2
IMOS CONTAR DOS ANIMAIS O raposo Traballo feito por: Antón, Sara, Anneris e Lidia. Imaxe sacada de Google.

O raposo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballo de investigación

Citation preview

Page 1: O raposo

IMOS CONTAR

DOS ANIMAIS

O raposo Traballo feito por: Antón, Sara, Anneris e Lidia.

Imaxe sacada de Google.

Page 2: O raposo

O raposo pertence á familia dos cánidos. Ten patas

cortas, un fociño estreito e alongado, orellas rectas e

triangulares, unha pelaxe espesa, alaranxada por enriba e

branca polo lombo e unha cola longa.

Adoitan pesar 7kg e medir entre 90 e 105cm de

longo(sen incluír a cola). Viven en todos os continentes

(agás a Antártida). Habitan zonas boscosas, con

matogueiras. Algúns incluso, en zonas desérticas e xeadas.

Ten unha alimentación moi variada. Come ratos,

toupas, ovos de aves, grandes insectos e preas, froita e

algún coello.

Aparéllanse a mediados do inverno. Tras un período de

xestación que vai dos 49 os 56 días, a femia retírase a un

tobo para dar a luz unha media de 8 crías.

As crías nacen cos ollos pechados. Reciben coidados

durante as cinco primeiras semanas de vida, logo son

obrigadas a marchar e facer a súa "vida propia". Os raposos

emparéllanse de por vida e acostuman vivir uns 12 anos.

Os seus inimigos son os cazadores, os cebos

envelenados, os lobos, que son os únicos inimigos naturais;

e outras barbaridades que se fan en algúns coutos de

Galicia.