4
MICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan Intérpretes principais: Liam Neesson, Aidan Quinn, Alan Rickman, Julia Roberts Guión: Neil Jordan Música: Elliot Goldenthal Fotografía: Chris Menges Duración: 132 min. O DIRECTOR E A OBRA Neil Jordan é un director irlandés que gusta de realizar filmes nos que a acción está centrada nun personaxe, caso de Michael Collins, ou de explorar mundo poéticos que se abren a horizontes que sobrepasan o mundo consciente. En 1992 recibiu o Óscar ao mellor guión orixinal pola película que tamén dirixiu Xogo de bágoas (The Crying Game). Entre os títulos da súa filmografía destacan: En compañía de lobos (The Company of Wolves, 1984), Mona Lisa (1986), O hotel das pantasmas (High Spirits, 1988), Entrevista a un vampiro (Interview with the Vampire, 1994), Nos meus soños (In dreams, 1999), Almorzo con Platón (Breakfast on Pluto, 2005), Bizancio (Byzantium, 2013). Michael Collins narra a actividade deste líder da independencia de Irlanda que loitou contra as forzas de ocupación inglesas. Xunto cun grupo de compañeiros realizou numerosas accións violentas que provocaron una dura resposta por parte das autoridades inglesas. A película centra a actividade dos grupos independentistas entre o alzamento da Pascua de 1916 ata o asasinato de Michael Collins, o 22 de agosto de 1922 durante a guerra civil que asolou Irlanda durante o proceso da súa independencia. Michael Collins recibiu o premio á mellor película e mellor actor -Liam Neesson- no Festival de Venecia (León de Ouro de 1996) e foi nomeada a dous Óscars.

MICHAEL COLLINS - · PDF fileMICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MICHAEL COLLINS -   · PDF fileMICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan

MICHAEL COLLINS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: Michael Collins

Nacionalidade: Norteamericana

Ano de producción: 1996

Director: Neil Jordan

Intérpretes principais: Liam Neesson, Aidan Quinn, Alan

Rickman, Julia Roberts

Guión: Neil Jordan

Música: Elliot Goldenthal

Fotografía: Chris Menges

Duración: 132 min.

O DIRECTOR E A OBRA

Neil Jordan é un director irlandés que gusta de realizar filmes nos

que a acción está centrada nun personaxe, caso de Michael Collins,

ou de explorar mundo poéticos que se abren a horizontes que

sobrepasan o mundo consciente. En 1992 recibiu o Óscar ao mellor

guión orixinal pola película que tamén dirixiu Xogo de bágoas (The

Crying Game). Entre os títulos da súa filmografía destacan: En

compañía de lobos (The Company of Wolves, 1984), Mona Lisa

(1986), O hotel das pantasmas (High Spirits, 1988), Entrevista a un

vampiro (Interview with the Vampire, 1994), Nos meus soños (In dreams, 1999),

Almorzo con Platón (Breakfast on Pluto, 2005), Bizancio (Byzantium, 2013).

Michael Collins narra a actividade deste líder da independencia

de Irlanda que loitou contra as forzas de ocupación inglesas.

Xunto cun grupo de compañeiros realizou numerosas accións

violentas que provocaron una dura resposta por parte das

autoridades inglesas. A película centra a actividade dos grupos

independentistas entre o alzamento da Pascua de 1916 ata o

asasinato de Michael Collins, o 22 de agosto de 1922 durante a

guerra civil que asolou Irlanda durante o proceso da súa

independencia.

Michael Collins recibiu o premio á mellor película e mellor actor -Liam Neesson- no

Festival de Venecia (León de Ouro de 1996) e foi nomeada a dous Óscars.

Page 2: MICHAEL COLLINS -   · PDF fileMICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan

Síntese cronolóxica da historia de Irlanda

-1800: Acta de Unión: os parlamentos de Irlanda e Gran Bretaña deciden unirse,

eliminando o parlamento irlandés, e formar o Reino Unido de Gran Bretaña e

Irlanda.

-Ao longo do século XIX sufriu Irlanda varias crises agrícola que provocaron

terribles fames, situación que se agravou coa praga que arruinou a colleita de

patacas en 1846. A fame obrigou a milleiros de irlandeses a emigrar,

fundamentalmente a Estados Unidos, desde onde se financiou e apoiou o

movemento independentista irlandés.

-En 1858 creouse o movemento independentista coñecido como os fenianos

(Irmandade Republicana Irlandesa), una organización secreta que trataba de

conseguir una rebelión armada contra os británicos.

-En 1912 o Parlamento inglés aprobou una lei que outorgaba autonomía

administrativa a Irlanda, pero o comezo da Primeira Guerra Mundial atrasou a súa

aplicación.

-En 1916, ante a demora da aplicación da lei de autonomía administrativa, os

nacionalistas intentaron levar a cabo una rebelión (Rebelión de Pascua). Como

reacción, a represión británica foi moi dura, impoñendo longas condenas de cárcere

e execucións sumarias de varios líderes. A actitude británica provocou una onda

simpatía polos condenados e pola causa nacionalista, o que incrementou os

partidarios do partido do Sinn Féin.

-En 1918 o Sinn Féin, o brazo político do IRA, gañou as eleccións conseguindo 73

escanos dos 105 que lle correspondían a Irlanda. Pero os novos parlamentarios non

acudiron ao Parlamento británico senón que se reuniron na Mansion House de

Dublín; estableceron o parlamento revolucionario irlandés e proclamaron a

República de Irlanda en 1919, que non foi recoñecida por Gran Bretaña.

-Entre 1919 e 1921 o IRA levou a cabo una intensa loita armada contra as unidades

británicas (Guerra anglo-irlandesa).

-En decembro de 1921 Gran Bretaña concedeu a independencia a Irlanda (Estado

libre de Irlanda), pero non a toda a illa, porque seis condados do norte seguían

formando parte de Gran Bretaña, o Ulster. Produciuse entón a escisión entre o IRA

(Exército Republicano de Irlanda), liderado por Tom Barry, e os partidarios do

acordo, liderados por Michael Collins.

-Entre 1922 e 1923 desenvolveuse a guerra civil entre os partidarios –Michael

Collins- e os que non aceptaban o acordo –Eamon e Valera-.

-En 1937 Irlanda pasou a denominarse oficialmente Eire e a Constitución

republicana establece un sistema de democracia representativa.

Page 3: MICHAEL COLLINS -   · PDF fileMICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan

-En 1949 cortáronse os derradeiros vínculos que aínda existían con Gran Bretaña e

proclamouse a República de Irlanda, que desde 1973 é membro da actual Unión

Europea.

GUIÓN DE TRABALLO

Como irlandés, o director desexaba poder realizar un filme de homenaxe aos que

loitaron pola independencia do seu país, de modo que escribe o guión e dirixe este filme

no que presenta esta loita a través dos trazos e características do carismático líder

Michael Collins. Irlanda estaba sometida a Gran Bretaña desde 1800 e non conseguiu

ser un estado libre ata 1922, logo dunha intensa loita na que tiveron lugar numerosas

accións violentas por parte dos dous bandos.

Como orientación para elaborar un comentario sobre esta película, os centros de

atención poderían ser os seguintes:

O contexto histórico

-Entre que datas se desenvolve a acción?

-Cal é trama central da película?

A loita pola independencia de Irlanda

-Por que os irlandeses loitaban contra os ingleses?

-Que significou a Rebelión de Pascua de 1916 no proceso independentista?

-Era unánime o apoio dos dublineses aos métodos seguidos polo IRA?

-Como reaccionaron os irlandeses ante a dura represión británica contra os

líderes nacionalistas?

-Análise dalgunhas escenas destacadas (o inicio coa Rebelión de Pascua, a

matanza do estadio, asasinatos de oficiais británicos…).

O personaxe central: Michael Collins

-Comentar os aspectos máis destacados deste líder nacionalista irlandés a través

da interpretación do director do filme, fixándose en cuestións como: Que

defendía? Que métodos empregaba? Por que se lle considera un dos pais da

patria irlandesa? Como e cando morreu? Que trazos destaca o director da súa

personalidade?

As tensión entre os bandos. A guerra civil

-Entre dous destacados líderes –Michael Collins e Eamon de Valera- existiron

fortes diferenzas que mesmo acabaron por enfrontalos. Cal foi a principal razón

deste enfrontamento?

Valoración global

-Esta película permite reflexionar sobre varias cuestións relacionadas con:

-O papel dos líderes nun proceso revolucionario.

-Os métodos empregados para conseguir os obxectivos.

-O concepto de terrorismo nun proceso, como o que analiza o filme, de

independencia.

Page 4: MICHAEL COLLINS -   · PDF fileMICHAEL COLLINS FICHA TÉCNICA Título orixinal: Michael Collins Nacionalidade: Norteamericana Ano de producción: 1996 Director: Neil Jordan

-O papel dos directores ante un feito histórico. Tomar partido por unha

determinada opción?

-Como combinar ficción con realidade histórica?

Na valoración no traballo terase en conta: a calidade e a exposición dos contidos (1

punto), a presentación da información (0,5 puntos) e as referencias bibliográficas (0,5

puntos). Para comprobar a eficacia e utilidade da elaboración do traballo, no exame

terás que responder a unhas breves cuestións formuladas especificamente sobre algún

dos aspectos que figuran nel.

Lembra que o prazo de entrega do traballo son as 24 horas do día anterior ao exame se

o envías por e-mail ou no momento do exame se o realizas en papel.