A idade moderna

Preview:

Citation preview

A IDADE MODERNA

• No século XV producíronse unha serie de feitos que transformaron a vida europea e que configuran unha nova era, a Idade Moderna, esta se estende desde 1492 ano en que se descubre América, ou 1453 cando os turcos otománs toman Constantinopla ata 1789 ano en que ten lugar a revolución francesa.

• Un novo período histórico, froito dunha serie de transformacións sociais, políticas, relixiosas culturais e económicas.

• Diversos factores explican a irrupción da modernidade:

• Os progresos científicos e técnicos van transformar as

sociedades europeas. Innovacións técnicas(compás,

astrolabio,carabela..) van permitir o descubrimento de

América por Colón. A invención da imprenta, permitiu unha

ampla difusión dos libros, achegando a cultura a un amplo

sector social.

• Ten lugar unha gran transformación cultural e a aparición

de novas correntes de pensamento, o Humanismo e

artísticas : o Renacemento .

• .

•Reformas relixiosas aparece o protestantismo

(luteranismo, calvinismo e anglicanismo)

•Cambios na economía coa aparición o

capitalismo comercial, réxime económico

fundamentado no dominio do capital como

creador de riqueza, que se acumulará en mans

da burguesía e que se iniciara coas

exploracións marítimas de Portugal e Castela.

• No ámbito político. Aparece o Estado Moderno

encarnado nas monarquías autoritarias en varios

Estados europeos como Francia,Inglaterra e

España, que impoñen a autoridade real sobre os

nobres.

• Ámbito social. cada vez é maior o peso dun grupo

social, a burguesía, que se enriquecera co comercio

e cuxas reivindicacións desembocarán, tres séculos

máis tarde, no inicio da Idade Contemporánea.

CULTURA E ARTE:HUMANISMO E RENACEMENTO

• Durante os séculos XV e XVI aparece un novo xeito de comprender o mundo. Sen negar a existencia de Deus, que ocupara un papel central na Idade Media, comezouse a buscar explicacións racionais aos fenómenos da natureza e a organizar todos os aspectos da vida social desde unha perspectiva que tivese máis en conta ao ser humano.

• O HUMANISMO• Xorde no século XV en Italia un movemento intelectual

denominado humanismo, que supuxo un cambio de mentalidade respecto á época medieval. Ten como características principais:

• Toma como modelo a antigüidade clásica. Estúdan obras literarias, filosóficas, científicas grecolatinas.Colocan ao ser humano no centro do universo (antropocentrismo), en contraposición áo mundo medieval que puña a Deus no centro de todo(teocentrismo

• O pensamento humanista difundiuse por toda Europa grazas á imprenta (Johannes Gutenberg 1455) que multiplicou a publicación de libros e abaratou o seu custe.

• As universidades contribuíron ao espallamento das novas ideas.

• Os pensadores humanistas e artistas renacentistas foron apoiados polos mecenas (nobres e burgueses protectores da arte e a cultura, como os Médicci en Florencia).

• Entre os pensadores do movemento humanista destacan:• Erasmo de Róterdam, quen en Eloxio da loucura realizou

unha crít ica dos males da• sociedade do seu tempo.Tomás Moro, pensador inglés,

quen na súa obra Utopía criticaba os monarcas despóticos,o materialismo e os privilexios. Nicolás Maquiavelo, que na súa obra, O Príncipe, defendeu que para poder exercer opoder é lexítimo empregar a astucia ou o temor (o fin xustifica os medios).

• En España destacaron Antonio de Nebrija, autor da primeira gramática castelá, Juan Luis Vives, promotor dunha reforma da educación a través do emprego do método experimenta

OS CAMBIOS RELIXIOSOS• No século XV rompeuse a unidade da

igrexa católica, as causas que a motivaron foron:

• O desprestixio do clero. Os papas ocupábanse máis das ambicións terrenais que de ser cabeza da cristiandade; os bispos vivían con luxo e non se ocupaban das súas dioceses; o baixo clero carecía de preparación e vivían dun xeito pouco acorde coa moral cristiá.

• Os vicios da igrexa. O alto clero ofrecía os cargos eclesiásticos aos seus familiares (nepotismo); os cregos amancebábanse(nicolaísmo); vendíanse os cargos eclesiásticos e o perdón dos pecados mediante as indulxencias(simonía).

• Algúns humanistas criticaron a relaxación dos costumes e da moral do clero e a xeneralización de prácticas abusivas na Igrexa.

• A ruptura entre cristiáns produciuse polas predicacións de Martiño Lutero (Alemaña 1483-1546),ao negar o valor das indulxencias e o poder da Igrexa.

• Predicou unha nova doutrina relixiosa, coñecida como reforma luterana, que negaba a autoridade do Papa e se baseaba en tres principios: xustificación pola fe, sacerdocio universal (invalidando os sacramentos) e autoridade da Biblia (única fonte de inspiración para cada individuo).

• Ao mesmo tempo xorden outras doutrinas reformistas:• O calvinismo (Suíza ) de Xoán Calvino (1509-1561).• Defendía a predestinación; dicir, que o home ten determinado o seu destino desde o nacemento. Os principios que defende son: observar a Biblia, levar unha vida humilde e austera e gozar a graza divina.

• O anglicanismo (Inglaterra) de Henrique VIII (1491-1547). Separouse de Roma ao se negar o Papa Clemente VII a concederlle o divorcio de Catalina de Aragón, Autoproclamándose xefe supremo da igrexa anglicana.

• Na súa loita contra a expansión do protestantismo a Igrexa católica iniciou un movemento de reforma

coñecido como Contrarreforma.

• Para levala a cabo tivo lugar a convocatoria do Concilio de Trento(1545-1563).

• Nel proclamouse que a fe e as boas obras era importantes para a salvación; reafirmou a validez dos sete sacramentos e o culto á Virxe e os santos;e declarou a Vulgata como única interpretación válida da Biblia. Creanse os seminarios para a formación dos sacerdotes e prohibironse as malas prácticas para acabar cos vicios da igrexa.

• Importante apoio á contrarreforma foi a Compañía de Xesús, cuxos membros facían un voto de obediencia ao Papa e tiñan unha sólida formación.

O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO. AS MONARQUIA AUTORITARIAS

• En Europa occidental(Castela, Aragón, Francia ou

Inglaterra), tras un período de crise, inestabilidade e

guerras civís os reis reforzaron o seu poder frente á

nobreza, as monarquías feudais transformáronse en

monarquías autoritarias, este novo modelo de

organización política recibe o nome de Estado

Moderno.

• Como referentes neste proceso de imposición do poder

real atopamos a Isabel e Fernando os Reis Católicos.

A MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS.A IMPLANTACIÓN DO ESTADO MODERNO

• A Península a finais da Idade media, no S.XIV sofre

tamén un momento de grande inestabilidade debido á

fame, continuas guerras e epidemias,a peste negra

que causou milleiros de mortos. A causa disto houbo

numerosos conflitos sociais: Guerras irmandiños,

Payenses de remensa, persecución de mudéxares e

xudeus.

• Os mesmos nobres enfrontáronse entre sí e tamén cos

reis. Así nos principais reinos cristiáns da Península

Ibérica, Castela e Aragón houbo guerras civís.

• En Aragón Xoan II ,o pai de Fernando, tívose que enfrontar

á nobreza catalá aliada cos burgueses ricos nunha guerra

civil.

• En Castela á morte de Henrique IV en 1474 desatouse unha

guerra civil entre os partidarios da súa filla Xoana e a

nobreza que defendía á súa irmán Isabel.A vitoria dos

partidarios de Isabel supuxo a unión das monarquías de

Castela e Aragón nas persoas dos seus reis Isabel e

Fernando en 1479.

• Así a Idade Moderna comeza na Península Ibérica co

reinado dos Reis Católicos, unha serie de cambios permitirá

a hexemonía de España durante o século XVI en Europa.

• A unión das coroas de Castela e Aragón foi unha unión

dinástica, non formaron un só reino, xa que ambos reinos

mantiveron as súas propias institucións, leis, moedas e

fronteiras. Esta unión establecíase nun plano de igualdade,

pero inclinouse claramente en favor de Castela pola súa

superioridade demográfica, territorial e económica.

• Pero ambos estados reuniron as súas forzas para afrontar

calquera tipo de empresa militar. Ademais, nas súas

relacións cos outros Estados actuaban sempre

conxuntamente en nome dos dous reinos.

A MONARQUÍA AUTORITARIA DOS REIS CATÓLICOS

Cando Fernando e Isabel fixéronse co poder en Castela e Aragón, a nobreza aínda exercía moita presión sobre os reis, e lles impoñían decisións políticas. O rei debatíase entre os distintos bandos de nobres, que tanto o apoiaban como ameazaban con arrebatarlle a coroahttps://www.youtube.com/

watch?v=rDttu7MqHr8

• Fernando e Isabel propuxéronse dende o

primeiro momento impoñer nos seus Estados

a autoridade do rei por riba de calquera

outro poder.

• Por iso o reinado dos reis católicos

considérase como a orixe do Estado

Moderno e o inicio da monarquía autoritaria en

España, un novo modelo de organización do

poder, moderno e centralizador.

• POLÍTICA INTERIOR.• Os reis católicos tentaron fortalecer os

órganos de goberno ao servizo da monarquía:

• Centralizaron a administración de xustiza, creando a Real Audiencia.

• Creouse un sistema de Consellos con atribucións específicas en diferentes ámbitos: Navarra, Aragón, Indias.O máis importante era o Consello real de Castela.S

• as Cortes permanecen so con carácter

consultivo, cada vez se reunían menos.

• os vicerreis, representantes do rei nos

diversos territorios.

• Os corrixidores, funcionarios da Coroa

que controlan os municipios.

• Crease a Contaduría Real de Facenda

para recadar impostos.

• Ante a situación de anarquía e desorden tras

a guerra civil, crearon a Santa Irmandade,

especie de “policía rural” encargada de

perseguir e xulgar os malfeitores.

• O exército permanente e modernizado

único, ao servizo dos monarcas.• Sometemento da nobreza e reforzo do

poder real. restrinxíanselles dereitos e atribucións

https://www.youtube.com/watch?v=XzbCmR--hHc Medidas política interior

A uniformidade relixiosa ,empéñanse en difundir o

catolicismo e combater os que tiñan outras crenzas .

Os reis Católicos reforzaron Tribunal do Santo

Oficio da Inquisición.

• Instouse ós xudeus a converterse ó cristianismo, os

que non o fixeron foron expulsados en 1492. Aos

musulmáns de Granada en principio se lles permitiu

manter a súa relixión e os seus costumes, pero logo

impulsáronse os bautismos obrigatorios, pasando

estes a ser mouriscos.

https://www.youtube.com/watch?v=VMHT49qTuy8

A unión dos territorios peninsulares se conseguiu

mediante:

• Incorporación do Reino Nazarí de Granada,. O exército

dos reis católicos ao mando de Gonzalo Fernandez de

Córdoba ,o Gran Capitan, foi conquistando cidades do reino

musulman ,finalmente Granada é conquistada e pasa a

formar parte da Coroa de Castela en 1492.

• Incorporación de Navarra a Castela en 1515 aproveitando

que os exércitos casteláns estaban en guerra con Francia,

xa que os navarros eran aliados de Francia .

• POLÍTICA EXTERIOR COMÚN.• Os reis católicos pretendían presentarse ó

exterior como un so Estado hexemónico. • Tras unificar todos os territorios peninsulares

pasaron logo a constituírse nunha gran potencia política e militar en Europa e o Mediterráneo.

• Para conseguilo recorrerán tanto á guerra como á diplomacia, cunha política de alianzas matrimoniais moi activa, tratando de entroncar coas monarquías reinantes.

• Ocupación do reino de Nápoles en 1505

• Ocupación dalgúns dos portos da costa

norteafricana para acabar coa piratería

barberisca que ameazando a circulación das

naves catalanas e valencianas.

• No ano 1497 os casteláns conquistaron Melilla e

a partir de 1505 Orán e Buxía en 1509.

• Conquistaron as illas Canarias.

• Apoiaron a viaxe do navegante Cristobal Colón

GALICIA NO REINADO DOS REIS CATÓLICOS

• Para reforzar o seu poder, os Reis Católicos

someteron á nobreza galega, e Galicia

perdeu o peso político que tiña na Idade Media.

A nobreza galega resistiuse, entre eles destaca

o mariscal Pardo de Cela que foi axustizado

en Mondoñedo.

• Creáronse novas institucións de goberno como: A

Real Audiencia con competencias xudiciais e

administrativas. O capitán Xeral, presidia a Real

Audiencia e tiña amplos poderes. As Xuntas do

Reino, representaban ao Reino de Galicia, pero non

posuía funcións de goberno, so consultivas e de

repartición de tributos.

• A presenza na administración de persoal implantou o

uso do castelán, e relegou o uso da lingua galega.

• Economía

• Cos reis Católicos continúase a situación económica e social

de finais do medievo. A principal actividade económica de

Castela era a gandería trashumante fundamentalmente

ovina, orientada á obtención de lá para a exportación, a

través dos portos do cantábrico cara a Flandres e Inglaterra.

• A monarquía apoiaba esta actividade a traves da poderosa

Mesta, en detrimento da agricultura.

• Houbo ademáis unha queima abusiva de bosques para

favorecer os pastos

• Reavívase a artesanía e o comercio internacional,

ademáis de lá expotábase mercurio ferro, estaño,

azafrán, peles,tecidos catalans. Importábanse entre

outros, ouro sedas, especias, produtos exóticos e

obxectos de luxo.

• Aragón despois da crise non conseguiu recuperar o

esplendor medieval. O impulso do comercio atlántico,

a raíz dos descubrimentos, deulle a Castela a

supremacía económica ó longo de toda a Idade Moderna.

• Sociedade

• Os privilexiados, nobreza e o clero eran os grupos

propietarias da maior parte das terras e ocupaban cargos

políticos, da administración e do exército.

• Non privilexiados A maioría da poboación estaba formada

por campesiños. Case nunca eran donos das terras que

traballaban, e tíñanlle que pagar rendas aos seus

propietarios(pecheiros).

• A burguesía nas cidades, adicábase a actividades comerciais

e artesanais, este grupo foi máis numeroso na Coroa de

Aragón.

• Os xudeus vivían nas cidades, dominaban

as finanzas e ocupaban importantes

cargos públicos. Os que se convertían ó

cristianismo chamáronse conversos.• Os mudéxares, españois de relixión

musulmana, dedicábanse maioritariamente á

agricultura. Posteriormente obrigaronnos a

bautizarse pasando a ser mouriscos

A HEXEMONÍA HISPÁNICA BAIXO OS

AUSTRIAS• Á morte de Fernando o Católico, e ante a incapacidade

de gobernar da súa filla Xoana, accede ao trono

Carlos, fillo desta e de Felipe o Fermoso, que nacera e

se criara nos Países baixos. Con el introduciuse en

España a dinastía dos Austrias ou Habsburgo.

• No século XVI, durante os reinados de Carlos I (1516-

1556) e Felipe II(1556-1598) España foi un gran

Imperio que impuxo a súa hexemonía en Europa.

• Carlos I herdou un

gran imperio, tanto

por parte materna

( Territorios

peninsulares,Novos

territorios americanos,Italia..)

como paterna (Imperio

alemán, Países Baixos,

Franco condado..)

• Felipe II, o seu fillo, non herdou as posesións europeas do seu pai(quedaron para o irmán de Carlos, Fernando), pero sumou aos seus territorios as illas Filipinas e Portugal.

PROBLEMAS INTERNOS

• Carlos I desatou unha forte oposición ao chegar a

España xa que: non falaba castelá, pedía numerosas

sumas de diñeiro para coroarse emperador, puxo nos

altos cargos da administración a extranxeiros. Esta

situación deu lugar a dúas revoltas: a das Comunidades,

en Castela; e a das Xermanías en Valencia e Mallorca.

• Felipe II enfrontouse a dúas sublevacións: A dos

mouriscos das Alpujarras ao obrigarlles a deixar a súa

relixión e costumes; e a de Aragón, ao querer Felipe II ir

en contra dos seus foros e dereitos.

PROBLEMAS EXTERNOS

• Enfrontamento de Carlos I con Francia polos territorios

italianos. Este se resolveu coa victoria de Felipe II na batalla

de San Quintín (1557).

• Enfrontamento cos turcos, resolto coa derrota turca en

Lepanto (1571)pola alianza de FelipeII con Venecia e o

Papa.

• Os príncipes alemáns convertidos ao luteranismo

enfrontaronse a Carlos. O conflito rematou coa Paz de

Augsburgo(1555), onde se recoñeceu a liberdade relixiosa

en Alemaña.

• Os Paises Baixos, desexosos de autonomía e

liberdade relixiosa enfrontáronse a Felipe II en

1556. En 1579 o norte, convertido nas Provincias

Unidas independizouse.

• Enfrontamento con Inglaterra que axudaba aos

sublevados dos Países Baixos, e polos ataques

dos corsarios ingleses aos barcos españois.

Felipe II enviou a Armada Invencible(1568) que

acabou destruída.

OS GRANDES DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

• CAUSAS

• Para manteren as relacións comerciais con Asia, as potencias da

Europa occidental víronse obrigadas a procurar rutas alternativas ao

Mediterráneo, bloqueado polos turcos desde a toma de Constantinopla.

• As necesidades comerciais,

• descubertas científicas e técnicas(o astrolabio, o compás, o temón,

os portolanos, as carabelas, etc.)

• mentalidade renacentista(afán de explorar novos territorios),

facilitaron o desenvolvemento da navegación marítima e a chegada

(descubrimento) a novas terras.

• Na procura de rutas alternativas ao Mediterráneo, Portugal potenciou

dous camiños: a ruta de Guinea, pola costa Africana e o camiño á India.

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA

• Os Reis Católicos comezaron a política de

conquistas no norte de África e apoiaron o

proxecto de Colón, que defendía a posibilidade

de chegar ás Indias navegando cara ao Oeste, a

través do Atlántico. Asinaron con Colón as

Capitulacións de Santa Fe.

• En 1492 Colón chegaba ao novo continente,

malia que el morreu pensando que chegara a

Asia.

• Para evitar conflitos con Portugal, asináron o

Tratado de Tordesillas (1494), que trazaba un

meridiano de reparto de territorios a 370 leguas

ao oeste das illas de Cabo Verde.Os territorios ao

Oeste serían para Castela, e os situados ao

Leste para Portugal. Así Portugal conseguía

Brasil.

• Colon foi descubrindo novos territorios en sucesivas

viaxes, e outros mariños fixeron o mesmo: Nuñez de

Balboa descubre o pacífico atravesando do Istmo de

Panamá(1513), Americo Vespucio decátase que é un

novo continente; Magalhaes e Elcano deron a

primeira volta ao mundo(1519).

• A conquista do territorio se fixo en varias fases: Nunha

primeira Hernán Cortes conquistou o Imperio azteca,

Francisco Pizarro o imperio Inca. Logo fornse

conquistando territorios en América Central e do Sur.

ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO• Para organizar os novos territorios, os españois crearon

institucións de Goberno:

• Vicerreinatos, forma de organizar os territorios cun

vicerrei ao cargo ,representante directo do rei,ao principio

foron dous, o Vicerreinato de Perú e de Nova España.

• Consello de Indias. Encargábase dos asuntos dos

novos territorios.

• A casa de Contratación organizaba o comercio e

controlaba as viaxes a América.

EXPLOTACIÓN ECONÓMICA

• Pronto explotáronse os recursos dos novos

territorios, obrigando a traballar aos indíxenas

nas minas, mediante o sistema de mita e na

agricultura e gandería nas facendas en

sistema de encomendas (traballo forzoso a

cambio de cristianización).

CONSECUENCIAS DA CONQUISTA

• Para os pobos americanos a conquista supuxo a

desaparición da súa civilización,cultura e relixión, a

imposición da organización castelá e un enorme

descenso demográfico, debido ao traballo forzoso e á

transmisión de enfermidades descoñecidas en América.

• Para Castela a conquista supuxo unha chegada masiva de

ingresos que financiou a hexemonía en Europa, emigración de

poboación e un enorme desenvolvemento comercial

Xa no momento se levantaron voces para defender aos indí xenas, como Frai bartoloméde las Casas

• Ademais houbo unha importante introdución

de novos produtos en cada territorio:

• A América se levaron o trigo, vide, oliveira,

cabalos,vacas, aves de curral..

• na península se introduciron: o millo, a

pataca, o tomate, o cacao e o tabaco

OS POBOS PRECOLOMBIANOS• Cando os europeos chegaron a América, o novo

continente xa estaba poboado por prósperas

civilizacións, entre as que destacan as culturas

azteca, inca ou maia.

• Os aztecas.

• Chegaron a México cara ao século XII e formaron

un extenso imperio con capital en Tenochtitlán.

• Os maias.

• Cultura formada cara ao século IV. No seu momento de

apoxeo configurábanse en cidades-estado,pacíficas,

gobernadas por un réxime teocrático e dedicados á

agricultura.

• Os incas.

• Habitantes dos Andes, (Machu Pichu)capital en Cuzco,

estenderon o seu dominio sobre os pobos do Pacífico

suramericano durante o século XV, ata crear un imperio

de máis de 3.000 Km.

TRANSFORMACIONS ECONÓMICAS E

SOCIAIS • As actividades urbanas alcanzaran xa desde o

século XIII un aumento considerable co renacer urbano. A partir do século XV a artesanía aumenta grazas ao aumento demográfico e á apertura de novos mercados.

• O comercio alcanzou un gran auxe, debido ao aumento da demanda e a apertura de novas rutas comerciais como a atlántica. Grazas a iso estendeuse a circulación da moeda, a banca, o crédito e as empresas ou sociedades comerciais.

• Todo isto favoreceu a aparición do capitalismo comercial, a formación de grandes capitais procedentes do comercio.

• O comercio mediterráneo centrábase nas cidades italianas que intercambiaban produtos con Oriente.

• O comercio atlántico centrouse nos portos do mar do norte, Lisboa e Sevilla. Experimentou un gran desenvolvemento coa aparición dos imperios coloniais de Castela e Portugal.

• A sociedade seguiu sendo estamental, ainda que experimentou cambios. A nobreza e o clero perderon poderante os reis, pero seguiron sendo privilexiados.

• O campesiñado emancipouse da servidume na Europa Occidental, traballando as súas propias terras ou cobrando un salario.

• A burguesía converteuse no grupo social emerxente, debido ao seu enriquecemento grazas ao comercio,a banca e os negocios, impoñéndose ao resto dos grupos urbanos(medianos comerciantes e artesáns, asalariados..)

O RENACEMENTO, UN NOVO ESTILO ARTÍSTICO.

• Vinculado ao Humanismo, este movemento artístico iniciouse en Italia no s. XV, onde os gobernos das diferentes cidades-estado viron no mecenado artístico o xeito para engrandecer o prestixio das súas vilas, de grande expansión económica grazas á actividade comercial.

• As principais características deste estilo son as seguintes:

• A inspiración na arte da Antigüidade clásica, o que se observa na utilización de temas mitolóxicos ou na utilización de elementos da arquitectura grecorromana

• A exaltación do ser humano (antropocentrismo)o que se reflicte na realización de retratos e na volta a representación do nu, inexistente no período medieval.

• A procura da beleza ideal tomando como modelo a natureza, a realidade pero idealizada e buscando a proporción, o equilibrio e a simetría.Utilizan a perspectiva

• A consideración social do artista mellorou, asinaban as súa obras e tiñan fama e riqueza.

• Destacaron artistas como Brunelleschi en arquitectura, Donatello e Miguel Anxo en escultura Boticelli, Leonardo da Vinci e Rafael en pintura, ainda que moitos artistas nesta época foron polifacéticos.

• En España destaca a figura do Greco

Iglesia de San Lorenzo de Florencia. Brunelleschi

Donattello.David

David. Miguel Angel

Botticelli.La primavera

La escuela de Atenas. Rafael

O ANTIGO RÉXIME.• Na Europa do século XVII o panorama internacional

cambiou, ao substituírse a hexemonía española pola

francesa ; a monarquía autoritaria da paso á monarquía

absoluta, e en contraposición noutros países como

Inglaterra se adoptan sistemas parlamentarios, impúxose

o mercantilismo económico e o crecemento da

burguesía comezou a socavar as bases da sociedade

estamental; naceu a ciencia moderna e un novo estilo

artístico: O barroco.

PERDA DA HEXEMONÍA HISPÁNICA• O reinado de Felipe III (1598-1621), fillo de Felipe II,

inaugura unha nova etapa política de declive para

España. Tanto el coma os seus sucesores poñen o

goberno en mans duns ministros omnipotentes

chamados validos.

• Felipe III entregoulle o goberno ao Duque de Lerma,

este propiciou a sinatura de Tregua dos Doce

Anos(1609) na guerra dos Países Baixos.

• No interior de España o feito máis salientable foi a

expulsión dos mouriscos (1609) o que causou

perdas na agricultura,

xa que a maioría traballaban

no campo.

• Felipe IV(1621-1665) entregou o poder a outro valido, o

Conde-Duque de Olivares.

O seu goberno coincidiu co estalido

da Guerra dos Trinta Anos,

onde se mestura un conflicto relixioso

coa pugna pola hexemonía europea.

Esta guerra enfrontou aos

príncipes alemáns protestantes

co emperador do

Sacro Imperio Romano Xermánico, católico

• España apoiou ao Imperio e as potencias

europeas(Suecia, Dinamarca, Inglaterra e Francia)

aos protestantes.

• A sinatura da Paz de Westfalia (1648) poñía fin á

guerra e recoñecía a Independencia do norte dos

Países Baixos.

Pero a guerra pola hexemonía europea entre Francia

e España continuou.

• En 1659 asínouse a Paz dos Pireneos, que supuxo a perda da hexemonia española en Europa en favor de Francia.

• Olivares intentou recadar impostos ao resto dos territorios hispánicos, para sufragar os gastos da guerra, isto provocou o levantamento de Cataluña e Portugal en 1640.

• O levantamentode Cataluña foi sufocado, pero o de Portugal rematou coa separación definitiva en 1665.

• O reinado de Carlos II (1665-1700) foi o

derradeiro dos Austrias. Uníronse no seu reinado

a propia incapacidade do rei, a corrupción dos

seus validos, a grave crise económica e a perda

de peso político da monarquía hispánica no

panorama internacional.

• Carlos II morreu sen descendencia, o que deu

paso a un conflito sucesorio,

Guerra de Sucesión,

entre os partidarios do

candidato francés,

Felipe de Borbón

e os do austríaco,

Carlos de Austria.

A CRISE DO SÉCULO XVII• En Europa viviuse unha crise económica e

demográfica, que afectou máis a uns países que a outros. xa que se viu afectada polas guerras, crises de subsistencia e epidemias.

• crise económica e demográfica, que afectou máis a uns países que a outros.

• En España foi de especial gravidade, xa que perdeu poboación debido á expulsión dos mouriscos e á emigración cara a América, os países do norte de Europa no entanto mesmo dobraron a súa poboación.

• Crise económica, a expulsión dos mouriscos

agravou os problemas agrícolas. Fame , guerra e

epidemias provocaron que moitos campesiños

marcharan áscidade, onde vivian da mendicidade.

Aparece a figura do pícaro.

• Decreceu a industria e o comercio, pola caida da

demanda e a competencia extranxeira. Ademais

reduciuse drasticamente a chegada de ouro e

prata de América polo esgotamento das minas.

• As finanzas públicas caeron en bancarrota

• Crise social. Consolidouse un modelo social

rendista que aspiraba vivir de rendas e

enriquecerse nas colonias americanas, incapaz de

impulsar unha economía produtiva e facer rendible

a riqueza.

• Crise política. Os últimos reis da dinastía dos

Austrias, febles, ceden o poder a validos, perden

territorios e hexemonía en Europa

NOVOS SISTEMAS POLÍTICOS

• A MONARQUÍA ABSOLUTA • No século XVII a maioría dos monarcas europeos

tentaron de reforzar o seu poder e camiñar cara á monarquía absoluta. Este sistema denomínase así por que concentra todos os poderes(lexislativo, executivo e xudicial) en mans do rei, é unha monarquía de orixe divina .

• O máis claro representante deste sistema foi Luis XIVde Francia (O rei sol)1643-1715, o seu poder non se sometía a ningún control.

• non compartía a soberanía con ninguén “O Estado son eu” .

• Deixou de convocar os Estados Xerais e buscou a unidade relixiosa, obrigando os protestantes a se converter ao catolicismo ou a se exiliar .

• Baseou o seu poder no nunha administración centralizada co nomeamento de intendentes de xustiza, de policía e de finanzas nas provincias que só respondían ante o rei;

• fortalecemento da burocracia, do exército e da diplomacia; así como no control da economía a través dos seus ministros (Colbert).Baixo o seu mandato, Francia impuxo a súa hexemonía en Europa.

• A teoría absolutista foi teorizada por Jean

Bodin e Jacques Bossuet, quen

defendía que o poder debía estar en mans

do monarca,quen non debía responder

ante ningún parlamento.

O PARLAMENTARISMO• Mentres na meirande parte de Europa

triunfaba o absolutismo, en Inglaterra e nas Provincias Unidas (Países Baixos) impúxose o parlamentarismo, sistema no cal a monarquía cedía parte do seu poder ao Parlamento, onde estaban representados os distintos estamentos sociais(nobres, igrexa, burgueses...)..

• En Inglaterra Carlos I e Xacobe II fracasaron na

implantación do absolutismo.O parlamento elixiu

un novo monarca Guillerme de Orange, quen tivo

que aceptar a Declaración de Dereitos

promulgada en 1689.

• O parlamentarismo foi teorizado polo inglés John

Locke, que sostiña que o rei debía compartir o

seu poder co Parlamento, quen elaboraba as leis

e controlaba o goberno

ECONOMÍA E SOCIEDADE•A sociedade estamental, herdada do período medieval, mantense vixente en boa parte do continente,•Os privilexiados, cunha nobreza que domina a vida cotiá e pretende perpetuar os seus privilexios. Con gran poder económico e político. Un clero que posuía grandes bens patrimoniais. Tiñan o poder ideolóxico e controlaban a educación.•Os non privilexiados , sen dereitos e que soportan todas as cargas fiscais, pero onde comeza a destacar un grupo , a burguesía, minoría que foi gañando poder económico e prestixio social

A economía• A agricultura sufriu un estancamento por

mor das guerras e as malas colleitas, motivadas por un arrefriamento climático, provocaron a fame entre os menos favorecidos producindo un crecemento demográfico moi escaso. No entanto en Holanda e Inglaterra iniciouse unha importante renovación e o aumento da produción, grazas á aplicación de novas técnicas.

• A produción artesanal era escasa e vinculada só aos

gremios. Nesta época apareceu a

• industria domiciliaria,que escapaba ao control dos gremios

realizada polo campesiñado como actividade complementaria

no propio domicilio.

• Un exemplo desta industria foi a elaboración de tecidos de

liño nos fogares campesiños galegos.

• Por outra banda, xurdiron as manufacturas,obradoiros onde

os traballos eran realizados a man con sinxelas máquinas e

reunían a traballadores nun mesmo local e percibían un salario.

• comercio, tivo unha grande importancia . Consolidáronse as rutas marítimas abertas por españois e portugueses na creación dos seus imperios de Ultramar: a ruta dos metais preciosos e a ruta das especias. Europa, África e América comunicáronse co chamado comercio triangular, centrado na compra de persoas escravas en África para seren levados a terras americanas como man de obra nas grandes plantacións de café, azucre, cacao, tabaco, etc.

• No caso de España, estes produtos eran

transportados pola flota das Indias (galeóns) ata

Sevilla, desde onde partían a todos os mercados

europeos.

• O comercio colonial deixou de ser no s. XVII

monopolio español e portugués ao participar

• tamén holandeses, ingleses e franceses, que se

espallaron polo Atlántico e o Indico.

• Para fomentar este comercio creáronse as

compañías comerciais , privadas pero con apoio

do Estado como A Compañía Holandesa das

Indias Orientais ou a Compañía Británica das

Indias Orientais. A través destas iniciarase o

dominio dos territorios.

• Toda esta actividade económica implicou a

proliferación de banqueiros e prestamistas

para financiar as novas empresas.Todo isto

deu orixe ao capitalismo comercial e

impúxose a teoría económica do

mercantilismo, que defendía que a riqueza

dun país se sustentaba na cantidade de

metal precioso que posuía, e que o

comercio era o mellor xeito de acadalo

CULTURA E ARTE• En ciencia e filosofía prima o antropocentrismo,

afastándose das crenzas relixiosas.no século XVI

Nicolás Copérnico formulou a teoría do

heliocentrismo, que sitúa ao sol no centro do

universo, opoñendose ao

xeocentrismo ,transformando así o concepto que

ata aquel momento se tiña do universo.

• No século XVII póñense as bases da ciencia

moderna

Arte Barroca• A Arte do século XVII e produto do espíritu e da

sociedade e a política do seu tempo.• O Absolutismo monárquico do occidente católico

fará construir palacios de enormes dimensions para reflexar o su poder.

• Nos países protestantes onde triunfa o Parlamentarismo, a crecente burguesía será una nova clientela para a arte que impondrá os seus gustos.

• A Igrexa Católica tras a Contrarreforma,procurará fomentar a devoción intensificando o luxo dos templos

.O Barroco presenta características diferenciadas ao Renacemento:-Desequilibrio, asimetría.-Composicións abertas, en diagonal, aspa.-Predominio da liña curva, helicoidal.-Búsqueda do movemento.-Predominio da luz sobre a forma violentos contrastes de luz e sombra-Realismo representación de seres populares e vulgares.

Arquitectura• Elementos arquitectónicos. • Columnas salomónicas e estípites.• Plantas irregulares, elípticas.• Fachadas se ondulan,con entrantes e

saíntes.• Vans con frontóns partidos e molduras.• Arcos elípticos, ovais, mixtilíneos • Elementos decorativos abundantes que

enmascaran a arquitectura: volutas, formas exóticas e caprichosas.

Arquitectos destacados

• En Italia Bernini, Borromini.• En España Alonso Cano e Os Churriguera.• En Francia Hardouin-Mansart e Le Brun.

Igrexa Il Gesú Vignola

Baldaquino de S. Pedro.

• En España continúa a herdanza herreriana con arquitecturas máis sobrias, ainda que alguns edificios enriquécense con decoración escultórica e outros siguen a liña italiana.

A catedral de Granada de Alonso Cano

Plaza Maior de Salamanca Alberto Churriguera

En Galicia o granito proporciona unhas superficies dun gran valor plástico, o denominado “Estilo de placas”.

Neste estilo no século XVII construíronse as prazas da Quintana e o Obradoiro; a torre do reloxo por Domingo Antonio de Andrade e a fachada do Obradoiro por Fernando Casas e Novoa; así como a Casa do Cabildo, de Fernando Sarela.

Torre do reloxo. Domingo Antonio de Andrade 1680

Fachada do Obradoiro. Fernando Casas y Novoa, 1738-1749)

Casa del Cabildo, de Fernando Sarela

Escultura

• Composicións abertas con liñas en diagonal e aspa.

• Representación do movemento, captación do instante.

• Realismo e dramatismo, teatralidade.• Temas relixiosos e mitolóxicos.• Materiais: mármore e bronce, madeira

policromada en España

Escultores destacados

• En Italia Bernini.• En España Gregorio Fernandez, Martinez

montañés e Alonso Cano

http://joseangelhistoriadelarte.blogspot.com.es/2010/07/el-arte-barroco.html

Pintura• Composicións abertas, asimétricas con liñas

curvas, en diagonal, en aspa.• Tenta representar o movemento, a captación do

instante.• Dominio da perspectiva (aérea).• A luz, elemento esencial definidor do espacio, o

claroscuro moi contrastado leva ao tenebrismo.

• Predominio da cor sobre o dibuxo.• Realismo, con modelos tomados da realidade.• Expresividade e dramatismo.

• Representación de novos motivos como bodegons ou paisaxes.

• Pintores destacados• En Italia Caravaggio.• En España: Velázquez, Zurbarán ,Ribera.• Nos Países Baixos Rembrandt, Rubens

Veermer de Delft.

Rembrandt. Toro en canal.

Vieja friendo huevos. Velázquez

• En España la gran figura será Diego da Silva Velázquez.

A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME. CARACTERÍSTICAS SOCIAIS, POLÍTICAS E ECONÓMICAS.

• Galicia comezou o S XVII coa mesma situación

que no resto de España e Europa: malas

colleitas, fame, peste, guerras ( ataque francés

á Coruña e inglés a Vigo,p.ex. ). Pero a partir de

1630 ocorreu un feito que sacaría a Galicia da

crise e a levaría a unha época de prosperidade:

a introdución do cultivo do millo

O millo tiña unhas vantaxes fundamentais para o

campesiñado:elimina o barbeito e ten ata 10 veces máis

rendemento que o centeo,polo que a produción

aumenta.

• Grazas a este novo cultivo e outro, a pataca, que se

xeralizará no S XVIII, a poboación galega se duplica:

desde un 650.000 habitantes en 1600 ata 1.300.000 a

mediados do S XVIII.

• Outra característica da Galicia do S XVII é a

existencia dun grupo social ( os fidalgos) que

• se beneficia das rendas agrarias que os campesiños

pagan polos foros.

• A fidalguía consegue que nobres e igrexa lle

cedan grandes cantidades de terras

arrendadas aos campesiños desde a Idade

Media ( foros ).

Convértense así en intermediarios: arrendan ( aforan )

esas terras e quédanse cunha boa parte das rendas

que os campesiños pagan. Por riba introdución do

millo fixo subir a produción e polo tanto os ingresos.

• Calcúlase que preto dunha terceira parte da riqueza

que producía o campo galego ía parar a mans dos

fidalgos, que invertían na construción de pazos.

• “Coñecida cousa sexa a todos como eu, frei Gonzalo, abade de Melón, conxuntamente co prior e mosteiro dese

• lugar, damos e outorgamos a ti, Pedro Rodríguez, crego de Sadornín, e a toda a túa voz, aquela nosa viña que

• se chama do Penedo (...) coa condición que a labredes ben, que non desmereza por falta de atención e nos deades

• (...) cada ano a metade [da colleita]. (...) Non a podedes vender nin empeñar nin dala a ninguén, senón a

• nós por xusto prezo; e se a nós non interesase, debedes vendela ou dala a un labrego manso que merque o

• noso foro en paz. Non a deades nin a fidalgo nin a outra orde”.

• contrato de foro