentimosnesa estrofa exultante coa que dialoga Ana Romaní, e que éun agasallo para o ánimo nestes tempos sombrizos:
Arriba!/ Todas, rapaciñas do lugar!/ Que ó sol/ Y áaurora xa vos vén á dispertar.
Comba Campoy
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 16
18
ROSALÍA DE CASTRO
Canta si queres,Rapaza do demo,Canta si queres,Dareich’ un mantelo.
Canta si queresNa lengua qu’ eu falo,Dareich’ un mantelo.Dareich’ un refaixo.
(Do poema «As de cantar»)
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 18
CARTA-CHAQUETA DE FARRAPOS VELLOS PARA ROSALÍA
19
— Pequeno discurso para nenos sen memoria: Creo quecantar é contaxioso, e que por iso vale a pena o Canto.Cando vou coa miña veciña Lola de Fisteus ao río ou aocemiterio, ela canta e pásao tan ben cantando, ela é tan feliz,que a min tamén me dan ganas de cantar, aínda que eucanto moi mal. Rosalía era, e segue sendo, unha poeta moigrande, pero tamén me gusta vela e imaxinala como unhamuller “pequeniña”, porque creo que a ela gustaríalle versea si mesma así, pequeniña, porque era moi sinxela, moihumilde, moi humana.
— Oración fúnebre: Para que te sintas contenta na túatumba de herba e para que os airiños te leven a un LUGARque é moi bonito porque en realidade NON EXISTE.
— Afirmación dunha Nube Pasaxeira: UN BOLÍGRAFOÉ UNHA NAVE ESPACIAL.
CARTA-CHAQUETA DE FARRAPOS VELLOS PARAROSALÍA
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 19
20
— REMITE-Lupeverdiazul, nena que vive nun paraíso deacróbatas ilusionados.
— Postdata debuxada no túnel dos DESEXOS: Chegaráun día no que seremos libres, humanas e pequeniñas como aenerxía subterránea das flores e dos automóbiles.
— Compostela- Barrio da Fantasía e do Amor- 5-febrei-ro-2013
Querida amiga Rosalía- Elefante de Terra e de Cristal:Gústame máis escribir cartas para persoas mortas que para
xente viva, porque os mortos escoitades mellor e sentidesmáis profundamente a Caligrafía Secreta das NUBES. Ti esa miña Amiga desde sempre, desde o 24 de febreiro de1837, cando naciches para encher o mundo con perfumeelegante de camelias. Eu vou nacer, e vou morrer, o 12 defebreiro de 1972, nunha casiña velliña de PEDRA. A Pobre-za é un proxecto político. Agora vivo nunha preciosa e húme-da Casiña de Chocolate en Compostela, na Rúa dos Bas-quiños, Barrio da Beleza Desordenada, moi cerca da túamarabillosa tumba de Bonaval. Na lingua que eu falo. Noestómago político das vacas. Teño unha HORTA CÓSMICA
Lupe Gómez Arto
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 20
CARTA-CHAQUETA DE FARRAPOS VELLOS PARA ROSALÍA
21
e algunhas noites abrazo intensamente a túa Poesía: os “Can-tares Gallegos”, as “Follas Novas”. Abrazo ás árbores e ásestrelas enigmáticas do Ceo para sentirme Galega e Estran-xeira como os ollos dos Gatos. Dareiche un mantelo. Darei-che un refaixo. Os elefantes corrían costa abaixo, chocando coaNéboa. Durante moito tempo –anos, séculos, toda a miñainfancia, toda a miña adolescencia– a túa OBRA LITERA-RIA e o teu nome perfecto e santo, pesáronme moitísimo,como se ti, a poeta máis guapa do mundo, foses un XUSTI-LLO que me impedía falar, expresarme, manifestar os meussentimentos, a miña feminidade, o meu amor. Canta, si que-res, rapaza do demo. As vacas corrían costa arriba chocando coscornos máxicos das bolboretas brancas. Redescubrinte, Rosalía,mirándome na auga limpa do Río de Fisteus e cantando ale-gres cancións coa miña veciña Lola, agricultora que chora ebaila na Feira de Curtis, os días 9 e 23 de cada mes. “O amorda costureira era Papel e mollouse. Agora, costureiriña, o teuAmor acabouse.” Agora quérote moitísimo, Rosalía. Queromoitísimo as Sombras Negras e Brancas que navegan noocéa no do teu mantelo, no bosque animado do teu refaixo.Unha mazá é un proxecto político. Eu creo que a Morte é decor Branca, aínda que todas as estadísticas digan que a morteé negra. Eu creo que ti, Rosalía, es vital, loitadora e alegre, e
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 21
22
a morte tamén é alegre, aínda que os medios de comunica-ción digan mentiras e vomiten moito lixo. Unha Nai é comoun mapa para orientarnos na Vida. A miña Nai morreu o 20de xaneiro deste ano 2013 e con ela tamén morreu o alentodas miñas palabras, pero ti mais eu sabemos que non esta-mos soas, porque temos amigos e amigas, e no Final de todasas Preguntas, sentímonos cada vez máis enraizadas na Terra,no corazón da Terra.
— Grafitti cheo de Nostalxia: Non estamos sós, non esta-mos soas porque seguimos tendo a poesía de Uxío Novo-neyra. Gustaríame invocar aquel poema seu que dicía:
SOLA da Terra ti sabes que o ceo non é noso.Poden inseguranza e desamparo i acolleste ós bés certosa casa! o val! a patria homilde!Nosa patria pola que ti clameas furando a noite!
Lupe Gómez Arto
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 22
CARTA-CHAQUETA DE FARRAPOS VELLOS PARA ROSALÍA
23
— CARTA PEQUENIÑA PARA FACER UNHA FESTANO BOSQUE:
7-febreiro-2013
Querida Rosalía- Barquiño Acuático:Escríboche esta carta minúscula para que o teu corazón
sexa forte e lixeiro como o corazón misterioso dun paxaro;para que non che pesen moito os ollos aínda que teñas unhaNEGRA SOMBRA escrita e debuxada na alma. Hai bicicle-tas namoradas na barriga intimista dos cabalos. Hai neve,moita neve nos prados e na lingua que eu falo. Ser traducidas aoutros IDIOMAS resulta necesario e vital para nós, para nonafogar dentro das nosas propias palabras. É como escoitaratentamente a música desesperada dun piano. O mundo égrande, ancho. Falamos o italiano, o portugués, o alemán, ofrancés, o inglés, o castelán. Habitamos Lugares marabillo-sos, carballeiras cheas de AUGA.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 23
24
— Música para lobos:
Cantamos para quea noite sexamenos eterna.
— Cantiga que naceu na sombra dunha árbore chea deflores:
“CANTA, SI QUERES,CANTAR, E SI NON QUERESCANTAR, ESTATE CALADA.”
— Maquillaxe para a túa cara redonda:Tés uns olliños tristes, Rosalía, pero tamén es unha
ACTRIZ ROMÁNTICA na inmensa profundidade dos bos-ques e no FONDO DO MAR.
— Buscando na caixa máxica dos xoguetes, atopei unpoema do meu libro “Pornografía”, titulado como “ENFO-QUE TEÓRICO”. Era para o meu pai e a miña nai, que xa
Lupe Gómez Arto
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 24
CARTA-CHAQUETA DE FARRAPOS VELLOS PARA ROSALÍA
25
están os dous mortos. Tamén estaba escrito dalgún xeito paraRosalía, e para todas as mulleres galegas, e todos os homesgalegos:
“A muller é un cristalatravesado porunha patria”.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 25
26
Nasin cand’ as prantas nasen,Nô mes das froles nasin,Nunh’ alborada mainiña,Nunh’ alborada d’ abril.Por eso me chaman Rosa,Mais á dó triste sorrir,Con espiñas para todos,Sin ningunha para tí.
(Do poema «Nasin cand’ as prantas nasen»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 26
TEMPOS MENESTEROSOS ROSALÍA
27
*Nacer naciches coas flores:en tempos menesterosos
Semella unha profecía:
O mar do Orzán está en calmaO Sar - de amor - apenas se respira
No silencio da sombra consagradabates coas noites frías
de obstinados reiseñoresde obstinados reiseñores a porfía
miña amada miña amiga...
Muller que en tal signo naceten a virtude de enfiar o espazo
como unha pomba lírica
TEMPOS MENESTEROSOS ROSALÍA
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 27
28
desde o monte Xistral ata as Fisterrase contemplar a terra benamadaen total e absoluta perspectiva
miña amada miña amiga...
*
Transida de herbas moi levesde herbas moi finas... transida
escoitas o son da morteescoitas o son das rías
pasan dornas pasan almaspasan as aves branquísimas
e levas camelias murchasna propia ausencia ferida
descalza e alucinadate mostras en carne viva
miña amada miña amiga...
Luz Pozo Garza
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 28
TEMPOS MENESTEROSOS ROSALÍA
29
*
adiós ríos adiós fontessobre o teu corpo sideral chovía
e chovía chovía...
desde Padrón a Santiago ibas descalzae chovía...
ao lonxe soa unha gaitaque a paisaxe estremecía
se a gaita canta ou se choradínolo ti Rosalía
miña amada miña amiga...
*
Se choras es ti quen chorati es a Rosa dos ventos fuxidía
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 29
30
onde se pule o misterioonde a prata se pulía
onde se eleva a concienciaquedou un rego de cinza
e onde o Pórtico da Gloria abre as súas portas benditas
queda unha flor vulneradaqueda unha rosa aterida
queda un fragmento de soños queda o misterio da vida
os finos ouros do Sil reclaman fama e cobiza
e nas estancias do Pazovoces de sombras reclaman autonomía...
tristes pianos de loitovoces de alondra ferida
miña amada miña amiga...
Luz Pozo Garza
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 30
TEMPOS MENESTEROSOS ROSALÍA
31
*
O Sar camiña amodiño leva sombras leva lilas
leva o valeiro das almase a soidade radial de Rosalía...
e a paixón estremada polos fillose unha dolor escura
Negra Sombra Negra Sombrarosa de amor que ás veces desvaría
incendiáronche a noitemarcáronche con lume a fábula da vida
miña sombra miña amiga...
*coda
Naceras Rosalía cando as floresna espideza ontolóxicadunha saudade cruel radicalísima...
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 31
32
e aquí pervives : para ti n’hai mortebadaladas TON... TON... de Pura Gloriainterna sinfonía
eternamente xuntas na memoriamares montañas ríos luz do día
salmos sagrados xestas palpitantesun libro- o corazón- mítica historia
versos que a morte e o amor actualizanpaixón da dolor eterna
símbolos clave verbas sibilinas...
*Padrón Padrón Padrón... SEMPRE EN GALICIA!
miña sombra miña amiga...
Luz Pozo Garza
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 32
Autógrafo de Rosalía. Fundación Penzol.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 33
34
Un repoludo gaiteiroDe pano sedán vestido,Com’ un principe cumprido,Cariñoso e falangueiro,Antr’ os mozos o pirmeiroE nas siudades sin par,Tiña costum’ en cantarAló po la mañanciña,Con esta miña gaitiñaÁs nenas ei d’ engañar.
Sempre pó la vila entrabaCon aquel de señorío,Sempre con poxante bríoCo tambor s’ acompasaba:E si na gaita sopraba,Era tan doçe soprar,Que ven fixera en cantarAló po la mañanciña,Con esta miña gaitiñaAs nenas ei d’ engañar.
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 34
UN REPOLUDO GAITEIRO
35
Todas por él reloucaban,Todas por él se morrian,S’ ó tiñan cerca, sorrian,S’ ó tiñan lonxe, choraban:Mal pecado! non coidabanQue c’ aquel seu frolearTiña costum’ en cantarAló pó-la mañanciña,Con esta miña gaitiñaAs nenas ei d’ engañar.
Camiño da romería,Debaixo d’ unha figueira,Canta meniña solteira¡Querote! lle repetía...Y él c’ á gaita respondiaPor á todas envoucar,Pois ven fixeira en cantarAló pó-la mañanciña,Con esta miña gaitiñaAs nenas ei d’ engañar.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 35
36
Elas loquiñas bailabanE por xunta d’ el corrian,Cegas... cegas que non vianAs espiñas qu’ as cercaban;Probes palomas buscabanA luz qu’ as iba queimarPois qu’ el soupera cantarAló pó-la mañanciña,Con esta miña gaitiñaAs nenas ei d’ engañar.
¡Nás festas, canto contento!¡Canta risa nas fiadas!Todas, todas namoradasDeranll’ ó seu pensamento;Y él que d’ amores sedentoQuixo á todas engañar,Cand’ as veu dimpois chorarCantaba nas mañanciñas,Non sean elas toliñasNon veñan ô meu tocar.
(Do poema «Un repoludo gaiteiro»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 36
RAP REPOLUDO
37
RAP REPOLUDO
E quer que lle quere quer que lle quer.e que van querer?Poder.Poder as mozas tocarao son da gaitiña que as fai reloucar.
Rosalía ben sabía: as mozas se sometíanao poder de seduciónde arrogantes repoludosdonos da gaita imperialson e sona universalA gaita favorecida enche o fol na economíana fama e na valía.Ninguén lle nega o dominio.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 37
38
Resoa nos bancos, nos ministerios, nas academias e nos concellos.Todos a tocan.Se tocan maligual liberan poder sexual.
E quer que lle querE quer que lle quer.E que van querer? As mulleres no fogar.Fóra da orquestrasen instrumentos.Se tocan algoserán tarteiras.Fol e soprete punteiro e roncónson privilexios do superior.Para grilanda da diversiónfarrapos de gaita nelas penduran.Que foliada toca o patrón.
María Xosé Queizán
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 38
RAP REPOLUDO
39
Rosalía ben sabía elas ían ao seu tocar fascinadas ao sentiracordes de autoridadesons de triunfo e vaidade en sorrisos compracentesen bocas de escorrentar. Elas fervorosas ían.Cegas... cegas que non víana luz que as ía queimar
Mais cando a gaita soprabaElas louquiñas bailabanpernas longas, coxas, cachas movían e as ofrecíandedos cheos de cariciascativadas, atraídase quer que lle quere quer que lle querE que van querer?O que o gaiteiro quixer.
A fama, creto e renomeda privilexiada gaita
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 39
40
anda en pobos e cidadesten reputación viril.Soa na empresa, tamén na igrexa,soa nas escolas. As nenas tolasbuscan quimeras.E quer que lle quere quer que lle quere que van querer?A luz que as ía queimar. Pobres pombas,mozas meigasque se deixan enganar.
A foliada máis traidorasoe tocala o papá.Ten o seu puntoa fresca rosade ser collidaalá pola mañanciñamentres a rosa soñabaalguén pola porta entrabamandaba no seu xardín.
María Xosé Queizán
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 40
RAP REPOLUDO
41
A nena dóese e calanunca soubo se soñabaunha sombra que a tocabae coa gaita desflorabaos pétalos da súa rosa.
E quer que lle querE quer que lle quere que van querer?As tetas tocara testosterona segrega poder. Cun aquel de señoríotocan con puxante bríocomo quen monta un corcelo corpo que se abandonaunha pel que sabe a mel.
O cinismo poderosodeixa tranquilas as concienciasdos gaiteiros fachendososcando ven as decepciónse a tristeza que producen.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 41
42
Son elas as que seducen!O repoludo alardeaeu non o podo evitar.Non sexan elas toliñasnon veñan ao meu tocar.
María Xosé Queizán
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 42
Autógrafo de Rosalía. Fundación Penzol.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 43
44
Arrepuïñadas todasAs carnes se me puñeron,E os cabelos no curutoFórons’ erguendo direitos:Gotas de sudor corrianAfio pó lo meu peito,E trembaba como trembanAs auguas, cando fay vento,Ná pia da fonte novaQue sempre está revertendo.
(Do poema «Eu ben vin estar ó moucho»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 44
[SENTADA NUN SOPORTAL]
45
Sentada nun soportalpide un cigarro para o medoe está no alto a mesma curuxa que desnortada atravesoua avenida de Clara Campoamor
—con pánico sobrevoou os faros que relampancontra o asfalto pensou morrerpero á fin deuse agochado na barrigadunha árbore calquera.
Quedan lonxe os ameneiros de Sar.Chora sen que se note.
Resiste á noite urbana que a branquea de máise permanece así, sen desatar os ollosnin a ira—
Á porta da casa a que pide quere despistar o arrepío cun vicio pequeno.
Dasme un cigarro?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 45
46
E a pena escorre polos soportaiscontáxiase certeirapregunta aos paseantes se a coñecencando buscan no peto unha motae confeita con bile e todos os medos os nomes,os apelidos, se se parana ver que pasa.
Olalla Cociña
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 46
Autógrafo de Rosalía. Fundación Penzol.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 47
48
Por eso á meniña hermosa,Foxe d’ alegre fontiña,Tal como triste ovelliñaQue trema de dor queixosa.Vay sentida, vay chorosa,Mentras lle cantan con saña:—¡Da montaña! ¡da montaña!
Y ela, que de tal s’ estrañaFerida no que mais sinte,Qu’ á maltraten non consinte,Y así lles contesta uraña:Anque ché son da montaña,Anque ché son montañesa,Anque ché son, non me pesa.
(Do poema «Roxiña cál sol dourado»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 48
CARRETERA ERÓTICA
49
IDa montaña baixou.E despois de tanta curvahabía quen se mofaba dela.A costa, o sur.Con quen xogar no sur?O sol, calor.Repetían o que ela dicía e rían.
Todo cambiou o ano en quemedraron as tetas ea nenafíxose moza mirando o chanco corpo encollido.Na neve de ollos verdes naceu lume.
CARRETERA ERÓTICA
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 49
50
IIDa montaña marchou.E despois de tanta curvaescribiu que non foi fácil ir ás festas.Que á volta pasaba días enoites enteiras atadaás patas da cama.
Entendeu de fábricas equixo erguer o corpo, mirar á fronte.Ás veces só podía caer ecaer ecaer.Mancou. Mancouse.A mozaconstruíu un forte de rabia e soñoscoa xente máis vixiada da cidade.
IIIFóra da montaña traballou.E despois de tanta curvahabía un hospital e un homedúas veces enfermo.
Xiana Arias Rego
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 50
CARRETERA ERÓTICA
51
El pregunta: te obligan a hablar en gallego?Non señor.El aconsella: pues perdona peroasí no vas a ningún sitio.A mullercontesta huraña: Vou si.E con humor. De momento...vouno levar a vostede á sala de raios.
IVNa montaña ficou.E alí, antes de tanta curva,viu como todas voaban altopara despois caer ecaer ecaer.Dicía: veñen, comen, beben e vanse.A vellacoseu unha e outra vez as ásrotas, tocando sempre a mesma canción.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 51
52
Escoita:este é o ruído de pelar unha pataca,non é máis ca iso, é o ruído de pelarunha pataca xunto ao ritmodo corazón acelerado.
Xiana Arias Rego
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 52
Autógrafo de Rosalía. Fundación Penzol.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 53
54
Pasan n’ aquesta vidaCousiñas tan extrañas,Tan raros feitos venseNeste mundo de trampa;Tantos milagres vellosTan novas insinanzas,E tan reboltos allosCon nome d’ ensaladas,
Que non che digo nada…Pero vaya!
(Do poema «Non che digo nada...»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 54
QUE É DOR/ A DOR QUE DE VERAS SENTE
55
Teño cara de gustarmeas cousas que non me gustan.
Os labios de toda a xentefalan sen despegarse.
Isto tamén é así.As paredes dunha gruta na que alguén, hai dez mil anos,desdoura o natural da pedra.Moedas, corrente alterna,unha rapaza nada cos xenes da beleza,toda picada de complexos.Coma un orgasmo de Hedy Lamarr, os ollos de Nikola Tesla.Un país onde non ser,onde só cómpre parecelo.Luvas desenfundadas, sal, a máis prestixiosade todas as escolas de dobraxe.
QUE É DORA DOR QUE DE VERAS SENTE
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 55
56
O capital é o pesadelode quedarmos atoados na nosa capacidade simbólica.A máis favorecedora de todas:maquillaxe tanatoestética.Anos de traballo voltos un pedazo de granito ecuestre.Unha industria da miseria, as leiras do volframio.Coma un corpo ardente que sabe, edisimula.Pestanas postizas de marca barata, unha imaxeidéntica a si mesma.
Tantos milagres vellos,tan novas ensinanzas,que non che digo nada…
Pero vaia!
Coma poesía política que se confundecunha autofoto fronte ao espello do baño. A metonimia do mal,normativo dislocado.Escenificación, menú, a escaleira de incendios do discurso.Algo ao que lle medran raíces aéreas
Yolanda Castaño
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 56
QUE É DOR/ A DOR QUE DE VERAS SENTE
57
e devece por volver á terra en canto hai tempo que saíu á luz;coma os ollos das patacas.
A ollada do poema é tamén así,filas de formigas obreirasesmagadas para permanecer,
restos de acenosque parecen
outra cousa.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 57
58
Gachi, gachi,Que dencho de gato!Como se fartaNo prebe do prato!
Inda rebentes,Larpeiro rabudo!Qu’ inda na gorxaCh’ aperten un nudo!
(Do poema «Vente, rapasa»)
Que si oira e nos falara,Moitas cousas lle dixera,Moitas cousas lle contara.
(Do poema «Campanas de Bastabales»)
Eu ben vin estar ó mouchoEnriba d’ aquel penedo:¡Non che teño medo, moucho,Moucho, non che teño medo!
(Do poema «Eu ben vin estar ó moucho»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 58
x O TRANSVISIBLE x
59
Por un casual, despois de exercer de filla exemplar, de muller sofrida,e de nai perfecta, quédache tempo para exercer de poeta?
(Aurelio Aguirre a Rosalía de Castro en Agasallo de Sombras,Roberto Vidal Bolaño)
Muller que sabes: anoxas.
Abra que sempre se abra.E abren, ábrense paso os pensamentos coa súa mutación celular de especie invasoraasombrosaasombrosa.
x O TRANSVISIBLE x
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 59
60
::Rosalía, move ese mostacho teu para que saibamos que es tipestanexa tres veces se queres que che deixen en pazpodes cravarnos nas pupilas a túa bota azul,caballera miña señor,podes o que unha vez tiven enriba daquel penedo. Non.Non che temos medo.
Pero vaia::
Algunhas fixemos máis cousas que escribir poemas. Amamos,aborrecemos,sufrimos, tivemos fillos, pasamos fame…!
E se vives afastada do trato coa xente, faste a interesante!A tola!
Escribir como parte dun proceso ou aquel de sociofobia.Escribir como voz que retellaretalla, agasalla sombras e mira ti:pídenme un frankenstein de textosasí que sacho un cerebro que se me abre nun fungo nuclearbio-lentometido a presión no cranio do verso
Estíbaliz Espinosa
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 60
x O TRANSVISIBLE x
61
Planck! parte dun multiverso.
::Rosabolaño. Vidalía. Que cousas tes!Polícrates, que tes?Iso de ver ala de moucho na curuxa que ri, Atenea.Que le que le que lía. Rosaliz, que carallo tes?::
Pola túa matriz de sete quilos na que se tronza un cancrotransmitido de prostitución en prostituciónpolos teus fillos de holograma moitas cousas lles dixera moitas cousas lles contarafollas vivas que ao pasaren cortan no dedo co cantoo canto das follas cantaren pola grasiapola fouce que fauce ou salta dun golpe, dun soio,parimos realidade túa que conforme pasan tempo e tintaaumenta. Rebenta.
Que escolla entre ser quen el quere que sexa ou ser eu mesma!
::Qué dencho de ghatoo de Schrödinger, digo
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 61
62
que come e non comeun home é un homee un ghato é un bichoe dona dona donadon de Rosalía e lía e lía unha rosa éche unha rosaéche unha lea. Lía con ela.La femme. La femme fractale.Transuránica a capricho.Move o mostacho, muller,no prebe do pratoque che han fartar pronto::
Só fala para se escoitar a si mesma!Quéreo saber todo e non sabe nada!Onde está o seu talento?
Non che teño medo, gachi gachi.Que se oíra e nos falaraCrac Gong Crac Policrá.Muller que sabes: moito me sabesHome, qué tes: home que dádeme un.
Estíbaliz Espinosa
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 62
x O TRANSVISIBLE x
63
Humus de abismonun imbécil mundo.
Estou que rebento.Estou que.Trans que.Sei que.
Abrídeme os pensamentospara eu saber se aíndacantar vivo a folla viva,
Curuxas.
Nota: todas as citas en cursiva pertencen a distintos personaxes–principalmente Rosalía de Castro– da obra Agasallo de Sombras,
de Roberto Vidal Bolaño
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 63
64
E tamen vexo enloitadaD’ Arretén á casa nobreDond’ á miña nay foy nada,Cal viudiña abandonadaQue cay triste ô pe d’ un robre.
Ali esta sombra perdidaVós sin son, corpo sin alma,Amazona mal feridaQu’ ô sentir que perd’ á vidaSe adormece en xorda calma.
(Do poema «Como chove mihudiño»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 64
[UN SOSPIRO ALENTA BAIXO A PEL CUARTEADA DAS PAREDES]
65
Un sospiro alenta baixo a pel cuarteada das paredesarfando no po que cubriu a(s) vida(s).
Sobre a memoria que me conta tamén a mino silencio que atragoa a casa énchese cos tránsitosas dores, as cinsasd/os incendios que prendían naquela infancia.
As silvas enraízan no leito dos partosembrollan co espiño o último hálito dos avós.Entre os días doutra que fun, comida da humidadeaniñan as prendas queridas os insectosprocrean entre a madeira e os muros da casa.
Arquitectura e xeografía dita doa, identidade.
Nomeo cada lugar desde a mesma fisura abertaonde me busco e me silabeodeixándome retornar a un espazo dondo
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 65
66
de min propiacomo pertenza rescatadaentre os cadáveres que deixou o tempo.
(Lonxe... volvo unha e outra e outra vez)
Lorena Souto
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 66
Autógrafo de Rosalía. Fundación Penzol.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 67
68
Arriba!Todas, rapaciñas do lugar!Que ó solY á aurora xa vos vén á dispertar:
(Do poema «Alborada»)
ROSALÍA DE CASTRO
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 68
[NON TODAS CANTAN NON TODAS CANTAN]
69
Non todas cantan Non todas cantan
A liña escura na fronte detida
No bico o labor e a rabia
Eu sei
Que as cantaba
Eu sei
Alba fora mais roxa
O seus corpos na xeada fría
Afogan aí exhaustos
Como agora direi que bailen
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 69
70
se terman da reixa e na reixa
detén a sombra o seu paso? Cala río
cala
que son auga
Vellas rapaciñas todas prendidas no lugar
Cúrvanse nos anos
nesta quietude que estrala
—Triste vago resplandor—
Ana Romaní
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 70
[NON TODAS CANTAN NON TODAS CANTAN]
71
A boca en alborada cala
Eu sei
Non todas cantan
Quen baila agora?
Quen a aurora agarda?
Quen a sombra espanta?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 71
QUEN SON ELAS?
75
COMBA CAMPOY (Santiago de Compostela, 1979)Xornalista e actriz, a súa carreira profesional móvese entre osmundos da información, as artes escénicas e o audiovisual.Como xornalista dirixiu a revista Escaramuza entre 2003 e2008, e integrou o equipo de redacción da revista TemposNovos entre 2009 e 2011, ademais de colaborar con distintosmedios dixitais e revistas. Paralelamente, traballou comoactriz en distintas pezas teatrais coa compañía Volta e Dálle,así como na televisión (Rías Baixas, Valderrei) e cine (Días devoda). Produciu e escribiu o guión de documentais detemática histórica (O novo Endem, Historia do NacionalismoGalego, Morreu o Demo, Acabouse a peseta). Na actualidadeprepara a súa tese de doutoramento sobre o teatro popular enGalicia.
LUPE GÓMEZ ARTO (Fisteus, 1972)Xornalista de formación, colaborou con El Correo Gallego ouGalicia Hoxe, pero é coñecida sobre todo polos seus poema-rios, a partir da publicación de Pornografía en 1995, aíndaque ultimamente amosou tamén interese pola narrativa (Fis-teus era un mundo, 2001; Quero bailar, 2006) e polo teatro.A produción de Lupe Gómez caracterízase por unha singu-
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 75
76
lar mestizaxe de elementos feministas, surrealistas, liberta-rios, existencialistas e autobiográficos. Varias das súas obrasobtiveron destacados galardóns, como os poemarios O úterodos cabalos (2005, Premio Johán Carballeira) ou Azul eestranxeira (2004, Premio Eusebio Lorenzo).
LUZ POZO GARZA (Ribadeo, 1922)Licenciada en Filoloxía Románica e con estudos superioresde piano. Dedicouse profesionalmente á docencia da linguae a literatura españolas no ensino secundario, xubilousecomo catedrática en 1982.
No ámbito editorial, dirixiu revistas literarias tan impor-tantes como Nordés ou Clave Orión. Na súa obra poéticasalientan títulos como Ánfora (1949), O paxaro na boca(1952), Últimas palabras/ Verbas derradeiras (1975), Concertode outono (1981), Códice Calixtino (1986), Prometo a flor deLoto, Vida secreta de Rosalía (1996), Medea en Corinto(2002), Historias fidelísimas (Antoloxía, 2003) e a edición dasúa poesía completa, Memoria Solar (2004), que recollecatorce poemarios de 1949 a 2004.
Como ensaísta publicou Álvaro Cunqueiro e ‘Herba deaquí e acola’ (1991), A bordo de ‘Barco sin luces’ sobre Luís
QUEN SON ELAS?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 76
QUEN SON ELAS?
77
Pimentel, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994) ouOndas do mar de Vigo: Erotismo e conciencia mítica nas canti-gas de amigo (1996).
O seu intenso labor literario fíxoa merecedora de nume-rosas distincións e premios. Dende 1996 é membro numera-rio da Real Academia Galega.
Os seus poemas foron traducidos ao portugués, catalán,francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN (Vigo, 1939)Arestora xubilada da súa actividade docente como catedrá-tica de lingua e literatura galegas, leva toda a vida vencella-da ao nacionalismo e comprometida co feminismo militan-te. Promotora e coordinadora da revista Festa da palabrasilenciada, a súa curiosidade intelectual e creatividadelevárona a experimentar todos os xéneros literarios. Así, foiunha das revitalizadoras do ensaio de posguerra, con obrascomo A muller en Galicia (1977) ou Recuperemos as mans(1980). No eido da narrativa, introduciu en Galicia atécnica obxectalista, importada do nouveau roman francés,en A orella no buraco (1965) e apostou por reescribir ahistoria pondo o foco no papel das mulleres en Amantia
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 77
78
(1984); nas súas últimas obras reivindica o dereito ádiferenza e denuncia a violencia que decote se exerce sobreas mulleres nos diversos ámbitos (Ten o seu punto a frescarosa, 2000; Meu pai vaite matar, 2011). Desenvolve tamén,dende a década dos 60, unha esporádica pero constanteactividade teatral, na que destacan obras como Antígona, aforza do sangue (1991). Publicaría poesía serodiamente perocon grande éxito de crítica e público a partir de Despertardas amantes (1993). Como tradutora, achegouse aMarguerite Yourcenar, Karen Blixen ou Emilia Pardo Bazán.Colabora asiduamente en diferentes publicacións periódicas.En 1998, foi nomeada Socia de Honra da AELG. En 2011,o Pen Clube de Galicia outorgoulle o premio Voz daLiberdade e, en 2013, a Federación de Libreiros oIrmandade do Libro, en recoñecemento á súa traxectoria.
OLALLA COCIÑA LOZANO (Viveiro, 1979)Obtivo no ano 2000 o premio de poesía ‘O Facho’. PublicouAs cervicais da memoria (premio ‘Avelina Valladares’ 2004),Aquí (intemperies) (2006), Libro de Alicia (premio Fiz VergaraVilariño 2008) e Ningún precipicio (2013). Participou naspublicacións colectivas Das sonorosas cordas. 15 poetas desde
QUEN SON ELAS?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 78
QUEN SON ELAS?
79
Galicia, Poetas con Rosalía, Volverlles a palabra, Letras novas,Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa deimplantación, entre outras. Súa é a autoría dos blogswww.reveladora.blogspot.com e www.acordome.blogspot.com.Coorganiza en Santiago o ciclo de lecturas poéticas Picaversosxunto a Branca Novoneyra.
XIANA ARIAS REGO (A Fonsagrada, 1983)Vive en Compostela e traballa como xornalista no DiarioCultural da Radio Galega. Publicou dous libros de poemas:Ortigas (Espiral Maior, 2007) e Acusación (Galaxia, 2009).Outros textos seus poden lerse nas revistas Xistral e Dorna, enos desaparecidos suplementos Luces, da edición galega deEl País, ou a Revista das Letras de Galicia Hoxe. Participou noartefacto Pirata realizado en apoio ao Cineclube de Compos-tela e no volume colectivo Non conciliados (Cineclube deCompostela, 2011) así como en dúas edicións do Festival daPoesía do Condado. Grupos como Ataque Escampe e Fannye Alexander utilizaron textos seus nos seus discos. En 2013realizou unha colaboración coa formación musical HabelasHainas.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 79
80
YOLANDA CASTAÑO (Compostela, 1977)Poeta, videocreadora e activa dinamizadora cultural. Premio daCrítica Española, Premio Espiral Maior e Premio Ojo Críticotras 5 poemarios individuais. Fusiona poesía con outras lingua-xes creativas, e ten mostrado o seu traballo por toda Europa eAmérica, Túnez ou Xapón. Dirixe obradoiros, festivais de poe-sía e ciclos de recitais mensuais con poetas galegos e estranxei-ros. Durante anos traballou na TVG, e recibiu bolsas de crea-ción en residencia en institucións de Grecia e Alemaña. Tenpublicado diversas obras tamén como editora, tradutora e auto-ra de poesía para nenos/as. Na súa obra, traducida a máis de 15linguas, Profundidade de campo constitúe o último título.
ESTÍBALIZ ESPINOSAEscritora. Músico. Publicou os libros de poemas papel apunto de, Pan (libro de ler e desler), -orama, número e ouZoommm. Textos biónicos. Escribe relatos, artigos e fai tradu-cións e obradoiros sobre literatura, tradicional e dixital.Anda tras o híbrido literatura:::ciencia.Parte da súa obra pode atoparse en:....mmmm... [www.estibalizes.wordpress.com] abra la cápsula, por favor [www.estibaliz.wordpress.com].
QUEN SON ELAS?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 80
QUEN SON ELAS?
81
LORENA SOUTO (O Páramo, Lugo, 1983)É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de San-tiago de Compostela e realizou estudos de doutoramento enTeoría da Literatura e Literatura Comparada.
Desde o ano 2007 forma parte do consello de redacciónda revista Dorna, e ten publicado textos da súa autoría endiversas obras e proxectos colectivos, ademais de participaren numerosos recitais. En 2012 publicou o seu primeirolibro, Fase de trema, co que gañou a XXIV edición do PremioPérez Parallé de poesía.
ANA ROMANÍ (Noia, A Coruña, 1962) Escritora e xornalista. Desde 1990 dirixe o programa DiarioCultural da Radio Galega, recoñecido con diversos galardóns.
Autora dos poemarios Palabra de Mar (ed. de autora,1987), Das últimas mareas (ed. Espiral Maior, 1994), Arden(ed. Espiral Maior, 1998), Love me tender. 24 Pezas mínimaspara unha caixa de música (col. Poeta en Compostela, 2005),Estremas (ed. Galaxia, 2010). A súa obra está recollida endiversos libros colectivos e antoloxías.
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 81
5 PRESENTACIÓNRamón Villares
9 ADROComba Campoy
ROSALÍA DE CASTRO CANTARES18 «As de cantar» 19 Lupe Gómez Arto
Carta-chaqueta de farrapos vellos para Rosalía
26 «Nasin cand’ as prantas nasen» 27 Luz Pozo GarzaTempos menesterosos Rosalía
34 «Un repoludo gaiteiro» 37 María Xosé QueizánRap repoludo
44 «Eu ben vin estar ó moucho» 45 Olalla Cociña[Sentada nun soportal]
48 «Roxiña cál sol dourado» 49 Xiana Arias RegoCarretera erótica
54 «Non che digo nada...» 55 Yolanda CastañoQue é dor/ a dor que de veras sente
58 «Vente, rapasa» 59 Estíbaliz Espinosa«Campanas de Bastabales» x O transvisible x«Eu ben vin estar ó moucho»
64 «Como chove mihudiño» 65 Lorena Souto[Un sospiro alenta baixo a pel cuarteada das paredes]
68 «Alborada» 69 Ana Romaní[Non todas cantan Non todas cantan]
75 QUEN SON ELAS?
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 83
ÍNDICE DO CD
[PISTA CD] DURACIÓNADROComba Campoy [1] 2:29
Carta-chaqueta de farrapos vellospara RosalíaLupe Gómez Arto [2] 12:00
Tempos menesterosos RosalíaLuz Pozo Garza [3] 5:41
Rap repoludoMaría Xosé Queizán [4] 6:03
[Sentada nun soportal]Olalla Cociña [5] 2:20
Carretera eróticaXiana Arias Rego [6] 3:56
Que é dor/ a dor que de veras senteYolanda Castaño [7] 4:29
| O transvisible |Estíbaliz Espinosa [8] 5:38
[Un sospiro alenta baixo a pel cuarteada das paredes]Lorena Souto [9] 3:39
[Non todas cantan Non todas cantan]Ana Romaní [10] 2:52
MAQUETA ROSALIA_PRIMEIRAS PAXINAS as nosas 18/09/13 10:40 Página 84