5
CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro por ?¿

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Celso Emilio Ferreiro por ?¿

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 2: Celso Emilio Ferreiro por ?¿

BIOGRAFÍA ,Nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.

Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.

Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Page 3: Celso Emilio Ferreiro por ?¿

Celso Emilio Ferreiro pertence á chamada Xeración do 36, composta por autores nados entre 1910 e 1920.

Os membros desta xeración participaron en actividades nacionalistas durante a Segunda República española (1931-1936) e moitos deles foron mobilizados para combater co exército nacional na guerra (os militares sublevados que logo gañarían a guerra controlaron Galiza desde que esta comezou).

Cando Franco chegou ao poder, todos estes escritores víronse obrigados a exiliarse, ao silencio ou ben a adaptarse ao novo réxime para non ser perseguidos .

Page 4: Celso Emilio Ferreiro por ?¿

Aquil señor burgués condecorado, usía ou escelencia ben cabado, que ronca con pracer na noite longa e ten muller feliz, de teta oblonga, con dous fillos petisos ,deportistas, un pouco libertinos e “juerguistas”, idiotas pola nai ,polo pai, grosos; pondo dentes de can que venta os ósos ponse a rosmar e morde: “eu prefiro a inxusticia ao desorde”.

GOETHE

http://youtu.be/qorjFrpwzt4

Page 5: Celso Emilio Ferreiro por ?¿

Querida, non o esquezas, hai palabrasque é pecado dicilas neste tempo.Palabras que non debes pronuncialas,nin sequera pensalas, cavilalas,tatexalas, gabalas, escribilas…Moito menos berralas.Esposa, toma nota e non esquezas:non digas libertá palabra tristecon perigo de morte e calivera.Se é certo que me queres nunca digasesta palabra estúpidaque ten dentes e morde coma un lobo.Non digas tan sequeraas verbas derivadas,por moi lonxano e vagoque sexa o parentesco etimolóxico,como son, verbigratia, libertino,liborio, liberata, libre cambio.

En troques di cadea, viva, viva,si señor, moitas grazas, Deus llo pague.Xa verás que felices imos sere!

CARTA A MIÑA MULLER

http://youtu.be/D-LPQH3lh98