58
IDADE ANTIGA A ORGANIZACIÓN DOS ESTADOS: MESOPOTAMIA E EXIPTO

Idade antiga. os estados

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Idade antiga. os estados

IDADE ANTIGAA ORGANIZACIÓN DOS

ESTADOS: MESOPOTAMIA E EXIPTO

Page 2: Idade antiga. os estados

Á primeira etapa da Historia dáselle o nome de Idade Antiga, que se inicia cos cambios que citaremos a continuación, e remata nos séculos IV e V, cando se derruba o Imperio Romano. Estes cambios aparecen por primeira vez en Mesopotamia e Exipto, ao redor do 4000 a.C.

Non obstante, tamén naceron civilizacións antigas de forma independente no val do Indo, do río Vermello ou na zona Mesoamericana. Estas civilizacións naceron en plena Idade do Bronce e foron evolucionando ata coñecer o uso do ferro. Algunhas desenvolvéranse unicamente a partir da Idade do Ferro ( Grecia e Roma).

Precisamente porque xa é coñecida a escritura, os historiadores comezan a falar de Historia. E o papel dos arqueólogos é vital para coñecer máis a fondo esta etapa.

http://www.elmundo.es/ciencia/2014/06/10/5396ce7be2704ec6718b4573.html

Page 3: Idade antiga. os estados

Mesopotamia

Page 4: Idade antiga. os estados

O feito máis destacado, aparte da escritura, é o xurdimento de cidades e dos Estados organizados, como evolución dos poboados anteriores. A revolución urbana supón uns cambios sen precedentes na historia da humanidade:

Comercio. A abundancia de auga, a temperatura adecuada e os avances técnicos acadados nas técnicas de regadío, traen como consecuencia unha agricultura de notables rendementos, ata o punto de ter excedentes de produtos agrícolas: cos alimentos que sobran poden comerciar. Esta alta produción agrícola permite unha mellor e máis abundante alimentación, que a súa vez provoca un forte aumento da poboación. Así é como moitas aldeas se transforman en cidades.

Page 5: Idade antiga. os estados
Page 6: Idade antiga. os estados

Oficios. O feito de teren alimentos de sobra, permite que non toda a man de obra teña que estar dedicada á produción de alimentos. Algunhas persoas realizan outras tarefas: artesanía, metalurxia, obras hidráulicas. Aparece deste modo a división e especialización do traballo: labregos, gandeiros, artesáns, comerciantes, funcionarios que levan administración da cidade, militares e sacerdotes.

Page 7: Idade antiga. os estados

Clases sociais. A riqueza comezou a acumularse nas mans duns poucos, os que tiñan máis habilidades. Desde agora, a diferenza de riqueza convértese automaticamente en diferenza de poder político: unha pequena parte da poboación, grazas a súa superioridade económica, vai controlar aquelas actividades económicas máis rendibles, subordinando a meirande parte da poboación, asumindo o mando na guerra e controlando as funcións sacerdotais.

Page 8: Idade antiga. os estados

Poder político e militar. A organización, a dirección e o control da cidade require unha autoridade política, que exerce o poder e a autoridade. O gobernante exerce sempre un poder absoluto, que abarca o militar, o relixioso, o lexislativo (él só elabora as leis), o executivo (ordena o cumprimento das leis), o xudicial (xulga as condutas) e a recadación dos impostos para manter o funcionamento do Estado. O gobernante, xunto cos funcionarios que o axudan nas tarefas administrativas, constitúen o Estado, institución que nace tamén nestes momentos.

Page 9: Idade antiga. os estados

A necesidade de tomar anotacións para fixar as leis, para controlar a produción agrícola, os intercambios comerciais e os impostos fixo xurdir a escritura, no 3300 e no 3150 a.C. en Mesopotamia e Exipto, respectivamente.

Page 10: Idade antiga. os estados

Localízase entre os ríos Éufrates e Tigris (Mesopotamia quere dicir “entre ríos”), unha zona de fácil regadío e suficientes horas de sol, calidades propicias para a agricultura. Aquí naceron as primeiras cidades-estado, independentes unhas das outras: Ur, Lagash, Uruk. Logo formáronse imperios, é dicir, a ocupación de territorios alleos por parte dalgunha cidade-Estado: foi o caso de Babilonia, ou despois outros pobos mesopotámicos como os asirios e os persas:

Evolución histórica http://www.iesmariazambrano.org/Departamentos/flash-

educativos/mesopotamia.swf Situación de Ur/Eridu

Page 11: Idade antiga. os estados

Economía. Baseábase na agricultura (cereais, legumes, froitas) e no comercio, practicado nun principio en forma de troco e, máis adiante, introducindo a moeda. O centro comercial era o templo (cigurat), dirixido por sacerdotes, que fixaban os impostos e levaban tamén o control e o rexistro escrito dos intercambios mercantís.

Page 12: Idade antiga. os estados
Page 13: Idade antiga. os estados
Page 14: Idade antiga. os estados
Page 15: Idade antiga. os estados

Sociedade. Estaba estruturada en grupos ou clases pechadas: o ascenso de clase social era imposible. Formábana o rei ou monarca (era o xefe dos sacerdotes), os sacerdotes, os grandes propietarios, os comerciantes, os campesiños, os artesáns e os escravos. O ano 1765 a.C. marca un fito na historia da humanidade: redáctanse as primeiras leis escritas coñecidas: o Código de Hammurabi

Recursos mesopotamia http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?

TemaClave=1045

Page 16: Idade antiga. os estados
Page 17: Idade antiga. os estados
Page 18: Idade antiga. os estados
Page 19: Idade antiga. os estados
Page 20: Idade antiga. os estados
Page 21: Idade antiga. os estados
Page 22: Idade antiga. os estados

Arte. As realizacións escultóricas estaban constituídas por pequenas estatuíñas e figuras en relevo, feitas en barro. Na arquitectura construíron cigurats, unhas torres con chanzos e ramplas, que utilizaban para a observación astronómica. As construcións eran realizadas en adobe: ladrillo feito cunha mestura de palla e barro cocida ao sol. Coñecían o arco de medio punto (semicircunferencia) e a bóveda de canón.

Page 23: Idade antiga. os estados
Page 24: Idade antiga. os estados
Page 25: Idade antiga. os estados
Page 26: Idade antiga. os estados

Resumo da primeira parte

Educaplay

Page 27: Idade antiga. os estados

Esta civilización urbana estaba asentada no val do Nilo, río que lle proporciona a razón de ser: as inundacións cíclicas que acontecen no verán proporcionan regadío e fertilidade a un val emprazado no medio do deserto.

Page 28: Idade antiga. os estados
Page 29: Idade antiga. os estados
Page 30: Idade antiga. os estados

Economía. Fundamentábase na agricultura: cereais, vide, liño e produtos de horta.Tamén criaban vacas, cabalos e aves de curral, e practicaban a caza e a pesca. O comercio era monopolio do Estado, e practicábase coas rexións limítrofes.

Page 31: Idade antiga. os estados
Page 32: Idade antiga. os estados
Page 33: Idade antiga. os estados

Sociedade. Estaba dividida en grupos pechados, nos que a posibilidade de ascenso social era nula. No cumio estaba o faraón, xefe do Estado, posuía todas as terras e era considerado un deus. Despois viñan os altos funcionarios do Estado e os sacerdotes; todos eles posuían terras que o faraón lles entregaba para garantir a súa fidelidade.

Cara abaixo estaban os pequenos funcionarios (como os escribas), comerciantes, artesáns e os campesiños, que estaban vinculados ás terras e constituían a maioría da poboación. No derradeiro nivel, os escravos.

Page 34: Idade antiga. os estados

A meirande parte da poboación era rural. Só o faraón e os nobres vivían en cidades, onde o comercio e a artesanía tiñan un notable desenvolvemento. As clases baixas tiñan o pan como alimento básico, máis as legumes e o mel.

Os privilexiados consumían carne e froita. A familia era unha institución básica para o coidado dos fillos, aos que se lles concertaba o matrimonio. A autoridade familiar recaía no pai.

Page 35: Idade antiga. os estados
Page 36: Idade antiga. os estados
Page 37: Idade antiga. os estados
Page 38: Idade antiga. os estados
Page 39: Idade antiga. os estados
Page 40: Idade antiga. os estados

Relixión. Estaba intimamente relacionada co poder: xa vimos que o faraón tiña a consideración dun deus. Era politeísta: Ra, Horus; Isis; Osiris, Anubis, Amón, etc. Foron os creadores dunha relixión transcendente: rendían culto ao mortos porque a súa crenza era que a alma se mantiña viva trala morte. En consecuencia, había que manter en perfecto estado o cadáver, o cal momificaban.

ritual momificaciónhttps://www.youtube.com/watch?v=GPUK8KNuwtMTumbas egipcias

Page 41: Idade antiga. os estados

Los Libros de los Muertos de la época Saíta tienden a organizar los capítulos en cuatro secciones:

Capítulos 1-16 El difunto entra en la tumba, desciende a los infiernos y el cuerpo recupera el movimiento y el habla.

Capítulos 17-63 Explicación del origen mítico de los dioses y los lugares, los fallecidos son obligados a vivir de nuevo a fin de que puedan surgir, nacer, con el sol de la mañana.

Capítulos 64-129 Los fallecidos viajan a través del cielo en el arca solar como uno de los muertos benditos. Por la noche descienden al inframundo para presentarse ante Osiris.

Capítulos 130-189 Tras haber sido reivindicado, el fallecido asume poder en el universo como uno de los dioses. Esta parte también incluye diversos capítulos sobre amuletos protectores, provisión de comida y lugares importantes.

Page 42: Idade antiga. os estados
Page 43: Idade antiga. os estados
Page 44: Idade antiga. os estados
Page 45: Idade antiga. os estados
Page 46: Idade antiga. os estados

Arte. Estaba destinada fundamentalmente á tumba do faraón e a edificios relixiosos: pirámides e templos, construídos en pedra. En escultura realizaron relevos e estatuas.Tamén é notable a realización de pinturas murais.

Pirámides http://giza3d.3ds.com/#discover

3d

Page 47: Idade antiga. os estados
Page 48: Idade antiga. os estados
Page 49: Idade antiga. os estados

http://www.thebanmappingproject.com/

Page 50: Idade antiga. os estados
Page 51: Idade antiga. os estados
Page 52: Idade antiga. os estados
Page 53: Idade antiga. os estados

Sala hipóstila do templo

Page 54: Idade antiga. os estados

Neferu Atón Nefertiti

Page 55: Idade antiga. os estados
Page 56: Idade antiga. os estados

Rahotep e Nofret

Page 57: Idade antiga. os estados
Page 58: Idade antiga. os estados