38
AS RELACIÓN DE PARENTESCO Unidade 2 Antropoloxía cultural

Unidade 2 As relación de parentesco

Embed Size (px)

Citation preview

AS RELACIÓN DE PARENTESCO

Unidade 2

Antropoloxía cultural

As relación de parentesco

Símbolos de parentesco

Familia nuclear e familia extensa

Liñaxe e filiación

O matrimonio

Regras de residencia

Terminoloxía de parentesco

Os átomos do parentesco

As relación de parentesco

As relación de parentesco son as máis fundamentais das relación sociais. Implica reprodución, e polo tanto sexo, e ademais xénero. Implica maternidade e paternidade, fraternidade, sororidade e confianza.

A familia humana é a máis fundamental de todas as institucións sociais humanas.

As relación de parentesco

O parentesco ten significado biolóxico e cultural. O significado biolóxico ten que ver cos xenes compartidos.

O significado cultural coa cooperación, herdanza e educación.

Estas dimensións están interrelacionadas e son moi complexas.

Símbolos de parentesco ou como ler os diagramas de parentesco

EGO: ou persoa sobre a que se está tratando de establecer a xenealoxía.

CÍRCULO: Representa a unha muller

TRIÁNGULO: Representa a un home

IGUAL: Representa a un matrimonio

LIÑA VERTICAL: Representa un descendente

LIÑA HORIZONTAL: Representa unha relación entre irmáns

Actividades

1. Representa a seguinte familia: Manuel é fillo de María e Pepe, e ten dúas irmás, Carla e Sonia.

2. Representa a seguinte familia: Ana vive en Corcubión cos seus pais, Víctor e Sara, os seus irmáns Carlos e Daniel, o seu tío Martín por vía materna, que casou conCristina e teñen unha filla, Nora, e a súa avoa por vía materna,Concepción.

3. Representa graficamente a túa familia e cita as ocasións en que te reúnes con ela.

1. Representa a seguinte familia: Manuel é fillo de María e Pepe, e ten dúas irmás, Carla e Sonia.

A familia nuclear

Consiste en marido, esposa e fillos.

George Peter Murdock atopou a familia nuclear en 250 sociedades e sacou a conclusión de que era universal.

Cumpre funcións vitais que outros grupos non poden levar a cabo: A relación sexual.

A reprodución.

A educación.

A subsistencia.

2. Representa a seguinte familia: Ana vive en Corcubión cos seus pais, Víctor e Sara, os seus irmáns Carlos e Daniel, o seu tío Martín, que casou con Cristina e

teñen unha filla, Nora, a súa avoa por vía materna, Concepción.

A familia extensa

Consiste en un grupo doméstico integrado por xermanos (irmáns carnais, fillos dun mesmo pai e unha mesma nai), os seus cónxuxes, e os fillos e /ou pais e fillos casados.

Nunha proporción importante das sociedades estudadas polos antropólogos, a vida doméstica está dominada por agrupamentos máis amplos que as familias nucleares.

Por que teñen tantas sociedades familias extensas? Probablemente, porque moitas veces as familias nucleares non dispoñen de suficiente man de obra masculina e feminina para desempeñar con eficacia as tarefas domésticas e de subsistencia. As familias extensas proporcionan un maior continxente de man de obra e poden realizar unha grande variedade de actividades simultaneamente.

Liñaxe e filiación

O estudo da vida doméstica en multitude de culturas de todo o mundo levou aos antropólogos a concluir que dúas ideas ou principios mentais interveñen na organización da vida doméstica en todas partes:

1. A idea de afinidade ou das relacións a través do matrimonio.

2. A idea de filiación.

As persoas relacionadas entre si a través da filiación ou dunha combinación de afinidade e filiación son “parentes”.

Sistema de descendencia

1. Sistema Unilineal: no cal o descendente é trazado a través dos pais e ascendentes dun “só sexo”; por tanto pode ser Patrilineal ou Matrilineal.

As sociedades Patrilineais son moito máis comúns que as Matrilineais. Exemplos de sociedades patrilineais son as antigas tribus de Israel, e de matrilineais o reino de ASHANTI en Africa occidental.

Distínguese entre parentes lineais e parentes colaterais: Parente Lineal: É o ascendente ou descendente directo do EGO.

Parente Colateral: Son os formados polos irmáns do EGO e os seus descendentes e polos ascendentes ou descendentes dos seus parentes lineais.

Sistema de descendencia: sistema unilineal

Sistema de descendencia

2. Sistema Bilineal ou Dual: algúns sistemas combinan o sistema patrilineal e matrilineal nun sistema dual.

Sistema de descendencia: Sistema Cognaticio

3. Sistema cognaticio: os descendentes son trazados dende ámbolos dous pais. Distínguense os siguintes sistemas:

a) Sistema bilateral: O parentesco trázase de forma igual e simétrica seguindo as liñas materna e paterna nas xeracións ascendente e descendente e a través de individuos de ambos sexos.

Sistema de descendencia: Sistema Cognaticio

3. Sistema cognaticio: os descendentes son trazados dende ámbolos dous pais. Distínguense os siguintes sistemas:

b) Sistema ambilineal : Involucra a unha exclusiva selección de membros no grupo da nai ou do pai, habitualmente na idade adulta. Está centrado nos antepasados dende onde se traza unha rede de parentesco dende o pai ou a nai –pero non dende ambos- É dicir, os membros do grupo adquiren a súa identidade “indistintamente”a través dun ou outro proxenitor, o cal supón unha elección por parte do individuo.

Os parentes incluídos no grupoBilateral do Ego están en vermello.En morado os descendentes que non foron asignados como membros.

O matrimonio

O matrimonio é un dispositivo cultural polo cal unha sociedade recoñece o vínculo entre un home e unha muller co fin de facer lexítimos aos fillos. Os fillos son así recoñecidos por toda unha serie de parentes tanto por parte da súa nai como por parte do seu pai.

O matrimonio

O tabú do incesto

Para R.Brown o incesto é o delito de relación sexual entre persoas relacionadas por consanguinidade ou por matrimonio dentro de graos definidos pola lei ou pola relixión.

Por que o incesto é algo practicamente universal? Déronse varias explicacións sobre o incesto:

a)Razóns biolóxicas.- A razón da prohibición é que se pode producir malformacións da descendencia. Esta hipótese parece pouco plausible, xa que en todo caso sería unha consecuencia de inflixir a prohibición pero nunca unha causa.

b)Razóns psicolóxicas .- Afírmase que existe unha aversión instintiva a manter relacións sexuais con parentes cos que existe unha estreita convivencia, de modo que as persoas que dende a nenez se crían xuntas, séntense incapacitadas para desexarse sexualmente.

c) Destrución da familia.- Arguméntase que o incesto ao largo de xeracións sería imposible xa que trastornaría as relacións de autoridade no seo da familia. Sen embargo isto está desmentido por algúns datos etnográficos como por exemplo a poliandría fraterna no Tibet.

Para Levi-Strauss a prohibición do incesto como cara negativa do imperativo da exogamia é o que permitiu o paso da natureza á cultura (á civilización). É a exogamia o que permitiu a alianza entre homes mediante o intercambio entre irmás.

O matrimonio

Tipos de matrimonio

Matrimonio monógamo: dúas persoas constitúen a parella.

A poligamia é un tipo de matrimonio no que se permite a unha persoa estar casada con varios individuos ao mesmo tempo. Pode ser:

Polixínia: un varón ten dúas ou máis donas ao mesmo tempo.

Na 'sharia' ou lexislación islámica se acepta que un home teña ata catro donas legais ao mesmo tempo, e un número indeterminado de concubinas . Na práctica, case sempre, os varóns musulmáns foron monogámicosdebido a que a polixinia é practicamente un privilexio reservado aos ricos, xa que o Corán estipula que oesposo debe manter ás súas mulleres e á crianza. A situación dáse dun modo moi similar na India onde sóaqueles especialmente adiñeirados podían practicar a polixinia.

Poliandría: unha muller pode estar ao mesmo tempo en matrimonio con varios varóns. En todos os casos coñecidos, a poliandría débese a que naspoboacións onde se practicou existiu unha alta taxa demasculinidade, un exceso numérico de varóns en relación aode mulleres casadeiras posibles, e os varóns que se vencellaroncon mulleres da súa mesma etnia, non poden vencellarse con mulleres doutras etnias.

Tipos de matrimonio

A exogamia: a regra que prohíbe a relación matrimonial entre os membros dunmesmo grupo.

A endogamia: matrimonio, unión ou reproducción entre individuos de ascendencia común; é dicir, dunha mesma familia, liñaxe ou grupo.

A homogamia refírese ao matrimonio entre individuos que comparten algunhacaracterística culturalmente importante. A homogamia pode estar baseada en similitudes de clase, etnicidade ou relixión.

Regras de residencia

Residencia neolocal : cada un dos cónxuxes abandona o domicilio familiar de orixe e crean conxuntamente un novo (familia nuclear).Este é o patrón máis habitual nas sociedades industriais modernas.

Regras de residencia

Residencia patrilocal: despois do matrimonio o marido permanece na casa do pai e leva a súa dona a vivir nela. Os fillos do matrimonio engádense ao grupo do pai, creándose un patriliñaxe e as fillas deben abandoar o fogar paterno cando contraen matrimonio.

Regras de residencia

Residencia matrilocal: a muller despois do matrimonio permanece no domicilio da nai e leva a vivir ao seu esposo coa súa familia. Os fillos (varóns) nados do matrimonio cando casan abandonan o fogar para unirse ao domicilio das súasdonas.

Regras de residencia

Matrifocal ou matricéntrica : está centrada en torno á nai ou á muller, e pode ser entendido como unha forma de designar un domicilio no que a nai e os fillos que dependen dela están presentes ou son significativos. Os homes adultos na súafacultade de pais ou esposos están ausentes ou ben presentes de forma marxinalna vida familiar .

Regras de residencia

Residencia avunculocal : É máis complexa que as anteriores posto que hai “douscambios de residencia”. A formación do domicilio comeza cunha regra VIRILOCAL, situando á muller casada no domicilio do seu esposo onde son criados os fillos. Cando estes chegan á idade adulta deben abandonar a casa dos seus pais e trasladarse a vivir ao domicilio do irmán da nai (que é o avunculado).

Regras de residencia

Residencia ambilocal: a parella á hora de contraer matrimonio decide se se unen aodomicilio de orixe do marido ou ao da muller. Dacordo coa elección efectuada nasxeracións previas, o matrimonio pode residir ben no domicilio do pai do marido oudo da dona, dando lugar a unha familia ambilocalextendida.

Regras de residencia

Residencia natalocal: a residencia Natalocal está estruturada segundo a regra polacal ao contraer matrimonio cada un dos cónxuxes continúa residindo na súa familia de orixe (ou de nacemento), os fillos nados do matrimonio permanecen coa nai na súa casa natal ao longo de toda a súa vida.

Terminoloxía de parentesco

1.- Sistema SUDANES : É completamente descritivo e asigna diferentes termos a cada un dos parentes (hai 8 termos diferentes para designar a cada un dos 4 curmáspaternos e aos catro maternos).

Terminoloxía de parentesco

2.- Sistema HAWAIANO: É o menos descritivo dos sistemas. EGO distingue aos seusparentes tan só en función do sexo e a xeración. Non existe o termo tío e todos os curmás son designados como irmáns e irmás

Terminoloxía de parentesco

3.- Sistema ESQUIMÓ: O sistema esquimó ten un carácter bilateral (non haidistinción entre os parentes matrilineais e patrilineais) os parentes se recoñecen polo grao de parentesco (pola distancia no parentesco). A familia nuclear son designados por termos que non se aplican a outros parentes.

Terminoloxía de parentesco

4.- Sistema IROQUÉS: O sistema Iroqués está baseado no principio de bifurcación. EGO distingue entre parentes do lado da nai e do lado do pai e funde a figura do paicoa do irmán do pai e a da nai coa irmá da nai. Desta forma os curmáns paralelos son fusionados cos irmáns e irmás.

Os átomos de parentesco

A expresión átomo de parentesco foi introducida por Levi-Strauss para referirse á unidade estrutural máis simple dos sistemas de parentesco. Distintos antropólogos deron a súa versión de que é o que entenden eles por átomo do parentesco (é dicir por cal é segundo eles esa unidade estrutural máis simple do sistema de parentesco).-

Para Robin Fox (cunha visión matri-céntrica, baseada na relación bio-social entre xenetrix e prole) o átomo do parentesco o constitúe a relación básica ou biolóxica entre xenetrix e prole, isto é entre nai – fillo/a.

Os átomos de parentesco

Para Radcliffe-Brown e Murdock (cunha visión familio-céntrica o átomo do parentesco é a familiaelemental, que está formada pola relación dos cónxuxes cos seus descendentes (os seus fillos). Adiferenza entre R.Brown e Murdock está en que o primeiro pon o énfase na descendencia(perspectiva xural de transmisión de dereitos e deberes dos pais aos fillos), mentres que o segundopon o énfase na localidade e a residencia. Así para Murdock o átomo do parentesco é a familianuclear formada polos cónxuxes que residen xunto cos seus fillos no mesmo domicilio. ParaR.Brown a residencia común non é un rasgo definitorio para a familia.

Os átomos de parentesco

Levi-Strauss (cunha visión estruturalista), o rasgo definitorio da familia non son as persoas senón as relacións establecidas entre elas: para Levi. O átomo do parentesco vén dado pola alianza entre homes mediante o intercambio de irmás, o cal lévalle a incluír no átomo do parentesco ao irmán da nai (MB) e ao fillo da irmá (ZS).