Clara FáTima E Alba

Preview:

DESCRIPTION

 

Citation preview

Por: Alba Barbosa PachecoFátima Baz Rodríguez Clara Domínguez Domínguez

de: 4ºC

-Informantes-As súas vivencias no Franquismo-Conclusións do Traballo-Realizadoras do traballo

Informantes-María Josefa Vicente

Baz e Angel Rodríguez Pérez

Nacidos en 1943 e 1934 respectivamente. Casaron con 15 e 24 anos de idade. Teñen dúas fillas e un fillo.

Emigraron a Alemaña nunha ocasión e volveron anos despois. Actualmente teñen 65 e 74 anos respectivamente.

Informantes-Alicia Graciela Garabal CividanesNacida o 5 de maio de 1927, trilliza de dous irmáns, un dos

cales morreu ó nacer.

Informantes-Manuel Domínguez González e Carolina

Durán VicenteNacidos nos anos 1933 e 1937 respectivamente, viviron de

moi novos a represión franquista. Coñeceronse cando tiñan 17 e 13 anos e casaron con 20 e 24. Teñen dous fillos e unha filla.

Actualmente teñen 71 e 75 anos respectivamente.

Todos eles viven na Guarda.

As súas vivencias no FranquismoMARÍA JOSEFA

Eu empecei a traballar cando era unha nena,entrallaba e ía á Crudería, que era un lugar onde facíamos redes.

De pequena non fun á escola porque ía a traballar pero aprendín a ler e a escribir de casada.

Casei moi nova, ós 15 anos, e quedeime embaraza, algo que era moi normal nesa época, a esa idade.

Antes non se estudaba por libros, estudábase polo “catón”.

Non tiñamos formas de divertirnos, nin televisión nin nada parecido. So tiñamos ás veces os bailes.

As súas vivencias no FranquismoÁNGEL

Eu empecei a traballar cando era moi novo, no mar.

Tamen traballaba con redes.

Eu traballei no barco Galicia. Botaba moito tempo fóra, lonxe da miña familia e amigos.

Cando as miñas fillas eran pequenas eu e a miña muller fomos a Alemaña por razóns económicas.

As miñas fillas quedaron ó cargo da súa avoa.Queríamos levalas para Alemaña pero decidimos que quedaran mellor aquí.

Un ano despois aproximadamente,volvemos a Galiza e volvín a traballar no mar.

-Curiosidade: O TransporteNesa época case non había transportes. O único que había era algúns coches de linea. Ninguén tiña coches propios aínda, só algunhas persoas con moito diñeiro. Ainda así o coche de linea era caro e as estradas eran moi malas.

As súas vivencias no FranquismoGRACIELA:

Os meus pais tiveron que marchar exiliados a Cuba porque meu pai non quería ir loitar á guerra.

O cabo duns anos miña nai, quedou embarazada de trillizos, eu , meu irmán e un neno máis que morreu ó nacer.

Cando nós xa tíñamos 6 meses volveron a Galiza co fin de deixarnos coas nosas tías,e así foi, nós quedamos aquí e eles regresaron a Cuba,fuxidos.

Cando eu e o meu irmán tíñamos aproximadamente 6 anos meus pais viñeron por primeira vez a vernos a Galiza, eles querían levarnos de volta a Cuba (A Habana) pero, as miñas tías, non o quixeron, meus pais foron por derradeira vez de volta a Cuba.

No día de hoxe o único recordo que me queda deles son unhas poucas cartas e unha única foto.

As súas vivencias no FranquismoMANUEL:

Eu tiña 3 anos cando a guerra comezou.

Juan Noya, o meu tío , era republicano e os falanxistas viñan case todos os dias á casa a buscalo

Soían vir de noite. Entraban pola porta e polo tellado.

Recordo que unha vez un deles pousou un rifle sobre a miña cama, e eu ó velo saín correndo cara a casa das miñas tías.

Soían vir a preguntarlle ó meu pai onde se atopaba Juan Noya. Ninguén da familia o sabía.

Ó comezar guerra escondeuse e non lle dixo a ninguén onde estaba. Os falanxistas soían darlle palizas a meu pai para que lles dixera onde estaba. Aínda que o souperamos non llo iamos dicir.

Os falanxistas mataron a dous irmáns de Noya. A un fusilárono no colexio da pasaxe, “os xesuitas”.

Ó outro disparáronlle nas costas despois de torturalo durante horas.

Este é Manuel Noya, o irmán de Juan, que morreu no mar.Cando a Guarda caeu en mans dos falanxistas Manuel foise para o monte. Intentou convencer o seu irmán de que fose con el pero Juan quedouse aquí.

No 38 atoparono os falanxistas e torturarono no monte,e deronlle palizas .Finalmente matárono dun tiro na praia para que o mar levase o seu corpo. O seu sogro encontrouno e enterrouno en Oia. Máis tarde Juan levou os seus restos para A GuardaJuan non soubo da morte de seu irmán ata despois da guerra.

Juan Noya foi alcalde da Guarda. Estaba no cargo cando a guerra comezou. Tiña moitos coñecidos en altos cargos e localidades dos arredores. Tamén era director dunha revista local chamada “Novo Heraldo”, que xunto con “Voz del Tecla” e “Heraldo Guardés” eran as máis famosas na rexión.

A Guarda foi o ultimo lugar do Baixo Miño en caer en mans Franquistas.

Todos os que traballaban na revista foron asasinados durante a guerra, todos salvo Noya.

Juan tívose que esconder en varios lugares da vila os primeiros días que estiveron os falanxistas, pero logo tivo que marchar a esconderse ós arredores.

Os amigos non dubidaban en axudalo. Para iso moitas veces a xente do pobo dicía mentiras como que viran a Juan no Tegra o na Gándara para apartar os Falanxistas do seu rastro.

Durante ese tempo que estivo fuxido, deuse conta de que os amigos están sempre xunto a ti. Moitos deles ó caer a Guarda en mans falanxistas creron que estes atoparan a Noya e o mataran. Durante os primeiros anos os mais achegados souberon a verdade e puxeron todo o seu esforzo en axudalo.

Tamén durante o tempo que estivo fuxido, non sabía o que ocorria na Guarda. Os seus “anxos da Guarda” como asi os chamaba (as persoas que o mantiñan oculto) contábanlle o que ocorría.

Este é Don Rafael Domínguez. Noya pasou os anos 36, 37 e parte do 38 na súa casa. Tanto Rafael como a sua esposa, Aurora e as súas 3 fillas, Rufina, Mercedes e América trataron a Noya coma a un máis da familia durante otempo que estivo alí.

Noya contaba que ata o can da casa tratábao coma se fose da familia.

Isaura Gómez Pérez, que quedara viúva, pois os falanxistas mataron o seu home, escondeu a Noya na súa casa uns meses que se ausentou da casa de Rafael polas constantes visitas falanxistas.

Noya pensaba irse da casa de Isaura axiña, pois non quería que sufrise máis, despois da morte do seu marido.

Pero ela respondeulle:!Ti vas quedar aquí. Se

temos que morrer imos morrer os dous xuntos…!

As súas vivencias no FranquismoCAROLINA:Poucas semanas despois da chegada dos falanxistas dous

cuñados meus foron fusilados na plaza do concello.

A esposa de Noya, Lola mais súa nai e miña sogra encontrábanse nun bar chorando polo ocorrido cando uns falanxistas entraron e as botaron de alí.

Cando se iban un deles díxolle a Lola que se non tiña coidado

acabaria coma os seus irmáns.

Pobres mulleres, sufriron moito durante esa época, sobre todo a esposa de Noya que era constantemente vixiada.

A miña sogra foi encarcerada en Tui moito tempo. Mentres ela estaba retida o seu esposo morreu e a un fillo fusilárono. Non soubo nada ata que regresou á casa.

Durante a guerra, ninguén lle ofrecía traballo a ningún da familia. Sobrevivimos cos alimentos que os amigos e acercados nos daban.

En 1938 foi cando por primeira vez alguén lle deu traballo ó fillo de Juan e Lola, Óscar. A Lola tampouco tardaron moito en darlle traballo de novo. No restaurante do monte Tegra.

A Lola non lle agradou moito pois naquel restaurante soían ir comer os franquistas. Soían falar de execucións, persecucións e problemas na busca de “fuxidos”.

Pero por moito que lle desagradase tiña que ir traballar pois a pobreza era moita e ela tiña 5 fillos. A súa nai tamen vivía con ela.

Rezaba tódolos dias para que a guerra rematase e que non morrera máis xente.

Durante a guerra e a represión, as dúas mulleres apenas podian andar pola rúa e falar cos amigos e coñecidos. En máis dunha ocasión, os falanxistas multaron a familiares, amigos ou simplemente tendeiros por falar con elas ou venderlles mercancia.

Lola xa prefería non saír da casa para non poñer en perigo a xente que a coñecese ou simplemente lle dixera: buenos dias.

Pero non só a elas, senón a todos os republicanos ou xente que anteriormente tivera tratado con republicanos. Mesmo puñan multas absurdas por dicir algo ou saudar a alguén coñecido.

Esta é por exemplo unha multa imposta a Don Rafael.

A comezos do 39 Noya, viuse para a Guarda e escondeuse na súa casa.

Despois da guerra estivo no cárcere varias veces e unha delas foi durante un ano e medio. Despois diso marchou para Vigo a refacer a súa vida, para máis tarde ir a América coa súa familia.

Volveu máis tarde a homenaxes como a de Ramón Cabanillas, en Padrón.

Despois da morte de Franco, Noya escribiu un libro no que conta toda a súa vida dende que naceu ata o final da guerra civil.

Dedicatoria obtida do libro de Fuxidos

Conclusións do Traballo

Aprendemos moito neste traballo.

Deberíamos estar agradecidos, agora vívese moito mellor ca antes.

Aprendemos que a vida antes era moi dura e que durante a guerra a xente pasouno moi mal xa que mataban os seus seres queridos, había fame e por nada que fixeses ías ó cárcere ou matábante.

Moita xente emigrou ou exiliouse para escapar disto.

Realizadoras do Traballo

Alba Barbosa Pacheco entrevistou a:

Alicia Graciela Garabal Cividanes.

Realizadoras do TraballoFátima Baz Rodríguez entrevistou a:

María Josefa Vicente Baz e a Ángel Rodríguez Pérez

Realizadoras do Traballo

Clara Domínguez Domínguez entrevistou a:

Manuel Domínguez González e a Carolina Durán Vicente.