Tema 2. as Vangardas

Embed Size (px)

Citation preview

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    1/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    1

    A POESA DE VANGARDA. CARACTERSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVASCocese co nome de Xeracin do 251, Novecentistas ou Vangardistasa un grupo de poetasnados arredor do 1900 os cales foron os encargados de renovar a poesa galega, aoincorporar nas nosas letras o esprito erecursos das vangardas literarias europeas. Danse acoecer nunha serie de revistascomo Alfar, Ronsel, Resol, Yunque, Papeles de color e Crisol,

    onde tamn colaboraron autores forneos como Andr Breton, Paul luard, Borges, GarcaLorca, Picasso, Dal etc.Co nome de vangardasou ismos2europeos aldese na historia da arte e da literatura s

    correntes que, nas primeiras dcadas do s. XX, levan a cabo unha ruptura coa formatradicional de entender a arte en todas as sas manifestacins (literatura, arquitectura,pintura, msica ). Son movementos que defenden a autonoma da artefronte realidade(esta non debe ter propsitos ideolxicos, morais, educativos.., dicir, procuran a arte pura),rexeitan o romanticismo e o realismo a travs, entre outros medios, da innovacin dalinguaxe potica(ruptura coa lxica e a orde sintctica, uso potico do cotin, predominio dametfora visionaria, dificultade de comprensin )

    diferenza das vangardaseuropeas, as galegas non procuran a deshumanizacin da arte,

    o cal se manifesta en poesas onde se conecta coa realidade galega, percbense pegadas datradicine do sentimento. Isto sucede por tres motivos:1.

    A conexin coa realidade galegae o emprego da sa lingua como vehculo exclusivopara a creacin potica- temos que buscala no ambiente de conciencia nacionalistacreada polos homes do Grupo Ns e das Irmandades. Baixo o seu maxisterio, ospoetas mis novos recibiron noticias do que se estaba a facer fra e animronse aimitalos

    2.

    A presenza de sentimento influenza do poeta-filsofo Teixeira de Pascoaes e o seumovemento, o Saudosismo, que se converteu en parte esencial do pensamentonacionalista galego.

    3. O descubrimento dos cancioneiros medievaistivo como consecuencia a creacin dunnovo ismo (o Neotrobadorismo) e o culto tradicin potica que os europeosrexeitaban.

    Con todo, respecto tradicin conviven das tendencias dentro da nosa poesavangardista, aquela na que este elemento ten mis peso (HILOZOSMO eNEOTROBADORISMO); e unha segunda na que se percibe dun xeito mis claro o seudistanciamento, (CREACIONISMO de MANUEL ANTONIO).

    1Para algn estudosos baixo a denominacin de Xeracin do 25 estariamos a falar de dous grupos: dosNovecentistas,nados arredor de 1900 (Manuel Antonio, Amado Carballo, Fermn Bouza-Brey, EduardoBlanco Amor) e dunha segunda promocin dos escritores dos tempos do Seminario de EstudosGalegos, nados arredor de 1910, (Aquilino Iglesia Alvario, lvaro Cunqueiro)2 Son ismos europeos o Futurismo: foi o primeiro ismo literario; renova os temas ao facer unha

    entusiasta defensa dos avances tcnicos ou da guerra; no aspecto formal caracterzase por simplificar asintaxe e eliminar a adxectivacin. OCubismo: foi o primeiro ismo artstico. Ao igual que na pintura sedescompn a realidade mediante figuras xeomtricas, nos Caligramas cubistas realzanse disposicinstipogrficas inusitadas e componse unha poesa intelixente que o lector ter que interpretar. ODadasmo: defendan o caos, a escritura automtica, mantian unha violenta oposicin contra a morale a sociedade establecidas. O Surrealismo: foi o ismo que mis permaneceu no tempo, se cadra polaforte base ideolxica que o sostia: o marxismo e a psicanlise; os surrealistas pensaban que a poesaserva para liberar ao ser humano do seu subconsciente. No poema surrealista teen cabida todas asproducins humanas extrarracionais: vivencias onricas, delirios, alucinacins) A sa actitude est condicionada polos acontecementos histricos: a I Guerra Mundial que converteuos campos da civilizada Europa nunha feira de atrocidades-; a Revolucin Rusaque supuxo o ascensoao poder das clases populares-; a crtica sociedade capitalista desenvolta polo marxismo; a gran

    mudanza que na percepcin do mundo comporta os progresos das ciencias experimentais (teora derelatividade) e da tcnica (para qu pintar a realidade se, por exemplo, unha cmara de fotos podaretratala moito mellor).

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    2/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    2

    A poesa HILOZOSTA aborda a temtica paisaxsticaque xa cultivaron poetas do XIX,mais renovada con recursos das vangardas, especialmente as imaxes3. O iniciador destatendencia L. Amado Carballo; en Proel (1929) un dos seus libros mis representativos,ofrcenos instantneascase fotografas- dunha paisaxe animada na que o elemento humanoacostuma estar ausente. Os seus textos son unha sucesinde imaxes que se combinan con

    prosopopeas (imaxes antropomrficas) e sinestesias, xa que se trata dunha poesa fortementesensorial (mestura, sobre todo, elementos visuais e auditivos). Esta visin innovadora dapaisaxe nos transmitida en moldes tradicionais: estrofas de arte menor, versos curtos especialmente o octoslabo- erima asonante4.

    O NEOTRABADORISMO xorde tras a descuberta da rica tradicin galega da IdadeMedia levada a cabo a comezos do sculo XX5. Nos seus textos recupranseprocedementosestilsticos propios da lrica medieval (paralelismo, leixaprn, refrn; tamn lxico e temascoma a presenza do mar ou personaxes como o amigo, ) e da poesa tradicional (estrofas,cmputo silbico, rima..), pero combinados con outros de natureza vangardista (imaxes).Anda que non foi o iniciador desta tendencia, o escritor mis representativo dela .

    CUNQUEIROcon Cantiga nova que se chama riveira(1933); nela desenvolve atrevidas imaxese percbese a pegada do neopopularismode Lorca e Alberti.Estes dous movementos, o neotrabadorismoe hilozosmo continan cultivndose na

    poesa de posguerra. Non ocorre o mesmo co CREACIONISMO, movemento que se manifestana poesa de da M. ANTONIO, que non creou escola.

    M. ANTONIO, nado en Rianxo (1900), publicou o primeiro manifesto literario da literaturagalega, Mis al (1922); nel mantn unha posicin crtica fronte a literatura que se estaba arealizar daquela6e propugna unha renovacin esttica e temtica.

    Ademais do citado manifesto, Manuel Antonio s publicou unha obra en vida (De catroa catro,1928).Subtitulado, Follas sen data dun diario dabordo, o libro contn 19 poesasnos que se nos presenta unha aparente viaxe por mar (Intencins, o poema inicial,constituira a partidae Adeus, o ltimo, identificarase como regreso a terra; Navy Bar eRecalada, que se atopan no metade do poemario, perfilaranse coma un alto na travesa)7

    3 O Hilozosmo (de Hilo: materia e Zoe: vida) tamn se lle coece co nome de Imaxinismo, polaimportancia que nela tian as imaxes.4 A poesa vangardista europea caracterzase polo versolibrismo (agrupacins de versos mis que

    estrofas, non slabas medidas, ausencia de rima)5En 1928 o fillogo portugus, Jos Joaquim Nunes publica unha edicin crtica das cantigas de amigoque en Galicia tivo difusin a travs do Seminario de Estudos Galegos. A descuberta desta rica tradicinmanuscrita deu lugar a un novo ismo, o Neotrabadorismo, pero tamn supuxo un alento de orgullo paraunha literatura, que cando naceu, fxoo orfa de modelos literarios.6

    Como xa comentamos en temas anteriores, a maiora da literatura que se estaba a editar naquelmomento era bastante tradicional (ambiente rural, pintura de costumes) Pareca existir a convencinnon escrita de que todo o que se publicase en galego era vlido, independentemente da sa calidade.No manifesto Mis alManuel Antonio enfrntase a esta actitude corporativista: os vellos, que son osque

    escriben hoxe coma se vivisen no antonte dos sculos. Con todo, a sa crtica non foi entendida e osescritores que se deron por aludidos tomrono coma un ataque persoal. Como Manuel Antonio scontaba daquela con 22 anos, incluso se pensou que detrs deste manifesto estaba a man de AntnVillar Ponte que acababa de abandonar as I. da Fala cando Risco accedera ao posto de ConselleiroSupremo das Irmandades e declarara a apoliticismo desta agrupacin.7Ao longo do poemario, o que nos encontramos coa impresin constante de que o barco, mis quenavegar, paira no medio do mar, pois a sensacin de movemento est continuamente negada. O motivoda viaxe sera entn s unha desculpa para transmitir unha visin da vida marcada polo pesimismo e a

    soidade. Desta forma, o ttulo do libro mis que referirse a unha singradura -24 horas de navegacin-ilustrara o movemento dun pndulo ou mellor, dunha randeeira, como Manuel Antonio gustaba dedenominar.

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    3/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    3

    Os creacionistasprocuraban compoer poesas que non imitasen a realidade, sennque creasenunha nova; para conseguilo xustapoan imaxes que mantian entre si relacinsarbitrarias8. Seguidor desta vangarda, Manuel Antonio concibe os seus poemas coma unhasucesin de imaxes antropomrficas.

    A travs destas ltimas, o suxeito potico transmite os dous grandes temas que se

    abordanno poemario:a) A obsesin polo flur temporal, que se manifesta na repeticin sucesiva deelementos naturaiso sol, a la, as estrelas, a noite, a alba - , na presenza deelementos tcnicos de medicin -reloxos, almanaques, diarios, horas,cronmetros, cuadrantes,- ou na alusin constante ao paso do tempo: asgardas, a chegada da alba,

    b)

    A concepcin da existencia negativa e contraditoria, que patente naomnipresente sensacin de monotona, o sentimento de continua despedida ouintuicin dun inminente naufraxio.

    Estes pensamentos existenciais son presentados dun xeito innovador: en versosheterosilbicos, con ausencia de rima e s veces, de signos de puntuacin. Imitando o

    discurso cosmopolita de diferentes ismos, introducenos seus textos discursos diferentes aopotico: linguaxe cientfica e tecnolxica da poca, estranxeirismos, xogando cos espazos enbrancoe peculiares disposicins tipogrficasque potencian o significadoque quere transmitiro poema.

    Dentro da literatura galega, De catro a catro un poemario orixinal por variosmotivos: pola sa lingua (presenza de cultismos inditos: tecnicismos, estranxeirismos elxico de navegacin), pola sa temtica (a visin do mar dende o propio mar) e pola saforma (as imaxes vangardistas que vertebran o poema). Estas lias seran coherentes coaspropostas formuladas polas vangardas, pero Manuel Antonio afstase delas pola presenza desentimentos que percibimos nos seus poemas e tamn por amosar preocupacinsexistenciais.

    OUTROS AUTORESlvaro Cunqueiro, ademais de cultivar o Neotrabodorismo, tamn experimentou con

    ismos dun carcter mis rompedor, o cubismo, no seu primeiro libro (Mar ao norde,1932) e osurrealismo(Poemas do si e do non, 1933), obra que unha crnica dunha relacin amorosa.Estes ltimos son poemas de carcter abstracto e escuro; neles rmpese a cadea sintctica eson moi frecuentes as asociacins semnticas inslitas que producen imaxescompletamenteirracionais.

    A pesar de que publicou a sa obra despois da guerra e que presenta unha difciladscricin a un movemento concreto, tamn se acostuma inclur no elenco dos vangardistas aLus Pimentel. Este mdico, que frecuentou a Xeracin do 27 na Residencia de Estudantes,acostumaba escribir as sas poesas nas longas gardas nocturnas.

    Entre a sa producin destaca Sombra de aire na herba (1959), un libro no queencontramos versos nalgunhas ocasins prximos ao surrealismo, con imaxes poticastomadas do mundo dos soose unha quebra do discurso lxico. Estas altrnanse con pasaxesintimistas nos que se nos presentan as silenciosas ras e prazas de Lugo, a sa cidade, ouofrece unha visin delicada de seres especialmente nenos- e obxectos. Anda que LusPimentel introduce elementos repetitivos nos seus poemas renuncia neles estrofa e rima.

    8Os creacionistas non pretendan escribir textos que se comprendesen, senn que fascinasen. Ao igual

    ca eles, Manuel Antonio ngalle literatura calquera funcin que non sexa a esttica e concibe o poemacomo entidade autnoma; con todo, entre os seus textos non hai unha autonoma absoluta, porque gardan unha certa ligazn argumental. En De catro a catroencontramos vnculos entre os seus poemasque permiten reconstrur acosmovisin do autor e ademais teen a sa orixe na realidade que rodea ao

    poeta.

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    4/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    4

    GUIN-RESUMO DA POESA DE VANGARDA-

    Denominados Novecentistas, Vangardistas, Xeracin do 25.-

    Nados arredor de 1900.- Levan a cabo a renovacin das letras galegas ao incorporaren o esprito e recursos das

    vangardas literarias europeas.

    -

    Publican nunha serie de revistas (Alfar, Ronsel, Yunque) onde tamn colaboran importantesartistas estranxeiros.

    VANGARDAS LITERARIAS EUROPEAS:-

    Nome: ismos.-

    Cronoloxa: primeiras dcadas do s. XX.- Defenden a autonoma da arte fronte realidade ; buscan a arte pura.-

    Actitude antisentimental e antirrealista.-

    Innovacin da linguaxe potica.

    AS VANGARDAS NA LITERATURA GALEGA:Arrdanse das europeas ao non procurar a deshumanizacin da arte que se manifesta en:

    -

    Presenza da realidade galega, influenza da conciencia nacionalista creada polos homes do G.Ns e das Irmandades, mestres dos nosos poetas vangardistas.

    -

    Presenza do sentimento, influenza do Saudosismo portugus.- Presenza da tradicin froito da descuberta dos cancioneiros medievais.

    DIRECCINS DA POESA:Das tendencias:- Continuadores da tradicin (vangarda matizada): hilozosmo e neotrobadorismo.-

    Ruptura coa tradicin (vangarda plena): Manuel Antonio e o creacionismo.

    HILOZOSMO ou IMAXINISMO:- Asume a tradicin potica do s. XIX (o paisaxismo), mais combinado con recursos das

    vangardas.-

    Iniciador desta tendencia: A. CARBALLO con Proel (1927)-

    Caractersticas:-

    Instantneas dunha paisaxe animada.- A poesa articlase como unha sucesin de imaxes, nas que se incide na personificacin da

    paisaxe (imaxes antropomrficas) e destcanse os elementos sensoriais (sinestesias)-

    Mtrica sinxela (estrofas de arte menor, versos curtos, -octoslabo- , rima asonante).

    NEOTRABADORISMO:-

    Xorde trala publicacin do estudo de Joaquim Nunes (1928) e posterior difusin a travs doSEG.

    -

    Caractersticas:

    -

    Recupera os procedementos estilsticos da lrica medieval (paralelismo), perocombinados con imaxes.-

    Presenza de elementos propios da poesa tradicional: estrofa, cmputo silbico, rima.

    . CUNQUEIRO, con Cantiga nova que se chama riveira (1933), considerado o mellorrepresentante desta tendencia.

    -

    Desenvolve atrevidas imaxes.-

    Pegada do neopopularismo (Lorca, Alberti)Tanto o neotrabadorismocomo o hilozosmocontinan cultivndose na poesa de posguerra.

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    5/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    5

    O CREACIONISMO:-

    Manifstase na poesa da M. ANTONIO; non creou escola.M. ANTONIOBIOGRAFA:

    -

    Rianxo (1900).

    -

    1922: Mis al, primeiro manifesto literario da literatura galega.-

    Posicin crtica fronte a literatura que se estaba a realizar daquela.- Propugna unha renovacin esttica e temtica.

    OBRA:De catro a catro(1928)

    -

    Subttulo: Follas sen data dun diario dabordo- 19 poesas nos que se nos presenta unha aparente viaxe por mar (Intencins, a partida e

    Adeus, o regreso a terra; Navy Bar e Recalada, alto na travesa).-

    Seguidor da esttica creacionista, Manuel Antonio concibe os seus poemas coma unhasucesin de imaxes antropomrficas.

    -

    Dende o punto de vista do contido, os temas principais abordados no poemario:- A obsesin polo flur temporal (sucesin de elementos naturais, presenza de

    elementos tcnicos de medicin e alusin constante ao paso do tempo).-

    Concepcin da existencia negativa e contraditoria (sensacin de estatismo, sentimentode continua despedida e inminencia do naufraxio).

    - Dende o punto de vista formal caracterzase pola presenza de:-

    Versos heterosilbicos, ausencia de rima e incluso de signos de puntuacin.-

    Discursos diferentes ao potico.-

    Espazos en branco e peculiares disposicins tipogrficas relacionados cosignificado do poema.

    SIGNIFICADO DE CATRO A CATRONA LITERATURA GALEGA:-

    Obra orixinal dende tres puntos de vista:-

    Lingstica: presenza de cultismos inditos (tecnicismos, estranxeirismos e lxicode navegacin)

    -

    Temtica: a visin do mar dende o propio mar.-

    Formal: as imaxes vangardistas vertebran os seus poemas.-

    Peneira as innovacins vangardistas: nos seus poemas hai presenza de sentimento epreocupacin existencial.

    OUTROS AUTORESLVARO CUNQUEIRO cultiva o cubismono seu primeiro poemario e o surrealismoen Poemas do si e donon, crnica dunha relacin amorosa transmitida con imaxes irracionais.

    LUS PIMENTEL-

    Mdico que contactou coa X. do 27 na Residencia de Estudantes. -

    Inclese entre os poetas vangardistas, a pesar de publicar a sa obra despois da guerra.

    - Sombra de aire na herba(1959):-

    Imaxes tomadas do mundo dos soos e quebra do discurso lxico (proximidade ao surrealismo)-

    Intimismo:-

    Descricin de ras/prazas de Lugo.-

    Tenrura na visin que nos ofrece dos nenos.

    - Forma: presenza de elementos repetitivos, pero tamn versolibrismo.

    ACTIVIDADES:1. Na pxina 183 do libro hai un poema de . Cunqueiro. Contesta:

    a)

    En que corrente vangardista podes clasificalo? Por que?b)

    Que elementos innovadores atopas nel?c) Que caractersticas de Cantiga nova que se chama riveiraatopas nel?

    2.

    Na pxina 183 do libro hai un poema de A. Carballo. Contesta:a) Sinala os elementos vangardistas que atopes neste poema.

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    6/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    6

    b) Sinala os elementos tradicionais.c) Sinala as caractersticas propias do Hilozosmo que atopes neste poema.

    3. Na pxina 180 do libro hai un fragmento, a ltima agrupacin versual, do poema Ssde Manuel Antonio. Que che suxiren esa disposicin tipogrfica? Podes identificar aqu ismo se debe a sa influenza?

    4.

    Na pxina 184 encontramos a poesa Navy Bar de Manoel Antonio. Contesta:a) Que influenzas vangardistas atopas?b) Cal o tema desta composicin?c) Que mensaxe che transmite as agrupacins versuais nmero 4, 6, 7, 8 e 9.

    TEXTO 1: Intenta interpretar as imaxes deste poema de Manoel Antonio.O REVERSO DA NOITE

    Luceiros degolados

    desngranse de ouro no Mar

    De par de ns

    a Lafai ronseis infecundos

    Mentres sonea a mareta

    vai folleando no libro das velas

    Irredentos velamios exhaustos

    resignados a pendurar da cruz

    Estrelas inconscientes

    mecanizan o obseso tic-tac

    A auga toda dos ocanos

    ensumiuse nunha bgoa

    E o pano branco do novo da

    enxugar os ollos do ceo.

    TEXTO 2. Relaciona o contido deste poema, -o ltimo de De catro a catro-, coa interpretacinda aparente viaxe que se relata neste libro.

    Adeus

    Antre a calima

    traspondo o meu ollar

    esquivou-se o velamio

    Deixou-nos a bada

    chea d'a sa ausenza

    e a man sin perspeitiva

    Agora en terra

    arredado de min-mesmo

    por un oucano de singladuras

    o vento d'a Ra

    vai virando a folla de cada emocin

  • 7/24/2019 Tema 2. as Vangardas

    7/7

    TEMA 2. A POESA DE VANGARDA

    7

    - O Sol indiferente

    Sirena augardentosa d'os vapores

    Un retrayo de fume

    n-o rompeolas d'a paisaxe

    Os engranaxes d'a gruaesmoen a man morna -

    Debaixo d'os meus pasos

    xurde o ronsel d'a Vila natal

    Ela c'os brazos cheos de sono

    teima salvar-me d'un naufraxo antigo

    E os meus ouvidos incautos

    queren dormir n-o colo

    d'as cantigas vellas

    Eu cacheaba todol-os segredosd'as mias mans valdeiras

    por que algo foi que se me perdeu n-o Mar

    ... algun que chora dentro de min

    por aquel outro eu

    que se vai n-o veleiro

    pra sempre

    coma un morto

    c'o peso eterno de todol-os adeuses.

    TEXTO 3: Que caractersticas da poesa de Lus Pimentel atopas neste texto?:Sombra do aire na herba

    De sotaque sorprendn ma

    entrando na vila,

    cantando da mao da fina chuvia.

    Cos ps espidos e mollados

    via dos camios verdes, profundos.

    Dedos do vento transparentes, baleiros,

    en brunidas bandexas.

    Scherzo da zoca na acera.

    Leda cancin.

    E debaixo do mantel de lio fresco

    a muller do obreiro leva as doce campanadas.

    Unha cancin que se cae e se levanta.

    O polvo nas alas e tamn o ceo.

    Unha cancin tan lonxana e lene

    como a sombra do aire sobre a herba.

    Ata min chega tan solo en anacos;

    mais eu entndoa exacta e enteira,

    como a sombra do aire sobre a herba.