35
TÉCNICAS DE ESTUDO COMO ESTUDAR?

TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

TÉCNICAS DE ESTUDO COMO ESTUDAR?

Page 2: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

RECOMENDACIÓNS PARA

O ESTUDO

Page 3: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

COMEZAMOS

Page 4: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

UTILIZAR A AXENDA

- A axenda debo levala a clase e á casa todos os

días.

- Debo anotar na axenda (na páxina do día que

corresponda) os días de exame e os traballos e

tarefas/deberes que teña que entregar.

Page 5: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

1º - forma física

- A actividade de estudar está moi relacionada coa

boa saúde física e moi favorecida polos hábitos

ligados ao benestar físico.

DESCANSO

Durmir entre 8 e 9 horas, mesmo nos días de

exames.

Suprimir os alimentos excitantes: cola, café, ...

Cear cedo e lixeiro.

Page 6: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

ALIMENTACIÓN

Almorzar forte polas mañás e traer algo para o recreo.

O feito de que veñan sen almorzar ao centro dificulta a

atención e provoca que se fatigue máis, incluso

chegando a marearse.

Xantar ben, merendar algo e cear pouco.

Comer de todo, dieta equilibrada baseada en vexetais e

alimentos ricos en fibra.

Page 7: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

EXERCICIO FÍSICO

Realizar algún exercicio físico de xeito

habitual.

Page 8: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

2º.- lugar de estudo

O lugar para estudar debe ser axeitado e cómodo.

Procura estudar sempre no mesmo lugar e ás mesmas

horas. Crearemos o hábito, o costume.

Debe contarse cunha luz axeitada (a mellor é a natural)

que ilumine desde a nosa esquerda.

Page 9: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

O lugar de estudo debe ser un lugar silencioso e estar

illado de ruídos e distraccións (sen TV, radio, xente

falando ...).

Preparar o material necesario antes de comezar a

sesión de estudo.

Page 10: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

É recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para

evitar tentacións). Se ten ordenador, mellor nunha mesa

á parte, para non entorpecer o estudo.

Dispor dunha mesa ampla e dunha cadeira cómoda,

coas costas rectas. Ordenar a mesa antes de empezar

a traballar e deixar a mesa recollida ao rematar.

Page 11: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

3º.- horario de estudo

Debemos establecer un horario de traballo semanal.

Page 12: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

PLANIFICAR O ESTUDO

Debo cumprir o horario de tarefas e estudo

que teño programado de luns a sábado.

Podo facer algún cambio se hai un motivo moi

xustificado.

Nas semanas que teña exames podo

modificar o horario para preparar

adecuadamente os exames.

Respectar os descansos que teña

programados.

Page 13: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

O horario que fagamos debémolo cumprir. Facelo tendo

en conta as nosas dificultades, ocupacións, etc.

Debemos comezar por unha materia de dificultade

normal, logo facer un pequeno descanso e comezar

cunha materia difícil, outro descanso e rematar cunha

materia fácil.

Page 14: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

Nos tempos de descanso (5 ou 10 minutos) estará

prohibido ver a tele, andar co móbil, etc. Mellor un

paseíño, mirar pola ventá.

É aconsellable estudar de 1 a 2 horas diarias, sempre á

mesma hora e no mesmo sitio (se é posible).

Levar o traballo ao día e ter sempre ben ordenados os

apuntamentos e cadernos. Ser ordenados facilita o

estudo.

Page 15: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

É fundamental confiar nas nosas posibilidades

Utilización dunha “LINGUAXE POSITIVA”

Actitude positiva de cara a aprendizaxe.

Page 16: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
Page 17: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
Page 18: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

5º.- planificación

Para estudar ben, convén elaborar un PLAN DE

TRABALLO que sexa:

Realista e equilibrado. Este plan debe incluír todo o

traballo, repartido entre todos os días da semana, con

períodos de descanso.

Controlado nun principio polos pais. Colocar unha copia

na cociña nun lugar visible.

Flexible (pero non moito). Cando exista motivo

xustificado, podemos alterar o plan.

Page 19: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

DÓNDE ESTÁN AS CARAS?

Page 20: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

PASOS PARA O

ESTUDO

Page 21: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

6º.- técnicas de estudo

Método ELSER3 (cada letra unha fase de aprendizaxe).

1º- EXPLORACIÓN: lectura rápida do texto para captar

a estrutura e as ideas fundamentais.

2º.- LECTURA: lectura en profundidade, comprensiva.

3º.- SUBLIÑADO: resaltar soamente as palabras ou as

frases fundamentais.

4º.- ESQUEMATIZAR: que sexa concreto e permita nun

golpe de vista captar a estrutura e as ideas

relevantes.

5º.- RESUMIR – RETER – REPASAR

Page 22: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

1º.- EXPLORO (reviso)

Lectura rápida, orientativa, para centrarse na materia de

estudo.

Vou decidir o que me dea tempo estudar nesta sesión.

Teño que escoller unha parte do tema para que me dé

tempo.

Só teño que ler os títulos e subtítulos do tema que vou

estudar.

Se os hai, vexo os recadros, as

fotos, e intento relacionalo co tema.

Pregúntome:

- será moi difícil isto?

- lembro algo da clase?

- que sei eu disto?

- que me poden preguntar disto no exame?

Page 23: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

2º.- LECTURA

Lectura lenta e comprensiva.

Vou ler o tema unha ou máis veces, detidamente,

sen intentar memorizar, só quero comprender,

amodiño, mirando as fotos, os recadros, tanto no libro

como no caderno.

Voume preguntando: isto que quere dicir?, con que

está relacionado?, ….

O que non son capaz de entender márcoo como

dúbida a resolver.

Se hai algunha palabra que non entendo búscoa no

dicionario.

Page 24: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

3º.- SUBLIÑO

Collo o lapis ou o subliñador e volvo a ler de novo párrafo

por párrafo, e pásolle unha raia as palabras ou grupo de

palabras que son claves para entender cada parágrafo.

Teño que subliñar só as palabras CLAVES (son aquelas

que teño que gravar na miña memoria).

Non pretendo memorizar, só subliñar o imprescindible.

Un subliñado está ben feito cando ao ler só o que está

subliñado capto a idea principal do texto.

Non podo subliñar un parágrafo enteiro.

Vou utilizar varios tipos de subliñado: en círculo poño a

idea ou palabra clave, a raia pásolla ás ideas secundarias,

escribo no marxe de cada parágrafo o título que eu lle

poñería a ese parágrafo.

Page 25: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

4º.- ESQUEMATIZO

Partindo do subliñado vou elaborar un

esquema.

O esquema é coma o esqueleto do texto,

non debe incluír parágrafos enteiros nin

oracións longas. É coma un telegrama.

Page 26: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

Elixo o tipo de esquema que vou facer: mapa

conceptual, esquema numérico, de letras, de chaves,

de guións, un cadro ou un esquema mixto.

Collo unha folla en branco e anoto os principais títulos

do tema deixando moito espazo entre eles. Despois

anoto os subtítulos. Finalmente tento anotar a

información subliñada. Todo isto debe estar unido con

chaves, frechas, guións…

O esquema debe ter a información mínima que hai que

memorizar.

Page 27: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

5º.- RETER (MEMORIZO) -RESUMIR

Memorizo o esquema anterior dando os

seguintes pasos:

1º.- Leo o esquema e vouno enchendo

oralmente, pero mirando polo libro.

2º.- Leo o esquema e, sen mirar o libro,

intento enchelo oralmente coas miñas

palabras.

3º.- Memorizo o esquema: o léoo e

recito tantas veces como sexa

necesario.

4º.- Sen mirar o esquema nin o libro

intento dicir o esquema e enchelo coas

miñas palabras.

Page 28: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

.- REPASO

Debes saber que por moito que estudemos hoxe, se

non repasamos pronto (en menos dunha semana)

vainos esquecer todo o memorizado, así que con

tanto traballo que nos deu a sesión de estudo non

podemos permitir que desapareza. O que podo facer

é o seguinte: na próxima sesión de estudo (non

deben transcorrir moitos días), antes de comezar

todos estes pasos cun tema novo, dedico 10 minutos

para repasar o esquema que fixen na sesión

anterior.

LEMBRA!: En cada sesión de estudo dedico

5 minutos a repasar os esquemas que fixen

nas sesións de estudo anteriores.

Page 29: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

HORARIO DE ESTUDO

O horario é persoal, so che sirve o que ti fagas.

O horario é flexible: Se hai exames debes ampliar o tempo.

O horario é revisable: Se ves que non o estás a cumprir

quizais sexa por vagancia, ou porque non é realista. Modifica

o teu horario.

O horario é realista: Non debes facer plans moi difíciles de

cumprir.

O horario hai que cumprilo: Se non o cumpres hoxe non

abandones todo, continúa mañá.

Empeza xa! Non perdas tempo.

Page 30: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

PASOS PARA CUBRIR O HORARIO DE

ESTUDO:

- Anota nun papel todas as materias que cursas.

- Vai poñendo nos recadros as actividades semanais fixas,

que non podes cambiar (deporte, pasantía, …).

- Cubre os recadros que vas a adicar aos deberes.

- No resto dos recadros vai poñendo as materias de

estudo, procurando que nun mesmo día haxa materias

fáciles e difíciles.

Page 31: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO

HORARIO SEMANAL DE ESTUDO.

Data: ………………………………………………

Page 32: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

APROBEI TODO!

Page 33: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
Page 34: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
Page 35: TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

IES A GUÍA Departamento de Orientación

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN