20
papagaio Familia dentro das aves coñecidas tamén como loros e no que se inclúen especies como: Guacamaios, periquitos, cotorras, agapornis Teñen un pico forte, groso e curvo apto para abrir sementes duras, as cores das plumas son moi variadas e vistosas, garras fortes que lle permiten suxeitar ou asirse ás polas das árbores. Capaces de imitar sons semellantes aos da linguaxe humana. Tropicais

aves d'A pomba e o degolado

Embed Size (px)

DESCRIPTION

club de lectura

Citation preview

Page 1: aves d'A pomba e o degolado

papagaio

Familia dentro das aves coñecidas tamén como

loros e no que se inclúen especies como: Guacamaios, periquitos,

cotorras, agapornis

Teñen un pico forte, groso e curvo apto para abrir sementes duras, as cores das plumas son moi variadas e vistosas, garras fortes que lle permiten suxeitar ou asirse ás polas das árbores. Capaces de imitar sons semellantes aos da linguaxe humana. Tropicais

Page 2: aves d'A pomba e o degolado

cuco

Cuculus canorus

Ave insectívora, parasita doutras aves

De plumaxe grisácea, bo tamaño (uns 30 cms) e cola longa Canto característico que sinala que xa estamos na primavera: “cu..cu…cu…. Solitarios, poñen os ovos en niño alleo, normalmente doutras pequenas aves insectívoras. Migratorios.

Page 3: aves d'A pomba e o degolado

pimpín

Fringilla coelebs

Aliméntase de sementes que acompaña con insectos. Un dos

paseriformes (paxaro) máis común en Europa

A plumaxe é gris azulada na cabeza e pescozo, o peito e a cara vermello-marrón e dorso castaño. Manchas brancas nas ás. Isto no macho, a femia ten cores máis grisáceas. Dimorfismo sexual. Podédela ver agora no inverno no patio do IES, especialmente os machos.

Page 4: aves d'A pomba e o degolado

vencello común

Apus apus

Aliméntase de insectos. Un dos máis eficaces insecticidas que hai. O nome xa nos fala

dunha caracterísitica: “sen pés”

A plumaxe negra fulixinosa, excepto unha barbiña alba; ás longas en forma de gadaña; cola aforquillada; sexos iguais. Ave de costumes aéreos, ás veces ata para durmir se non teñen crías no niño. Migratoría, das últimas en vir e das primeiras en marchar. Fácil velos ao solpor do verán cazando miles de mosquitos no aire ou planeando preto do chan.

Page 5: aves d'A pomba e o degolado

merlo

Turdus merula

Aliméntase de insectos, larvas, pequenas froitas

(Ai, as cereixas!!), sementes, miñocas.... Fácil velo onda nós.

A plumaxe do macho é negra co peterior amarelo, a femia de cores marróns e peteiro pardo. Moi inquieta, inconfundible polo seu canto. Fácil vela no patio do IES

merla merlo

Page 6: aves d'A pomba e o degolado

albatros

Familia de aves mariñas de grandes dimensións.

Inclúe un grupo de 22 especies coñecidas, de cores claras, e gran envergadura alar, moi axeitado para permanecer moito tempo no aire. Unha das especies ten a maior lonxitude de envergadura alar (máis de 3 metros). Pescan en superficie ou mergullándose no mar.

Page 7: aves d'A pomba e o degolado

vichelocrego ou ouriolo

O macho é de cor amarela ouro, ás e cola con plumas negras; as femias de cor verde oliva que pasa máis desapercibido entre as árbores. Migrantes, chegan en abril cando xa hai follas nas árbores, escoitándose o seu canto moi musical, comenzando a marchas a finais de xullo.

Ouriolus ouriolus

Difícil de velo, habita nos bosques

caducifolios preto dos ríos entre as follas.

Aliméntase de insectos, moluscos, arañas ...

Page 8: aves d'A pomba e o degolado

xílgaro

De cores pardas na cola e nas ás teñen plumas amarelas sobre fondo negro e branco, o macho presenta un rostro de cor vermello moi rechamante rodeado de plumas negras e brancas.

Carduelis carduelis

Fácil velos en grupo en campos abertos e

hortas. Aliméntase de pequenas sementes, entre elas ao

do cardo. Tamén de insectos durante a cría

...

Page 9: aves d'A pomba e o degolado

lagarteiro

Ás puntiagudas e cola longa, que no macho é de cor gris azulada.

Falco tinnunculus

Unha das aves rapaces máis comúns. Fácil velos

“cernidos” no aire batendo as ás.

Mui beneficioso para a agricultura xa que se

alimenta de ratos, toupiñas, insectos,

ratas... Está protexido pola lei.

Page 10: aves d'A pomba e o degolado

xirín

De cores pardas presenta plumas amarelas no peito e cabeza, máis marcado nos machos.

Serinus serinus

Moi común en parques e xardíns, anida nas

froiteiras e sebes. De pequeno tamaño; ten un

vó como unha gran bolboreta que vai

piando.

Page 11: aves d'A pomba e o degolado

tilonorrinco

Grupo de aves.

Familia de aves de pequeno e mediano

tamaño de Australia e Nova Guinéa.

Os machos constrúen un emparrado para atraer

as femias.

Page 12: aves d'A pomba e o degolado

pega

De cor moi contrastada: plumaxe negra irisada fronte a plumas brancas. A cola longa, ás en forma de cuña.

Pica pica

Bastante común é fácil vela en xardíns e

campos de cultivo. Aliméntase de insectos, miñocas, ovos e crías

doutras aves e tamén de carroña e lixo humano.

Page 13: aves d'A pomba e o degolado

pardal

A parte superior de tonalidades pardas con raias negras, péleo e obispillo grises, o comenzo das ás de cor pardo-vermella.

Passer domesticus

Moi asociado á persoa, é moi frecuente velo en

zonas urbanas. Aliméntase de sementes,

grao, e pequenos insectos, así como de desperdicios humanos,

axudando na limpeza das cidades.

Page 14: aves d'A pomba e o degolado

arao

De peteiro puntiagudo, ten as plumas da parte superior de cores pardo-grisáceas, as inferiores brancas. De aspecto rechoncho cando están pousadas.

Uria aalge

Ave mariña que vive en acantilados sobre o mar.

Neste lugares cría, pondo un único ovo sobre as rochas do

acantilado sen construír niño.

Page 15: aves d'A pomba e o degolado

estorniño

De peteiro puntiagudo e amarelo, especialmente o macho ten unha lustrosa cor negra e patas vermellas.

Esturnus unicolor Ave fácil de ver, sobre todo no inverno pois

forma bandadas de miles de exemplares.

Podémolas ver chegar aos chopos do noso

centro ao solpor para durmir nas súas polas. Aliméntase de insectos,

moluscos, pequenas froitas…

Page 16: aves d'A pomba e o degolado

aguia

De gran tamaño, todas presentan un pico grande. Poderoso e puntiagudo para desgarrar a carne das presas. Destacan tamén as súas garras. De peteiro puntiagudo e amarelo, especialmente o macho, ten unha lustrosa cor negra e patas vermellas.

Nome xenérico co que

se coñecen as aves depredadoras máis

grandes.

Page 17: aves d'A pomba e o degolado

canario

De coloración amarela, ten o dorso grisáceo e a parte inferior máis clara. As femias son de cor parecida pero menos brillante.

Serinus canaria

Animal de fácil adaptación á cautividade se ten empregado dende hai séculos como animal

doméstico, especialmente polo seu

canto. Aliméntase de sementes,

froita e pequenos insectos.

Page 18: aves d'A pomba e o degolado

periquito

A variedade silvestre é de cor verde e cabeza amarela para pasar desapercibido entre a vexetación. O peteiro curvado que lle axuda para o consumo de sementes e trepar nas árbores.

Melopsittacus undulatus

Especie endémica de Australia estendeuse a todo

o mundo como mascota. Aliméntase de sementes,

froitas e verduras.

Page 19: aves d'A pomba e o degolado

paporrubio

A parte superior de cor gris olivácea, tendo a parte inferior da cabeza e o peito de cor laranxa, o abdome é de cores claras. O peteiro, pequeno e puntiagudo, é moi eficaz para a caza de insectos.

Erithacus rubecula

O paporrubio europeo é unha das aves máis familiares do noso entorno, é fácil vela e escoitala ao noso arredor. Aliméntase de insectos,

larvas, arañas, miñocas… gran aliado como insecticida

na agricultura.

Page 20: aves d'A pomba e o degolado

Colibrí Archilochus colubris

Nativas de América Central. Aliméntase de néctar e insectos. Poden alcanzar unha velocidade de 80 km/h.

As ás do colibrí son verdadeiros remos aéreos, as súas plumas son verdes e rectas, a súa cola é cadrada. A súa pel é recia e espesa, de gran colorido, polo que se comparou con pedras preciosas, coma o rubí.